You are on page 1of 10

1 Confín dos verdes

castros
Presentación da unidade A sección dedicada á Ortografía repasa conceptos xa vistos en cur-
sos anteriores pero que habitualmente ofrecen dificultades para os
Para comezar este segundo curso da educación secundaria reco- estudantes: os ditongos, os tritongos os e hiatos.
méndase realizar a avaliación inicial que inclúe o xerador de probas
O apartado Lingua e sociedade trata a diversidade lingüística como
escritas; desta forma, o profesorado terá en conta os coñecemen-
riqueza cultural e a situación das linguas no mundo, así como as rela-
tos previos dos alumnos e das alumnas, así como o grao de diver-
cións xerárquicas que se establecen entre algunhas delas.
sidade existente no grupo.
Por outra parte, estas primeiras páxinas de Literatura do curso su-
A primeira unidade comeza cunha fotografía do impresionante cas-
poñen unha aproximación á materia e expoñen as características
tro de Baroña a dobre páxina e un texto de presentación sobre os
principais das obras literarias así como a diferenciación entre a li-
poboados fortificados existentes en Galicia. A información está lo-
teratura oral e a literatura escrita. Estas cuestións traballaranse me-
cutada, co fin de traballar a comprensión oral e tamén a expresión,
diante a lectura de diferentes textos acompañados de actividades
pois se formulan varias preguntas para resolver en gran grupo.
de comprensión.
Na sección «Podes coñecer» suxírese a consulta de varias páxinas
webs e blogs para ampliar a información. O primeiro bloque de unidades do Obradoiro pretende mellorar
as habilidades orais do alumnado a través da práctica e nesta oca-
Pola súa banda, a Lectura presentada é un fragmento d’A Odisea
sión céntrase nos aspectos verbais e non verbais propios da impro-
(de Homero), no que se relata a estrataxema que leva a cabo Ulises
visación, isto é, do discurso non planificado.
no episodio do ciclope Polifemo. A través do comentario o alumna-
do demostrará o seu grao de comprensión do texto así como a súa Finalmente, a dobre páxina Aplica o que sabes selecciona algun-
capacidade analítica. En relación coa lectura, o campo semántico has das aprendizaxes máis significativas da unidade, a modo de
escollido para o Vocabulario é o das viaxes, que se traballará me- autoavaliación para incluír no portfolio.
diante diferentes actividades lúdicas.
As páxinas de Gramática presentan o sistema fonolóxico do ga-
lego, tanto o vocálico coma o consonántico, facendo fincapé na
Fomento da lectura
diferenciación entre vogais semiabertas e semipechadas e naque- Recoméndase que os alumnos e as alumnas escollan cada trimes-
les fonemas característicos da nosa lingua, coma o fonema palatal tre unha lectura do plan lector e que realice a ficha proposta.
fricativo xordo e o n velar.

Esquema da unidade

CONFÍN DOS VERDES CASTROS

Lingua
Introdución Lectura Vocabulario Gramática Ortografía Literatura Obradoiro
e sociedade

•C
 onfín dos O ciclope Polife- • As viaxes •O
 s fonemas • A sílaba. •A
 diversidade • As caracte- • A improvisa-
verdes cas- mo, Homero Ditongos, lingüística rísticas da ción
tros tritongos e literatura
hiatos

24
Confín dos
1 verdes
castros Podes coñecer?
• San Cibrao de Las ou Lámbrica é un castro de gran-
des dimensións (unhas 10 hectáreas):
a) Ampliade a información sobre as súas caracte-
rísticas na páxina Arredor de Lámbrica:
1 Así definiu Eduardo Pondal a Galicia no poema «Os pinos». http://arredordelambrica.webnode.es
Os castros son poboados fortificados que se remontan á b) Consultade a web do Parque Arqueolóxico da
época prerromana. Deles toma nome a cultura castrexa que Cultura Castrexa (http://pacc.es/) e informáde-
se desenvolveu no noroeste da Península Ibérica desde a vos acerca da estrutura do castro.
Idade de Bronce ata comezos da nosa era (séculos viii a.C. • No seguinte blog recóllense 3 670 castros reparti-
a i d.C., aproximadamente). dos por toda a xeografía galega: http://onosopatri-
Estes poboados erixíanse en lugares estratéxicos, outeiros monio.blogspot.com.es/. Localizade os que existen
ou promontorios principalmente, para facilitar a visibilida- no voso concello.
de e a defensa do territorio. A esta protección natural en-
gadíanselle foxos e murallas que bordeaban o recinto para
garantir a súa seguridade. Nas proximidades dispoñían de
fontes e de terreos cultivables que proporcionasen os recur-
sos necesarios para a supervivencia dos seus habitantes.
As vivendas eran construcións de pedra de planta circular
con cuberta de ramas e barro. No interior situábase o fogar
e o mobiliario doméstico.
Santa Tegra (A Guarda), Baroña (Porto do Son), San Cibrao
de Las (San Amaro, Ourense) e Viladonga (Castro de Rei)
son algúns dos máis coñecidos e visitados, pero quedan aín-
da centos sen catalogar e sen descubrir.

Escoita ou le e contesta
• Os castros tiñan función defensiva. Que elementos paisa-
xísticos e construtivos así o indican?
• Cales das seguintes afirmacións son correctas?
a) Os castros son asentamentos de cabanas agrupadas e ro-
deadas de muros e foxos de defensa.
b) A cultura castrexa remóntase á época romana.
c) En torno ao castro dispoñían de todos os recursos preci-
sos para a súa supervivencia.

Ao iniciar a unidade Solucións das actividades


• Cada unidade ábrese cunha dobre páxina que achega distintos as- Escoita ou le e contesta
pectos que nos definen como pobo: a paisaxe, as tradicións, a so-
• Os castros construíanse en lugares elevados, estratexicamente si-
ciedade actual… Trátase de que os alumnos e alumnas coñezan
tuados, con ampla visibilidade para ter un control do territorio. O
mellor o seu contorno e a súa cultura para valoralos e valorarse, pa-
recinto protexíase, ademais, con foxos e murallas.
ra ter conciencia da súa identidade e aprender a respectala.
• Son correctas as opcións a) e c).
• Preténdese tamén introducir os contidos dunha maneira amena e
cooperativa, a través dunha imaxe e dun tema suxestivos. A lámina Podes coñecer?
inicial vai acompañada dun texto que está locutado, co fin de traba- • Actividades colaborativas de investigación na Rede.
llar a escoita atenta e a comprensión oral.
• Ademais, suxírese ampliar a información na Rede mediante diferen- Saída didáctica
tes ligazóns.
Para aproximar a temática aos estudantes, proponse como
Suxestións metodolóxicas actividade interdisciplinar co profesorado de Historia unha ex-
cursión ou unha ruta de sendeirismo aos principais castros da
• Antes de comezar a unidade, e como actividade grupal, proponse a
zona, así como a elaboración por equipos dun mural que reco-
creación dunhas normas básicas de convivencia a respectar na aula.
En grupos de cinco, pódense redactar cinco normas que despois se lla a localización e as características principais de cada un deles,
poñerán en común. Entre todas as propostas achegadas, escolle- fotos da viaxe...
ranse de maneira consensuada entre todos e todas as cinco máis
importantes. O propio grupo pode establecer unhas pautas de ac- Anotacións
tuación grupal en caso de que alguén incumpra unha delas.
• O emprego das novas tecnoloxías poténciase especialmente nestas
páxinas de apertura da unidade como actividade en grupos peque-
nos ou parellas para ampliar a información e, neste caso, coñecer a
riqueza de castros existente en Galicia (especialmente no concello
no que se sitúa o centro).

