You are on page 1of 7

A poesía de fins do XX e comezos do

Tema 10 XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90.


Poetas e tendencias actuais máis
relevantes.

2020 - 2021
Susana Vázquez
Nos anos 70 a poesía predominante era a poesía social (Celso Emilio Ferreiro). O 75 é un
ano fundamental xa que supó n o fin da ditadura, coa morte do xeneral Franco. Con este
acontecemento iníciase un período de reformas políticas e sociais e éntrase nun novo proceso
caracterizado pola recuperació n das liberdades democrá ticas e a posibilidade de autogoberno.

Todo isto, xunto á desaparició n dos obstá culos da censura e o estímulo


dos premios, facilita a creació n literaria en galego. Asistimos pois a un
incremento cuantitativo e cualitativo da produció n literaria e da nó mina de autores. Isto
significou profundas renovació ns no panorama poético. As dú as má is salientables son: a
eclosió n da escrita feminina (e feminista) e a convivencia de varias promoció ns de autores e
autoras en plena actividade creadora. O elenco de poetas galegos aumenta considerabelmente.

Podemos falar de catro inflexió ns sucesivas que marcará n este final do século XX:

a) A consolidació n da estética do socialrealismo (a literatura de contido político) a finais dos


60 e comezos dos 70 da man dos chamados "Novísimos".
b) A reacció n contra as formas destes a partir do 76, do cal é exemplo o poemario de Ferrín
Con pólvora e magnolias.
c) A "xeració n dos 80" que achega unha nova estética.
d) A reacció n posterior a esta estética da man da chamada "xeració n dos 90"

1. Os novísimos.

A publicació n da antoloxía de Mª Victoria Moreno en 1973, Os novísimos


da poesía galega, deu nome a un grupo de poetas que introducen
pouco a pouco inquedanzas intimistas e innovació ns formais. É moi importante
o maxisterio que sobre eles exercen figuras como Celso Emilio Ferreiro ou Manuel
María.

Aquil tren cargado de carne humán


detívose na fronteira unhas horas
pra valdeirarse dunhos pais sen fillos.
Na estación había un letreiro longo
que poñía: “EUROPA – MERCADO – FÁBRICA”.

Aparecen a finais dos 60 e traballan nun momento intenso da loita antifranquista


participando directamente na implantació n do nacionalismo de esquerdas. A sú a escrita está
fortemente ideoloxizada e ten un compoñ ente de denuncia e reivindicació n. Aborda cuestió ns
como a loita pola lingua, a opresió n nacional e o desexo de liberdade individual e colectiva. O
labor literario é un elemento má is do seu compromiso político.

2. Do 76 ao 80.
Tres obras fundamentais abren unha nova etapa poética que camiñ a paralela á incipiente
creació n dun estado democrá tico: en 1976 Con Pólvora e magnolias de Xosé Luís
Méndez Ferrín, Mesteres de Arcadio Ló pez Casanova e, en 1980, Herba aquí e
acolá de Á lvaro Cunqueiro. Estes libros representan a superació n dunha poesía
de compromiso a favor dunha nova maneira de facer poemas buscando unha
poesía estética e universal que entronque coa nosa tradició n poética
(particularmente coa poesía medieval, celta e vangardista) e que ao mesmo tempo fose europea
e non particularizase en temas exclusivamente galegos. É o inicio dunha nova etapa na poesía
caracterizada pola apertura cara a temas de tipo intimista, existencial, metafísico, mitoló xico e
cultural, así como por unha maior atenció n á dimensió n estética do poema.

Nesta primeira etapa aparecen diversos grupos poéticos e


libros de creació n colectiva. O grupo Rompente (formado entre outros
por Afonso Pexegueiro e Antó n Reixa) desenvolveu formas
vangardistas e provocadoras incluíndo o happening ou o espectá culo
poético- musical. Un bo exemplo disto é a obra Silabario da turbina
(1978) que incorpora técnicas das artes plá sticas como a colaxe. Tanto
nas tres obras colectivas publicadas (Silabario da turbina, ¡Fóra as
vosas sucias mans de Manuel Antonio! e A dama que fala) coma nas
obras individuais dos seus membros (Facer pulgarcitos tres, As ladillas
do travestí e galletas kokoschka non), Rompente racha con todas as convenció ns da poesía e a
cultura que ata entó n se fixeran en Galicia.

