You are on page 1of 50

ALEXANDRE BÓVEDA

nos seus documentos


CATÁLOGO
ALEXANDRE BÓVEDA
nos seus documentos

&216(//(5Ì$'(&8/785$
(785,602

FUNDACIÓN
ALEXANDRE BÓVEDA
ALEXANDRE BÓVEDA
nos seus documentos

[CATÁLOGO]

D I F U S O R A DE LETRAS, ARTES E IDEAS


ALEXANDRE BÓVEDA nos seus documentos
[Catálogo]

Coordinación e textos: Uxío-Breogán Diéguez Cequiel

Edita: Cátedra Alexandre Bóveda da Universidade de Vigo, convenio de colaboración entre


a Consellería de Cultura e Turismo, Caixanova, Concello de Pontevedra, Fundación Alexandre Bóveda
e a Universidade de Vigo.

Signaturas e catalogación: María Díaz Rey, Rosa Mª González Blanco,


Pilar Estévez Rodríguez, Carlos Artur González Taboada

Transcricións: Raquel Pérez Santos, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel

Revisión lingüística: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Fotografía da capa: Alexandre Bóveda conferenciando diante da Xunta directiva da Asociación de


Contábeis de Galiza. Salón central da entidade Centro de Fillos de Vigo, 1935.

disigna edenia | www.edenia.org

1.ª edición: marzo de 2010

Coedición da Cátedra Alexandre Bóveda da Universidade de Vigo e Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL

© pola presente edición: DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS, SL, 2010


Rúa Bedoya 5-2º, 32004 Ourense
Teléfono: 988 222 244
Fax: 988 255 010
info@difusora.org
www.difusora.org

Depósito legal: OU
ISBN: 978-84-92958-01-6
Impresión: Rodi Artes Gráficas
Distribución: Consorcio Editorial Galego

Todos os dereitos reservados. Non se permite a reprodución deste libro, nin a súa incorporación a un sistema
informático, nin a súa transmisión en calquera forma ou por calquera medio, for este electrónico, mecánico, por
fotocopia, por gravación ou outros métodos, sen o permiso por escrito dos seus editores.
Podemos congratularnos pola saída dunha nova obra que nos identifica con quen dá nome a esta nosa
cátedra: Alexandre Bóveda.

Despois de tirarmos ao prelo o volume A Galiza de Bóveda, logo de presentar anteriormente as obras
O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre o concepto de práctica xenocida, de Antonio Míguez Macho e
Fluxos migratorios e escola intercultural: un estudo diagnóstico en Galicia, de Sara López Gómez, vén
de saír da imprenta o presente traballo, Alexandre Bóveda nos seus papeis. Catálogo.

Este volume é o resultado do traballo ímprobo que desenvolve desde a súa creación a Cátedra e o
Centro de Estudos e Documentación Alexandre Bóveda a prol da recuperación da figura, pensamento
e obra daquel bon e xeneroso.

Agardamos que a mostra documental e o seu estudo preliminar que se presentan neste traballo sirva
para valorizarmos na súa xusta medida quen foi, segundo palabras de Daniel R. Castelao, organizador
esencial e motor de explosión do galeguismo no primeiro terzo do século XX.

Cátedra Alexandre Bóveda

7
Os arquivos privados téñense revelado desde a perspectiva historiográfica como unha grande achega
para a reconstrución do pasado.

Podermos contar co rico elenco documental acumulado por Alexandre Bóveda ao longo da súa curta
vida que é un verdadeiro luxo. Sen este seu arquivo non sería posíbel estudar con rigor a creación da
Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra ou do Partido Galeguista (PG), ou o desenvolvemento do pro-
ceso estatutario, para alén da propia vida daquel home que nacera en Ourense en 1903 para se trasladar
cara a 1927 a Pontevedra. E neste punto debemos lembrar a figura da súa dona, Amalia Álvarez Gallego,
quen contribuíu determinantemente para que esta documentación non fose destruída por aqueles que
nos levaron ao que fora secretario de organización e xeral do PG.

En todo caso, e logo de se constituír no ano 2007 a Cátedra Alexandre Bóveda, damos conta aquí
de parte do traballo realizado ao abeiro da posta en marcha do Centro de Estudos e Documentación
Alexandre Bóveda (CEDAB), que se encargou desde un inicio de catalogar e dixitalizar o devandito fon-
do documental. Neste senso, no presente volume presentamos unha serie de textos manuscritos e
mecanografados que son representativos dos diferentes eidos e etapas da vida do insigne galeguista, 1 Optamos por conservar os erros
documentos todos transcritos integramente na súa literalidade1. tipográficos e os fallos dos orixinais,
agás naqueles casos que estes impi-
den a lectura dos textos. Para facilitar
a lectura, achéganse entre [ ] aquelas
Álvaro Xosé López Mira, director da Cátedra Alexandre Bóveda palabras que por erro foron omitidas
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, director do CEDAB nos devanditos orixinais.

9
Í n d i ce

Memoria do Centro de Estudos e Documentación Alexandre Bóveda


(CEDAB). 2007 - 2009 páxina 13

Alexandre Bóveda. Vida, paixón e morte páxina 15

DOS PRIMEIROS ANOS: A FAMILIA, O TRABALLO E A MÚSICA


Carta de Luís Conde Valvís a Alexandre Bóveda páxina 39
Carta de Mariano Pastor, membro do Orfeón “Unión Orensana”, a Alexandre Bóveda páxina 41
Carta de Celestino Fontoira a Alexandre Bóveda páxina 43
Carta de Xerardo Álvarez Limeses a Alexandre Bóveda páxina 45

DAS CAIXAS DE AFORRO


Carta de Armando Rodríguez Acosta a Alexandre Bóveda I páxina 49
Carta de Armando Rodríguez Acosta a Alexandre Bóveda II páxina 51
Carta de Armando Rodríguez Acosta a Alexandre Bóveda III páxina 53
Carta de Luciano Vidán Freiría a Vicente López Mosquera páxina 57
Memoria do primeiro ano de funcionamento da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra páxina 59

O ACTIVISMO GALEGUISTA E O ESTATUTO


Carta de Antón Alonso Ríos a Alexandre Bóveda páxina 71
Documento contábel da Misión Biolóxica de Galiza páxina 73
Circular do Partido Galeguista de Pontevedra en favor do Estatuto de Galiza páxina 75
Notas para a presentación no Seminario de Estudos Galegos
das conclusións económicas resultantes dos traballos
elaborados por Alexandre Bóveda no marco do Estatuto páxina 77
Resposta de Alexandre Bóveda a José Valledor en relación ao Estatuto de Autonomía de Galiza páxina 79
Saúda enviado por Carlos Martínez Barbeito páxina 83
O ACTIVISMO ORGANIZADO: O PARTIDO GALEGUISTA
“O Galeguismo”, por Antón Lousada Diéguez, Johan Viqueira,
Daniel R. Castelao e Vicente Risco páxina 87
Convocatoria do Consello Executivo do Partido Galeguista páxina 89
Reactivación do Pacto Galeuzca.
Documento sen asinar enviado desde Cataluña a Alexandre Bóveda páxina 91
Alexandre Bóveda e ‘o deber do galeguismo nos intres actuais’ páxina 95
Carta de Daniel R. Castelao a Alexandre Bóveda páxina 97
Carta de Alexandre Bóveda a Ramón Suárez Picallo páxina 103
Carta de Víctor Casas a Alexandre Bóveda páxina 105
Carta de Daniel R. Castelao a Alexandre Bóveda desde o desterro páxina 109

EPISTOLARIO
Carta enviada por Alexandre Bóveda a Federico Estaun páxina 113
Carta de Claudio López a Alexandre Bóveda páxina 115
Cartón postal enviada a Cádiz por Castelao a Alexandre Bóveda páxina 119
Carta de Ricardo Carvalho Calero a Daniel R. Castelao páxina 121
Carta de Francisco Fernández del Riego a Bóveda páxina 123
Carta de Víctor Casas a Alexandre Bóveda páxina 125
Carta de Ramón Otero Pedrayo a Alexandre Bóveda páxina 129
Última carta de Alexandre Bóveda. A Amalia Álvarez Gallego, súa dona páxina 131
MEMORIA DO CENTRO
DE ESTUDOS
E DOCUEMENTACIÓN
ALEX ANDRE BÓVEDA
(CEDAB)
2007 - 2009

No marco da creación da Cátedra Alexandre Bóveda, e no seo desta do Centro de Estudos e


Documentación Alexandre Bóveda (CEDAB), fixarase como obxectivo central a catalogación do fondo
documental privado xerado en vida por Alexandre Bóveda.

Neste senso, o primeiro paso dado foi a revisión exhaustiva do devandito fondo documental de cara á
súa valoración.

As pezas das que se compón o fondo documental resultante do decorrer vital de Alexandre Bóveda
foron agrupadas, nun achegamento previo a elas, en catro grandes bloques temáticos, a saber:

a) Familiar

b) Laboral

c) Político

d) Varios

Unha vez realizada esta primeira análise do devandito fondo, o seguinte paso dado foi a lectura e revi-
sión de todas as pezas documentais que compoñen este fondo, para así completar o seu proceso de
estruturación e organización. Este proceso revelou diversas dificultades intrínsecas ás características
do arquivo en cuestión, comezando por documentos sen asinar ou sen data, pezas e documentos frag-
mentados, textos con escrita especialmente ilexíbel etcétera.

