Ud02 A03 Esfuerzos en Vigas

You might also like

You are on page 1of 31

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Material para
a formación profesional inicial

Familia profesional EOC Edificación e obra civil


Ciclo formativo CSEOC01 Proxectos de edificación
Grao Superior
Módulo profesional MP0562 Estruturas de construción
Unidade didáctica UD02 Como se calculan os esforzos internos?
Actividade A03 Esforzos en trabes
Autores Jorge Manuel Badás Peiteado

Nome do arquivo CSEOC01_MP0562_V000203_UD02_A03_Trabes


© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Este traballo foi realizado durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria e ten licenza Creative Commons BY-NC-SA (recoñecemento -
non comercial - compartir igual). Para ver unha copia desta licenza, visitar a ligazón
http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/.

Páxina 1 de 31
Índice

1. Ficha técnica.............................................................................................................. 3
Contexto da actividade ....................................................................................................................... 3
Título da actividade ............................................................................................................................. 3
Resultados de aprendizaxe do currículo ............................................................................................ 3
Obxectivos didácticos e título e descrición da actividade ................................................................... 3
Criterios de avaliación ........................................................................................................................ 4
Contidos .............................................................................................................................................. 4
Actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, métodos, recursos e instrumentos de
avaliación ............................................................................................................................................ 5
2. A3. Esforzos en trabes .............................................................................................. 6
2.1 Introdución .................................................................................................................... 6
2.2 Actividade ..................................................................................................................... 6
2.2.1 Flexión nas trabes .............................................................................................................................................. 6
Estados de flexión .............................................................................................................................. 7
Tipos de trabes ................................................................................................................................... 7
Dimensionado dunha trabe ................................................................................................................. 8
2.2.2 Cálculo de esforzos nunha trabe biapoiada ....................................................................................................... 9
2.2.3 Representación de esforzos............................................................................................................................. 10
2.2.4 Exemplificacións............................................................................................................................................... 12
Exemplo1 .......................................................................................................................................... 12
Exemplo 2 ......................................................................................................................................... 14
2.3 Tarefas ....................................................................................................................... 18
2.3.1 Tarefa 1. Esforzos nunha trabe sometida a varias cargas concentradas ........................................................ 18
Autoavaliación .................................................................................................................................. 18
2.3.2 Tarefa 2. Esforzos nunha trabe sometida a un momento e a unha carga distribuida ...................................... 22
Autoavaliación .................................................................................................................................. 22
3. Materiais ................................................................................................................... 27
3.1 Textos de apoio ou de referencia ................................................................................ 27
3.2 Recursos didácticos .................................................................................................... 27
4. Avaliación ................................................................................................................ 28
Proba escrita (exercicio) ................................................................................................................... 28
Avaliación ..................................................................................................................................................28

Páxina 2 de 31
1. Ficha técnica
Contexto da actividade

Módulo Dura- Unidade didáctica. Se- Actividades Se-


ción sións sións
60´ 60´

A01. Forzas e momentos 7


UD01. Como se resolven os proble-
18 A02. Centros de gravidade 6
mas de estática?
A03. Momentos de inercia 5

A01. Sistemas estruturais 2

A02. Sistemas articulados 7


UD02. Como se calculan os esforzos
19
internos?
A03. Esforzos en trabes 7

A04. Muros de sostemento 3


MP0562. Estruturas de construción
107 UD03. Como son os materiais
. A01. Solución construtiva das
empregados na construción de 11 11
estruturas
estruturas?

UD04. Como se dimensionan as


26
estruturas?

UD05. Como se identifican os


11
terreos?

UD06. Como se fan os movementos


11
de terras?

UD07. Como se resolven as cimen-


11
tacións?

NOTA: Esta actividade está vinculada á programación recollida no arquivo


CSEOC01_MP0562_V000200_UD02_Esforzos.pdf

Título da actividade

Nº Título Descrición Duración

A03 Esforzos en trabes Determinación e representación das solicitacións nunha 7


trabe.

Resultados de aprendizaxe do currículo

Resultados de aprendizaxe do currículo Completo

 RA2 - Elabora diagramas de esforzos internos, analizando elementos estruturais de construción, e determina os efectos Si
producidos pola acción das cargas.

Obxectivos didácticos e título e descrición da actividade

Obxectivos específicos Actividade Descrición básica Duración

O3.1 Analizar o estado de flexión A3 Esforzos en trabes Determinación e representación das 7


nunha viga. solicitacións nunha trabe.

O3.2 Obter o valor do esforzo cortante

Páxina 3 de 31
Obxectivos específicos Actividade Descrición básica Duración

e o momento flector dunha trabe.