25
UNIDADE 1

1 Lectura
O ciclope Polifemo
2 Ao amencer, o ciclope prendeu lume, muxiu as ovellas e devorou outros dous com-
25 pañeirosnosos. Logo quitou a enorme rocha da boca da cova, fixo saír o gando e
volveuna cerrar deixándonos dentro.
Eu quedei cavilando que podiamos facer para librármonos desa morte terrible. Oco-
rréuseme deseguida unha idea e púxena en práctica.
Había no chan unha enorme póla de oliveira verde que o ciclope tiña alí para que
30 secase. Corteille unha estaca e díxenlles aos homes que a puísen. Despois pasei
polo lume un dos seus extremos para que endurecese e agocheina debaixo do moito
esterco que había na cova.
Polifemo volveu á tardiña e fixo o mesmo que a noite anterior. Cando acabou a
súa tarefa, colleu outros dous dos meus compañeiros, estrelounos contra o chan e
35 devorounos.
Deseguida que vin que rematara, achegueime a el e ofrecinlle o doce viño que leva-
bamos. Enchinlle un vaso, e el bebeuno dun grolo e pediu máis. Pero antes pregun-
toume como me chamaba para facerme un regalo como hóspede seu. Eu deille tres
veces máis o doce e fortísimo viño e díxenlle:
40 —Ciclope, o meu nome é Ninguén, e así me chaman todos. [...]
Ao dicir estas palabras, o viño fixera xa o seu efecto, e o ciclope caeu de costas,
completamente borracho. [...] Daquela botei a estaca no lume e, cando estivo a
lume vivo, saqueina e, colléndoa con catro compañeiros meus, metémoslla no úni-
co ollo que tiña e démoslle voltas para que llo queimase por completo.
45 O ciclope deu un arrepiante laio de dor que fixo retumbar a cova. [...] O xigante
empezou a chamar a grandes gritos polos demais ciclopes.
Non ben o escoitaron, acudiron á porta da cova, que seguía cerrada coa enorme
Ao lonxe víase a terra dos ciclopes e o fume que facían.
rocha, e preguntáronlle que lle pasaba, se alguén o estaba a matar. Polifemo contes-
Ao día seguinte, eu quixen ir ver como eran aqueles homes xigantes que habitaban toulles desde dentro da cova:
nesa terra. Amarrei as doce naves no porto da illa e só coa miña e cun fato de com-
50 —Ninguén me está matando.
pañeiros púxenme en camiño.
E eles, en resposta, dixéronlle:
5 Non ben desembarcamos, escollín doce dos mellores para que me acompañasen e
deixei os outros ao coidado da nave. Levamos comida e unha bota chea dun viño —Pois se ninguén te mata, é que estás enfermo e non podemos facer nada. Rógalle
moi doce e moi forte. [...] Preto do mar había unha gran cova. Entramos e vimos a Zeus que te cure.
que estaba chea de queixos e con moitos años e cabritos. Non había ninguén nela. E marcharon.
[...] Non tardou en aparecer un xigante, un monstro horrible, cun só ollo. [...] Logo 55 O xigante Polifemo quedara cego e tiña unha dor terrible. Quitou ás apalpadelas a
10 meteu todas as ovellas e os carneiros que pacían fóra e cerrou a boca da cova cunha
rocha e sentou na entrada estendendo os brazos para tocar todo o que saía da cova.
enorme rocha; era tan grande que non a poderían mover nin vinte e dous carros ti-
rados por bois. Acto seguido empezou a muxir as ovellas e as cabras. Daquela cavilei na forma de escaparmos.
Des que prendeu o lume, viunos e preguntounos cun voceirón tremendo: Collín tres carneiros de la mesta e escura e ateinos xuntos. Debaixo do carneiro
do medio, atei un dos meus compañeiros agarrado a el, e fixen o mesmo cos ou-
—Quen sodes vós? De onde viñestes? Onde está a vosa nave?
60 tros.Eu collín o carneiro meirande e con máis la e prendinme do seu bandullo. Na
15 Eu,receando dese terrible xigante, non lle dixen toda a verdade. Conteille que era- amencida, os animais saíron da cova. Polifemo apalpábaos para ver se saïamos
mos gregos e que unha tormenta afundira o noso barco ao bater contra as rochas da montados neles, pero non lles tocou o bandullo. [...] Cando estivemos todos fóra,
súa terra e que puideramos chegar a nado. desatei os meus compañeiros e fíxenlles un aceno coas cellas para que non dixesen
O ciclope, que se chamaba Polifemo, no canto de seguir falando comigo, colleu nin palabra. Sen facer ruído volvemos á nave levando parte daqueles carneiros. [...]
dous dos meus compañeiros e, coma se fosen animais, matounos dándolles un gol- 65 Estabamos xa bastante afastados e, por máis que os meus compañeiros me rogaron
20 pe brutal contra o chan. Logo devorounos sen deixar nin os ósos e bebeu grandes que non lle dixese cousas, eu berreille ao xigante estas palabras:
vasos de leite.
—Ciclope, se algún home che pregunta quen te cegou, dille que foi Ulises, fillo de
Nós contemplabámolo todo, arrepiados, e chorando polos nosos compañeiros mor- Laertes, e que a súa patria é Ítaca.
tos. [...] Pasamos a noite chorando sen poder facer nada. Homero: A Odisea, Edicións Rodeira

8 9

Suxestións metodolóxicas Solucións das actividades


• Antes de comezar a lectura, proponse a observación do título e da Comprensión
ilustración e un coloquio sobre as ideas que nos suxiren tanto sobre
1 Muxir: tirarlle o leite do ubre a [ás femias de certos animais] premendo
o personaxe como sobre a historia narrada a continuación.
e estirándolles os tetos ou mediante procedementos mecánicos. Sin.:
• Para mellorar a comprensión lectora, é conveniente primeiro escoi- munguir.
tar o texto locutado (de maneira individual ou colectiva).
Puísen: rebaixasen unha superficie, diminuíndo o seu grosor e tornán-
• A lectura que serve como punto de partida para o comentario de doa máis fina e aguzada na punta. Sin.: desbastar, pulir, limar.
texto desta unidade é un fragmento tomado dunha adaptación na-
Arrepiante: que produce arrepío (estremecemento causado polo frío,
rrativa do poema épico da antiga Grecia A Odisea, de Homero. Este
o medo, a repugnancia, etc.). Sin.: horripilante.
texto relata as aventuras no mar de Ulises (ou Odiseo no orixinal gre-
go) no regreso á súa patria, Ítaca, despois da Guerra de Troia, cando Ás apalpadelas: valéndose do tacto para recoñecer as cousas, debido
todos o crían morto. As características máis destacadas deste perso- á escuridade ou á falta de vista. Sin.: ás apalpadas, ás atoutiñadas.
naxe son a súa humanidade e a súa intelixencia, que lle permiten su- 2 É cualificado como: xigante, xigante Polifemo, terrible xigante, mons-
perar todos os perigos aos que se vai enfrontando. tro horrible cun só ollo.
O texto ten unha organización complexa, estruturada en tres partes: 3 – Cega o ciclope cunha póla de oliveira.
– Primeira parte (cantos I-IV): coñecida como «A Telemaquia», en – Dille que se chama «Ninguén» e deste modo evita que os outros
relación co fillo de Ulises, Telémaco, que investiga sobre o paradoi- ciclopes acudan a axudalo.
ro do seu pai. Tamén se presenta a situación da esposa de Ulises,
– Foxen da cova ocultos baixo o bandullo dos cordeiros.
Penélope, que ao crer morto o seu home, vese asediada por moitos
pretendentes que queren casar con ela para facerse donos do reino. 4 O ciclope denuncia a Ulises ante os seus compañeiros («Ninguén me
está matando»), pero os outros ciclopes non lle fan caso porque en-
– Segunda parte (cantos V a XII): céntrase propiamente nas aventu-
tenden que ningunha persoa o está matando. É dicir, entenden a pa-
ras de Ulises.
labra «Ninguén» como pronome indefinido e non como nome propio.
– Terceira parte (cantos XIII-XXIV): relata a vinganza de Ulises que, No remate, dille o seu nome real (Ulises), o nome do seu pai (Laertes)
cando chega a Ítaca despois de dez anos, traza un plan xunto co seu e a súa patria (Ítaca).
fillo para eliminar os pretendentes de Penélope. O texto remata cun
5 Ulises e os seus compañeiros quedan atrapados na cova do cruel Poli-
final feliz no que Ulises e Penélope se reencontran.
femo, quen día tras día os vai devorando. Ulises cega ao ciclope espe-
• Homero é o poeta por antonomasia da literatura clásica, mais a súa tándolle unha póla de oliveira no seu único ollo, despois escóndense
vida está chea de misterio e non hai moitos datos fiables aínda que todos debaixo do bandullo das ovellas e deste modo conseguen fuxir
se sitúa no século VIII a. C. A el se lle atribúen os dous poemas épi- da cova sen que o xigante os descubra. Regresan á súa nave e conti-
cos máis importantes da antiga Grecia, a Ilíada e a Odisea, nos que núan a viaxe a Ítaca.
lles dá forma a diferentes narracións procedentes da tradición oral.

