You are on page 1of 6

MATERIA: GALEGO DATA:

TEXTOS PARA ANALIZAR CURSO 2021-2022

NOME E APELIDOS 1º Nº

Un home xigantesco apareceu no limiar. O seu rostro estaba


practicamente oculto por unha longa maraña de pelo e unha barba
desamañada, pero podían verse os seus ollos, que brillaban como
escarabellos negros baixo aquela pelame.

O xigante abriuse paso dobrando a cabeza, que rozaba o


teito.Agachouse, colleu a porta e, sen esforzo, volveuna poñer no seu
sitio. O ruído da tronada apagouse un pouco.

Hermione non apareceu na clase seguinte e non a viron en toda a


tarde. De camiño ó Gran Comedor, para a festa de Halloween, Harry e
Ron escoitaron que Parvati Patil lle dicía á súa amiga Lavender que
Hermione estaba chorando no cuarto de baño das rapazas e que
desexaba que a deixasen soa. Ron pareceu aínda máis molesto, pero un
momento máis tarde entraran no Gran Comedor, onde as decoracións
de Halloween lles fixeron esquecer a Hermione.
- Tes que comer algo para o almorzo.

- Non quero nada.

- Aínda que sexa un anaco de tosta - pregoulle Hermione.

- Non teño fame.

- Harry, precisas forza -dixo Seamus Finnigan-. Os únicos que no


outro equipo marcan son os buscadores..

- Gracias, Seamus -respondeu Harry, observando como cubría de


salsa de tomate as súas salchichas.

O señor Dursley era o director dunha empresa chamada Grunnings,


que fabricaba taladros. Era un home corpulento e gordecho, casi sen
pescozo aínda que cun bigote inmenso..

- Alí, mira.

-¿Onde?

- Á beira do rapaz alto e rubio.

-¿O de lentes?

- ¿Viches a súa cara?

- ¿Viches a súa cicatriz?


MATERIA: GALEGO DATA:
TEXTOS PARA ANALIZAR CURSO 2021-2022

NOME E APELIDOS 1º Nº

En Hogwarts había 142 escaleiras, algunhas amplas e despexadas,


outras estreitas e destartaladas. Algunhas levaban a un lugar
diferente os venres. Outras tiñan un chanzo que desaparecía a metade
de camiño e había que recordalo para saltar. Despois, había portas que
non se abrían, a menos que un llelo pedise con amabilidade ou lles
fixese cóxegas nun lugar exacto, e portas que, en realidade, non eran
senón sólidas paredes que finxían ser portas. Temén era moi difícil
lembrar onde estaba todo, xa que semellaba que as cousas cambiaban
de lugar de cote. As persoas dos retratos seguían visitándose uns ós
outros, e Harry estaba seguro de que as armaduras podían andar.

Filch tiña unha gata chamada Señora Norris, unha criatura fracucha e
de color poeirenta, con ollos saltóns coma lanternas, iguais ós de Filch.
Patrullaba soa polos corredores. Se un infrinxía una regra diante dela,
ou poñía un pé fóra da liña permitida, zafábase para buscar a Filch,
quen aparecía dous segundos despois.
- ¿Harry, Onde estabas? -preguntou Hermione con voz aguda.

- ¡Gañamos! ¡Gañamos! ¡Gañamos! -Berraba Ron ó mesmo tempo que lle


daba palmadas a Harry nas costas-.¡ E eu púxenlles un ollo negro a
Malfoy, e Neville tratou de vencer a Crabbe e Goyle el só! Aínda está
inconsciente, pero a señora Pomfrey di que se poñerá ben. Estante
agardando todos na sala común, imos celebrar unha festa, Fred e
George roubaron uns pasteis e outras cousas da cociña...

-Agora iso non importa -dixo Harry sen alento-. Imos buscar unha
habitación baleira, xa veredes cando escoitedes isto...

Era unha visión horrible. Máis de tres metros e medio de alto e tiña a
pel de cor gris pedra, un descomunal corpo deforme e unha pequena
cabeza pelada. Tiña pernas curtas, grosas coma toros de árbore, e pés
achatados e deformes. O cheiro que despedía era incrible. Levaba un
grande bastón de madeira que arrastraba polo chan, os seus brazos
eran moi longos..
MATERIA: GALEGO DATA:
TEXTOS PARA ANALIZAR CURSO 2021-2022

NOME E APELIDOS 1º Nº

ACTIVIDADES:

1.- Clasifica os textos anteriores segundo a súa finalidade.

2.- Averigua de que personaxe da novela se está falando

en cada un destes textos.

3.- Escribe 10 adxectivos cualificativos e mailos substantivos ós

que cualifican dos textos anteriores.

5.- Os elementos da narración son:

O narrador

A acción

Os personaxes

O espazo

O tempo

Estes textos pertencen a "Harry Potter e a pedra filosofal".

You might also like