13
Tendo en conta o indicado e os criterios de volume e natureza da documentación conservada, desenvol-
veuse un definitivo proceso de clasificación dos documentos que compoñen este fondo documental,
no marco do que se procedeu a elaborar as oportunas series documentais.

Para isto, os catro grandes bloques temáticos que indicabamos se fixeron nun inicio, deron como resul-
tante diversas series documentais que só nalgún caso virían dadas de partida con nidia definición, por
exemplo a serie composta pola documentación referida á Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e
ao Partido Galeguista. Nestas series, así como nas restantes que se decidiu engadir e aumentar, apli-
cóuselles ás pezas documentais que as integran un criterio de ordenación cronolóxico.

Para executarmos con rigorosidade este proceso, elaborouse o pertinente Cadro de clasificación,
instrumento indispensábel para desenvolvermos o Arquivo Alexandre Bóveda, cerna do CEDAB. A
través deste Cadro de clasificación ollamos con claridade a organización e estrutura do propio arquivo.

Dada a relevancia patrimonial e cultural do Arquivo Alexandre Bóveda, valorouse como criterio esencial
a descrición en unidades documentais das pezas que conservamos no CEDAB. A execución do sinalado
reflíctese así mesmo nunha rica base de datos que se creou, cuxo nivel de contido e descrición da
unidade documental é parte intrínseca da mesma base. É unha base de datos que contén catalogadas
todas as pezas documentais que existen no fondo histórico privado de Alexandre Bóveda, tras ser valo-
rado o conxunto do elenco documental que o substancia: manuscritos, epístolas e documentación me-
canografada, tendo presente a personalidade poliédrica do propio Alexandre Bóveda: cantor, deportista,
economista e, sobre todo, activista político.

Após o sinalado, os obxectivos marcados nun inicio foron atinxidos, en canto se valorizou un rico conxun-
to documental que parcialmente presentamos no presente Catálogo, en que, como reza o seu título,
podemos ver reflectido Alexandre Bóveda sabendo das súas preocupacións, paixóns e compromisos.
Un elenco documental do que unha pequena mostra son as pezas que aquí reproducimos, transcritas
na súa literalidade, sen as que, dificilmente, poderá ser estudada e analizada con ponderación a Galiza
do século XX.

14
ALEXANDRE BÓVEDA
Vida, paixón e morte

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel


ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e

Alexandre Bóveda, dos primeiros anos

Nos inicios do séc. XX o noso país é eminentemente rural, ficando máis dun 90% da poboación galega
asentada neste medio. No marco desta realidade, de problemáticas varias, onde destacaría o problema
da propiedade da terra, achamos unha organización que se abre camiño con forza: Solidaridad Gallega.
De grandes semellanzas coa súa homóloga catalá, Solitaritat Catalana, vai destacar esta entidade entre
o 1907 e o 1912 na vertebración e concienciación do campesiñado galego en relación á orixe das súas
problemáticas. Nesta formación había varias correntes, nas que agora non entraremos en profundida-
de, mais diremos que confluirán nela os vellos republicanos galegos e os rexionalistas, nucleados en
torno á cidade da Coruña, e os neocarlistas que terán en Xoán Vázquez de Mella o seu referente. O
que nos interesa, para o caso que nos ocupa, é que esta organización existe e que nela había un sentir
rexionalista, de recoñecemento da Galiza como algo diferenciado fronte ao resto do feito hispánico. Así
mesmo, ollamos como en Ourense irrompe con forza a denominada Liga de Acción Gallega que desde
o verán do 1912 vai liderar a loita agraria co crego Basilio Álvarez á cabeza. Este movemento, que tería
como xérmolo a publicación Acción Gallega. Revista Quincenal. Defensora de los intereses regionales
enlazará con sociedades agrarias diversas existentes no país, presentaba co Manifesto de Ourense
coas seguintes principios:

«Primero. La Liga de Acción Gallega iniciará su propaganda con mítines agrarios en


Alexandre Bóveda cara 1922.
los que se predicará solidaridad y rebelión al pueblo gallego.

Segundo. Fomentarase la contitución de Sociedades de Resistencia con objeto de


combatir con todos los medios el caciquismo imperante.

Tercero. La Liga de Acción Gallega recogerá las aspiraciones del pueblo gallego para
formular un programa detallado de lo que debe comprender la política gallega y
cuya realización progresiva por el gobierno de Madrid constituirá el compromiso de
honor de los diputados de Galicia».

A Solidariedade e a Acción Galega fertilizaban o vizoso rural galego de cara ao espallamento dun ideario
agrarista galego, mais tamén do que en breve se autodenominaría movemento 'nazonalista'.

Neste contexto, Alexandre Bóveda Igrexas nacía ás dúas da madrugada do 4 de xuño do 1903, no nú-
mero 16 da ourensá Rúa da Barreira. Fillo de Xoán Bóveda Valcárcel, carpinteiro e de María Luísa Igrexas
Sánchez, costureira. Nos anos da primeira escolarización estudará na Escola Normal de Ourense e

17
na Escola dos Irmáns Villar, onde con dez anos recibe xa aulas de francés, así como de solfexo na
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
Academia da Banda de Música municipal.

Arredor dos quince anos, Bóveda comeza a se decantar por dúas inclinacións claras: o deporte e o
canto. No referente ao deporte, iníciase no fútbol participando ao longo da súa mocidade en diferentes
equipos: Remedios Fútbol Clube, do que sería capitán, Royal Fútbol Clube, e o Galicia Clube de fútbol.
No que atinxe á música, Bóveda pasará a formar parte, nestes primeiros anos, como tenor da Coral de
Ruada e do Orfeón Unión Ourensá.

O estudo académico, o deporte e o canto alternábao este mozo ourensán, e seguindo ao que anos máis
tarde sería o seu sogro, Xerardo Álvarez Limeses, coa lectura atenta do Catecismo d’o Labrego e as
páxinas do semanario O Tío Marcos da Portela (Parrafeos c’o Pobo Gallego), ambas as obras de Valentín
Lamas Carballal e ligadas fortemente ao galeguismo e agrarismo da Solidariedade Galega. Na publicita-
ción que neste medio se facía do Catecismo de Lamas, podíase ler o seguinte parágrafo:

«Tod’o o que n-el se di está resumido n-o dibuxo d’a portada (...). O coitadiño pai-
sano gallego marcha, camiño do calvario, levando sobre do lombo a pesada cruz
d’as suas calamidás e disgracias. Atado pol-o pescozo c’unha corda, d’a que turra un
ministro, vai escoltado por un xeneral e un señor».

Con certeza a ideoloxía anticaciquil e galeguista na que ficaban inmersas as páxinas das devanditas
dúas obras, tivo que ter grande importancia na conformación do pensamento daquel mozo.

Esta ideoloxía atendía á polarizada realidade económica existente nunha sociedade finisecular onde as
clases populares, nomeadamente mariñeiros, labregos, así como traballadores e traballadoras fabrís,
ficaban no chanzo máis baixo da sociedade.

Alén das páxinas do Catecismo d’o Labrego, O Tio Marcos da Portela e de outros múltiples libros,
Bóveda pasados os anos sería lector atento de Nós, Revista mensual de cultura galega, nucleada arre-
dor do ourensán Vicente Risco, e d’A Nosa Terra, órgano de expresión do galeguismo organizado repre-
sentado na altura polas Irmandades da Fala, nacidas na cidade da Coruña no ano 1916. Nomeadamente
foi o 5 de xaneiro de 1916 cando Antón Vilar Ponte publica o folleto Nacionalismo Gallego (Apuntes para
un libro), subtitulado Nuestra afirmación regional; neste folleto recollíase unha acesa defensa e reivindi-
cación da lingua propia da Galiza, expóndose a necesidade de artellar un movemento que a defendera,
recoñecendo e potenciando o país como “patria natural” e “pobo libre con persoalidade histórica”.

O mozo ourensán ía nestes anos, segundo remataba os seus estudos en Peritaxe Mercantil, avanzando
definitivamente cara a unha forte identificación coa problemática nacional galega, mais tamén social.

18
Afirmaba nos anos setenta do pasado século Xosé Sexto López diante do limiar que escribira para o
ALEX ANDRE BÓVEDA
libro Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xerardo Álvarez Gallego, a este respecto en palabras Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
do propio Bóveda:

«Eu estaba á beira do meu pai, sentados os dous á beira da soleira dunhas obras.
Meu pai lía un xornal. Alguén pasóu e rosmóu: ‘qué tempos; agora hastra os obreiros
leen o periódico’. Si alí comenzóu a miña vida política».

