You are on page 1of 327

Unha publicación do

National Wildfire Guía para a


Coordinating Group
Determinación da
Orixe e Causa dos
Incendios Forestais
PMS 412 Abril 2016
NFES 1874
Nota do Tradutor
Este traballo é a tradución da Guide to Wildland Fire Origin and Cause
Determination, unha guía empregada na formación dos investigadores e das
investigadoras de incendios forestais do Servizo Forestal dos Estados Unidos.
Tamén está pensada para usarse como guía de campo na investigación dos
incendios forestais. A obra orixinal, da que tanto aprendín, consulto e seguirei
aprendendo, posiblemente sexa a mellor publicación que se pode atopar hoxe en
día sobre a investigación dos incendios forestais.
Esta tradución vai dirixida especialmente ás investigadoras e aos investigadores de
incendios forestais da escala de Axentes Facultativos Medioambientais da Xunta
de Galicia. Pero tamén vai dirixida a outros e outras Axentes da escala, Bombeiras
e Bombeiros Forestais, Condutores e Condutoras de Motobombas e demais
persoal, tanto da Xunta como dos concellos, que interveñen na loita contra os
incendios forestais. A todos eles e a todas elas dedícolles este traballo.

Allariz, xullo de 2021

Sobre o tradutor:
Xan Portela leva vinculado á prevención e extinción de incendios forestais en Galicia desde
hai 20 anos. No 2003 renuncia á súa praza como brigadista para ingresar como Axente
Forestal da Xunta de Galicia. Actualmente ten praza definitiva como Axente Facultativo
Medioambiental no Distrito XV-A Limia (Ourense) onde leva seis anos como membro da
Brigada de Investigación de Incendios Forestais do dito distrito.

PMS 412 Páxina 2


Guía para a Determinación
da Orixe e Causa
dos Incendios Forestais
Abril 2016
PMS 412
NFES 1874
Publicación do Grupo Nacional de Coordinación de Incendios Forestais (NWCG),
National Wildfire Coordinating Group, financiada polo Comité de Comunicación,
Educación e Prevención. Redactado e apoiado pola Subcomisión de Investigación
de Incendios Forestais.
As preguntas sobre o contido deste produto deben dirixirse aos membros que
figuran en http://www.nwcg.gov/. As preguntas e comentarios tamén poden
enviarse por correo electrónico a BLM_FA_NWCG_Products@blm.gov.
Este produto está dispoñible en formato electrónico en http://www.nwcg.gov/.
Pódense solicitar copias impresas ao Great Basin Cache, National Interagency Fire
Center, Boise IDE. Para coñecer os procedementos de pedido e os custos, consulte
o catálogo anual da NFES *, Parte 2: Publicacións, publicado en
http://www.nwcg.gov/. (*N. do T.: ou National Fire Equipment Supply, Sistema Nacional
de Equipamento contra Incendios, que forma parte do NWCG. Este sistema creouse para
proporcionar normas para subministrar os equipos contra incendios así como un método
organizado para pedir e almacenar os ditos equipos. Anualmente faise un inventario a nivel
nacional e se publica un catálogo que se divide en dúas partes; na Parte 1 recóllense as
subministracións de equipos contra incendios e o seu lugar de almacenamento, e na Parte 2
as publicacións do NWCG e os materiais dos cursos de formación sobre incendios forestais.)
Edicións anteriores deste manual: 1978, 2005.
O Grupo Nacional de Coordinación de Incendios Forestais (NWCG) aprobou o
contido deste produto para a orientación dos seus organismos membros e non é
responsable da interpretación ou o uso desta información por calquera outra
persoa.
A información do NWCG é de dominio público polo que se permite o seu uso,
incluída a copia. Permítese o uso da información do NWCG dentro doutro
documento, se a información do NWCG se acredita con precisión ao NWCG. O
logo do NWCG non pode ser utilizado excepto na información autorizada polo
NWCG. "National Wildfire Coordinating Group", "NWCG" e o logotipo do
NWCG son marcas comerciais do Grupo Nacional de Coordinación de Incendios
Forestais
O uso de nomes de marcas comerciais, firmas ou corporacións ou marcas
rexistradas neste produto é para a información e conveniencia do lector e non
constitúe unha aprobación por parte do National Wildfire Coordinating Group ou
organismos membros de calquera produto ou servizo con exclusión doutros que
poidan ser adecuados.

