You are on page 1of 28

A muller en Roma

Zaida Currás Fernández

Andrea Mosteiro Prieto

Elisa Pardo Merlán

Bárbara Rocha Fernández

Universidade de Santiago de Compostela

G5071502 Historia de Roma

Profesora Ana María Suárez

25/05/2022
A muller en Roma 2

ÍNDICE

I. A cidadanía romana da muller

II. A educación feminina

III. A muller na casa

A. O parto

IV. A muller e os seus oficios

V. A muller na política

VI. A muller e a relixión

A. As vestais

B. Os ritos fúnebres

VII. A figura da muller romana ideal

A. A matrona

VIII. Vestimenta da muller en Roma

A. A muller patricia

B. A muller plebea

C. A prostituta

XI. Mulleres célebres en Roma


A muller en Roma 3

I. A cidadanía romana da muller

A muller tivo seguramente moita importancia ao longo da historia de Roma, pero non temos

tantos datos xa que por unha parte, non era cidadá de pleno dereito e, ademais, eran

eclipsadas polos homes.

En Roma había dous tipos de cidadanía: a cidadanía romana e a cidadanía latina. A cidadanía

romana contaba cunha serie de dereitos que eran os seguintes:

● Ius suffragiorum: o que permitía poder emitir o seu voto.

● Ius honorum: o cal era o dereito a presentarse a cargos políticos e poder exercer como

tal.

● Ius commercii: posibilidade de ter propiedades privadas e a firmar certos contratos.

● Ius connubii: o dereito a casarse con outro cidadán/á e a ter fillos considerados da

mesma clase social á que pertencían.

● Ius migrationis: permitíalles conservar a súa cidadanía durante as súas viaxes fóra da

cidade e incluso cando se mudaban a cidades do mesmo nivel.

A cidadanía latina era un paso intermedio ata poder obter a plena cidadanía. Durante a

República posuían a maior parte dos dereitos, excepto o ius suffragiorum (voto) e o ius

honorum (cargos políticos). É dicir, obter esta cidadanía significaba a pertenza ao Imperio

romano; nela estaban incluídas as mulleres (podían casarse con outro cidadán e tiñan dereito

a propiedades; ademais, conservaban a cidadanía cando viaxaban. Non obstante, non podían

nin votar, nin exercer, nin pertencer a ningún tipo de cargo público ou maxistratura;

limitábanse ao ámbito doméstico).

A gran maioría de cousas que sabemos da muller romana facémolo a través de ollos

masculinos, principalmente na literatura. Como por exemplo sabemos que foron adquirindo

dereitos ao longo do tempo.


A muller en Roma 4

A vida da muller dependía en gran parte da posición social da familia. Non se distinguía

demasiado á infancia dos nenos, ata chegar aproximadamente aos 12 anos, cando xa eran

preparadas para casar: é dicir, pasaba de ser filla a ser muller. Non estaban encerradas nas

súas casas, senón que saían a socializar: ían ás festas e banquetes, e tamén saían para ir ás

termas (crese que tiñan habitáculos diferentes aos homes, ou ben diferentes horarios, para non

coincidir). Ás veces as mulleres podían acompañar aos seus maridos nas expedicións

militares.
A muller en Roma 5

II. A educación feminina

A educación romana, como tema xeral, está moi ben documentada nas fontes clásicas. Sábese

que a nai se encargaba da educación dos seus fillos (tanto nenos como nenas), sobre todo o

relacionado coas tradicións e costumes romanas, ata acadar os 7 anos, momento no que o seu

pai tomaría o relevo da súa tutela e serían enviados ao colexio. O escritor Apuleio no seu

libro Florida sinala que a educación constaba de 3 etapas, indicando unha secuencia de

mestres e ensinanzas denominada “as copas das Musas” : «A primeira copa, do ensinante do

alfabeto, libera do analfabetismo; a segunda, do gramático, aporta instrución; a terceira, a do

retórico, danos as armas da elocuencia». APULEIO, Lucio: Flórida [IV, 20,97].

Mentres que os rapaces continuaban coa súa formación, as nenas adoitaban abandonala sobre

os 12-14 anos para pensar en desposarse. A maioría delas frearían aí a súa educación, aínda

que nalgunhas familias patricias podíase permitir que continuara cos estudos. Non obstante,

seguían casando moi xóvenes, polo que se distingue a súa educación en marital e pre-marital.

Antes de casar, as familias aristócratas adoitaban contratar titores privados para educar na

casa ás súas fillas, co que adquirían un bo coñecemento de grego e literatura. Unha vez

casadas, era frecuente que os seus maridos aprobaran que a súa muller adquirise formación

intelectual, polo que algúns as educaban eles mesmos ou lles permitían asistir a clases.

Nos primeiros tempos, a educación adaptábase ás necesidades do momento. Ás rapazas

intentábaselles inculcar unha serie de valores: lanifica (a que traballa na la), univira (a muller

que so ten un marido), casta (moralmente pura) e domiseda (a que permanece na casa).

