You are on page 1of 5

SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874)

COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


A Revolución Gloriosa e a constitución de 1869.
A primeira república: proxecto de constitución federal e cantonalismo.
TERMOS
Cantonalismo, ludismo, Manifesto de Sandhurst, pronunciamento, sufraxio censatario e
universal.
Todos os anteriores.

SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874)


Período que se iniciou coa Gloriosa (setembro 1868) un pronunciamento militar + levantamentos
populares “Xuntas de Goberno”= fin de Isabel II; marcado pola inestabilidade (diferentes modelos
de Estado, dúas constitución, guerras, etc); pero tamén pola participación popular (sufraxio
universal masculino, movemento Obreiro).
GOBERNO PROVISIONAL E REXENCIA DE SERRANO (outubro 1868-decembro 1870)
➢ Constitución de 1869.
➢ Guerra dos Dez Años en Cuba (1868-1878)=guerra pola independencia.
➢ Levantamentos republicanos e búsqueda dun novo rei
REINADO DE AMADEO DE SABOIA (xaneiro 1871-febreiro 1873)
➢ Illamento do monarca (asasinato de Prim e ampla oposición).
➢ Inicios do movemento obreiro.
➢ Comenzó da III Guerra Carlista (1872-1876).
➢ Crise política.
Iª REPÚBLICA (febreiro 1873- decembro 1874)
➢ Diferencias dentro dos republicanos (república unitaria=conservadores/república
federal=pobo “cantonalismo”).
➢ Inestabilidade gubernamental (4 presidentes, Figueras. Pi i Margall, Salmeron e Castelar), e
ditadura de Serrano (xaneiro-decembro de 1874).
➢ Constitución non nata de 1873.
➢ Protagonismo militar (III guerra carlista+guerra cantonal+guerra en Cuba):
➢ Serrano, golpe de Pavía e pronunciamento de Martínez Campos en decembro de 1874 e
fin do Sexenio (Restauración dos Borbóns con Alfonso XII).

1
A Revolución Gloriosa e a constitución de 1869.
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, deberás referirte ás
causas deste proceso revolucionario, así como ao seu desenvolvemento posterior
(alianzas políticas, programa revolucionario...), ata chegar á formación dun Goberno
Provisional e ás medidas levadas a cabo por este, facendo fincapé na constitución de
1869 e nas súas características. Aínda que a monarquía de Amadeu de Saboia non sexa
obxecto de comentario, pode facerse unha referencia breve á mesma para explicar as
consecuencias da Revolución.
PARTE da Gloriosa (setembro de 1868) como un pronunciamento no que se volveu a plasmar
a constante intromisión militar na política, pero coa novidade de que se cuestione á figura da
raiña Isabel II que teria que exiliarse.
Causas do pronunciamento militar e da formación de Xuntas de Goberno (páx. 158, 159, apart
1.1 1.2, 1.3).A Xunta Suprema Central de Madrid da paso a:
Un Goberno Provisional (páx. 159, 160, 161) con múltiples problemas para levar a cabo as
reformas pretendidas, como a Constitución de 1869 e a elección dunha forma de goberno
(monarquia ou república).
REMATA coa monarquia de Amadeo de Savoia inestable e de curta duración (páx. 164-165).
IMPORTANTE TER MOI CLARO:
− As forzas políticas protagonistas da revolución de 1868: aclarando e diferenciando o que
é democrático, republicano, federal, unitario.
− A Constitución de 1869 (páx. 160): contexto histórico e características (a máis avanzada
das constitucións do século XIX).
− A monarquía de Amadeo de Savoia: un novo monarca e unha nova dinastia para un
réxime democrático. As dificultades que atopou o novo rei e como consecuencia a
renuncia de Amadeo ao trono.

2
A Primeira República: proxecto de constitución federal e cantonalismo
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, deberás referenciar
xenericamente o paso da monarquía de Amadeu de Savoia (chea de dificultades) a un
réxime republicano inestable e moi cuestionado. Como consecuencia do anterior,
explicarás a falta dun modelo consensuado de república, e o xurdimento do movemento
cantonal, a división entre os republicanos federais así como o proxecto de constitución federal.

