You are on page 1of 3

LITERATURA

8. LÍRICA MEDIEVAL. A CANTIGA DE AMOR


1. A CANTIGA DE AMOR E A SÚA RELACIÓN COA CANÇÓ PROVENZAL
1.1. CARACTERÍSTICAS DA CANÇÓ PROVENZAL
1.2. CARACTERÍSTICAS DA CANTIGA DE AMOR GALEGO-PORTUGUESA
2. A FORMA DAS CANTIGAS DE AMOR
2.1. TIPOS DE ESTROFAS
2.2. RECURSOS ESTILÍSTICOS

1. A CANTIGA DE AMOR E A SÚA RELACIÓN COA CANÇÓ PROVENZAL


A cantiga de amor galega constitúe unha imitación consciente da cançó provenzal.

1.1. CARACTERÍSTICAS DA CANÇÓ PROVENZAL


A cançó era unha composición destinada ao canto na que o trobador se dirixía á dama para lle expresar o seu
amor. A paixón amorosa deste cumpría todas as leis do amor cortés: desde describir a dama como un ser case
sobrenatural, perfecto na orde oral e física, ata considerarse indigno da súa dona.
Segundo o grao de relación amorosa que o trobador acade coa dama, pode ser simplemente un suspirante que non
mantén ningunha relación con ela (fenhedor), un suplicante que lle prega a súa correspondencia amorosa (precador),
un namorado (entendedor) ou un amante correspondido (drut), estado dificilmente alcanzable.
A virtude da mesura (discreción, humildade, fidelidade e servizo permanente á súa señora) impedíalle ao
trobador pronunciar o nome da amada debendo substituílo por un pseudónimo poético ou senhor.
Canto ao estilo, os sentidos encubertos, os xogos de palabras e o artificio conceptista eran frecuentes.
Polo xeral, a cançó provenzal adoitaba comezar cun canto á primavera ou cunhas notas descritivas desta estación.
A composición desenvolvíase en varias estrofas, onde o trobador expuña os seus contraditorios sentimentos e
eloxiaba as virtudes físicas e morais da súa dama.
Cando os trobadores galego-portugueses compoñen cantigas de amor son conscientes de que se trata dunha
imitación do xénero provenzal. Unha cantiga do rei don Denís comeza dicindo:
Quero eu en maneira de porençal
fazer agora un cantar de amor...

1.2. CARACTERÍSTICAS DA CANTIGA DE AMOR GALEGO-PORTUGUESA


Con todo, a cantiga de amor galego-portuguesa non sempre segue con fidelidade os tópicos do amor cortés, xa
que predomina o amor platónico e a frustración amorosa fronte ao amor físico e ao joi (alegría) da cançó. De aí que
o tema máis frecuente sexa a expresión da coita amorosa, a queixa do namorado. Só se chega ao grao de entendedor
(o de drut ou drudo é privativo das de escarnio e maldicir). Ademais, aínda que nas máis provenzalizantes pode
haber xogos conceptistas, non presentan a artificiosidade formal da cançó e a alusión á paisaxe e ao ambiente
primaveral que servían de preámbulo na cançó, están ausentes nas cantigas de amor galego-portuguesas.

2. A FORMA DAS CANTIGAS DE AMOR


Polo que respecta á forma das cantigas, na Arte de trobar explícase que as composicións constan de varias cobras
ou estrofas (raramente pasan de tres), composta cada unha por un número tamén variable de versos (que reciben o
nome de palavras).
Hai dous tipos de cantigas de amor:
– de mestría: eran consideradas máis perfectas por respectaren o modelo provenzal.
– de refrán: denomínanse así por presentaren un retrouso ou refrán ao final da cobra. Son tan frecuentes nos
nosos cancioneiros coma as de mestría. Presentan trazos formais que son propios da cantiga de amigo
(paralelismo, refrán...), pero manteñen a temática das cantigas de amor.
En canto á rima:
– cando os versos rematan en sílaba grave, fálase de rima femia.
– cando rematan en sílaba en aguda, rima macho.
Nas cantigas de amor, sobre todo nas de mestría, predomina a rima consoante macho, seguindo os modelos
provenzais. Ás veces empregábase o procedemento de macho e femia, alternando versos agudos e graves nunha
mesma estrofa.
Se nunha cantiga aparece un verso solto (sen rima), situado case sempre no mesmo lugar en cada unha das
estrofas, recibe o nome de palavra perduda.