Era, polo tanto, unha educación enfocada a converter á muller nunha auténtica matrona, é

dicir, a súa formación encamiñábase principalmente a manexar de forma adecuada o seu

fogar. Non se lle ensinaba ningún aspecto intelectual, xa que non lle era necesario participar

na vida pública.
A muller en Roma 6

Por outro lado, en época tardorrepublicana e imperial a situación política, o contexto cultural,

a influencia de mulleres cultas e outras medidas propiciaron a modificación da educación da

muller. Como resultado dunha clara influencia helenística, o obxectivo neste momento era

formar a unha matrona docta. Este termo é un estereotipo positivo, sinala á muller que

aprende para ensinar aos seus fillos e non ostenta os seus coñecementos en ámbitos públicos

(un exemplo é Cornelia, a nai dos Graco), mentres que a figura da mulier docta era negativa,

pois era unha muller que aprende para cultivarse ela mesma, inmiscíndose en asuntos de

homes. De todas formas, estas mulleres aprendían grego, danza e canto (estas dúas non moi

ben consideradas), filosofía, literatura, retórica etc.

Existiron correntes que crían que a muller tiña un certo “dereito” á formación. Como

exemplo temos esta cita das Reliquiae de Musonio Rufo: «Non sería xusta unha muller que

estuda filosofía, non sería unha irreprochable compañeira, unha boa colaboradora, unha boa

defensora do seu marido e dos seus fillos, non estaría libre de cobiza e de arrogancia?».

Outros autores defendían a educación feminina por considerala clave para a formación de

futuros cidadáns pola labor instrutiva das nais, como defende o propio Cicerón. Non obstante,

autores coma Xuvenal, que se acabaron convertendo na maioría, rexeitaron esta liberdade

intelectual que se lle quería conceder ás mulleres. En palabras do autor xa mencionado, nas

súas Sátiras: «Sinto odio contra aquela que consulta e aprende a arte de Palemón, observando

sempre as leis e as normas da fala e que repite versos antigos que eu non coñezo, e reprende á

amiga non letrada palabras das que se preocupan os homes». XUVENAL: Sátiras [VI,

451-455]. Por isto parece que as que lograron realmente acceder á cultura e á educación foron

máis ben escasas.


A muller en Roma 7

Cando apareceu o cristianismo, o panorama cambiou, pois a Igrexa consideraba que o ámbito

da muller era exclusivamente o doméstico. Por isto, a educación feminina viuse moi limitada

e a moitas non se lles permitiu recibir unha formación digna.

Polo tanto, algunhas aristócratas romanas lograron unha cultura e educación superior á media

con respecto á poboación da Antigüidade, pero estas foron unha minoría e, en xeral, a muller

estaba moi limitada no ámbito da educación.


A muller en Roma 8

III. A muller na casa

Como xa se dixo, a muller non tiña entidade propia. De feito, pertencía ao pai e cando se

casaba pasaba a ser propiedade do marido. En xeral, a súa función principal era ter a maior

cantidade de fillos para preservar a liñaxe, manter o estatus e forxar alianzas con outras gens.

En canto o seu papel na casa, encargábase de todo o que tivera que ver coa vida doméstica, a

organización do traballo de escravos e a educación dos fillos ata que tiveran os 7 anos de

idade.

Esta era a súa vida dentro da casa, mais como era a súa vida fóra? A muller tiña bastante

limitada a actividade fora da domus, xa que só saía para acompañar ao marido a espectáculos,

celebracións públicas e a banquetes. Tamén podería saír de compras, de visita ou ás termas.

A. O parto

O parto é un elemento fundamental para a muller, xa que ao ter que ter máis dun fillo, debían

pasar varias veces por este proceso. A pesar de todo isto, é a principal causa de morte das

mulleres adultas , xa que non se lles proporcionaba moitas axudas durante o embarazo polo

pouco coñecemento do corpo feminino, o saber limitado dos médicos e pola facilidade para

contraer enfermidades. Ademais, as axudas das comadroas e parteiras só podían acceder a

elas quen as puidera permitir, se non axudaban as parentes femininas. O auxilio médico só se

acudía a el en casos extremos.

Por suposto, había certas divindades dedicadas ao parto, como Alémona, Xuno e Minerva.

As mulleres perdían a súa función principal de ter o maior número posible de fillos coa

aparición da menopausa e pasaban a centrarse na educación da liñaxe e da esfera pública.


A muller en Roma 9

IV. A muller e os seus oficios

Os oficios da muller fóra da casa non eran moi tratados na Antigüidade e mesmo estaban mal

vistos, xa que era excepcional e polo xeral a función da muller era proporcionar, educar e

coidar os fillos e ser responsable da dirección da casa.

Aínda así, existían, e gracias a epitafios e a testemuñas literarias, temos constancia da

presencia feminina en ámbitos como o téxtil, o alimentario, de saúde e coidados, actividades

relacionadas coa propia minería e moitos máis. En Hispania, por exemplo, existen rexistros

epigráficos sobre as obstetrices , matronas que, sen ningunha dúbida, foron exercidas por

moitas mulleres.

As mulleres tampouco se limitaban a traballos como cociñeiras e costureiras, se non que

tamén tiñan o seu papel con labores relacionados coa profesionalidade intelectual, con

traballos como o de paedagoga e magistra (limitadas ao ámbito da domus), lectrix (lectora),

anagnostria (especialista en textos gregos), notaria graeca (escribana na lingua grega) ...

