You are on page 1of 24

TEATRO CLÁSICO

3º/4º DE ESO

DEPARTAMENTOS DE CLÁSICAS
IES DE MELIDE. Curso 2018-19

ALUMN@:
Teatro de Dioniso, Atenas

Vista aérea do teatro de Epidauro

Santuario de Asclepio, en Epidauro

Capsa con volumes de papiro


1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA

O teatro grego ten o seu máximo esplendor na Atenas


democrática do s. V a. C, no chamado século de Pericles.A
representación teatral é un acto:
- Relixioso: forma parte do culto a Dioniso e nel ten a súa
orixe. As súas festas anuais eran no mes de xaneiro as
Leneas , e no mes de marzo as Grandes Dionisias .
- Social: é un espectáculo popular, de goce do ocio de forma
colectiva. Implica a participación do espectador, a súa
reflexión sobre problemas humanos e temas políticos.
A representación teatral está organizada pola polis ou
Estado en forma de concurso, cun premio para o mellor poeta tráxico e outro para o mellor poeta cómico.
Os cidadáns ricos costeaban as representacións co pago de impostos e recibían honores se a obra era
premiada. Estes "patrocinadores" denominábanse coregos.

2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS

Tódolos compoñentes da obra teatral levaban máscara e


disfrace.
- Na traxedia: vestiduras solemnes e luxosas, máscaras de expresión
tráxica e o coturno, un calzado de madeira con sola bastante grosa. Este
calzado especial aumentaba a altura dos actores conferíndolles unha
"elevación moral".
- Na comedia: disfraces de animais, mulleres e grotescos en xeral e
máscaras cómicas.
En cada representación teatral interviñan:
- Actores: ata un máximo de tres, polo que cada un debía representar
varios papeis:
Protagonista: actor principal
Antagonista: segundo actor
Terceiro actor: facía todos os demais papeis
Os actores eran sempre homes e desempeñaban papeis femininos cando era necesario. Ás veces podían
intervir nenos e personaxes mudos, que non eran actores profesionais. Os actores recitaban e cantaban na
escena.
- O coro: era fundamental na traxedia. Facía a función dun personaxe máis que dialogaba cos actores sobre o
que estaba acontecendo. Os seu compoñentes denominábanse coreutas; e estaban dirixidos polo corifeo, que é
quen toma a palabra cando había que recitar. O coro cantaba e danzaba na orquestra.
En toda peza teatral, especialmente na traxedia, soe haber un momento de máxima tensión ou clímax
que se sucede dun anticlímax. No clímax soe producirse a morte tráxica do protagonista ou algún outro
personaxe. A representación da morte era tabú no drama grego, polo que este momento non podía ser posto
en escena e debía ser referido por outro personaxe, normalmente un mensaxeiro.
Un dos recursos para aumentar a tensión dramática é a chamada ironía tráxica, utilizada
principalmente por Sófocles. Prodúcese cando un personaxe é víctima dun discurso de dobre sentido, que
coñecen os espectadores, pero el non.
Nas pezas teatrais había unidade espacial e temporal: a acción desenvolvíase nun escenario único
(un so lugar) e nunha xornada (un so día)

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 1


3. OS XÉNEROS TEATRAIS

Traxedia Comedia
Temas heroicos ou lendarios (mitolóxicos) ficción
Tratamento tono solemne e grandioso tono desenfadado
Personaxes heroes ou heroínas personaxes populares, animais, deuses ou heroes
ridiculizados...

Na traxedia grega exprésase claramente o sentimento


CRONOLOXÍA
tráxico da vida: céntrase no dolor humano.
Todo xira en torno ó heroe tráxico. Nas traxedias de
490-479 a. C. Guerras Médicas: Os gregos
Sófocles, o heroe é un personaxe que, a pesares de ser vencen ós persas (Batallas de
moralmente superior ós demais, non pode evitar cometer unha Maratón, Termópilas, Salamina,
falta (hybris, en grego) que altera a orde moral establecida ou Platea...)
aceptada pola sociedade. O destino, que está por riba de deuses e 477 Confederación Délica: alianza militar
humanos, equilibrará de novo a balanza. O heroe pasa por unha para controlar o perigo persa
situación de angustia que é compartida polo público, espertando liderada polos atenienses, con base
nel paixón e compaixón. Ó final o heroe acepta o destino e a na illa de Delos  Talasocracia
ateniense
xustiza divina que o liberan da súa angustia.
462 a. C. Reformas democráticas de
A función da traxedia era a de formar o pobo, darlle
Pericles y Efialtes que aumentan
unha lección de temperanza e moderación. O público nas competencias da asemblea
representacións liberaba as súas paixóns, producíndose nel unha 431- 404 a. C. Guerra do Peloponeso:
liberación (catarse, en grego). Esparta enfróntase a Atenas para
tentar frear a súa política
A comedia perseguía fins semellantes ós da traxedia: imperialista.
liberar ó home das súas angustias e opresións. O heroe cómico 429 Peste de Atenas: morre Pericles.
por medios fantásticos consegue liberar a Atenas dos seus males: 421 Paz de Nicias: tratado por 50 anos.
413 reanúdase a guerra. Esparta pide axuda
a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos
a Persia e equipa a súa flota. Na
poetas... chegando a un estado de felicidade. Na comedia hai
batalla de Decelia Esparta cerca a
unha ensinanza máis directa, amósanos unha situación menos Atenas por terra.
distante que na traxedia. É dicir, o espectador atópase máis cerca 411 Triunfo da oligarquía, réxime non
do heroe cómico, que vive unha situación cotiá, que do heroe democrático, en Atenas.
tráxico que vive unha situación extraordinaria. Sublevación do exército e
proclamación de Alcibíades como
4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS xefe supremo.
405 Batalla de Egospótamos: derrota
Tráxicos: definitiva de Atenas.
- Esquilo (525-428 a. C.) do que se conservan 7 traxedias. 404 Atenas derriba os muros longos e
- Sófocles (496-406 a. C.) 7 traxedias entrega a súa flota. Tiranía dos
- Eurípides (480-406 a. C.) 18 traxedias Trinta: réxime de terror cun
goberno oligárquico proespartano.
Cómicos: 403 Restablecemento da democracia en
- Aristófanes (445-385 a. C.) 11 comedias (Comedia Vella ou política) Atenas. Crises económicas e
- Menandro (342-294 a. C.) 1 comedia e fragmentos (Comedia Nova) sociais.
395 a. C. Atenas alíase con Tebas, Argos e
Corinto, inimigas de Esparta, para
intentar acabar coa súa hexemonía,
pero son derrotadas por Esparta en
Coronea

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 2


5. EURÍPIDES (480-406 a. C.)

A súa vida transcorre no s. V a. C. Vivía retirado na illa de Salamina e posuía unha


boa biblioteca, feito excepcional na Atenas desta época. A diferenza doutros literatos
da súa época, non participou activamente na política.
Eurípides é o poeta tráxico de quen conservamos máis obras (19); sen
embargo en vida recibiu moitos menos premios teatrais que Sófocles.

