You are on page 1of 18

PROGRAMACIÓN

DIDÁCTICA: estrutura e
elementos que a
compoñen
G1801056 Formación continua para xefas e xefes de estudos
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019
Evolución dos currículos ao longo das
diferentes Leis
 Lei General de Educación (1970) ou Villar Palasí
 LOXSE (1990)
 LOE (2006)
 LOMCE (2013)
 Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se
describen las relaciones entre las competencias, los
contenidos y los criterios de evaluación de la educación
primaria, la educación secundaria obligatoria y el
bachillerato.
Elementos do currículo actual
 Artigo 6 da LOMCE:
 1. A los efectos de lo dispuesto en esta Ley Orgánica, se entiende por currículo la
regulación de los elementos que determinan los procesos de enseñanza y
aprendizaje para cada una de las enseñanzas.
 2. El currículo estará integrado por los siguientes elementos:
 a) Los objetivos de cada enseñanza y etapa educativa.
 b) Las competencias, o capacidades para aplicar de forma integrada los contenidos
propios de cada enseñanza y etapa educativa, con el fin de lograr la realización
adecuada de actividades y la resolución eficaz de problemas complejos.
 c) Los contenidos, o conjuntos de conocimientos, habilidades, destrezas y actitudes que
contribuyen al logro de los objetivos de cada enseñanza y etapa educativa y a la
adquisición de competencias.
 Los contenidos se ordenan en asignaturas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas y
módulos en función de las enseñanzas, las etapas educativas o los programas en que
participen los alumnos y alumnas.
 d) La metodología didáctica, que comprende tanto la descripción de las prácticas
docentes como la organización del trabajo de los docentes.
 e) Los estándares y resultados de aprendizaje evaluables.
 f) Los criterios de evaluación del grado de adquisición de las competencias y del logro
de los objetivos de cada enseñanza y etapa educativa.
Estándares de aprendizaxe
 Son especificacións dos criterios de avaliación que permiten
definir os resultados de aprendizaxe, e que concretan o que
el alumno debe saber, comprender e saber facer en cada
materia; deben ser observables, medibles e avaliables e
permitir graduar o rendemento ou logro alcanzado.
 O ser deseño contribúe e facilita a realización de probas
estandarizadas e comparables
 Son concrecións dos criterios de avaliación que pretenden
achegar as competencias á práctica docente diaria nas
aulas.
 Pasan a ser o elemento central do currículo sobre o que
orbita o resto de elementos.
Estándares de aprendizaxe
Obxe
Contidos Criterios de avaliación Estándar de aprendizaxe Competencias
ctivos
e  B2.18. Iniciación á linguaxe alxébrica.  B2.6. Analizar procesos numéricos  MAB2.6.1. Describe situacións  CMCCT
f  B2.19. Tradución de expresións da cambiantes, identificando os ou enunciados que dependen
linguaxe cotiá, que representen situacións patróns e as leis xerais que os de cantidades variables ou
g
reais, á alxébrica, e viceversa. rexen, utilizando a linguaxe descoñecidas e secuencias
h
alxébrica para expresalos, lóxicas ou regularidades,
 B2.20. Significados e propiedades dos
comunicalos e realizar predicións mediante expresións
números en contextos diferentes ao do
sobre o seu comportamento ao alxébricas, e opera con elas.
cálculo: números triangulares, cadrados,
modificar as variables, e operar con
pentagonais, etc.  MAB2.6.2. Identifica  CMCCT
expresións alxébricas.
 B2.21. A linguaxe alxébrica para propiedades e leis xerais a
xeneralizar propiedades e simbolizar partir do estudo de procesos
relacións. Obtención de fórmulas e termos numéricos recorrentes ou
xerais baseada na observación de pautas cambiantes, exprésaas
e regularidades. Valor numérico dunha mediante a linguaxe alxébrica
expresión alxébrica. e utilízaas para facer
predicións.
Programación didáctica
 Artigo 27 da RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo
estabelecido no Decreto 86/2015.
 Deberán ser o instrumento de planificación curricular
específico e necesario para desenvolver o proceso de ensino
e aprendizaxe do alumnado de maneira coordinada entre o
profesorado integrante do departamento.
 Son os planos da actividade docente. Ninguén compra
unha casa sen ver os planos antes.
Programación didáctica
 Programación didáctica: feita polo departamento. Afecta a
todos os cursos nos que se imparte clase. É a mesma para 2º
A que para 2º B.
 Programación de aula: é específica para cada grupo. Unha é
a de 2º A e outra a de 2º B xa que os ritmos de aprendizaxe,
a tipoloxía do alumnado é diferente. É a planificación do dia
a día cunha descrición detallada das unidades didácticas:
actividades a traballar, e produtos que se van obter.
 Diario de aula: recolle o traballado cada día na aula, o
resultado da aplicación práctica da programación de aula. De
aquí obteremos os datos para completar a memoria final.
Elementos da programación
 a) Introdución e contextualización.
 Débese recoller a descrición do grupo/s nos que se vai
impartir a programación indicando a tipoloxía do
alumnado. En ningún caso hai que describir o centro ou o
concello
 b) Contribución ao desenvolvemento das
competencias clave. Concreción que recolla a
relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da
materia que forman parte dos perfís competenciais.
 Deberanse elaborar os perfís competencias que son o peso
con que cada competencia contribúe nunha determinada
materia ou área. Forman parte da concreción curricular.
Elementos dunha programación
 c) Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o
curso.
 Trátase de dar uns obxectivos concretos para cada curso. Os
obxectivos de etapa son algo global e que queda lonxe do día a
día nas aulas.
 d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe
avaliable de:
 1º. Temporalización: deberase temporalizar en base ás UD non
segundo os bloques do currículo.
 2º. Grao mínimo de consecución para superar a materia:
haberá que dar un grao mínimo para cada estándar. NON
EXISTEN ESTÁNDARES MÍNIMOS OU ESENCIAIS.
 3º. Procedementos e instrumentos de avaliación: deberán ser
variados e non quedarse coas probas escritas.
Diferenzas ente procedementos e instrumentos de
avaliación
 Procedemento: técnica empregada para medir a aprendizaxe
do alumnado.
 Observacións.
 Entrevistas.
 Revisión de traballos.
 Autoavaliación.
 Instrumento: son os medios utilizados polos docentes, para
obter información de acordo aos procedementos.
 Rexistro anecdótico.
 Listas de control.
 Análise do caderno de clase.
 Probas obxectivas.
Procedementos e instrumentos de avaliación
É moi importante ter claro que os instrumentos non DEBEN SER soamente PROBAS ESCRITAS senón
TAMÉN, e ESPECIALMENTE, outras que evidencien o desenvolvemento competencial. Exemplos:
 Observación das actividades realizadas polo/a alumno/a que permitan valorar esforzo, progresos e logros.
 Exploración por medio de preguntas formuladas/dirixidas polo/a profesor/a durante a clase, que permiten
verificar o grao de concentración e interese do alumnado.
 Avaliación do desempeño: situacións onde os alumnos demostran as habilidades e competencias ante tarefas
xenuínas (aplicar unha técnica de primeiros auxilios, escribir un texto persuasivo, executar unha peza
musical, resolver un experimento seguindo un protocolo...).
 Listas de control ou verificación e escalas: Consiste nunha serie de ítems referidos a características,
realizacións e actividades que requiren que o observador indique simplemente se se realizou ou non unha
conduta.
 Rexistros anecdóticos e diarios de clase.
 Rúbricas. Especifican unha serie de criterios de avaliación reflexando distintos niveis de eficiencia.
 Traballos a realizar fóra de clase: solución de problemas, visitas a lugares, investigación na biblioteca,
entrevistas ás familias, visitas culturais, museos entre outros. Pódense realizar de xeito individual ou en
grupos cooperativos.
 Participación na aula: observación e valoración de actitudes na aula, ante os compañeiros, o profesorado e
ante a propia materia.
 Análise das producións dos alumnos ( resumos , textos escritos, producións orais, traballos sobre saídas,
traballos sobre outros temas propostos...). Deben concretarse aspectos a valorar: orde, limpeza na
presentación dos traballos realizados, calidade na exposición oral: presentación de ideas, prosodia,...
 Intercambios orais cos e entre os alumnos (diálogos, asembleas, postas en común, intercambio de
opinións...)
Elementos dunha programación
 e) Concrecións metodolóxicas que require a materia.
 Falar de como se dá unha clase. Non se trata de facer tratados
pedagóxicos teóricos.
 f) Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar
 Tanto libros de texto como calquera outro material que se vai
empregar, tanto elaborado polo profesorado como outros recursos.
 g) Criterios sobre a avaliación, a cualificación e a
promoción do alumnado.
 Non é repetir os criterios de avaliación senón especificar:
 Criterios de corrección.
 Como se vai obter a nota do alumnado, tanto nas avaliacións parciais
como na ordinaria e extraordinaria.
 No caso da promoción non é copiar a normativa senón falar de que
condición se teñen que dar na materia para, en caso de alumnado
con materias suspensas o departamento pronunciarase a favor da
promoción.
Elementos dunha programación
 h) Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica
docente.
 Trátase dar uns indicadores obxectivos, medibles e fiables que permitan
analizar a práctica docente. O seu resultado trasladarase á memoria anual.
 Non vale con autoavaliacións respostadas polo próprio docente.
 i) Organización das actividades de seguimento, de recuperación e de
avaliación das materias pendentes.
 Especificar como se vai levar a cabo o seguimento e recuperación de
materias pendentes. Establecer un plan de traballo no departamento.
 j) Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado
acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no
caso do bacharelato.
 Só naquelas materias nas que o alumnado se pode matricular en 2º de
Bacharelato e que necesiten dos coñecementos previos doutra de 1º pero
que non cursou o alumnado
Elementos dunha programación
 k) Deseño da avaliación inicial e medidas individuais
ou colectivas que se poidan adoptar como
consecuencia dos seus resultados.
 Especificarcomo se fará a avaliación inicial e que como
se modificará a práctica docente en función das mesmas.
 l) Medidas de atención á diversidade.
 Trátasede especificar que medidas se adoptarán segundo
a tipoloxía do alumnado que poidamos ter: TDAH,
Asperger, TEA, …
 m) Concreción dos elementos transversais que se
traballarán no curso que corresponda.
 Están establecidos no decreto de currículo. Deberase
facer unha concreción dos que se van traballar. Pódese
facer na táboa na que se incorporan os estándares.
Elementos dunha programación
 n) Actividades complementarias e extraescolares programadas
por cada departamento didáctico.
 Especificar aquelas que se poidan facer ou que xa estean programadas.
Sempre poderán xurdir novas ao longo do curso pero logo se incluirán
na memoria final.
 ñ) Mecanismos de revisión, de avaliación e de modificación
das programacións didácticas en relación cos resultados
académicos e procesos de mellora.
 Ao igual que o apartado h, deberanse establecer indicadores
obxectivos, medibles e fiables que permitan analizar o
desenvolvemento da programación.
 Ao longo do curso poden facerse modificacións nas programacións toda
vez vexamos que o programado non funciona. Como se fai nun edificio.
 O seu resultado trasladarase á memoria anual.

You might also like