You are on page 1of 1

e) O relevo de Oceanía

Oceanía é un continente formado por un conxunto de máis de vinte mil illas, na súa maioría
de orixe volcánica ou coralina, dispersas no océano Pacífico.

Oceanía ten unha extensión de 8 942 252 km2. Deste continente podemos destacar:

 Australia, a illa máis grande do mundo. O seu relevo caracterízase polo predominio das
chairas e das terras desérticas. No leste destacan as montañas da Gran Cordilleira Divisoria.

 Outras illas grandes. Ao sur de Australia destacan as illas de Tasmania, que se considera
unha prolongación da Gran Cordilleira Divisoria, e de Nova Zelandia, país formado pola illa
do Norte e a illa do Sur, divididas polo estreito de Cook. Ao norte de Australia está situada
Nova Guinea, que é a terceira illa máis grande do planeta, despois de Australia e de
Groenlandia.

 Os pequenos arquipélagos dispersos polo océano Pacífico. Agrúpanse en tres grandes


conxuntos: Micronesia, situada no Pacífico central; Polinesia, situada na zona máis oriental
do Pacífico, e Melanesia, entre Micronesia e Australia.

o As pequenas illas de Micronesia e Polinesia. Algunhas destas illas son de orixe


volcánica e teñen altitudes elevadas; nalgunhas aínda hai volcáns activos, como en
Hawai. Tamén son moi frecuentes os chamados atois, arrecifes ou barreiras de coral, que
adoitan ter unha forma circular ou elíptica, cunha lagoa interior de auga salgada.

o As illas de Melanesia. Nestas illas rexístrase unha grande actividade sísmica, por iso
son coñecidas como o «cinto de lume do Pacífico». Isto débese ao feito de que están
situadas nunha zona na que entran en contacto dúas placas tectónicas. O relevo destas
illas é de formación recente.

MAPA DE OCEANÍA

You might also like