Trazos da súa obra:

Eurípides é o representante dunha época en cambio porque introduce cambios con respecto a Sófocles:
- Trata os temas do seu tempo con claridade: problemas matrimoniais, a humillante situación da muller, as
relacións sexuais, o enorme poder do amor, o mundo dos escravos, os horrores da guerra... Ex:
Electra describe a situación inxusta na que se atopa, desposuída as riquezas que lle corresponderían
pola súa condición, obrigada a casar cun home humilde para que os seus fillos, se os tivese, non
podan vingarse de Existo por non ser nobres.

- Cuestiónase o papel dos deuses: a xustiza de Zeus, a validez dos oráculos de Apolo...Critica a uns deuses
que actúan levados por vinganzas persoais. Ex.: “Ouh Febo Apolo, anunciaches no teu oráculo unha
xustiza confusa, pero claros sufrimentos me causaches e polos meus crimes tocoume ser un asasino, expulsado
da terra grega” en boca do propio Orestes.

- Racionaliza os mitos e os humaniza, concedendo unha maior importancia ás accións humanas. O home non
está totalmente en mans do destino, é responsable da súas accións. Os seus heroes tráxicos están
máis próximos ao home común, sofren e cometen erros coma el. Ex: Orestes dúbida ao executar o
matricidio (asasinato da nai), ten sentimentos filiais cara a súa nai. Teme que a vinganza fose
ordenada por un xenio maligno.
O coro manifesta as súas dúbidas a cerca da tradición sobre a casa de Atreo e proclama que “os mitos
que asustan aos homes son convenientes para o culto dos deuses”,
quedando de manifesto o carácter racionalista de Eurípides.
- O final tráxico non se consegue só co restablecemento da xustiza,
senón que o protagonista debe acadar a paz consigo mesmo.
Ex: Orestes non está seguro de que a xustiza se
restableza matando a súa nai. Dubida, desconfía dos
oráculos, ten medo. Unha vez cometido o crime, ten grandes
remordementos e debe acadar a paz consigo mesmo.

En canto ao seu estilo tamén é innovador:


- Resta importancia ao coro, que non comenta a acción da obra, senón que trata temas cotiáns próximos aos
espectadores: a situación da muller, os problemas do matrimonio, as penas dos humanos, os
desastres da guerra, a loanza da natureza... Os coros, aínda que non teñan peso no argumento, son
dunha gran beleza lírica.
- Emprega ás veces o “deus ex machina”, é dicir, unha figura divina que aparecía no escenario suspendida
dunha especie de grúa no final dalgunhas obras, aportando unha solución extraordinaria ao drama
creado e sen solución humana. No final de Electra aparecen os Dioscuros, Cástor e Pólux, para tratar
de resolver o conflito que provoca o matricidio e conseguir o restablecemento definitivo da xustiza
que non conseguiu a actuación humana.

Obras de Eurípides: Aínda que en vida recibiu moitos menos premios teatrais que Sófocles, Eurípides é o
poeta tráxico de quen conservamos máis obras (18): O Cíclope, Alcestis, Medea, Heraclidas, Hipólito,
Andrómaca, Hécuba, Suplicantes, Electra, Troianas, Heracles, Ifixenia en Táuride, Helena, Ión, Fenicias,
Ifixenia en Áulide, Bacantes e Orestes
Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 3
Electra
Clitemnestra asasinou ao seu home, Agamenón (rei de Argos e xeneral vitorioso que guiou aos gregos contra
Troia) e casou co seu amante Existo. O seu fillo, Orestes, que
podería vingar a morte do pai, tivo que fuxir de neno ante a ameza
que supoña este novo matrimonio de súa nai. A filla, Electra, foi
casada cun labrego para que non poda ter fillos nobres que podan
vingar a Agamenón. Electra chora a súa desgraza, pero conserva a
esperanza de que Orestes siga vivo e regrese para vingar a morte do
pai. Aparece Orestes en escena e, despois do recoñecemento entre
os irmáns, amósase disposto a levar a cabo a vinganza, pero vacila e
ten medo, para asasinar a súa nai require a axuda da irmá. Electra
amósase rancorosa coa súa nai, non só porque asasinara o seu pai, senón pola mala vida que leva pola súa
culpa. Unha vez asasinados Existo e Clitemnestra, Orestes debe purificarse e ámbolos dous irmáns deben
abandonar Argos.
Esta traxedia xa fora tratada polos outros dous tráxicos, Esquilo, nas Coéforas, e Sófocles, en Electra. Mentres
que Esquilo se centra máis no tema da vinganza, Sófocles e Eurípides fan de Electra o tema central,
ofrecendo unha maior riqueza de caracteres no personaxe. Sófocles centrábase máis no restablecemento da
xustiza, e facía de Electra a heroína da obra. Eurípides resalta nesta obra o matricidio cometido por Orestes e
Electra, suprime a importancia o elemento divino e insiste no factor humano: é a situación lamentable na que
se encontran Electra e Orestes o que os incita ao matricidio, deben recuperar o trono e a súa anterior posición
para recuperar a súa dignidade. Eurípides descríbenos a unha Electra dura e case cruel, mentres que crea un
personaxe maxistral en Orestes, que se nos presenta coma un adolescente que dubida e ten medo até punto
de non querer entrar no palacio de Argos e necesitar o empuxe e axuda da súa irmá para cometer os
asasinatos. Este é un Orestes humano que se afasta da concepción do heroe tráxico de Sófocles.
Destaca tamén a creación de personaxes secundarios coma o labrego, que representa un novo modelo de
home, honrado e xusto, pero non nobre. As palabras de Orestes: “Teño visto a fillos de pai nobre que non
son nada e a fillos de viláns que son homes excelentes;teño visto a miseria nun corazón dun rico e un alma
grande no corpo dun pobre”. Este é o home propio da súa época, que non ten unha virtude innata como
home homérico, pero pode adquirila a través do coñecemento e da filosofía.

