You are on page 1of 9

Signature Not Verified

Digitally signed by Rexistro Entrada Date: 2013.01.16 17:19:36 +01:00 Reason: 2199 Location: Parlamento de Galicia

Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar da ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (EUANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da Cmara, apresenta a seguinte emenda totalidade, de devolucin, dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autnoma para o ano 2013.

I. O Proxecto de Orzamentos para 2013 marca un novo chanzo na traxectoria descendente do 'camio cara o inferno' encetada en 2009 polo anterior goberno do PP encabezado polo mesmo Presidente actual. Dende aquela, o goberno da Xunta de Galiza anda a aplicar de xeito dogmtico e contumaz unha poltica orzamentaria drsticamente restritiva, que agudiza o grave proceso de recesin no que estamos inmersos, no canto de utilizar o instrumental orzamentario para unha estratexia anticclica compensatoria da tendencia contractiva da demanda agregada, estimuladora da recuperacin do gasto social e, portanto, reactivadora do proceso de xeracin do produto agregado de bens e servizos na base econmica da sociedade galega -que debera ser o o bxectivo primordial da poltica macroeconmica de calquer goberno responsbelmente actuante ao servizo da maiora social nun contexto de Grande Depresin como a que est a padecer o conxunto da UE, e maiormente os pases da sua periferia, da que Galiza forma parte.

Dende o 2009, o orzamento da Xunta de Galiza tense reducido nun 26% en termos nominais, que equival a mis do 35% en euros constantes: en s catro anos perdemos mis de un de cada tres euros dos recursos orzamentarios di spobeis inicialmente para finanzar os servizos pblicos e sociais, o investimento na economa real, a xeracin e promocin de emprego, a formacin de CSB, a cultura, o meio ambiente -en suma, o benestar do comn cidadn, que a razn de ser da

existencia dun goberno democrtico. Para este ano 2013, os recursos orzamentarios dispobeis van estar por baixo dos que tiamos no ano 2000: un retroceso aos nveis de 13 anos atrs.

As consecuencias en s catro anos son evidentes: cada do PIB (en mis dun 4%); ascenso incontinente do desemprego (rondaremos un 21% cuns 300.000 parados, boa parte diles sen subsidio ningn, e o 50% no paro xuvenil); rebrote agudizado da emigracin de xente moza (nomeadamente a mis cualificada) con efectos letais nunha demografa gravemente senescente e cun movemento natural regresivo; demouca reiterada e mercantilizacin progresiva da sanidade, o ensino e os servizos pblicos, sociais e culturais; desnutricin at a anemia da investigacin cientfica; exterminio do campesiado e a xente marieira; degradacin dos ecosistemas agrarios e marios. Son s algunhas mostras incontestbeis dos efectos devastadores dun modelo irracional e anti-social de poltica macroeconmica e de criterios de obtencin e asignacin de recursos pblicos.

2. Mais, perante esas nefastas consecuencias evidentes, o goberno galego, no canto de tentar rectificar, reincide, impertrrito, na sua teimuda conduta orzamentaria pro-cclica, e mesmo exacerba as medidas restritivas e autnticas demoucas en eidos que precisamente deberan considerarse prioritarios na asignacin de recursos financeiros pblicos disque tan escasos. Se a cifra global dos orzamentos se reduce nun 7% (10% en termos reais), o investimento cai nun 11% en termos nominais: os gastos de capital dos captulos VI e VII s acadan os 1.362 millns de euros, a cifra mis baixa en termos constantes dos ltimos vinte anos. Se o 'recorte' global dos orzamentos suma uns 655 millns, o do ensino e a sanidade ascende a uns 290, ou sexa, cseque a metade (44%) do total: pero a Xunta afirma que estes son os orzamentos 'mis sociais' da historia -dbese referir socializacin das malversacins financeiras e das millonarias evasins fiscais dos

mis ricos, magnnimamente amnistiadas.

