You are on page 1of 2

10.

O papel da muller na Idade Moderna

A Idade Moderna comeza a estudar o papel das mulleres con cautela e dificultade, que
veñen dadas polo acceso ás fontes. Precisamente, a relegación social das mulleres do
Antigo Réxime ao ámbito privado, orixina unha ardua tarefa pola imposibilidade de atopar
unha suficiente esfera de actuación pública da muller.

A súa existencia estivo definida, en gran medida, pola institución familiar, concentrada
maioritariamente no sistema económico do matrimonio. As dúas posibilidades principais
de subsistencia que tiveron as mulleres durante este período foi contraer matrimonio ou
profesar nunha orde relixiosa, que supoñían a posibilidade de representar un papel
dentro da sociedade.

Na maioría dos casos, os matrimonios eran concertados e impostos realizábase, un acordo


económico que comezaba coa presentación da dote ao marido.A súa vida desde que eran
adultas era un ciclo continuo de embarazo e crianza. As mulleres nobres tiñan aínda
máis fillos xa que debían asegurar a descendencia.

En canto á súa situación no ámbito laboral, en cidades e vilas, o principal oficio feminino
era o servizo doméstico.Eran amas de cría ou desenvolvían tarefas como lavar e pasar o
ferro, durísimas e mal pagadas.

Outro sector fundamental era o comercio, colaboraban na comercialización dos produtos e


adoitaban atender as tendas anexas aos obradoiros. As mulleres eran unha peza central no
micro-comercio que vendían polas casas ou en prazas e rúas.

En canto ao sector secundario, as mulleres eran importantes no ramo do téxtil,


especialmente fiadoras de lá ou de liño. Eran tamén tecelás, bordadoras, costureiras,
modistas, etc. A elaboración de pan era outro oficio no que se ocupaban.

Na segunda metade do século XVIII creáronse varias fábricas estatais que empregaron a
persoal feminino a soldo. Este foi o caso das fábricas de tabacos de Sevilla, Madrid ou A
Coruña. Tamén nas novas fábricas de algodón que se abriron en Cataluña.

As diferenzas máis significativas entre as mulleres rurais derivaban do tipo e do tamaño


das explotacións agrarias. A actividade era diferente nas familias de campesiños ricos.
Estas mulleres podían facer unha vida máis doméstica; pero non era así nas familias de
labregos.

A maioría das pequenas campesiñas non producían excedentes para o mercado, véndose
obrigadas a completar os seus ingresos co traballo artesanal ou como xornaleiras. Eran
tarefas femininas o coidado das hortas ou cortinias que adoitaban estar cerca das casas

As mulleres do rural costeiro asumían unha enorme carga de traballo. En Galicia,


cultivaban a terra, reparaban redes, preparaban o peixe para a súa conservación e venda.
Durante toda a Idade Moderna elas ocupáronse de fiar etecer lá ou liño para vestir as súas
familias ou facer mantas e sabas.

Finalmente, o acceso das mulleres ao coñecemento estivo en estreita relación coa


capacidade económica e a situación social das súas familias. As nobres, fidalgas ou
burguesas cedían a función educadora ás monxas, que nos conventos e mosteiros
actuaban como tales. Nas familias traballadoras as nenas debían traballar en lugar de poder
ir á escola.

You might also like