Tamén se significou nunha vangarda má is atenuada o colectivo Cravo fondo. O grupo


xurdiu con vontade renovadora e autodefiníase como revolucionario, nacionalista e
comprometido coa investigació n creativa coa lingua e a literatura. Estaba formado polos poetas
Ramiro Fonte, Xesú s Rá bade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio Ló pez Valcá rcel, Xesú s
Manuel Valcá rcel, Fiz Vergara Vilariñ o e Helena Villar Janeiro. En 1977 publicaron o seu ú nico
libro conxunto co título Cravo Fondo, que se abre cun manifesto que amosa a vontade de
superació n do socialrealismo epigonal, pero sen renunciar á historicidade nin caer no
esteticismo. Faise fincapé na necesidade dunha poesía que comunique realmente co pobo e
fá lase da necesidade de facer recitais non elitistas. O manifesto remata coa consigna: " Por
Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe".
Ademais hai agrupamentos de cará cter local como o recollido nos dous libros dos poetas
radicados na cidade da Coruñ a e arredores De amor e desamor (Xosé Devesa, Mato Fondo) ou o
grupo Alén (Mato Fondo, Xosé Ramó n Pena). En 1981 aparece Dorna, revista de expresió n
poética. Dorna créase grazas á iniciativa da Asociació n Cultural Dorna, da Illa de Arousa. A partir
do segundo nú mero da publicació n, a sú a edició n pasou a mans da Cá tedra de Filoloxía Galega
da Universidade de Santiago de Compostela.

3. A Xeración dos 80.

Como consecuencia da ruptura co social-realismo prodú cese un distanciamento entre o


creador e a sociedade. A dedicació n do día das Letras Galegas de 1979 a Manuel Antonio inflú e
nun maior achegamento á sú a poética. Prodú cese unha actitude neovangardista en que o poeta
pasa a ser, ante todo, o creador singular. As tendencias ruralistas e popularizantes son
desbotadas, producíndose unha integració n dos elementos da cultura urbana e
marxinal (de novo coincidindo coas vangardas) con elementos acordes cos novos
tempos (drogas, depresió ns, enfermidades mentais...). Tamén hai unha recuperació n
do intimismo e do erotismo implícito. Predomina a preocupació n formalista xunto co
barroquismo. A poesía é a arte da linguaxe.

A poesía destas autores e autores está caracterizada polo culturalismo e o emprego de


ferramentas e motivos da filosofía, a mitoloxía, a mú sica e as artes plá sticas. A preocupació n
polos aspectos formais, concretada na busca dun có digo moi elaborado e de gran
correcció n. A apertura temá tica, que se manifestou no cultivo
de temas intimistas (amor, paso do tempo, morte), temas
sociais (referidos a novas cuestió ns como as inxustizas
laborais e a política), o medio (espazos naturais, urbanos, etc)
e a reflexió n metaliteraria.

Para a sú a expresió n desenvolven diferentes liñ as temá ticas que imos tentar agrupar nas
seguintes:

- Culturalismo.

ƒ Manuel Forcadela. A sú a obra exemplifica a liñ a culturalista e esteticista,


especialmente en Ferida acústica de río, unha obra que contén referencias
intertextuais a escritores como Homero, Petrarca e Pessoa, e concede grande
importancia á mú sica.
ƒ Ramiro Fonte. Formou parte do colectivo Cravo Fondo, e no seu discurso lírico
reflexiona sobre o paso do tempo e a nostalxia, e evoca espazos íntimos cunha
forte simboloxía. Escribiu Pensar na tempestade e Designium, entre outros.
ƒ Miguel Anxo Ferná n-Vello: A sú a obra caracterízase pola busca da beleza na
expresió n e o ritmo musical do verso. É autor de Memorial de brancura.
ƒ Xosé Mª Á lvarez Cá ccamo. Combina na sú a poesía as tendencias intimista e
social. Entre a sú a otra destaca Praia das furnas.
ƒ Xavier Rodríguez Baixeiras: Caracterízase polo emprego de estrofas clá sicas nas
sú as composició n, entre as que salienta Fentos no mar.

- A poesía do cotián.