Todos estes oficios xa mencionados serían os máis frecuentes e os considerados máis

femininos na antiga Roma, mais agora pasaremos aos menos comúns.

A maioría do mundo do espectáculo víase restrinxido ao sector masculino en xéneros como a

comedia e a traxedia, mais a muller tamén tiña o seu lugar como bailarina, acróbata e

música. Cabe destacar que participaban no xénero do mimo, onde os actores bailaban espidos

ao son da música. Por isto, era moi popular entre os homes romanos e o termo “mima” pasou

a ser un sinónimo de prostituta, outra profesión importante para o xénero feminino.

Mesmo de forma moi pouco frecuente, houbo mulleres gladiadoras, mais foron prohibidas no

ano 200 d.C.. polo emperador Septimio Severo.


A muller en Roma 10

Tamén houbo mulleres de alto estatus social que destacaron na política, negocios, cultura e

relixión (coma as vestais); Mesmo chegou a haber mulleres que exerceron de propietarias de

terras, xa foran administradas por elas mesmas ou por alguén de confianza.

Cabe a posibilidade de que as mulleres estiveran presentes en máis traballos , malia que non

teñamos testemuñas pola pouca importancia que lles daban e polas mala fama que recibían.

Estas opinións negativas vese nas críticas de varóns como Tácito e Suetonio que proxectaron

unha imaxe despectiva do poder feminino. Autores como Plauto caracterizou a estas mulleres

como personaxes arrogantes e mandonas e Xuvenal describe as rapazas instruídas como

“marisabidillas que non saben diferenciar o útil do inútil na cultura”


A muller en Roma 11

V. A muller na política

Na sociedade romana, polo xeral, o home era o encargado de adicarse á vida pública, mentres

que a muller limitábase só á privada, concentrándose só na fidelidade á familia e ao seu titor e

en ser un complemento do home.

De feito, a muller dentro da familia pertencía á clase aliens iuris (persoa sometida á

autoridade de outra), un tipo de cidadanía de menor nivel destinada á maternidade e a ser

unha gyne (portadora de fillos).

A partir de todo isto, a muller tiña ante si unha dicotomía: ser unha boa muller (virxe e boa

esposa) ou unha mala muller (dedicada ao pracer).

A pesar de todo isto, houbo mulleres que foron capaces de interferir na vida política, xa fora

de maneira directa ou indirecta. Xeralmente, fixérono para defender os intereses da res

publica ou do Imperio, ou para reforzar decisións de varóns que consolidaban modelos

sociais defensores dos privilexios masculinos. Aínda que ás veces e de maneira excepcional

os cuestionaron. Sobre todo en tempos de crise, cando era incitada a transgredir as leis co fin

de manter a orde.

A influencia feminina na política romana pódese observar nos tres períodos principais da súa

historia:

Na monarquía a muller manifesta e recorda ao home os costumes ancestrais. Un exemplo

sería Hersilia, a muller de Rómulo, que influíu nel para formar unha alianza cos pobos

veciños en guerra.

Na República é onde se observan os exemplos máis chamativos, sobre todo nas fases finais.

Estas mulleres practicaron o que podemos denominar como poder feminino sen participar
A muller en Roma 12

nun cargo público ou en ámbitos institucionais. A conquista do Mediterráneo alterou a

sociedade romana e moitas mulleres conseguiron inmensas fortunas, ademais de

coñecemento e gustos máis refinados como resultado de influencias como a helénica. Isto

fixo que algunhas comezaran a interesarse polos asuntos do goberno, involucrándose en

actividades políticas controladas polos homes.

Un exemplo destacado desta época foi unha das primeiras manifestacións públicas femininas

polas rúas de Roma para exixir a derrogación dunha lei a comezos do século II a.C., durante

a Segunda Guerra Púnica, que prohibía ás mulleres levar xoias de certo peso e roupas

coloridas como forma de loito debido a desastrosa situación social. Rematado o conflito con

Roma vitoriosa, as riquezas chegaron á cidade en grandes cantidades e beneficiou en especial

ás mulleres.

Hortensia tamén é merecedora de ser mencionada, xa que convenceu aos dirixentes de

quenda a reformar unha lei que gravaba as fortunas de máis de mil catrocentas mulleres de

forma que só contribuirían as catrocentas con maior fortuna.

No Imperio a corrupción fai que os valores da República se desmoronen e Augusto entra ao

poder como princeps do Senado. Fanse reformas xurídicas que lle permiten ás mulleres unha

maior independencia e lograron maiores oportunidades para influír dentro da política. Un

exemplo é Livia, filla de Octaviano, quen aportou astucia política ás decisións do seu marido

cunha influencia clara. Isto non parecía ser un segredo e co tempo foi aceptado, igual pasou

en Atenas coa muller de Pericles, Aspasia.

