You are on page 1of 2

A.N.P.

A A PENA DO EQUILIBRIO
C.E.I.P. Ramiro Sabell Mosquera
Barral s/n, 36860 Ponteareas
http://anpapenadoequilibrio.blogspot.com/
anparamirosabell@gmail.com

Normas do Comedor Escolar


é de funcionamento
-Poden acollerse ao servizo de comedor todos os alumnos matriculados no
centro que así o soliciten e sempre que haxa prazas vacantes.

- Para facer uso do servizo do Comedor Escolar, Os pais/nais/titores legais de


alumnos/as deberán aboar unha fianza de 80€ se se usa diariamente ou 40€ se
se usa por días, sempre que o total de días non supere os 15.Dita fianza se
aboara a final do curso ou será utilizada para cubrir o pago do último mes de
comedor.

-So se admitirá como método de pago a domicilización bancaria, tanto para o


pago do servizo de comedor coma para o pago das actividades. Cando o recibo
sexa devolto terase que ingresar nun prazo de dez días naturais cun recargo de
3%, de non producirse o pago será excluido de todo servizo que ofrece a Anpa.

- Os pais/nais/titores legais de alumnos/as que non son socios da ANPA


ingresarán, ademais da cota do comedor, o importe de 1€ por menú
correspondente ao concepto de “gastos de xestión”.

- Os alumnos inscritos que por enfermidade ou causa maior non puidesen facer
uso do Comedor, terán que comunicalo antes das 14:00h do día anterior. Se así
non fose, cobraríase o servizo aínda que non se vaia facer uso del.

-Considérase horario de comedor de 14:30 a 16:00 horas.Os pais/nais/titores


legais de alumnos/as deberán recoller aos/as alumnos/as á saída de comedor
no horario 15:30 a 16:00 horas. O incumprimento desta obrigación
determinará, adoptar as medidas que legalmente resulten procedentes.

-Todos os alumnos que presenten algunha intolerancia alimenticia (Celíacos,


Alerxias ou intolerancias algún alimento), deben traer o informe médico.

-O comedor escolar comezará o primeiro día lectivo do mes de setembro e


finalizará o último día lectivo do mes de xuño.

- Os alumnos/as de infantil que utilicen este servizo serán recolleitos das súas
aulas polo persoal responsable da súa vixilancia.

-Para calquera asunto relacionado co servizo de comedor, deben dirixirse á


ANPA, en ningún caso ao persoal do mesmo.

http://anpapenadoequilibrio.blogspot.com/
anparamirosabell@gmail.com
Tfn :600790500
A.N.P.A A PENA DO EQUILIBRIO
C.E.I.P. Ramiro Sabell Mosquera
Barral s/n, 36860 Ponteareas
http://anpapenadoequilibrio.blogspot.com/
anparamirosabell@gmail.com

-No horario de comedor os alumnos estarán baixo a tutela dos coidadores de


comedor que serán os seus responsables.

-En caso de calquera incidente, o persoal de comedor atenderá ao mesmo e


chamará ás familias. Ter o seu número de teléfono actualizado é importante.
Non esqueza informar á ANPA se cambiou de número de teléfono.

-En caso de existir algún problema específico, o persoal de comedor informará


os pais/nais/titores legais de alumnos/as.

-Todos os alumnos que fagan uso do comedor, que co seu comportamento


alteren o transcurso deste servizo poderán ser expulsados se os membros da
anpa así o determinan.

-EN CASO DE ACCIDENTE durante o período de comedor, o persoal seguirá as


seguintes pautas:

- Accidente leve: Chamarase ao médico do 061 de garda e actuarase segundo


instrucións. No caso de que o médico aconselle que se traslade ao neno/a, será
acompañado por unha monitora. Avisarase aos pais/nais/titores legais de
alumnos/as, á ANPA e informarase á empresa.

- Accidente de maior consideración: Chamarase ao 061 e avisarase aos


pais/nais/titores legais de alumnos/as inmediatamente. Informarase á
empresa, á ANPA e ao Centro.

-A incidencia quedará reflectida no parte diario.

-Para calquera suxestión ou observación sobre o comedor diríxase á ANPA.

http://anpapenadoequilibrio.blogspot.com/
anparamirosabell@gmail.com
Tfn :600790500

You might also like