You are on page 1of 19

U.D. 4: A NUTRICIÓN HUMANA II.

APARELLOS CIRCULATORIO E EXCRETOR.


1. O SISTEMA CIRCULATORIO. ANATOMÍA.
O sistema circulatorio distribúe os nutrientes e o osíxeno por todo o
organismo, ao mesmo tempo que recolle os productos de refugallo do
metabolismo celular e os leva ata os órganos encargados de eliminalos.
O sistema circulatorio está formado por:
• Os vasos sanguíneos: conductos polos que circula o sangue a todas as
partes do organismo
• O sangue: líquido viscoso, de cor vermella e sabor salgado que circula
polo interior dos vasos sanguíneos.
• O corazón: órgano musculoso do tamaño dun puño que impulsa o
sangue a través dos vasos sanguíneos.
1.1. OS VASOS SANGUÍNEOS.
Poden ser de tres tipos:
• Arterias: conducen o sangue desde o corazón ata os
diferentes órganos do corpo. As súas paredes son moi
grosas, reistentes e elásticas.
• Veas: conducen o sangue dende os distintos órganos ata o
corazón. As súas paredes son máis finas e menos elásticas.
No seu interior teñen válvulas que facilitan o ascenso do
sangue e evitan o seu retroceso.
• Capilares: vasos microscópicos a modo de rede que unen
arterias e veas. A través das súas finas paredes prodúcese
o intercambio de nutrientes, osíxeno, dióxido de carbono e
refugallos coas células.
1.2. O SANGUE.
O sangue está composto por una parte líquida, chamada plasma, onde se encontran os diferentes tipos
de células sanguíneas.
• Plasma: líquido de cor amarela constituido nun 90% por auga. No plasma atópanse diferentes
substancias como glícidos, proteínas, sales minerais e gases (osíxeno e dióxido de carbono).
• Células sanguíneas: son tres tipos cada unha con diferente función.
• Glóbulos vermellos ou eritrocitos: pequeñas células bicóncavas carentes de núcleo. De cor vermello debido a
presencia de HEMOGLOBINA. Encargados do transporte do osíxeno e o dióxido de carbono.
• Globulos brancos ou leucocitos: máis grandes cos eritrocitos e con núcleo. Participan en funcións defensivas contra
infeccións. Poden ser de cinco tipos: neutrófilos, eosinófilos, basófilos, linfocitos e monocitos.
• Plaquetas ou trombocitos: son fragmentos celulares sen núcleo. Interveñen nos procesos de coagulación do sangue.
1.3. O CORAZÓN.