O3.3 Debuxar os diagramas de esfor-


zos cortantes e flectores.

Criterios de avaliación

Criterios de avaliación

 CA2.7 - Obtívose o valor do esforzo cortante e o momento flector dunha trabe simplemente apoiada.

Contidos

Contidos

 Esforzos internos: esforzo cortante e momento flector nunha trabe. Diagrama de cortantes e flectores.

Páxina 4 de 31
Actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, métodos, recursos e instrumentos de avaliación

Qué e para qué Cómo Con qué Cómo e con qué se Duración
valora (sesións)

Actividade Profesorado Alumnado Resultados Recursos Instrumentos e proce-


(título e descrición) (en termos de tarefas) (tarefas) ou produtos dementos de avaliación

A3. Esforzos en trabes  Tp3.1 Presentación por parte do profesor  Ta3.1 Toma de apuntes polo alumnado das  Esquema coas ideas  Útiles de escritura e de 7
 Determinación e representa- dos tipos de trabes e os esforzos aos que exposicións do profesorado e resolución de básicas da explicación. debuxo técnico (escua-
ción das solicitacións nunha están sometidas. dúbidas. dro, cartabón, escalíme-
trabe. tro,...).
 Calculadora
 Tp3.2 Explicación polo profesorado do  Ta3.2 Toma de apuntes polo alumnado das  Exercicios resoltos de  Equipo informático do
procedemento para calcular os esforzos nu- exposicións do profesorado e aclaración de cálculo de esforzos en profesor con canón de
nha trabe simplemente apoiada o xeito de dúbidas. Resolución dos exercicios formula- trabes e a súa represen- proxección e impresora.
representalos. Realización de exemplifica- dos polo profesor seguindo as súas indica- tación.
 Apuntes proporcionados
cións. cións.
polo profesor.
 Ta3.3 Tarefa de avaliación combinando PE.6  PE.6 - Proba escrita
proba escrita (exercicio) sobre a identifica- (exercicio) sobre a
ción dos tipos de cargas e apoios en trabes identificación dos tipos
con PE.7 proba escrita (exercicio) sobre a a de cargas e apoios en
obtención do valor do esforzo cortante e o trabes.
momento flector dunha trabe simplemente  PE.7 - Proba escrita
apoiada. (exercicio) sobre a a
obtención do valor do
esforzo cortante e o
momento flector dunha
trabe simplemente
apoiada.

Páxina 5 de 31
2. A3. Esforzos en trabes
2.1 Introdución
Na actividade que nos ocupa aprenderanse os seguintes conceptos e manexo de destrezas:
 Analizar o estado de flexión nunha trabe.
 Obter o valor do esforzo cortante e o momento flector dunha trabe.
 Debuxar os diagramas de esforzos cortantes e flectores.

2.2 Actividade

2.2.1 Flexión nas trabes


As forzas exteriores producen en todo elemento estrutural deformacións que poden conducir
ao seu colapso. Internamente a estrutura oponse a estas deformacións para estar en equili-
brio.
Denomínase trabe a toda peza razoablemente longa en proporción ás súas dimensións
transversais, convenientemente soportadas e sometida a forzas que tenden a dobrala, alon-
gándose unhas fibras debido á tracción e acurtándose outras debido á compresión. Denomí-
nase fibra neutra ou liña neutra a aquela que separa a zona comprimida da zona traccionada.

Para manter o equilibro, no interior da trabe xéranse os seguintes esforzos:


– M : Esforzo flector (ou momento flector)
Prodúcese na viga unha rotación nos apoios por efecto das forzas perpendiculares
ao seu eixe lonxitudinal. Unhas fibras tendan a alongarse e as opostas a acurtarse ori-
xinando a curvatura do eixe da viga.

– V : Esforzo cortante

Páxina 6 de 31
Prodúcese o deslizamento vertical das seccións da viga debido á diferenza entre as
direccións das forzas que actúan perpendicularmente ao seu eixe.

– N : Esfuerzo normal o axial


A acción de cargas de tipo horizontal pode provocar o desprazamento das fibras
producíndose, segundo o caso, tracción ou compresión.

Estados de flexión

Nun elemento sometido a flexión podémonos encontrar as seguintes combinacións:


– Flexión pura:
A trabe traballa unicamente flexión.
– Flexión simple:
A trabe traballa a flexión e cortadura.
– Flexión composta:
A trabe traballa a flexión, cortadura e esforzos normais.

Tipos de trabes

As trabes pódense clasificar dos seguintes modos


 Segundo o número de apoios:
– Ménsula:
Son aquelas que contan cun único apoio.