PMS 412 Páxina 3


Prefacio
A Guía para a Determinación da Orixe e a Causa dos Incendios Forestais está
deseñada para usarse como unha guía de campo para os investigadores e as
investigadoras de incendios forestais.
A determinación precisa da orixe e a causa dun incendio forestal é un primeiro
paso esencial para o éxito da investigación dun incendio. Os procedementos de
investigación adecuados que se leven a cabo durante o primeiro ataque poden
determinar con maior precisión as causas do incendio e preservar valiosas probas
que poderían ser destruídas polos traballos de extinción. Se un incendio é
provocado por persoas, as medidas de protección descritas nesta guía poden
preservar probas que conducirán a accións administrativas, civís ou penais eficaces
e xustas.
A investigación debe comezar no momento en que se informa ou se descobre un
incendio. Os primeiros intervenientes desempeñan un papel importante na
protección das probas, polo que é importante que as investigadoras e os
investigadores de incendios forestais axuden a formalos para que identifiquen e
protexan a área de orixe xeral do incendio. Os investigadores e as investigadoras
deben inculcar ás bombeiras e aos bombeiros forestais, axentes e outros primeiros
intervenientes, que a protección preliminar da área de orixe xeral e de calquera
proba asociada a un incendio forestal é a súa responsabilidade, e recalcarlles que
son o elo máis importante na posterior determinación da orixe e a causa. É
importante que os primeiros intervenientes recoñezan a necesidade dunha
determinación precisa da orixe e a causa. Tamén é importante que recoñezan como
as súas accións, tanto durante como despois da extinción, poden permitir a un
investigador ou a unha investigadora coa cualificación necesaria determinar con
precisión a orixe e a causa.
Na guía de campo non se citan nin se fai referencia ás leis *. O formato está
deseñado para que os organismos, organizacións ou individuos poidan engadir
normas, regulamentos ou estatutos aplicables se así o desexan. As leis e
regulacións federais, estatais ou locais ** específicas poden orientar con respecto ás
investigacións de incendios forestais e respecto á base lexislativa aplicable as ditas
investigacións. (*N. do T.: nesta tradución engádense algunhas referencias normativas coa
intención de contextualizar algúns aspectos da lexislación estadounidense. Tamén se citan
normativas vixentes aplicables en Galicia para definir como se regulan na nosa comunidade
certos aspectos citados na obra orixinal. Pódese consultar a última versión vixente da
normativa estatal e autonómica en https://noticias.juridicas.com). (**N. do T.: a normativa
federal norteamericana a dita o goberno dos EE.UU. e aplícase en todo o seu territorio: lei de
inmigración, leis penais federais, etc. A normativa estatal é ditada por cada estado,
mancomunidade ou territorio e aplícase ás persoas que viven ou traballan nesas xurisdicións:
asuntos penais, divorcio e asuntos de familia, etc. Na maioría dos casos, a lei federal
prevalece por enriba da lei estatal conforme á cláusula de supremacía establecida na
Constitución dos EE.UU. A normativa local é ditada por determinados condados, cidades,
municipios, pobos e aldeas e se aplica ás persoas que viven ou traballan nesas xurisdicións:
ata unha pequena aldea pode ditar a súa lei de alugamento ou unha lei de seguridade local.
As normativas federais, estatais e locais dos EE.UU. poderían asimilarse, grosso modo, ás
regulacións do noso estado, comunidade autónoma e concellos respectivamente.)

PMS 412 Páxina 4


Agradecementos
As seguintes persoas axudaron no desenvolvemento desta guía de campo:

Brenda Rice (Schultz) Steve Grimaldi


Presidenta do WFISC* 2012-2014 Ministerio de Bosques, Terras e Operacións de
Servizo Forestal dos Estados Unidos, xubilada Recursos Naturais da Columbia Británica
Shannon Tokos Mike Heath
Presidenta do WFISC 2010-2012 Departamento de Seguridade Nacional,
Oficina de Xestión de Terras Centro de Formación das Forzas
de Seguridade Federais
Jeff Bonebrake Jeff Henricks
Presidente do WFISC 2009-2010 Goberno de Alberta
Departamento de Bosques de Oregón
Jimmy Nanamkin
Alan Carlson Oficina de Asuntos Indíxenas
Presidente do WFISC 2006-2009
CalFire*, xubilado
Paul Steensland Ken Ness
Presidente do WFISC 2000-2006 Ministerio de Medio Ambiente de Saskatchewan
Servizo Forestal dos Estados Unidos, xubilado
Paul Steensland Kenneth P. Pitt, Esq.
Presidente do WFISC 2000-2006 USDA*, Oficina do Conselleiro Xeral,
Servizo Forestal dos EE.UU., xubilado xubilado
John Barnes Frank Steele
Servizo de Bombeiros de Nova Zelandia CalFire, retirado
John Bird Gary White
División Forestal de Virxinia Occidental Oficina de Xestión de Terras, xubilado
Curt Cogan Jonathan Whitefoot
Departamento de Recursos Naturais Oficina de Asuntos Indíxenas
de Minnesota
Jim Engel Richard Woods
Presidente do WFISC 2014 ata a actualidade Territorio da Capital Australiana
CalFire
Chris Forkner Lucas Woolf
Oficina de Alcol, Tabaco, Armas de Fogo e Servizo Forestal dos Estados Unidos
Explosivos
Brian Garvey Elaine Waterbury
Departamento de Recursos Naturais Coordinadora da Rama de Planificación
de Minnesota, xubilado Grupo Nacional de Coordinación de
Incendios Forestais