Estes comportamentos son relevantes e mostran a mulleres con formación política, con

capacidade para actuar, pero tamén imbuídas dun modelo social androcéntrico e que nunca

cuestionaron. Isto pódese ver en que nunca idearon un cambio legal que implicase a

consecución de dereitos para a poboación feminina e nunca reclamaron o acceso aos cargos
A muller en Roma 13

públicos, asumindo que era un privilexio masculino; mais o feito de reivindicar o control do

seu patrimonio, de colaborar e promover as conspiracións na domus, demostran que si

xurdiron mulleres que romperon a tradición.


A muller en Roma 14

VI. A muller e a relixión

A relixión entendíase no mundo Antigo, non coma un culto persoal, senón como un aspecto

fundamental da sociedade. Isto evidenciase en todas as políticas e reformas realizadas polos

distintos gobernantes romanos ao longa da historia.

Podemos atopar dous tipos de cultos en Roma: un culto privado, que era practicado nas casas;

e un culto público, que era financiado polo Estado.

O culto público eran as distintas festividades relixiosas presentes en todo o calendario

romano. Os romanos non tiñan ningún tipo de reparo engadindo ao seu panteón os deuses

doutras culturas que conquistaran, mentres non puxeran en dúbida as súas propias divindades.

Con estas novas deidades, tamén engadíase ao calendario as súas festas relixiosas. Algunhas

destas festas eran: as Lupercales, as Quirinales (estas dúas tradicionais romanas), as Floralia

ou as Matrales (estas herdadas doutras culturas).

A parte deste carácter público, tamén había un culto privado (como xa mencionamos

anteriormente). Estes ritos celebrábanse nun ambiente familiar e era o paterfamilias o

encargado de organizar e financiar esas cerimonias. Existían deuses específicos do fogar e,

sendo a familia e o concepto de gens o piar da sociedade romana, eran de gran importancia.

As deidades do fogar máis importantes na Antiga Roma son, sen ningunha dúbida, os Lares

(deuses encargados da protección do fogar e tiñan un altar en toda casa onde se lles daba

como ofrendas acios de uvas, tarros de mel etc) e os Manes (os espíritos dos antepasados para

a protección da familia e se lles daba como ofrendas vino, mel, leite e flores).

Respecto ao papel da muller nestas celebracións, era escaso por non dicir anecdótico nas

celebracións públicas. Excepto nalgún caso concreto, o papel relixioso da muller limitábase

na casa, onde sempre tivo un papel máis protagónico. A materfamilias, ao ser a


A muller en Roma 15

administradora do fogar, estaba moitas veces encargada das celebracións realizadas dentro da

domus. Organizaba as preparacións das ofrendas, mandaba sobre a colocación dos aras e, ata

nalgunhas ocasións, podía liderar o rito. Pero si que existía un cargo público relixioso que as

mulleres romanas podían exercer con exclusividade: o sacerdocio vestal.

A. As vestais

As vestais eran as sacerdotisas da deusa Vesta encargadas de protexer o lume sagrado. Era un

cargo moi importante e exclusivo das mulleres virxes. Vesta, na sociedade romana, tiña un

forte papel simbólico encargado da protección do fogar. Roma era entendida como o “fogar

de todos”, polo tanto, se o seu lume se apagaba, crían que era un mal augurio.

Segundo a tradición, foi o rei Numa Pompilio quen inaugurou o colexio sacerdotal das

vestais, pero teorízase que o culto a Vesta remóntase máis aló das orixes de Roma pola

importancia da deusa na lenda fundacional.

Como comentamos anteriormente, o sacerdocio das vestais era de extrema exclusividade.

Para comezar como novicia vestal, tiñas que ter entre 6 e 10 anos, con ámbolos dous pais

vivos e coa cidadanía romana, ademais de non haber tido ningunha irmá que xa fora vestal.

Ao principio, escollíase entre 20 fillas de familias patricias, pero máis tarde as plebeas tamén

puideron acceder ao sacerdocio, porque os patricios non tiñan tanto interese en que súas fillas

fosen vestales, xa que implicaría renunciar ás alianzas matrimoniais. As novicias eran

elixidas polo pontifex maximus. Posteriormente, examinaban os seus corpos xa que non

podían ter ningún tipo de impureza, xa fose física (cicatrices ou lesións permanentes) nin

psicolóxicas (discapacidades).

O traballo como sacerdotisa vestal posuía moitas limitacións e obrigas. A súa principal

función era protexer o lume de Vesta. Se fallaban, eran azoutadas polo descoido das súas
A muller en Roma 16

tarefas. Outra condición indispensable para as vestais era o seu voto de castidade. Debían

manterse virxes durante toda a súa vida. Este era un voto ritualístico, xa que cando unha nena

convertíase en vestal, deixaba de estar a cargo do paterfamilias e pasaba a ser filla do Estado,

polo que calquera relación con un cidadán considerábase incestuosa e debía castigarse. O

castigo por incumprir este voto era especialmente cruel. Os seus amantes eran executados

pola profanación do corpo da sacerdotisa e a vestal era condenada a ser enterrada viva, xa que

estaba prohibido derramar sangue dunha vestal.

