You are on page 1of 81

PAN

(Libro de Ler e Desler)

Estíbaliz Espinosa
Á miña nai, grande experta en pan.

Ao meu irmán, grande degustador de libros e de pan.

Estíbaliz Espinosa
A Samuel, cachiño de pan.

2
I

Estíbaliz Espinosa
O REINO DAS CERTEZAS

3
Unha eguada de certezas
fíncame polos adentros.

Certezas roxas, baias, recortadas


contra o inexacto da natureza
que nin sabe escreber
nin fórmulas posúe.

Non hai lei impertérrita


só ganas
de fundir ou vibrar

Estíbaliz Espinosa
ou acalmarse ao carón doutro.

O reino das certezas guía o mundo


con man de porcelana.
Só o que fenda os adentros.
Só o que urre coma unha besta en celo.
Só iso é veraz.

Para o resto das disciplinas


basta a fe.

4
PAN

5
Estíbaliz Espinosa
“Espero que no ceo, se existe como eu o imaxinaba
de neno, que xa non debe existir daquela maneira
tan inocente e feliz, haxa panadeirías. Se non,
para min xa non é ceo.”

Carlos Casares

Estíbaliz Espinosa
“... e as mans que me acariñan como se toca o
pan.”

X. Mª Álvarez Cáccamo
Calendario perpetuo

6
AUREANA

Veño da estirpe dourada do pan.

E déixenme ser esencia


pantrigo ou fogaza candeal.

Estíbaliz Espinosa
Que non quero as servidumes das acedías.

Só a épica do fermento.

7
O PANDEXEIRO SECRETO

Primeiro faime masa.

Como sabe que son liquefacta


aprovéitase do meu peito quente
e engade fariña.

Fariña moi branca espolvorexada e candeal,


varios quilos.

Auga dos regos internos emplumada coma o xéiser,


varios litros.

Amásame
mentres eu a dar voltas e máis voltas

Estíbaliz Espinosa
e río a treu de verme así
abrazada por estas ganas de darme forma e quentura
penetrándome
a me remexer
na artesa dun devezo artesán polo que me estendo
coma pandemia e almo
que fora nutrir un reino de mil fames.

E canto me prace
a coberta
da súa
temperatura animal

o seu fermento
a me inflar ionosferas
a me espoldrexar coma ave nun paraíso estremo
baixo as súas mans
o lévedo medra poderoso coma un lobo nas escuras
ao seu requento
polarizo luz.

8
Un milagre de codia dourada sóbeme polo corpo arriba
a chamarme “pandora, aínda estás ardendo”
i eu fumego de riso e farangullas
cando el tén a ben retirar cada man
dos farallóns dos meus peitos
convertidos xa para sempre en pan
EN PAN

pois alimentalo da totalidade

Estíbaliz Espinosa
pandemeu
é para o que estou feita
imperfeita pandora de pan dourado
dona da caixa dos ventos
que xiran e xiran nos brazos
do seu muíño de pan

(para todo iso


e para me devorar no almorzo
cun pouco leite)

9
LARPEI RADA

Mel, uva, amidón.


Os constituintes que me constitúen.

Levo o mel no nome


verquendo lentamente
cando o pronuncias
coma se soubese.

Estíbaliz Espinosa
Nos meus pezóns crece uva albear
máxicamente
unha tras outra.
Para que a comas, meu rapaz,
para que a comas.
Mirando ao sul sorbetes de auga
para as miñas vides docísimas.

I o meu cú
cesto de roupa limpa
sempre branco
amidonado.

10
MOUSSE

unha flor
un verso
Ven, Musa, dareiche
unha grada no Parnaso
un socalco no Sil

Non sexas mimosa, Musa,


que nunca ben mireiche o rostro
seica petrificaríasmo
coma a Medusa?

Pero Musa, non es ti fermosa?


Non levas longos bucles ao sol
e longos brazos de neve?
Non es salgada e dóce a un tempo?
Non vas vir

Estíbaliz Espinosa
só porque eu cho pido?

Musiña, arrechégate máis, que nada sinto.


Ese latexar incerto non serás ti!
Ese renxedoiro na casa non será dos teus peíños!
Esta páxina en branco...
non será o teu puro espírito albar!
Musa, que non te me amosas!

Estoume enfadando.Acender velas


e ofrendar versos votivos
de nada serve
altísima Musa raíña
no teu inacadable trono celeste.

Desisto. Irei apañar patacas


ou seica un posto no Estado,
tanto é o caso que me fas.

11
Así que

Querida Musa de muselina


vai ouvir misa
ou senta na mesa
marcha onda mussolinis
ou mistura coa masa
nun mísero museo,
Musa, que sempre me amolas
e non te me amosas.

Estíbaliz Espinosa
Car je m’ amuse moi-même
matinando nas musarañas
nos muscívoros mustélidos
que xogan ao mus
ou musgando no musgo
canda as músicas con fusas
de nove corneMusas

que esas sí,


habelas, hailas.

12
ALBA

olleiras.
non durmín nada
i el tampouco.
xa pode saír o sol
se quere.

alba.
isto da alba
era tan triste.
nas cantigas
era tan triste.
un vaise sempre
sen o outro e baixo o sol.

