You are on page 1of 7

ELAS: MULLERES SEN TANTO CONTO

MARIE CURIE
Foi unha pioneira científica e
unha das mentes máis brillantes
do século XX.
Maria Salomea Sklodowska naceu o 7 de
novembro de 1867 en Varsovia (Polonia).
Seus pais eran mestres (a súa nai morreu cando
ela tiña 10 anos) e souberon educar e motivar
excepcionalmente á súa filla.
Naquela época Polonia era un estado súbdito de
Rusia e as mulleres non tiñan acceso á educación
superior, polo que en 1891 Maria decidiu unirse á
súa irmá Bronia en París, matriculándose na
Universidade da Sorbona. Marie, xa co seu nome
afrancesado, recibiu os seus títulos en física en
1893 e matemáticas en 1894 con cualificacións
extraordinarias.
A historia de como Marie chegou a titularse con
27 anos nun país que non era o seu, nun idioma
que non era o seu e tendo que traballar para
sobrevivir fálanos xa da extraordinaria muller que
era.

Coñeceu a Pierre Curie na primavera de 1894, e


casaron en 1895. Ambos eran moi tímidos e non
lles preocupaban as ambicións económicas e
sociais. A súa principal afección era o ciclismo,
pero ambos compartían tamén un profundo amor
pola ciencia e unha dedicación obsesiva a ela. A
súa primeira filla, Irene, nacería en 1897.
A científica polaca, quen adquiriu a nacionalidade
francesa, gañou o Premio Nobel de Física en 1903,
compartido co seu marido Pierre Curie e con
Henri Becquerel; tras a morte do seu marido en
1906 converteuse na primeira muller en ser
profesora da Sorbona; e en 1911 recibiu o Premio
Nobel de Química.
Pierre Curie (1859-1906) naceu e morreu en París.
O 19 de abril de 1906, aos 46 anos de idade,
cruzou a bulliciosa Rue Dauphine nun día
chuvioso, escorregou e foi atropelado por un
pesado coche de cabalos, que lle esmagou a
cabeza e fracturoulle o cranio. Marie Curie
quedou moi afectada e nos anos seguintes sufriu
depresión.
Os raios X foron descubertos polo alemán
Wilhelm Röntgen; o fenómeno da radioactividade
foi descuberto polo francés Henri Becquerel; e os
raios gamma foron descubertos polo francés Paul
Villard. O matrimonio Curie descubriu dous
elementos químicos: o polonio e o radio, o
primeiro denominado así en honra a Polonia, a
terra natal de Marie Curie.
Marie Curie morreu como consecuencia dunha
anemia aplásica, que puido ser causada por unha
longa exposición á radiación. Máis de oitenta anos
despois da súa morte, os seus obxectos persoais
seguen contaminados pola radioactividade, entre
eles as súas notas de laboratorio, roupa, mobles e
mesmo o seu libro de cociña. Atópanse
almacenados en caixas de chumbo na Biblioteca
Nacional de Francia, en París.
Madame Curie ideou as primeiras unidades
radiolóxicas móbiles, unha especie de
ambulancias equipadas con aparellos de raios X,
que salvaron miles de vidas durante a contenda. A
súa filla Irène foi unha dos seus axudantes.

A súa filla Irène Joliot- Curie (1897-1956) tamén


recibiu o Premio Nobel de Química, foi en 1935 e
"polos seus traballos na síntese de novos
elementos radioactivos". Descubriu a
radioactividade inducida xunto co seu esposo
Frédéric Joliot- Curie.
Marie Curie foi unha das mentes máis brillantes
do século XX. Descubriu dous elementos
químicos, o polonio e o radio, e explorou o
fenómeno da radioactividade natural: comprobou
que certos elementos como o uranio, o radio e o
polonio teñen a propiedade de emitir radiacións
de partículas moi enerxéticas. Contribuíu
decisivamente ao desenvolvemento da física
nuclear.

You might also like