26
UNIDADE 1

Vocabulario
Comentario da lectura
Comprensión
1 Coa axuda dun dicionario, explica o significa-
11 Relaciona cada ser mitolóxico coa definición
que lle corresponde.
2 As viaxes
do das seguintes palabras. Indica un sinónimo:
muxir, puísen, arrepiante, ás apalpadelas. NINFA
1. Ser mítico con cabeza e tronco
de home e o resto de cabalo. Identifica e resolve
2. Divindade que habita os bos-
2 Ulises é un dos heroes da mitoloxía grega e, ques, os ríos, os mares, etc.
1 Na lingua cotiá unha «odisea» é: 1. Pequeno estoxo para transportar obxectos de
CENTAURO
– Viaxe chea de aventuras e dificultades. aseo persoal.
como tal, supera todos os atrancos aos que 3. Ser mariño coa parte superior
se enfronta, aínda que semellen difíciles e pe- TITÁN de muller e o resto de peixe. – Acción realizada con moito esforzo. 2. Conxunto de cousas que se levan nas viaxes.
rigosos, como neste caso. 4. Fillo de Urano e Xea de gran 3. Dormitorio nun barco.
SÁTIRO forza física. • Relaciona cada palabra co seu significado:
• Con que termos é cualificado o ciclope? 5. Monstro mitolóxico con cabe- 4. Parada que fai unha nave para cargar com-
SEREA za e cola de dragón e con corpo percorrido, itinerario, expedición, excursión, bustible, embarcar ou desembarcar mercancías
3 Nesta historia a astucia de Ulises vence a su- de cabra. traxecto, periplo. ou pasaxeiros, etc., e continuar logo a súa ruta.
perioridade física do Ciclope e consegue sal-
5. Acción de embarcar nun barco, nun avión, etc.
var a súa vida e a dos compañeiros. Explica 12 Os gregos tiñan doce deuses princi- a) Proxecto ou plan dunha viaxe co camiño que
as tres estrataxemas de que se vale o heroe. pais que se ocupaban de diferentes aspectos se vai seguir ou que se seguiu, as paradas 6. Proxecto ou plan dunha viaxe co camiño que
da vida. Os romanos adoptaron gran parte previstas, etc. se vai seguir ou que se seguiu, as paradas, etc.
4 Ulises ocúltalle a Polifemo o seu nome real.
dos deuses gregos e déronlles nomes novos. b) Viaxe marítima de exploración arredor dun 7. Parte do porto na que atracan os barcos.
Explica o equívoco que se produce no diálo-
go cos outros ciclopes. continente, dun mar, etc. Por extensión, viaxe 8. Caixa de coiro, lona ou outros materiais, que
longa por lugares descoñecidos. se usa para levar cousas nas viaxes e que pode
• Que identidade transmite finalmente? ter unha ou dúas asas.
c) Viaxe breve que se fai para recrearse, para
5 Resume en cinco liñas o contido do texto. estudar, para coñecer algún sitio, etc. 9. Viaxe por mar facendo escala en varios por-
d) Viaxe ou marcha dun grupo de persoas cun tos para visitalos.
Expresión oral
• Relaciona cada un dos deuses gregos co ro- fin militar, científico, deportivo, etc. 2 3
6 Coñecedes outros episodios da Odisea? mano correspondente e coa súa función: e) Espazo que percorre ou vai percorrer unha 1 C S R
7 Ulises, Simbad, Robison Crusoe, Gulliver, capi- Gregos Romanos Función ou cargo
persoa, animal, unha cousa ou un grupo. 5 Q 4 S L
tán Nemo... son algúns famosos viaxeiros da f) Espazo que hai que percorrer para ir dun lu- M
Zeus Venus Deus da guerra
historia da literatura. gar a outro. M 7 6 T R
Hera Diana Deus mensaxeiro e dos
B P
• Que coincidencias observades entre eles? viaxeiros 2 Pon na orde correcta as letras e forma as pala-
8 L T
• Coñecedes algunha película, cómic ou obra Afrodita Mercurio Raíña dos deuses, pro- bras que corresponden a estas definicións:
tectora da muller I T
musical protagonizada por estes personaxes? Representante comercial que viaxa
Apolo Xuno Deusa da caza, protecto- xanivate Q R E 9 U C R
para negociar compras ou vendas.
8 2001 Unha odisea espacial é unha pe- ra dos animais
lícula de ciencia ficción de Stanley Kubrick Persoa que fai unha viaxe, especial-
Ares Vesta Deus do sol e das artes roxeiavi
mente cando esta é longa.
(1968), baseada na novela homónima de Ar- Artemisa Xúpiter Deusa da fertilidade e
thur C. Clarke, que conta a historia da huma- Persoa que viaxa nun medio de
das colleitas xaspaerio
transporte.
nidade e os misterios do Universo. Podedes Atenea Neptuno Deusa do fogar
ver o tráiler nesta ligazón: Persoa que navega, en particular o
Deméter Apolo Deusa da beleza e do amor mariño que pola súa profesión fai tenvanega
https://www.youtube.com/watch?v=STBPpTPYbiE longas viaxes polo mar.
Hefesto Marte Rei dos deuses e deus
• Contrastádea coa obra de Homero en canto do trebón Persoa que realiza viaxes de pracer,
tisatru
visita lugares de interese, etc.
ao espazo e o tempo no que ambas se sitúan. Hermes Ceres Deusa da sabedoría e da
guerra Persoa errante, que vai dun lugar a
outro sen ocupación ou destino fixo. banguvado
Análise Hestia Vulcano Deus do mar
// Amigo da aventura ou das viaxes.
9 Localiza no texto sinónimos de: Posidón Minerva Deus do lume
Persoa que anda ou viaxa polo mun-
caverna, temporal, trago, lamento, doente. do. // Persoa que vai en peregrina- grorepeni
ción a un santuario.
10 Busca as palabras (adverbios, substantivos...) Expresión escrita
que marcan a duración temporal e o transco- 13 Reescribe o episodio desde a perspectiva de 3 Sitúa no encadeado as palabras que corres-
rrer do tempo: ao día seguinte... Polifemo. ponden ás seguintes definicións:

10 11

Expresión oral – Despois, farase unha listaxe de episodios e, por último, adxudicarase
6 e 7 Resposta aberta. un episodio a cada parella, que o escribirá e o ilustrará.

8 A Odisea de Homero sitúase na antiga Grecia, mentres que a película – Por último, elaborarase a portada, e encadernaranse todos os episo-
está ambientada no ano 2001 e ten lugar no espazo. dios ordenados.

