You are on page 1of 2

CATABOLISMO DAS GRAXAS

lipasas
Triacilglicéridos (graxas) 3 ac graxos + glicerol
hidrólise
ß -oxidación Fosforilación

Acetil CoA Dihidroxiacetona P

Isomerización
n

Gliceraldehido P
Ciclo de Krebs
Incorporación
vía glicolítica

Acetil CoA

OXIDACIÓN DOS ÁCIDOS GRAXOS

 Os ácidos graxos son degradados a acetil CoA.


 O catabolismo dos ac. graxos ten lugar na matriz mitocondrial e nos
peroxisomas.
 Para que isto poda realizarse os ac. graxos deben ser previamente
activados a acil-CoA e transportados dende o citosol ao interior da
mitocondria.

1. ACTIVACIÓN DOS AC. GRAXOS

 Ocorre na membrana mitocondrial externa.

ATP AMP + PPi

 Ac. Graxo + SH-CoA Acil-CoA (ac graxo activado) + H2O


R-COOH R-CO-S-CoA
 Nesta etapa previa gástanse 2 enlaces enerxéticos do ATP

2. TRANSPORTE DOS ACIL–CoA A TRAVÉS DA MEMBRANA


MITOCONDRIAL INTERNA
 Neste proceso intervén a carnitina, que actúa como
lanzadeira a través da m. mitocondrial interna.

3. ß -OXIDACIÓN DOS AC GRAXOS CUN Nº PAR DE ÁTOMOS


DE C.
Tamén se chama Hélice de Lynen en honor dun dos seus descubridores, e
porque nesta ruta metabólica se van repetindo os mesmos pasos pero cunha
molécula cada vez máis curta.

O proceso consiste na oxidación do carbono ß (C3) da molécula, eliminándose


de forma secuencial unidades de 2 átomos de C a partir do extremo carboxílico
(por iso se chama ß-oxidación). Os fragmentos libéranse en forma de acetil-
CoA.

Cada ciclo de ß-oxidación consta de 4 reaccións enzimáticas:


1. Oxidación do acil CoA formándose un dobre enlace entre os C
α e ß (C2 e C3 da cadea contando dende o extremo
carboxílico). Fórmase unha molécula de FADH2
2. Hidratación do dobre enlace entre o C2 e C3.
3. Oxidación do Cß (C3) convertendo o grupo hidroxilo (-OH) nun
grupo cetona (=O). Nesta reacción fórmase NADH + H+
4. Escisión ou rotura mediante outra molécula de CoA, sepárase
un acetil CoA e queda, un Acil–CoA acurtado en 2 átomos de
C.

 O acetil – CoA incorpórase directamente ao ciclo de Krebs.


 O acil – CoA acurtado en 2 C experimenta un novo ciclo de
oxidación.
 O FADH2 e NADH formados na B-oxidación oxidan na
cadea respiratoria e xeran ATP.

NOTA: A ß–oxidación de ac graxos saturados dun nº par de átomos de C é a máis sinxela. Se


son insaturados require algunhas reaccións adicionais e se teñen un nº impar de C o último
resto da cadea terá 3 C (propionil CoA) e convértese en succinil CoA que ingresa no ciclo de
Krebs.

You might also like