You are on page 1of 6

TTA Módulo A.

Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora 23/04/2021

Autora: Isabel Agustina Cid Andrés

Isabel Agustina Cid Andrés Página 1 de 6


TTA Módulo A. Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora 23/04/2021

A emigración como proceso interxeracional

A emigración ten características moi distintas dependendo da época na que se produce e as ra-
zóns que a empurran: económicas, políticas, persoais. Algúns emigran sen pensar no retorno,
outros ansían retornar dende antes de partir e outros pensan nunha emigración temporal, isto
relaciónase cas causas da emigración, o lugar, a adaptación, as posibilidades materiais de voltar.
No caso proposto a emigración é un proceso interxeracional. Comeza no ano1920 (de Galicia a
Bos Aires), sen posibilidades materiais de retorno pola situación económica, a dificultade de co-
municación e a distancia. Remata no ano 2020, cunha volta ao orixe (de Bos Aires a Galicia) que
pode ser definitiva ou non. Unha experiencia que remata cunha Patria Arxentina e unha Matria
Galega. Esta última etapa pode darse polas facilidades de viaxe e comunicación telemática. Oco-
rre nun contexto de “Mundo Globalizado”. Mostra as diferencias segundo o momento histórico de
España e Arxentina e está atravesado pola relación coas Institucións galegas de Arxentina.

Isabel Agustina Cid Andrés Página 2 de 6


TTA Módulo A. Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora 23/04/2021

Unha historia familiar dentro da historia da emigración


Historia familiar:
Dona Agustina Cid Bolaño, naceu en Allariz, Ourense no ano 1896, emigrou cara a Arxentina
en 1920 con dous irmáns. Saíu da súa vila natal cara a porto de Vigo onde viu o mar pola primeira
vez, embarcou nun vapor sen saber como era o pais onde ía. Ao chegar coñeceu unha inmensa
cidade na que, con moito esforzo aprendeu a vivir, buscou traballo, fixo amigos. Foi necesario
esquecer a súa Galicia natal, aos veciños e máis á familia que quedou lonxe e non vería outra
vez. Celebraba as festas patrias arxentinas e xamais falaba da súa terra nin frecuentaba centros
galegos. Quedou soa, a irma coa que viaxou morreu e o seu irmán formou unha familia da que ela
quedou fora pois quedou preñada e tivo un fillo sendo solteira. O único contacto coa colectividade
foi o Centro Gallego de Buenos Aires, centro de saúde onde se atendía e onde naceu no ano 1928
o seu fillo Luis. Agustina chegou a Arxentina sendo analfabeta, aprendeu a ler e escribir e soubo
da importancia do estudo. Traballou limpando para outros, como panadeira e finalmente como
lavandeira. Vivía nunha pensión. Sempre viviu do seu traballo.
Luis foi sempre arxentino, nunca dixo que non sabía quen era o seu pai, dicía que estaba morto.
Avergoñábao a súa nai solteira. O Bos Aires dos anos 30 estaba cheo de inmigrantes e Luis tiña
moitos amigos galegos, apelidos como Rodríguez, Blanco Xaneiro, Rosendo non podían faltar nas
súas xuntanzas. Estudiou nunha escola técnica e traballou como electricista de barcos, foi mariño
mercante. Casou cunha arxentina filla de vascos e tiveron una filla, Isabel.
Isabel, de pequena chamábanlle galeguiña e cantaba “Ondiñas veñen” sen saber moi ben a razón.
Só coñeceu unha avoa, Agustina que non era agarimosa, non lle contaba contos, nin lle cantaba
anque sempre estaba moi pendente do benestar da rapaciña. O agasallo polo aniversario nunca
foi unha boneca, ela depositáballe nunha conta de banco diñeiro para que cando fora grande
puidera estudar. Pasou o tempo e a avoa morreu. Isabel tiña 17 anos e poido entender o compor-
tamento da súa avoa e decatouse de canto se quixeran. Agustina foi a imaxe de referencia para
esta moza que colleu a posta que deixou a avoa e “Galicia Rexurdiu” nela. No seu corazón medrou
a semente que deixou esa avoa tan galega que tivo que esquecer a súa querida Patria para poder
sobrevir neste segundo fogar. A partir de entón achegouse ao Centro Gallego de Buenos Aires, e
outras asociación onde aprendeu a cultura das súas raíces. Os estudos superiores e o traballo
fixeron que Isabel deixara as actividades da colectividade. Sen embargo casou cun galego, Xosé,
nado en Bos Aires. O seu sogro, Avelino, chegou á Arxentina no ano 1950. Era daqueles que si
sabían onde ían cando deixaron Galicia e puideron voltar a visitar á súa terra. Tiveron unha filla,
Covadonga. Xuntos, en familia visitaron a “Terra Nai” e logo, case sen decatarse achegáronse as
actividades da colectividade. Isabel tornou a Lembranzas da Terra, sumouse as clases de gaita
no Centro Galicia de Buenos Aires, incorporouse ao Terzo da Fala e ao Coro do Centro Lalín.
Isabel Agustina Cid Andrés Página 3 de 6
TTA Módulo A. Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora 23/04/2021