Análise
Suxestións metodolóxicas
9 Caverna – cova, temporal – tormenta, trago – grolo, lamento – laio,
doente – enfermo. • É necesario recordarlles aos alumnos e as alumnas a necesidade de
ter sempre a man un dicionario (en papel ou dixital), como ferra-
10 Ao día seguinte, non ben desembarcamos, logo, acto seguido, pasa-
menta para todas as materias. Recoméndanse os seguintes:
mos a noite, ao amencer, á tardiña, deseguida, na amencida.
– VV.AA.: Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato, Eds. Xerais.
11 Ninfa – 2, centauro – 1, titán – 4, sátiro – 5, serea – 3.
– VV.AA.: Dicionario Xerais da lingua, Eds. Xerais.
12 Zeus – Xúpiter – Rei dos deuses e deus do trebón, Hera – Xuno – Raíña
dos deuses e protectora da muller, Afrodita – Venus – Deusa da beleza – Dicionario da Real Academia Galega: http://academia.gal/
e do amor, Apolo – Febo – Deus do sol e das artes, Ares – Marte – dicionario#inicio.do
Deus da Guerra, Artemisa – Diana - Deusa da caza, Atenea – Miner- – Feixó Cid, Xosé: Dicionario ortográfico da lingua galega, Eds. Xerais.
va – Deusa da sabedoría e da guerra, Deméter – Ceres – Deusa da
– Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa): http://acade-
fertilidade e das colleitas, Hefesto – Vulcano – Deus do lume, Hermes
mia.gal/recursos-volg
– Mercurio – Deus mensaxeiro e dos viaxeiros, Hestia – Venus – Deusa
do fogar, Posidón – Neptuno – Deus do mar. • Se na aula existe alumnado estranxeiro, recomendamos reforzar o
léxico co Dicionario visual interactivo elaborado pola Consellería de
Expresión escrita
Educación (https://www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/).
13 Resposta aberta.
Solucións das actividades
Actividade complementaria
Identifica e resolve
1 Sería interesante escribir entre toda a clase un libro inspirado n’A Odi-
1 a) Itinerario, b) periplo, c) excursión, d) expedición, e) percorrido, f)
sea de Homero.
traxecto.
– Primeiro, haberá que inventar o nome dun heroe ou dunha heroína:
2 Por esta orde: viaxante, viaxeiro, pasaxeiro, navegante, turista, vaga-
cada alumno ou alumna escribirá a súa proposta nun papel e despois
bundo e peregrino.
farase unha votación para escoller o nome protagonista.
3 1) Neceser, 2) equipaxe, 3) camarote, 4) escala, 5) embarque, 6) itinera-
– A continuación, describiranse as súas características principais acor-
rio, 7) peirao, 8) maleta, 9) cruceiro.
dadas entre todos como exercicio de cooperación (lugar de proce-
dencia, descrición...).

27
UNIDADE 1

3 Gramática
Os fonemas
Sistema consonántico
As consoantes clasifícanse segundo tres trazos: o punto de articulación, o modo
de articulación e a vibración das cordas vocais.
Punto de articulación

Ten en conta

interdentais
3. 1 Unidades lingüísticas

alveolares
Bilabiais

palatais
Linguo-

Linguo-

Linguo-

Linguo-

Linguo-
dentais

dentais

velares
Labio-
Entre os fonemas e as gra- Sistema
fías dunha lingua non hai consonántico
As linguas están estruturadas de forma que constitúen sistemas de signos com-
necesariamente unha equi-
postos por unidades lingüísticas que se van organizando e combinando. De me- valencia exacta, xa que:
nor a maior, son: fonemas, palabras, frases, oracións, enunciados e textos. 1. Hai letras que non repre- son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor.
sentan ningún fonema. É o
Oclusivas /b/ /p/ /d/ /t/ /g/ /k/
3. 2 Fonemas caso do h: home, hoxe.

Modo de articulación
2. Hai letras que representan Fricativas /f/ /θ/ /s/ /ʃ/
O fonema é a unidade máis pequena. Non ten significado, pero permite diferen- dous fonemas distintos. É o
Africadas /ʧ/
caso da letra c:
ciar palabras: para/pera/pura/pira.
• /k/: Nasais /m/ /n/ /ɲ/ /ɳ/
Na lingua escrita, os fonemas represéntanse mediante letras ou grafías. casa, cume, coche.
• θ/: Laterais /l/ /λ/

Líquidas
3. 3 Sistema fonolóxico do galego cereixa, cine.
Simple /ɾ/
3. Hai fonemas que se repre- Vibrantes
sentan por letras distintas. Múltiple /r/
O sistema fonolóxico do galego consta de 26 fonemas. Deles, 7 son vocálicos Por exemplo o fonema /b/
e 19 consonánticos. (bilabial oclusivo sonoro) Ten en conta
Algúns fonemas característicos do galego
escríbese:
A grafía x ten dúas pronun-
Sistema vocálico • v: vento, cova. Palatal fricativo xordo /ʃ/: cias diferentes:
• En posición tónica o sistema vocálico do galego ten sete fonemas: • b: bolboreta, saber. • Represéntase coa grafía x: xunto, xeada, xente. – o fonema palatal /ʃ/: hoxe.
4. Hai fonemas que se re-
• Este fonema non existe en castelán, pero si nas outras linguas do noso con- – o grupo consonántico /ks/:
Localización presentan con dígrafos, é
torno, e escríbese con diferentes grafías (inglés: show; francés: champagne; exame, óxido.
dicir, dúas letras. Son: nh,
anteriores posteriores portugués: chamar; italiano: sciare, etc.). •
central ch, gu, ll e rr: unha, chave.
(palatal) (velar) pronuncialos correctamente.
N velar /ɳ/:
pechadas /i/ /u/
• En galego existen catro fonemas nasais: labial /m/ (mesa), alveolar /n/(neno),
semipechadas /e/ /o/ palatal /ɲ/ (puño) e velar /ɳ/ (unha). Cómpre diferenciar ben o n alveolar /n/ e
Abertura medias
semiabertas /ɛ/ /ɔ/ o n velar /ɳ/, pois este último é un trazo característico da nosa lingua.
aberta /a/
– n alveolar: pronúnciase achegando a punta da lingua aos alvéolos. O n pro-
A diferenza de pronunciación das vogais medias permítenos distinguir palabras: núnciase formando sílaba coa vogal seguinte: neno ➝ /né-no/.
pega (/e/, paxaro), pega (/ɛ/, verbo pegar). A abertura da vogal media márcase, – n velar: pronúnciase achegando a parte posterior da lingua ao final do pa-
ás veces, mediante o acento diacrítico: óso (esqueleto), oso (animal). dal. O n forma sílaba coa vogal anterior: unha ➝ /ún-a/.
• En posición átona, hai cinco fonemas xa que non existe a diferenza entre /ɛ/ e O n velar escríbese nalgunhas ocasións co dígrafo nh: unha, algunha, ningunha.
/e/, nin entre /ɔ/ e /o/: cántaro, espírito, escuridade. Tamén aparece en posición final de palabra, coa grafía n: ven aquí (non se pro-
• En posición átona final de palabra, só aparecen tres fonemas: casa, cume, ceo. nuncia /be-na-kí/, senón /ben-a-kí/), un amigo...

Distingue e pronuncia Le e resolve


3 Pronuncia os seguintes pares de palabras: 4 Identifica os fonemas que corresponden ás gra-
1 Identifica a vogal tónica destas palabras e indi- 2 Pronuncia correctamente as vogais tónicas su- fías subliñadas nesta cantiga de berce:
ca o fonema que corresponde. bliñadas. De que fonema se trata? caro / carro orela / orella
Paxariños que voades
corvo fonte pena cume teléfono – O oso partiu un óso da pata dereita. coso / coxo colo / collo
polas follas dos loureiros,
• Compróbao no Dicionario de pronuncia – Abre a porta e sae para fóra. • Escribe o nome dos fonemas consonánticos deixade durmir o neno
da lingua galega (http://ilg.usc.es/pronuncia). – Se non ves ben, deberás ir ao oculista. que permiten diferencialas. que está no sono primeiro.

12 13

Suxestións metodolóxicas 4 Palatal fricativo xordo /ʃ/: paxariños.


