You are on page 1of 6

ANEXO I

Bases para a confección urxente de listas para a cobertura de prazas de


técnico/a auxiliar de bibliotecas, baixo as modalidades de funcionarios/as
interinos/as establecidas no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de
30 outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei do Estatuto Básico do
Empregado Público.

Primeira. As presentes bases teñen por obxecto a confección de listas para a cobertura de prazas de
técnico/a auxiliar de bibliotecas (Subgrupo C1), como funcionarios/as interinos/as nas modalidades
reguladas no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto
refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
No non disposto nelas será de aplicación a Convocatoria Unitaria para a provisión de prazas de
funcionarios/as de carreira e persoal laboral deste Concello.

Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo C1 nivel 16: 1.742,89 €.

Terceira. Requisitos: Para tomar parte nas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os
seguintes requisitos, referidos todos e cada un á data en que termine o prazo de presentación de
solicitudes.

a) Estar en posesión do título de Bacharelato, técnico de formación profesional ou calquera outro


equivalente, segundo as disposicións educativas sobre a materia. Así mesmo, e aos sós efectos de
acceso a empregos públicos, a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 25
anos, homologadas polo órgano competente, considerarase equivalente á obtención do título de
Bacharel, sempre que se acredite algún dos requisitos establecidos no artigo 4.3 da Orde
EDU/1603/2009, de 10 de xuño.
b) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do
Estatuto Básico do Empregado Público.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira.
e) Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións
Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse
en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial,
para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a, ou para exercer funcións similares ás que
desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a. No caso de
ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser
sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o
acceso ao emprego público.
f) Estar en posesión do título acreditativo de nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV ou
equivalente. As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente
deberán facer unha proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

Cuarta. Proba de acreditación do coñecemento do galego


As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, deberán facer unha
proba que se valorará co resultado de apto/a ou non apto/a. Esta proba consistirá na tradución directa
e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, e nun tempo máximo de 1 hora. Os textos
serán escollidos pola Comisión cualificadora inmediatamente antes de celebrarse a proba,
correspondéndolle á Comisión determinar o nivel de coñecemento esixido para superar esta proba.

Esta proba realizarase antes de iniciarse a fase de oposición.


Páxina 1 de 6

Bases para confeccion urxente listas para cobertura de prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas
As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente e que non superen
esta proba quedarán excluidos do proceso.
Quinta. A selección constará de dúas fases:

1. FASE DE OPOSICIÓN:
Esta fase constará dun exercicio de carácter eliminatorio.

Proba escrita: Consistirá en responder unha proba escrita que constará de duas partes. Esta
proba será calificada como máximo ata 50 puntos, sendo necesario superar o mínimo establecido
en cada unha das dúas partes, para superala, e sendo eliminadas aquelas persoas aspirantes que
non o obteñan.
Este exercicio constará de duas probas, que se realizarán en unidade de acto, de forma
consecutiva:

1ª parte: Consistirá en responder por escrito un cuestionario tipo test de 60 preguntas, con catro
respostas alternativas, sendo só unha delas correcta. Tamén haberá que responder a 4 preguntas
de reserva. O cuestionario será determinado pola Comisión cualificadora inmediatamente antes de
celebrarse a proba e relacionado coas materias comprendidas no temario que se adxunta a esta
convocatoria. O tempo destinado a esta proba será de 65 minutos.
Esta parte será cualificada de 0 a 30 puntos, sendo necesario alcanzar un mínimo de 15 puntos
para superalo, sendo eliminadas aquelas persoas aspirantes que non o obteñan. A puntuación
calcularase de acordo cos seguintes criterios:
− Por cada resposta correcta outórgaselle 0,50 puntos.
− Por cada resposta incorrecta descontarase 0,166 puntos.
− As respostas en branco non puntúan.

2ª parte.- Consistirá en desenvolver por escrito 20 preguntas con resposta curta. O cuestionario
será proposto pola Comisión Cualificadora inmediatamente antes do comezo do exercicio e versará
sobre os contidos das materias comprendidas na parte especial do temario que se adxunta a esta
convocatoria. Valorarase neste apartado a concreción das respostas e a capacidade de redacción e
síntese. A Comisión cualificadora determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a
puntuación mínima. O tempo destinado a esta proba será de 100 minutos.
Esta parte será cualificada de 0 a 20 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de 10,00 puntos
para superalo, sendo eliminadas aquelas persoas aspirantes que non o obteñan.

Á finalización da proba escrita cada persoa aspirante poderá obter copia das súas respostas das
dúas partes. O seguinte día hábil publicarase o contido do exercicio e o cadro de respostas da
primeira parte na páxina web do Concello da Coruña.

2. FASE DE CONCURSO:

Con posterioridade á fase de oposición, procederase á avaliación da fase de concurso. Non terá
carácter eliminatorio e consistirá na valoración, por parte da Comisión cualificadora, dos méritos
que concorran nas persoas aspirantes. Soamente teranse en conta os documentos acreditativos
(orixinais ou fotocopias fehacientes) que aqueles/as presentasen ata o peche do prazo de
presentación de instancias da convocatoria.
Non se tomarán en consideración nin serán valorados os méritos que non queden debidamente
acreditados en todos os seus extremos no momento da finalización do prazo de presentación de
instancias. Con todo, non será necesario presentar documentos que xa se achen en poder desta
Administración, o cal deberá ser alegado expresamente na instancia.