matrimonio

relación adúltera

asasinato

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 4


6. CUESTIONARIO SOBRE ELECTRA DE EURÍPIDES

1. Sinala cal é a función do prólogo.


2. Investiga quen era Tántalo, que crimes ou malas accións cometeu e
cal foi o seu castigo.
3. Electra aparece en escena (páx. 24), describe a súa situación e
sentimentos.
4. Aparición de Orestes en escena (páx. 25): ¿cal é a súa situación e
sentimentos?.
5. ¿Que virtudes recoñece Electra no seu home? ¿en que sentido é
nobre (páx. 32)?
6. ¿Por qué motivos está Electra casada cun home humilde (páx. 33) ?
7. ¿Qué importancia tiñan os ritos funerarios para os antigos gregos? ¿Recibe o defunto Agamenón algún
deles (páx. 37)? Descríbeos
8. Segundo nos transmiten os poemas homéricos, os gregos da época arcaica consideraban que a nobreza e
virtudes eran innatas, é dicir, que os de familia nobre xa as posuían por nacemento. Di cal é o
concepto de nobreza en Eurípides; e compárao co co que pensaban os gregos dos tempos de Homero
(páx. 39).
9. Explica cales son os plans do ancián aio e de Electra para acabar con Existo e Clitemnestra (páx. 50-54).
10. Di cal é a función do mensaxeiro (páx. 60).
11. Os antigos gregos tiñan diferentes formas de adiviñación. ¿Cal se menciona no
texto da páx. 62? ¿Coñeces algunha outra?
12. Na páx. 65 Electra desafógase ante o cadáver de Existo, ¿cales son os defectos que
lle achaca?
13. ¿Cales son os sentimentos de Orestes cando se cuestiona matar a súa nai? Pon
exemplos con citas (páx. 68).
14. ¿Cal é conflito fundamental que aparece nesta traxedia?
15. Na súa argumentación para incitar a Orestes ó asasinato, Electra (páx. 69) alude a
un deus dicindo “sentado no trípode sagrado?”. Observa a imaxe desta cerámica
grega, descríbea e di que sería ese deus que está sentado e para que servían os
trípodes.
16. Na páx. 71 Clitemnestra xustifica o odio ao seu anterior esposo, Agamenón, a causa da morte de Ifixenia.
Quen era Ifixenia? Por que foi sacrificada?
17. No diálogo Electra -Clitemnestra na páx. 70-73 fálase do adulterio. ¿Era visto da mesma forma polos
gregos no home e na muller?. ¿Que che parece o punto de vista de Clitemnestra?
18. A quen se refire Clitemnestra cando di que Agamenón volveu de Troia “traendo unha moza
enlouquecida inspirada polos deuses e instalouna no meu leito”(páx. 71)? Consulta cal nobre troiana
lle correspondeu a Agamenón como botín de guerra.
19. Segundo a túa opinión, é Agamenón inocente e Clitemnestra culpable? ¿Como cres que o ve o autor?
20. Di cal é o momento de maior tensión ou clímax.
21. O anticlímax prodúcese coa aparición do “deus ex maquina”. Explica en que consistía este procedemento
e di como se produce no texto.
22. Analiza o personaxe de Electra. ¿parécete xusta a súa actuación? ¿é sempre o desexo de xustiza o que a
impulsa ou pode haber outros sentimentos non tan nobres? ¿é unha auténtica heroína tráxica?
23. Analiza o personaxe de Orestes. É sempre valente o seu comportamento? ¿é un auténtico heroe tráxico?.
24. Di cal é o tema e o argumento desta obra.
25. Elabora un mapa de Grecia onde aparezan os reinos dos seguintes heroes aqueos ou micénicos que
participaron na guerra de Troia: Agamenón, Menelao, Aquiles, Néstor, Ulises, Diomedes e
Idomeneo. Sinala tamén os seguintes lugares: Troia, Anatolia, río Alfeo, Olimpia e a Fócide.

Bibliografía
- Prólogo á traxedia de Electra, en Tragedias II de Eurípides, tradución e edición de José Luis Calvo Martínez, editorial
Gredos.
- Historia de la literatura Griega, J. A. López Férez (ed.) en editorial Cátedra.
Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 5
7. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN ROMA

ORIXES

Pouco sabemos das orixes do teatro romano, xa que as primeiras representacións eran
improvisacións de carácter popular que seguramente non se puñan por escrito. Podemos fixar o nacemento
oficial do teatro a principios do s. III a. C., data na que Roma entra en contacto coa cultura grega ao
conquistar o sur de Italia e Sicilia, importantes colonias gregas denominadas "Magna Grecia". Os autores
romanos comezan a adaptar comedias gregas, converténdose en continuadores dunha cultura superior á
deles.

A REPRESENTACIÓN TEATRAL

Mentres que os gregos adoitaban aproveitar unha ladeira ou declive do terreo para construír os
teatros e dispor as gradas, os romanos por medio de arcos e estruturas abovedadas puideron levantar
edificios independentes. A práctica eliminación do papel do coro nas representacións romanas, fixo que a
zona semicircular (orquestra) que lle estaba reservada quedase notablemente reducida.
O escenario romano dispuña de un decorado
fixo (escena), que simulaba unha estrutura
arquitectónica: unha especie de edificio con tres portas,
adornado con tres pisos de galerías con columnas, na
que se representaba a acción, que normalmente tiña
lugar na rúa, diante de tres casas.
Os actores eran sempre homes, que podían
representar varios papeis, incluso femininos,
cambiando de indumentaria e de perruca (na comedia
non era tan frecuente o uso das máscaras como os
actores gregos). Tamén usaban coturnos, uns zapatos
de sola grosa que lle daban unha maior elevación.