Bilabial oclusivo sonoro /b/: voades.
• Nestas páxinas dedicadas á gramática estudarase o sistema fonoló-
xico do galego e prestarase especial atención á existencia de vo- Linguopalatal líquido lateral sonora /λ/: follas.
gais medias semiabertas e semipechadas (no sistema vocálico), e a Bilabial nasal sonoro /m/: durmir.
aqueles fonemas específicos da nosa lingua: como son o palatal fri-
Linguoalveolar nasal sonoro /n/: sono.
cativo xordo /ʃ/ e o n velar /ɳ/ (no sistema consonántico).
• É fundamental reflexionar co alumnado sobre a importancia de pro- Actividade complementaria
nunciar correctamente todos os fonemas para dominar a lingua.
• Por outro lado, preséntase unha ferramenta TIC moi práctica: o Para comprender mellor estes conceptos que presentan bastante
Dicionario de pronuncia da lingua galega, elaborado polo Instituto complexidade nestes niveis, recoméndase que o alumnado consulte a
da Lingua Galega e a Real Academia Galega. Grazas a esta ferra- seguinte ligazón realizada polo Departamento de Lingua e Literatura
menta, os alumnos e as alumnas poderán consultar a pronuncia de Galega do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis: http://cotovia.org/fo-
cada palabra a través dun audio e tamén ver a súa transcripción fo- netica/index.html. Ao facer clic en cada fonema pódese ver unha ani-
nética. mación sobre o seu modo de articulación, así como escoitar diferentes
audios. Entre as opcións dispoñibles, existe a posibilidade de realizar
unha comparativa entre varios fonemas e tamén practicar a descrición
Solucións das actividades
de cada un a través dos exercicios propostos.
Distingue e pronuncia
1 Corvo (posterior, semiaberta), fonte (posterior semipechada), pena
Anotacións
(anterior semipechada), cume (posterior pechada), teléfono (anterior,
semiaberta).
2 – O oso (semipechada) partiu un óso (semiaberta) da pata dereita.
– Abre a porta (semiaberta) e sae para fóra (semiaberta).
– Se non ves (semipechada) ben (semiaberta), deberás ir ao oculista.
Le e resolve
3 Caro / carro: fonema líquido alveolar vibrante simple (caro) e vibrante
múltiple (carro).
Coso / coxo: fonema fricativo alveolar (coso) e palatal (coxo).
Orela / orella: fonema lateral alveolar (orela) e lateral palatal (orella).

28
UNIDADE 1

4 Ortografía
A sílaba. Ditongos, tritongos e hiatos 5 L ingua e sociedade
A diversidade lingüística
Ten en conta
4. 1 Sílaba Lingua oficial
• 5. 1 Plurilingüismo É aquela que representa
teñen unha única sílaba tó-
oficialmente un país. Empré-
Unha sílaba é o fonema ou conxunto de fonemas que pronunciamos nun só nica (mel). As palabras de No mundo fálanse unhas 6 000 linguas e o número de estados é de tan só uns 200,
gase na Administración, no
máis dunha sílaba posúen polo que a maioría dos países son plurilingües, é dicir, no seu territorio fálanse varias
golpe de voz. ensino, nos medios de comu-
unha sílaba tónica e as res-
linguas. Esta é a situación do Estado español e tamén a da Unión Europea. nicación...
tantes átonas: cán-ta-ro,
Os fonemas únense e forman sílabas que, á súa vez, forman palabras. As palabras can-ta-rei. Todas as linguas cumpren a función de vehículo de comunicación e de expresión
divídense, por tanto, en sílabas. Segundo o seu número poden ser: monosílabas • Segundo a posición que cultural dunha comunidade, polo que teñen o mesmo valor. Pero non todas es-
(pan), bisílabas (me-sa), trisílabas (lám-pa-da) e polisílabas (co-go-me-lo). ocupe a sílaba tónica, as tán nas mesmas condicións: unhas son linguas escritas, e outras só se usan oral-
Hai sílabas formadas por un único fonema: a-mor. Outras constan de dous fone- palabras poden ser: mente; unhas son linguas oficiais, outras non; unhas estúdanse e empréganse no
mas (ca-sa), de tres (can-tar), de catro (si-nais), de cinco (can-cións). – Agudas: a sílaba tónica é a sistema educativo, outras non.
última (a-zul).
As vogais poden formar sílabas elas soas: a-é-re-o; as consoantes non, precisan • Podemos analizar a situación das linguas a partir de dous criterios:
– Graves: a sílaba tónica é a Ten en conta
apoiarse nas vogais. Hai tamén sílabas formadas por dúas ou máis vogais: son os a) Segundo o número de falantes: diferenciamos entre linguas maioritarias (as
penúltima (la-pis). O primeiro criterio é de ca-
ditongos e os tritongos: auga, celestiais. que teñen moitos falantes) e linguas minoritarias (as que son faladas por un nú-
– Esdrúxulas: a sílaba tónica é rácter cuantitativo (refírese
a antepenúltima (lós-tre-go). mero reducido de persoas). ao número de persoas que a
4. 2 Ditongos, tritongos e hiatos b) Segundo o seu papel na sociedade: diferenciamos entre linguas hexemó- usan), mentres que o segun-
nicas (teñen un gran prestixio social e recoñecemento oficial polo que se usan do é de carácter cualitativo
• Ditongo: agrupación de dúas vogais na mesma sílaba. Para que haxa ditongo, nos medios de comunicación, na Administración, no ensino, etc.) e linguas mi- (está relacionado coa pre-
unha delas ten que ser pechada, é dicir i ou u (ei-ra, ou-ro) ou as dúas (pui-do). senza da lingua nos distintos
norizadas (están nunha posición de inferioridade xa que conviven cunha lingua ámbitos e coa súa imaxe
• Tritongo: agrupación de tres vogais na mesma sílaba. Unha vogal aberta (a, e, dominante e ven restrinxido o seu emprego aos usos informais e coloquiais). social).
o) entre dúas pechadas (i,u): ar-ti-fi-ciais.
• Hiato: está formado por dúas vogais seguidas que pertencen a sílabas distin- 5. 2 Linguas de Europa
tas: lú-a, mo-a. Prodúcese cando van seguidas dúas vogais abertas: ce-o, tá-
bo-a; ou cando a vogal pechada é tónica e leva acento: lú-a, pa-ís. En Europa fálanse unhas 200 linguas e o número de estados é 49. Na maioría
deles úsanse, polo tanto, diferentes linguas. Francia, por exemplo, ten o francés
Tipos de ditongos
lei-te como única lingua oficial, pero no seu territorio empréganse tamén o provenzal,
• Ditongos crecentes: comezan pola vogal pechada e rematan coa vogal aberta o bretón, o corso, o catalán, o éuscaro e o alemán; Suíza ten catro linguas oficiais
(o ditongo «abre» <) ➝ ia-te. Son: ia, ie, io, ua, ue, uo. (o italiano, o alemán, o romanche e o francés) e ademais fálase francoprovenzal
• Ditongos decrecentes: comezan pola vogal aberta e rematan coa vogal pe- e lombardo. Por outra parte, hai linguas, como o alemán, que se falan en distin-
chada (o ditongo «pecha» >) ➝ pais). Son: ai, ei, oi, au, eu, ou. tos territorios (Alemaña, Austria, Suíza...).
• Ditongos homoxéneos: as dúas vogais son pechadas: pui-do. Son: iu, ui. mo-e-das
Consulta e reflexiona
1 Buscade en Internet os seguintes vídeos de Manuel
Observa, pensa, aplica Núñez Singala e Manuel Bermúdez sobre a lingua
galega: Lingua maioritaria e Responsabilidade.
1 Divide en sílabas estas palabras: 3 Fíxate nas seguintes palabras. Divídeas en síla-
bas e distingue os ditongos e os hiatos. • Debatede acerca das ideas que expoñen so-
máquina – coello – pais – pau – leite – aí – cóxe-
bre o galego.
gas – animais – lingua – subterráneo – leira ambiente – area – naufraxio – tesouro – noivo –
proteína – bonsai – oír – náutico – chapeu – xuíz • Facede unha listaxe coas cousas que pode-
• Identifica a súa sílaba tónica e clasifícaas:
– viúvo – muíño – vogais – rei – raíña – xeonllo des facer vós para mellorar a súa situación.
Agudas Graves Esdrúxulas
4 Clasifica os ditongos destas palabras: 2 O catálogo Ethnologue recolle as linguas faladas
no mundo (http://www.ethnologue.com).
coitelo – caixa – froita – Europa – guante – rei
2 Escribe unha oración con cada parella: – cenoria – oriental – romeu – fiel – miolo – bi- • Le a información sobre o galego.
pais / país hai / aí lingüe – suite – queixo – azuis – aneis • Consulta as linguas de Europa.

14 15

Solucións das actividades súas vidas aos designios dos mares máis bravos e aos ventos máis
caprichosos.
Observa, pensa, aplica Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, ed. Galaxia (adapt.)