Non obstante, ser unha vestal tamén traía consigo unha longa lista de beneficios. Ao ser

consideradas fillas do Estado, na práctica non estaban baixo a tutela de ningún home. Eran

inviolables, polo que ferir ou profanar unha vestal estaba castigado de morte. Tiñan asentos

reservados en espectáculos públicos e podían acceder a celebracións xeralmente vetadas para

as mulleres. A palabra dunha vestal era unha verdade absoluta, polo que tiñan o poder de

perdoar condenados a morte. Podían posuír posesións propias e facer testamento. Isto é

importante destacalo xa que, ao cumprir 30 anos de servizo, as vestais eran liberadas das súas

obrigas recibindo unha pensión vitalicia. Había varias opcións para unha vestal “xubilada”:

podía seguir residindo no colexio sacerdotal, podía vivir soa obtendo propiedades ou podía

casar. Aínda así, todos os seus dereitos seguirían intactos ata a morte da muller.

Pero as vestais eran a excepción, non a regra. Mais existía outro ámbito onde as mulleres

cobraban unha gran importancia: o rito fúnebre.

A. Os ritos fúnebres

Os funerais eran un tipo de acto relixioso indispensable en calquera cultura, e Roma non sería

menos. A crenza da existencia dun más aló foi unha constante ao longo da historia. Os

romanos tomaban moi en serio os seus ritos funerarios, que eran practicados dende as

familias máis ricas ás máis modestas.


A muller en Roma 17

Por iso mesmo, había varios tipos de funerais, pero queriamos destacar principalmente dúas

formas: a cremación e o enterramento.

A cremación era o método funerario máis caro debido a todos os recursos que un debía gastar

para preparar a pira funeraria e as roupas e bens que debía levar o morto ao Inframundo. Non

obstante, algúns plebeos podían acceder a este tipo de funerais grazas ás financiacións

dalgúns collegia. Este foi o método máis popular en Roma ata o século II d.C.. Este rito

funerario é de orixe grega.

O enterramento foi o método máis barato durante bastante tempo e, ao comezo, só as familias

máis pobres recorrían a el. Non obstante, a partir do ´século II d.C. e, sobre todo, no século

III d.C., os enterramentos volvéronse o rito funerario máis popular grazas á expansión do

cristianismo. Había varios tipos de enterramentos segundo a súa posición social. As familias

máis ricas construían grandes mausoleos, as adiñeiradas podían permitirse arcos, as de clase

media altares e as humildes simples epitafios.

Esas familias ricas e pudentes, tamén facían unha máscara funeraria de cera ao falecido. Esta

é unha tradición herdada dos etruscos.

En ámbolos dous casos, debíase preparar os corpos dos mortos para o rito. As encargadas da

tarefa eran as mulleres. Primeiro lavaban o seu corpo e o cubrían en aceite. Despois o vestían

coas súas mellores roupas e poñían unha tela de seda por enriba.

Despois da preparación do morto, realizábase un velorio de varios días onde as mulleres

choraban de forma case performática ao falecido. Tamén se pensa que esta tradición puido ser

herdada dos gregos.


A muller en Roma 18

VII. A figura da muller romana ideal

Os romanos, en xeral, preocupábanse moito pola súa imaxe e estética, tanto homes como

mulleres. Pero estas últimas tamén tiñan ligadas un canon moral que todas debían cumprir

para ser considerada unha “boa muller romana”. Entón podemos dicir que as mulleres tiñan

dous tipos de canon ideal: un estético e un ético.

O canon estético da muller era claro e conciso: debían ter grandes cadeiras e coxas, pero peito

pequeno e ombreiros estreitos. Sendo o corpo ideal o que hoxe denominamos «corpo tipo

pera», pola similitude da silueta coa froita.

Este ideal estético tiña unha razón de ser, xa que a labor principal dunha muller en Roma era

ter fillos para aumentar o número de cidadáns romanos. As cadeiras e as pernas grandes

axudaban moito á labor do parto.

O canon ético tamén está intrinsecamente ligado coa natalidade, xa que a principal

característica que debía ter unha muller era ser fértil. Pero tamén había outras calidades que

se lles pedía ás mulleres a nivel moral: castidade, elegancia, finura e pureza. Como ben

describía o tribuno Valerio: «Elegancia, adorno, finura: estas son as insignias das mulleres e

iso é o que os nosos antepasados chamaban mundo feminino». A figura que recolle todas

estas características é a matrona romana.

A. A matrona

A matrona é a síntese de todas as características desexables nunha muller en Roma. É culta

(que non sabelotodo), fértil, casta, recta, elegante e austera.


A muller en Roma 19

A figura das matronas foi valorada tremendamente na sociedade romana, sempre ostentando

dunha grande influencia social. Moitas veces, as matronas máis vellas, axudaban as xóvenes

nos partos como comadroas.

As matronas existen na sociedade xa dende a época da monarquía, onde ás mulleres

educábanas en catro valores fundamentais, tal e como comentamos na educación:

● Lanifica: a labor de traballar a lá e facer prendas.

● Univira: o aprecio de casar unha vez e dar moita prole ao seu marido.

● Casta: o valor da fidelidade dunha muller ao seu marido

● Domicida: o deber de manterse dentro da casa para educar aos seus fillos.