Os autores desta tendencia trataron aspectos da vida cotiá e


incorporaron consideració ns autobiográ ficas aos seus poemas. Empregan una
linguaxe má is directa e sinxela, cunha menor atenció n a os aspectos
estritamente formais. O autor má is representativo é Manuel Rivas (Ningún cisne
e Mohicania).

- A experimentación.

Esta liñ a poética, aínda sen deixar de lado totalmente a preocupació n formalista,
procura a experimentació n na lírica. Técnica do colaxe textual, pró xima ó vangardismo
poético. Os autores destruen o concepto tradicional de estrofa, para crearen versos sen rima
con rupturas sintá cticas, caligramas, etc. Destacan Manuel Vilanova e Vicente Araguas.

- A poesía da muller.

A incorporació n definitiva da muller a creació n poética galega durante a década dos 80


deu lugar a unhas composició ns caracterizadas polo rexeitamento do androcentrismo e un

Lama das Quendas 5


intimismo propiamente feminino. As poetisas má is salientables desta década son Pilar Pallarés,
Ana Romaní e Xela Arias.

- Os camiños senlleiros.

Nestre grupo inclú ense autores cunha obra destacadamente orixinal ou dificilmente
clasificable pola mestura de varias tendencias, como Claudio Rodríguez Fer e Cesá reo Sá nchez
Iglesias.

4. A poesía dos 90.

Ante a extraordinaria eclosió n poética desta década, os novos autores, para facerse cun
oco no panorama literario do momento, buscaron agruparse en colectivos como Será n Vencello,
Ronseltz, Humilladoiro, etc. As correntes poéticas xurdidas nos 90 rompen coa procura da
beleza formal e a correcció n na linguaxe e decá ntanse por unha composició ns transgresoras,
empregando unha linguaxe má is familiar e o fragmentarismo na organizació n sintá ctica e
estrutural do poema, ademais de introducir formas non está ndar.

Autopoética, Ronseltz
Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera:
Vai un poeta moderado e dille ao cobrador da luz: Vai
unha lavandeira e dille a un túmulo:
Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica:
Vai un solpor e dille a un rapaz feo:
Vai unha patria pequena e dille a un buzón de correos:
Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca:
Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X:
Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base:
Vai a néboa nun verso, saise do poema e acata a Constitución:
Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes:
Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais:
Coas letras iniciais de cada resposta poderá formar
o pensamento dun famoso xogador do Deportivo.

Liñ as temá ticas segundo o tratamento da linguaxe poética:

Lama das Quendas 6


- O discurso natural. Aglutina aos autores que cultivan unha poesía intelixible e
emotiva, que parte da experiencia cotiá , empregando unha linguaxe directa e clara co
obxectivo de implicar ao lector no poema. Salientan Fran Alonso e Rafa Villar ( Liques de
memoria).

- O discurso libertario. Esta tendencia cuestiona os prexuízos da linguaxe


recibida, que pode actuar como instrumento de poder e control. Para facer
fronte a isto, esta poesía rexeita as convenció ns establecidas e emprega a
linguaxe como unha forma de liberació n. Destacan os autores do colectivo
Ronseltz, Olga Novo e Yolanda Castañ o (Elevar as pálpebras).

- O discurso hermético. Esta corrente caracterízase polo emprego dunha linguaxe culta e
complicada, a ausencia de orde ló xica na estrutura das composició ns, o desvío da norma e a
polisemia. Aquí inclú ense María do Cebreiro e Chus Pato.

5. Poetas e tendencias actuais.

Debido á proximidade é má is difícil falar de tendencias comú ns. Aínda así, podemos citar,
entre outras, como características dos autores e autoras actuais a
desbarroquizació n da linguaxe, o uso dunha lingua directa e coloquial, tratando temas
cotiá ns, o tratamento de temas sociais con novas sensibilidades (insubmisió n,
ecoloxismo, pacifismo, feminismo...).

Nesta nova época podemos salientar o labor destes poetas por achegar este xénero á
xente, ben a través da rede informá tica con blogs ou pá xinas web, ben con recitais para
un contacto entre poeta e ouvinte. Neste ú ltimo podemos destacar na nosa propia
experiencia poética ao longo xa de 11 anos no centro en que estudos. Valoro que cada
un, cada unha de vó s sodes quen de falar dos poetas que tivestes o pracer de coñ ecer
nestes anos no centro.

Lama das Quendas 7

You might also like