You are on page 1of 9

RESTAURACIÓN BORBÓNICA (1875-1902).

COMPOSICIÓN de texto histórico


− A Restauración.
− A cuestión nacional no último terzo do século XIX.
TERMOS para definir
Agrarismo, Caciquismo, Encasillado, Manifesto de Sandhurst, Pronunciamento (ver guións
anteriores), Pucheirazo, Rexeneracionismo, Sistema de queda, Sufraxio censatario e
universal (ver guións anteriores).
Todos os anteriores.

1
A RESTAURACIÓN BORBÓNICA (1875-1902)
A Restauración (retorno da monarquía; constitución de 1876; e vida política)
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, explicarás as bases
do sistema da Restauración ou sistema canovista (a súa xénese conservadora,
monarquía constitucional doutrinaria, o “turnismo” ou quenda pacífica de partidos) e a
Constitución de 1876 nos seus trazos fundamentais (soberanía compartida Coroa/Cortes,
papel esencial da monarquía no nomeamento dos gobernos...). Tamén deberás facer
referencia á consolidación do sistema canovista a través da configuración da “quenda
pacífica” e ao funcionamento dun modelo político marcadamente oligárquico e
fraudulento.

ACLARACIÓNS (contidos recollidos con pouca profundidade no libro de texto)


− Contextualización do reinado de Alfonso XII (1875-1885), e da rexencia de Mª Cristina
(1885-1902) e o seu papel como monarcas.

− Causas da Restauración e fracaso da Iª República: Golpe de Martínez Campos e o


Manifesto de Sandhurt (simplemente mencionadas ao princípio páx. 230, apart.1)

− As figuras de Cánovas e Sagasta como claves para entender o sistema.

ACLARACIÓNS (contidos recollidos no libro de texto)

− As bases do sistema da Restauración ou sistema canovista aparecen


fundamentalmente na páxina 230 apart. 1.1.

− Constitución de 1876 nos seus trazos fundamentais, páxina 230, apart. 1.2.

− Consolidación do sistema canovista a través da configuración da “quenda pacífica,


páx. 232-233, apart. 3.

− Funcionamento dun modelo político marcadamente oligárquico e fraudulento, páx.


234-235, apart.4.

− Respecto ás forzas políticas que estaban fóra do sistema, (páx. 236-241) unha visión
xenérica ao tratarse estos (tanto o nacionalismo como o movemento obreiro nun apartado
específico).

2
ASPECTOS IMPORTANTES
− Cánovas e Sagasta como políticos clave para entender o sistema.
− Cales eran os partidos do sistema bipartidista e os seus lideres: Cánovas e Sagasta.
− A exclusión do exército da vida pública (sobre todo ata 1898).
− A constitución de 1876 (características e comparación coas demais do S. XIX).
− Que entendemos por quenda de partidos e como se organizada “Pacto do Pardo” (1885).
− Conceptos: turnismo, Cortes Bicamerais, quenda dinástica, encadramento=encasillado,
soberania compartida.
− Que era un cacique, o caciquismo, o encadramento,...todos os sistemas de fraude
importante para entender o sistema (páx. 234 moi útil).
− Como se logrou a estabilidade ata 1898:
I. Turnismo, exército fóra da política, Constitución de 1876, estabilidade económica,...
II. Poder oligárquico e o caciquismo: o Estado coto privado de dous partidos, mantendo ao
pobo fóra da política, con eleccións fraudulentas e coas novas forzas políticas fóra do
xogo político, unha inaxeitada e mínima modernización agraria, un país con falta de
inquietudes sociais,...

3
COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
A cuestión nacional no último terzo do século XIX.
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, deberás demostrar que
coñeces os factores que levaron á eclosión dos nacionalismos periféricos (o seu
nacemento como unha reacción fronte ás pretensións centralistas do Estado liberal), o seu
ideario, así como o seu desenvolvemento posterior (carácter minoritario nos comezos ata a
súa conversión en movementos de masas, cunha importante influencia política, capaces de
enfrontarse aos partidos da quenda). Deberás tamén mencionar aos seus líderes principais.

ACLARACIÓNS (contidos recollidos con pouca profundidade no libro de texto)


