You are on page 1of 9

Física I (2021-2022) Dpto.

Física Aplicada, Universidade de Vigo


(Prácticas)

Práctica 3: Determinación da tensión superficial dun líquido


Área: Física.

Obxectivo: Determinación da tensión superficial dun líquido empregando un


estalagmómetro.

Introdución
Descrición do estalagmómetro: O tensiómetro ou estalagmómetro de Traube é dos
dispositivos máis empregados para a determinación da tensión superficial e
interfacial dos líquidos. Consta dun tubo vertical de vidro cun ancheamento situado
entre un enrase superior e outro inferior, provistos ambos de escalas marcadas
sobre o vidro en divisións arbitrarias. No seu extremo inferior ten un lixeiro
esmagamento (Figura 1).

Figura 1
Mediante unha aspiración sube o líquido (B) dun matraz situado debaixo do
estalagmómetro, ata o primeiro enrasado. A continuación, namentres se deixa fluír
o líquido libremente, contamos o número de gotas que se desprenden, xusto ata que
se alcanza o enrase inferior. A operación repítese de xeito análogo empregando auga
(A) como referencia e anotando o número de gotas desprendidas no seu caso. O
valor da tensión superficial do líquido, sB, coñécese empregando a tensión
superficial da auga como referencia, sA, as densidades, ρB y ρA, e o número de gotas
desprendidas en cada caso, nB e nA.

Nestes experimentos, as gotas do fluído en cuestión flúen lentamente dende o tubo


na vertical. Cada gota que queda colgando ao final do tubo do estalagmómetro acaba
alcanzando o seu máximo volume, que depende do propio líquido. Nese momento,
o peso desta gota alcanza un equilibrio dado pola súa tensión superficial, segundo a
lei de Tate:

mg = 2π rσ (1)

(Esta ecuación presenta un factor de corrección k, que non será necesario considerar
nesta práctica).
Esta ecuación implica que a gota caerá no momento no que o seu peso se iguale a

1
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

circunferencia 2pr multiplicada pola tensión superficial s.

Si consideramos o mesmo capilar (ou o mesmo estalagmómetro) podemos


empregar a seguinte ecuación, para os dous líquidos, de xeito que determinaremos
a tensión superficial do líquido (B ou líquido problema) empregando un de
referencia (neste caso, auga (A)):

2π r mA mB
= =
g σ A σ B (2)

Si consideramos un volume V de líquido (dado polos enrases superior e inferior do


estalagmómetro), temos:

MA nA m A
ρA = ρA =
V , M A = nA m A ® V
M n m
ρB = B ρB = B B
V , M B = nB m B ® V

onde M corresponde a masa total do líquido encerrado entre os enrases do


estalagmómetro e m corresponde a masa dunha gota de líquido que sae do
estalagmómetro,

ρ A ⋅V ρ B ⋅V nA ρ B
mA mB σB = ⋅σA
nB ρ A
nA nB
= =
σA σB ® σA σB ® (3)

e de acordo a ecuación (3), poderemos calcular a tensión superficial do líquido B, en


función da do líquido A.

Método experimental:

i) Hai que introducir o extremo inferior do estalagmómetro en auga, para aspirar ata
que o líquido rebase a marca superior.
ii) Mantendo o estalagmómetro en posición vertical, deixanse fluír gotas de auga,
empezando a contar cando o nivel alcanza a marca superior e ata alcanzar a marca
inferior, anotando o número de gotas de auga nA.
iii) Repítese o proceso cinco veces para calcular a media e a desviación estándar
poblacional de nA.
iv) Sécase o estalagmómetro e repítese o proceso co líquido problema,
determinando o número de gotas nB.
v) Para proceder ao cálculo da tensión superficial do líquido problema, teremos que
calcular primeiro a densidade do líquido problema rB, que se determinará cun un
picnómetro (ver guión da práctica Fis2).
vi) Para calcular a tensión superficial do líquido problema, tense en conta tamén a
tensión superficial da auga, dada pola expresión:

2
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

σ H 2 O = 75, 23 − 0, 0667 ⋅ T 1,20 (dinas ⋅ cm −1 )


(4)

(na que T é a temperatura (°C)).

Haberá que ter en conta a propagación de erros tanto por pasos como por
derivadas.

vii) Con todos os datos, emprégase a ecuación (3) de xeito que pódese determinar a
tensión superficial do líquido problema.

nA ρ B
σB = ⋅σA
nB ρ A (3)

viii) Haberá que calcular o erro do valor obtido mediante as expresións de


propagación de erros correspondentes.

3
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

Ficha 3

Nomes Grupo

Data

1. Indica a precisión asociada a contar gotas:

2. Determinación da tensión superficial do líquido problema


Táboa de datos experimentais:

Gotas de auga Gotas de líquido problema

na nb (g)

"𝒂:
𝒏 "𝒃:
𝒏

" 𝒂 (aleatorio)
∆𝒏 " 𝒃 (aleatorio)
∆𝒏

" 𝒂 (sistemático)
∆𝒏 " 𝒃 (sistemático)
∆𝒏

na ± D na (gotas) nb ± D nb (gotas)

3. Indica a temperatura (e o erro asociado) a que se fixeron as medidas


experimentais:

4
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

4. Calcula o valor da tensión superficial da auga, tendo en conta a


temperatura a que se fixeron as medidas experimentais (ecuación 4) e
indica o cálculo do erro asociado:

5
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

a) mediante propagación de erros

6
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

c) empregando derivadas

7
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

5. Calcula o valor da tensión superficial do líquido problema e indica o


cálculo do erro asociado

8
Física I (2021-2022) Dpto. Física Aplicada, Universidade de Vigo
(Prácticas)

6. Cuestións

1. A natureza dos líquidos fai que o maior número posible das súas moléculas
permanezan no interior do mesmo, de xeito que se minimice a área
superficial. ¿En que forma disporase entón un volume determinado dun
líquido, en ausencia de forzas externas (por exemplo no baleiro)?

2. Algúns insectos poden desprazarse sobre a auga sen afundirse. ¿Que


parámetro(s) deberíamos variar na natureza para que o milagre de Xesús
camiñando sobre as augas fose unha realidade?

You might also like