– Simple:
Son aquelas que contan con dous apoios.
– Biapoiada

– Apoiada-encaixada

– Biencaixada

Páxina 7 de 31
– Continua:
Son aquelas que contan con máis de dous apoios.

 Segundo o número de coercións.


– Isostáticas:
Son aquelas que podemos resolver coas tres ecuacións de equilibrio, formulándo-
senos un sistema de tres ecuacións con tres incógnitas facilmente resoluble.

ΣFX = 0

ΣFY = 0

ΣM = 0

– Hiperestáticas:
Non se poden resolver con unicamente as tres ecuacións anteriores, sendo preciso
recorrer a outros métodos de cálculo máis complexos.

Dimensionado dunha trabe

Para poder dimensionar unha trabe (ao igual que calquera outra parte dunha estrutura) é ne-
cesario coñecer como traballa cada unha das súas seccións transversais, para o cal se deter-
minan as leis de variación das solicitudes representándoas en diagramas cuxa base é o eixe
da estrutura.
Haberá de se seguir este proceso:
– Cálculo das reaccións nos apoios.
– Cálculo dos esforzos aos que está sometida calquera das súas seccións.
Páxina 8 de 31
– Representación gráfica dos esforzos ao longo da trabe.
– Dimensionado da peza para que soporte os devanditos esforzos.

2.2.2 Cálculo de esforzos nunha trabe biapoiada


Tal como se comentou, tras calcular as reaccións nos apoios procédese a calcular os esfor-
zos. Para iso aplicarase o método das seccións.
Este método baséase en realizar un corte na viga e prescindir da parte situada a un dos
lados do plano de corte. Co fin de restablecer o equilibrio debemos situar as accións mecá-
nicas que cada parte da viga exerce sobre a outra. O sistema de forzas internas correspon-
dentes a unha sección calquera é equivalente ao sistema de forzas externas que están aplica-
das sobre a outra parte.
Para a aplicación práctica deste método iremos seccionando a trabe de forma que se ana-
licen tramos (dominios de corte) onde sexan constantes as cargas, as condicións xeométricas
e os enlaces. O proceso a seguir é:
– Córtase a viga a unha distancia x do apoio.
– Substitúese a parte eliminada da viga polo sistema mecanicamente equivalente situado
no baricentro do plano da sección.
– Súmanse alxebricamente as proxeccións sobre os eixes X e Y (proxeccións horizon-
tais e verticais cada unha pola súa banda) de todas a forzas que están aplicadas sobre o
tramo da viga co que quedamos, así como os momentos desas mesmas forzas tomadas
respecto ao punto de corte. Non debemos esquecer as reaccións nos apoios.
– En función do paso anterior, obteremos as leis matemáticas de cada un dos dominios
de corte.
No percorrido polos distintos dominios de corte da viga non é preciso levar sempre o mes-
mo sentido (podemos comezar dende un extremo da trabe ou dende o outro). Non obstante,
como se verá en exemplos posteriores, débese ter coherencia para ter correctamente analiza-
dos (e representados posteriormente) todos os puntos da viga.
Para este estudo debemos adoptar unha convención en relación á sección de corte. Adoita
tomarse o seguinte criterio:
 Momento
Considérase positivo cando produce tracción ou alongamento na parte inferior da tra-
be. Se se produce a tracción na parte superior da viga, o momento será negativo.

 Cortante
Considérase positivo cando se produce un par de forzas de sentido horario.

 Axial
Páxina 9 de 31
Considérase positivo cando se produce un efecto de tracción.

Fixándonos nas imaxes anteriores, podemos ver como estabelecer as forzas internas se-
gundo analicemos a trabe cortando dende a esquerda ou dende a dereita no seguinte esque-
ma:

En cada un dos tramos analizados formularemos as ecuacións de equilibrio obtendo os


valores de M, V e N:
– O sumatorio de forzas horizontais (tanto accións coma reaccións) é nulo.

ΣFX = 0

– O sumatorio de forzas verticais (tanto accións coma reaccións) é nulo.

ΣFY = 0

– O sumatorio de momentos (tanto accións coma reaccións) respecto a un punto calque-


ra é nulo.

ΣM = 0

Como sempre, o criterio de signos positivos a considerar é o recollido na seguinte figura:

2.2.3 Representación de esforzos


Unha vez rematado o cálculo procédese á representación, empregándose uns diagramas nos
que as abscisas indican as diversas seccións da viga e as ordenadas os esforzos na devandita
sección.