Estíbaliz Espinosa
claro.
a alba pón en claro
todos os vosos
experimentos xenéticos.

sae o sol
e o camiño é unha tubería.
quedan tan lonxe xa os brazos
de onde veño.

e inda por riba é mediodía.

13
BIOBARDO

O príncipe paseaba vagarento e canso polo xardín. De sotaque


aparecéuselle un biobardo. El nunca vira antes un, pero aquel tiña a
irreprochable presencia dun xenuino biobardo; era nin azul nin verde, algo
abraiante e abraiado, pelaxe curta tirando a extensa, ollos intensísimos e a luz
primordial dos biosbardos: a súa habilidade para facerse pasar por un ser
imaxinario, froito dun desmesurado errar, e confundirse có resto de criaturas de

Estíbaliz Espinosa
tal fasquía, coma quimeras ou lobishomes.

O biobardo tivo en conta ao príncipe uns intres antes de desaparecer no


fondo dun átomo e obsequioulle cun anel imaxinario que o príncipe tivo a ben
poñer no dedo correspondente da súa princesa imaxinaria.

E, por que non, foron felices para sempre.

14
SUCINTA ESPRICACIÓN DE BIOBARDO

e non doutra maneira


podería ser o biobardo
rei
e mago maiúsculo
forza músculo
e santo patrón
dos nosos bardos

que moitos andan neles


na procura de lume olímpico
ou na procura de pan

(e se non achan nin unha cousa


nin outra

Estíbaliz Espinosa
de futuros bardos
pasan a fardos
e comen cardos
e acaba aí)

o biobardo nútrese de lendas


regala aneis, que son versos redondos,
e cágalle ós petulantes bradilocuentes
con flor de veleno
ou alacrán

e sempre agradece un molete de pan

15
Canto pervagarás antes de dar coa forma infinda que se resolve nunha única
vontade. Nin a fantasía dos biosbardos poderá remexer ese oco azul para
enchelo de cornabudes ou as exactas ciencias

entón un farelo moi fino


semellante á neve callará e faráse grande coma proverbio antigo, grande coma a
dignidade do que perdeu o máis grande, grande coma un bolo de boroa fresca
que laza estadios de vida vivida e vida por vivir

Estíbaliz Espinosa
así ficarás
rendida baixo as fontes do pan
que abren coma cúpula de luz
ou quente firmamento
achando un saber antigo
universal
alicerzado na dozura do pan miúdo
e na ouva que bracea
polo fondal do átomo

COMA COUSA INFINDA

COMA AZAR

16
PANTASÍA

Estíbaliz Espinosa
“nos que contemplan o devalar das
augas
sen fin...”

De “Reclamo a liberdade pró meu pobo”


X. L. Méndez Ferrín

17
Non tiñamos pan nin liberdade.
Só a fantasía pendurada das lareiras
e dos lobos.
Fumos o pobo da fame
e o pobo da aldraxe
e teño a ben reclamar agora o que sempre
foi noso,
a fantasía que tanto nos incendiaba
esa corrente submariña de buques mergullados

Estíbaliz Espinosa
a luminosa mourindade a trabe de diamante
i ese bosque en permanente noite
no que, perdidos cando nenos,
fumos medrando.

18
Reclamo a fantasía pró meu pobo.
Ese beizo descomunal a parir imaxinaturas
un reino onde adoita a dar luz
o azar
preñado de soños
o azar.

Poderán vir os grandes incendios o que nada perdura


poderán rebater definitivamente que eu porte no
ADN
o inaudito xen do alicorno
negar as mandarinas que prometes
que vivamos a lombos
dunha esfera ilimitada.
Dicir que non existe.
É fácil.
Pois non se ve.

Estíbaliz Espinosa
Seica eu reclame a fantasía pró meu pobo
e que habitemos o incendio
reclame
todo o visible e o invisible
o que trenza cordais
a pendurar dende os altos paradisos,
a fantasía pró meu pobo.

Entre as patacas e a seitura.


No país do vento.
Vivir cós ollos da vaca sacrificada
metidos na inocencia.
Sen cotas para as nosas lácteas imaxinacións.

19
Reclamo a fantasía pró meu pobo.

Enrugada por dentro coma unha alfombra


que quixer voar.
Reclamo a fantasía pró meu pobo.

Afeitos en todo a ser


coma animais de costumes submariños
fosforescentes
por non ter máis remedio
pobo salgado e recaído unha e mil veces no mar

Estíbaliz Espinosa
¿como non callado
en fantasías verdes
en argazos fantásticos
en osamentas de besta
transoceánica,

como non inchado en beizos


reclamando a fantasía coma unha turba
que pide pan?

20
OURO

21
Estíbaliz Espinosa
“Yo y mis hombres padecemos
una enfermedad de corazón
que sólo puede curarse
con oro”

Estíbaliz Espinosa
Hernán Cortés

22
Un non pode temperar a loucura
cunha manchea febril de versos.

Sequera a memoria palustre que inza o abandono.


Sequera un pai inexistente.

Non é solución.
Non desamalloa. Limítase
a ser.