Na explicación aclararemos conceptos como nación e nacionalismo para contextualizar
xenéricamente os nacionalismos “periféricos” caso do catalán, vasco e galego. Respecto ás
figuras mais importantes e características, e tan importante que recordes os nomes como que
saibas explicar as súas características.
1. Conceptos e diferencias entre provincialismo, rexionalismo e nacionalismo.
2. En que se diferencian o nacionalismo español do periférico (catalán, vasco, galego).
3. Está o nacionalismo necesariamente vencellado a algunha ideoloxía política concreta?
4. Relación entre os nacionalismos e as circunstancias históricas do S. XIX e XX.
Rexionalismo e nacionalismo.
Nacen a finais do S. XIX fundamentalmente en Cataluña e o País Vasco como movementos que
cuestionan a existencia dunha única nación española (centralista). Potenciados por las
burguesías locais no caso catalán e vasco (non nunha Galicia rural).
REXIONALISMO NACIONALISMO
Tendencia ou doutrina política defensora do Movemento político dun grupo de persoas que
recoñecemento dunha identidade diferencial conscientes dos lazos históricos, étnicos,
rexional, e da concesión da autonomía lingüísticos, culturais, sociais, etc, que os unen
administrativa dentro da organización dun e diferencian, defenden a creación dunha
Estado. nación propia e diferenciada, tento polo tanto
teñen o dereito a decidir sobre o seu destino
O concepto de Nación ata a Restauración Borbónica (breve repaso).

4
Os nacionalismos periféricos frente ao centralismo da Restauración.
a. Nacionalismo periférico (defensa das diferencias rexionais frente ao Estado centralista
liberal/nacionalismo español.
b. Factores de diferenciación (por que da súa aparición):
− Culturais e lingüísticos (diversidade existente).
− Políticos (reacción ante o centralismo e uniformidade do Estado liberal, descontento e
desilusión pola marcha do país, etc).
− Económicos (desigual desenvolvemento industrial en España, + en Cataluña e País Vasco, as
políticas económicas dos gobernos).
O CATALANISMO e o carácter diferencial de Cataluña
a. A “Reinaxença”: movemento cultural e político da burguesia catalana do século XIX que
xurdíu pola vontade de facer renacer a sociedade, a cultura, a historia, a literatura e sobre
todo o catalán como lingua literaria e de cultura tras séculos de diglosia respecto ao
castelán (decadencia). Contemporáneo ao Rexurdimento galego.
b. 1º pasos no político: Valentín Almirall (catalanismo + liberalismo +laicismo)
− Primeiro Congreso Catalanista (1880).
− “Centre Catalá” (1882) unha organización que pretendía conseguir a autonomía.
− Memorial de Greuges/Memorial de Agravios, Memoria en defensa dos intereses morais e
materiais de Cataluña (1885). Presentado ante o i Alfonso XII defendía o proteccionismo
industrial e o dereito particular catalán frente á uniformización española.
c. Catalanismo conservador:
− Unió Catalanista (1891) e as Bases de Manresa (1892): defensa da tradición xurídica catalana
baixo os principios da orde, tradición, relixión e propiedade; e dunha organización confederal
no Estado español, da soberanía de Cataluña e do restablecemento das institucións
tradicionais catalanas.
− Liga Regionalista en 1901 (burguesía catalana e o catalanismo moderado): crise da
Restauración e dos partidos dinásticos en Cataluña tras a crise do 98.
d. Evolución do catalanismo ao nacionalismo entre finais do XIX e comenzos do XX como
remate (non é tema da composición)

5
NACIONALISMO VASCO
a. Dos Decretos de Nova Planta (1715) ata a Restauración borbónica e omantemento dun
sistema fiscal, institucións administrativas e xudiciais propias, restriccións de obrigas
militares, aduanas con Castela, etc.
b. Nacemento do nacionalismo durante a Restauración:
Ten como bases a defensa dos privilexios forais tras a supresión por Cánovas en 1876
dos mesmos co Concerto Económico de 1878; e a destrucción das tradicións da sociedade
vasca coa industrialización (españolización do traballador, formación unha burguesía ligada
ao centralismo da Restauración).
Sabino Arana e a creación do Partido Nacionalista Vasco (Eusko Alderdi Jeltzalea) en
1885:
− Defensa da lingua,, cultura e etnia vasca (maketos para referirse despectivamente
aos españois).
− Conservador e católico “Deus e as Antigas leis” como lema de ahí o ataque ás
clases dirixentes e os obreiros como destructores da sociedade tradicional e da
orde.
− Defensor dos Foros eliminados por Cánovas.
Primeiros éxitos a nivel local e provincial e a existencia de tendencias dentro do PNV
(independentista e autonomista) a finais do XIX e comenzos do XX (refundación do PNV en
1921 recollendo as teses de Sabino Arana). Non entra na composición

GALEGUISMO
Con escasa implantación a partir da segunda metade do XIX xurdíu o galegismo
reivindicando o recoñecemento dos intereses de Galicia (pobre, atrasada e esquecida
polos gobernos liberáis), da lingua e en defensa do autogoberno.
a. Provincialismo (1840-1885): coincidindo co romanticismo, apareceron en Galicia as
primeiras reivincicacións da personalidade de Galicia frente ao centralismo, ex. Antolín
Faraldo (1846). E as primeiras demandas de certo autogoberno, ex. pronunciamento de
Solís en 1846.
Rexurdimento (1863-1888)
− Rosalía, Curros, Pondal, inician o movemento de recuperación e defensa do galego como
lingua tanto popular como literaria.
− Historiadores como Bieito Vicetto e Manuel Murguía aportaron argumentos ao galegulismo
cos seus estudos sobre o pasado de Galicia.