Páxina 10 de 31
Estes diagramas representan os esforzos internos que xera a estrutura para permanecer en
equilibrio. As normas para a súa representación son:
– Os momentos positivos debúxanse pola parte inferior da trabe.

– O esforzo cortante positivo (e o axial positivo se o houbese) debúxase pola parte supe-
rior da trabe.

Segundo como sexan as cargas que actúan sobre unha trabe, podemos observar o seguinte:
 Se na trabe temos unha carga distribuída:
– O diagrama de momentos é parabólico.
– O diagrama de cortantes segue unha liña inclinada cunha certa pendente.
 Se na trabe temos unha carga puntual:
– O diagrama de momentos segue unha liña inclinada cunha determinada pendente.
Prodúcese un cambio na dirección de dita pendente no punto onde se encontra a
carga concentrada.
– O diagrama de cortantes é constante.
No punto onde se encontra a carga concentrada haberá un salto no diagrama de cor-
tantes.
 Se na trabe temos un momento flector concentrado, no punto onde se encontra haberá un
salto no diagrama de flectores.
 Ademais, prodúcense as seguinte relacións matemáticas:
– A derivada respecto a x da magnitude da compoñente M do momento flector é igual á
magnitude da compoñente V do esforzo cortante (os signos poden variar).
– A derivada respecto a x da magnitude da compoñente V da forza cortante é igual á
magnitude da compoñente q da carga distribuída (os signos poden variar).
– No interior dunha trabe, cando o cortante é nulo prodúcese o máximo momento flec-
tor.

Páxina 11 de 31
2.2.4 Exemplificacións

Exemplo1

Debuxar os diagramas de esforzos normais, cortantes e flectores da seguinte viga de 5,00m


de lonxitude sometida a unha carga puntual de 100 KN:

Tras sinalar con letras os tramos a analizar, calcularemos as reaccións nos apoios formu-
lando as tres ecuacións de equilibrio.

Recordemos previamente o criterio de signos a aplicar tanto para o cálculo de reaccións


coma para o cálculo de esforzos:

– ΣFH = 0
 RAx = 0 KN
– ΣMA = 0
 5xRC - 100x3 = 0
 RC = 300 / 5 = 60 KN
– ΣFV = 0
 RA + RC - 10 = 0
 RA = 100 – RC = 100 – 60 = 40 KN
Comezamos agora o cálculo dos esforzos.
Para iso, debemos considerar dous dominios na viga (o punto que separa ambos os dous
tramos correspóndese co punto no que se encontra a carga puntual).
Realizaremos un primeiro corte (dominio 1) comezando dende a esquerda para analizar
os 3,00 m iniciais da viga. Posteriormente analizaremos os 2,00 m restantes (dominio 2) pe-
ro neste caso comezando dende a dereita.
Poderiamos ter realizado a análise do dominio 2 continuando o avance ao longo da trabe
dende o apoio esquerdo. O resultado tería sido o mesmo pero o cálculo matemático sería li-
Páxina 12 de 31
xeiramente máis complexo.
 Dominio 1 (A ≤ x ≤ B  0,00m ≤ x ≤ 3,00m)
Cortamos no tramo AB dende a esquerda e establecemos as forzas internas que substi-
túen a parte eliminada.

Formulamos as tres ecuacións de equilibrio:


– ΣFH = 0
 NAB = 0 KN
Non existe tracción nin compresión neste tramo da trabe.
– ΣFV = 0
 40 – VAB = 0
 VAB = 40 KN
O cortante neste tramo terá un valor constante.
– ΣM = 0
 MAB – 40x = 0
 MAB = 40x
A representación do esforzo flector será unha liña recta.
Para determinar a súa pendente imos atopar o seu valor nos dous extremos do tra-
mo.
– Para x = 0,00m  MA = 0 KNm
– Para x = 3,00m  MB = 40 · 3 = 120 KNm

 Dominio 2 (B ≥ x ≥ C  2,00m ≥ x ≥ 0,00m)


Cortamos o tramo BC dende a dereita e establecemos as forzas internas que substitúen
a parte eliminada.