8. A COMEDIA ROMANA

Roma herdou os xéneros literarios gregos, e dentro do drama cultivou con máis éxito a comedia que
a traxedia.
En Grecia, coa Comedia Vella de Aristófanes (s.V a. C.) podíase criticar a personaxes concretos; pero
cando Menandro escribe a Comedia Nova, xa non hai esa liberdade, polo que centra os seus temas na vida
cotiá. Os personaxes son sempre os mesmos e inconcretos: o escravo enredante confidente das aventuras do
seu amo, o pai de familia consentidor, o parásito lambón e adulador, o soldado fanfurriñeiro, as mulleres
case sempre de "vida alegre".... Se a comedia de Aristófanes era unha forma de loita política, a de Menandro
só pretendía facer rir.
A comedia romana basease na Comedia Nova grega., e por iso recibe o nome de "palliata" (< Pallium,
manto grego co que cubrían os actores). Son representacións de ambientación grega: os personaxes, o
escenario xeográfico, os costumes...
A comedia romana evolucionou elementos da comedia e traxedia gregas como os coros, que eran
partes recitadas e/ou cantadas por un grupo de persoas (os coreutas). Estas partes desenvolvíanse na
orquestra, onde o coro tiña tamén especie para danzar. Na comedia nova había partes musicais nos
entreactos, xa que estas partes musicais ou cantica eran moi do gusto do público.
Os comediógrafos traducían ou adaptaban obras gregas, ás veces usaban un procedemento chamado
contaminatio, que consistía en mesturar dous argumentos de comedias gregas.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 6


9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

Cómicos:
- Plauto (251-184 A. C.) do que se conservan 20 comedias
- Terencio (190-159 a. c.) 6 comedias
Tráxicos:
- Séneca (4 a. C.- 65 d. C.) 8 traxedias (para ser lidas)

10. PLAUTO (251-184 A. C.)

Introduce en Roma a Comedia Nova. Plauto é un home do pobo que vive


nunha situación económica e política difícil e escribe para sobrevivir: ten que
contentar o público para conseguir que os maxistrados costeasen a
representación. Aínda que os personaxes son gregos e a escena soe ser Atenas,
Plauto axeita a Comedia Nova a Roma:
- Suprime chistes refinados e explica costumes descoñecidos para os
romanos. Os seus chistes baséanse na dobre interpretación, na
esaxeración, no equívoco, na burla aos forasteiros, provincianos,
campesiños..
- Utiliza os prólogos como explicación da peza, pero tamén para acadar a atención do público.
- Escolle argumentos choqueiros e ridículos, xa de por si cómicos, inspirados na vida cotiá
- Busca a complicidade do público, que coñece o engano mentres que o personaxe afectado ignórao.
- Conserva os personaxes fixos da Comedia Nova, que son tipos populares do agrado do público: o
senex (vello cutre e rosmón e ás veces consentidor do fillo), o servus (escravo intelixente e enredante,
normalmente o protagonista), o adulescens (mozo de boa familia mullereiro e consentido), o leno/a
(alcaiote/a avarento), a meretrix (prostituta) o parasitus (chupón) que so pensa en comer e beber a
conta dos demais, o miles gloriosus (soldado fanfurriñeiro) que se gaba de todo pero que no fondo é
un covarde, o vello avaro que é capaz de perder a súa familia antes que gastar o seu diñeiro
- Inspírase nas comedias gregas e ás veces funde dúas nunha: contaminatio

Hoxe conservamos unhas vinte comedias de Plauto entre as que destacan Anphitrión, Asinaria,
Aulularia, Casina, Os Xemelos, O Miles gloriosus (O soldado Fanfurriñeiro), Mostellaria (a Pantasma), Cistellaria (O
cestiño)....
Plauto, que sempre viviu entre as clases baixas, leva esas clases á escena: o escravo é o protagonista
do seu teatro e a súa diversión son os conflitos amorosos e familiares dos seus amos. O seu teatro reflicte
extraordinariamente a linguaxe falada pola xente, o latín vivo e vulgar.

Argumento de Xemelgos (MENAECHMI)

Un home, chamado Sosicles e de alcume Menechmo, chega ó


porto de Epidamno (no noroeste de Grecia) buscando a un
irmán xemelgo, que perdeu cando tiña sete anos. Pero nesta
cidade agárdanlle insospeitadas aventuras, paralelas ás de
outro cidadán de Epidamno.
Grazas a intelixencia dun escravo, ámbolos dous cidadáns
sairán ben parados.
Nesta comedia Plauto usa o equívoco como principal recurso
cómico e se consagra como mestre indiscutible da comedia de
enredo. O grupo teatral El Ruiseñor en “Gemelos”
de Plauto

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 7


12. CUESTIONARIO SOBRE OS XEMELOS (MENAECHMI) DE PLAUTO
(Cuestións posibles para o exame)

1. Escribe en tres liñas o argumento da obra.

2. Identifica ós personaxes fixos da comedia romana.

Personaxe Nome na comedia Descrición do personaxe


servus
senex
adulescens
meretrix
parasitus

3. É frecuente que Plauto nas súas comedias utilice "nomes parlantes" para denominar ós seus personaxes,
con elo pretende que o espectador supoña as función deles nada máis escoitar o seus nomes. Di que
personaxes derivan dos seguintes termos latinos ou gregos e cal é a súa función.

Termo latino ou grego Nome do personaxe Función do personaxe


menechmo (<μεναιχμος) “o de
lanza firme” en sentido irónico
peniculus 1: pincel, brocha que
sirve para limpar.
eros (<ἔρως): amor, paixón
cylindrus: cilindro, rodete (de
cociña)

4. Observando á matrona, muller de Menecmo I,


deduce cal era a situación da muller en Roma.

5. O parasito Cepillo menciona á festas da deusa Ceres


na páx. 22. Quen era esta deusa? Cal era o seu nome
grego? Consulta na nota que se facía nestas festas.

Clases sociais na antiga Roma

6. Na páx. 25 o Menechmo cita “a aguia raptando a Ganímedes ou


Venus a Adonis”. Explica quen eran estas dúas parellas.

7. O Menechmo I di que lle custou máis sacarlle o manto á súa muller


que a Hércules conseguir o cinto de Hipólita. Consulta os traballos
de Heracles e explica ao que se refire.
Venus e Adonis, Tiziano
8. Que quere dicir Cylindro na páx. 39 coa frase “vou poñer todo isto
á violencia de Vulcano”. Quen era este deus? Cal era o seu nome grego?

