You are on page 1of 3

O COELLIÑO BRANCO

Presentar o libro: “O coelliño branco” baseado nun conto


popular portugués, de Xosé Ballesteros e Oscar Villán.

XIANA Érase unha vez


Un coelliño branco.
Un día foi buscar coles á horta
Para facer un caldiño.

Cando o coelliño volveu á casa,


atopou a porta pechada e petou.
GAIZCA - ¿Quen é?
-preguntou un vozarrón desde dentro.
- Son eu, o coelliño branco,
que veño de coller coles
e vou facer un caldiño.

- Pois eu son a cabra cabresa


DIEGO e como non marches,
sáltoche encima da cabeza.

O coelliño foise de alí


correndo á présa.

Andando, andando,
o coelliño atopou un boi
e pediulle axuda.

- Eu son o coelliño branco


e fun buscar coles á horta.
ZAIRA Volvín á casa para facer un caldiño,
pero nela está a cabra caburra,
que me salta encima
e me espaturra.
¿Queres vir comigo?

-Eu non,
Eu non vou,
Que teño medo
-dixo o boi
mentres marchaba.
O coelliño seguiu andando
e atopou un can.

- Eu son o coelliño branco


e fun buscar coles á horta.
Volvín á casa para facer un caldiño,
CLARA pero nela está a cabra cabraza,
que me salta encima e me esmagaza.
¿Queres vir comigo?

- Eu non, eu non vou,


que teño medo
-dixo o can
mentres marchaba.

O coelliño seguiu andando, andando, e atopou un galo.

-Eu son o coelliño branco


e fun buscar coles á horta.
Volvín á casa para facer un caldiño,
pero nela está a cabra cabralla,
CARMELA que me salta encima e me escangalla.
¿Queres vir comigo?

- Eu non, eu non vou,


que teño medo
-dixo o galo
mentres marchaba.

O coelliño seguiu andando,


cada vez máis triste,
sen esperanza
de poder volver á casa.

Pero atopou unha formiga


que lle preguntou:
BRUNO
_ ¿Que che pasa
coelliño branco?

- Que fun buscar coles á horta.


Volvín á casa para facer un caldiño,
pero nela esta a cabra cabruxa,
que me salta encima e me esbabuxa.
- Pois eu vou contigo
–dixo a formiga-.
Non lle teño medo
UZIEL a unha cabra caprina.

E os dous volveron á casa


do coelliño
e petaron na porta.

- Aquí ninguén entra


-dixo un vozarrón
IVÁN desde dentro-.

Xa está a cabra cabresa,


que vos salta
encima da cabeza
se non marchades
á présa.

E dixo a formiga:
IAGO - Pois eu son a formiga rabiga.
Como non abras,
fúroche a barriga.

Á cabra cabresa
deulle un ataque de risa.

Entón a formiga rabiga entrou polo burato


XURXO da pechadura, achegouse á cabra e, ¡zas!,
meteulle unha picada no bandullo.
A cabra fuxiu como un foguete dicindo:

- Eu son a cabra cabresa


e a esta casa non volvo
porque non me interesa.

A formiga rabiga
abriulle a porta
ao coelliño branco;
MATEO coas coles fixeron un caldiño
comérono
e a min non me deron
porque non quixeron.

You might also like