De nada serve como estrataxema


pero se esta é preciosa
abre de pronto caudais
e por un intre dános cor nas meixelas
é coma mercar un billete
de acceso á cámara negra do tesouro

Estíbaliz Espinosa
por unha presada de verbas libres.

É coma o cemiterio de marfil trálas cascadas


por unha miserable presada de verbas nativas.

Un raio cruel.
Un alampo nas vértebras maiores.
Non se pode esperar diso
burda psicoloxía.

Escreber versos
non para ver as fendas que a vida traballounos

23
senón porque temos fendas
a traveso delas
albiscar a marabilla

e o abismo

cunha manchea de verbas libres

migratorias

polo ceo.

Estíbaliz Espinosa

24
os pequenos alquimistas viven á marxe das galas

soñan có burbullar de matraces


coa Esencia número cinco

liquefactan
eslúen
amolecen

tecen con fío de prata os seus ollos


e ao morreren
desconsiderados, descontemplados nos grandes Libros
maxistrais
tidos como alquimistas menores

Estíbaliz Espinosa
comeza un lento proceso polo cal
os puntos exactos
os obxectos
os recantos e ángulos
as manelas
e as fazulas de todo o que tocaron
vanse convertendo paseniñamente

en Ouro

25
OURO

na túa boca
a quimera do ouro
o resplandor
o tesouro de sierra madre

na túa boca
a idade de ouro
as minas do rei salomón
a illa do tesouro

na túa boca
almorzo con diamantes
e vivo en gaiola dourada
da túa boca nasce
o ouro do rin

Estíbaliz Espinosa
i eu debo ser outro
lope de aguirre

26
Arxéntea é palabra de verbo antigo

De prata pura, diría un bó mineiro


De pedra de sol, os alquimistas
De pratino iridiado, os undergrounds
De escama de peixe, os naturistas

Agora quedaría ben dicir


que é inengurrable albal
envolvendo unha froita madura

Pero segue a ser a mesma


a túa pel.

Estíbaliz Espinosa
Radiante.

27
Ti, home, tamén brillas coma unha alfaia
feita das carnes que medran
a estratos na prospección do desexo.

Tamén resplandeces ti, tamén me cegas


có teu ollar ao que baixa a beber a fonte
nas túas palabras que conversan en metalingua
con esas, as túas mans, que sempre volven
sempre
coma as aves
cando semellan furtivas consecuencias
dun ansia furtiva
que aniñou baixo a epiderme.

Tamén es grande es alto e marabilloso.


E dásme o que preciso.
I es tan precioso
que temo cansarte.

Estíbaliz Espinosa
Tamén gardas misteriosas frentes
e unha voz que me fala dende o peito
agochas o meu tempo todo en ti
da túa superficie emerxo eu
e téndome ao teu carón
coma un leito de bruma.

Nós non cremos na hipóstase divina das sustancias.

Mais ti es unha alfaia.


Non podo deixar de mirarte.

28
CONCENTRACIÓN

Estou moi concentrada.


Levan máis dunha hora largando
pero eu, concentrada.

Tódolos conceptos asimilados


tódalas operacións rexistradas.
Todo colocado no seu andel correspondente.
Centradísima que estou.

A conferencia, a clase maxistral,


a espricación sucinta
as observacións, as notas
as instruccións de uso e manexo
a metodoloxía, as condicións de traballo
a historia dos facinorosos

Estíbaliz Espinosa
o telexornal...
Estou concentrada en todísimo
de arriba abaixo
de arriba abaixo
bicaríate o corpo nú
de arriba abaixo
dende o meu só desembocar ao teu carón
macio
incriblemente magnético
o teu corpo vaso prateado
beberíate porque non penso máis
que en te beber
viviría en ti, concentrada

nesa onda concéntrica que me leva a ti

que me leva a ti

29
ondequeira

que eu sexa.

Estíbaliz Espinosa

30
Busco a expresión exacta.

Perderme en sortilexios tales. Estíbaliz Espinosa

31
METAMOUROFOSE

Sedíame eu espertando
no teu lombo
veludo louro

Sedíame entón marabillando


se achar nel
a trabe de ouro

Sosténme mundo coma atlas

Estíbaliz Espinosa
coma fita vertebral
cordado cosmos

Vieiro umbilical
que pelegrino

Porque daquí a tódalas noites


quixen ser a lamia moura
que garde e lambe ese tesouro
no teu lombo valadouro.

32
Deste carbón sairá o meu diamante.

Das cousas pequenas comporáse o cosmos.


Nas areas finas vivirá un beizo.
Na palma dunha man a liberdade.

Destas grutas fondas sairá un home armado


de peles e pinceis
cara un xacando nun xalundes.
No seu ollo un brillar de átomos.
No seu labre palabras por crear.

Porque desta semente sairá un bosco infatigable


e dun pequeno dedo
un gran bisonte.

Estíbaliz Espinosa
I eu levo xa en min todas as estirpes
coma quen levase unha álxebra enteira
broslada trálo embigo.

