You are on page 1of 3

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Proba de certificación de nivel intermedio B1


Galego – 2020 –
(Co)produción de textos escritos

Apelidos e nome: …..................................……………………………………........……

PROBA DE CERTIFICACIÓN

Galego
Coprodución e produción de textos escritos

NON ESCRIBA
Uso exclusivo do
corrector
Tarefa 1 Aprox. 30 minutos 12,5 puntos
Tarefa 2 Aprox. 40 minutos 12,5 puntos

………/25
Duración total da proba: 70 minutos

Materiais que se poden empregar durante a proba da mediación escrita:


 Bolígrafo con tinta azul ou negra.

Advertencias para a persoa candidata:

 Os tempos son orientativos.


 Os teléfonos móbiles deben permanecer apagados durante as probas.
 Non se cualificarán aquelas tarefas escritas con lapis ou emendadas con líquidos ou
cintas correctoras.
 Serán penalizadas aquelas tarefas que non se axusten á extensión indicada nas
instrucións.
 Non se cualificará aquela tarefa que estea escrita completamente en maiúsculas.
 Non se avaliarán “borradores” das tarefas.
 A folla empregada como borrador deberá ser entregada ao remate da proba.
 Deberá asinar a entrega desta proba no documento correspondente.
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba de certificación de nivel intermedio B1
Galego – 2020 –
(Co)produción de textos escritos

TAREFA 1: COPRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS (12,5 puntos)

TEMA: ACTIVIDADES PROFESIONAIS

Vostede atopou o seguinte anuncio na web:

BO COMA O PAN
CURSO DE ELABORACIÓN DE PANS
TRADICIONAIS
TRES SEMANAS/45 HORAS
250 euros
25% desconto para persoas desempregadas
Horario
16.30-19.30
Todos os materiais incluídos
Completamente práctico

Inscrición: asociacionpansgalegos.com

Un/ha amigo/a seu/súa está moi interesado/a en formarse nesta actividade. Escríballe un
correo electrónico para darlle consellos e suxestións.

Tempo aproximado para realizar a tarefa: 30 minutos


Debe tratar obrigatoriamente os seguintes puntos:
 Déalle consellos para que se apunte neste curso.
 Fálelle da importancia de formarse e do futuro desta profesión.
Número de palabras: mínimo 100 - máximo 130

Atención:
 Debe tratar todos os puntos da tarefa 1.
 O texto debe respectar o número de palabras indicado.
 Conte o número de palabras e anóteo no exame.
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba de certificación de nivel intermedio B1
Galego – 2020 –
(Co)produción de textos escritos

TAREFA 2: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS (……../12.5)

TEMA:ASOCIACIÓNS
Vostede acaba de participar nesta actividade organizada por unha asociación de
montes de Galicia.

Decide compartir a experiencia desta xornada a través da revista dixital da


asociación. Escriba un artigo para a revista.

Tempo aproximado para realizar a tarefa: 40 minutos


Debe incluír obrigatoriamente os seguintes puntos:
Explique como se desenvolveu a actividade (transporte, comida, plantación, lecer…).
Propoña algunha idea nova para a xornada do próximo ano.
Número de palabras: mínimo 120 - máximo 150

Atención:
 Debe tratar todos os puntos da tarefa 2.
 O texto debe respectar o número de palabras indicado.
 Conte o número de palabras e anóteo no exame.

You might also like