You are on page 1of 4

Celsa Barja

Cara a cara con Agripnia

Celsa Barja 2012

Para ver a interpretacin seguir o enlace ao vdeo. Por motivos tcnicos non foi posible escenificar este monlogo como estaba previsto, polo que me axustei o mximo que puiden.

Celsa Barja

Cara a cara con Agripnia

(Unha muller en cama, ao fondo do escenario, dando voltas, non consegue durmir. Noite de insomnio. Aos ps da cama, no chan, unha caixa chea de papeis. esquerda, interpondose entre o pblico e o escenario, unha vent simulando a noite. Unha mesa de noite cun reloxo de area. Penumbra en toda a escena.)

(Incorporndose na cama) Un pobre punto e parte. Bandadas de ausencia outra vez... (Acende unha pequena luz e sinalando a caixa) Unha caixa de cartn dentro de casa s unha caixa de cartn, anda que nela habite a indixencia das mias mans (mira as mans), depositando a cinza do meu nome desfeito, dos meus sonos, da mia ilusin... (Sinala de novo a caixa) Una caixa de cartn un cadaleito sen esquecemento onde non poder descansar... Pero non se pode resucitar sen morrer primeiro... E, s veces, sera mellor resucitar nunha caixa de cartn, debuxarlle vents pechadas ao medo, unha porta pechada bulimia da alma, onde non proia a soidade, (abrazndose a si mesma) onde a urxencia dunha aperta sufoque a referencia dun espello e a vida confla nas coordenadas dun latexo... (Levntase, botando as mans s tempas cun xesto de demencia) Que absurda mana teo de deixar que a palabra conxugue comigo... Son con ela un tndem vomitando contido e distraiome desta caixa, (Mira para a caixa, engurrndose o pixama sobre o peito) onde gardo os remos da vergoa e a desidia de seguir, dende o primeiro recordo expatriado ao abismo do primeiro verso... (Eleva os ollos cara a ningn lugar, lembrando) Al berran os convencionalismos e esa primeira vez na que sentn como queima (apertando os puos como afastando as mans dun lume) o cravo ardendo do silencio... (Empeza a deambular) Como sar do estanque de miasmas que non sacia o apetito da voz? (Berrando)

Celsa Barja

Cara a cara con Agripnia

Como, Agripnia?... A angustia ispe os seus ubres e eu non quero beber... A mia sede est chea de gretas, como o caldeiro de Flaubert... (Axeonllndose fronte caixa) Canta vida nesta caixa! Cartn convertido en fbula fecundada de scubos (empeza a sacar pxinas escritas, tirndoas polo chan), o meu horto de poemas baixo o que xacen as verdades doutro tempo, e a dor de non poder voltar a elas, de continuar mentres o sangue bombee (fai un xesto como de pulo sobrehumn cara a arriba), como un Ssifo empurrando dende o mis profundo de min a gran pedra da palabra que, (botando unha man ao pescozo) cando alcanza o cume da gorxa, volve caer... Si... s veces as palabras son cravos que crucifican as letras involucradas. Fican inconclusas, requiridas nunha pretendida necesidade. (Levantndose e indo cara vent, sinalando ao infinito) Que accidente pode ser a noite, ou a distancia da memoria, ou o sorriso que se desangra tras un choro inelutable... Fxate: fra, espida de voces e pasos, a cidade ofrcese la. E aqu dentro, outra escura madrugada combate co insomnio... (Baixa un pouco a voz) Cheira a feridas esta soidade, tan inasible como todas as soiedades, detida no silencio, tan acougado... (Frega os ollos, resignada) Baixo as olleiras crzanse de dedos os intres, e o corazn, decepcionado, pescuda o xeito de arrancar as pxinas cheas de tachaduras do seu caderno... (Lentamente recolle os papeis do chan, engurrndoos) Si se puideran facer anacos, ou engurrar os seus pargrafos frustrados para queimalos, incineralos ata que non fosen mis que ese polvillo tan ennegrecido como este desasosego que sinto... (Dixase caer ao chan) No me atopo, Agripnia, non... (E mira cara vent) Cada vez apetceme menos asomarme vent, co que me gustaba respirar a noite. Agora xa nin iso... (Berrando, enfurecndose) Que demos vou contemplar deste mundo irto? Placebos de luces, placebos de felicidades, placebos de placebos... Fantasmas oxidados que cobren de artificio os seus descalcificados sos... Espectros de tinta malgastada, sombras brunidas que se consumen por dentro... Vidas negras que corren sen sentido tras as sas conxunturas, vtimas e verdugos do seu propio veleno. Deus! (e tpase a cara) Hai demasiada distancia dende a mia mente ata esa ficcin de corpos... (Abrazando os papeis engurrados) E continome, sobrevvome nas palabras, existo e non existo, (levantndose) regurxito nos versos! Que impotencia preada de morte, que silente me consume, que mordaz me estala mis al deles... (Abrindo os brazos) Ollas? Estou aberta en canle, con cada metade da mia alma en paralelo pedndome que as xunte e non teo forzas para facelo... Estou sen min e sntome diminuta neste non estar da mia carne que foxe sen deixarme nin sequera os tributos do medo. E empezo a chorar, (chora, sinalando ao seu arredor) porque se me enche esta casa de todas esas cousas que non entendo... (Braceando) Combato contra a nada, berro dende o fondo e nacen ouveos mortos... Sobre a araeira da vida esgzome a golpes de latexos insatisfeitos, (deixndose caer de novo) ata caer vencida, indefectible... (Saloucando) Para volver empezar cabalo do choro a galopar amarguras ata darme de focios, outra vez, co meu propio desencontro...