Mesmo con carbóns nos ollos


mesmo cunha alma ferrada ao chumbo
mesmo de verbas minerais
empantanadas
sairá o meu diamante
radial aínda que pouco feito
embrutecido de tanto ser
perante os días.

33
E das cousas pequenas
faránse as torres
para que da torre
saia un grande puño
e nese puño
aniñará un pardal
sendo cativo
acadará o horizonte
e no horizonte
abismaráse o mundo
cara un elo fantástico
que todo o xunte
e dese xunto faremos unto
e dese unto un todo lene
un ovo novo
que deite leite
porque no branco bota raíz o escuro
o carbón negro do que sairá o meu diamante

i sexa esta a espiral


do noso azar policromado
e tamén do mineral destino

Estíbaliz Espinosa
que só
este verso
raiar pode.

34
OVO

35
Estíbaliz Espinosa
“No río a lúa foi o corpo ancorado
dunha nena de ovo”

Estíbaliz Espinosa
X. Mª Álvarez Cáccamo
O lume branco

36
O mundo das palabras poéticas
réxese por unha inexorable lei:

cando colleites un termo

Estíbaliz Espinosa
e sintas como devolto un anaco de vida
de universo
ou memoria
haberá indefectiblemente outro anaco de ti
que se perda
na espiral.

37
O–

o meu ovo

caricia simple na que penetro

e penetro

Estíbaliz Espinosa
e penetro

e nunca chego á fin

38
-V-

Sempre gustei da lisura dos ovos.


Gozan da paisaxe infinda
e lunar
nascen sen pecado
matemáticamente
son sistemas perfectos.

Sempre gustei porque significan sempre.


Porque gracias a eles sabemos
do ciclo que non rompe
e que non rompe

algo que esvara das mans para converterse


en infinda tristura de humidade elíptica
en esgazo
recrea mañá mesmo ao menciñeiro mencer

Estíbaliz Espinosa
unha forma sen incertezas
para ti galada.

Na túa gorxa o pracer


incuba ovos e máis ovos
até que estale o beizo en mil douradas xemas.

Volta a empezar. E o que escacha é


branco entendimento
razón pura
fracción de natureza
contornada de enxeñería e milímetro.

39
O mundo sexa en sí mesmo
ovo choco de grandes cores
e a galaxia toda misture mística
de leite
e ovos,
espectacular ponche nouturnio a balsamar feridas
e abrir a sede.

Non hai razón que dure sempre


nin forma bela que non fenda.

Pero sí misterios por dentro


vida que latexa
e quixer esgazar o níveo límite
impetuosa alma de laranxa ardida
a flotar
nun romo sentempo.

Estíbaliz Espinosa
Lisura da túa pel
encerrada en anel promisorio.

Ovo de derme futura.


Alimento que sucede sempre.

40
-O

Comería a túa alma


coma quen come un ovo
dóce
novo
perfecto microcosmos no seu óvalo de nacre.

Pinga d´ ouro
mandorla
comería a túa alma sen casca
a túa alma sen culleres
sen caducidade.

Eterno almorzo da nenez de aldea.

Estíbaliz Espinosa
Sen saber e sen querer saber
as nigromancias da tersura
que escuro demo agocha
nin milagreiro sabor
sen chegar a adiviñar sequera
que foi antes:
a túa alma
ou a galiña.

41
Sexa eu tronco lácteo
dourada cinta estelar
sexa eu.

Sexas ti argumento da noite


mastro no que beber planetas
sexas ti.

Estíbaliz Espinosa
Medre ela, a palabra que todo o colle
na súa elipse de senso pleno
medre ela.

E louvado sexa o home


emancipado de nós
louvado sexa.

42
aquí no meu ovo podo agardar
a sinerxia promesa da fértil orixe

todo un mundo colle na palma da man


unha cereixa transporta en sí
o lonxe sabor
dun verán enteiro

grans de area
para perpetuar sistemas cósmicos
nas ribeiras douradas
dunha nosa praia

e ver como na nada é posible

Estíbaliz Espinosa
e a contemplación minuciosa da cerdeira
é quen de alzar xapóns de acuarela e volcán

para establecer o inmenso


hei ser a froita mínima
o salaio do non permanecer
labourar dende a rella do arado
un fascinio de estrelas

bomba condensada en porción mínima de uranio


celeste argueiro que remonta o son

deixádeme esparexer os trigais violentos do


meu embigo adentro
que a miña boca pequena
aínda así colisiona en verbas de efectivos mundos