Sexa como for, aquela sensibilidade iría medrado na adolescencia daquel ourensán, diante da que, sen
dúbida, como complemento e ilustración práctica das denuncias formuladas nas lecturas que faría, su-
friría no seu ámbito familiar unha outra experiencia ben estendida na Galiza daquela altura: a emigración.
Non será a súa, mais si a do seu pai, Xoán Bóveda, quen emigra a Arxentina –logo de que anos atrás
marchara a Euskadi, ao quedar sen traballo por participar dunha folga operaria-, á procura dunha mellora
económica no marco da familia.

Daquelas o movemento patriótico en defensa da lingua, dos irmáns Vilar Ponte, de Lugrís Freire, Iglesias
Roura, Cabanillas, Cabeza de León, Uxío Carré Aldao, Antón Lousada Diéguez, Johán Vicente Viqueira
ou de Lois Porteiro, xa se instalara nun explícito nacionalismo, diante da denominada I Asambreia
Nazonalista, ou Asambreia Nazonalista de Lugo desenvolvida en novembro do 1918, na que afirmarían
os presentes:

«nós nomeamonos de hoxe para sempre nazonalistas galegos xa que a verba rexio-
nalismo non recolle todas as aspiracións nen encerra a intensidade dos nosos
problemas».

Do amor, o traballo e o compromiso

Unha vez obtido o título de Perito Mercantil, Bóveda pasou a dar aulas na Escola dos Irmáns Villar.
Animado pola familia e achegados, ao pouco Alexandre prepárase para concursar a unha praza de fun-
cionario de Facenda como auxiliar de contabilidade. Corre o 1920 e, finalmente, asiste ás probas que
en Madrid se celebran a este efecto. Logo dun intento falido, conseguirá o arelado posto de auxiliar de
contabilidade do Estado como número un da súa promoción.

Exercerá na súa cidade natal como oficial da delegación de Facenda, parello a levar a contabilidade de
empresas como La Molinera Antelana. Será nese posto de traballo onde coñecería o arqueólogo ga-
leguista, tamén funcionario, Florentino López Cuevillas. Este poríao en relación ao círculo nacionalista
ourensán, nomedamente co grupo da Xerazón Nós.

19
Con apenas vinte e catro anos verase forzado a marchar para Pontevedra, onde lograría a xefatura do
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
Departamento de contabilidade da Delegación provincial de Facenda da cidade do Lérez. En cumpri-
mento da súa nova responsabilidade, chega ao seu destino no mes de febreiro do ano 1927. Nesta
localidade rapidamente procurará canalizar o seu potencial e gusto musical, integrándose na Sociedade
Coral Polifónica de Pontevedra, creada dous anos atrás baixo a dirección de Antonio Blanco Porto. Na
Coral será onde coñeza tres persoas que o marcarán de por vida. Por unha banda terá o primeiro en-
contro con Daniel Rodríguez Castelao e Antón Lousada Diéguez e por outra con Amalia Álvarez Gallego.
Os primeiros eran dous activistas de relevo do nacionalismo irmandiño que rapidamente se decatarán
das cualidades do propio Bóveda e cos que este, ao pouco, esta-
ría enormemente unido. Con Castelao e Lousada aquel mozo, fillo
dunha costureira e o silleiro da Barreira, comprometerase e organi-
zarase politicamente cun proxecto nacionalista de país que contri-
buiría a modelar. Amalia, pola súa banda, será o grande amor daquel
ourensán.

E chegaralle a Bóveda diante daquel seu novo destino, unha du-


pla encomenda de grande relevo no terreo profesional da man da
Deputación provincial de Pontevedra: estudar o cobramento da con-
tribución e a organización dunha Caixa de Aforros. E é que o daque-
las presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Daniel de
la Sota y Valdecilla, tivo plena confianza en Alexandre Bóveda tan
Deseño da Caixa de Aforros Provincial pronto o coñeceu. Así, contra maio do 1928, comezaría Bóveda a es-
realizado por Bóveda. tudar o cobramento da contribución. Facilitaráselle poder contar con persoal de confianza e é daquelas
cando bota man Alexandre dun compañeiro e amigo da mocidade ourensá, Armando Rodríguez Acosta.
Daquel traballo de estudo económico ligado á Deputación pontevedresa nacerá o Servizo Provincial de
Cédulas Personales, operativo desde o 1929. Neste ano traballarase arreo para pór en marcha a Caixa
de Aforros Provincial. Esta nos inicios do mes de maio do 1929 estaría rematándose de deseñar, ficando
as obras de acondicionamento da súa sede moi avanzadas, baixo a supervisión de Bóveda. Sinalaba o
primeiro a este último:

«De por aquí te diré que, hoy he estado a ver el casillero y está muy adelantado,
casi terminado. En la Caja ya han comenzado las obras quedando ya terminado el
techo que ha sido pintado de crema, con un florón grande de yeso en el centro y un
adorno tambien de yeso, blanco, todo alrededor; queda muy bonito. Tambien están
ya con el piso».

Segundo estas obras estaban a se executar, Bóveda estudaba outras entidades análogas exis-
tentes en Barcelona e Guipuzcoa, así como Valladolid, Burgos ou Palencia. Finalmente, en sesión

20
plenaria do 28 de xuño do 1929 a Deputación dá o visto e prace para a posta en marcha da de-
ALEX ANDRE BÓVEDA
vandita Caixa de Aforros, presidida polo propio Daniel de la Sota y Valdecilla. Alexandre Bóveda Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
será o seu primeiro director, contribuíndo a implementar nesta entidade unha clara función social.
Afirmábase na memoria do primeiro ano de andaina desta entidade da que Rodríguez Acosta sería
interventor:

«Como se vé, es preciso acercar la Diputación al pueblo, pues si bien aquella se


relaciona con las Corporaciones municipales, no es bastante esta comunicación para
que el ciudadano alejado de las funciónes publicas se entere de que la Diputación
tiene entre sus funciónes estatutarias la de velar por su bienestar, cuidando de que
sus intereses no sufran quebranto y procurar el aumento de la riqueza pública con
el mayor beneficio de los administrados».
Amalia e mais Alexandre
en Pontevedra cara 1930.
Ora, o que se presentaba como un proxecto ao que se ver ligados tanto
De la Sota como Bóveda durante anos, vai tornarse nunha concatena-
ción de demisións. O primeiro renunciará á presidencia da Deputación
tendo como pano de fondo a demisión diante de monarca Alfonso XIII
do golpista Miguel Primo de Rivera nos inicios do 1930; o segundo pre-
sentaríalle ao Consello de Administración da Caixa, na súa sesión do
30 de xuño, a súa renuncia, por entender que perdera a confianza que
depositara nel De la Sota para dirixir a citada entidade.

Con todo, pechábase unha e abríase outra etapa para Bóveda. O noi-
vado entre Alexandre e Amalia, filla de Xerardo Álvarez Limeses, era
un feito público; de tal xeito que sería ela a muller coa que Bóveda se
comprometería até o fin dos seus días. Casarían no mosteiro de Poio
-localidade na que residiría a parella ao pouco- o 20 de outubro do 1930,
feito que recrearía anos despois con inmenso cariño Xosé María Álvarez
Blázquez, curmán de Amalia:

«Alexandro semella un neno cheo de ledicia. Leva unha pe-


quena flor branca na solapa e xoga nervoso cos guantes bran-
cos tamén».

Amalia e mais Alexandre marcharían de viaxe de recén casados por


terras portuguesas e españolas, sendo ben aproveitada aqueles días,
tal e como nunha carta que neste catálogo se inclúe afirmaba Xerardo
Álvarez Limeses:

21
«Mucho me alegran las noticias que me dais sobre todo por saber que tan bien estáis
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
de salud y tan bien lo pasáis. Aprovechaos que esta temporada es única en su clase
y después ya no faltaran trabajos y preocupaciones».

Unha vez xa de volta no país tocaba o regreso ao traballo e un día a día que estaría presidido polo com-
promiso coa Terra. Cinco serían os fillos que co paso do tempo a parella Bóveda Álvarez tería, tres nenas
e dous nenos: Xela, Alexandre, Xosé Luís, María Dolores e Amalia, esta última póstuma.

Coincidía o ano de casamento de Amalia e Alexandre coa caída da ditadura de Miguel Primo de Rivera,
efectivizada a finais de xaneiro do 1930. Após a censura e persecución contra os nacionalistas galegos,
malia a relación calculada coa realidade ditatorial dalgún cadro como Lousada Diéguez –que xunto a
Alexandre e Amalia nunha foto Risco, entre outros, crera nas promesas de Primo de Rivera en favor da creación da autonomía galega
familiar tirada en Baión, 1932. en forma de mancomunidade–, o galeguismo aproveita a fenda e
impase aberto para se reorganizar. Xa non participaría desta reorga-
nización o propio Lousada, que viña de finar, mais si xunto aos vete-
ranos galeguistas, unha nova xeración da que Bóveda era paradigma.
Naquela tesitura eran diferentes as agrupacións locais nas que os
galeguistas se organizaban, a maioría das veces sen relación estábel
entre elas. No franxa 1929-1930 manifestos de inspiración galeguis-
ta e republicana sucédense, apuntando cara a necesidade de novos
tempos para o País: Pacto de Lestrove, Compromiso de Barrantes,
Ezquerda Galeguista fálalle o país, ou lecturas como O problema po-
lítico de Galicia de Vicente Risco, entre outras. Toda esta vizosa reali-
dade daría como resultante que entre o 5 e 6 de Decembro de 1931,
no marco da VII Asambreia Nazonalista, presidida polas Irmandades
da Fala, constituese o Partido Galeguista (PG).