Se os cidadns vtimas dos

desafiuzamentos por impago de usurarias e impagbeis hipotecas fican sen teito, o gasto orzamentario en vivenda, para compensar, cai na metade (45%). Se as redes cvicas e as xentes que labouran na cultura xa estn condeados miseria ou a traballaren gratuitamente (poisque, para este poder, xa se sabe que os artistas e activistas culturais viven do r, como as 'plantas do aire') os orzamentos anda lles reducen o ousxeno nunha cuarta parte (24%). Se boa parte dos servizos de asistencia social franlles botados s costas aos concellos, as transferencias redcenselles por riba agora en nada menos que dous terzos (66%). Se o paro se dispara e -reitermolo- cada vez meirande a porcin dos parados que non reciben subsidio ningn, o orzamento para promocin do emprego, no conxunto dos oito programas nos que se veiculiza, redcese na 'irrelevante' proporcin do 41%: a intermediacin laboral nun 62%; o fomento da ocupacin nun 68%; os servizos de emprego nun 86%; a promocin estrita nun 52% -e, naturalmente, os pouco mis de un centenar de orientadores laborais arestora existentes, iles, todos e todas rua, porque estn de sobro: se non se vai xerar emprego, para qu van comprir orientadores. Ademis, xa dixo o Ministerio da Verdade orwellin ocupante de San Caetano que istes son os orzamentos mis sociais da historia, e quen tente dicir ou mesmo demostrar o contrario ser reo de herexa e condeado fogueira por 'demagogo'.

3. Pois, pesia todo, o GP da Alernativa Galega de Esquerda (AGE) ousa afirmar que estes orzamentos son antisociais. 'Item mis': AGE afirma que o actual, e o precedente tamn, goberno do PP na Xunta de Galiza convirte a poltica orzamentaria -combinada co raquitismo regresivo do seu manexo dos escasos

trebellos fiscais autnomamente dispobeis, e mis coa sua sumisa asuncin do aberrante modelo de finanzamento autonmico- nun instrumento de esplio da cidadana do comn ao servizo e en proveito dunha oligarqua depredadora e dos

seudpodos 'locais' da plutocracia financeira europea, responsbel e culpbel da actual crise sistmica na UE e do brutal empobrecemento e perda de dereitos democrticos efectivos da maiora social, nomeadamente no mbito do Estado espaol e inda mis gravemente no 'territorio' irrisoriamente denominado Comunidade Autnoma galega, que os poderes financeiros e polticos sobranceiros nese Estado deron en convirtir nunha colonia interior. Castelao fixera outrora famosa unha estampa na que unha vaca, coa cabeza reducida a un crneo con cornos, era munxida por un seor con chisteira. No p desa estampa lase: "A vaca galega ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid". Estes orzamentos exemplifican verazmente a trxica actualidade desa situacin, con s un par de retoques. Un, prlle ao tal seor, na chisteira, a identificacin 'banqueiro' -na xenrica acepcin popular do vocbulo, claro. Outro: sustituir no p 'Madrid' por 'Moncloa e Berlin' -San Caetano nen sequer merece figurar na estampa: un simples fielato do trfico espoliador.

4. Porque, de xeito anlogo a como s cando os astronautas, ou se cadra veculos espaciais non tripulados, puideron tomar fotos da cara oculta da la, s daquela os terrcolas puidemos saber e comprender como era realmente e completo ese corpo sideral sen vida, s neste asunto dos orzamentos podemos os 'outsiders' do poder comprendermos a lxica -demonaca, pero lxica ao cabo tamn- da aberrante 'racionalidade' da asignacin de recursos que lles d feito,

debruzndonos encol da sua cara, non oculta, pero si enmascarada: a dbeda autonmica, a sua magnitude, as consignacins orzamentarias para o seu servizo en xuros, amortizacin e 'refinanzamento', e o 'cors de chumbo' ou 'mscara de ferro' en que convirten esa dbeda e o seu servizo as anticonstitucionais normas impostas polos antidemocrticos poderes non electos por sufraxio cidadn que son o BCE, o FMI e o 'directorio' instalado na Comisin da UE -inclundomos na calificacin de anticonstitucionalidade o mesmsimo artigo 135 'reformado' da apenas vixente Constitucin espaola de 1978.