43
que o ar é transparente pero viaxa nel a historia
o poder dixital
e a cereixa

un encontro mínimo no espazo


pode desatar as fronteiras dun dominio lacustre
pode desatar a precaución contida da eternidade
e desatar o baleiro
esa forma inapresable á que nos achegamos

ovo que volve a sí mesmo


coma ourizo omega
ou órbita solar
que preme un punto exacto
e di SILENCIO

vectores de nova nascencia

Estíbaliz Espinosa
todo ovo leva en sí
coma copia ou facsímil
do inefable

e do retorno

44
Interpretei a noite coma un
xeito de dicir palabras

A decisión do esencial penetra


pois por algo somos masa permeable

Quixen nomear as vacas calmas que nos fitan


a planície desta causa
que nos preme a ser

Rexeitando ángulos complexos


tirarlle as plumas ao todo

Quedarme
flotando coma lume dentro
coma lume dentro

Estíbaliz Espinosa
Fisuras de ovo fráxil
pero que volve

coma o signo

coma a marea

45
NOS CONFÍNS DO MUNDO

ATOPARÁS O OVO DO MUNDO

Estíbaliz Espinosa
NOS CONFÍNS DO OVO

NUNCA ACHARÁS RESPOSTA

46
I I

Estíbaliz Espinosa
TERRA DE NINGUÉN

47
I

De como puiden inaugurar entre as pestanas


unha planície imposible e remota
que frecuento

De como pronunciei o nunca dito


e sempre dito
para perpetuar un sistema de rozamentos
que non describo

De como baixei a garda


e subín a torre
Que fora eu a flor da sulamita
no arrecendo da noite que está por vir

De como fago por min mesma


este inefable xirar de esencias

Estíbaliz Espinosa
que levántanme o corpo coma ás
de arcanxo cego

Que urdo paraxes dantescas esferas


nas que apoiar os ollos
e sentir, como síntense os pasos
da certeza escura
que terei algo, non sei que,
pero para sempre

Un exacto modo de saber


i esa certeza
que eu prefiro escura
porque sexa, talvez, terrible

Un risco afiando a alma, acugulándoa


de poder

48
De como vou amosar o campo de mazás
e o firmamento no que traballo a alta velocidade
e sen derrota

Esta planície de única inmateria


que queima o iris

dun xeito absoluto

e celestial

Estíbaliz Espinosa
coma bíblica maldición

nada zen

palacio persa

Planície todavía humana.


Que vai ser
De como vai a se trocar tal páxina
no universo de dez mil seres...

nos meus ollos


xa fulgura

49
II

EU, que podo facer


que este verso dure sempre
que volvan as anduriñas
a resolver a felicidade dun alto príncipe
sempre
que volva a neve
que volva sempre
que empuñen as vastas xentes a xustiza
e ábrase o mar a unha orde dos meus ollos

EU, que podo facer que Ulises


navegue e navegue
pensando sempre en volver
e a Bela que Dorme sexa cen veces espertada
e a pomba trabucada
e Lesbia miña sempre miña

Hai algo que non estea nas miñas mans

Estíbaliz Espinosa
na corrente de río que leva por diante
figuras e batallas
para deixarme entre os dedos, peneirada
a fina area prata e negra
dunha páxina?

Facelo todo
podo.
A poderosa man do incerto príncipe
termando dun bufón baleiro
é tan só a miña
meu o seu pensar
que flota nas augas coma unha dama florescendo.

EU, príncipe das tebras e da luz,


xiro
e xiro
coma un muíño que agardase nunha páxina

50
a inmortalidade literaria
a máis ferinte
porque é quen de confundir a memoria das xentes
de facer dun triste muíño
un ser xigante
ao son dun olifante
que nunca soou.

EU, que podo facer deste Aleph a miña casa,


que podo recrear un Amor que dura sempre
-porque trálas perdices, agochado, estaba o sempre,
trála páxina que volver non podo
trála palabra fin,
trálo pano caendo...

EU, fragmento desa area prata e negra


tran préto da marabilla

Estíbaliz Espinosa
que me queimo
teño que baixar os ollos ante ti
que non es libro
nin podo abrirte
nin sei lerte
anque sexas máis fermoso que Ulises
e que Lesbia
e que Roland
e Dulcinea

hei de baixar os ollos


e non seguir lendo

hei de baixar os ollos


ante o único fragmento do meu tempo
que non sei como facer

51
que dure sempre

52
Estíbaliz Espinosa
III

nesta terra de ninguén


onde cabe a posibilidade
vasta terra de ninguén
onde medras, pan

terra de ninguén fumegando imprecisas batallas


unha estirpe de imaxes a nasceren do teu
costado ardente
coma liñas rotas que fosen dar ao mar

Estíbaliz Espinosa
por aquí vou e veño na procura de
Nomes soterados
procurando un Reino

e todo ese Reino


por un Cabalo

53
O
REINO
III

DO
FUME

54
Estíbaliz Espinosa
polo inasible que danza en nós

polo que non é materia


mais refracta a luz

Estíbaliz Espinosa
que pasa con nós as fraquezas do ser
coma o fume dunha fortaleza
incendiada hai tanto tempo

55
N I N M Á I S V A S T A S

A S P L A N Í C I E S

Estíbaliz Espinosa
D O E X T R A M U N DO

56
Púlsame o peito e
abráiate de presenciar o desconxelamento estelar máis grande
éntrame na espiral do corpo
víveme o útero.

Aliméntame de grandes espacios pois coido


que sen eles non mido ben a estatura do home
e preciso do cosmos para entender
un silencio que vénme xenéticamente imbuido.

Tócame as costas
e aparta
porque as asas de aceiro poden trabarte o
espríto.
E as gaiolas que lenemente pervirto
admiten o monstro animal
e a dentamia de arames.

Estíbaliz Espinosa
Non me parece mal o hibridismo.
Así que ás veces
ramifícome en feras.

