You are on page 1of 2

@escolabasketxiria

@BasketXiria

@EscolaBasketXiria

INSCRICIÓN TEMPADA 2022/23 | INFORMACIÓN e ACLARACIÓNS

1. INFORMACION de PAGO das COTAS:


- Datas da actividade:
 Data de Comezo: Luns 5 de Setembro e Fin da tempada: Venres 23 de Xuño.

- Días de adestramento:
 2/3 días á semana, de Luns a Venres e partidos a fin de semana segundo categoría.
CIF: G-70045844 | Inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas de Galicia co nº C-8849

- Cota de Inscrición - Soci@ Canteira / Xogado@:


 Inscrición.- 50€ (Carné Familiar, ata 4 membros da unidade familiar)
 Cotas Pequebasquet.- 50€ / Bimensual (10 meses de Setembro 2022 a Xuño 2023).
 Cotas Resto Categorías.- 70€ / Bimensual (10 meses de Setembro 2022 a Xuño 2022).
Segundos irmáns terán desconto de 15 e 20€ da cota Bimensual respectivamente
(segundo Categoría) e os terceiros serán gratuítos.
 Equipación.- 40€ (Inclúe Camiseta/Pantalón Xogo + REGALO de Cubre Adestramento)
 A domiciliación bancaria é OBRIGATORIA. É OPTATIVA o pago con Tarxeta Bancaria.

- Resumo das domiciliacións das Cotas mensuais e da Inscrición Xogado@:


 1º) Setembro: Cota bimensual 9+10/22 = 70€ ou 50€ Pequebasket.-
 2º) Outubro: Inscrición/Socio Familiar Base = 50€.-
 Sucesivos Decembro, Febreiro, Abril e Maio: Cota Bimensual = 70€.-

2. ACLARACIONS:
a) A cota de actividade da ESCOLA BASKET XIRIA pagarase mediante recibo bancario
bimensual, emitido pola ESCOLA BASKET XIRIA coma “ordeante”, dende a conta
bancaria que o Club posúe na entidade “La Caixa”, igual que en tempadas pasadas.
b) Os recibos emitiranse entre o día 5 e 10 de cada mes, salvo Setembro 2022, que será
entre os días 10 e 15, ata Maio de 2023. O pago será bimensual por adiantado.
c) Se houbese devolucións de recibos, os gastos de devolución serán por conta do
“deudor” (titular da conta bancaria), onde se emite o recibo correspondente.
d) Segundos irmáns terán desconto da cota Bimensual de 15 e 20€, pasando a pagar
35€ e 50€ respectivamente segundo categoría. Os terceiros irmáns serán gratuítos.
Si hai irmáns en distintas categorías, descontarase sempre na de mais custe ó Club.

Páxina 1 de 2

ESCOLA BASKET XIRIA


R/ Muíño da Pintura (Pavillón IES Parga Pondal), 4 | 15100 CARBALLO (A Coruña)
607 84 79 25 | www.escolabasketxiria.com | club@escolabasketxiria.com
@escolabasketxiria

@BasketXiria

@EscolaBasketXiria

3. PROCESO de INSCRICION dende a WEB e APP do CLUB:


a) Cumprimentar a solicitude de inscrición tempada (2022/23), no enlace:
https://www.escolabasketxiria.com/inscricion-2223
 Xogadores Tempada 21/22 - Antes do domingo 4 de Setembro: Hai que
inscribirse igualmente. Xa quedaron os datos rexistrados do ano pasado e só hai
que actualizalos e confirmalos.
 NOV@S XOGADOR@S: Fai falta unha foto d@ xogad@r en tamaño carné, máis
foto do DNI –unha por cada cara– (ou libro de familia se non tivese documento
identidade) e tamén o IBAN (cos 24 díxitos da conta bancaria).
CIF: G-70045844 | Inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas de Galicia co nº C-8849

 Comezar a inscrición dende o espazo: ”ENGADIR REXISTRO” e seguir onte pon:


“NON TEÑO UNHA CONTA, insira a súa información ...”. Continuar en: “Inscribirei a un
menor ao meu cargo” , logo “Engadir TITORIZADO” segundo os fillos que teña no
Club e de seguido “CONTINUAR”, para engadir datos do deportista, e rematar coa
Conta Bancaria nos conceptos (pagos e cotas + inscrición e socio) e FINALIZAR.
 Importante aceptar os campos para recibir: AVISOS e COMUNICACIÓNS do CLUB.
Así coma a Cesión Imaxe e LOPD.
b) Una vez formalizada e aceptada a inscrición, os adestradores daranvos en papel, antes
de antes de inscribir aos equipos e comezar a competición, os seguintes documentos
para cumprimentar e asinar polo pai/nai ou titor/a:
 A solicitude de licenza de xogador para a Federación Galega de Baloncesto.
 Autorización LOPD XOGADE - Xunta de Galicia.

4. NORMAS de ATENCIÓN MÉDICA - SEGURO DEPORTIVO:


A ESCOLA BASKET XIRIA, oferta servizos médicos a través da asistencia proporcionada
polos organizadores das competicións deportivas nas que se participa: Xunta de Galicia /
Xogade e Federación Galega de Baloncesto.
No caso de necesitar asistencia médica, deberedes contactar co Director Deportivo
(607 847 925 – Arturo Ferraces) , para que solicite a autorización necesaria. Só con esta
autorización pódese asistir a un centro médico concertado coa cobertura do seguro deportivo.
Os Centros Públicos de Saúde NON ACEPTAN a asistencia de accidentes deportivos e a
asistencia aos mesmos correrá por cargo e conta a Nai, Pai, ou Titor/a d@ Xogad@r. Asumindo
estes os gastos que deveñan da asistencia médica en centros públicos.

Agosto 2022.

Directiva da ESCOLA BASKET XIRIA.


Páxina 2 de 2

ESCOLA BASKET XIRIA


R/ Muíño da Pintura (Pavillón IES Parga Pondal), 4 | 15100 CARBALLO (A Coruña)
607 84 79 25 | www.escolabasketxiria.com | club@escolabasketxiria.com

You might also like