UD2 Modelo EE-R

You might also like

You are on page 1of 11

Modelo E-ER

Aparece para completar o modelo ER e darlle maior contido semántico.

CONCEPTOS DO MODELO E-ER

SUBCLASES, SUPERCLASES
Unha entidade tipo representa un conxunto de entidades (instancias) do mesmo tipo,
pero este conxunto de entidades pode ser dividido en subconxuntos que precisan
tratamentos distintos. Por exemplo a entidade tipo EMPREGADO podería
descompoñerse en subgrupos atendendo a distintos parámetros:

 En función do posto que desempeñan, pois cada un require un tratamento


distinto:
o Secretarios/as
o Enxeñeiros/as
o Técnicos/as
 En función de si son ou non xefes de proxecto, pois estes últimos van ter
unhas atribucións distintas os que non o son.

 Segundo o tipo de contrato


o Asalariados
o Numerarios

O conxunto de entidades (instancias) de cada subgrupo anterior son un subconxunto das


entidades da entidade tipo EMPREGADO. Ou sexa, que non pode existir ningunha
entidade (ítem, instancia) nos subgrupos que no exista no grupo global.
SUBCLASE, SUBTIPO: cada un dos subgrupos anteriores son subclases da entidade
tipo EMPREGADO, e esta é a SUPERCLASE o SUPERTIPO.
Á asociación entre a superclase e calquera das subclases chámase É-UN / UNHA. Pois
dise “unha secretaria E UNHA empregada”

Unha instancia dunha subclase representa á mesma entidade do mundo real que a
superclase. A secretaria “ANA” e a mesma que a empregada “ANA”.

DEPARTAMENTO (1,N ) T r a b a lla p a r a (1,1) EMPREGADO


N_Dept NSS
Nom e (alter) Nome
Ubicación (Multiv) Apel1
Apel2
Enderezo
Sexo
Data_Nac
Tipo_Empregado

Tipo_Empregado
E UN
E U
N

d
E UN d

SECRETARIA TECNICO ENXEÑEI RO XEFE PRX. ASALARIADO SUBCONTRATADO


PulsacionsPM Grao Tipo Soldo Prezo_Hora

(1,N)

É xefe de

(1,1)

PROXECTO
N_ Prox
(0, -) Participación parcial
Nom e (alter )
(1, -) Participación t otal Ubicación

Calquera que pertenza a calquera das subclases non deixa de ser un EMPREGADO.

Herdanza atributos: tódolos atributos da superclase son herdados polas entidades das
subclases. Cada instancia dunha subclase terá tódolos atributos da superclase e os da
propia subclase. Así unha secretaria terá os atributos da superclase EMPREGADO,
máis o propio da subclase: Pulsacións_PM.

Herdanza de relacións: as entidades das subclases herdan tódalas relacións da


superclase. Así unha SECRETARIA terá que pertencer a un departamento, pois non
deixa de ser unha EMPREGADA máis.
Chave dunha subclase: a chave de calquera instancia dunha subclase é a mesma que a
que a da superclase, pois ó fin e o cabo estase a falar da mesma entidade real. Así, se a
empregada ANA ten por NSS, “abc123.” a secretaria ANA (a mesma persoa) terá o
mesmo NSS “abc123.”

ESPECIALIZACIÓN

Proceso polo que se definen un conxunto de subclases dunha entidade tipo (a


superclase). A especialización débese realizar solo nos seguintes casos:

* Existe un subconxunto de entidades que teñen atributos que non os teñen


as demais entidades.

* Existe un subconxunto de entidades que participan dunha relación da que


non participan as demais instancias da entidade tipo.

No exemplo anterior fixemos tres especializacións distintas:

- En función do tipo de traballo (Secretaria, Técnico e Enxeñeiro)


- En función do tipo de contrato que teñen (Asalariado ou Subcontratado)
- En función de si e xefe de proxecto ou non.

