You are on page 1of 2

Rosalía De Castro

María Rosalía Rita de Castro (Santiago de


Compostela, 23 de febreiro de 1837-
Padrón, 15 de xullo de 1885) foi unha
poeta e novelista española que escribiu
tanto en galego como en castelán.
Considerada entre os grandes poetas da
literatura española do século XIX,
representa xunto con Eduardo
Pondal e Curros Enríquez unha das
figuras emblemáticas do
Rexurdimento galego, non só pola
súa contribución literaria en
xeral e polo feito de que os seus
Cantares galegos sexan entendidos
como a primeira gran obra da
literatura galega contemporánea, senón
polo proceso de sacralización ao que foi
sometida e que acabou por convertela en
encarnación e símbolo do pobo galego.
Ademais, é considerada xunto con Gustavo
Adolfo Bécquer, a precursora da poesía
española moderna.
Escribir en galego no século XIX, é dicir, na época na que viviu Rosalía, non resultaba nada doado
por un gran número de razóns. A maior parte delas estaba ligada ao pensamento e estruturación da
sociedade do momento, na que a lingua galega estaba moi desprestixiada e menosprezada, cada
vez máis distante daquela época na que fora a lingua da lírica galegoportuguesa. Toda a tradición
escrita perderase, polo que facíase necesario comezar desde cero rompendo co sentimento de
desprezo e indiferenza cara á lingua galega, pero poucos eran os que se plantexaban a tarefa, pois
esta tería constituído un motivo de desprestixio social. Nun ambiente no que o castelán era a
lingua da cultura e a lingua protexida da clase minoritaria dominante, Rosalía de Castro outorgou
prestixio ao galego ao usalo como vehículo da súa obra Cantares galegos e afianzou así o renacer
cultural da lingua.

You might also like