Páxina 2 de 6

Bases para confeccion urxente listas para cobertura de prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas
Valoraranse os méritos da fase de concurso conforme ao seguinte baremo:
a) Experiencia laboral:
Por servizos prestados en calquera Administración Pública en prazas de técnico/a auxiliar
de bibliotecas, a razón de 0,10 puntos por mes. A experiencia laboral acreditarase
mediante a presentación do certificado de vida laboral, así como o certificado da
administración de procedencia onde conste, entre outros extremos, a titularidade da praza
e o posto desempeñado coas súas datas de inicio e de fin.
O máximo de puntuación neste apartado será de 3 puntos.

b) Cursos de formación:
Pola acreditación de asistencia a cursos específicos de formación e perfeccionamento
expedidos ou homologados por organismos oficiais e directamente relacionados coas
funcións da praza de técnico/a auxiliar de bibliotecas. Non se puntuará a asistencia a
asembleas, xornadas, congresos, conferencias, seminarios, simposios ou similares.
Aplicarase o seguinte baremo:

Cursos de duración comprendida entre 10 y 24 horas de duración 0,10 puntos


Duración comprendida entre 25 e 50 horas 0,20 puntos.
Duración comprendida entre 51 e 75 horas 0,30 puntos
Duración comprendida entre 76 e 100 horas 0,40 puntos.
Cursos de 100 horas ou máis: 0,50 puntos.

No caso de que as certificacións non especifiquen o número de horas de duración, ou no


caso de cursos de duración inferior a 10 horas non se concederá puntuación algunha.
O máximo de puntuación neste apartado será de 2,00 puntos.

c) Coñecemento da lingua galega:


- Por estar en posesión do título de linguaxe administrativa nivel superior: 0,75 puntos.
- Por estar en posesión do título de linguaxe administrativa nivel madio: 0,50 puntos.
O máximo de puntuación neste apartado será de 0,75 puntos.

A puntuación obtida nesta fase, que se publicará na páxina web do Concello, será computada na
valoración final das persoas aspirantes que superasen a fase de oposición, con indicación da
puntuación obtida polos/as aspirantes finalistas da convocatoria. Esta puntuación tamén se sumará
á puntuación obtida na fase de oposición para a creación dunha lista de espera desta praza para
cubrir necesidades futuras de interinidade.

Contra a valoración provisional da fase de concurso, as persoas aspirantes poderán presentar, no


prazo de 10 días seguintes á publicación, as reclamacións que estimen oportunas ante o propio
tribunal. Á vista das reclamacións que se presenten e, no caso de ser estimadas, realizaranse as
oportunas correccións na valoración e procederase á publicación definitiva na páxina web do
Concello da Coruña.

Páxina 3 de 6

Bases para confeccion urxente listas para cobertura de prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas
Sexta. Solicitudes: As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral deste
Concello no prazo de DEZ DIAS HABILES, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio
correspondente no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Xunto coa instancia, deberá presentarse inexcusablemente a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia compulsada do título esixido como requisito na base terceira.
- Fotocopia compulsada da acreditación do coñecemento da lingua Galega.
- Relación dos méritos que aleguen co fin de valoralos na fase de concurso. Os méritos serán
enumerados segundo a orde establecida nesta convocatoria, acompañados dos documentos orixinais
ou fotocopias xustificativas.
- Declarar si desexa o texto dos exames en galego ou en castelán.

Toda a documentación anteriormente indicada deberá posuírse na data de finalización do prazo de


presentación das instancias.

Setima. Publicidade do proceso selectivo. A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso
selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse na páxina web do Concello da Coruña
(www.coruna.es) na pestana “Concello” opción “Selección de Persoal”.

Oitava. Cualificación final.- As cualificacións das persoas aspirantes en cada unha das partes da proba
escrita publicaranse na páxina web do Concello da Coruña.
A orde de prelación das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo realizarase de acordo coa
suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso.
En caso de empate na puntuación final do proceso selectivo establécese a seguinte orde de prioridade:
1º A nota máis alta na primeira parte da proba escrita da fase de oposición.
2º A nota máis alta na segunda parte da proba escrita da fase de oposición.
3º Maior número de preguntas acertadas na primeira parte da proba escrita.

Novena. O tribunal propoñerá a contratación das persoas que obteñan a máxima puntuación conforme á
cualificación final obtida neste proceso.
Para futuras contratacións, acudirase a lista resultante deste proceso selectivo, que estará formada polas
persoas aspirantes que superen as dúas partes da proba escrita, tendo en conta a orde da puntuación total
obtida no proceso (fase de oposición e fase de concurso) e o disposto na Instrucción 4/17 sobre o
procedemento de creación e xestión de listas de agarda para o nomeamento de persoal interino do
Concello da Coruña.

