You are on page 1of 1

AS MÁQUINAS: Son aparatos formados por distintos materiais que nos axudan a realizar

traballos con menos esforzo e fan a nosa vida máis cómoda. Hai 2 tipos de máquinas:

-Máquinas simples, aquelas que só teñen unha ou poucas pezas. ( unha roda, unha tesoira…)

-Máquinas compostas, que so aquelas que están formadas por moitas pezas, ou por varias
máquinas simples. As pezas ou máquinas simples que as forman chámanse compoñentes ou
operadores. (un televisor, unha bicicleta...)

Para funcionar, as máquinas necesitan enerxía. Segundo o tipo de enerxía que utilicen,
podemos falar de:

- Máquinas manuais, que funcionan coa enerxía humana


- Máquinas eléctricas, que usan enerxía eléctrica
- Máquinas térmicas, que usan enerxía que se obtén ao queimar un combustible.

AS MÁQUINAS SIMPLES

- AS PANCAS: barra ríxida que se move apoiada sobre un punto de apoio. Nun extremo
está a carga e, no outro, aplícase a forza para mover a carga.
- A RODA: é un disco que xira arredor dun eixe central. As engrenaxes, son un tipo de
rodas con dentes, que encaixan entre si e xiran á vez.
- A POLEA: é unha roda cun canal por onde se despraza unha corda. Dun extremo está a
carga, e do outro extremo, tírase da corda.
- O PLANO INCLINADO: é unha rampla que se usa para subir ou baixar corpos,
facéndoos esvarar sobre o chan.

A PANCA

Que é unha panca? É un tipo de máquina simple que serve para transmitir forzas.

Cales son as partes ou elementos dunha panca?

- A forza, que se aplica para levantar a carga.


- A barra ríxida.
- O punto de apoio, sobre o que se apoia a barra.
- A carga, que é o peso que hai que levantar.

Cales son os distintos tipos de pancas que hai? Hai 3 tipos de pancas:

- As de 1º xénero, nas que o punto de apoio se sitúa entre a carga e a forza. (tesoiras, alicate,
pinza, balanza...)

- As de 2º xénero, nas que o punto de apoio está extremo e a forza se aplica no outro extremo.
No medio está a carga. (carretilla, espremedor, crebanoces, abridor de chapas de botellas...)

-As de 3º xénero, nas que o punto de apoio está nun extremo, a carga no outro e, no medio, a
forza.. ( pinzas para a ensalada, grampadora...)

You might also like