6
b. Rexionalismo (1885-1916).
Aparece na década de 1880. Defensor do emprego dunha lingua propia e do logro do
dereito á autonomía política e administrativa sempre dentro da aunidade de España.
− Manuel Murguía: a nacionalidade galega está xustificada por razóns culturais como a
historia, o idioma, a xeografía, etc. Demanda de autonomía.
− Alfredo Brañas: mantén unha posición conservadora (católica) ao tempo que introduce as
demandas rexionalistas, pero sempre dentro da unidade con España.
− Primeiras organizacións galeguistas (con escasos logros políticos frente ao caciquismo e a
redención dos foros): Asociación Rexionalista Galega (1891); Liga Galega (1897); Real
Academia Galega (1906) o xornal A Nosa Terra (1907), Solidaridade Galega (1907).
c. Nacionalismo (1916-1936) con figuras como Antón Vilar Ponte, Vicente Risco, Ramón Villar
Ponte, Castelao e organizacións como As Irmandades da Fala” (1916), a Iª Asemblea
Nacionalista en Lugo (1918), a revista Nós (1920), o Seminario de Estudos Galegos (1923),
ORGA (Organización Republicana Galega) en 1929. Non entra na composición.

ACLARACIÓNS (contidos recollidos no libro de texto)


Catalanismo (páx. 239).
− Argumentos do catalanismo para argumentar as súas diferencias
− Correntes nacionalistas catalanas (nomealas, citar o nome dalgún líder destacado).
O Nacionalismo Vasco (páx. 240).
− Relacións co Carlismo?
− Sabino Arana e o PNV.
Galícia (páx. 240)
− Cando xorde e que pedía o galegismo?
− Fases:
a. Provincialismo (1840-1885) e do “Rexurdimento”.
b. Rexionalismo(1885-1916) e figuras destacadas.
c. Nacionalismo (1916-1936): que reivindica, principais figuras do nacionalismo galego e
principias organizacións: Irmandades da Fala (1916); Nós (1920); Seminario de Estudios
Galegos (1933); ORGA (1929); Partido Galegista (1931). Este último punto non se recolle.

7
TERMOS

Agrarismo

Organización dos labregos galegos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas a

fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridade Galega que

axudou a dinamizar o movemento. Os seus obxectivos eran a loita contra o sistema foral e

contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego.

Ex. dentro do agrarismo máis radical, Acción Galega na década de 1910 co sacerdote

Basilio Álvarez como líder. As diferencias ideolóxicas debilitarían ao movemento a partir de

1915.

Caciquismo
Sistema e práctica política base do sistema canovista e característica da España da

Restauración Borbónica (1875-1923), baseado no control directo do cacique que

amañaban as elección (utilizando métidos fraudulentos), partindo das instruccións dos

Gobernadores Civís de cada provincia que seguía a súa vez as instruccións do “político de

Madrid”.

Xenerou un sistema electoral corrupto e lonxe da maioría da poboación, unha

administración ineficaz, e unha xustiza ao servizo dos poderosos, cuxo éxito estivo na

ignorancia e apatía do pobo.

Encasillado: unha das prácticas características do caciquismo na que se decidía

(previamente) que figura sairía elixida en cada distrito electoral. O Goberno, convocaba,

organizaba unhas eleccións dende o Ministerio de Gobernación, manipulándoas a

conveniencia dos intereses dos dous partidos do turnismo propio da Restauración

borbónica entre 1875 a 1923.

8
Pucheirazo: un dos métodos de manipulación electoral da Restauración borbónica (1875-

1923) para permitir a alternancia “turnismo” pactada previamente entre os Conservadores e

Liberais dentro dun ámbito fundamentalmente rural e cidades pequenas. Para levarlo a

cabo gardábanse as papeletas de votación (nos pucheiros) e engadíanse ou quitaban da

urna electoral segundo conviña ao resultado desexado. Outros dos métodos empregados,

era a colocación das urnas en lugares de imposible acceso; a manipulación das votacións

cos votos dos falecidos, “cuneros” (electores que se inscribían irregularmente na

circunscripción que non lle correspondía).

Sistema de queda

Alternancia “turno pacífico” no goberno entre os conservadores de Canovas e liberais de

Sagasta durante a Restauración. Baseado nun xeneralizado falseamento da práctica

electoral establecida no Pacto del Pardo en 1885 entre ambos políticos, como única saída

á inestable política española do XIX que deixaba fora do turno/quenda, aos carlistas,

republicanos, marxistas.

Un sistema non democrático (o goberno estaba elixido antes das eleccións) que garantizou

unha estabilidade que permitiu a longa duración da Restauración gracias ás prácticas

caciquís.

You might also like