You are on page 1of 1

Prácticos Mércores 6-2-2019.

“Despois da guerra de 1870-71, fíxose evidente que unha guerra simultánea contra Francia e Rusia
sería a proba máis perigosa para a estabilidade do novo Imperio alemán (...). Nunha guerra así,
atopariámonos na “liña interior”. Raramente, nese caso, un é o bastante forte como para atacar os dous
adversarios ao mesmo tempo. A conduta a seguir é a mesma en todos os manuais: aténdese primeiro a
un adversario e logo ao outro, ao que se contivo ata ese momento. Así actuou xa Federico o Grande
durante a Guerra dos sete anos (...) e Napoleón (...). Entón era preciso conseguir, mediante a rapidez
das marchas e a conservación do segredo das operacións, o que hoxe nos proporcionan os ferrocarrís. A
manobra parece sinxela, pero a súa execución é extremadamente difícil. Contra que adversario volverse
primeiro? (...). O conde Schlieffen decatouse deseguida de que os franceses eran o inimigo máis
poderoso, o máis ameazador, ao que había que atacar con tanta superioridade numérica como fose
posible (...). nos anos seguintes, o conde Schlieffen foi acentuando progresivamente a idea de
envolvemento. O ataque de fronte foi abandonado (...). Atravesando Bélxica e o norte de Francia como
un poderoso rodete, desbordaríamos toda posición francesa que nos atoparamos. O teatro de operacións
estendíase, creando espazo para un exército inmenso (...). Era preciso aniquilar o exército francés”.

You might also like