Rapto de Ganimedes,
Correggio

1 o termo peniculus pode traducirse por "cepillo", polo que o nome do personaxe pode aparecer traducido
Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 8
9. O parasito, Cepillo, pérdese un banquete en casa de
Erocia por asistir a unha asemblea. Investiga cal era a
función da “asembleas” ou ekklesía na antiga Atenas. Se a
asemblea era un órgano de goberno na antiga Grecia ¿por
que aparece nesta comedia?

10. Na páx. 55 Menechmo I fala do amolador que é atender


aos clientes. Consulta quen era os clientes e os patróns na
antiga Roma e cales eran as obrigas que había entre eles.
Asemblea ou ekklesía en Atenas na Pnyx, lomba ao
Consulta na Wikipedia que é o “clientelismo” e explica si cres
pé da Acrópole
que en Melide, Galicia, España... se practica.

11. Na páx. 83 Mesenión reflexiona sobre a situación dos


escravos. Que poder tiñan sobre eles os amos? Cales
podían ser os premios e os castigos? Como consegue
Mesenión "manexar" a seu amo?. Cal é o maior premio
para un escravo? consegue Mesenión este premio?

salutatio ou saúdo matinal que facían os clientes ao seu patrón


na antiga Roma
12. Sitúa no mapa do Imperio Romano os lugares que
aparecen mencionados na comedia: Tarento, Siracusa,
Epidamno, actual cidade de Durës/ Dirraquio/ Durazzo;
e a Magna Grecia.

BIBLIOGRAFÍA

- Introdución desta unidade didáctica


- Diccionario de mitología griega y romana. P. Grimal. Ed. Paidós
- Diccionarios de mitoloxía (signatura 292, Biblioteca)
- https://es.wikipedia.org/wiki/Ekkles%C3%ADa
- https://es.wikipedia.org/wiki/Cliente_%28Roma_antigua%29
- https://gl.wikipedia.org/wiki/Clientelismo
- https://es.wikipedia.org/wiki/Clientelismo_pol%C3%ADtico

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 9


MAPAS (PARA ENTREGAR NO EXAME)

1. ELECTRA. (Preg. 25)


Sinala os reinos dos
seguintes heroes
aqueos ou micénicos
que participaron na
guerra de Troia:
Agamenón (Micenas),
Menelao (Esparta),
Aquiles (Ptía, Tesalia),
Néstor (Pilos), Ulises
(Ítaca), Diomedes
(Argos) e Idomeneo
(Creta). Sinala tamén
os seguintes lugares:
Troia, Anatolia, río
Alfeo, Olimpia e a
Fócide.

2. XEMELGOS (Pregunta 12)

Sitúa no mapa do Imperio Romano os lugares que aparecen mencionados na comedia: Tarento, Siracusa,
Epidamno, actual cidade de Durës/ Dirraquio/ Durazzo; e a Magna Grecia.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 10


LECTURAS 3º DE ESO. CURSO 2018-19

Tal como aparece na programación didáctica, é obrigatorio facer dúas lecturas para a materia de cultura
clásica.

Unha das lecturas ten que ser unha das obras de Teatro Clásico que se representan o luns 5 de marzo en
Lugo, que será obxecto de exame o xoves 28 de marzo:

- Electra, de Eurípides, ed. Prosopon


- Gemelos, de Plauto, ed. Prosopon

Para preparar estas obras entrégase unidade didáctica con cuestións posibles para o exame.

A outra lectura pódese escoller entre as obras que figuran abaixo. Desta lectura presentarase un resumo coas
seguintes características, que suporá 3 puntos da nota da 3ª avaliación:
- Deberá entregarse antes das 00.00 do 15 de abril
- Farase envío por correo electrónico ou en papel só se non hai outra posibilidade
- A extensión non deberá ser superior a dúas caras de A4, letra arial (ou similar) 10, a espazo simple.
- Consultar pautas para facer resumo e mirar exemplos na seguinte ligazón:
http://aspasiamelide.blogspot.com/2013/01/como-exponer-un-libro.html

O resumo debe seguir o seguinte esquema:

1. Datos do libro
Título
Autor/es
Editorial
Xénero (cómic, novela, teatro…)
2. Resumo: non debe superar nunca as vinte liñas
- Contexto: onde? cando?. O lugar e a época na que transcorre a acción.
- Descrición (breve) do personaxe/s principal: Quen?
- Desenvolvemento da acción: como? O argumento da obra
3. Opinión persoal:
- Fíxome en aspectos do libro e coméntoos:
. estilo do autor/a
. temas que trata e como os trata
. sé é un cómic: debuxos, texto e a súa relación
. se é unha obra non ambientada nas antigas Grecia e Roma, comento o seu referente clásico
. analizo a súa mensaxe
- Gustoume porque.../ Non me gustou porque...
- Se coñezo outras versións da obra ou outros formatos dela (película, novela, cómic, vídeo, peza
teatral...) coméntoo brevemente e compároo.
4. Imaxes: da portada ou de páxinas que me gustaron, ou aquelas que consideramos que resumen o espírito
da obra.
5. Fontes: se consultei algún libro ou páxina na rede, cítoo ao final do esquema

IMPORTANTE: se se detecta calquera tipo de copia da rede ou de outras fontes, a puntuación será 0.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 11


TEATRO

A outra obra de teatro que non se escolleu para o exame:


- Electra, de Eurípides, ed. Prosopon
- Gemelos, de Plauto, ed. Prosopon

NOVELAS

Alexandre, Marilar, A cabeza da Medusa, ed. Xerais. Dúas rapazas dun instituto de Vigo sofren
unha violación cando volven dunha festa. Moi interesante tratamento do mito da
Medusa, que ao igual que as protagonistas pasa ser culpable en lugar de vítima. Fácil de
ler, engancha.

Alexandre, Marilar, A filla do Minotauro, ed. Galaxia. Novela de aventuras e amor ambientada
a finais da Segunda Guerra Mundial nunha Sicilia poboada de personaxes mitolóxicos.
Miranda, a nosa heroína decide formar parte dunha asociación clandestina que se
dedica a salvar obras de arte. Cos seus novos compañeiros descubrirá o valor do propio
patrimonio, a súa propia historia e tamén o amor.

Davis, Lindsey La plata de Britania, ed. Edhasa. Estupenda novela policíaca que dá conta das
aventuras do detective Marco Didio Falco na Roma do emperador Vespasiano. É a
primeira novela da serie e nela Falco terá que desprazarse á lonxana Britania para
descubrir unha conspiración contra o césar Para bos lestores/as.