Escoita o meu canto.


Agarda

á miña voz sobrevoar a torre.


Non hai mitos que suporten fortificacións tales.

57
Do meu embigo xurdiu o mundo.
Peitéome na atmósfera.
Climas arrastro nas xemas dixitais

e edifico altura

potencia

bestialidade

Días sen comer por verte.


Preparado o sobreagudo
na miña gorxa de prata.

Estíbaliz Espinosa

58
Pero aínda
máis
que
persistindo.

Nas naturezas mortas pero poña eu


un xeito de desamarrarme
e que me leven os ventos
que me leven
coido que os esmaltes irían ben
coa miña boca a rebentar

palabras.
Aínda persistindo.
Así obcecadas de lama impalpable coma
unha monarquía que se pretende a sí mesma
para unha novela de romances e untullo.

Estíbaliz Espinosa
Así
acumuladas todas as avalanchapedras
e non claudico
non claudico
camiño soa polo absoluto
có meu estandarte louco
que te buscaba.

Que te buscaba. E aínda persistencia.

Dicirche: eran os meus xaguares


que non eu.

pero non temas, meu amor,


amestreinos.

59
E logo máis baixiño: Volve.

Facerche un galano, unha pestana azul


para que saibas
que aínda choro a cachóns
e pinto lenzos.

Para que saibas


que beben leite os meu xaguares
inofensivos.

Para que me saibas


aquí sentada. Vendo caer
cometas e deflagracións antigas
coma se de un xeito obscuro
se tratase.

Estíbaliz Espinosa

60
Éste é o noso monumento ás Continxencias Comúns
nós, que fundamos esta empresa de ser home
sen máis Bonificación que o desexo.

Que figuramos Convenios.


Pero soñamos moito polas noites.

Que non recebimos notificación algunha do noso despido


dez días antes
nin apenas dez segundos antes.
E as Capitulacións Bilaterais non están contempladas.

Que somos Materia que só se transforma


en desconsolo.

E todo o Computamos por temor a perder

Estíbaliz Espinosa
incontables esencias.

Traballamos na vida a Tempo Parcial.


A outra parte son só olores
ensoños
néboa.

E tanta batalla para que.

Homes con Certificado de homes.


Mulleres Condecoradas de mulleres.

61
Pertenza á grande empresa humana
que nos asegura
e desarranxa.
Non se sabe moi ben
se en Réxime de Contrato
ou baixo Réxime de Guerra.

Continxencias Comúns que construimos


cómicamente
entre cosmos
e cons.

Uns canda os outros


atrincherados na vida un intre
antes da contenda final.
Soñando.
Dándonos quentura.
Continxentes.

Estíbaliz Espinosa
A agardar ou a desentrañar ou a conquerir
un só Concepto necesario
e un só Contrato indefinido.

62
Hai algo infindamente grande en ti que se che escapa.
Que incendia o horizonte.
Que che bebe o colo.

Hai algo que te sobe e che reclama íntimas illas


porcións do teu ser extenso
constelacións.

Coma un amor de xigante esquecido


coma unha man lanzal que te estreitase contra o seu abismo.
Coma caer
ao bordo do soño.

Un trallazo en ti que permanece.

Un fresal interior que te rebenta.

Estíbaliz Espinosa
Están os tumultos lonxe
acugulando pedras e formas dun ser esvaecido.

Polo alud dunha quimera


viaxa a túa alma e o seu refén, o tempo.
Polos descampados da certeza
algo infindamente que entreabre
a súa boca e o seu ancestral bocexo.

Un labio dourado que promete.

Algo máis aló do ser e dos límites que gabia.

63
Infalible e obsceno
por tanta infalibilidade
estrago
de espigas de ouro
ensarilladas en palabras.

A vasta magnitude.
E a súa potencia.

Disecado ao milímetro non podes


darte o luxo de agardar.
Cómpre ir máis aló, romper os moldes
coa punta dos dedos axitar as augas
indignar ao ceo coa blasfemia dunha dúbida.
Ir máis aló
bifurcar o tempo
en dúas mitades que antecedan sempre

Estíbaliz Espinosa
infindamente grande en ti
o instinto pervaga coa súa pena capital
a hipocresía e o seu contrato moral entre os dentes
un furacán humano avecíñase.

Arrasándote. Volve por ti.


Desalóxaste
por dentro
sáenseche lavas, fenden fosas
ultraoceánicas
creando terra. E iso es.
Terra.

Por dentro acontéceche a túa outra vida


e aló agarda
en horizontes que inflaman
nun calmo corpo xa baleiro.

64
Pero non saberemos nunca
non saberemos nunca se tanta inmensidade
responde
á túa parte animal no seu desterro
ou ó terrible espacio de ser home.

Estíbaliz Espinosa

65
OS MISERABLES

Pensar nela coma


estar namorada dela.

Do seu corpo emerxente


da súa alma sumerxida.

Non importa quen: é música de esferas


é grande é suprema
é xa cen veces ti
é mil
e vai crecendo.

Sábeo todo, é poderosa.