Para esta asemblea un duro traballo viña de se desenvolver. Fixérase


o posíbel para lograr a asistencia do maior número de agrupacións
locais de partidos galeguistas e, sobre todo, Irmandades da Fala,
que conformarían a base de militantes fundadores daquel PG.
Quen levou o maior peso no organizativo foi o xa creado Partido
Galeguista de Pontevedra e, mais concretamente, Alexandre
Bóveda, quen sería o seu secretario xeral xunto a Pedro Basanta,
seu secretario xeral.

Segundo boa parte das notas manuscritas relativas a aquel en-


contro e os que previamente se desenvolverían, non hai dúbida

22
algunha de que Bóveda foi fundamental para unir, salvando diferenzas de relevo, aos membros de
ALEX ANDRE BÓVEDA
32 agrupacións galeguistas locais no grande partido galeguista que sería aquel PG. Vi d a , p a i x ó n e m o r t e

Plasmábase esta realidade no editorial d’A Nosa Terra, voceiro na altura aínda das Irmandades da Fala,
posterior á asemblea fundacional do novo partido:

«...Hoxe xa o galeguismo acadou unha unión ausoluta, unha direición única, un


programa moderno y avanzado e unha discipriña (...). Homes de diversas tenden-
cias políticas relixiosas que coinciden en apreciar de igual maneira o problema polí-
tico da nosa terra e axúntanse baixo unha maneira común, a bandeira da redención
galega...».

Desde a constitución do PG, Alexandre Bóveda xogará un papel determinante. Primeiro como secreta-
rio de organización e, ao pouco, como secretario xeral, ficará encargado da representación pública do
partido, da súa expansión, así como en clave interna da súa cohesión. Bóveda representaba o cadro mi-
litante que daba cohesión ao Partido, o secretario xeral que aclaraba posicións e o teórico que axudaba
á formación doutros compañeiros e compañeiras de partido e soños. Xunto a el un equipo extraordinario
de mulleres e homes, como Castelao, Ánxel Casal, María Miramontes, Lois Tobío, Víctor Casas, Ramón
Otero Pedrayo, Johan Carballeira, Ricardo Carvalho Calero e tantas e tantos outros.

Un Estatuto para unha Galiza autónoma

A vida de Alexandre Bóveda, ao igual que o será a súa morte, é indisociábel do nacionalismo organizado,
e dentro deste será clave a consecución dun Estatuto de Autonomía para Galiza. A necesidade dun mar-
co xurídico-político que pautase o día a día do noso país, dando cobertura ás características nacionais da
nosa Terra foi entendida como prioritaria polo PG desde a súa fundación.

Ora, en rigor, a campaña pro-Estatuto artellaríase antes da existencia do PG. Nomeadamente foron
os rexionalistas da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) do coruñés Santiago Casares
Quiroga e doutra dos nacionalistas, daquelas aínda nucleados arredor das Irmandades da Fala.

Sobre esta realidade, desenvolveríase á altura do 4 de xuño do 1931 na Coruña unha xuntanza que,
baixo a iniciativa da Federación Republicana Gallega FRG-ORGA, deu cabida a rexionalistas e naciona-
listas para procurar un ante-proxecto de articulado estatutario base de cara iniciar discusión sobre a
cuestión. Unhas discusións que na propia asemblea se suscitarían a partir da confrontación realizada
entre tres proxectos previos de Estatuto, a saber: Bases para un proyecto de Estatuto Gallego, Proyecto
de Bases e o Antreproyeito de Estatuto da Galiza.

23
O primeiro texto era da autoría do Secretariado de Galicia en Madrid, o segundo do Instituto de
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
Estudios Gallegos coruñés e o último do Seminario de Estudos Galegos (SEG). O debate daría como
resultante uns acordos mínimos, mais o feito de que só se dera cita na asemblea militancia da
ORGA e do galeguismo, sería deslexitimada polas restantes forzas operativas na Galiza, saldando
o encontro en fracaso.

Con todo, non é menos certo que o debate serviu para que a cuestión estatutaria tomase dimensión
social, posto que das propostas levadas á asemblea publicáronse notas de prensa e comentarios,
para alén do desenvolvemento de actos públicos de presentación,
a partir dos cales a poboación reflexionaba sobre a autonomía de
Galiza; doutra banda esta xuntanza contribuíu daquelas que organi-
zacións, entidades e persoas que non estiveron na mesma se pro-
nunciasen após a súa celebración sobre a necesidade ou non dun
Estatuto para Galiza, cousa que non ficaba, nin moito menos, clara
para a maioría social.

E xa neste encontro Alexandre Bóveda tería un grande protagonis-


mo, aínda sen estar presente no mesmo. E é que foi a súa achega
central para un dos tres anteproxectos de Estatuto confrontados
naquel encontro, nomeadamente o redixido pola seizón de cen-
zas sociaes, políticas i-económicas do SEG, e por extensión para a
cuestión estatutaria no seu conxunto. Alexandre Bóveda, que can-
do estaban a se iniciar estas discusións estatutarias viña de atrás
realizando estudos arredor do que achegaba en impostos Galiza ás
Factura da Imprenta Nós ao PG.
arcas do Estado e do que este invertía na Galiza, demostrou con
cifras a desfavorábel relación económica do país co Estado español. O resultado e conclusión destes
traballos sería introducido como texto introdutorio do articulado estatutario presentado polo SEG,
asinado polo propio Bóveda xunto a Valentín Paz Andrade, Vicente Risco, Lois Tobío, Ricardo Carvalho
Calero. No que se podía ler que aquel texto non se realizaba para xustificar feitos, como a personali-
dade nacional da Galiza, nin lembrar que a nosa nación foi:

«... próspera i-europea antes de realizada a inxusta uniformidade nazonal que pa-
decemos, senón [para] saber si (ainda ca vagaxe grandemente gravosa que temos
d-herdar d-unhos cantos séculos de centralismo) o réximen de autonomía integral
que propoñemos nos convén, ou non...».

Este anteproxecto constaba de sete títulos, o primeiro deles titulado “Do Estado, territorio e cibdadáns
da Galiza” que encetaba cun artigo primeiro no que se podía ler “A Galiza é un Estado libre drento da

24
República Federal Española”. Desde este intre podemos aseverar que Bóveda estará presente, como
ALEX ANDRE BÓVEDA
peza fundamental, en todo o deseño e desenvolvemento do proceso de elaboración e final redacción Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
do Estatuto de Autonomía de Galiza.

Após a devandita xuntanza coruñesa, outras se sucederon. Ora, da man dos deputados galegos na
cámara baixa do Estado, da denominada minoría galega, o sector republicano e galeguista destes,
representado por Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo, Lois Peña Novo, Emilio González López,
Ramón Otero Pedrayo e Daniel R. Castelao, promove en xullo un novo texto a partir dunha xuntanza
que se desenvolve na Coruña. Logo desta reunión, na que non se chega a acordo sobre texto nin-
gún, o que si se decide é tomar este tema coa suficiente constancia como para desenvolver varios
encontros en Madrid, dado o encontro duns e outros parlamentarios na Villa y Corte. Os nacionalis-
tas, aínda sen organización unitaria e que viñan de tirar cinco actas nas eleccións xerais ás Cortes
españolas do 28 de xuño –Ramón Otero Pedrayo, Daniel Castelao, Antón Vilar Ponte, Valentín Paz
Andrade e Ramón Suárez Picallo- , ao estaren en minoría verían desbotada a maior parte das súas
propostas, cousa que tamén acontecerá, entre outras reunións, na desenvolvida o 15 de outubro.
Aquela experiencia servira, en todo caso, para tornar obvia a imposibilidade de integrar no proceso
de redacción do Estatuto galego, e para que este cobrase unha lexitimidade anteriormente inexis-
Anotacións varias de Bóveda.
tente, aos deputados galeguistas e aos de ideario conservador
electos polas circunscricións galegas.
A dirección do Partido Galeguista de
Pontevedra, nunha nota asinada por
Pedro Basanta e Alexandre Bóveda
sinalaba:

«...iste Comité considera (...)


unha obriga decrarar (...)
con toda lealtade, que como
no (...) proyeito apenas foron
recollidas algunhas das nosas
arelas, o Partido Galeguista non
renuncia a seguir loitando, con
mais pulos ainda, pol-o trunfo de
todas as que integran o seu pro-
grama, nin pode comprometer a
sua inteira libertade de fiscalizar
a xestión dos que no seu dia sexan
chamados pol-o pobo a rexir os des-
tinos de Galiza».
25
Dada a experiencia citada, abrirase unha paréntese no proceso estatutario que na práctica represen-
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
taría a conxelación deste. Pasarían os meses e non se albiscaría actividade pro-Estatuto ligada ás ins-
titucións. Coa chegada da primavera do 1932 chegaría, aliás, a primavera fértil para o proxecto dunha
Galiza autónoma. Daquelas, baixo a iniciativa de Alexandre Bóveda, secretario, xa, de organización do
novo e unitario Partido Galeguista e Enrique Rajoy Leloup, edil do concello de Compostela, o 19 de abril
Raimundo López Pol, alcalde de Compostela, chega ao convencemento da necesidade de reactivar
o proceso estatutario. Nesta orde de cousas a cámara municipal compostelá, recollendo as suxes-
tións de Bóveda e Leloup, aproba, con data 27 de abril, convocar unha xuntanza en Compostela de
todos os concellos do país para debateren arredor do que tería de ser o texto definitivo do Estatuto de
Autonomía. Acontecía isto un mes despois de botar andar a Caixa de Aforros Provincial de Ourense,
baixo as mesmas instrucións que dera Alexandre Bóveda para a creación da Caixa de Aforros Provincial
de Pontevedra tres anos atrás.

