You are on page 1of 9

ELAS:

MULLERES SEN TANTO CONTO

MANUELA
BARREIRO

1877- 1953
Manuela Antonia naceu en Viveiro (Lugo) o 5 de xullo
de 1877 e morreu en Madrid o 29 de xaneiro de 1953.
Naceu no edificio do antigo convento de San
Francisco, onde vivía o seu avó materno D. Xusto Pico
de Coaña e Vijander, mestre de instrución primaria
en Viveiro durante máis de tres décadas e eminente
pedagogo galego do século XIX. Seu pai D. Facundo
Manuel Barreiro Arias, foi mestre. A súa nai Dona
María do Carmén Inés Pico Arias, natural de
Villanueva de Lorenzana, foi ama de casa.
Tivo tres irmáns, Xusto (Viveiro, 1875, avogado), Inés
(Ribadeo, 1878, morreu en 1901) e Emilia (1881, ama
de casa).

PAGE 02
Pasou a infancia en Ribadeo onde o seu pai foi mestre.
e alí estudou o ensino primario.
Ribadeo tiña un colexio privado de ensino secundario
en 1858, o Colexio de San Luís, polo que é posible que
se preparase no devandito centro, para despois
examinarse do Bacharelato no Instituto de Segundo
Ensino de Tapia de Casariego (Asturias) os cursos de
1890 a 1893. Despois trasladou o seu expediente ao
Instituto de Segundo Ensino de Lugo, e examinouse
nos cursos de 1893 a 1895, por ensino non oficial, non
colexiada.

PAGE 02
Seu expediente académico é moi brillante, cunha
media de Notable alto. Fixo os exames de grao de
Bacharelato en Lugo o día 3 de xullo de 1895, coa
cualificacion no primeiro e no segundo exercicio de
Sobresainte, obtendo o título de bacharelato o ano
1895. Ata estas datas non consta que ningunha muller
galega o fixera, polo que sería a primeira en conseguir
o título de Bacharelato.
De acordo coas leis vixentes nese momento, no curso
1896, Manuela Barreiro tivo que solicitar permiso ao
Ministro de Instrución Pública para facer os estudos
universitarios e poderse matricular na Universidade,
xa que non era posible facelo por ensino oficial ata
1910. Os homes matriculábanse sen ningún problema.

PAGE 02
Os estudos de Farmacia fíxoos na Facultade de
Farmacia de Santiago de Compostela, excepto os
estudos previos que todos os estudantes tiñan que
facer na Facultade de Ciencias, entre os anos de 1896-
1900.
Os comezos da súa carreira non foron fáciles, nunha
sociedade que rexeitaba a presenza da Muller na
Universidade.
Cando acabou a carreira e conseguiu o Título de
Licenciado en Farmacia (1901) volveu insistir mediante
unha solicitude, para que se lle concedese o dereito
para exercer a profesión na que alcanzou a
licenciatura.

PAGE 02
Na súa botica, Manuela preparou un bo número de
formulacións orixinais –debido á escaseza de
específicos– e tamén formulacións receitadas polos
médicos, así como análises de sangue, augas e
alimentos. Participou en todas as campañas de axuda
aos máis necesitados, e en programas de vacinas en
colaboración co Concello.
Manuela atopou grandes dificultades atopadas, tanto
cando estudaba a carreira en Santiago e máis tarde no
desenvolvemento da súa profesión, pola súa condición
de muller, sempre rexeitada pola sociedade.
Despois da súa xubilación Manuela viaxou con
frecuencia a Coruña coa súa irmá Emilia e o seu sobriño
Pedro; aloxábanse nunha pensión, feito moi frecuente
naquela época. Tamén viaxou a Arxentina con eles, para
visitar as propiedades do seu cuñado naquelas terras.

PAGE 02
Continuou vivindo entre Ribadeo e Mondoñedo, coa
súa irmá e o seu sobriño, onde Pedro estudou
primeiro no Seminario e despois dedicouse aos
negocios. Estes fracasaron e terminou totalmente
hipotecado, polo que venderon o que quedaba e
marcháronse a Madrid. Na venda do piso perdéronse
todos os documentos e fotos de Manuela, o seu
posible diario, o seu título de Licenciada, os cadernos
das preparacións de farmacia, etcétera; por iso é polo
que practicamente non se saiba dela. Marcharon a
Madrid e viviron nunha pensión, co que a súa nova
vida, lonxe de Ribadeo, foi dura e dolorosa. Manuela
morreu en Madrid o 29 de xaneiro de 1953, ao ano de
chegar alí.

PAGE 02
Foi consciente de ser a primeira universitaria da
Universidade de Santiago e a primeira en licenciarse en
Farmacia. Comentaba as grandes dificultades e
discriminacións sufridas ao longo dos seus estudos, así
como despois, no exercicio da súa profesión. Nas clases
sentaría á parte, tal como era frecuente naqueles
tempos, a maioría das veces na mesa do profesor,
separada dos seus compañeiros. A Farmacia era
coñecida como “A dás Piconas”, porque a súa irmá
Emilia estaba frecuentemente con ela e polo seu
apelido Pico. Foi unha muller moi bondadosa, humana
e moderna; cos nenos sempre tiña atencións cando ían
á farmacia cos seus pais.

PAGE 02
Participaba e doaba vacinas e medicinas aos máis
necesitados; unha parte dese desembolso reingresábao
a través do concello. Era unha muller emprendedora e
fixo numerosos investimentos inmobiliarias, tanto de
leiras como en vivendas. Así mesmo foi unha
precursora na degustación de mariscos; naqueles
tempos eran desprezados pola sociedade e só
comíanos os pescadores; ela pedíalles que llos
trouxesen cando falaba con eles ou ían pola farmacia.

PAGE 02

You might also like