You are on page 1of 1

A grafía “x”

Esta grafía pode representar en galego dous fonemas diferentes:

/ʃ/ (Caixa, xenro, xunta, etc…) e /ks/ (taxi, exame, sexo, saxo…)

A interferencia co castelán pode provocar unha especie de


hipergaleguismo fonético que consiste en pronunciar a grafía X como se
representase o fonema fricativo /ʃ/ cando na realidade, representa /ks/.

Douvos a seguir algúns dos termos en que se producen os erros. Todos


eles deben pronunciarse como taxi, máximo, exame /ks/.

Anexo, complexo, crucifixo, reflexo, paradoxo, perplexo, próximo,


prefixo, sufixo → /ks/.

Se vos mandan transcribir foneticamente, tede coidado o fonema é /ks/.

Podedes consultar a súa pronuncia no propio dicionario da RAG, clicando


no símbolo debaixo da Caixa de consulta.

You might also like