Situado na parte
central do tórax,
entre ambos
pulmóns. As paredes
do corazón están
formadas por tecido
muscular, o
miocardio,
responsable da
contracción
involuntaria do
corazón.
2. O FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN.
O corazón actúa como unha bomba que impulsa o sangue facendo que circule polos vasos sanguíneos.
A secuencia de movementos alternantes de contracción (sístole) e relaxación (diástole) do corazón
denomínase ciclo cardíaco. Consta das seguintes fases:
• Diástole auricular: as aurículas dilátanse, mentres que as válvulas mitral e tricúspide permanecen
pechadas. O sangue procedente do corpo entra no corazón a través das veas cacas e pulmonares.
• Sístole auricular: as aurículas contráense. Ábrense as válvulas mitral e tricúspide e pasa o sangue
aos ventrículos.
• Diástole ventricular: os ventrículos reciben o sangue das aurículas. As válvulas sigmoideas
permanecen pechadas.
• Sístole ventricular: os ventrículos contráense e as válvulas sigmoideas se abren. O sangue é
impulsado cara as arterias aorta e pulmonar que levan o sangue a todas as partes do corpo.
Os movementos de sístole e diástole ocorren á vez, cando as aurículas
se contraen (sístole auricular), os ventrículos dilátanse (diástole
ventricular), e cando estes se contraen, as aurículas dilátanse. Así ahí
un bombeo continuo, sen que deixe de haber sangue no corazón en
ningún momento. https://youtu.be/UGi9gUy4PZQ
3. A DOBRE CIRCULACIÓN.
A circulación do sangue nos humanos se dice que é dobre e completa.
É completa porque non hai mestura de sangue rico en osíxeno con
sangue rico en dióxido de carbono.
É dobre porque no curso dun percorrido completo o sangue pasa dúas
veces polo corazón, establecéndose dous circuitos, que son:
• A circulación menor ou pulmonar: entre o corazón e os pulmones.
• A circulación maior ou xeral: entre o corazón e o resto do corpo.
3.1. CIRCULACIÓN MENOR OU PULMONAR.
O sangue cargado de dióxido, recollido en
todos os órganos do corpo, chega a aurícula
dereita polas veas cavas superior e inferior.
De ahí pasa ao ventrículo dereito, de donde
sae cara aos pulmóns polas arterias
pulmonares. Nos alveolos pulmonares se
produce o intercambio de gases, se queda o
dióxido de carbono e se recolle o osíxeno.
Así este sangue rico en osíxeno é
transportado polas veas pulmonares hacia a
aurícula esquerda do corazón.
3.2. CIRCULACIÓN MAIOR OU XERAL.
Neste circuito o sangue leva a todas as células do corpo o osíxeno e os
nutrientes necesarios para que poidan realizar as súas función, e recolle o
dióxido de carbono e os refugallos producidos por elas. Este circuito
comeza na aurícula esquerda, onde se atopa sangue rica en osíxeno que
procede dos pulmóns. Este sangue pasa ao vetrículo esquerdo. De ahí e
impulsado a través da arteria aorta cara todos os órganos do corpo. Nas
células dos órganos podúcese a capilarización das arterias e o intercambio
de gases. Quedan o osíxeno e os nutrientes e se recollen o dióxido de
carbono e os refugallos. Estas sustancias son levadas polas veas cara ao
corazón. O sangue cargado de dióxido de carbono entra pola aurícula
dereita a través das veas cavas superior (que en ca cabeza) e inferior (do
resto do corpo).
4. ENFERMIDADES DO SISTEMA CIRCULATORIO.
Este tipo de enfermedades reciben o nome de enfermedades
cardiovasculares. Destacamos as seguintes:
• Arteriosclerose: endurecemento das arterias polo depósito de graxas
e colesterol sobre a parede interna destes vasos o que dificulta o paso
do sangue. Isto pode provocar coágulos e taponamentos, chamados
trombos, que producen una trombose.
• Infarto de miocardio: cando se produce un trombo nalgunha das
arterias coronarias (as que irrigan o corazón), o fluxo sanguíneo se
interrompe e, como resultado, se produce o infarto, que pode chegar
a causar a morte.
5. O APARELLO EXCRETOR. ANATOMÍA.
A excreción é o proceso polo cal se eliminan
as substancias de refugallo do sangue
procedentes do metabolismo celular. Os
principais órganos excretores son os riles, os
pulmóns e as glándulas sudoríparas.
O aparello excretor está formado por:
• Os riles: órganos onde se filtra o sangue e
se forma a urina.
• As vías urinarias: conductos que
transportan a urina desde os riles as
exterior. Constituidas polos uréteres, a
vexiga urinaria e a uretra.
Os riles: son dous órganos situados na parte
posterior da cavidade abdominal. Neles fíltrase o
sangue para eliminar as substancias de refugallo.
Como resultado prodúcese a urina. A cada ril
chega una arteria renal cargada con substancais
de refugallo, e del sae una vea renal con sangue
limpo.
Nun corte transversal do ril podemos diferenciar
tres zonas:
• O cortex
• A médula renal: onde se produce a urina.
• A pelve renal: que recolle a urina formada e a
conduce cara ás vías urinarias.
6. O FUNCIONAMENTO DOS RILES.
A unidade funcional dos riles é o NEFRÓN, que filtra e depura o sangue.
Cada ril está formado por millóns de nefróns. En cada nefrón podemos
distinguir as seguintes partes:
• Glomérulo: apelotonamento de capilares sanguíneos procedentes
da arteria renal.
• Cápsula de bowman: especie de bolsa que rodea o glomérulo. Nela
prodúcese a filtración do plasma.
• Túbulo renal: longo tubo dobrado en forma de forquilla. Nel
reabsórbese a auga e certas substancias, e excretánse outras.
• Conducto colector: tubo común a varios nefróns, que conduce a
urina formada cara a pelve renal.
Os glomérulos agrúpanse no cortex e os túbulos na médula.
A urina fórmase no nefrón en dúas etapas:

• Filtración: ten lugar entre o glomérulo e a cápsula de Bowman. Consiste no paso de substancias
desde o plasma sanguíneo do glomérulo ao interior da cápsula de Bowman.

• Reabsorción: ten lugar entre o túbulo renal e os capilares sanguíneos que o rodean. Consiste no
paso hacia os capilares de substancias filtradas no glomérulo. O proceso é selectivo, de maneira que
so se reabsorbe o que o organismo require, como a auga e certas sales minerais.

O líquido filtrado e non reabsorbido discurre polo túbulo renal, dando lugar a urina. A urina producida
vértese ao conducto colector que desemboca na pelve renal. De aquí pasa a vexiga, onde se almacena
ata que é expulsada ao exterior pola uretra.
7. ENFERMEDADES DO APARELLO EXCRETOR.

You might also like