You are on page 1of 2

Bibliocervo 19/20

Luns, 13 de xaneiro de 2020

Queridas compañeiras e compañeiros, feliz AniNovo! Este vai ser un ano


cargadiño de novidades, entre elas a finalización da renovación de
Bibliocervo.2! A nosa nova Biblioteca! Moito me tarda e de seguro
que a vós tamén! Temos que ter un pouco máis de paciencia, pero a
espera merecerá a pena!
Comezamos o segundo trimestre entrando de cheo no mes da Paz e da
Non Violencia e para iso estamos a recompilar libros moi interesantes relacionados cos valores,
coa igualdade, coa inclusión... que en breve veredes na zona da exposición e que estarán á
vosa disposición para levar en préstamo para a casa ou para a aula. Espero que vos gusten e
aprendades moito con eles! Tamén realizaremos un boletín de recomendacións destas lecturas
para as familias e que poderedes levar o día 30 de xaneiro!
Será tamén neste mes cando darán comezo os dous clubes de lectura
que temos propostos. Será o día 24 de xaneiro, venres, cando
comecemos coa lectura compartida do libro “ O misterio do Torque
de Burela” de Antía Yáñez e o vindeiro 31 de xaneiro, tamén venres,
será a quenda do libro de María Rolle, “ Esta non é outra historia de
piratas”. As charlas-coloquio, para o alumnado seleccionado, realizaranse de 12:10 a 12:30 no
noso punto lector provisional. Recordade coller a vosa merenda antes de vir e ser puntuais!!

Estou desexando saber canto investigastes sobre as autoras! Se as coñecemos ben seguro que
gozaremos máis coas súas historias! O primeiro día poremos en común AS NOSAS PESQUISAS!
Coma todos os meses, dentro do noso proxecto interdisciplinar anual, propóñovos unha pequena
investigación... non tedes curiosidade por saber por que o cambio climático pode influír na
paz? Anímovos a que, a través dun novo Puca quere saber, profundedes sobre a relación entre a
Paz e o Cambio Climático; relacionándoo á súa vez cos OBXECTIVOS DE
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS) presentes na axenda 2030 da ONU. A partir dalgúns
datos obtidos nesta investigación podemos crear un artigo xornalístico para contribuír co EDLG na
edición do noso xornal escolar Nin Quito nin Poño, nunha sección a prol do desenvolvemento
sostible do noso planeta ou mesmo facer os nosos podscast para insertar no blog!
https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/climate-action/

O día elixido para a conmemoración do Día da Paz e da Non Violencia é o 30 de xaneiro, nesta
ocasión realizaremos unha breve xuntanza na que reflexionaremos sobre a Paz e a Xustiza a
Bibliocervo 19/20

través dun manifesto do alumnado voluntario da Biblioteca en relación cos obxectivos 13 e


16 da Axenda 2030 da ONU, xunto cunha fermosa actuación musical dos vosos compañeiros
e compañeiras. Recordade que, como todos os anos, podemos vir caracterizados acorde á
filosofía hippie, proclamando a Paz, o Amor, a Liberdade e o respecto á natureza.

Por outra banda, quero anunciarvos que o día 17 de xaneiro o alumnado de 4º, 5º e 6º acudirá a
unha obra de teatro en inglés en Burela, titulada “ Unboxing Alice”.

Logo xa entramos no mes de febreiro, o mes do Entroido, do Amor


e de Rosalía de Castro. Un mes moi completo!
O día 5 de febreiro é o Día Internacional da Internet Segura
( Safer Internet Day) e dende a Biblioteca farémosvos chegar
unhas recomendacións para que o uso das TIC sexa cada vez
máis responsable e seguro. Así mesmo propoñémosvos as seguintes datas para conmemorar na
aula: o Dia 11 de febreiro, Día Internacional da muller e da nena na ciencia e o Día 21 de
febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, que nós coa colaboración do EDLG celebraremos
de xeito conxunto co Día de Rosalía de Castro recordando canto esta autora fixo pola nosa lingua.
Para isto dende a biblioteca proporcionarásevos materiais e recursos, aloxados no blog, para
investigar e profundar sobre a vida e a obra desta autora; por si fora do voso interese empregalo
nas aulas durante este mes. Recordade que podedes ver o audiovisual “As Linguas de Rosalía”
ou aprender, recordar e cantar a letra do noso “ROCKSALÍA”. En breve teredes unha entrada no
blog con estes materiais!
Será neste mes no que estaremos totalmente entregados á conmemoración do Entroido, a
través da investigación e realización dos obradoiros internivel de deseño e confección do noso
atrezzo. Este ano tratarase dun “Entroido Upcycling”, de modo que evitaremos empregar
plásticos e intentaremos reutilizar materiais e darlles unha segunda vida a a creación dos nosos
deseños a prol dun Entroido ecolóxico e fundamentado na protección do medio ambiente. Coma
sempre cada obradoiro estará guiado por dous mestres/as e en breve se vos pasará un
documento resumo cos contidos de cada obradoiro para que podades elixir cal é da vosa
preferencia! Coma sempre seredes uns artistas e quedará xenial!!
A semana de entroido será do17 ao 21 de febreiro e coma sempre teremos a festa da auga, o día
do disfraz libre e o desfile conxunto o venres, 21 de febreiro. Máis adiante concretarémosvos máis
detalles.
Xa me atopo super emocionada!! Seguro que vós tamén con tantas actividades e experiencias que

temos por diante! Un bico e ata a próxima! PUCA

You might also like