TEMA 8 - 1
LITERATURA

2.1. TIPOS DE ESTROFAS


– cobras unissonans: cando todas as estrofas dunha mesma composición mantiñan un único esquema de rimas.
– cobras doblas: se o esquema de rimas variaba cada dúas estrofas.
– cobras singulars: se o esquema é diferente para cada unha das estrofas.
O verso máis frecuente nas cantigas de amor é o octosílabo e o decasílabo.
Exemplos:
Cobras unissonans Cobras doblas Cobras singulars
Ay mia señor, se eu non merecesse a Ora faz a min mia señor a Un tal home seu eu, al ben tallada a
a Deus cuan muito al ll’eu merecí b como señor pode facer b que por vós ten a sa morte chegada; a
d’outra guisa pensara el de mí b a vassalo que defender b veedes quen é, seed’en nembrada a
ca non que m’en vosso poder metesse. a non se pode, non á u ll’ir c Eu, mia dona. R
Mais soubell’eu muito aml merecer c E faz mi-a merecee viir c
e meteum’ el en o vosso poder c d’Amor, com’ome preso ven. d Un tal home seu eu que preto sente b
u eu jamais nunca coita perdesse. a ¡Nostro señor mi-o sabe ben! d de si a morte chegada certamente; b
veedes quen é, véñavos en mente; b
E mia señor, se m’eu desto temesse, a Muit’en estar a gran pavor a Eu, mia dona. R
u primeiro dr vós falar oí b el dereit’e en me temer b
guardárnm’en de vós virdes i, b d’Amor, onde cuid’a dicer b Un tal home sei eu, aquest’oíde, c
mais non quis Deus que meu mal entendesse, a mal, e onde quero partir, c que por vós moue, vo-lo partide, c
e mostroumi o vosso bon parecer c e averei coit’a sentir, c veedes que é, non xe vos obride; c
por mal de min, e non m’ar quis valer c e non concerto nulla ren d Eu, mia dona. R
el contra vós, nen quis que m’al valesse. a ca eu mi-o mereci mui ben d

E mia señor, se eu morte prendesse a Se me mal ou coita veer, e


aquel primeiro día en que vos vi, b con guisado eu mi-o busquei f
fora meu ben, mais non queis Deus assí, b muit’o ende e mi-o lazerarei f
ante me fez por meu mal que vivesse, a Mais mia señor faz seu pracer g
ca meu valvera a mi mais que prender c (pois que me ten en seu poder), g
mort’aquel día que vos foy veer c que mefaz entrar en prison h
e que vos eu visse nen vos coñecesse. a u me non jaz se morte non. h

Tod’eu farei, quanto quiser e


mia señor, que de face-l-ei. f
pero ¿con que ollos irei f
ant’ amor, e a seu poder? g
¡Tan grave m’é de cometer g
que mi-o non sab’o coraçon h
nen mi-o sab’outren, se Deus non h

2.2. RECURSOS ESTILÍSTICOS


Os seguintes recursos aparecen principalmente na cantiga de amor e tamén na de escarnio e maldicir, aínda que
tamén ás veces na de amigo:
– Dobre: repetición dunha mesma palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos dentro da mesma estrofa
(exemplo en negriña).
– Mordobre: repetición de palabras (dentro dunha estrofa) que comparten o mesmo lexema. O que varía son os
sufixos (exemplos na primeira estrofa e na fiinda .....).
– Atá-fiinda: encabalgamento entre estrofas. O verso final dunha estrofa continúa no primeiro verso da
seguinte estrofa (exemplo subliñado entre a primeira e a segunda estrofa).
– Fiinda: especie de conclusión ao final da cantiga onde se resume o tema principal. Consta habitualmente de
dous ou tres versos (exemplo enmarcado).
Meus amigos, moito mi praz d’Amor Mais esso pouco que eu vivo for,
que entended’ora que me quer matar pois assí, non me quero queixar
pois mi-a Deus non quis nen mia señor, d’eles: mais el seja seu traedor
a que roguei de me d’el amparar; se me non mata, pois non poss’achar
e por en quanto m’el quiser matar que(n) me ll’ampare; e se me d’el queixar
mais cedo, tanto ll’o mais gracirei Deus non mi valla, que eu mester ei:

ca ben me pode partir da maior Ca, pois m’eles non queren emparar
Coita de quantas eu oi falar, E me no seu poder queren leixar
desque eu fui, muit’i á, sofredor: Nunca outren emparado serei
esto sabe Deus que me foi mostrar
ua dona que eu vi ben falar
e parecer –¡por meu mal, eu o sei!–

TEMA 8 - 2
LITERATURA

Ca miut’i á que vivi a pavor


de perder o sén, con mui gran pesar
que vi despois; e por én gran sabor
ei da mia morte, se mi-a quiser dar
Amor e a que me fez gran pesar
veer d’aquela ren que mais amei. Fernán Vello

TEMA 8 - 3

You might also like