«[...]Que fermosura de porte![...] Demos grazas aos deuses porque, fecunda, deu fillos ao seu

virtuoso marido e porque espera ter xenros e noras, sendo unha nena. Oxalá queiran os deuses

que sexa ela feliz co seu único marido e que sexa feliz cos seus tres fillos»[MARCIAL, XI,

53].
A muller en Roma 20

VIII. Vestimenta da muller en Roma

Polo xeral, en Roma a indumentaria comunicaba o estatus social das persoas, non só a nivel

económico, senón tamén sobre a súa posición na sociedade. Mostrábanse estas diferenzas nos

variados materiais, adornos e cores (moitos deles exclusivos da muller) nas súas túnicas,

velos e accesorios.

A. A muller patricia

A vestimenta das mulleres de clase alta reflexaba a súa posición de superioridade social e

económica. Tiñan diversos tipos de túnicas. A básica era a stola, que a muller comezaba a

vestir despois do matrimonio. Estaba constituída por dúas pezas de tea cosidas polos

ombreiros, que quedaban ao descuberto. As súas cores eran frecuentemente o branco crema, o

gris, o vermello e o púrpura [cores que se obtiñan con pigmentos de orixe vexetal]. As

mulleres máis adiñeiradas adoitaban utilizar unha stola de seda. Era unha das prendas máis

emblemáticas das mulleres: usábana para asistir a eventos importantes: ao teatro, ceas e

reunións. Cando unha muller tiña máis de 3 fillos, podía levar a stola matronae para

distinguirse da stola común e obter algúns beneficios, xa que se valoraba positivamente que

unha muller fora moi fértil.

A subucula era unha túnica interior que se vestía por debaixo da stola, pois esta era unha

prenda demasiado liviá para os días fríos. Estaba feita de seda ou liño, confeccionada a partir

dunha soa peza, con ou sen mangas. Cinguíase cun cordón polas cadeiras.

Un tipo de túnica moi popular entre as mulleres era o chiton, tomado da cultura grega e

adaptado ao gusto romano. Estaba constituído por dúas pezas unidas sobre os ombreiros

mediante botóns ou broches que deixaban pequenas aberturas na tea. As patricias vestían o
A muller en Roma 21

chiton de seda, pero non era exclusivo destas. Hai retratos de homes utilizando esta prenda,

pero era case exclusivamente feminina.

O peplos, tamén de orixe grega, era similar ás demais túnicas, pero esta tiña forma de tubo e

os ombreiros non estaban cosidos. Usábase sobre os ombreiros a fibula, que era unha peza

metálica que suxeitaba as partes que compoñían o vestido. Estas pezas podían levarse de

varias maneiras: combinando distintos longos, axustando unha cinta ou un cinto por debaixo

do peito ou pola cintura… O que a convertía nunha das prendas máis populares e versátiles.

Era común tanto para mulleres como para homes cubrir a cabeza. As patricias utilizaban

varios tipos de veos e mantos. A palla, tomada de novo da cultura grega, era un manto de la

cadrado ou rectangular. Levábana xeralmente as matronas, pois indicaba prestixio dentro

dunha familia. Adoitaba ir apoiada sobre o ombreiro esquerdo, enroscándose ao corpo baixo

o brazo dereito e repousando no esquerdo. Tamén podía utilizarse enganchada ao pelo pola

parte traseira da cabeza, formando un longo veo que chegaba ata os pés. Así mesmo, era

común usala como chal ou bufanda. Por outro lado, o supparrum era unha capa, moi popular

entre mulleres patricias, que se enganchaba á subucula. Ía dende os ombreiros ata os pés e

cubría os brazos.

Contaban con accesorios que adornaban as anteriores prendas. O patagium era unha especie

de cinto non moi axustado có que se adobiaba a stola. As patricias tinguíano de púrpura, unha

tintura bastante custosa, ou bordábano con fíos de ouro ou decoracións de perlas, o cal era

símbolo de riqueza e outorgaba prestixio social.

Adoitaban levar na cabeza adornos, os máis populares con motivos florais, como broches ou

tiaras adornadas con perlas e pedras preciosas. O máis común entre mulleres de clase social

elevada, para cando asistían ao teatro ou a reunións sociais, eran os peiteados moi elaborados,

incluso adobiándoos con accesorios altos.


A muller en Roma 22

B. A muller plebea

As mulleres de menor status social e que non tiñan a capacidade adquisitiva das patricia,

tiñan as súas propias costumes na súa indumentaria. Respecto ás túnicas, levaban a stola,

pero non era frecuente que estivera feita de seda, senón de algodón ou liño. Utilizaban a

subucula tamén como prenda interior ou de durmir durante época invernal. O seu chiton, moi

popular entre as mulleres de toda clase, adoitaba estar feito de liño.

Como veos, tamén levaban o supparrum, pero combinado cunha capucha para darlle un uso

máis funcional. O ricinum podíase utilizar como bufanda, chal ou capucha. Non obstante,

tivo un uso máis breve en Roma, pois foi rapidamente substituído pola palla, xa que ambas

eran veos, pero este último máis práctico.

Usaban adornos para a cabeza: diademas e tiaras que imitaban deseños de follas de oliveira.