1 Má-qui-na, co-e-llo, pais, pau, lei-te, a-í, có-xe-gas, a-ni-mais, lin-gua, Crecentes
sub-te-rrá-ne-o, lei-ra. Ditongos
Decrecentes
Son monosílabas: pais, pau.
Dúas vogais abertas
•A
 gudas: pais, pau, a-í, a-ni-mais.
Hiatos Unha vogal pechada
Graves: co-e-llo, lei-te, lin-gua, lei-ra.
tónica + unha aberta
Esdrúxulas: má-qui-na, có-xe-gas, sub-te-rrá-ne-o.
Solución:
2 Resposta aberta.
Ditongos: turbias, Venecia, veneciano, viaxeiros, Oriente, designios
3 Ditongos: am-bien-te, nau-fra-xio, te-sou-ro, noi-vo, bon-sai, náu-ti-co, (crecentes); seu, augas, abaixo, peirao, quizais, baile, peixes, viaxeiros,
cha-peu, vo-gais, rei. queiran, máis (decrecentes).
Hiatos: a-re-a, pro-te-í-na, o-ír, xu-íz, vi-ú-vo, mu-í-ño, ra-í-ña, xe-on-llo. Hiatos: chea, abanean, peirao, alleos (dúas vogais abertas); lúa (unha
4 Crecentes: guante, cenoria, oriental, fiel, miolo, bilingüe. vogal pechada tónica + unha aberta).

Decrecentes: coitelo, caixa, froita, Europa, rei, romeu, queixo, aneis.


Suxestións metodolóxicas
Homoxéneos: suite, azuis.
• Hai que ter en conta que a cualificación de lingua maioritaria ou
Actividade complementaria minoritaria é relativa. Por exemplo, o galego é unha lingua minori-
taria se a situamos no marco europeo, pero en Galicia é a lingua
1 Localiza no texto os ditongos e os hiatos e escríbeos no lugar que lles maioritaria da poboación.
corresponda:
A lúa grande e chea defórmase no seu reflexo sobre as augas turbias Solucións das actividades
de Venecia. [...] Os barcos, pola súa banda, abanean o seu aborrece-
mento, arriba e abaixo, mentres danzan sen saber que danzan coas Consulta e reflexiona
ondas que van chegando, enfraquecidas e case que mortas, ata o 1 Todas as linguas son iguais e aptas para a comunicación en todos os
peirao veneciano, quizais esperando, nese baile de señardade, a que ámbitos: científico, económico, xurídico, artístico...
chegue o sol, e con el a mañá e algo de actividade e así poder marchar
As linguas que son vítimas de complexos e prexuízos lingüísticos po-
a coller peixes, a levar viaxeiros, a trasladar os peregrinos que encaran
den acabar desaparecendo.
con esperanza o camiño á Terra Santa, en Oriente, alleos aos piratas
terribles; viaxeiros destemidos ou insensatos que queiran entregar as 2 Actividade de consulta na Rede.

29
UNIDADE 1

6 Literatura
As características da literatura
6. 3 Recursos literarios
Posto que a linguaxe literaria se caracteriza pola súa intención estética, para
lograr a beleza o autor escolle de maneira minuciosa as palabras e bota man de
recursos como a aliteración, as metáforas, as antíteses, etc.
A literatura é a arte que utiliza a palabra como instrumento, tanto a oral como Ten en conta
a escrita. É unha forma de expresión na que o autor emprega de maneira Os recursos literarios son os procedementos lingüísticos que utiliza o autor Estudarémolos con máis de-
especial a lingua para crear beleza, expresar os seus sentimentos e crear un dun texto para crear unha obra e facelo dunha forma bela e creativa. talle na unidade 9.
mundo de ficción como se fose real.
Podemos clasificalos deste modo:
Tamén significa o conxunto de obras literarias (contos, novelas, poesías, obras
Aliteración
de teatro) dunha lingua (literatura galega, literatura alemá...) ou dunha época Están relacionados cos sons das
Recursos fónicos Onomatopea
(literatura do século XIX, literatura medieval...). palabras.
...
Metáfora
6. 1 Literatura oral e literatura escrita Comparación
A literatura forma parte da vida do ser humano desde moito antes da invención Relaciónanse co significado das Personificación
Recursos semánticos
da escritura. Todos os pobos contaron relatos mitolóxicos, contos e lendas para palabras. Apóstrofe
explicar as orixes do universo e transmitir ás xeracións máis novas os seus co- Antítese
ñecementos e valores, e tamén interpretaron cancións para acompañar os seus ...
traballos ou divertirse nos momentos de lecer. Estes textos, de creación indivi- Anáfora
dual e anónima, memorizábanse e transmitíanse de xeito oral, de xeración en Paralelismo
Relaciónanse coa distribución
xeración. Constitúen a chamada literatura popular de tradición oral. Recursos morfosintácticos
das palabras no texto. Hipérbato
Coa chegada da escritura a creación oral e a escrita conviven e xorde a noción ...
do escritor como autor individual que crea unha obra literaria que se transmite
por escrito e cuxo nome figura na capa do libro. Por tanto, forman parte da lite- Ten en conta
ratura todos os textos literarios de creación e transmisión oral (literatura popu-
A expansión da informática
lar) e tamén todos aqueles escritos dos que normalmente coñecemos o nome
e de Internet permite na ac-
do seu autor (literatura de autor ou literatura culta). tualidade outras formas de
Hoxe a literatura pode transmitirse de formal oral ou escrita. Por exemplo, un transmisión das obras litera-
conto podemos lelo nun libro ou podemos escoitarllo a un contacontos. E as rias: libros dixitais, páxinas
especializadas, servidores
obras teatrais están pensadas para a súa representación ante un público, aínda
de textos, etc.
que tamén se publican en libros, webs, etc.

6. 2 Características
Os textos literarios diferéncianse dos que non o son por estas características:
• Intención estética: o seu obxectivo é crear beleza, é dicir, a súa finalidade prin-
cipal é artística.
• Uso dunha lingua coidada: o autor selecciona coidadosamente as palabras em-
Ten en conta
pregadas e a súa disposición.
Denotación: significado bá-
• Valor connotativo: as palabras afástanse do uso habitual da lingua e adquiren sico dunha palabra e común
significados connotativos, subxectivos. a todos os falantes dunha
• Presenza de recursos estilísticos especiais: personificacións, comparacións, lingua: pomba = ave, león= Fíxate e explica
animal.
metáforas, aliteracións...
Connotación: sentido ou va- 1 Cales das seguintes afirmacións son correctas? c) As obras literarias transmitíronse primeiro de
• Ficción: presenta sucesos ficticios, inventados polo autor. Este crea un mundo lor secundario que adquire forma oral e, posteriormente, recolléronse por
a) A literatura de tradición oral non ten autor
propio no que se introduce o lector cando comeza a ler o texto. unha palabra por asociación escrito.
coñecido.
• Valor polisémico: o texto admite múltiples interpretacións e lecturas, depen- con outras realidades: pom-
d) A literatura está constituída por todos os li-
ba = símbolo da paz, león = b) A literatura de autor transmítese sempre por
dendo de cada lector ou lectora («Hai tantas lecturas como lectores»).
fortaleza. medio dun libro. bros publicados ao longo dos séculos.
• Orixinalidade: o texto nace da imaxinación dun autor.

16 17

Suxestións metodolóxicas Anotacións


Este primeiro apartado de literatura supón un achegamento ou toma
de contacto coas súas principais características e coa diferenciación
entre a literatura oral e a literatura escrita tendo en conta as posibilida-
des que as novas tecnoloxías ofrecen no presente (libros dixitais, webs
especializadas, bibliotecas e contidos na Rede...). Nas seguintes páxi-
nas ofrécense varios textos, en primeiro lugar para diferenciar aqueles
literarios dos que non o son e, en segundo lugar, para que identifiquen
os trazos caracterizadores da linguaxe literaria que a distinguen dos
outros niveis de lingua.

Solucións das actividades

Fíxate e explica
1 Son correctas as opcións a) e c). A opción b) é incorrecta posto que as
obras literarias poden recitarse, dramatizarse, contarse, etc. A opción
d) é incorrecta: tamén son literatura as obras de transmisión oral.