Celsa Barja

Cara a cara con Agripnia

Escoita! (E fai o xesto. Baixando a voz, levntase) O silencio vstese de anxo de escamas e reza un salmo antigo que eu non sei. Pregntasme por que non durmo... Tes razn, parezo unha desterrada do lendario Titicaca... (Pisando o chan) Piso e repiso estas vixilias que son vida e morte apareadas neste corredor de febre onde me doe camiar... Tamn me doe inclinarme sobre as dobras disfnicas, (inclnase sobre si mesma, colle un espello) covarme a min mesma e mirarme cara, mentres no peto do peito agoniza un sono porque se descoseron os bieses das sas albas... Anda que me doe moito mis armarme de valor, agacharme e recoller do chan o que queda da alma. (Fai o ademn) Ai! Non consigo durmir e presinto que se acerca a carantoa de espertar. (Mira cara vent, achgase a ela) Continuar choromicando o seu xugo a vida e continuarei xogando a ser alquimista co padal do seu holograma. No intre no que amenza reafirmarase a soidade, o inaccesible (alza as mans, devagar, como querendo coller algo). Cando a vida esperte, asomar na sa marxe o principio incontrolable do bito... Cada emocin que esperte con el dar sentido ao squito que limita o existir, ao da a da que suma anos e anos (achgase mesa de noite e d a volta ao reloxo de area) E os anos non s debuxan engurras (tcase a cara). Acurralan a carne, atentos aos tropezns dos sonos, multiplican a morria no seu entresoo de cinzas e fume. As sas pegadas son rabuos (xesto de rabuar, como unha pouta) e cada rabuo un lintel, un arco franqueado cara a unha estanza na que todo falta, ata a desidia de contemplarnos alleos, como prfugos cclicos en busca da luz, anda que sexa a sombra feble do pabo acendido en frases soltas... Cos anos, Agripnia, comprendes que a nada chama nada, (garda os papeis na caixa) que antes ou despois se castra a garganta ante un austero leccionario. Anda que sempre haxa un indulto angustia, un aceno que sublie o silencio, un fragmento de penumbra na revertida inocencia. (Lvase a caixa ao lado da cama) Marea de aire co seu refluxo de palabras, inextricable naipe ante o orculo lquido da soidade... E, no centro da vida, a propia compaa, a gran descoecida que sempre evitamos, anda que a enganemos cun sorriso... Que mis d! Creo que xa fun mis al do autoengano, tanto que nin o sorriso pode absolverme... (Sbese cama, preparndose para deitarse) No existes, Agripnia. Para o mundo s es un concepto, un sinnimo para definir a dificultade de conciliar o sono cando xa se debera durmir... Pero eu douche vida, (facendo o xesto de moldear con ambas as das mans), fgoche muller... Somatizo os teus grafemas por puro egosmo, para despousar contigo este vulgar soliloquio envorcado ao inefable... Iso son, un soliloquio de letras cursivas, no que toda a mia tinta se inclina cara a ti. (Ditase, tapada pecha os ollos. Escuridade)

You might also like