– ΣFH = 0
 NBC = 0 T
Páxina 13 de 31
Ao igual que no tramo anterior, non existen esforzos normais neste tramo da viga.
– ΣFV = 0
 60 + VBC = 0
 VBC = - 60 KN
De novo o cortante terá un valor constante, aínda que neste caso de signo negativo.
– ΣM = 0
 60x - MBC = 0
 MBC = 60x
De idéntico modo ao sucedido no tramo anterior, a representación do esforzo flec-
tor será unha liña recta e trataremos de atopar o seu valor nos dous extremos do tramo.
– Para x = 2,00m  MB = 60 · 2 = 120 KNm
– Para x = 0,00m  MC = 0 KNm
Representando os valores obtidos, resultan as seguintes gráficas:

Podemos apreciar (tal e como se comentou anteriormente) que debido á carga puntual o
diagrama de momentos segue unha liña inclinada. Prodúcese un cambio na dirección da
pendente no punto onde se encontra a carga concentrada.
O diagrama de cortantes é constante e no punto onde se atopa a carga concentrada haberá
un salto de valor igual ao da carga (40KN +60 KN =100 KN).

 Imos facer a tarefa 1, na que analizaremos unha trabe biapoiada sometida a varias car-
gas puntuais. Calcularemos e representaremos os seus esforzos.

Exemplo 2

Debuxar os diagramas de esforzos normais, cortantes e flexionais da seguinte trabe:

Páxina 14 de 31
Tras sinalar con letras os tramos a analizar (neste caso é un dominio único), calcularemos
as reaccións nos apoios formulando as tres ecuacións de equilibrio.

Recordemos previamente o criterio de signos a aplicar tanto para o cálculo de reaccións


coma para o cálculo de esforzos:

– ΣFH = 0
 RBH = 0 KN
– ΣMB = 0
Para realizar este cálculo, a carga distribuída considérase concentrada no seu punto
medio (e o seu valor total obterase multiplicándoa pola distancia que cobre).
 – 5xRA + (30x5)x2,5 = 0
 RA = 375 / 5 = 75 KN
– ΣFV = 0
 RA + RB - 30x5 = 0
 RB = 30x5 - RA = 150 – 75 = 75 KN
Comezamos agora o cálculo dos esforzos.
Para iso, abondará con analizar un único dominio da trabe (a carga mantense constante
en toda a súa lonxitude). Realizaremos este corte dende a esquerda (dende o apoio fixo).
Poderiamos ter realizado o corte á viga dende o apoio da dereita e o resultado tería sido o
mesmo.
Antes de iniciar o estudo convén recordar que nel, para os efectos de cálculo e tal e como
se aplicou na determinación das reaccións, a carga distribuída considérase concentrada no
seu punto medio.
 Dominio único (A ≤ x ≤ B  0,00m ≤ x ≤ 5,00m)
Cortamos dende a esquerda e establecemos as forzas internas que substitúen a parte
eliminada.

Páxina 15 de 31
– ΣFH = 0
 NAB = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 75 –30x – VAB = 0
 VAB = -30x + 75
Ecuación dunha recta.
Para trazala abondaría con obter os cortantes nos extremos do tramo:
– Para x = 0,00m  VA = 75 KN (apoio esquerdo)
– Para x = 2,50m  V = 0 KN (no punto medio o cortante é nulo)
– Para x = 5,00m  VB = -75 KN (apoio dereito)
– ΣM = 0
x
 MAB – 75x + (30·x)· = 0
2
2
 MAB = -15x + 75x
Trátase da ecuación dunha parábola. Cantos máis valores demos á x maior preci-
sión obteremos no seu trazado.
Seguidamente indícanse os valores nos seus dous extremos, así como o momento
máximo que se produce no punto medio da trabe (onde o esforzo cortante é nulo).
– Para x = 0,00m  MA = 0 KNm
– Para x = 2,50m  M = 93,75 KNm
– Para x = 5,00m  MB = 0 KNm
Representando os valores anteriores, obtéñense os seguintes gráficos:

Páxina 16 de 31
Como xa sabemos, debido á carga distribuída o diagrama de momentos é parabólico e o
de cortantes segue unha liña inclinada cunha determinada pendente.
Ademais, cando o cortante é nulo prodúcese o máximo momento flector.

 Imos facer a tarefa 2, na que analizaremos unha viga biapoiada sometida a diferentes
accións exteriores. Calcularemos e representaremos os seus esforzos.

Páxina 17 de 31
2.3 Tarefas
As tarefas propostas son as seguintes.
 Tarefa 1. Esforzos nunha trabe sometida a varias cargas concentradas. Nesta tarefa
imos calcular os esforzos nunha trabe simplemente apoiada na que existen multiples do-
minios de carga. Trátase de calcular as reaccións e analizar os tramos de corte para calcu-
lar e representar correctamente os esforzos.
 Tarefa 2. Esforzos nunha trabe sometida a un momento e a unha carga distribuída.
Nesta tarefa imos calcular os esforzos nunha trabe simplemente apoiada sometida a un
momento e unha carga distribuída, existindo tres dominios de carga. Trátase de calcular
as reaccións e analizar os tramos de corte para calcular e representar correctamente os es-
forzos.