Actividade complementaria
1 Por parellas, realizade unha listaxe das diferenzas existentes entre ler
un libro en papel e ler un libro electrónico.
• Que vantaxes e inconvenientes credes que ten cada unha destas
formas de lectura?
Solución:
Resposta aberta. Suxestión:
Os libros electrónicos non gastan papel, non pesan e non ocupan,
posto que no mesmo dispositivo se poden levar moitas obras.
Pola súa parte, os libros de papel permiten apreciar a arte da enca-
dernación, do tipo de letra, do tipo de papel… e teñen un encanto
especial que está asociado ao placer da lectura.

30
UNIDADE 1

6 Fíxate no seguinte fragmento dunha novela • Identifica dúas personificacións e dúas me-
que describe a paisaxe do Teide desde a altura. táforas.

O avión entraba agora na paisaxe garrida do Teide, señor da altura, co


seu carrapucho de xigante sobre a bufanda branca das nubes.
Xosé Vázquez Pintor: Lume de biqueira, Edicións Xerais

7 As adiviñas son manifestacións da literatura ra encuberta mediante metáforas, personifica-


popular consistentes en definicións enxeñosas cións, etc.
de algo coñecido que é presentado de manei- • Escribe as solucións e identifica os recursos.
TEXTO 1
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte
e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña Por sombreiro ten Unha saba branca Camiño branco,
respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro un sombreiro verde, sen algodón verde pradeira,
de 3 476 km é o quinto satélite máis grande do sistema solar, mentres saia amarela que cobre a terra toda casa encarnada
que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o sa- que está baixo a terra. e o río non. e veciñas negras.
télite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Que dona é ela?
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lúa

emprender
aprender
TEXTO 2 8 Entra na páxina web de Galicia encantada e poderás ler textos litera-
A lúa é velliña, Envolveita en néboas rios da literatura popular galega.
de brancos cabelos, hase de abrigar • Accede á sección «Literatura oral» e identifica os tipos de textos que contén.
de engurras de ouro pois como vai vella
9 Creade a vosa propia antoloxía de literatura popular. Buscade textos
e de olliños cegos. tense de coidar.
na páxina anterior e preguntade na vosa casa.

Érguese do leito Cando na outa* noite • Aprendédeos e contádeos na aula.


das foulas do mar brúa o temporal 10 Publicade un libro dixital no que incluades todos os tex-
palpando os espazos a lúa entre as tebras tos recollidos, acompañados de ilustracións. Para elaboralo
para camiñar. tápase a tremar. existen aplicacións como ISSUU, CALAMEÓ, SCRIB, etc.

Anda polo mundo E así que o mal tempo


– Escribide os textos mediante un procesador
sen ver a onde vai amainando vai
de textos.
pois as estreliñas asoma a faciana Personificación – Incorporade imaxes ou debuxos.
lévana da man. e espalla o luar.
Atribución de calidades – Convertédeo nun documento en PDF.
Luís Amado Carballo
*Outa: arcaísmo, por alta.
humanas a elementos – Rexistrádevos na aplicación elixida e subide
que non o son. Ex.: o ven- o documento.
to amigo escoitábame.
– Pegade o código nunha páxina web, blog, etc.

2 Cal destes textos é literario? Por que? 4 Identifica o recurso presente no seguinte verso:
O leito das foulas do mar.
3 O recurso principal do segundo texto é a per-
sonificación ou prosopopea. Busca exemplos. 5 Escribe agora un poema similar sobre o Sol.

18 19

Suxestións metodolóxicas branca que a rodea (termo real), verde pradeira = a pel exterior, casa
encarnada = a polpa vermella, veciñas negras = as sementes.
• Sería recomendable ensinarlle ao alumnado algún exemplos de li-
Aprender a emprender
bros dixitais para que teña algún referente próximo antes de levar a
cabo a actividade 10: 8 Contos, refráns, lendas e romances.

–  http://issuu.com/celia/docs/carrapuchina_vermella_-completo-?e= 9 Actividade práctica.


1009119/3179138 10 Actividade de creación.
–  http://issuu.com/unhalagoadelibros/docs/peito_de_lobo.comple-
to/ 15?e= 15176782/12831754 Anotacións

Solucións das actividades


2 O texto 2 é un texto literario porque ten finalidade estética e contén
recursos literarios: metáforas, personificacións...
3 – A lúa é anciá («velliña», «brancos cabelos», «engurras de ouro», «vai
vella»), é cega («olliños cegos», «anda polo mundo sen ver a onde
vai»), camiña, sente medo («a lúa entre as tebras / tápase a tremar») e
ten rostro («asoma a faciana»).
– A néboa abriga a lúa para que non teña frío.
– As estrelas levan da man a lúa.
4 Metáfora. Termo real: foulas do mar. Termo imaxinario: leito.
5 Actividade de creación.
6 Personificacións: paisaxe garrida, señor da altura (Teide).
Metáforas: carrapucho de xigante = a silueta do Teide; bufanda bran-
ca das nubes (nubes: termo real; bufanda branca: termo imaxinario).
7 a) A cenoria. Personificación: dona (termo imaxinario) = cenoria (termo
real).
b) A neve. Metáfora: saba branca sen algodón (termo imaxinario) =
neve (termo real).
c) A sandía. Catro metáforas: camiño branco (termo imaxinario) = a pel

31
UNIDADE 1

Obradoiro
A improvisación
emprender
aprender
Improvisemos
1 Para comezar, levaremos a cabo unha pequena improvisación sobre algún
tema elixido ao chou. Para iso, seguide estes pasos:

1. Escribide nun anaco de papel unha palabra (preferentemente un subs-


tantivo).

2. Recollede todos os papeis e depositádeos nunha caixa.

3. Cada alumno que vai saíndo extrae un papel e descobre cal é a palabra
que lle tocou en sorte.

Ao longo do día e durante a xornada escolar son moitos os momentos nos que 4. A continuación, deberá improvisar —sen preparación previa— unha bre-
nos expresamos oralmente: falamos coas nosas amizades, preguntámoslle as ve exposición acerca dese tema ou obxecto (características máis salienta-
dúbidas ao profesor ou profesora, respondemos as preguntas que nos formulan, bles, tipos, funcións, usos…).
expoñemos as nosas opinións...
2 Observade agora a seguinte imaxe e, en parellas, improvisade un diálogo en-
A expresión oral é unha das actividades máis importantes, pero tamén máis di-
tre ambos personaxes.
fíciles, da clase de Lingua. Como calquera outra actividade, cómpre practicala
para ir mellorando pouco a pouco. • Lembrade a importancia que teñen na comunicación oral os aspectos non
verbais que vimos na páxina anterior.
A improvisación consiste en transmitir ou expresar de forma espontánea
unha idea, un sentimento, unha opinión, unha narración ou calquera outra
situación comunicativa sen tela preparado con anterioridade.

E esta é a súa principal dificultade, posto que pon a proba as nosas habilidades
lingüísticas e obríganos a botar man de todos os recursos comunicativos.
Como en calquera actividade oral, hai que coidar certos aspectos lingüísticos:

ASPECTOS VERBAIS ASPECTOS NON VERBAIS Ten en conta


Corrección – Control da voz (volume, ton..). O máis importante
é falar con fluidez
– Pronunciación clara: articular con – Códigos verbais (xestos, movemen- e seguridade.
claridade os sons. tos...).
– Gramaticalidade: aplicar as regras
– Control da mirada (dirixila aos in-
gramaticais (concordancias, prono-
terlocutores).
mes, xénero, oracións ben construí-
das, etc.) – Postura correcta.
– Precisión léxica: usar as palabras – Expresión corporal.
adecuadas e precisas.
Fluidez
– Velocidade e ritmo adecuados.
– Soltura na exposición.
– Seguridade.