TEMARIO

Parte xeral
Tema 1. A Constitución Española de 1978: Dereitos e deberes dos cidadáns. O Estatuto de Autonomía de
Galicia. As institucións da Comunidade Autónoma: o Parlamento, o Consello da Xunta e o Presidente.
Tema 2. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións
Públicas. Dos actos administrativos. Concepto e clases. Elementos. Requisitos dos actos administrativos.
Eficacia dos actos. A notificación. Nulidade e anulabilidade.
Tema 3. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións
Públicas. Iniciación do procedemento. Disposicións xerais. Clases e especialidades de iniciación. Inicio do
procedemento a solicitude do interesado. Ordenación. Instrucción: Disposicións xerais. Proba. Informes.
Participación dos interesados. Terminación: clases de terminación e especialidades. Tramitación

Páxina 4 de 6

Bases para confeccion urxente listas para cobertura de prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas
simplificada do procedemento administrativo. Execución. Título. Executoriedade. Execución forzosa. Medios
de execución forzosa.
Tema 4. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións
Públicas. Recursos administrativos. Principios xerais. Obxecto e clases. Normas xerais dos recursos
administrativos. Recurso de alzada. Recurso de reposición. Recurso extraordinario de revisión.
Tema 5. O réxime local: Regulación xurídica. O municipio: concepto e elementos.
Tema 6. Organización municipal. Órganos necesarios e órganos complementarios. Competencias do
municipio.
Tema 7. Municipios de gran poboación. O Alcalde: competencias, forma de elección e cesamento. Os
Tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local: composición e atribucións. O Concello Pleno: composición
e competencias. As Comisións Informativas.
Tema 8. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Código de conduta de empregados públicos. Réxime
de incompatibilidades.

Parte especial
Tema 9. As bibliotecas municipais da Coruña: a súa configuración como rede, os destinatarios aos que van
dirixidos os seus programas actividades e servizos, o funcionamento e as normas de acceso e uso.
Tema 10. As coleccións nas bibliotecas públicas: monografías, publicacións periódicas, materiais
audiovisais. Os novos soportes de información: o libro eléctrónico, recursos en liña, as plataformas de
préstamo, Galicia LE: plataforma do libro electrónico das biblioteca públicas galegas.
Tema 11. A atención aos usuarios na biblioteca pública: actividades e instrumentos de recibimento e
acollida, orientación e información xeral sobre as bibliotecas e os seus servizos. Presencial, telefónica,
virtual. A atención aos usuarios na biblioteca pública: queixas, suxestións, reclamacións na rede de
bibliotecas da Coruña.
Tema 12. Actividades e programas de animación e promoción lectora nas bibliotecas públicas- Principais
programas das bibliotecas municipais da Coruña: bbecontros, Merendas con Contos, CantoConto, Clubs de
lectura, Biblioteca verde, Descubrir os libros, alfabetización de persoas adultas, etc.
Tema 13. Recursos e servizos bibliotecarios para persoas con necesidades específicas: persoas con
diversidade funcional, persoas maiores. A lectura fácil.
Tema 14. O concepto de formación de usuarios e alfabetización informacional en bibliotecas públicas.
Recoñecer as características dos programas de formación de usuarios e ALFIN. Identificar as fases de
desenvolvemento dun servizo de formación de usuarios e ALFIN.
Tema 15. O concepto de biblioteca virtual e electrónica –Coleccións electrónicas e servizos virtuais. O
exemplo de Galiciana como biblioteca dixital de Galicia.
Tema 16. A comunicación a través da web e das redes sociais nas bibliotecas públicas da Coruña. A
biblioteca 2.0: blogs, redes sociais: Facebook, twitter, istragram flickr, wikis e diferentes recursos:
delicious, slideshare, calameo, Pinterest.
Tema 17. A importancia da colaboración da biblioteca con outros axentes da contorna: asociacións,
entidades, institucións, ongs.
Tema 18. A biblioteca pública como centro de información local.
Tema 19. Programa de xestión bibliotecaria nas bibliotecas Municipais da Coruña: Software para
bibliotecas Absys net.
Tema 20. Manifesto da IFLA sobre internet (2014).
Tema 21. Instrumentos para a avaliación do servizo da biblioteca pública. Recollida de datos, estatística e
indicadores.
Tema 22. As bibliotecas públicas e a participación ciudadana.

Páxina 5 de 6

Bases para confeccion urxente listas para cobertura de prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas
Tema 23. O perfil profesional ao servizo das bibliotecas públicas. Competencias, coñecementos, actitudes
e aptitudes.
Tema 24. O manifesto da UNESCO sobre bibliotecas Públicas.
Tema 25. Normativa galega de uso e funcionamento das bibliotecas.

A Coruña, 2 de maio de 2018

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL, P.D.


A Concelleira delegada de Facenda e Administración,

María Eugenia Vieito Blanco

Páxina 6 de 6

Bases para confeccion urxente listas para cobertura de prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas

You might also like