Cuestións:
o 1.- Que pasaría cos atributos das subclases do modelo anterior se non se
realizase a especialización?

o 2.- Como se modelaría a relación que asocia Xefes de Proxecto con


Proxectos en ER.
XENERALIZACIÓN

Proceso inverso ó de especialización, consiste en identificar as características comúns


(atributos e relacións) de varias entidades tipo e xeneralízanse nunha SUPERCLASE
simple e as entidades tipo orixinais dan lugar a SUBCLASES.

C OC H E C A M IO N
I D _V ehi cul o I D _V ehi cul o
N _C hasi s (al ter ) N _C hasi s (al ter )
V _ M ax Tonelax e
N _pax P rez o
P rez o

V E H Í C U LO
I D_ V ehi cul o
N _ C hasi s ( al ter )
P rez o

E UN

C OC H E C A M IO N
V _ M ax Tonelax e
N _pax

Para a definición das subclases trátamos de establecer o mecanismo que permita


identificar que instancias da superclase pertencen a cada unha das subclases. Existen
dúas formas:

Subclases definida por atributo ou predicado: neste caso hai un atributo na


superclase que indica a que subclase pertence. No exemplo dos empregados, existe un
atributo Tipo_Empregado na superclase que permite discriminar si é SECRETARIA,
TÉCNICO ou ENXEÑEIRO.
Subclases definidas por usuarios: na superclase non hai ningún atributo nin
condición que permita asociar unha entidade a unha subclase. Neste caso será o usuario
que decida en que subclase introducir a instancia en cuestión. No exemplo dos
empregados para saber se é ASALARIADO ou SUBCONTRATADO non hai ningún
atributo na superclase que axude a discernir, por tanto, é o usuario quen coloca a cada
quen na subclase correspondente.

RESTRICIÓNS

 Restrición de disxunción, exclusión (sen solapamento): dáse cando as subclases


non teñen ningunha instancia en común, isto é, unha instancia da superclase só pode
aparecer nunha das subclases, represéntase cunha (d). Se non fose así, e unha
mesma entidade é membro de máis dunha subclase entón dise que son solapadas,
conxuntas ou inclusivas, represéntase cunha (o) [Overlay]

 Restrición de completitud: esta pode ser de dous tipos:

o Total: unha entidade da superclase debe ser membro de algunha das


subclases. Un empregado ou é contratado ou é asalariado. Represéntase
cunha dobre liña.

o Parcial: cando hai entidades nas superclase que non son membros de
ningunha subclase. Represéntase cunha liña simple.
Por tanto hai catro combinacións de restricións posibles.

 Disxunta parcial: non todo docente é funcionario ou interino, (pode estar en


prácticas, substituto, etc). Neste caso a especialización está definida por un
atributo.
A mesma especialización representada de dúas formas distintas:
DOCENTES DOCENTES
NIF NIF
Nome Nome
Teléfono Teléfono
Tipo Tipo

d E UN
Tipo Tipo

FUNCIONARIOS INTERINOS FUNCIONARIOS INTERINOS


Anos Post o_Lista Anos Post o_Lista

E UN

Disxunta

 Disxunta total: todo o persoal dun Instituto ou é docente ou é PAS. Neste


caso é o usuario quen vai determinar quen pertence a cada subclase.

PERSOAL PERSOAL
NIF NIF
Nome Nome
Teléfono Teléfono

d
E UN

DOCENTE PAS DOCENTE PAS


Categoría Estudos Categoría Estudos

E UN

Disxunta

ou Participación total
Toda xeneralización que ter completitude total, pois todas as entidades da
superclase saíron das subclases.

COCHE CAMION
ID_Vehicul o ID_Vehicul o
N_Chasis (alter ) N_Chasis (alter )
V_Max Tonelaxe
N_pax Prezo
Prezo