Évano, Brigitte, Cuentos y leyendas de los Juegos de Olimpia, ed. Anaya. Relatos ambientados
nos xogos de Olimpia do a. 432 a. C., ás que asisten como espectadores importantes
personaxes como Pericles ou Sócrates. Fácil de ler.

Feijoo, Pedro, Os fillos do mar, ed. Xerais. Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en
Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel
Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de
Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado.
Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de
aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar
envolta a familia da muller morta. Novela trepidante de aventuras, novela de intriga,
escrita con ton humorístico, que nos remonta a tempos pasados da historia de Vigo e contén un
potente referente clásico. Fácil de ler, pero con 432 páx.

Gándara, Lola Guárdate de los Idus de Marzo, ed. SM, Novela de intriga ambientada ao final da
República, cando César é asasinado. Esta morte cambiará as vidas de Druso e a súa
irmá Porcia, xa que o seu tío, Mario Domitio, está involucrado no asasinato e deberá
suicidarse para salvar o seu honor. Fácil de ler.

Graves, R. Mitos da antiga Grecia, ed. Xerais. Libro moi sinxelo de ler que nos conta os
principais mitos gregos.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 12


Graves, R., La hija de Homero, ed. Edhasa. Magnífica versión da Odisea, na que a autora do
poema homérico sería unha muller, unha princesa siciliana que se retra a si mesma como
Nausícaa. Para boas/os lectores, aínda que fácil de ler.

Grenier Christian, Cuentos y leyendas de los héroes de la mitología, ed. Anaya. Antoloxía de
contos mitolóxicos, moi fácil de ler.

Homero (adaptación de Jean Martín) Cuentos y leyendas de la Ilíada, ed. Espasa-Calpe Antoloxía
de contos mitolóxicos sobre a Guerra de Troia, moi fácil de ler.

Homero (adaptación de Jean Martín), Cuentos y leyendas de la Odisea, ed. Espasa-Calpe.


Antoloxía de contos mitolóxicos sobre a Odisea, moi fácil de ler.

Lawrence, C. Serie Misterios Romanos: Ladrones en el foro, Los secretos del Vesubio, Los Piratas de
Pompeya... de ed. Salamandra. Serie de intriga protagonizada por catro nenos romanos,
de distinta condición social e cultural, que se dedican a resolver misterios. Moi fácil de
ler.

Lillo Redonet, F., El aprendiz de brujo, ed. Merial. Antoloxía de contos mitolóxicos, moi fácil de
ler.

Lillo Redonet, F., O Medulio. O norte contra Roma, ed. Toxosoutos. Novela histórica ambientada
nas guerras de cántabros, astures e galaicos contra o invasor romano. Fácil de ler.

Lillo Redonet, F., Teucro, o arqueiro de Troia, ed. Toxosoutos. Novela inspirada no mito de
Teucro, o arqueiro grego que regresa da Guerra de Troia e, segundo fontes mitolóxicas,
chega á costa atlántica e funda a cidade de Pontevedra.

Martín, Isabel La curandera de Atenas, ed. Booket. Novela entretida e fácil de ler que se
desenvolve na Atenas clásica, protagonizada por unha muller que coñece a Hipócrates, o
máis famoso médico da antigüidade e aprende del a arte da medicina.

Navarro Durán, Rosa, A Odisea contada aos nenos, ed. Rodeira. Versión da Odisea moi fácil de
ler.

Nucci, G., Las aventuras de Ulises, ed. Siruela. Versión da Odisea moi fácil de ler.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 13


Núñez, Pablo Las hijas del César, ed. El Andén. Novela de intriga ambientada en Lucus
Augusti (Lugo) a onde chegan as fillas do César cunha perigosa misión: resolver un
conflito entre pobos galaicos enfrontados.

Riordan, Rick, Serie Los héroes del Olimpo: El héroe perdido, El hijo de Neptuno..., Ed.
Montena. Serie fantástica de gran éxito, continuadora de Percy Jackson y los dioses del
Olimpo. Agora centrarase na xigantomaquia e nos heroes do Vélaro de Ouro, Xasón e
os Argonautas.

Riordan, Rick, Serie Percy Jackson y los dioses del Olimpo: El ladrón del rayo, Los dioses del
Olimpo... de. Ed. Salamandra. Serie fantástica de gran éxito, ambientada no EEUU
actual, onde o protagonista, Percy Jackson, vese involucrado nunha serie de
aventuras ao descubrir que é fillo de Poseidón

Sautereau, François, Cuentos y leyendas del nacimiento de Roma, ed. Anaya. Antoloxía de
contos mitolóxicos da antiga Roma, moi fácil de ler.

Scarrow, Simon, Gladiador, lucha por la libertad. ed. Edhasa. Marco, un mozo romano fillo
dun centurión, pasa a ser escravo ao ser asasinado o seu pai, que tiña numerosas
débedas. Convértese en gladiador e deberá investigar o pasado escuro da súa familia
para salvar a súa vida. Boa novela de intriga que engancha. Fácil de ler.

Schacht. Andrea, El oro del gladiador, ed Anaya. Novela de misterio na antiga Roma, onde os
amigos dun gladiador morto teñen que buscar un tesouro agochado por el. Moi fácil
de ler.

Sutcliff, Rosemary, Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea, ed. Vicens Vives. Espléndida versión
da Odisea de Homero.

Sutcliff, Rosemary, Naves negras ante Troya. La historia de la Ilíada, ed. Vicens Vives.
Espléndida versión da Ilíada de Homero.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 14


CÓMICS

Broeders, Ken, Apóstata, ed. Yermo. Serie ambientada no s. IV d. C. Baseada na traxectoria


de Xuliano o Apóstata, moi bo debuxo, documenta ben o final do Imperio Romano
de Occidente coas súas tensións internas. Para lectoras/es maduros.

Calatayud, M. Los 12 trabajos de Heracles, Ediciones de Ponet. Magnífica versión dos


traballos de Heracles nun estilo pop-art, con clara inspiración na cerámica grega e
nos frescos minoicos e micénicos. A partir de 3º de ESO.

Dufaux, Jean e Delaby, Philippe, Murena, ed. Planeta D’Agostini. Magnífica serie de 9
tomos que describe a vida dun patricio romano na Roma imperial de Claudio e
Nerón, moi ben documentada (cita a Suetonio). Moitas escenas de loita de
gladiadores, eróticas e da vida cotiá na Roma Imperial.

