You are on page 1of 5

EUROPA

1. EUROPA: XEOGRAFÍA POLÍTICA

O continente europeo está conformado por 50 países. A continuación, imos ver as capitais dalgúns deles.

PAÍS CAPITAL PAÍS CAPITAL PAÍS CAPITAL PAÍS CAPITAL


España Madrid Irlanda Dublín Eslovaquia Bratislava Bulgaria Sofía
Portugal Lisboa Reino Unido Londres Ucraína Kiev Islandia Reikiavick
Francia París Francia París Hungría Budapest Noruega Oslo
Mónaco Mónaco Bélxica Bruxelas Romanía Bucarest Suecia Estocolmo
Italia Roma Países Baixos Amsterdam Moldavia Chisinau Finlandia Helsinqui
Albania Tirana Luxemburgo Luxemburgo Eslovenia Liubliana Dinamarca Copenhague
Malta A Alemaña Berlín Croacia Zagreb Estonia Tallínn
Valletta
Grecia Atenas Suíza Berna Bosnia- Saraxevo Letonia Riga
Hercegovina
Turquía Ancara Austria Viena Serbia Belgrado Lituania Vilnius
Chipre Nicosia Liechtenstein Vaduz Montenegro Podgorica Rusia Moscova
Irlanda Dublín República Praga Kosovo Pristina Xeorxia Tiflis
Checa
Reino Londres Polonia Varsovia Macedonia Skopje Armenia Ereván
Unido
Francia París Bielorrusia Minsk Azerbaixán Bakú

1
2. A LOCALIZACIÓN E O RELEVO DE EUROPA

2.1.A localización

Europa é un continente situado no hemisferio Norte. Por tanto, todos os seus territorios teñen latitude norte.

Os límites do continente europeo son: ao norte, o océano Glacial Ártico; ao sur, o mar Mediterráneo; ao oeste, o
océano Atlántico, e ao leste, os Montes Urais e o mar Caspio.

2.2.As montañas:

Europa ten un relevo moi variado, no que se suceden sistemas montañosos de menor altitude, ao norte, con outros
máis elevados ao sur.

- Montañas do norte: as montañas teñen pouca altura e formas redondeadas. Destacan:


 Montes Escandinavos
 Montes Urais, que forman o límite este de Europa con Asia.
- Montañas do sur: as montañas son máis elevadas e a maioría bordean o mar Mediterráneo. Destacan:
 Os Pirineos, os Alpes, os Apeninos, os Cárpatos, os Balcáns e o Cáucaso, onde está o pico máis alto de Europa,
o Elbrus de 5.642 metros de altitude.

2.3.As chairas:

As chairas exténdense polo centro e leste do continente, dende o norte de Francia ata Rusia. Os ríos máis
importantes de Europa atravesan esa gran rexión.

- A Gran Chaira Europea limita co mar do Norte e o mar Báltico polo norte, e cos Alpes e os Cárpatos polo sur.
Nesa ampla chaira hai macizos, que son montañas de escasa altitude, como o Macizo Central, na cordilleira
dos Vosgos e a Selva Negra.
- A Chaira da Europa Oriental limita co mar Blanco e o mar de Barents, polo norte, e cos Montes Urais, polo
leste.

2
2.4.A costa de Europa

A costa europea é moi extensa e conta con máis de 40.000 kilómetros. Está bañada por dous océanos e varios
mares.

- OCÉANOS: océano Glacial Ártico e océano Atlántico.


- MARES: mar do Norte, mar Báltico e mar de Barents, no norte; e mar Mediterráneo, mar Negro e mar
Caspio, no sur.

Ademais, como a costa é moi recortada, con moitos saíntes e entrantes, son abundantes as penínsulas, os golfos, os
cabos e as illas.

- As penínsulas máis importantes son: a de Kola, a Escandinava e a de Xutlandia, no norte; e a Ibérica, a


Itálica, a Balcánica e a de Crimea, no sur.
- As illas máis importantes son:
o Islandia, Irlanda e Gran Bretaña, as illas Azores, as illas Madeira e as illas Canarias no océano
Atlántico.
o As illas Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Malta, Creta e Chipre, no mar Mediterráneo.
- Entre os golfos máis destacados están o de Botnia, Bizkaia, León e Xénova.
- Cabos máis importantes: Norte, Fisterra, San Vicente e Matapán.
- Estreitos: Xibraltar.

3
3. A hidrografía e os climas de Europa.

-Os ríos: os principais ríos europeos verten as súas augas a cinco océanos ou mares; ao océano Glacial Ártico, ao
océano Atlántico, ao mar Mediterráneo, ao mar Negro e ao mar Caspio.

 No océano Glacial Ártico desembocan o Pechora e o Dvina Setentrional. Son ríos longos e moi caudalosos.
No inverno, durante gran parte do seu percorrido, están conxelados.
 No océano Atlántico desembocan, entre outros, o Dvina Occidental, o Vístula, o Oder, o Elba, o Rhein (Rin),
o Sena e o Loira. Son ríos moi longos, caudalosos e de réxime regular, o que permite que poidan ser
navegables por gran parte do seu curso.
 No mar Mediterráneo desembocan o Ebro, o Ródano, o Tíber, o Po e o Vardar. En xeral, son ríos curtos,
pouco caudalosos e de réxime irregular.
 No mar Negro desembocan o Dniéper, o Dniéster, o Don e o Danubio; este último é o máis caudaloso de
Europa.
 No mar Caspio desemboca o Volga, que é o río máis longo de Europa, con 3.531 quilómetros de lonxitude.

4
-Os climas: en Europa pódense encontrar seis tipos distintos de climas: oceánico, continental, mediterráneo,
subtropical, polar e de alta montaña.

 Clima oceánico: ten unhas temperaturas suaves todo o ano. As precipitacións son abundantes durante todo
o ano.
 Clima continental: temperaturas frías no inverno e calorosas no verán. Precipitacións escasas.
 Clima mediterráneo: temperaturas altas, con invernos temperados e veráns calorosos. Precipitacións escasas
e irregulares.
 Clima subtropical: temperaturas cálidas todo o ano e precipitacións escasas.
 Clima polar: temperaturas moi frías no inverno e frías no verán, e precipitacións escasas, aínda que sempre
en forma de neve.
 Clima de alta montaña: temperaturas moi frías no inverno e suaves no verán. Precipitacións abundantes, con
nevadas no inverno.

You might also like