Tamén facían tiaras a partir de cintas e era común para o pelo unha cinta dourada ou prateada

que daba 3 voltas á parte traseira da cabeza.

C. A prostituta

Parece que existiu certa tradición, que posteriormente tivo recoñecemento lexislativo, que

obrigaba ás prostitutas a vestir de determinada maneira. A Lex Iulia prohibía a prostitutas e

mulleres adúlteras o uso de determinadas prendas, como a stola ou cintas para o pelo, polo

que levaban o cabelo solto e estaban obrigadas a usar a toga muliebris (a toga era unha

prenda que só os cidadáns romanos varóns podían vestir). Esta toga seguramente tivese unha

cor característica que indicara a súa posición social, tendo prohibido levar a cor branca, pois

esta identificábase coas matronas.


A muller en Roma 23

IX. Mulleres célebres en Roma

XULIA DOMNA (s. II a.C.)

Foi a muller do emperador Septimio Severo. Seguiu ao seu marido nas súas abundantes

campañas, chegando a gañar o título de "Mater Castrorum". Dedicouse á cultura e á

aprendizaxe. Trala morte do seu marido, tratou de mediar entre os seus fillos, Caracalla e

Xeta, para que compartiran o trono, pero non funcionou e Caracalla acabou con Xeta. Aínda

así, mantivo unha boa relación co seu fillo, que lle proporcionou o cargo de rexente oficial, o

que lle permitía tomar moitas decisións de goberno. Caracalla acabou sendo asasinado e ela

non viviu moito tempo máis, xa que se suicidou poucas semanas despois. Despois de todos

estes acontecementos, o resto de mulleres da familia imperial aprenderon o seu estilo de

gobernar e lograron conservar a súa influencia sobre os seguintes emperadores.

LUCRECIA (s. VI a.C.)

Conta a lenda de Tito Livio que foi a responsable de que en Roma se derrocara a Monarquía e

se instaurara a República. Era unha nobre romana e a muller de Colatino. Este, durante un

asedio romano, discutía xunto con outros aristócratas sobre cal era a mellor das súas mulleres.

Para comprobalo, decidiron voltar ás súas casas e mentres as demais estaban de festa,

Lucrecia atopábase tecendo xunto coas súas escravas. Foi aquí onde Sexto Tarquinio, o fillo

do rei que gobernaba nese momento (Tarquinio "o Soberbio"), namorou dela. Ante as

negativas desta, decidiu pedirlle hospitalidade un día que non estaba Colatino, e durante a

noite colouse na habitación de Lucrecia. Espertouna ameazándoa cun coitelo se non se

deitaba con el e, tras dicir que se non o facía mataría a un dos escravos e espido o colocaría

sobre ela para simular un adulterio, violouna. Ao día seguinte a muller contoulle o sucedido á

súa familia e tras iso suicidouse cravándose un coitelo. Isto fixo que Bruto, alí presente,
A muller en Roma 24

xurara vinganza. Así foi como matando o derradeiro rei, se instaurou unha nova forma de

goberno, con dous homes ao cargo do máximo poder no lugar de un.

LESBIA (s. I a.C.)

Esta muller trátase do gran misterio da literatura romana. É o alcume que utiliza Catulo para

mencionar á súa amada e poder escribir sobre ela sen revelar a súa identidade, adicándolle

tanto poemas de amor como de desamor. A versión máis estendida é a identificación da

personaxe con Clodia, unha muller patricia e casada co seu primo, co cal levaba un

matrimonio infeliz. Debido a isto, tivo varias aventuras con diferentes homes e incluso se

sospeitaba que ela fora a culpable da morte do seu marido, envelenándoo. En resumo, Clodia

era un escándalo a ollos da cidadanía romana, xa que se tiña por sedutora e bebedora, entre

outros termos.

FULVIA (s. I a.C.)

Fulvia foi a muller de Marco Antonio durante un tempo e tamén a primeira muller romana en

aparecer nunha moeda. Plutarco, afirma que non se conformaba coas tarefas do fogar, senón

que ansiaba gobernar, polo que foi unha gran influenza para o seu marido, e polo que

Cleopatra lle estaría agradecida máis adiante. Durante o seu primeiro matrimonio con Clodio,

o seu home tiña problemas con Cicerón, e trala súa morte, dise de Fulvia que lle cortou a

lingua coa súa pinza do pelo a modo de vinganza. Marco Antonio foi o seu terceiro

matrimonio, o cal gobernaba xunto con Octaviano. Cando ambos se viron envoltos nunha

persecución en vinganza de César, Fulvia quedou como rexenta. A súa morte foi en solitario,

xa que morreu exiliada sen o seu marido a causa dunha enfermidade.


A muller en Roma 25

BIBLIOGRAFÍA

«La educación femenina en la antigua Roma» | Epojé. (s. f.). Epojé | Filosofía y ciencias

sociales. https://epoje.es/la-educacion-femenina-en-la-antigua-roma/

«La educación de la mujer romana.» (s. f.). ARRAONA ROMANA, un projecte de difusió

de la cultura clàssica romana.

https://arraonaromana.blogspot.com/2014/12/la-educacion-de-la-mujer-romana.html

«Las Vírgenes Vestales, Las sacerdotisas que guardaban El Fuego de Roma.» IMPERIVM.

