You are on page 1of 2

11 Cervo, 18 de setembro de 2018 SETEMBRO-OUTUBRO

Moi boas, nenas e nenos do noso cole, e benvidos ao novo curso


escolar!
Como moitos xa sabedes, son Puca, a mascota da Biblio, e xa teño
once anos!!
Sei que me botabades de menos, pero estiven de vacacións, coma
vós, e agora veño coas pilas ben cargadiñas para traballar a reo.
Estades preparados para vivir un curso cheo de emocións?
Ata o de agora a Biblio está pechada porque estivemos de obras. Este ano vai haber moitos cambios, todos para
ben!! Xa veredes que bonita e que acolledora vai ser a nosa nova biblio!
Tedes que ter unha pouquiña de paciencia, espero ter todo preparado para a súa inauguración o 19 de
outubro, grazas á axuda de todos vós e das miñas axudantes.
A partir de hoxe porémonos a organizar o novo espazo, encheremos as mochilas viaxeiras de miles de
aventuras, decidiremos que libros recomendarvos para os Itinerarios lectores e poremos a punto os Pasaportes
Lectores e de cine para que podades seguir levando pelis para as vosas casas… en fin, que hai moitas cousas
que preparar, pero non sabedes como nos gusta que sexades vós os que ides a disfrutar con todas as
actividades que xa temos pensadas na nosa cabeciña!

Sabedes cal é o título do noso proxecto deste ano?


“EUROPA ALÉN DE CERVO: CREATING, COMMUNICATING, OUR DIVERSITY WE ARE CELEBRATING”

Vouvos dar unha pista… Seguiremos profundando no coñecemento do noso patrimonio cultural europeo, xa
que estamos dentro dun PROXECTO ERASMUS! Imos seguir intercambiando ideas e traballos con nenos e nenas
de países como Lituania, Polonia, Portugal, Turquía, Grecia e Rumanía. Este ano no eido da POESÍA E O ARTE
DRAMÁTICO. Vámonos convertir en grandes actrices e actores, xa veredes!
Tamén imos seguir traballando cos nosos “colegas” os Escornabots e os Lego! Acordádesvos deles?
Que vos parece?
NON VOS ESQUEZADES DA NOSA CITA, O 19 DE OUTUBRO, DESPOIS DO RECREO!
Como sabedes, vós que tan ben me coñecedes, eu son un pouco argalleira! E ocorréronseme unhas cantas
cousiñas que vos vou propor, para comezar a abrir boca:
As profes, coa vosa axuda van acondicionar o EUROPEAN CORNER e a nova BIBLIOCERVO! Van ser uns recantos
moi especiais para nós, necesarios para a posta en común de todas as actividades que fagamos ao longo do
ano. Xa veredes que bonitos nos quedan! Tamén, coa colaboración dos nenos e nenas de 5º e 6º, celebraremos
o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS, con videoconferencias cos demais países, principalmente PORTUGAL!! Moito
me tarda… e a vós? Teño que ir practicando o Inglés!!
Durante este mes nas tutorías aproveitaremos para profundar sobre a POESÍA, en relación cos valores, facendo
especial fincapé nalgúns como o altruismo e a empatía. Cada titoría creará poemas sobre este tema que
compartiremos posteriormente cos nosos compañeiros e compañeiras do resto do colexio e tamén do resto dos
nosos países amigos.
A partir de aí comezaremos a relacionar a POESÍA co TEATRO, e organizaranse obradoiros de arte dramático,
integrados no currículo, é dicir, no traballo diario das áreas. Podemos comezar dramatizando e teatralizando os
nosos propios poemas e facer a posta en común o día 19 de outubro, que vos parece?
Este día aproveitaremos para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, que este ano adiantamos
debido a que na semana do 21 ao 26 de outubro nos veñen visitar os nosos amigos europeos!!
QUE ILUSIÓN ME FAI!! CANTAS COUSAS PODEREMOS APRENDER CON ELES!
Para esta data tamén vos propoño, aos nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria que
investiguedes sobre grandes DRAMATURGOS EUROPEOS e nos veñades contar todo o que aprendistes á nova
biblio!
Ademais teño unha sorpresiña... os nenos e nenas de 6º vannos representar unha escena da obra “SOÑO
DUNHA NOITE DE VERÁN” en inglés ! Estou desexando velos, seguro que o fan xenial!
Por outra banda, anímovos a participar na SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN , durante o mes de
outubro, do 6 ao 21. Aquí tedes un enlace onde as vosas profes poden entrar a botar un ollo:
https://codeweek.eu/ . Despois xa lles dou eu máis datos !!
Xa a finais de mes, o 31 celebraremos o Halloween e o Samaín!
Ademais destas actividades faremos outras moitas, pero xa se encargan as vosas profes de explicárvolas que,
para ser a primeira carta creo que xa escribín moito e... DOEME A MAN!! ;)
Non quería despedirme sen dar unha especial benvida ás novas lectoras e lectores que veñen por primeira vez
ao noso cole. Espero que vos divirtades e aprendades tanto coma nós coas actividades. Eu estou desexando
coñecervos ben de cerca!!

Agárdovos a todas e todos!


Apertas de ledicia!!! PUCA

You might also like