Após a devandita convocatoria e a adhesión da maioría dos concellos de Galiza á iniciativa compostelá,
marcaríase data para o desenvolvemento dunha xuntanza preparatoria da que logo pasaría a se deno-
minar Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto; asemblea esta que representaría o último chanzo
diante do proceso de redacción do articulado do Estatuto. Tres eran os puntos a tratar da orde do día
naquela xuntanza:

a) Proxecto de Estatuto que había de ser sometido, como ponencia ofial, á Asemblea de concellos.

b) Regulamento da Asemblea.

c) Organización da propaganda do Estatuto.

Esta xuntanza preparatoria, representativa dos elementos políticos, administrativos, económicos e cul-
turais que constituian a vida social da Galiza na altura, desenvolverase o 3 de xullo de 1932 no Paraninfo
da Universidade compostelá. Encetaba ás once da mañá esta asemblea coas seguintes palabras de
Raimundo López Pol:

«Señores, por ter sido esta Comisión a que vos convocou aquí, diríxome a vós no seu
nome para vos agradecer o entusiasmo co que tedes correspondido ao noso convite.
Tamén vos dou as grazas en nome da nosa Terra porque viñerades comezar a labor
redentora, a organizar o noso Estatuto; para que a Terra sexa libre (...) adiántome
a asegurar que o Estatuto galego (...) será pronto un feito».

A partir destas verbas de apertura encetouse o debate arredor de que modelo de Estatuto era o máis
acaído para o país. Era necesario un novo texto? Ou, pola contra, aceptábase algún dos textos xa redixi-

26
dos? Finalmente acordouse chegar a un texto estatutario resultado dos distintos modelos presentados
ALEX ANDRE BÓVEDA
o ano anterior, un texto de carácter transaccional que, harmonizando as diversas tendencias e infor- Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
mándose estritamente na Constitución, recollese o resultado da experiencia parlamentar acumulada co
Estatuto catalán. Para este traballo nomeouse unha comisión parida desta asemblea. A comisión encar-
gada da nova redacción do Estatuto estaba formaba por Salvador Cabeza de León, presidente, Enrique
Rajoy Leloup, secretario, e os vogais Manuel Iglesias Corral, Eladio Rodríguez González, Manuel Lugrís
Freire, Jacobo Arias, Avelino López Otero, Rodrigo Sanz López, Santiago Montero Díaz e Alexandre
Bóveda. Esta comisión remataría o 4 de setembro o traballo para o que fora creada. Presentaba este
novo texto cambios, forzosamente necesarios, sobre o proxecto de máximos defendido polo naciona-
lismo e particularmente por Alexandre Bóveda naquela xuntanza. Xa non se falaba da Galiza como un
“Estado libre drento da República Federal Española”, senón que pasaba a ser Galiza “...una región autó-
noma dentro del Estado español”. Así mesmo, entre outros cambios, se ben no proxecto do SEG equi-
parábase en rango o idioma galego ao español e se marcaba como indispensábel o seu coñecemento
para o exercicio da función pública no país, o certo é que isto último ficaba como unha recomendación
no texto agora redixido.

Estas concesións hai que ter presente que viñan dadas pola necesidade obxectiva do Estatuto para
Galiza ao ver do PG. Esta organización, cunha feble base social na altura, sabía perfectamente que
a adopción dunha posición maximalista no tocante á autonomía, só podía dar como resultado quer a
aprobación dun Estatuto que referendara definitivamente o centralismo estatal, respaldado por unha
mínima autonomía administrativa, quer a parálise definitiva do proceso estatutario no marco do novo
sistema xurídico-administrativo aínda en vías de consolidación. O PG, pulando por unha vía pragmática,
apostou por este texto sacrificando puntualmente parte das súas propostas. O texto tería unha grande
repercusión mediática, dada a súa publicación en distintos xornais, caso de El Pueblo Gallego, A Nosa
Terra, La Vanguardia Gallega, Heraldo de Galicia, El Ideal Gallego, El Compostelano, El Eco de Santiago
e La Voz de Galicia.

A partir deste momento calquera representante podía presentar emendas ao texto. Estas emendas
irían todas a parar a Alexandre Bóveda quen, dunha banda, daría unha orde as emendas, para logo seren
discutidas no plenario da asemblea de concellos, e doutra preparaba, fronte a estas, as argumentacións
para a defensa da ponencia oficial. Neste contexto Bóveda amósase optimista sobre o ritmo do proce-
so. En carta a Rajoy Leloup á altura do 11 de novembro indícalle a este último:

«Vexo que a causa sigue marchando moi ben e que vosté se topa c-uns azos que
animan e consolan».

Uns días antes, concretamente o 1 de novembro, os alcaldes de Compostela, Ferrol, A Coruña, Lugo,
Ourense, Pontevedra, Vigo, Betanzos, Mondoñedo, Noia, Tui, O Carballiño, Lalín e Sarria convocaban a

27
todos os concellos da Galiza á Asemblea na que se daría por aprobado o articulado estatutario que tería
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
que ser sometido en plebiscito ao parecer do pobo galego.

Bóveda remata o seu traballo coas emendas a finais de novembro, segundo indica nun telegrama
enviado a Rajoy Leloup. A partir deste momento só restaba agardar pola celebración da Asemblea de
Concellos.

A Asemblea de Concellos Pro-Estatuto

O 10 e 11 de decembro de 1932 desenvolvíase en Compostela a II Asemblea do PG. Nesta asemblea


distintos puntos foron tratados mais a cuestión estatutario foi a que máis tempo ocupou nos debates;
de tal xeito que nas conclusións programáticas recollidas polo PG nun caderniño apuntaríase que “... o
Estatuto é a meirande preocupación d-estas horas críticas...”. Con efecto, se houbo un partido político
preocupado pola marcha do Estatuto e que traballase sen descanso pola súa consecución ese foi o PG
e, detrás do Partido, cómpre insistir, particularmente Alexandre Bóveda.

O sábado 17 de decembro de 1932 encetaba ás doce e media da mañá, logo dun retraso de hora e
media, a sesión inaugural da Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto. Ao longo de tres días deba-
teríase arredor do texto estatutario que o noso pobo acabaría plebiscitando. Xaime Quintanilla, alcalde
de Ferrol, nomeado presidente da Asemblea non faría o propio por baixa médica e seria substituído por
Bibiano Fernández Osorio Tafall quen se encargaría da apertura do asemblea. En nota xornalística pre-
sentábanse ás primeiras horas do 17 de decembro en Compostela:

«Desde las primeras horas de la mañana se advirtió una desusada animación en


toda la ciudad. Casi todas las casas lucían colgaduras respondiendo a la invitación
que hizo el señor Alcalde en su circular de ayer. A diez de la mañana recorrió las
calles la Banda de Beneficencia ejecutando algunas de sus más escogidas partituras.

Casi en todas las calles había rotuletas dando la bienvenida a los asambleístas y
exaltando el amor a Galicia».

Era un ánimo que parecía presaxiar a boa nova. En xeral foi unha asemblea de grande debate, en canto
temática e duración, na que Galiza, representada a través dos seus concellos -227 con representación
dun total de 319- se xogaba o seu Estatuto. Só dúas cuestións levantaron o ton dos asembleístas: unha
destas cuestións seria a cooficialidade do galego e o español, e a outra a capitalidade da autonomía.
A primeira, combatida a través dun voto particular por Santiago Montero Díaz, bibliotecario da univer-
sidade compostelá, en que facía desaparecer o inicio do punto 4º do anteproxecto de Estatuto en que

28
se dicía: “serán idiomas oficiais na Galiza, indistintamente, o castelán e o galego”. Montero Díaz escu-
ALEX ANDRE BÓVEDA
dábase, para defender esta supresión, no suposto descoñecemento xeral do galego entre a poboación Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
e a falta dunha normativa que unificase o idioma ortograficamente á hora de o utilizar oficialmente con
coherencia e homoxeneidade. Bóveda, convencendo a maioría dos asistentes, defendeu a ponencia de
xeito contundente afirmando que:

«...se non se recoñece a cooficialidade, todas as xentes do agro e do mar terán do


galego a mesma idea que tiveran até agora, é dicir, dunha cousa que non se debe
empregar e que está por baixo doutras», acrecentado que «...a unificación do gale-
go está elaborándose e que nada de particular ten que despois de ser vencido o noso
idioma, máis aínda que polo radio do castelán, por un centralismo imperialista de
catro séculos que perseguiu ao idioma, pode este sufrir unha crise de diferenciación
na escrita, mais isto xa o está salvando a Academia Galega». Factura da Imprenta Moret ao PG.