(2021). https://www.imperivm.org/las-virgenes-vestales/

«La vestimenta de las mujeres romanas: prendas, modas y accesorios.» IMPERIVM.

https://www.imperivm.org/la-vestimenta-de-las-mujeres-romanas/

«Indumentaria en la Roma antigua. Ropas de mujer.» RECREACIÓN DE LA HISTORIA

(2018). https://recreacionhistoria.com/vestimenta-en-la-roma-antigua-ropas-de-mujer/

«El vestido en época romana.» ARTENCÓRDOBA.

https://www.artencordoba.com/blog/cordoba/el-vestido-en-epoca-romana/

«Los peligros del parto en Roma.» Los Fuegos de Vesta (2016).

https://losfuegosdevesta.blogspot.com/2016/11/los-peligros-del-parto-en-roma.html?m=1&fb

clid=IwAR3VsELW6LlaSmtRifnFkD43Mz7v1VCXfbNc3Dv2xEl7qCH7mxrCd5Qk-VA

PAVÓN, P. (n.d.). «La mujer en la religión romana: entre la participación y la marginación.»

CORE, Sevilla.
A muller en Roma 26

ORIA SEGURA, M. (2017). «Mujeres y religión en el mundo romano: enfoques cambiantes,

actitudes presentes.» BIBLID, Sevilla.

POMEROY, S.B. (1994): «Goddesses, Whores, Wives and Slaves. Women in Classical

Antiquity», Ed. Pimlico.

CASTÁN, S. (2020). «El papel de la mujer romana en la política del s. I a.C. ¿Influencia

política, participación indirecta o influencia social?». Ridrom, Madrid.

CASAMAYOR MANCISIDOR, S. (2015). «Casta, pia, lanifica, domiseda: modelo ideal de

feminidad en la Roma tardorrepublicana (ss. II-I a.C.)», Ab Initio, Núm. 11, pp. 3-23,

disponible en http://www.ab-initio.es/

QUINTANA, S. M. (2018). «El Trabajo de las Mujeres en la Roma Antigua. reflexiones

sobre género y economía.» Cairn.info. Retrieved

https://www.cairn.info/revue-dialogues-d-histoire-ancienne-2017-2-page-153.htm

HERNÁNDEZ DE LA FUENTE, D. «De Ariadna a Hispala: Mujeres Dionisiacas En La

Antigua Roma.» La Razón, Plaza 1, 2022,

https://www.larazon.es/cultura/20220305/v53yelm2x5dpheoy3hyvww7z5i.html

CASANOVA, C. «Mujeres Que Se Hicieron Valer En Roma.» La Vanguardia, 2019,

https://www.lavanguardia.com/historiayvida/historia-antigua/20191018/471013252043/mujer

es-roma.html

LÓPEZ, L.M. «Las Diez Mujeres Más Importantes De La Roma Antigua.» Asociación

Hespérides Andalucía, 2016,

https://asociacionhesperidesandalucia.es/2016/10/31/las-diez-mujeres-mas-importantes-de-la-

roma-antigua/
A muller en Roma 27

TERRÉN, J. «Belleza a través de las edades: mujeres en la antigua roma» El Periòdic, 2017,

https://www.elperiodic.com/opinion/artestetica/belleza-traves-edades-mujeres-antigua-roma_

6101

CID LÓPEZ, R. M. (2020), «Mujeres y acción política en la antigua Roma. Lecturas de

Ettore Ciccotti, un socialista en la Europa del siglo XIX», Veleia, 37, 235-252,

https://doi.org/10.1387/veleia.20784

GONZÁLEZ GUTIÉRREZ, P. (2011): «Maternidad, aborto y ciudadanía femenina en la

Antigüedad», El Futuro del Pasado, Nº2

https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3697401

ALLENDE CORREA, M. E. (2017). «La mujer romana en la obra de Tito Livio: el

exemplum y el ideal femenino en la Antigua Roma. Historias Del Orbis Terrarum» (18)

file:///C:/Users/elisa/Downloads/Dialnet-LaMujerRomanaEnLaObraDeTitoLivio-6120179.p

df

BRAVO CASTAÑEDA, G., PEREA YÉBENES, S., & FERNÁNDEZ PALACIOS, F.

(2018). «Mujer y poder en la Antigua Roma». Salamanca, España: Signifer Libros.

DURÁN MARROQUÍN, D. C. (2009). «Roma clásica: influencia de la mujer en el destino

de la política.» Universidad de El Salvador.

G.M. Abel. (2020). «Mujeres gladiadoras, un espectáculo singular.» National Geographic.

GÓMEZ SANDES, E. A. (2020). «Las olvidadas de la oratoria romana: Amesia, C. Afrania

y Hortensia». Universidad de Valladolid. 41.


A muller en Roma 28

MOLINA TORRES, M. P. (2018). «La esfera religiosa de la mujer romana: espacio público

vs privado.» Revista Arenal

file:///C:/Users/elisa/Downloads/5186-Texto%20del%20art%C3%ADculo-20503-1-10-20180

620.pdf

You might also like