You are on page 1of 5

REBECA

ATENCIA
Nada en Ferrol en 1977, é
unha veterinaria galega que dirixe o Centro
de Rehabilitación de Chimpancés de
Tchimpouga, na República Democrática do
Congo, dependente do Instituto Jane
Goodall.
REBECA, A DAMA DOS
CHIMPANCÉS.

Rebeca Atencia, ferrolá, veterinaria


é responsable do Centro de
Recuperación de Chimpacés de
Tchimpounga, creado pola mítica
Jane Goodall.
En Serantes, alá nos montes de
Ferrol, gustáballe xa de pequena
estar cos animais. Logo, cando se
trasladou a Madrid coa súa familia,
tivo claro que tiña que ser
veterinaria. Fixo prácticas no Zoo e
andou cinco anos perdida entre
zoos e safaris, pero ela quería que
aqueles animais que coidaba
recuperasen a súa liberdade…
É a responsable de chimpancé,
mandriles e monos cercopitecos…
Segundo di Rebeca..."Cando
traballas con animais salvaxes en
catividade dásche conta de que o
chimpancé é o animal máis
próximo a nós… Cando estaba a
traballar en Help Congo, un
centro de reprodución, apareceu na
súa vida Jane e uniuse ao seu
proxecto, no que está desde hai
uns anos.
Sempre tivo curiosidade por
pescudar onde estaba o parecido
que a xente atopa entre o home e o
mono; e Rebeca Atencia, que,
convive con tantos, parece telo
claro:
Di Rebeca: " Cando traballas
cos chimpancés, é cando
realmente atopas eses
parecidos. Na selva
compórtanse como os homes
primitivos: camiñan, buscan
alimento colleitando froita,
teñen as súas propias
xerarquías machistas… Pero
aínda hai máis. O chimpancé
como o home pode chegar a
ser moi destrutivo co medio…
E aínda que protexe á súa
familia fai guerras contra
outros grupos… Non creades,
non hai tantas diferenzas…"
En 2005, Rebeca Atencia iniciou a
súa andaina no continente africano
no CONGO, nun proxecto de
reintroducción de chimpancés nas
selvas congoleñas. Levaba alí dez
meses traballando e documentando
o éxito do programa, mediante
seguimentos por radio emisores,
cando a primatóloga Jane Goodall
fixouse no seu traballo e
propúxolle dirixir o centro de
Tchimpounga. Neste centro
fundado en 1997 coidan e protexen
a uns 150 individuos entre mozos e
adultos co propósito de devolvelos
á selva ao mesmo tempo que
desenvolven un labor de educación
e sensibilización sobre estes
animais dirixida aos habitantes da
zona.

You might also like