Ademais, a cuestión da capitalidade foi problemática aínda que menos que a do idio-
ma. Téndose proposto Compostela como capital da Galiza, o alcalde da Coruña, Manuel
Iglesias Corral, propuña a cidade herculina como capital da futura autonomía. Ante esta
polémica Iglesias Corral marcha do debate mentres Bóveda argumentaba en defensa da
ponencia producíndose un grande escándalo. Finalmente dáse un acordo entre o Partido
Galeguista e o Partido Republicano Gallego, extensivo para o conxunto de formacións
políticas presentes na asemblea, que se baseaba no aprazamento da elección da capital
galega. Por último, e salvando estas disensións minoritarias, apróbase o 19 de decem-
bro o Estatuto de Autonomía pola Asemblea de Concellos cun apoio de 209 cámaras
municipais do total de 227 representadas. Todo un éxito do que Alexandre Bóveda tivera
grande responsabilidade, como redactor, representante e defensor da ponencia oficial.
Tal e como sinalara Castelao desde o exilio bonaerense, na Asemblea de Concellos:

«... discutiuse, artigo por artigo, a Ponencia formulada pola Comisión de técnicos,
producíndose debates acalorados e de grande outura, nos que se puxo de manifesto
a vontade férrea e o talento luminoso de Bóveda, herói daquelas xornadas».

Logo da asemblea, a ledicia que sentían todas as persoas que contribuíron ao bo desenvolvemento do
acto era plena. Editoriais, volantinas e cartaces, entre outros medios, foron utilizados para expresar esta
ledicia e transmitirlle ao conxunto da nación o feito histórico que representaba a aprobación do articula-
do estatutario. Podíase ler nun periódico do momento:

«Ya tenemos Estatuto. Ya Galicia dió su primer paso para su liberación del yugo
centralista y se dispone a plebiscitar su Estatuto».
29
ALEX ANDRE BÓVEDA
Do desterro ao éxito autonomista
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
Por aquelas datas Alexandre Bóveda afirmaría no marco dunha conferencia en Vigo, da que se conservan
anotacións autógrafas súas, como a vontade soberanista do PG é ben clara desde o seu nacemento:

«Nós somos un partido nazonalista, un partido que na sua “Declaración de


Principios” proclama a Galiza, a nosa Patria, como célula de universalidade, e dicir
como ente, como tudo orgánico como nazón con personalidade propia, unha arte,
unha economía, unha Historia, un espritu, en suma: unha cultura, conseguintemen-
te, con dereito a se gobernar por sí mesma, a se autodetermiñar, como se dí agora,
na forma que teña por convenente, asegún llo aconsellen os seus destiños historicos
e o seu deber para co mundo».

O camiño estaba xa aberto para atinxir ese goberno propio, cos pasos andados en favor do Estatuto;
restaba só que o texto articulado fose plebiscitado e referendado polas Cortes españolas. Ora, o des-
exado plebiscito, marcado para se desenvolver a finais do 1933, foi conxelado sine die pola vitoria
electoral dunha constelación de organizacións españolistas. Estas, tendo como cabeza a Confederación
Española de Derechas Autónomas (CEDA), imposibilitaron o desenvolvemento normalizado das autono-
mías xa en funcionamento, caso da catalá cun Estatuto en vigor desde o 1932, ou daquelas en vías de
atinxir o teito autonómico, caso galego e vasco.

Unha realidade esta que acontecía cando o PG denunciaba os pactos para a importación cárnica de
España co Uruguai, marxinando e danando gravemente o sector vacún galego, afirmando a través d’A
Nosa Terra, voceiro á sazón do partido:

«... Galiza precisa ser ceibe (...). Si só coa separación absoluta podemos pór a salvo
a nosa Terra do asoballamento central, nós pedimos a separación ausoluta».

E é que o primeiro ano de goberno dese o desenvolvemento das segundas eleccións republicanas foi
especialmente duro para o noso país e, nomeadamente para o nacionalismo galego. Coincidindo con
ese aniversario, e tendo como pano de fondo a Revolución de Asturias, chegará unha nova que deixará
ben preocupado ao Partido Galeguista: Castelao e Bóveda teñen que partir para novos destinos fóra da
Terra como funcionarios do Estado. Tendo praza fixa en Pontevedra os dous galeguistas máis relevantes
naquela altura, veranse destinados fóra do país; Castelao a Badallouce e Bóveda a Cádiz. Obviamente
esta era a resposta dun goberno españolista ao traballo de construción nacional realizado por estes dous
galeguistas, no que as arelas autodeterministas presidían aqueles seus discursos. A isto habería que
sumar diversas detencións ás que serían sometidos cadros nacionalistas, caso de Ramón Suárez Picallo
ou Álvaro de las Casas, entre outros, para alén do peche do periódico A Nosa Terra até febreiro do 1935.

30
Afirmaría Francisco Fernández del Riego nunha carta que reproducimos no presente catálogo en rela-
ALEX ANDRE BÓVEDA
ción a esta onda represiva e o desterro de Bóveda: Vi d a , p a i x ó n e m o r t e

«...a malsana intención de xentes con ficha de pésima catadura moral, conque-
ríu que vostede se atope na necesidade de sair de Galicia. (...) Foron moitos os
avatares porque pasóu o nacionalismo galego dende o seu nacimento e dende que
vostede traballa nas súas fías, e o nacionalismo saíu sempre avante, con máis
folgos e con horizontes máis amplos. Dista vegada non será menos. A laboura terá
que ser, de momento, calada, pero estoirará irremisiblemente na aición que até o
de agora non acadamos. A persecución será o único xeito que se necesita para que
a nosa causa trunfe».

O PG fixo fronte a represión con valentía e fortaleza e Alexandre Bóveda e Daniel R. Castelao segui-
rán na práctica a ter as mesmas funcións, aínda que obrigado o PG a cometer cambios forzosos. Os
esforzos encamiñaríanse decididamente cara a un necesario medre social do Partido, aínda que en
condicións propias dun estadio de clandestinidade, así como cara ao reagromar da cuestión estatu-
taria. Para alén disto, posibilitaríanse diversas xuntanzas con organizacións da esquerda española en
favor dun novo goberno progresista a nivel estatal. Así, na IV Asemblea Nacional do PG do 20-21 de
abril do 1935, este aproba a liña que xa se abrira na anterior asemblea de xaneiro do ano anterior na
que apostaba por atinxir con outras organizacións de esquerdas amplas alianzas republicanas -feito
Bóveda no desterro, 1935.
que, por certo, provocaría a escisión Dereita Galeguista capitaneada por Vicente Risco. Diante daquel
Sentado, terceiro pola dereita.
encontro, Bóveda, que estivera un mes atrás en Galiza facilitando a unidade no marco partidario
de cara a esta asemblea, afirmaría a través
d’A Nosa Terra:

