You are on page 1of 3

1.Introdución.

Estamos ante dous mapas cualitativos nos que se representan os dominios climáticos
de Galicia. Sinalar que o mapa da nosa esquerda foi elaborado por Pérez Alberti,
quen a principios dos anos 80 recopilou datos climáticos.

O clima é o estado da atmosfera nun momento e lugar determinados. É polo tanto


unha media estatística das distintas variables atmosféricas. Para explicar o clima hai
que ter en conta tanto os factores físicos (latitude, altitiude, distancia ao mar,
relevo...). Debido á orografía (vales e montañas, é dicir a disposición do Macizo
Galaico) a súa costa é recortada e ampla.

Na lenda mostrase o dominio húmido con raias horzontais, con raias verticais o
oceánico hiper-húmido, con rombos o oceánico continental, con dobre raiado o
oceánico con tendencia á aridez estival, con cadrados oceánico de montaña, con
raias dispersas o oceánico mediterráneo e por último as áreas de transición.

2.Análise e comentario.

En primeiro lugar sinalar que o clima oceánico abrangue a área tépeda das costas
occidentais dos continentes, son os climas C da clasificación de Köppen.

O dominio oceánico húmido abarca as costas setentrional e noroccidental, é dicir, as


terras comprendidas entre as serras setentrionais e a costa: Terra do Eo, Foz,
Viveiro, Serra da Loba, Cova da Serpe... englobando terras das comarcas de Ferrol,
as Mariñas de Betanzos e Coruña, sectores de Bergantiños, Fisterra. Presenta un alto
índice de precipitacións pola súa proximidade á costa e á exposición de masas de
aire húmido procedentes do Cantábrico con augas máis cálidas que as do Atlántico e
proximidade ás serras setentrionais. As temperaturas son suaves ao longo de todo o
ano, a temperatura media oscila entre os 13 e os 14ºC, a oscilación térmica está por
debaixo dos 10ºC, a precipitación media entre 900-1000 mm anuais con máximos de
choiva durante o outono-inverno e mínima no verán.

O oceánico hiper-húmido, comprende a Galicia centro-occidental, entre o mar e as


serras occidentais. Comprende as comarcas de Bergantiños, Xallas, Fisterra, Maia,
Ordes, Santiago, A Estrada e a Península do Barbanza onde da paso ao oceánico
humido con tendencia á aridez estival. As temperaturas son máis baixas que nas
terras situadas ao norte, en torno aos 12ºC. A oscilación térmica en torno aos 10ºC.
A precipitación media mensual en torno aos 1500mm anuais. As precipitacións
aumentan a medida que nos aproximamos ás serras.

O clima oceánico húmido con tendencia á aridez estival, preséntase nas Rías Baixas
e o tramo inferior do río Miño. Presenta precipitacións abundantes pero máis
estacionais. As precipitacións son máis torrenciais, concentrándose no outono-
inverno, están ao redor dos 1500mm anuais. As xiadas son máis frecuentes a medida
que nos acercamos ás serras occidentais meridionais: Serra do Suído, Candeán, Serra
do Faro de Avión, que ao frear as perturbacións suratlánticas fan aumentar as
precipitacións. Temperaturas en torno aos 15ºC anuais.

O clima oceánico húmido con tendencia á aridez estival favorece o desenvolvemento


do turismo, (Rías Baixas) así como os cultivos de Kiwi, Kaki...tamén hai que ter en
conta a propagación dos incendios forestais sobre todo no verán cando hai máis
sequedade e a esto se engade a presencia de árbores pirófilas como o eucalipto.

O clima oceánico mediterráneo desenvólvese nas terras surorientais nos vales do


Miño e do Sil. É a zona máis árida de toda Galicia. A morfoloxía contribúe á
mediterranización que se pode ver nas temperaturas, máis elevadas no verán e unha
oscilación térmica en torno aos 14ºC, con meses de inverno moi fríos e verán moi
cálido. As precipitacións son as máis baixas entre os 700-800mm anuais
fundamentalmente no outono-inverno e escasas no verán. A áridez é alta.

O clima oceánico continental dáse nas áreas interiores de Galicia, Terra Cha,
Monforte, Chantada, A Limia, Monterrei... a medida que avanza cara o sur a
continentalización da paso á mediterranización. Destacan nesta zona temperaturas
extremas, con unha media anual entre 12-14ºC, e unha oscilación entorno aos 15ºC,
con invernos fríos, nos que abundan as xiadas, e veráns calurosos. As precipitacións
anuais están en torno aos 900mm debido ao alonxamento do mar e á protección das
serras. Destacan as precipitacións en forma de neve no inverno. Precipitacións
escasas no verán.

O clima oceánico de montaña. Hai que diferenciar as serras occidentais das demais.
Aumento das precipitacións e descenso da temperatura, as vertentes occidentais
reciben máis cantidade de auga que as orientais.

Nas serras orientais e surorientais as precipitacións descenden de Norte a sur, sendo


máis frecuentes as precipitacións en forma de neve. Son as zonas pola situación
onde se dan os índices demográficos máis baixos, a pesar de que algunha zona como
Manzaneda hai que destacar o aproveitamento dos recursos, para deportes de
inverno.

Vemos que en Galicia predomina a diversidade. As temperaturas medias aumentan a


medida que descendemos de noroeste a surleste e sur.

As precipitacións descenden dende o NO ao SE.

3.Conclusión.

Debido á cantidade de precipitacións que recibe Galicia e á fertilidade e


profundidade dos suelos, é a principal rexíon en producción de madeira. As especies
máis usadas pola industria son o eucalipto e o pino, debido ao rápido crecemento,
calidade da madeira, pero hai que ter en conta que son especies pirófilas, o que fai
aumentar os incendios, producen un deterioro do ecosistema e necesitan cantidade
de auga. Son os principais causantes dos incendios forestais e as zonas máis
afectadas son as que teñen máis aridez estival, así mesmo hai que ter en conta o
abandono do mundo rural e a falta de actividades productivas.

You might also like