20 21

Suxestións metodolóxicas Anotacións


• O «Obradoiro» é un espazo de traballo sobre diferentes técnicas e
habilidades escritas e orais, así como de fomento da creatividade e
do traballo cooperativo.
Este libro comeza cun bloque de unidades dedicadas á comunica-
ción oral, competencia esta que con frecuencia presenta dificultades
para o alumnado e que convén reforzar coa achega de ferramentas
e mediante a práctica continuada. Este primeiro obradoiro céntrase
na improvisación, é dicir, no discurso non planificado, e presenta
unha serie de consellos sobre os aspectos verbais e os non verbais
que é preciso ter en conta, destacando a fluidez e a seguridade
como principais recomendacións.
As actividades propostas inciden na necesidade da práctica desta
habilidade tan necesaria na vida diaria e que será fundamental nas
seguintes etapas educativas. No desenvolvemento deste obradoiro
suxírese recordarlle ao estudantado a necesidade de respectar o si-
lencio mentres outra persoa está expoñendo así como as quendas
de palabra nas diferentes representacións. A primeira actividade
conta coa participación de toda a clase e o segundo exercicio pre-
tende potenciar a empatía cos personaxes da fotografía a través do
traballo por parellas.

Solucións das actividades


1 e 2 Actividades de improvisación oral.

Actividade complementaria
Como continuación do exercicio 1, pode propoñer que cada alumno ou
alumna busque e traia a clase unha fotografía na que apareza un ou va-
rios personaxes nalgunha situación comunicativa interesante. Despois,
as fotografías xuntaranse nun montón e iranse repartindo de xeito que
todas as persoas estean implicadas e teñan un papel que representar.

32
UNIDADE 1

Aplica o que sabes


1 No texto a personaxe detalla o percorrido que Aínda que os meus pés xa están endurecidos
Exeria vai realizando. Localiza os topónimos referidos e xa non me saen chagas por máis que cami-
O principal obxectivo da viaxe que estou a facer é coñecer ao itinerario da viaxe. ñe, a miña saúde foise deteriorando despois
Exipto e chegar ao extremo sur do Imperio, pero xa pasaron de tanto tempo.
2 Tamén hai outros lugares evocados que in-
varios anos dende que saín da miña casa e o cansazo de ca- dican a súa procedencia e o destino final da Ditongos
miñar por estas terras faise esgotador pola calor que hai que súa viaxe. Cales? Que circunstancia provoca a Hiatos
Crecentes Decrecentes
soportar. Para aliviar dalgunha maneira o camiño, decidín via- lembranza do primeiro?
xar en barco até Alexandría e unha vez alí coller outro barco
para remontar o Nilo. 3 Xunto coa descrición dos escenarios, Exeria
dá conta do seu estado físico e mental. Busca 8 Localiza no primeiro parágrafo exemplos de
O porto máis importante preto de Aelia é o de Cesarea marí-
algúns exemplos. palabras que conteñan os seguintes fonemas:
tima, de maneira que irei ata alí para tomar un barco, espero
que esta viaxe non sexa tan penosa coma a anterior. [...] Es- 4 A utilización da primeira persoa de singular – fonema consonántico palatal fricativo xordo /ʃ/
tou contenta de chegar por mar a Alexandría. Cando aínda indica que se trata dunha viaxe en soidade. – fonema consonántico n velar /ŋ/
non se ve a cidade xa se percibe unha construción xigantesca Que outra circunstancia así o corrobora?
que está situada nunha illa chamada Faros que está preto do
9 Indica o grao de abertura (semiaberto /semi-
5 Localiza as referencias cronolóxicas que mar- pechado) das vogais tónicas destas palabras:
seu porto. Segundo nos imos achegando distínguese a torre can o paso do tempo.
máis alta que vin nunca e sobre a que arde continuamente terras – coller – calor – vez
unha chama para sinalar a posición da cidade. Esta torre é 6 Busca no texto palabras e expresións perten- • Para resolver dúbidas, lembra que po-
como a que hai na miña cidade de Brigantium, pero esta é centes ao campo semántico das «viaxes».
des consultar a versión en liña do Dicionario
aínda moito máis alta. [...] 7 Identifica os ditongos e os hiatos presentes de pronuncia da lingua galega (http://ilg.usc.
Aínda que os meus pés xa están endurecidos e xa non me saen chagas por máis nesta oración e clasifícaos. es/pronuncia/).
que camiñe, a miña saúde foise deteriorando despois de tanto tempo, as viaxes
que realizo son cada vez máis curtas e, pese a todo, o tempo que me leva recu-
perarme é cada vez máis grande. [...]
Despois de visitar todos estes lugares e vendo que xa chegara aos límites do
emprender
aprender
mundo coñecido, decidín desfacer o camiño andado e volver a Antioquía. Esta
viaxe esgotadora obrígame a descansar durante varios días para recuperarme,
pero teño présa para continuar a marcha e ao pouco reinicio o camiño sen espe- 10 Exeria é o prototipo de muller aventureira. En equipos, investigade
rar máis. [...] acerca da súa biografía e do itinerario percorrido.
Cando vou camiñando dunha localidade a outra, vou cantando as cancións da • Podedes consultar algún dos buscadores que hai na Rede.
miña terra e outras que fun aprendendo no camiño, isto sérveme para facer máis
agradábel a marcha e tamén para afastar os medos que ás veces me dan algúns – Para facilitar a busca, poñede entre comiñas a frase ou secuencia que
lugares solitarios. [...] desexades atopar: «Exeria viaxes».
Como o meu estado de saúde é cada vez máis feble, despois dunha semana en – Se queredes optar entre unha palabra ou outra, tedes que separalas
Antioquía decido continuar o camiño de regreso a Gallaecia. cunha barra (/) ou con OR: Exeria viaxe / viaxes de Exeria, Exeria viaxes
Arturo Iglesias: Exeria nos límites do mundo, AS-PG OR viaxes de Exeria.

Exeria, coñecida como «a primeira peregrina», foi unha


muller galega do século IV que realizou unha viaxe que du- 11 Coa información recollida, elaborade unha presentación de diaposi-
raría seis anos desde Gallaecia ata Exipto. tivas. En cada unha podedes incorporar texto, imaxes (fotografías, mapas),
vídeos, animacións, ligazóns...
Foi tamén a primeira cronista de viaxes da historia, auto-
• Coidade o deseño e a presentación:
ra dunha extensa carta en latín titulada Itinerario ou Pe-
– A cantidade de información de cada diapositiva.
regrinación de Exeria.
– A distribución dos elementos.
– A cantidade de texto e o tamaño de letra
Arturo Iglesias realiza unha recreación desa obra neste
libro titulado Exeria nos límites do mundo. 12 Realizade a proxección na aula.

22 23

Solucións das actividades Anotacións


1 Os topónimos citados son: Exipto, Alexandría, Aelia, Cesarea, a illa de
Faros, o río Nilo, Antioquía e Gallaecia.
2 Os lugares evocados son: Brigantium e Gallaecia, a súa patria.
A contemplación da alta torre (faro) da illa de Faros faille lembrar a
torre de Brigantium.
3 Exeria sinala o cansazo de camiñar, sobre todo por causa da calor. Os
seus pés están endurecidos e xa non lle saen chagas. A súa saúde vai-
se deteriorando e atópase moi feble. Por esta razón realiza viaxes cada
vez máis curtas para poder recuperarse entre tanto. Como a viaxe re-
sulta esgotadora e xa chegou á fin do mundo coñecido, decide regre-
sar a Gallaecia.
4 Cando camiña por lugares solitarios e pouco transitados, vai cantando
cancións galegas para afastar o medo que sente e para que a marcha
resulte máis agradable.
5 Sinala que «xa pasaron varios anos desde que saín da miña casa». Esta
circunstancia explica o seu esgotamento e a decisión final de regresar
a Gallaecia.
6 Viaxe, camiñar, camiño, visitar, lugares, límites do mundo coñecido,
desfacer o camiño andado, continuar a marcha, reinicio o camiño.
7 Ditongos crecentes: deteriorando; ditongos decrecentes: máis, foise,
despois; hiatos: aínda, saen, saúde.
8 Fonema palatal fricativo xordo: obxectivo, viaxe, Exipto, xa, viaxar.
Fonema n velar: dalgunha, unha.
9 Terras (e semiaberto /ɛ/ ), coller (o semipechado /o/), calor (o semipe-
chado /o/), vez (e semipechado /e/).
Aprender a emprender
10 Actividade de investigación.
11 e 12 Actividades prácticas.

33

You might also like