You are on page 1of 3

ACTIVIDADE - CONSTRUCIÓN DUN CHAVEIRO

Imos construír un chaveiro utilizando as ferramentas que nos ofrece


Tinkercad. Para iso, segue os seguintes pasos:

- Arrastra un cubo ao escenario

- Modifica as súas cotas para que as súas dimensións sexan:


55mm longo
20mm ancho
4mm alto

- Coloca un cilindro de diámetro 2mm na esquina superior esquerda.


- Desprázao de forma que atravese totalmente ao prisma rectangular e
convérteo en oco.

- Xa temos a base do noso chaveiro cun orificio para poder pasar un aro
ou unha cadea. Fáltanos engadir un texto.

Para iso, arrastra o texto básico sobre o prisma.

Agora temos o texto que queremos incorporar e usamos a xanela Forma.

E agora, só nos queda escalalo para que se adapte ás dimensións do


prisma. Reduce as súas dimensións a 50mm de longo por 10mm de
ancho.
- Por último, debemos agrupar todos os elementos do
deseño. Para conseguilo, co rato seleccionamos
simultaneamente os tres elementos (arrastrando o
cursor co botón esquerdo do rato pulsado) e facemos
clic na opción agrupar (aparece na parte superior da
pantalla).

Se fixemos todo correctamente, a nosa figura aparecerá en pantalla como


unha única peza e desactivarase a opción agrupar.

AMPLIACIÓN

Nós fixémosche unha proposta básica. Agora,


mellora a nosa idea deseñando un novo produto
que incorpore texto. Pode ser un anel, un
colgante, o que che apeteza.

You might also like