You are on page 1of 18

EDUARDO MARÍA GONZÁLEZ PONDAL

E ABENTE (1835-1917)
Naceu en 1835 en Ponteceso

• A casa natal encóntrase na


desembocadura do río
Anllóns.
• Foi construída polo pai de
Eduardo Pondal, un fidalgo
que reuniu unha boa fortuna
na emigración.
• Os seus baixos funcionaron
tamén como fábrica de sal.
• Aquí foi criado o poeta polo
seu pai e irmáns, tras
quedarse orfo de nai.
A paisaxe de Ponteceso está moi presente na
poesía do bardo
Monte Branco, así chamado pola area que o vento arrastra desde a praia
Desde o cumio do Monte Branco pódese observar a enseada da
Insua, onde se produce a desembocadura do río Anllóns no
océano Atlántico.
O primeiro poema en
galego escrito por Pondal
titúlase:
“Companas de Anllóns”
Foi publicado en El
album de la Caridad
(1861).
Inspírase nas campás
desta igrexa, que hoxe
foron substituídas por
outras, ao seren destruídas
por un raio.
Tamén dedicou un poema ao dolmen de Dombate, ao lado do
que pasaba todos os días cando ía estudar.
Pondal é coñecido como O Bardo, que era como chamaban os
Celtas aos poetas.
O celtismo é o elemento que máis caracteriza a este poeta.
A cibdá de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, é un castro
Que foi poboado entre o S.VI a.c. e o S. II d.c.
Comezou os seus estudos co párroco de Vilela de Nemiña, a onde
Se desprazaba a diario nun cabalo.
Con este mestre recibiu unha boa formación en cultura clásica (latín
E grego), o que tivo unha fonda repercusión na súa obra.
Próximo a Ponteceso está o Cabo de Touriñán, o punto máis
occidental de España, que tamén aparece na poesía de
Pondal.
O santuario da Virxe da Barca, coa Pedra de Abalar, é un lugar
de forte devoción en Galicia desde tempos inmemoriais.
En 1853 Rosalía acudiu a esta romaría coa irmá de Pondal.
Apañaron o tifus e a irmá de Pondal morreu aos poucos días.
En Santiago de Compostela:
• Estudou o Bacharelato e a carreira de
Medicina.
• Asistiu ao Liceo La Juventud, onde coñeceu
a Rosalía, a Murguía e a outros escritores
galegos.
• Participou no Banquete de Conxo en 1856.
Ao rematar a carreira:

• Aprobou a oposición ao corpo de sanidade do exército.


• Incorporouse ao traballo, pero ao cabo dun mes pediu un
permiso e non volveu máis.
• Pasou o resto da vida entre a casa natal e a cidade da
Coruña.
• Non casou nin tivo fillos recoñecidos (aínda que si
ilexítimos). Era misóxeno.
• Pasou toda a súa vida dedicado á lectura e á creación da
súa obra literaria: Queixumes dos Pinos e Os Eoas, que
deixou inconclusa.
• Desde este momento comeza a ter problemas de saúde
mental.
Na Coruña:
• Asistiu ás tertulias da Cova Céltica: librería onde se reunían
intelectuais para falar sobre a cultura galega. Atribuían as
características diferenciais da nación galega ás nosas orixes celtas.
Na Coruña formou parte dunha sociedade de artesáns
Creación do himno galego
• A asociación de artesáns da Coruña encomendoulle a Pondal escribir a
letra para o himno galego.
• Pondal escribiu o poema “Os Pinos”.
• Fíxose un concurso para pór música ao poema de Pondal.
• Gañou o concurso Juan Montes e quedou así o himno constituído.
• En 1907 foi utilizado por primeira vez na Habana, pero coa música dun
concursante diferente ao gañador: Pascual Veiga.
• Esta versión (letra de Pondal e música de Pascula Veiga) foi a que
triunfou.
• En Galicia comezou a utilizarse regularmente coas Irmandades da Fala
(1916)
• http://www.youtube.com/watch?v=6tt2STkICTE&feature=related
http://www.culturagalega.org/roteiros/detalleextra.php?id=6&cod_rtro=7
&cod_obx=65
http://www.culturagalega.org/roteiros/detalleextra.php?id=6&cod_rtro=7&cod_obx=65

Formou parte da RAG desde a súa fundación en 1906. Cando morreu, a RAG
custodiou o manuscrito inacabado dos Eoas, que non foi publicado ata 1992.
Morreu cego e só, no Hotel La Luguesa, situado na rúa Juana
De Vega da Coruña, en 1917.
A súa última frase foi:
“Déstesme unha lingua de ferro, déixovos unha lingua de ouro”.
Foi enterrado na Coruña, no mesmo cemiterio que Curros Enríquez,
Segundo os seus desexos expresados no poema “A derradeira
vontade”.

You might also like