Goscinny, R. &Uderzo, A. Asterix, ed. Varias, tamén animación en DVD. Famosísima serie
dos irredutibles galos, que documenta en clave de humor a romanización da Galia
e outras provincias do Imperio Romano. Traducida a infinidade de idiomas,
incluídos latín e grego clásico. Ferramenta imprescindible que se pode usar en
primaria

Fernández, Juanra & Guerrero, Mateo, Gloria Victis, ed. Norma. Estupenda serie
ambientada na Hispania do s. I d. C., protagonizada por un xoven auriga que
quere vingar a morte do seu pai nunha carreira pouco limpa. Debuxo incrible,
excelente para documentar os ludi e vida cotiá no Imperio Romano. Moi fácil de
ler, engancha, a partir de 1º de ESO.

Ferran, Sébastian. Ulises I, II, III e IV, ed. Sexto Piso. Odisea en catro tomos, accesible para
3º ESO, completo, dinámico, fácil de ler.

Homero, Ilíada y Odisea, el manga, ed. Herder. Resumo correcto da Ilíada e Odisea de
Homero, parte dunha colección de clásicos universais en manga da ed. Herder.
Fácil de ler, manga con maquetación occidental. A partir de 1º de ESO.

Marini, Enrico, Águilas de Roma, Norma Editorial. Serie que vai no 4º volume, que narra as
aventuras de dous amigos que se criaron xuntos: un patricio romano, fillo de
romano e xermana, e un príncipe xermano levado a Roma como refén. boa
documentación histórica sobre as campañas contra os xermanos. Descricións moi
interesantes da vida cotiá, villae, urbanismo, exército, con escenas eróticas.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 15


Marazzano e Frussin La expedición. I El león de Nubia. Diábolo Ediciones. Aventura dunha
lexión que deserta para buscar unha civilización perdida, máis alá de Nubia romanas
conquistando, fácil de ler, datos interesantes. Ten máis volumes.

Miller, Frank, 300, Norma Editorial. Cómic no que se basea a famosa película que rende
honra aos 300 espartanos mortos nas Termópilas durante as Guerras Médicas,
pero moito mellor e sen maniqueísmo excesivo. A partir de 3º de ESO

Milligan, P. Greek Street, ed. Planeta de Agostini. Moi interesante versión dos mitos gregos
nun Londres actual escuro e marxinal, con claras referencias dos Atridas, Edipo,
Casandra, Aquiles e Patroclo, as Furias... A partir de 3º de ESO.

Mitton, Ives & Rocca, Simon, Vae victis! ed. Norma. Serie en cinco volumes ambientada na
conquista das Galias por César. Heroína protagonista inspirada na Boadicea
histórica. Moi boa ambientación documentación histórica. O primeiro tomo máis
denso. Para lectoras/es maduros e con interese na historia.

Papadatos, A. & Kawa & di Donna. Democracia, ed. Alianza. Magnífica historieta que
transcurre na Atenas dos s. VI-V a. C., xusto antes da Batalla de Maratón.
Marabillosamente contextualizada, explica o nacemento da democracia con
reflexións filosóficas. Mellor para lectoras/es de 1º de BAC.

Pérez Navarro & Saurí, Martín. La Odisea, Norma Editorial. Boa adaptación do clásico
homérico, debuxo algo abigarrado e cargado en blanco e negro. Mellor a partir de
4º de ESO.

Riordan, Rick & Vewnditti, R. e outros. El ladrón del rayo. Percy Jackson y los dioses del
Olimpo Ed. Salamandra. Adaptación das novelas de R. Riordan, aínda que se
parece máis á película que o texto, fácil de ler a partir de 1º de ESO.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 16


Roga, Irene. La canción de Ariadna, ed. Glenat, manga que relata as aventuras dunha
princesa grega que só ten en común o nome coa Ariadna da mitoloxía. Fácil de
ler.

Rossi & Le Tendre, La Gloria de Hera, Ed. Planeta DeAgostini. Historia de Heracles antes
dos Doce traballos, cando o seu nome era Alceo e non gañara o seu sobre nome
“Heracles” ou a gloria de Hera. Céntrase en aspectos menos tratados como a
dualidade e relación co seu irmán xemelgo Ificles. Bos debuxos, para boas
lectoras/es.

Rossi & Le Tendre Tiresias, Ed. Planeta DeAgostini, Deliciosa historia de Tiresias, que
ademais de famoso adiviño, viviu como muller e como home. Bos debuxos, moi
interesante reflexión sobre a identidade sexual. Para lectoras avezadas/os. A
partir de 3º de ESO.

Rubín, David. El Héroe I e II, Astiberri Ediciones. Magnífica versión libre sobre Heracles e
os 12 traballos. Preséntasenos a un Heracles nun contexto intemporal, con
elementos do pasado, presente e futuro. O tomo II amosa un Heracles maduro e
atormentado. Para lectores/as iniciados no cómic, mellor a partir de 3º de ESO.

Stevenson, Noelle, Leñadoras, ed. Sapristi. Primeiro e segundo volumes dunha serie que
promete. Libro de aventuras con heroínas femininas: rapazas trastes,
aventureiras e sen medo que están de campamento. Referente clásico sorpresa. A
partir de 1º de ESO

Thomas, Roy e Sepúlveda, M. A. La Ilíada, ed. Marvel. Magnífico en canto ao texto e


minuciosidade, respectando o texto homérico co seu estilo épico. Debuxos na liña
de superheroes de Marvel. Mellor a partir de 1º de BAC.

Thomas, R. La guerra de Troya, ed. Marvel. Bo e minucioso resumo da guerra de Troia,


obviando os acontecementos da Ilíada, tratados nun tomo á parte. Mellor a partir
de 1º de BAC.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 17


Thomas, R. e Tocchini, G. La Odisea, ed. Marvel. Como os anteriores, adaptacións
magníficas en canto ao texto, que conserva o estilo épico, moi completas e ben
adaptadas. Debuxos a todo color típicos de superheroes de Marvel. Para
lectoras/es consolidadas. Mellor a partir de 1º de BAC.

