You are on page 1of 1

EXERCICIOS DE FONOLOXÍA

PAAU
1. Indica o timbre (aberto ou pechado) de e e o tónicos nas seguintes palabras: quero,
cousa, es, só, aprobatoria, eterno, ben, Eva, persoa, foron.
2. Indica como é a vogal tónica de grao medio de sempre, só, sorte, aquel.
3. Indica como é a vogal tónica de grao medio de toda, estas, propósito, teléfono,
técnica, certeza, precioso, eles, superfluo, home.
4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: detelo,
tamén, feroz, aquel, home.
5. Define os fonemas vocálicos das seguintes palabras: guerra, flor, homes.
6. Indica se a vogal tónica das seguintes palabras é aberta ou pechada: era, facelo,
xerme, terror, concello, sen (preposición).
7. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: miseria, mor,
facer, logo, incerteza.
8. Indica se a vogal tónica das seguintes palabras é aberta ou pechada: vez, tamén,
pobreza, pobres, noxo.
9. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: órganos,
perfecto, asceta, méritos, abondo, besta (animal).
10. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: doloroso,
guerra, enérxica, baioneta, fe, home.
11.Indica o timbre das vogais tónicas de grao medio que aparecen en tes, pelo,
recordo, ve, cedo.
12.Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: meses,
guerra, é, réxime, sofre, atómica, todo, escoller,décadas, vense.
13.Define os fonemas que aparecen en coche, quen, dixo.
14.Define os fonemas consonanticos de axuste, talle, chourizos.
15.Define os fonemas consonánticos que atopes nas seguintes palabras: bebo, lume,
xerme.
16.Define os fonemas consonánticos das palabras xente e vez
17.Define os fonemas consonánticos que atopes nas seguintes palabras: fixo, prezo.

You might also like