You are on page 1of 3

EDUARDO PONDAL

Eduardo Pondal Abente, xunto con Rosalía de Castro e Manuo Curros Enríquez,
forma o trío fundamental do Rexurdimento literario que se produciu na Galicia
do século XIX, e que sentou as bases de recuperación literaria contemporánea
da lingua e da cultura galega.

Eduardo Pondal naceu en Ponteceso o día 6 de febreiro de 1835, o último de


sete irmáns, no seo dunha familia acomodada, feito que lle permitiu adquirir
unha sólida formación académica e, posteriormente, dedicarse a creación
literaria en exclusiva.

De neno realizou os seus primeiros estudos na reitoral de Vilela de Nemiña,


baixo a tutela do párroco de Touriñán.

Este período de formación inicial será recordado en diversos poemas, en


particular no dedicado ao dolmen de Dombate, un dos monumentos que o
poeta considera celta e que constituirá, xunto con moitos outros dolmenes e
castros, a proba obxectiva do carácter céltico da nación galega.

En 1848 foise a Santiago de Compostela, onde continuou os seus estudos: en


1854, xa obtido o grao de Bacharelato, matriculouse na Facultade de Medicina,
onde finalizou os seus estudos en 1860, aínda practicamente nunca exerceu
como médico.

Nestes anos estudantís na capital galega, Pondal participa nas actividades


político-culturais da xeración herdeira do levantamento frustrado de 1846 dos
Mártires de Carral, con Aguirre, Rosalía e outras importantes figuras do
Rexurdimento galego do século XIX.

Durante este período compostelano consolida a súa formación humanística e


literaria, como mostra o seu dominio das linguas clásicas (latín e grego) e
modernas (portugués, italiano, francés e inglés), así como o coñecemento das
respectivas literaturas.

O 2 de marzo de 1856 organiza e participa no Banquete de Conxo, un evento


político-cultural de convivencia entre estudantes e obreiros, onde Pondal
pronunciou un apaixoado brindis poético, xunto con Aurelio Aguirre e Luís
Rodríguez Seoane.

Este acto tivo unha gran transcendencia na Galicia da época e tamén para o
poeta, que estivo ameazado de desterro pola súa participación.
A partir deste ano de 1856, a figura de Eduardo Pondal adquire relevancia
pública e inicia a publicación de poemas en diversos medios periodísticos e
literarios.

Xa en 1857, publica os seus primeiros versos en galego, un fragmento do


poema épico “Os Eoas”, unha larga composición na que traballou ao longo de
toda a súa vida.

En 1858 aparece a primeira versión do poema “A campana de Anllóns”, tal vez a


composición más coñecida do poeta.

Traballou como médico da Armada en Ferrol nos anos 1861 a 1862, e


posteriormente no ano 1863 aproba as oposicións e convértese en médico da
fábrica de armas de Trubia, Asturias.

Onde permanece soamente un pouco máis dun mes, pois non resiste a vida
militar, tan afastada do seu espírito poético.

Abandona o seu destino e a súa profesión para ocuparse enteiramente á


creación dunha obra dedicada á defensa da nación galega, da súa lingua e da
súa cultura.

Sen dúbida, o peso da influencia de Rosalía de Castro fai que Pondal


incremente a súas publicacións en galego, e a partir da aparición da súa gran
obra “Queixumes dos pinos” en 1886, convértese nun escritor monolingüe en
galego, ao tempo que tras a morte de Rosalía e da ausencia de Curros (en
Madrid primeiro e na Habana despois) Pondal convértese no poeta de
referencia da Galicia decimonónica.

De acordo con esta condición, e a pesar de que tras o período compostelán o


poeta vive fundamentalmente instalado en Ponteceso, con saídas esporádicas
a Santiago e A Coruña, participa en numerosas actividades de carácter
democrático-nacionalista.

É en 1890 cando Pascual Veiga lle encarga o texto do Himno para o concurso
internacional convocado para tal efecto.

As catro primeiras estrofas do poema “Os Pinos” converteranse no himno


galego, especialmente a partir da súa consideración como tal por parte do
colectivo galego emigrante en Cuba, e sen dúbida, tamén pola súa aceptación
por parte das Irmandades da Fala a partir de 1916.
Nas últimas décadas do século XIX e nos primeiros anos do século XX, Pondal
frecuenta A Coruña e participa na Cova Céltica, círculo nacionalista onde
Murguía exercía como patriarca e Pondal como bardo.

Con todos os seus irmáns mortos, en 1908, instalouse definitivamente en A


Coruña, cidade onde se consolidou como o Bardo do pobo galego, nun período
final marcado por crisis de saúde física e mental, que se agudizou no último
período, o cal lle impidiu ver publicado o poema épico “Os Eoas”, que consistiu
nunha obsesión literaria ao longo de toda avida do poeta.

Eduardo Pondal faleceu o 8 de marzo de 1917 na pensión “La Luguesa” na


rúa Juana de Vega, só e cego, atendido polos amigos galeguistas e despois de
ceder todos os seus manuscritos á Real Academia Galega, da que era membro
desde o momento mesmo da súa creación en 1906.

O enterro do poeta constituiu unha verdadeira manifestación popular e cidadá,


con representación persoal e a través de coroas fúnebres de todas as
institucións galegas, e tamén da emigración.

Estas representacións e máis dunha multitude ciudadá acompañaron ó féretro


hasta o cemiterio de San Amaro, onde as Irmandades cantaron o Himno, como
manifestación pública de afirmación no momento final de Eduardo Pondal, que
tras a morte de Rosalía de Castro, exérceu como poeta nacional.

You might also like