Williams, Marcia. La Ilíada y la Odisea, ed. Acanto: Resumo moi completo e simpático
das dúas obras. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, 11 exemplares
no IES de Melide

Williams, Marcia: Los mitos griegos, ed. Acanto, selección de 12 mitos gregos, simpático e
ben explicado. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, no IES de Melide
10 exemplares.

Yamazaki, Mari, Thermae Romae, ed. Norma. Serie manga. O arquitecto romano Lucius
Modestus perde a inspiración. Ante o risco de perder o seu traballo, acude a
relaxarse ás termas romanas. No medio do baño fará unha viaxe no tempo e no
espacio ata o Xapón actual. Aproveitará esta experiencia para revolucionar o
mundo romano e gañar o favor do emperador.

Yamazaki, Mari & Tori, Miki, Plinius, ed. Ponent Mon. Serie manga de romanos centrada
na figura de Plinio o Vello. Historieta interesante e amena, que a través das
memorias deste famoso naturalista nos ofrece unha visión da ciencia no mundo
antigo. Fácil de ler. A partir de 3º de ESO

PELÍCULAS

Amenábar,A., Ágora, Filme arredor da escola da filósofa, matemática, astrónoma… Hipatía


na convulsa Alexandría do s. IV d. C, escenario da desaparición do saber clásico
pagán pola imposición do cristianismo.

Cacoyanis, M., Las Troyanas, USA 1971. Extraordinaria adaptación cun reparto de luxo das
Troianas de Eurípides, as mulleres, nais e fillas dos troianos mortos que agardan a ser
sorteadas como escravas dos vencedores gregos. Clásico que se constitúe como un dos
mellores alegatos contra a guerra.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 18


Columbus, Chris, Percy Jakson y el ladrón del rayo, USA 2010. Adaptación da novela fantástica
homónima de R. Riordan, que nos amosa toda unha serie de personaxes mitolóxicos que
viven nos EEUU do s. XXI

Freudenthal, Thor Percy Jakson y el mar de monstruos, USA 2013 Adaptación da novela fantástica
homónima de R. Riordan, que nos amosa toda unha serie de personaxes mitolóxicos que
viven nos EEUU do s. XXI.

Goscinny-Uderzo Serie Asterix, películas de animación baseadas na famosa serie de cómic.

Konchalovsky, A. La Odisea, USA 1997. Boa adaptación da Odisea de Homero, moi respectuosa
coa ambientación e a documentación e cun bo reparto de actores e actrices.

Kubrick, S., Espartaco, USA 1960 Excelente superprodución en torno á figura de Espartaco, o
famoso escravo tracio que encabezou unha imporante revolta de escravos no s. I a. C.

Lester, R., Golfus de Roma, Reino Unido 1966. Comedia baseada nun musical, que ten como
argumento a mestura de varias comedias de Plauto: un astuto escravo que axuda ao seu
amo a conseguir a muller que ama, salvando todo tipo de obstáculos.

Mankiewicz, J. Cleopatra,USA 1963. Clásica superpodución cun reparto de luxo arredor da


figura de Cleopatra, mítica raíña de Exipto que mantivo relacións con Xulio César e
Marco Antonio no s. I a. C.

MankiewiczJ. Julio César, USA 1953. Clásico cun reparto de luxo baseado na traxedia de
Shakespeare do mesmo título, que xira e torno a Xulio César e o seu asasinato no 44 a. C.

Mann, A., La caída del Imperio Romano, USA 1966. Clásico cun reparto de luxo que nos leva á
Roma de finais do s. II d. C., cando a morte do emperador Marco Aurelio provoca unha
serie de loitas polo poder que marcarán o comezo da decadencia do imperio romano.

Nicholson, P. Pompeya, el ultimo día. Reino Unido 2003. Excelente documental da BBC que
combina a reconstrución da vida cotiá en Pompeia e os seus últimos días antes da
erupción do Vesubio no 79 d. C. cunha explicación rigorosa dos achados arqueolóxicos.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 19


Petersen,W. Troya, USA, Reino Unido, Malta 2004. Superprodución que ofrece unha versión
libre da Guerra de Troia con algúns pasaxes moi aproveitables de inspiración
homérica.

Ross, Gary, Los juegos del hambre, USA 2012. Baseada na novela homónima, narra unha acción
ambientada nun mundo post-apocalíptico no que domina un réxime totalitario que
obriga aos adolescentes a participar nuns xogos nos que deben matarse os uns aos
outros para sobrevivir. Tema distópico con abundantes referentes clásicos

Scott, R. Gladiator, USA 2000. Exitoso peplum ambientado na Roma de finais do s. II d. C. O


emperador Marco Aurelio morre asasinado polo seu fillo Cómodo, que intenta
desafacerse do fiel xeneral Máximo Décimo Meridio, a quen seu pai nomeara como
sucesor. Máximo, que consegue escapar da morte, convértese en escravo e nun
gladiador vitorioso, que buscará por riba de todo vingarse de Cómodo.

Snyder, Zack, 300, USA 2006. Peplum de animación baseado na batalla das Termópilas, na que
un heroico exército de 300 espartanos se enfrontará ao numerosísimo exército persa.
Película bastante maniquea, que non analiza a complexidade da relación entre gregos e
persas.

Stone, O. Alejandro Magno, USA 2004. Superprodución que ten a vida e fazañas de Alexandre
Magno como fío condutor. Ben documentada, fai unha boa análise dos aspectos
culturais e da figura de Alexandre.

Taviani, P e V, César debe morir, Italia 2012. Extraordinaria película que se desenvolve nunha
cárcere de Roma, onde un grupo de presos ensaia o Xulio César de Shakespeare. A
ficción da traxedia shakesperiana mestúrase co día a día dos presos.

Willing, N., Jasón y los argonautas. USA 2000. Peplum centrado na mítica viaxe de Xasón en
busca do Vélaro de Ouro e que obvia todos os aspecto escuros da relación con Medea.

Teatro Clásico. Lecturas. Páx. 20


APUNTAMENTOS
1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA

2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS

3. OS XÉNEROS TEATRAIS

4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS

5. EURÍPIDES. ELECTRA

6. CUESTIONARIO SOBRE ELECTRA

7. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN ROMA

8. A COMEDIA ROMANA

9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

10. PLAUTO. OS XEMELOS

11. CUESTIONARIO SOBRE OS XEMELOS

Teatro de Epidauro (Argólide, Grecia)

You might also like