Covadonga dende moi pequena é galega. Cando foi a Galicia visitou a casa onde nacera o seu
avó Avelino e parecía que a coñecía de sempre. As súas tías de Ourense dicían que non había
dúbida de que era unha “Coucho”, o alcume da familia. De volta na Arxentina coñeceu a Xesús
Longarela, o mestre de gaita da súa nai. Dende ese día non deixou nunca o seu apego por Galicia.
Tiña 4 anos e aprendeu baile en Lembranzas da Terra, que agora estaba no Centro Lalín, Agolada
e Silleda de Galicia en Buenos Aires. Aprendeu a tocar a gaita e a cantar en galego. Estudou no
Instituto Arxentino - Galego Santiago Apóstolo. Viaxou varias veces a Galicia. Sendo moza parti-
cipou de Galegas na Diáspora e integrouse á escola de baile da Federación de Asociaciones
Gallegas de la República Argentina . Logo esta galega nada en Bos Aires, cunha bisavoa e máis
un avó galego tomou unha decisión moi importante, tiña que probar vivir en Galicia. Viaxou por
estudos?, emigrou?, retornou? a súa Matria Galega...
Esta historia da vida real ten unha relación coas institucións que fundaron os galegos na diáspora.

Dona Agustina, seus descendentes e as Institucións galegas de Arxentina:


Centro Gallego de Buenos Aires, foi a fundado en 1879 desapareceu en 1892, e posteriormente
refundado en 1907. O seu obxectivo foi axudar aos inmigrantes: ditáronse cursos de alfabetiza-
ción, creouse unha Oficina de Traballo e Inmigración e brindouse aos asociados a asistencia mé-
dica necesaria. Converteuse nun importante sanatorio aínda que tamén ten unha importante parte
cultural. No ano 1969 creouse o Instituto de Cultura do Centro Galego, dando continuidade ao
labor da antiga Comisión de Cultura, difundindo a cultura galega e custodiando o importante pa-
trimonio cultural da Institución. Neste Centro de Saúde atendíase Dona Agustina, nel pariu a Luis,
e no seu panteón no camposanto descansan a súas cinzas. Isabel comezou a cantar no coro do
Instituto de Cultura do Centro e tamén fixo o seu primeiro curso de idioma galego. Moitos anos
máis tarde, Isabel e máis Covadonga participaron en moitas oportunidades dos actos que se or-
ganizan tódolos xaneiros como homenaxe a Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao co gallo
do seu pasamento que sucedera neste establecemento.
Centro Pontevedrés de Buenos Aires, foi un desprendemento da Federación de Sociedades
galegas, despois fusionouse no Centro Galicia de Buenos Aires. Nel funcionou a Coral Rosalía de
Castro dirixida por Cesáreo Rodríguez e tamén o primeiro Grupo Feminino de Gaitas da diáspora,
dirixido por Xesús Pérez Longarela. Na Coral Rosalía de Castro Isabel formouse musicalmente
neste grupo e converteuse en gaiteira, no entanto, o máis importante foi o “rexurdimento de Gali-
cia” nela. Así apareceu o acento galego que leva no sangue. Escoitou o galego dos emigrantes
que crearon a Galicia da diáspora e mantiveron as costumes, a lingua, as danzas, os traxes e
xurdiu o acento desa avoa a quen Isabel nunca escoitara falar galego.

