You are on page 1of 2

LGL 2º Bac Literatura Tema 7

A NOVA NARRATIVA GALEGA: CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS


REPRESENTATIVAS.
A Nova Narrativa Galega (NNG) proxecto rupturista impulsado polas novas promocións literarias xa
formadas no franquismo que promoven un modelo narrativo de técnica experimental e ambientación
urbana, rexeitando por igual o folclorismo temático e o realismo. Trátase pois dos primeiros textos dun
grupo de escritores que, entre 1954–1969, propóñense renovar técnica e tematicamente os parámetros
da narrativa galega.
Estes autores están relacionados entre si por unha serie de experiencias comúns: a celebración das
Festas Minervais desde 1953 no Hostal dos Reis Católicos en Compostela; a colaboración periódica no
xornal La Noche de Santiago de Compostela; a creación da colección de libros Illa Nova da editorial
Galaxia; a fundación do grupo nacionalista ‘Brais Pinto’, en Madrid, e a aparición do nacionalismo
revolucionario (PSG, UPG)(trazos comúns á Xeración poética dos 50 , coa que comparte autores). Pero a
nota esencial e definitoria do grupo é o seu afán de renovación temática e formal, fuxindo tanto dos
modelos galegos anteriores como do socialrealismo característico da narrativa castelá do momento.
A NNG busca lectores competentes e activos, dispostos a aceptar as dificultades da lectura (así o pouco
éxito comercial). As obras énchense de contidos filosóficos e simbólicos e ábrense á complexidade do ser
humano.
Guiados polos grandes renovadores europeos (Joyce, Kafka, Camus…) e americanos (W. Faulkner, Dos
Passos, Borges…) da novela do século XX, presentan unha serie de características literarias comúns:
a) Espazo. Galiza e o mundo rural deixan de ser o espazo preferente. Dominan os universos urbanos (sen
localización concreta, conflitivos, mesmo con valores simbólicos ou alegóricos) e os espazos interiores
(sórdidos, claustrofóbicos, enigmáticos…)
b) Tempo. Búscase a ruptura da linearidade temporal. Os saltos temporais ou a técnica do ralentí
procuran reproducir a existencia caótica e desasistida dos personaxes. O que transcorre nun relato pode
suceder nun minuto ou ser só pensamento e non suceder nada, tende a desaparecer a acción e a
anécdota.
c) Personaxes. Desaparece o heroe. Ábrense paso os protagonistas colectivos e os individuos anónimos
sen identidade, rexidos polas forzas hostís dun mundo socioeconómico que os manexan e marxinan.
Móstranse a miúdo cun forte desequilibrio ou illamento debido á sociedade abafante e insegura da
ditadura franquista.
d) Narrador. A pluralidade de voces narrativas, chamada multiperspectivismo; o monólogo interior que
permite presentar os contidos da mente tal como flúen, sen orde lóxica ou a técnica do ollo
cinematográfico impóñense sobre os tipos de narrador máis convencionais como era o narrador
omnisciente.
e) Idioma. A lingua oral deixa de ser o referente básico. Novas realidades e novos temas, esixen unha
reconfiguración do galego literario.
d) Temas. O tratamento intensivo do absurdo existencial que trata de producir angustia no lector; a
presenza reiterada da violencia; a tensión nas relacións humanas; a liberalidade con respecto ao tema
sexual; a fusión dos mundos real e fantástico a través dunha temática variada… configuran novos eixes
temáticos.
f) Abandónase a pedagoxía ideolóxica.
g) Hai abundantes referencias a ouras obras e autores, recurso que recibe o nome de intertextualidade.
Autores e obras
Dentro da grande heteroxeneidade, os autores teñen en común o feito de seren mozos universitarios
cando escriben. Non participaron na guerra civil, viaxaron polo estranxeiro e todos tiveron o desexo de
renovar a narrativa que se facía en Galicia. Politicamente comparten unha ideoloxía nacionalista de
esquerdas que os fai participar activamente na cultura e política do momento.
En canto á clasificación ou etapas cronolóxicas da NNG, os críticos ofrecen varias alternativas entre as
que destaca a seguinte:
 Fase de formación: temática existencialista, experimentalismo.
 Fase de auxe: experimentación formal e obxectalismo
 Fase de liquidación: abandono do experimentalismo e introdución de temas políticos.
Gonzalo R. Mourullo abre a NNG con Nasce unha árbore. Escribe unha das obras emblemáticas do
momento, Memorias de Tains que consta de oito relatos en forma de carta que representan fragmentos
da historia da cidade de Tains, arruinada e destruída.
De Xosé Luís Méndez Ferrín son tres as obras que o sitúan entre os máximos representantes da NNG.
Percival e outras historias, relatos nos que mestura o mundo fantástico co real; O crepúsculo e as
formigas son narracións que recrean unha atmosfera de terror, que se desenvolven nun mundo urbano
poboado de seres marxinais ou con algunha patoloxía; Arrabaldo do norte , é a súa primeira novela;
ambientada nunha cidade desolada,basease nos modelos do do Nouveau Roman francés. O universo
literario de Ferrín vaise configurando con elementos diversos (materia de Bretaña e lendas célticas, o
absurdo e a angustia da vida humana, o seu propio mundo mitolóxico) creando así un estilo singular nas
letras galegas.
Carlos Casares inicia a súa carreira literaria con Vento ferido, relatos sobre a frustración e a violencia que
conducen ao sufrimento vital; Cambio en tres, novela innovadora sobre o mundo da emigración na a
través do monólogo interior un emigrante ourensán lembra situacións do pasado.
Camilo Gonsar. Cos relatos de Lonxe de nós e dentro con temas coma angustia, a soidade e o absurdo e
a novela Como calquer outro día,que alterna dous espazos xeográficos e dous tempos distintos.
María Xosé Queizán pioneira do movemento feminista galego, estréase con A orella no buraco, novela
que baixo as técnicas do Nouveau Roman francés (técnica obxectalista), recrea o deambular dun
vagabundo nunha cidade europea.A súa obra posterior afástase desta estética.
Xoana Torres. Como poeta pertence á Promoción de Enlace.
A súa única novela Adiós María (1971) supuxo toda unha revelación.
Baixo a forma de monólogo e cunha lingua coloquial e áxil, María, unha rapaza proletaria, expón a
complexa realidade social da Galiza do tardofranquismo: a emigración, vista desde a perspectiva do que
queda.
Adios María foi a primeira novela de autoconcienzación feminina da nosa literatura

You might also like