You are on page 1of 3

TEMA 4 – Santillana - AS PLANTAS

As plantas diferéncianse dos animais en que fabrican o seu propio alimento. Para facelo
necesitan:
- LUZ: as plantas necesitan a enerxía da luz do Sol para fabricar o seu alimento. Unhas
necesitan máis luz ca outras.
- AUGA: é imprescindible para fabricar o alimento. Unhas necesitan máis auga que
outras.
- AIRE: as plantas necesitan Dióxido de carbono para fabricar o seu alimento.
- TERRA: contén auga e sales minerais necesarias para fabricar o alimento. Ademais, é o
lugar onde medran as plantas.

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Para realizar a función de nutrición a planta necesita:
- Auga e sales minerais.
- Dióxido de carbono
- Osíxeno.
- Enerxía da luz do Sol.
As plantas absorben auga polos PELOS ABSORBENTES.
A mestura de AUGA + SALES MINERAIS = ZUME BRUTO.
O zume bruto ascende polas raíces e polo tallo ata as follas polos VASOS LEÑOSOS.
As plantas absorben dióxido de carbono a través dos ESTOMAS, estruturas que teñen nas
follas.
Nas plantas a nutrición consta de 2 procesos:
- FOTOSÍNTESE:
o Prodúcese nas partes verdes da planta.
o O zume bruto (sales minerais + auga) transfórmanse nunha mestura de auga e
sales chamado ZUME ELABORADO.
o Para que poidan fabricar o seu propio alimento necesitan a luz do sol.
o As plantas captan a luz do Sol grazas a unha substancia verde chamada
CLOROFILA que se atopa nas follas e no talo.
o O zume elaborado lévase ao resto da planta polos VASOS LIBERIANOS.
o Durante a fotosíntese, as plantas liberan OSÍXENO a través dos ESTOMAS.
- RESPIRACIÓN:
o Durante a fotosíntese, as plantas toman DIÓXIDO DE CARBONO e expulsan
OSÍXENO.
o Durante a respiración, as plantas toman OSÍXENO e expulsan DIÓXIDO DE
CARBONO.

A REPRODUCIÓN SEXUAL DAS PLANTAS

A FLOR
É o órgano que se encarga da reprodución sexual das plantas.
- PARTE MASCULINA:
o ESTAMES: teñen unha cabeza chamada ANTERA na que garda os grans de
pole.

- PARTE FEMININA:
o PISTILO: na base ten o OVARIO, que contén os ÓVULOS e no estremo atópase
o ESTIGMA.
Os estames e o pistilo están rodeados pola COROLA, que está formada polos PÉTALOS, e polo
CÁLIZ, que está formado polos SÉPALOS.

A POLINIZACIÓN
É o paso do pole desde as anteras ao estame de outra.
Varios métodos:
- POLINIZACIÓN MEDIANTE INSECTOS:
Os insectos transportan o pole dunhas flores e deposítano noutras.
Son plantas con flores grandes, vistosas, aromáticas para atraer aos insectos.
Moitas producen o NECTAR do que se alimentan os insectos.

- POLINIZACIÓN POLO VENTO:


As plantas fabrican moito pole que o vento transporta.
Estas flores son pequenas e pouco vistosas. Non teñen corola e teñen estames moi
longos.

O FROITO E AS SEMENTES
Despois da polinización fórmase o froito. Os óvulos transfórmanse en sementes.
A función do froito é protexer as sementes e axudalas a que se dispersen.
Tipos de froitos:
- Froitos zumarentos e nutritivos: froitas. As sementes caen con facilidade.
- Outros froitos son moi lixeiros e dispérsanse con facilidade, como os dentes de león.
- Froitos con ganchos ou pinchos, co que se enganchan ao pelo dos animais para
dispersarse.
No interior das sementes atópase un EMBRIÓN, que é unha pequena planta que ten raíz, talo e
unha xema. E contén as alimentos para que se alimente o embrión cando comece a medrar.

A XERMINACIÓN
Cando unha semente cae ao chan e encontra un terreo con suficiente humidade, prodúcese a
xerminación.
A semente ábrese e dela sae a raíz, o talo e a xema.
Cando o embrión comeza a medrar, utiliza os alimentos que contén a semente ata que pode
nutrirse por sí mesma e transformarse nunha planta adulta.

A REPRODUCIÓN ASEXUAL DAS PLANTAS


Na reprodución sexual intervén unha soa planta e a planta filla ten as mesmas características
da planta nai.

TIPOS DE REPRODUCIÓN ASEXUAL


- ESTOLÓNS:
o Talos que medran horizontalmente sobre a terra.
o Cada certa distancia medran novas plantas, talos novos con raíces.
o Por exemplo o amorodo.

- RIZOMAS:
o Son talos subterráneos que cada certo espazo producen talos que saen á
superficie e forman unha nova planta.
o Por exemplo os lirios e o xenxibre.

- BULBOS:
o Son talos subterráneos que están envoltos por follas carnosas.
o Teñen xemas das que saen novas plantas.
o Por exemplo as cebolas ou os tulipáns.

- TUBÉRCULOS:
o Son talos subterráneos que teñen reservas alimenticias e xemas.
o De cada xema pode desenvolverse unha nova planta.
o Por exemplo as patacas.

You might also like