Seduce dende a escuridade ou a

Estíbaliz Espinosa
inexistencia.
Arrepía máis ca unha pantasma.

Non existe, dis, e síntela rir


trengueleando torques e brazaletas
con caprichosa
innegable dozura.

Ela coñéceo dende antes ca ti.

Ela sabe del, dos seus íntimos pregos,


da súa fame.
Da secura adolescencia.

66
Lembra o que lle dixo hai moito
cando eras ti a única
en non existir.

Lembra fotos
o seu semblante neno
unha canción

aquela tarde dun verán inmenso


comendo froitas
baixo un ceo que non volve
nese anel fóra do tempo
no que xiramos unha vez
e que non volve
non volve

Lembra por enriba de ti, lembra.


Todo o ve coma ave fénix.

Estíbaliz Espinosa
I el debe estar tan lonxe...

De pouco serve que ti durmas ao seu lado.


O seu soño é Neboeiro que xoga a que ti
non saibas. I ela medra a ese calor
por máis que trates de quencerte
por máis que esteas no seu abrazo.

Pasa o tempo sobre follas ou debuxos


unha dirección
un tenue obxecto
amarelecen.

67
Parece esvaída
pero recupera forzas. É branca
marela
negra
azul.

Sae do mar, do estío


dos cadernos e primeiros libros.
Sae das paisaxes nidias coma cristal
nas que nos afacemos á existencia.
Sae dos templos do atardecer
coma unha deusa.

E ti, diminuta miseria que


pretende recobrar un corpo pertencido
que trata de dar nenez
a un home xa non neno.

Estíbaliz Espinosa
Diminuta faísca conmovida polas
grandes estrelas que poden medrar e medrar
até arrasarche o lombo enteiro
lombo gris de anxo caído.

Pensando nela día e noite.


Coma namorada dela.
Sentíndote ela nel,
-curiosa forma de acadar ó OUTRO-

con ese medo lítico que inmobiliza o sangue


que detén o ar

68
Velaí o poder magnífico

irreductible

turbador

dos miserentos ciumes.

Estíbaliz Espinosa

69
AB ORTUS SOLIS

( ao despuntar do sol)

Ningunha árbore para acubillarme.

Todos sábeno todo


todos miran
hai mil ollos a me esculcaren ben por dentro
mil escribáns rexistrando o meu caso
có seu nariz marelo
de nauseabundas hepatites.

Polas rúas sentencias condenatorias.

Da hipocresía mana

Estíbaliz Espinosa
a ferramenta que tanto me aproxima á morte.

Que tanta dentamia


me encerra.

E non cae nada.


Nin auga para os vencidos.
Nada.

Que penitencia cóbrase a que matou ao seu primoxénito fillo


que penitencia.

Abraham obrou por mandato de Deus.

70
Eu non teño deus que me designe o camiño.
Eu non teño nin auga
para me lavar o rostro
porque morrín nos lapidarios das rúas verdes.
Falo só polos meus beizos
combados coma antigas barcas fenicias
que veñen comerciar coa morte.

Mais quen escoita á que matou ao seu primoxénito fillo


nin voz tén, nin auga clara.
Quen escoita xa á nai de Moisés
se é só un reflexo no río.

Meu neno
eu suporto vivir neste cárcere
pero ti has prometerme que mañá
mañá sen falta

Estíbaliz Espinosa
ao despuntar do sol, como dicían sempre os libros,
ti descenderás flotando polos afluentes dos meus ollos
coma un pétalo que lenemente existas
no teu cestiño de vimbio.

E haberá, por deus, algo inanimado ou vivo


neste universo
que poida recollerte
e devolverte a min
coma un rego de auga constelando
coma un vento moi dóce que pasa?

71
Ao meu pai que non me coñeceu nunca

Dende que sei por fin que ti vas vir buscarme


veño cada día ao meu lugar dos dictados ultravioleta
a comprobar o estado de cada flor sonámbula que che adico
para non ocuparen nunca
tumba algunha.

No reconto hai tantas delas:

Na que vés a me rescatar polas fendas intersticiais


do espacio grande
trálos armarios.

Estíbaliz Espinosa
Na que moumeas silabarios có meu nome
de por sempre inscrito.

Na que cantas mel por min.

Hai unha que establece a túa man na miña


e ábreme os teus ollos nos meus ollos.

É a que prefiro.

Ou a que pón o teu recordo nun berce


transitado de ocos e lagoas
para que eu o arrole.

A que máis delicadeza me pide.

72
Outra que move as nubes coma Neboeiro e lévame
a min nun coche, moi nena,
para darme ben que pensar
e que escreber.

A nebulosa.
A sorprendente.
Porque en todas estás.

Certificado o seu estado saludable


verificados os regos
hei facer complicados esforzos de arritmia e métrica
para recompórme
e saír, pechando ben,
cara outro día.

Seica nunca foi doado abandoar o paraíso


no que ti es.

Estíbaliz Espinosa

73
PARADEXO

Ao esquío de Dexo, que, dalgunha maneira, está neste texto.