2.3.1 Tarefa 1. Esforzos nunha trabe sometida a varias cargas concen-


tradas
Trátase de analizar e calcular os esforzos na viga biapoyada representada no esquema ad-
xunto.

Deberás calcular as reaccións nos apoios, estudar os dominios de corte necesarios e repre-
sentar os diagramas de esforzos flexionais e cortantes.

Autoavaliación

Tras sinalar con letras os puntos nos que varían os dominios de corte, calculamos as reac-
cións nos apoios formulando as tres ecuacións de equilibrio.

Recordemos previamente o criterio de signos a aplicar tanto para o cálculo de reaccións


coma para o cálculo de esforzos:

Páxina 18 de 31
– ΣFH = 0
 REx = 0 KN
– Σ ME = 0
 10x1 + 30x3 + 20x4,5 – 5,5xRA = 0
 RA = 190 / 5,5 = 34,55 KN
– ΣFV = 0
 RA + RE – 20 – 30 - 10 = 0
 RE = 60 - RA = 60 – 34,55 = 25,45 KN
Comezamos agora co cálculo dos esforzos.
Para iso, debemos considerar catro tramos na trabe (correspondentes coas zonas nas que
non se produce unha variación polas cargas aplicadas).
Realizaremos un primeiro corte (dominio 1) comezando dende a esquerda para analizar o
primeiro metro da trabe e seguiremos co tramo BC de 1,50m de lonxitude.
Posteriormente cambiaremos ao apoio fixo (punto E) e de novo realizaremos dous cortes
(agora dende a dereita) completando así todos os tramos da viga.
Poderiamos ter realizado todos os cortes continuando o avance ao longo da trabe dende o
apoio esquerdo (ou facelos todos comezando dende a dereita) e o resultado tería sido o
mesmo pero o cálculo matemático sería máis complexo.
 Dominio 1 (A ≤ x ≤ B  0,00m ≤ x ≤ 1,00m)
Cortamos no tramo AB dende a esquerda:

Formulamos as tres ecuacións de equilibrio:


– ΣFH = 0
 NAB = 0 KN
Non existe tracción nin compresión neste tramo da trabe.
– ΣFV = 0
 34,55 – VAB = 0
 VAB = 34,55 KN
O cortante neste tramo terá un valor constante.
– ΣM = 0
 MAB – 34,55 x = 0
 MAB = 34,55 x
A representación do esforzo flector será unha liña recta.
Para determinar a súa pendente imos atopar o seu valor nos dous extremos do tra-

Páxina 19 de 31
mo.
– Para x = 0,00m  MA = 0 KNm
– Para x = 1,00m  MB = 34,55 KNm

 Dominio 2 (B ≤ x ≤ C  0,00m ≤ x ≤ 1,50m)


Cortamos o tramo BC dende a esquerda:

Formulamos as tres ecuacións de equilibrio:


– ΣFH = 0
 NBC = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 34,55 – 20 – VBC = 0
 VBC = 34,55 – 20 = 14,55 KN
O cortante neste tramo terá un valor constante.
– ΣM = 0
 MBC + 20x – 34,55 (x+1) = 0
 MBC = 14,55 x + 34,55
Como sempre daremos valores para poder representar esta liña recta.
– Para x = 0,00m  MB = 34,55 KNm
– Para x = 1,50m  MC = 56,38 KNm

 Dominio 3 (D ≥ x ≥ E  1,00m ≥ x ≥ 0,00m)


Para non continuar arrastrando mais cargas do tramo da esquerda, formularemos agora
a análise do tramo DE dende a dereita. Teremos así uns cálculos máis sinxelos.

Formulamos as tres ecuacións de equilibrio:


– ΣFH = 0
Páxina 20 de 31
 NDE = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 25,45 + VDE = 0
 VDE = - 25,45 KN
Cortante de valor constante.
– ΣM = 0
 25,45x - MDE = 0
 MDE = 25,45 x
Damos valores nesta ecuación da recta para obter os momentos nos extremos do
tramo.
– Para x = 1,00m  MD = 25,45 KNm
– Para x = 0,00m  ME = 0 KNm

 Dominio 4 (C ≥ x ≥ D  2,00m ≥ x ≥ 0,00m)


Cortamos no tramo CD dende a dereita:

Formulamos as tres ecuacións de equilibrio:


– ΣFH = 0
 NCD = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 VCD + 25,45 – 10 = 0
 VCD = - 15,45 KN
Cortante de valor constante.
– ΣM = 0
 25,45 (x+1) – 10x – MCD = 0
 MCD = 15,45x + 25,45
Ecuación dunha recta. Obteremos os momentos nos extremos do tramo:
– Para x = 2,00m  MC = 56,35 Tm
– Para x = 0,00m  MD = 25,45 KNm
Representando os valores anteriores, obtéñense os seguintes gráficos:

Páxina 21 de 31
Podemos apreciar que debido ás cargas puntuais o diagrama de momentos resulta unha
serie de segmentos lineais producíndose un cambio nas pendentes nos puntos onde se en-
contra unha carga concentrada.
O diagrama de cortantes é constante nos tramos comprendidos entre as cargas puntuais.
Onde se encontran as diferentes cargas concentrada haberá un salto de valor igual ao da car-
ga correspondente.

2.3.2 Tarefa 2. Esforzos nunha trabe sometida a un momento e a unha


carga distribuida
Trátase de analizar e calcular os esforzos na trabe biapoiada representada no esquema ad-
xunto.

Deberás calcular as reaccións nos apoios, estudar os dominios de corte necesarios e repre-
sentar os diagramas de esforzos flexionais e cortantes.

Autoavaliación

Tras sinalar con letras os puntos nos que varían os dominios de corte, calculamos as reac-
cións nos apoios formulando as tres ecuacións de equilibrio.

Páxina 22 de 31
Recordemos previamente o criterio de signos a aplicar tanto para o cálculo de reaccións
coma para o cálculo de esforzos:

– ΣFH = 0
 RDx = 0 KN
– Σ MD = 0
 - 6xRA + 30 + (12x3)x1,5 = 0
 RA = 84 / 6 = 14 KN
– ΣFV = 0
 RA + RD – 12x3 = 0
 RD = 36 – RA = 36 – 14 = 22 KN
Comezamos agora o cálculo dos esforzos.
Para iso, debemos considerar tres dominios na trabe (correspondentes coas zonas nas que
se produce unha variación nas cargas que soporta).
Realizaremos os dous primeiros cortes comezando dende a esquerda.
Posteriormente realizaremos o terceiro corte dende a dereita, completando así todos os
tramos da trabe.
Poderiamos ter realizado todos os cortes continuando o avance ao longo da trabe dende o
apoio esquerdo (ou facelos todos comezando dende a dereita) e o resultado tería sido o
mesmo pero o cálculo matemático sería máis complexo.
 Dominio 1 (A ≤ x ≤ B  0,00m ≤ x ≤ 1,00m)
Cortamos no tramo AB dende a esquerda e aplicamos as tres ecuacións de equilibrio:

– ΣFH = 0

Páxina 23 de 31
 NAB = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 14 – VAB = 0
 VAB = 14 KN
Cortante de valor constante.
– ΣM = 0
 MAB – 14x = 0
 MAB = 14x
Ecuación dunha recta.
Para trazala obteremos o valor do momento nos extremos do tramo:
– Para x = 0,00m  MA = 0 KNm
– Para x = 1,00m  MB = 14 KNm

 Dominio 2 (B ≤ x ≤ C  0,00m ≤ x ≤ 2,00m)


Cortamos no tramo BC dende a esquerda:

– ΣFH = 0
 NBC = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 14 – VBC = 0  VBC = 14 KN
Cortante de valor constante.
– ΣM = 0
 MBC – 14 (x+1) + 30 = 0
 MBC = 14x – 16
Ecuación dunha recta.
Para trazala obteremos o valor do momento nos extremos do tramo:
– Para x = 0,00m  MB = -16 KNm
– Para x = 2,00m  MC = 12 KNm

 Dominio 3 (C ≥ x ≥ D  3,00m ≥ x ≥ 0,00m)


Cortamos no tramo C-D dende a dereita:

Páxina 24 de 31
– ΣFH = 0
 NCD = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 VCD + 22 – 12x = 0
 VCD = 12x – 22
Ecuación dunha recta.
Para trazala obteremos o valor do cortante nos extremos do tramo:
– Para x = 3,00m  VC = 14 KN
– Para x = 0,00m  VD = -22 KN
– ΣM = 0
x
 – MCD + 22x – (12x) = 0
2
2
 MCD = - 6x + 22x
Trátase da ecuación dunha parábola.
Cantos máis valores demos á x maior precisión obteremos no seu trazado.
– Para x = 3,00m  MC = 12 KNm
– Para x = 1,50m  M = 19,5 KNm
– Para x = 0,00m  MD = 0 KNm
Representando os valores obtidos, resultan os gráficos que se expoñen a continuación onde
podemos observar que:
– Hai un salto no diagrama de flectores no lugar onde se atopa o momento concentrado
(o salto é de 14 + 16 = 30 KNm).
– Na zona da carga distribuída o diagrama de momentos é parabólico e o diagrama de
cortantes segue unha liña recta inclinada.