«Imposible, irmáns, que maxine-


des a miña impaciencia e a lon-
gura inmensa d-istas vintecatro
horas vividas co pensamento posto
en Compostela e coa door de non
poder acompañarvos. (...) que-
ro lembrarvos a todos, irmáns, a
gran verdade de que ‘nada hai tan
difícil de adeministrar como un
trunfo’. (...) Poñámonos todos a
dar cumplimento, con entusiasmo
e afervoadamente, aos acordos de
Compostela».
31
Destes acordos o fundamental era a determinación de se integraren os galeguistas nunha ampla
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
alianza partidaria progresista, concretada na denominada Fronte Popular –integrada, entre outros e
para alén do propio PG, polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), Partido Comunista de España
(PCE), Izquierda Republicana (IR) e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)–. O acordo de integra-
ción nesta coalición condicionábao o PG a, no hipotético caso de gobernaren as forzas agora aliadas,
posibilitar de inmediato estas a legalización do traballo favorábel ao Estatuto de Autonomía e a fixa-
ción dunha data, en consecuencia, para a celebración do plebiscito de autonomía que ficara aprazado
desde o 1933. Esta coalición, interesada en sumar forzas, dera o visto e prace as demandas galeguis-
tas. Entre tanto, contra finais do 1935 Bóveda e Castelao, após un
ano de desterro, volven a Galiza, coincidindo, ao pouco, coa caída do
goberno de dereitas españolista responsábel da súa expatriación.
A partir dese momento reanudaríase publicamente a campaña au-
tonomista, parello ao encargo que se lle fixera ao galego Manuel
Portela Valladares de crear un goberno provisorio no impasse creado
até a conformación dun novo goberno, para o que este convocaría
eleccións. O PG convocaría unha nova Asemblea Nacional extraordi-
naria. Para esta, Alexandre Bóveda, secretario de organización, tería
diversas xuntanzas polo país adiante de cara a homoxeneizar liñas e
facer balance do estado interno da organización. Celebrado a finais
de xaneiro este encontro nacional, resolveríase, no seu punto cen-
tral, coa ratificación do acordado con anterioridade: a integración nas
listaxes electorais da Fronte Popular. Para isto internamente faríase
Factura da Imprenta e papelaría votación de candidatos do partido que irían nos, potencialmente,
‘La Popular’ ao Partido Galeguista.
postos de saída da candidatura fronte-populista. Castelao sería apoiado por 1.785 votos e Bóveda por
1.735, ao igual que Ramón Suárez Picallo, con 1.775 e Antón Vilar Ponte, con 1.771, entre outros. A
Fronte Popular, principalmente impulsada desde o PG por Bóveda, Castelao e Suárez Picallo, gañaría
a consulta electoral convocada para o 16 de febreiro do 1936 ás Cortes do Estado, nas que o PG tiraría
tres actas, a saber: Daniel R. Castelao, por Pontevedra e Ramón Suárez Picallo, así como Antón Vilar
Ponte, pola Coruña. Os candidatos galeguistas obterían, en suma, arredor de 400.000 votos. Bóveda
, candidato galeguista por Ourense, non saíra oficialmente electo. Todo apuntaba a un claro amaño
argallado polas dereitas locais, dado que non mantiña relación directa a presenza galeguista na pro-
vincia e o arraigo do propio Bóveda naquela área, cos 25.000 votos que obtivera segundo escrutinios
oficiais en relación a unha acta que iría para José Calvo Sotelo, líder dereitista español. O PG, natural-
mente, tentou impugnar os resultados, mais pouco habería que facer.

En todo caso, Alexandre Bóveda non se enlearía de máis con este asunto. Unha vez constituído novo
goberno no marco estatal, de cariz progresista, procuraría desde o PG que aquel fixara data para o
devandito plebiscito. E así sería: o 28 de xuño sería a data elixida. De marzo a xuño desenvolveríase

32
unha forte e intensa campaña en favor das liberdades da Galiza, diante da que Bóveda sería xunto a
ALEX ANDRE BÓVEDA
Castelao, e Castelao xunto a Bóveda, o binomio estelar. Serían miles de quilómetros que un e outro Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
farían para asistir a mitins, encontros, conferencias etc., nas que dar conta da importancia para o país
dun estadio de autonomía. Xunto aos dous, ducias de militantes galeguistas a nivel local contribuirían a
socializar a mensaxe pro-estatutista. A dimensión daquela campaña foi dun relevo enorme, a dicir dos
resultados oficiais da xornada do 28-X cun 75% de participación: 993.351 a favor do Estatuto, fronte a
6.161 en contra e 1.451 votos en branco. Estes resultados non diferían dos que en 1932 se deran arre-
dor da Asemblea de Concellos de Galiza pro-Estatuto, onde o 65% dos concellos galegos sumáranse á
proposta estatutaria; éxito diante do que Bóveda fora figura central.

Após o plebiscito só restaba, e segundo a Carta Magna republicana, que as Cortes españolas deran
estado parlamentar e visto e prace ao documento estatutario. Para isto, Castelao, Ánxel Casal e Manuel
Gómez Román, naquela altura este último secretario xeral do PG, ficaban en Madrid para lle dar ao
presidente das devanditas Cortes o documento. Este non tomaría estado parlamentar por se producir o
golpe militar reaccionario do 18 de xullo do 1936.

Diante daquel golpe, Alexandre Bóveda ficaba en Pontevedra. Observando o contexto prebélico, o
secretario de organización do PG sería un dos principais responsábeis da resistencia civil e armada
fronte aos golpistas. Realizou unha firme defensa da orde establecida por consulta popular, e ne-
gouse a fuxir do país diante de varias propostas que se lle farían, nomeadamente a formulada polo
seu sogro Xerardo Álvarez Limeses. Segundo os diversos testemuños cos que temos traballado para
recrear o percorrido biográfico de Bóveda naquela altura, podemos afirmar que este foi determinante
Alexandre Bóveda na praza
na defensa republicana e das liberdades no marco da cidade e contorna de Pontevedra. Afirmaba do Concello de Lugo, 1936.
nun seu libro de memorias Evaristo Mosquera,
compañeiro de Bóveda e represaliado pola súa
militancia galeguista, que aínda sendo:

«...moitos [os] detalles que esquecín e


outros que descoñezo, [cómpre] dicir,
porque é de xustiza, que a única orga-
nización gobernamental que existiu na
nosa cidade, partiu de Bóveda e do capi-
tán de Asalto Sr. Rico».

E así foi que por suxestión de Bóveda, e co respal-


do do Goberno Civil, foron de inmediato intercep-
tados os servizos postais e de telégrafos, dos que
se encargaría de contado esoutro cadro do PG cal

33
era Víctor Casas, antes de que os facciosos se fixeran con eles. Desta realidade darían boa conta os
ALEX ANDRE BÓVEDA
Vi d a , p a i x ó n e m o r t e
golpistas coa detención de grande parte dos devanditos resistentes e a definitiva toma de Pontevedra
días despois do inicio do Golpe.

O 20 de xullo Bóveda sería detido e conducido ao cárcere pontevedrés. Logo, levaríano ao presidio
de Ponte Caldelas -tentando aplicarlle os garda civís que o custodiaban a famosa lei de fugas-, e, de
inmediato, ao de Caldas de Reis. Desta última localidade trasladaríano de novo a Pontevedra, para ser
sometido a xuízo sumarísimo que se celebraría o 14 de agosto. No marco desta pantomima afirmaríase
que ao longo do serán daquel día de xullo:

«...se estaban concentrando armas recojidas por las elementos de las organizaciones
marxistas en las armerías de las Capital [pontevedresa] y de las poblaciones de la
provincia, y se armaba a dichos elementos, peligrosos todos ellos por su actuación
y significación societaria, en el edificio y oficinas del Gobierno Civil... todo ello con
ánimo de hacer frente a la posible acometida de las Fuerzas del Ejército ... en todas
estas actividades y como elemento dirigente figuraba D. Alejandro Bóveda, emplea-
do de Hacienda...».

Bóveda, dirixiríase ao tribunal que o xulgaba. Sen esperanza ningunha de salvar a súa vida, e ollando
como se lle impuña como delito manter unha fidelidade férrea aos seus ideais redentores, afirmaría:

«A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente. Xamais a traizoaría, aínda


que se me concederan séculos para vivir. Adóroa alén da miña morte. Se entende o
tribunal que por este amor entrañábel debe serme aplicada a pena de morte, recibi-
reina como un sacrificio máis por ela».

E así foi que, pola súa firme lealdade democrática e galeguista diante do golpe militar, mais sobre todo
polo duro e constante traballo realizado durante a II República en relación á consecución dun estadio
de soberanía para Galiza, Bóveda sería sentenciado a morte, unha pena que foi executada na madruga-
da do 17 de agosto do propio 1936. Como el, Víctor Casas, Xohán Xesús González, Johán Carballeira,
Camilo Díaz Baliño ou Ánxel Casal, entre tantos e tantas outras activistas, anarquistas, comunistas,
socialistas ou nacionalistas, que loitaban pola democracia e unha Galiza de seu, unha Galiza de noso.

34
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María, Alexandro Bóveda, Ir LÓPEZ TORRE, Rafael, El primer Bóveda, Pontevedra,
BIBLIOGR AFÍA
indo, Vigo, 1992. Tekla Comunicación, 2003.
COMPLEMENTAR

ÁLVAREZ GALLEGO, Xerardo, Vida, paixón e morte de MAIZ VÁZQUEZ, Bernardo, Galicia na Segunda. República
Alexandre Bóveda, Edicións Nós, Buenos Aires, 1972. e baixo o Franquismo: 1930-1976, Vigo, Xerais, 1988.

BERAMENDI GONZÁLEZ, Justo, Vicente Risco no naciona- MOSQUERA MARTÍNEZ, Evaristo, Catro anos a bordo dun-
lismo galego, Edicións do Cerne, 1981, 2 vols. ha illa. Memoria dun preso en San Simón, ou un estraño
xeito de vivir a nosa guerra civil, Vigo, A Nosa Terra, 2006.
De Provincia a nación, Xerais, Vigo, 2007.
OTERO, David, Alexandre Bóveda na demanda de restau-
CASTRO, Xavier, O galeguismo na encrucillada republica- ración, Ames, Laiovento, 2009.
na, Deputación Provincial, Ourense, 1985, 2 vols.
RODRÍGUEZ CASTELAO, Daniel, Sempre en Galiza,
CORES TRASMONTE, Baldomero, Las polémicas de Bóveda Ourense, Ediciós As Burgas, 1961.
en la gestación del Estatuto de Autonomía, Sada, Ediciós
do Castro, 1986. Obra Completa, [Epistolario-Tomo IV] Vigo, Galaxia,
2000.
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán, A Asemblea de
Concellos de Galiza Pro-Estatuto, Fundación Alexandre VELASCO SOUTO, Carlos F., Galiza na II República, Vigo, A
Bóveda, 2002. Nosa Terra, 2000.