5. A finais do pasado ano 2012, a dbeda pblica acumulada da CAG sobardaba xa os 7.600 millns de euros. Cando, a comenzos do 2009, accedeu presidencia da Xunta o anda agora seu Presidente, a dbeda acumulada que

'herdaba' -poisque 'a herdanza' requilorio patrimonial do seu discurso- non chegaba aos catro mil millns (3.900 e algo). Traduzamos. En 28 anos de autonoma (1981-2009) os sucesivos governos acumularan, e deixaran 'en herdanza' unha dbeda viva de 3.900 millns. E fixrano sen predicaren a 'austeridade', nen fachendearen de 'solvencia', nen inda menos sometrense a ningun dictado de 'consolidacin fiscal'. O 'dictat' da 'consolidacin fiscal' chegou despois, decretada pola 'Troika', precisamente da man do PP -afervoado apoloxeta dela, xa antes de acceder Moncloa. Disque a razn de ser -en realidade, o pretexto- da consolidacin fiscal consiste no obxetivo de 'recuperar marxes de manobra' para as finanzas pblicas , meiante a priorizacin absoluta da reducin da dbeda 'soberana' como obxetivo primordial e sobranceiro da poltica fiscal e orzamentaria. Chegou o actual Presidente a San Caetano, aplicou frridamente esa doutrina -mesmo 'avant la lettre' e antes que no Estado- e o xito foi fulminante: en menos de catro anos acumulou tanta dbeda como deixaran en 'herdanza' de 28 anos de goberno os seus predecesores. Nmeros cantan: o dobre de 3.900 son esactamente 7.800 (s 200 mis ca os 7.600). Dicimos, sen sarcasmo, que foi un xito fulminante da Poltica orzamentaria da Xunta do PP(G), porque precisamente o resultado da 'consolidacin fiscal', en tdolos pases onde se aplica -reparemos por caso en Grecia- esactamente o contrario do obxectivo que proclama perseguir: eleva sistemticamente o endebedamento e a crrega do seu servizo. Por razns tericas que estn nos fundamentos da macroeconoma, e que s ignoran os 'zombies' Stiglitz dixit, non AGE- travestidos en economistas que asesoran ou transmiten as consignas a gobernantes ignorantes ou dispostos a todo para servir aos 'mercados' no canto dos cidadns. Adoita dicir o actual Presidente da Xunta que il non quere homes de negro da UE en San Caetano. Non deben contemplarse nun espello,

porque se o fixesen decataranse de que os homes de negro son iles, mesmamente: non preciso que llelos envie a Troika dende a UE. Mais esta unha custin que non procede debullar nunha simples exposicin de motivos dunha emenda como sta -e que polo demis resultara un malgasto de tempo e espazo desenvolvela eiqui, dada a capacidade de aprendizaxe que demostra ter o actual goberno. Fica, logo, para millor ocasin.

6. S engadiremos un par de dados abondo ilustrativos da 'marxe de manobra' que, ao cabo de xa catro anos, depara o obxectivo da 'consolidacin fiscal' para unha asignacin dos recursos pblicos racional e eficiente tocantes atencin das necesidades prioritarias dos cidadns do comn. Nestes orzamentos para 2013, a magnitude dos recursos que comprir destinar a pagar os xuros (s os xuros, ollo) da dbeda viva ascende a uns 300 millns de euros. Ou sexa, cseque esactamente a cantidade que se lles 'recorta' este ano sanidade e o ensino pblicos. Pero a magnitude destinada a amortizacin desa mesma dbeda sobarda os 830 millns de euros: ou sexa, moi pertio de tres veces a cantidade que se lle resta sanidade e o ensino. En suma, o 'servizo' da dbeda (xuros mis amortizacins) para o ano 2013 ascende a uns 1.134 millns de euros. No ano 2009 a cifra era de 393 millns -ou sexa, pouco mis dunha terceira parte que agora. E isto con 'consolidacin fiscal', 'austeridade' e 'solvencia': magnfico record de eficiencia no resultado desta poltica orzamentaria. Mais inda falta o culmen -como no circo: mis difcil anda. A insuficiencia dos recursos orzamentarios obrigar Xunta -malia todos os seus aspaventos e anatemas tan s retricos contra o endebedamento- a emitir neste ano 2013 dbeda 'bruta' por importe duns 1.480 millns, dos que 640 sern de dbeda 'nova' e -atencin- mis de 830 sern para 'refinanzar' a dbeda que vence: vela o rodopo que succiona as enerxas financeiras pblicas cara un pozo sen fondo e que, de non mudarse rotundamente de estratexia, engulir as finanzas pblicas no que os mis lcidos analistas europeus denominan xa alegricamente un 'camio

cara o inferno'. O camio cara o inferno no que xa estn a economa e a sociedade galegas, e portanto a imensa maiora social dos cidadns, por culpa da irresponsbel, insensata e moralmente incalificbel pauta de conduta da actual Xunta de Galiza na sua poltica fiscal e, sobre todo, orzamentaria.