Coma se vivise do alimento. Coma pensar en flor nas tépedas imaxes dos
fentos anasados entre os eixos da memoria que sempre navegando para
escorar na túa abra. Na túa abra pecha, clandestina forma da miña xeografía
perenne que xoga a facerse mitoloxía e vento e di “ son grega, son o alimento,
son o principio do mundo”. Nunca un sol tan alto, tan alto, “alto pino, alto
pino”, e por baixo o seixo branco escorregando a súa nácara en sistemas
descifrables cara o abandono: que chora o fin da terra. E a Marola bestia femia
misteriosa a contemplar os deuses dende o seu perfil de perigo chiante e
gaivotas. Un rumor arelado, un esfragar de piñas no baleiro, o teu fume de
galaxia irredenta e vacas bravas ao lonxe porque todo é lonxe.

Ese anel de promisorio verde, círculo exacto das miñas mentiras absortas,
do meu pé pequeno, do castiñeiro e a navalla do irmán, e un barco entre as
rochas, e a metafisis do lume axexando, e as mainas herbas e o esquío xuíz. E o
pequeno gato inmóbil coma o pranto das pedras, baixo as colonias de arás que
tecen tempo e tecen tempo e tecen tempo.

Estíbaliz Espinosa
Pero alí non hai tempo. Anel no que verdeo. Só carros dardexantes de
deuses polo ceo, só Ulises que volve e eu que tezo tempo no lenzo de desfacer
tempo, só ondas de palabras líricas a bater na escuma coma recorrencias ou
versos, vivir dun alimento segredo de segreis e titáns e resplandor primeiro,
alimento do ser home, e ninguén na mera posesión, non, alí non ule máis que a
néctares e principios líquidos e vastas memorias do mundo xeolóxico e un
silencio coma nunca sentiches, un silencio xenérico, feito de átomos suspensos,
de maxia imperturbable que non ousa transcorrer, silencio nidio que se grava
en ti coma ferida que non pecha, coma o rostro de Ulises apartando nubes e
ítacas en ensoñación, coma un útero de lendas que pare en ritmos sidéreos
calma de boi e memoria mollada no leite das estrelas.

E a primeira páxina de tódolos libros que escribirei


arrinca en ti.

74
L U M E

(METALURXIA E MAXIA)

Estíbaliz Espinosa

75
Polos teus ferros candentes saberei
que haberá antes que o pan, o lume.

Pero a miña testa nunca foi bó prato


de forno,
non son Plath no seu cauldron of morning.
Eu devezo polas pratas e metais queimados
no fondo da terra escarvo e escarvo,
froito de madura imperfección,
até dar coas brasas tenras de ser home.

Son de lume.
Pan de lume.

E sae todo de nós brando e ao vermello vivo


e con tenaces e un martelo bravo
algo, non sabemos que,
afínanos de alto aceiro, acoirázanos de

Estíbaliz Espinosa
inoxidables teimas.
Fainos metal e brillo
servos da magnitude branca.
Que non fendamos nunca.

E líquidos de maré perpetua, e incandescencias,


e lava a remoíños, e alma de basalto
a trafegar por dentro mui por dentro
condeados.

Nos baixos baixos fornos


desta civilización que vedes inconmensurable
supurando palabras para manterse en vida
anda un tremer de herba na tormenta
chovendo alfinetes infindos
branda metalurxia de ovo e pan.

76
Mais saberei que despois de bater os ferros
de someter ás temperaturas xigantes
cachizos de ser, argueiros,
unha masa violenta de homoxénea tenrura
sairá por estas mans chairas
coma por artesas da mañanciña a eito
un pan de enerxía dobre
carregado de alma humana

un pan feito de ferramentas e aveños duros


de tubos inhóspitos e branca linfa
de chamineas.

Na cinza das horas reviviremos un pan definido


en nós hai tempo, semellante a un paxaro lendario
que non cesa, que non cesa.
Que significa ardido

Estíbaliz Espinosa
e nascido do arder.

Que pervive.

77
Libro de Ler e Desler: Téñeno os cregos e úsano para desconxurar Nubeiros, Bruxas e
Tesouros. Cando len, ábrese a porta da cova onde está o Tesouro e, cando deslen,
péchase. Cando desconxuran Nubeiros soben ata a nube mentres len. Alá enriba
paralmentan có Tronante. Acordan o sitio onde van mandar o pedrazo e o crego deslé a
modo para baixar ata o chan. Cando esconxuran meigas, se se lé ó revés, énchese a casa
delas. Estes libros son moi perigosos e non poden andar nas mans de calquera. Cando se
queima un libro de ler e desler saen do lume luces de tódalas cores.

Diccionario dos seres míticos galegos Estíbaliz Espinosa


de Cuba, Reigosa & Miranda

78
Dacordo, leitor, podes queimarme
e comprobar así se cumpro o encantamento
propio dos Libros de Ler e Desler.

Estíbaliz Espinosa
Pero, eso si, bótame a arder
únicamente
se abrín para ti a cova
onde había agochado
un bó Tesouro.

79
Mais o pobre que soña coa riqueza
¿como non amará un pouco
os contos de tesouros?

Estíbaliz Espinosa
“Aneis de auga”, R. Carvalho Calero

80
81
Estíbaliz Espinosa

You might also like