Páxina 25 de 31
Páxina 26 de 31
3. Materiais
3.1 Textos de apoio ou de referencia
 Mecánica para ingenieros. Estática, M. Vázquez y E. López, Universidad Politécnica
de Madrid.
 Resistencia de materiales para arquitectos, Carlos García Malo Flores, Pearson Edu-
cación.

3.2 Recursos didácticos


 Útiles de escritura e de debuxo técnico (escuadro, cartabón, escalímetro,...)
 Calculadora.
 Equipo informático do profesor con canón de proxección e impresora.
 Apuntes proporcionados polo profesor.

Páxina 27 de 31
4. Avaliación
Criterios de avaliación seleccionados para esta actividade Instrumento de avaliación

 CA2.6 - Identificáronse os tipos de cargas e apoios en trabes.  PE.6 - Proba escrita (exercicio) sobre a identificación
dos tipos de cargas e apoios en trabes.

 CA2.7 - Obtívose o valor do esforzo cortante e o momento flector dunha trabe sim-  PE.7 - Proba escrita (exercicio) sobre a a obtención
plemente apoiada. do valor do esforzo cortante e o momento flector du-
nha trabe simplemente apoiada.

Proba escrita (exercicio)

Dada a trabe biapoiada do esquema adxunto, calcular as reaccións nos apoios, estudar os
dominios de corte necesarios e representar os diagramas de esforzos flexionais e cortantes.

Avaliación

Tras sinalar con letras os puntos nos que varían os dominios de corte, calculamos as reac-
cións nos apoios formulando as tres ecuacións de equilibrio.

Recordemos previamente o criterio de signos a aplicar tanto para o cálculo de reaccións


coma para o cálculo de esforzos:

– ΣFH = 0
 RDx = 0 KN
– Σ MD = 0
 – (25x2)x2 - 5xRA = 0
 RA = 100 / 5 = 20 KN
– ΣFV = 0

Páxina 28 de 31
 RA + RD – (25x2) = 0
 RD = 50 – RA = 50 – 20 = 30 KN
 Dominio 1 (A ≤ x ≤ B  0,00m ≤ x ≤ 2,00m)
Cortamos no tramo AB dende a esquerda:

– ΣFH = 0
 NAB = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 20 – VAB = 0
 VAB = 20 KN
Cortante de valor constante.
– ΣM = 0
 MAB - 20·x = 0
 MAB = 20x
Ecuación dunha recta.
Para trazala obteremos o valor do momento nos extremos do tramo:
– Para x = 0,00m  MA = 0 KNm
– Para x = 2,00m  MB = 40 KNm

 Dominio 2 (B ≤ x ≤ C  0,00m ≤ x ≤ 2,00m)


Cortamos no tramo BC dende a esquerda:

– ΣFH = 0
 NBC = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.

Páxina 29 de 31
– ΣFV = 0
 20 – 25x – VBC = 0
 VBC = - 25x + 20
Ecuación dunha recta.
Para trazala obteremos o valor do cortante nos extremos do tramo:
– Para x = 0,00m  VB = 20 KN
– Para x = 2,00m  VC = - 30 KN
– ΣM = 0
x
 MBC – 20·(x+2) + 25·x· = 0
2
2
 MBC = - 12,5x + 20x +40
Trátase da ecuación dunha parábola.
Cantos máis valores demos á x maior precisión obteremos no seu trazado.
– Para x = 0,00 m  MB = 40 KNm
– Para x = 1,00 m  M = 47,5 KNm
– Para x = 2,00 m  MC = 30 KNm

 Dominio 3 (C ≥ x ≥ D  1,00m ≥ x ≥ 0,00m)


Cortamos no tramo CD dende a dereita:

Formulamos as tres ecuacións de equilibrio:


– ΣFH = 0
 NCD = 0 KN
Non existe tracción nin compresión.
– ΣFV = 0
 VCD + 30 = 0
 VCD = -30 KN
Cortante de valor constante.
– ΣM = 0
 – MCD + 30x = 0
 MCD = 30x
Ecuación dunha recta. Obteremos os momentos nos extremos do tramo:
– Para x = 1,00m  MC = 30 KNm
– Para x = 0,00m  MD = 0 KNm
Representando os valores obtidos, resultan os seguintes gráficos:
Páxina 30 de 31
Páxina 31 de 31

You might also like