COCHE
ID_Vehicul o
N_Chasis ( alter)
Prezo

E UN

COCHE CAMION
V_Max Tonelaxe
N_pax

 Solapada parcial: toda persoa pode ser estudante e traballador ó mesmo


tempo, pero tamén pode que estea no paro e non estude. Unha persoa pode
non aparecer en ningunha das subclases, nunha delas ou nas dúas
simultaneamente.
PERSOA PERSOA
NIF NIF
Nome Nome
Teléfono Teléfono

o
E UN

ESTUDANTE CURRANTE ESTUDANTE CURRANTE


Estudios Oficio Estudios Oficio

E UN

 Solapada total: un ciclista, polo mero feito de selo, debe practicar como
mínimo unha das modalidades que existen, (aínda que existen moitas, neste
exemplo imos supoñer que só existen dúas). Co cal ou fai estrada ou
montaña ou fai as dúas.
CICLI STA CICLI STA
NIF NIF
Nome Nome
Teléfono Teléfono

o
E UN

ESTRADA MONTAÑA ESTRADA MONTAÑA


Desarrollo Acidentes Desarrolo Acidentes

E UN

Participación t otal

Xerarquías de especialización.
Unha subclase pode ter subclases, formando unha xerarquía, por tanto unha subclase
non só herda ós atributos e relacións da superclase inmediata, senón que de tódalas
superiores.
O seguinte exemplo amosa o tipo de persoas que se podería atopar na Universidade.
PERSOAS
NI F
Nome
Teléf ono

Estudante 3º Ci cl o ALUMNO EMPREGADO


Ano_1ª _Mat ric. Soldo

(0, 1) d

PROFESOR BECARI O PAS


Tit ora (0, n) Tipo N_de_Ano Grao

I NVESTI GADOR PROFESOR AXUDANTE


I nvest igacións (mult )

(1,n)

I mpart e

(0,n)

MATERI AS
Cod _Materi a
Part icipación t ot al
Mat eria

Como se pode observar cada subclase creouse porque requiría un tratamento


especial (atributos propios ou relacións propias)

Cuestións
1.- Podería deixarse a subclase EMREGADO sen ningún atributo ou relación
propia?

2.- Que atributos terá un INVESTIGADOR?

3.- Que atributos e relacións tería un ALUMNO – PROFESOR AXUDANTE?.

4.- E un PROFESOR – ESTUDANTE 3º CICLO?


5.- Poderíase especializar máis a subclase PROFESOR atendendo a relación que ten
cos estudantes de 3º ciclo e a súa participación na relación.

6.- Cales serían os atributos chave da relación imparte?

7.- Que habería que modificar se desexásemos reflectir cando o profesor axudante
comezou a impartir unha materia e cando a rematou?

8.- Cales son as diferenzas entre os modelos da pregunta 6 e o da 7, que situacións


reflicten da vida real?

9.- Na relación titora, que se reflectiría do mundo real se fose unha relación N:M?
Cales serían as chaves da relación.

10.- Se desexásemos modelar tódalas veces que un estudante de 3º ciclo cambiou de


titor que habería que realizar? Cales sería as chaves da relación titora?

SUBCLASE COMPARTIDA, HERDANZA MÚLTIPLE E REDE DE


ESPECIALIZACIÓN
Subclase compartida: é aquela que ten máis dunha superclase conformando unha rede
de especialización, neste caso a subclase herda todo (atributos e relacións) de tódalas
superclases, isto coñécese co nome de herdanza múltiple.
DEPORTISTAS
NIF
Nome
Teléfono

CICLI STA NADADOR ATHLETA FUBOLISTA


Pedaladas /min Tempo _1000 m Altura Posición

TRIATHLON
Pulsacións _pm

(0,n)

Participa

(1,n)

COMPETICIÓNS
Cod
Nome
Lugar Participación t otal

Obsérvese que unha persoa que practique tríatlon é, ó mesmo tempo, un ciclista, un
nadador e un atleta.
Cuestións:
1 Cales serían os atributos chave da relación participa?
2 Modifica o modelo para rexistrar en que posto rematou un triatleta nunha
competición.
3 Pía, é unha triatleta. Cales son os seus atributos?. Modifica o modelo para
indicar os clubs ós que pertenceu Pía e calquera outro deportista ó longo da
súa vida.

1.- NiF y Cod


2.- Posto en la relación Participa.
3.- De pulsacións para arriba, seguindo as frechas.
4.- Entidade Clubs relacionada con Deportistas M:N.

You might also like