You are on page 1of 2

MARTES, 08 DE XANEIRO DE 2019

Benvidos compañeiras e compañeiros! Que tal vos foi nas vacacións? Non
podedes nin imaxinar todo o que vos botei de menos estes días. O cole estaba
tan silencioso sin vós que non parecía o mesmo. De seguro que durante estes
días fixestes un millón de actividades interesantes… Pois eu tamén! Sabedes a
que adiquei eu este tempo libre? A LER! Comecei a remexer nos andeis e lin
todas as novidades que as miñas axudantes mercaron antes do Nadal. E só
podo decirvos que…son IMPRESIONANTES ! QUE HISTORIAS, QUE
ILUSTRACIÓNS, QUE MARABILLAS! Xa veredes o que vos van gustar!
Outra cousa que fixen foi probar os novos BOLÍGRAFOS 3 D que temos en
Bibliocervo, que divertido é CREAR con eles! Tedes que probalos! Falade coas vosas profes e animádevos!
Ben, chegou o momento de anunciarvos as actividades que teño previstas para os vindeiros meses de xaneiro
e febreiro. Nesta tempada xa sei que estaredes traballando moitísimo nos vosos guións teatrais e practicando
a súa representación de cara ao CICLO TEATRAL DO PEDROUZO que terá lugar no mes de abril. Respecto
a isto tamén vos quero recordar ir pasando a limpo os vosos GUIÓNS TEATRAIS, para entregarmos antes do
30 de abril. E sabedes por que? Porque quero facer un libro-disco moi especial chamado GUIÓNS TEATRAIS
DO PEDROUZO, que vos parece?
Pero de todos modos teño outras cousiñas máis inmediatas que propoñervos… MOITA ATENCIÓN!
XANEIRO
Como sabedes xaneiro é o MES DA PAZ no noso cole, e con motivo da súa conmemoración o día 30 de
xaneiro a biblioteca editará un boletín informativo para toda a comunidade educativa que incluirá
recomendacións lectoras coa finalidade de fomentar valores como a Paz e a Non Violencia.
Prestaremos especial atención, nestes días, a un libro chamado “EL LIBRO DE LA PAZ” do escritor TODD
PARR, e entre todos e todas realizaremos a súa tradución á nosa lingua e profundaremos sobre o seus
contido e, principalmente, os valores que transmite.
A partir deste libro levaremos a cabo unha actividade que se chamará “O BINGO DA PAZ”, baseada nunha
actividade proposta por UNICEF, e na que estades todos convidados a participar nos nosos RECREOS
SOLIDARIOS. As miñas axudantes proporcionaranvos unhas tarxetas moi especiais que teredes que ir
cumprimentando nos recreos, realizando unha gran investigación entre todos os vosos compañeiros e
compañeiras do colexio, grandes e pequenos. Ollo, mestres e mestras incluidos! Pr ejemplo: Coñecemos a
alguén a quen non lle gusten as patacas fritas? E alguén que ten familia noutro país? O importante é
aprender a respectar as diferencias e para iso debemos coñecernos ben. Xa vos daremos instrucións máis
precisas máis adiante. Esta actividade farase do 28 ao 31 de xaneiro.
Ademais, recordaredes que o lema das bibliotecas deste ano é POÉTICAS DIVERSAS? Pois durante este
mes recompilaremos todas as poesías que fixestes sobre a PAZ e outros valores (data de entrega 21 de
xaneiro) e editaremos un libro moi especial que iremos por en común o día 30 de xaneiro á biblioteca.
Todos os que queirades teredes a oportunidade de compartir cos demais as súas producións! Xa estou
desexando oir eses magníficos PETISCOS DE PAZ, que son os vosos poemas. Recordade que ese día
abrazamos a filosofía HIPPIE de non á guerra e podemos vir caracterizados convenientemente! Moito ánimo
e a participar!
E así xa chega, FEBREIRO, o MES DO ANTROIDO E DO AMOR. Este mes sempre se nos fai moi cortiño,
será porque temos mil cousas entre mans como o deseño e elaboración propia dos disfraces? Pode ser! En
breve as miñas axudantes vanvos dar os modelos propostos para este ano, todos eles relacionados co mundo
do teatro, posto que o noso lema será “ANTROIDO ENTRE BAMBOLINAS”… Que non sabedes que son as
bambolinas? Buscade, buscade…
Ben, coma sempre, teredes que apuntarvos no voso preferido e logo organizarémonos por grupos de traballo
simultáneos ao longo deste mes para a súa creación. Os grupos serán mixtos con alumnado de diversas
idades e estarán dirixidos por dous mestres/as. Que nervios! O desfile será o 1 de marzo!
O resto das actividades que vos vou propoñer son COLABORATIVAS!
A primeira coas familias! Trátase dunha actividade encamiñada a axudarlle a PUCA a coñecer vocabulario
novo do MUNDO DO TEATRO, coma aquela da que vos falei antes e xa buscastes… Bambolinas! Entre
todas as familias crearemos un DICIONARIO VISUAL TEATRAL, que emoción! Canto me gusta aprender
cousas novas! Seguro que a vós tamén! En breve enviarémosvos unha notiña para as casas, pero xa
podedes ir apuntando como data de entrega o 18 de marzo!
A segunda con actores e actrices da escea galega. Pedirémoslles que participen voluntariamente coa
lectura de pequenos anacos de obras teatrais que teñan un significado especial para eles e fagan un pequeño
video non superior a un minuto. Logo editarémolo e teremos unha obra de incalculable valor cultural nas
nosas mans. Serán, pois, recomendacións de profesionais do teatro! Non podemos pedir máis!! Teremos que
facerlles caso e ler esas obras, SI ou SI!
A terceira leva por título “AS LINGUAS DE ROSALÍA” e farémola encamiñada á conmemoración do Día de
Rosalía de Castro, o 24 de febreiro. O luns, 25 contaremos na nosa biblioteca cunha marabillosa actriz
chamada ROSA e que virá demostrarnos como a POESÍA se pode atopar onde queira que miremos e nos
achegará un pouquiño máis, si cabe á entrañable figura de ROSALÍA DE CASTRO. Aproveitaremos tamén
este día para visualizar un video moi especial que “estou cociñando” e do que non vos quero adiantar máis
nada, porque quero que sexa sorpresa!
E xa para rematar esta longa carta quero mandar unha ÚLTIMA PROPOSTA ao alumnado de quinto e sexto
de primaria… QUE VOS PARECERÍA FACER UNHA VIDEOCONFERENCIA EN GALEGO CO IE VICENTE
CAÑADA BLANCH de Londres e demostrarlles as vosas dotes como artistas recitando poemas e
cantándolles en directo o ROCKSALÍA? Pensade que é unha oportunidade fantástica para que o galego
chegue moito ALÉN DE GALICIA.
Ah e xa se me olvidaba, en breve esperamos ter tamén novas do CLUBE DE LECTURA e quen sabe si
algunha SORPRESA máis! NON VOS OLVIDEDES DE REVISAR A CORTIZA DE BIBLIOCERVO OU O
NOSO TWITTER:

CEIP DE CERVO (@CEIP_de_CERVO)

Apertas poéticas! PUCA

You might also like