Isabel Agustina Cid Andrés Página 4 de 6


TTA Módulo A. Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora 23/04/2021

Asociación Casa de Galicia, é unha das máis antigas da Arxentina, aberta no ano 1933. Ten fins
culturais, solidarios, sociais e recreativos. Nesta Institución funcionou Lembranzas da Terra un
desprendemento da Coral Rosalía de Castro, que despois funcionou no Centro Lalín Agolada e
Silleda de Galicia en Buenos Aires. Nel integráronse Isabel, Xosé e máis Covadonga. Facíanse
Xuntanzas infantís, celebrábanse os Maios. Tiña escola de baile, música e coro.
Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Buenos Aires, fundado en 1982 como fusión das
sociedades Asociación Hijos del Partido de Lalín (1908), Asociación Hijos de Silleda (1908), Aso-
ciación Unión del Partido de Lalín (1921) e Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus
contornos (1930). Axudaron a facer obras na vila de Lalín, como: o cemiterio, o Hospitalillo, etc.
Nesta Institución funcionaron: Lembranzas da Terra, Coro do Centro Lalín. Presta as súas insta-
lacións a agrupacións como O Terzo da Fala e O camiño de Santiago. O Terzo da Fala, creouse
pola participación do seus compoñentes dun curso de lingua galega que se ditou en Bos Aires.
Daquela, xúntanse tódolos mércores, intercambiando información sobre Galicia, a política galega,
a lingua e a cultura galegas. Isabel incorporouse activamente.
Centro Galicia de Buenos Aires, foi creado no 1979, ca fusión dos Centros Coruñés, Lucense,
Ourensán e Pontevedrés. Nos seus obxectivos, destaca a defensa da idiosincrasia galega; o en-
sino das costumes e historia de España e Galicia, sen deixar de lado a historia e o respecto pola
Arxentina, terra e pobo que acubillou a tantos miles de inmigrantes galegos. A familia é o centro
do seu actuar cultural, social, deportivo e recreativo. Isabel Xosé e Covadonga participan das
escolas de gaitas, baile, teatro, música celta, coro.
Instituto Arxentino - Galego Santiago Apóstolo, é un colexio da Xunta de Galicia e do Centro
Galicia de Buenos Aires que desenvolve un proxecto bicultural en tódolos niveis de ensino. No
ano1998 inaugurábase e a partir de aí foise completando o nivel inicial e EGB/ Nivel Primario e
máis Secundario. Covadonga fixo todos os seus estudos neste Instituto.
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, naceu no ano 1921. O seu
obxectivo foi a redención do campesiñado galego, a superación do atraso económico e cultural de
Galicia e a liberdade do pobo español. Apoiou a 2da República e participou do Partido Galeguista.
Converteuse no ámbito de actuación dos intelectuais exiliados (Alfonso Castelao, Arturo Cadrado,
Luís Seoane, María Vitoria Villaverde etc). Apoian a loita pola autonomía galega e por unha de-
mocratización da vida política de España. Dedícase tamén á defensa e axuda dos emigrados na
Arxentina. Desenvólvense variadas actividades culturais, teatro, coro, danzas, idioma, etc.
Galegas na Diáspora, é un colectivo feminista, formouse no ano 2018 en defensa dos dereitos
das mulleres. A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina cedeulles o es-
pazo para as súas xuntanzas. Participou Covadonga dende a súa fundación ata viaxar a Galicia.

Isabel Agustina Cid Andrés Página 5 de 6


TTA Módulo A. Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora 23/04/2021

Conclusión

A emigración é un proceso cuxas consecuencias non rematan na vida do emigrante. Ten un forte
influxo na vida da súa familia dos seus achegados e máis a dos seus descendentes. Sexa que
tamén emigren ou non. Quen emigra é “forasteiro” en Galicia porque a deixou e no novo pais
porque nacera fora. Dende outro punto de vista pode dicirse o contrario, se se adapta ben ao pais
de acollida sen esquecer onde naceu, ten dous patrias. Todo depende de como viva o proceso.
Non ai dúbida da importancia das institucións que os primeiros emigrantes crearon nos países de
acollida para podes manter o vínculo coa orixe. Outro factor importante é a axuda do goberno da
Galicia actual e a preocupación polos galegos da diáspora, é fundamental para o posible retorno
da poboación de Galicia que emigrara no século pasado e amais o mantemento dos lazos deses
emigrantes e a súa Galicia de Orixe. Amais é moi importante apoiar os procesos de vinculación
da Galicia territorial e a Galicia da diáspora ca comprensión de que Galicia son ambas dúas. Hoxe
a tecnoloxía fai este proceso máis doado.

Webgrafía
https://emigracion.xunta.gal/
http://www.cronicasdelaemigracion.com/
http://www.fsgallegas.org.ar/
https://gl.wikipedia.org
https://es.wikipedia.org
https://gaiterosbsas1963.wixsite.com/gaiteros-de-buenos-aires
http://www.centrogalicia-bsas.org/
https://casadegalicia.com.ar/
https://p3.usal.edu.ar/index.php/epocas/article/download/3412/4238
http://lalinbuenosaires.galiciaaberta.com/historia-del-centrohistoria-do-centro/

Isabel Agustina Cid Andrés Página 6 de 6

You might also like