COMEZA explicando o porque=causas da proclamación da Iª República (=renuncia de


Amadeo de Savoia, páx. 165, apart. 3.3), CONTINUA explicando os motivos da breve duración
e a inestabilidade política da mesma:
a. División entre os republicanos respecto á nova organización do Estado republicano
(unitario ou federal, páx. 166).
b. Rápida sucesión de presidentes (páx. 169, doc.2), 4 en 11 meses.
c. A aprobación dunha nova constitución en 1873 (páx. 168, apart. 5.1).
d. Crecente inestabilidade: sublevación cantonal, maior protagonismo do movemento
obreiro, guerras como a IIIª Guerra carlista e a de Cuba (páx. 168, apart. 5.2).
REMATA indicando por que da Restauración Borbónica con Alfonso XII tras o
pronunciamento de Martínez Campos en decembro de 1874 (páx. 169, apart 5.3).

3
TERMOS
Cantonalismo
Movemento político insurreccional con influencias anarquistas, que a comenzos da Iª
República (1873) aspiraba a dividir o Estado en cantóns ou repúblicas casi independentes
que se federarían libremente. Dos cantóns proclamados, só resistíu o de Cartaxena durante
6 meses. Povocou a caída de Pi y Margall (federalista), dando paso a Salmerón (unionista) e
posteriormente ao golpe do xeneral Pavía que rematou co experimento federal.
Manifesto de Sandhurst
Documento político asinado polo futuro Alfonso XII (inspirado por Cánovas del Castillo) o 1
de decembro de 1874 desde a academia militar británica de Sandhurst. Neste asentánse as
bases do sistema da Restauración Borbónica: unha monarquia constitucional, conservadora
e católica, defensora da orde social que a diferencia do réxime isabelino e da monarquia de
Amadeo de Savoia garantizase o funcionamento do sistema político liberal.
Sufraxio censatario e universal
Dereito a elixir ou a presentarse a cargos públicos. No sufraxio censatario (restrinxido),
este dereito limítase a un sector da poboación, excluindo ao resto, por diversos motivos
(sexo, riqueza, etc), propio do liberalismo moderado do XIX. No sufraxio universal, non se
exclúe deste dereito a ningunha categoría de cidadáns seguindo as condicións de idade e
nacionalidade fixadas pola constitución e na lexislación electoral. En España, o masculino
recolleuse por primeira vez en 1868, o feminino non chegaria ata a IIª República en 1932.
Ludismo
Primeiras formas de resistencia obreira das tres primeiras décadas do S. XIX, caracterizado
pola oposición á introdución de maquinaria moderna no proceso produtivo e a xeneralización
das fábricas; desencadenando accións violentas como a destrución das máquinas ao
consideralas como responsables do paro e da reducción dos salarios.
Por exemplo (escolle algún na definición): en España os primeiros casos datan do reinado
de Fernando VII en Alcoi (1821), posteriormente na rexencia de Mª Cristina en 1835 en
Barcelona na fábrica dos Bonaplata, "El Vapor"; e no reinado de Isabel II en Barcelona co
boicot ás selfactinas (máquinas de fiado) en 1854, e na Coruña en 1855 nunha fábrica de
tabacos.

4
Pronunciamento
Acción/golpe militar con fins políticos, normalmente dirixido por un militar de alto rango, para
derrocar ao goberno existente e establecer un novo, ou para obrigar ao goberno a cambiar
algún tipo de lei. A inxerencia militar en política foi unha práctica constante na historia
española do XIX e decisiva na evolución política ante o caos político existente.
Por exemplo (escolle algún na definición): con éxito, Riego en 1820 contra o absolutismo de
Fernando VII, Soldados de la Granja en 1836 que obrigou á rexente Mª Cristina a aprobar a
Constitución de 1837, o protagonizado en 1854 polo xeneral O'Donnell en Vicálvaro que
levou ao Bienio Progresista de 1854-1856, a Gloriosa en 1868 protagonizada por Topete,
Serrano e Prim; no sexenio democrático o do xeneral Pavía en 1873 na Iª República e o do
xeneral Martínez Campos o 30 de decembro de 1874 en Sagunto que provocou a volta dos
Borbóns á coroa con Alfonso XII).

You might also like