You are on page 1of 2

PIRAGÜISMO

Que e o piragüismo:

O piragüismo é un deporte acuático que se practica nunha embarcación.

Existen numerosas especialidades.

Pódese practicar de forma individual é de forma colectiva.

O piragüismo incluíuse como deporte de exhibición nos Xogos Olímpicos de París de 1924,
onde tiveron lugar algunhas exhibicións de kaiak con once piragüistas, e formalizouse como
deporte olímpico nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936.15

Distintas modalidades:

SPRINT: Son as competicións nas que se dá a saída ás embarcacións colocadas en liña e sempre
en augas tranquilas (Nivel I), percorrendo unha distancia sen obstáculos en liña recta no menor
tempo posible. As distancias que se recoñecen como olímpicas son 250, 500 e 1000 metros.

Tamén se poderán realizar probas sobre a distancia de 1500, 3000 e 5000 metros, así como
outras distancias homologadas pola normativa da especialidade, realizándose neste caso en
circuíto ou en liña.

SLALOM: É a modalidade, na cal o do que se trata é completar un percorrido "de augas


bravas", pasando un certo número de portas no menor tempo posible. O casco legal e o
chaleco salvavidas son obrigatorios.

MARATÓN: debe percorrer un determinado percorrido de longa distancia no menor tempo


posible . Durante o percorrido, o competidor deberá realizar un número de porteos
previamente.

KAIAK POLO: O Kaiak Polo consiste nun xogo de pelota competitivo entre dous equipos,
formados por cinco xogadores cada un. Os participantes, provistos de kayak e pa, tentan
marcar goles na portería rival. O casco legal e o chaleco salvavidas son obrigatorios.

PARACANOE: está dirixido as persoas con discapacidade empregan embarcacións


regulamentarias ou especialmente adaptadas. De todas estas modalidades, só as "augas
tranquilas" e o "slalom" están dentro do calendario olímpico
Canoa:

A diferencia do kaiak, en esta modalidade, o padexeiro vai axeonllado, no xeonllo dominante,


para desprazarse, empregase o movemento de cadeira e unha pa con un só lado .

Xirar: Tes que introducir a pa na auga o máis adiante posible e preto da canoa, deslizando a pa
cara atrás cun movemento suave para posteriormente retirala da auga e repetir o movemento
coa outra man. Hai que estirar os brazos e acompañar o cambio de brazada xirando a cintura.

You might also like