Todo o devandito, lvanos s seguintes CONCLUSINS:

PRIMEIRA.- O endurecemento dos obxectivos de dficit para as Comunidades autnomas imposto polo Goberno central, trala flexibilizacin acadada para o obxectivo do Reino de Espaa por parte da Unin Europea, supn un exercicio de deslealdade institucional que choca e contradi o principio de lealdade institucional establecido na propia Lei Orgnica 2/2012, de 28 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira. O reparto do obxectivo de dficit para 2013 do conxunto do Estado estabelecido no 4,5% do PIB- atribundolle s Comunidades autnomas un 0,7% do PIB supn sometelas a un ritmo de axuste excesivo e desproporcionado que na prctica vese traducido nunha maior necesidade de recortes e nun deterioro crecente dos servizos pblicos fundamentais sanidade, educacin e servizos sociais.

SEGUNDA.- O Goberno da xunta de Galicia renunciou a calquera proposta dunha maior flexibilizacin por parte do Goberno central e da Unin Europea, do novo obxectivo de dficit establecido para as Comunidades autnomas, que permitir un axuste menos agresivo e sobre todo que fora coherente e recoecera os esforzos de consolidacin xa realizados por estas, n alia do que veen demandando diversas institucins internacionais tan pouco sospeitosas coma o propio FMI.

Deste xeito, os Orzamentos para 2013 ao renunciar ao mantemento dun obxectivo de dficit polos menos igual ao do 2012 do 1,5% do PIB, suponen na prctica perder 275,5 millns de euros de apelacin ao endebedamento neto en relacin co exercicio 2012. O que supn a imposibilidade de refinanciar o incremento en 280 millns de euros do montante da amortizacin da dbeda, forzando deste xeito a continuidade das polticas contractivas do gasto non financiero nunha contorna de crecente recesin econmica.

TERCEIRA.- A consolidacin fiscal na que se enmarca a elaboracin destes Orzamentos para 2013, iniciada en Galicia no 2010, basease exclusivamente na adopcin de medidas pola vertinte do gasto, a travs de recortes e minoracins en cseque todas as partidas ags nas de xuros e amortizacin da dbeda.

Nun contexto no que xunto co desplome dos ingresos tributarios tamn se produce para este exercicio unha importante reducin do recurso ao endebedamento, o Goberno da Xunta segue a se inhibir na adopcin de medidas para o incremento dos ingresos tributarios pola va da creacin de novas figuras impositivas ou da modificacin das existentes nas marxes da capacidade e autonoma fiscais de Galicia, permitindo, ademis a invasin de espazos fiscais propios por parte do Goberno central como no caso do Imposto sobre depsitos bancarios.

Mentres que outras Comunidades autnomas teen adoptado no marco dos seus respectivos Plans econmico-financeiros de reequilibrio 2012-2014, medidas para o incremento da sa recadacin de ingresos a travs do incremento de tipos nos tramos autonmicos e a creacin de novas figuras tributarias, Galicia limitase previsin de melloras nos procesos de xestin e inspeccin tributarias que hai tempo deberan estar acadadas, e paradoxalmente a diminuir as estimacins de recadacin en prcticamente todos os captulos de ingresos dos Orzamentos para 2013.

CUARTA.- O ritmo de reducin do dficit e da estabilizacin da dbeda autonmica imposto pola actual senda de consolidacin fiscal, nunha contorna de grave recesin econmica, xunto coa insuficiencia do sistema de financiamento autonmico, as fortes limitacins autonoma financeira das Comunidades autnomas establecidas polo Goberno central, mais as que se autoimpn o propio Goberno da Xunta, contribuirn ao incremento do deterioro econmico e social de Galicia, convertendo estes Orzamentos nun instrumento perxudicial para a cidadana e ao servizo, unha vez mis, dos poderes financeiros.

A resultas do devandito, o GP da AGE considera que hai razns mis que abondo para rexeitarmos o Proxecto de Orzamentos para 2013 na sua totalidade e reclamarmos a sua devolucin para seren reformulados en termos e condicins socialmente admisbeis e tericamente 'solventes'.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013.

Asdo.: Xos M. Beiras Torrado Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por: Xos Manuel Beiras Torrado na data 16/01/2013 10:53:29

You might also like