(Coord.) A Galiza de Bóveda, Cátedra Alexandre Bóveda/ Represión e Alzamento militar en Galiza, Vigo, A Nosa
Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense, 2010. Terra, 2006.

FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, O libro dos amigos, VV.AA. A Galiza de Ánxel Casal, Murguía, Revista Galega
Buenos Aires, Editorial Nós, 1953. de Historia [monografico] nº7-8, 2005.

GUTIÉRREZ, Eduardo, Alexandre Bóveda en A Nosa Terra, VV.AA. Castelao e Bóveda, irmáns, Vigo, A Nosa Terra,
Ames, Laiovento, 2003. 1986.

35
DOS PRIMEIROS ANOS:
A FAMILIA, O TRABALLO
E A MÚSICA
Carta de Luís Conde Valvís a Alexandre Bóveda
Certificado no que Luis
Conde Valvís, Xerente da
empresa “Molinería An-
[Xinzo de Limia, 3 de xuño do 1927] telana” S.A., constata o
Tran scri ci ón bon traballo realizado por
Alexandre Bóveda como
Molineria Antelana (S.A.) contábel da devandita em-
presa.

Ginzo de Limia 3 de Junio de 1927


Orense

Sr. D.

El abajo firmante, Director Gerente de esta S. A. “Molineria Antelana”:

Certifico: que durante todo un ejercicio, (el del año de 1924 a 1925), ha llevado toda la Contabilidad
y hecho el balance de todas las operaciones mercantiles y fabriles de esta S. A. “Molinería Antelana”, el
Tenedor de Libros, Don Alejandro Bóveda con tanto acierto como podíamos desear, quedando satisfe-
chísimos de su actuación, lamentando la ausencia de sus gestiones.

Y para que así conste, libro la presente en la fecha arriba expresada

Gerente, Luis Conde Valvís

Sig n at u ra: 6 / 1 3 0 39
Carta de Mariano Pastor, membro do Orfeón “Unión Orensana”,
a Alexandre Bóveda Mariano Pastor do Orfeón
“Unión Orensana” informa
a Alexandre Bóveda da
[Ourense, 13 de outubro do 1928] conversión a coro mixto
Tran scri ci ón da devandita agrupación.
Aliás, pídelle a Bóveda
Orfeón algunha peza para inter-
pretar para alén de lle
Unión Orensana
demandar a partitura da
peza “Negra Sombra” que
Orense 13 de Octubre 1928
emprestara con anterio-
ridade á Sociedade Coral
S. D. Alejandro Bóveda
Polífonica de Pontevedra.

Amigo Boveda: después de saludarte el objeto de la presente es para rogarte, si ello no te causa
molestia, y puedes, nos mandes alguna obra para “Coro mixto”, ya sea el original para copiarla nosotros
en esta, ó ya sea la copia, abonando nosotros los gastos que esto pueda originar, pues como mismo
ignoras se ha refundido en Mixto este Orfeón.

Al mismo tiempo si es que han terminado con la partitura de “Negra Sombra” me la remites, pues
no tenemos más que esa.

Sin otro particular un abrazo de todos, y tú ordena como gustes a tu amigo.

Mariano

a/c. Baños

Sig n at u ra: 1 / 1 4 8 41
Carta de Celestino Fontoira a Alexandre Bóveda
Desde Madrid Celestino
Fontoira agradécelle a
Alexandre Bóveda ter feito
[Madrid, 8 de abril do 1929] o seu encargo e dálle ins-
Tran scri ci ón trucións para lle enviar un
xiro postal ao médico José
Príncipe, 18 y 20 Pensión Asunción Gómez Sampayo.
Primero Dcha. Todo confort
Teléfono 18.963

Madrid 8 de abril de 1929

Mi querido amigo: Muy reconocido por cuantas molestias te haya ocasionado el encargo que días
antes de venirme te encomendé, nuevamente te escribo para manifestarte que el próximo viernes
salgo para esa de suerte que si tu calculas que antes de esa fecha no puede llegar el giro lo dirijas al
interesado cuya dirección es la siguiente

Don José Gómez Sampayo


medico del Sanatorio de la Consolación
Calle Ríos Rosas- nº 34

Confirmo tu telefonema; diciendo que esperas que el delegado incluya en nota que tu hermano no
se ha presentado lo cual lamento porque quería presentárselo al propio Sánchez Covisa al objeto de
que se interesara más.

Excuso decirte que cuantos gastos te ocasione el asunto debes restarlo de las quinientas pesetas
que importara el giro y si crees que hasta el fin de semana no estará despachado entonces espera a
que yo llegue a esa para evitarte trabajo.

Hasta dentro de unos días, saludos al Coro y recibe un abrazo de tu amigo y reconocido.

C. Fontoira

Sig n at u ra: 1 / 1 8 6 43
Carta de Xerardo Álvarez Limeses a Alexandre Bóveda
Xerardo Álvarez Limeses,
sogro de Alexandre Bóve-
da, escríbelles ao propio
[Pontevedra, 3 de novembro do 1930] Bóveda e a súa dona Ama-
Tran scri ci ón lia Álvarez Gallego diante
da lúa de mel destes ao
El Inspector Jefe seu paso por Lisboa e an-
tes de partir cara a Sevilla.
de 1ª Enseñanza
Pontevedra

3 de noviembre de 1930
Mis queridísimos hijos.

Os escribi a Lisboa el mismo día que recibie [sic] vuestra primera carta diciendonos que os escri-
bieramos alli y puse la dirección Alejandro Boveda-Lista de Correos-Lisboa-Ahora bien esos señores
portugueses no se como tendran organizadas ni como recibieron esas cosas y esos [sic] será la causa
de que no os hayan entregado la carta que por alli estará archivada. Por cierto que iba escrita en lengua
castellano-galaico-portuguesa para que no os molestarais ninguno de los conyuges ni vuestros actuales
convecinos. Siento que no la hayais recibido principalmente por la preocupación que esto supondrá para
vosotros y temo mucho que con esta ocurra algo parecido por las muchas fechas que tardan las cartas
de aquí a Sevilla por lo cual voy a telegrafiaros hoy de madrugada a la lista de Correos de Sevilla para
que por lo menos sepais que a Dios gracias estamos bien. Ya de ir a Sevilla creo que debeis de ir a Cadiz
a ver a los tios y luego pensais en lo que haceis porque me parece que estais gastando mucho dinero
y luego os encontrareis sin él.

Mucho me alegran las noticias que me dais sobre todo por saber que tan bien estais de salud y tan
bien lo pasais. Aprovechaos que esta temporada es unica en su clase y despues ya no faltaran trabajos
y preocupaciones.

De casa os dire que todos a Dios gracias estamos perfectamente y vuestra hermana Lola convertida
en una juerguista que hace salir de sus casillas a su madre, cosa que mucho me alegra. La conquiste
para ir a San Simon a Bayon en el auto de Jose Mª y allá se fueron y ahora el sabado se la llevó a Vigo a
casa de Gerardo y hoy lunes aun no volvieron. Supongo vendran hoy antes de comer. La casa de Gerar-
do nos gustó mucho pues yo la vi tambien ayer que estuve allí en auto para ver el partido con el Eiriña
del cual vale mas no hablar pues después del magnifico que hicieron aqui contra el Deportivo aquello
fue una birria, mejor una vergüenza y es el caso que lo fue para un par de miles de personas que fueron

Sig n at u ra: 1 / 4 9 45
a verlo de Pontevedra ilusionadas con los resultados anteriores. Con dec[i]ros que el Celta con 9 juga-
dores pues uno se disloco un brazo y Rogelio fue expulsado por el arbitro en el primer tiempo ya, aun
les marcaron un goal [sic] en el 2º después de 3 en el primero mientras los 11 nuestros no mojaron esta
dicho todo. Pero la cosa tuvo apariencias de venta por parte de algun jugador y otros como Pepe Buela
hicieron completamente el indio. De manera que no merece el futbol interesarse por él.

Hoy empezamos Felipe y yo las clases de preparación para oposiciones pues tengo ya unas 20
alum[n]as. Tambien Poza anuncia la preparacion en la Escuela Nueva. De manera que tengo ya mucho
trabajo sobre mi.

Por esto no os escribo mas aunque mi gusto seria hacerlo muy extensamente pero me es imposible
por hoy. Por mucho que nos recordeis no puede ser tanto, por lo menos como yo, y creo que por los
demas tambien. Deseo mucho ya veros aquí con vuestra vida organizada y viendonos a diario. Noto
mucho tu falta Amalucha...

Y nada mas. De todos abrazos y besos y mios muy apretados de vuestro amantisimo padre que
mucho os quiere y recuerda.

Si Alejandro no escribio a su casa que lo haga y tu tambien pues se que preguntaron noticias y eso
no esta bien que tengan que hacerlo aqui.

Gerardo

46
DAS CAIXAS
DE AFORRO

You might also like