(*N. do T.: WFISC, Subcomisión de Investigacións de Incendios Forestais; CalFire,


Departamento de Bosques e Protección contra Incendios de California; USDA, Departamento de
Agricultura dos EE.UU.)

PMS 412 Páxina 5


Grupo Nacional de Coordinación de Incendios Forestais
Membros da Subcomisión de Investigación de Incendios Forestais

Membros principais
Oficina de Asuntos Indíxenas
Oficina de Xestión de Terras
Departamento de Silvicultura e Protección contra Incendios de California
Departamento de Seguridade Nacional
Centro de Formación das Forzas de Seguridade Federais
Departamento de Recursos Naturais de Minnesota (DNR), División de Bosques
Asociación Nacional de Xefes de Bombeiros do Estado
Servizo de Parques Nacionais
Departamento Forestal de Oregón
Comisión Forestal de Carolina do Sur
Autoridade do Val de Tennessee
Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos EE.UU.
Administración de Incendios dos EE.UU.
Servizo Forestal dos EE.UU.
Oficina de Alcol, Tabaco, Armas de Fogo e Explosivos

Membros asociados
Asociación Internacional de Investigadores de Incendios Intencionados
Desenvolvemento de Recursos Sostibles de Alberta
Ministerio de Bosques, Terras e Operacións de Recursos Naturais da
Columbia Británica
Territorio da Capital Australiana, Servizo de Bombeiros Rurais
Servizo de Bombeiros Rurais de Nova Zelandia
Ministerio de Medio Ambiente de Saskatchewan
Autoridade de Bombeiros de Victoria Country

PMS 412 Páxina 6


Índice de Contidos
Prefacio...................................................................................................................4
Agradecementos......................................................................................................5
Introdución............................................................................................................10
Obxectivo..............................................................................................................10
Xeneralidades........................................................................................................11
Cambios na edición de 2016.................................................................................12
Seguridade............................................................................................................14
Investigación do Lugar dos Feitos.................................................................14
Perigos...........................................................................................................14
Equipo de Protección Individual....................................................................15
Brigada de Investigación.......................................................................................16
Xestión de Grandes Investigacións................................................................16
Confidencialidade..........................................................................................16
Capítulo 1A - Comportamento do Lume...............................................................18
Principios da Propagación do Lume..............................................................18
Factores do Comportamento do Lume...........................................................18
Terminoloxía dos Incendios Forestais............................................................21
Categorías de Indicadores do Patrón de Lume...............................................28
Principios Xerais de Interpretación do Patrón de Lume.................................29
Capítulo 1 B - Comportamento do Lume e Patróns de Lume................................32
Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións.......................................................32
Categorías de Indicadores do Patrón de Lume...............................................33
1. Indicadores do Patrón de Lume - Protección......................................34
2. Indicadores do Patrón de Lume - Talos de Herba...............................41
3. Indicadores do Patrón de Lume - Conxelación da Follaxe..................51
4. Indicadores do Patrón de Lume - Ángulo de Carbonización...............54
5. Indicadores do Patrón de Lume - Lascamento....................................67
6. Indicadores do Patrón de Lume - Rizado............................................71
7. Indicadores do Patrón de Lume - Emborrallado.................................73
8. Indicadores do Patrón de Lume - Manchado......................................77
9. Indicadores do Patrón de Lume - Cinza Branca..................................81
10. Indicadores do Patrón de Lume - Biselado.......................................89
11. Indicadores do Patrón de Lume - V e U............................................91
Capítulo 2 - Metodoloxía......................................................................................98
Uso do Método Científico............................................................................101
Métodos.......................................................................................................110
Chegada ao Lugar dos Feitos................................................................110
Áreas do Incendio.................................................................................115
Determinación da Área de Orixe Xeral.................................................117
Técnicas de Investigación da Área de Orixe Xeral...............................118
Capítulo 3 - Probas na Escena do Incendio.........................................................129
Tipos de Probas...........................................................................................129
Admisibilidade das Probas...........................................................................129
Referencias Legais ás Probas.......................................................................130
Michigan contra Tyler..........................................................................130
Michigan contra Clifford......................................................................131
Procedementos de Recollida e Conservación...............................................132

PMS 412 Páxina 7


Obxectos non fráxiles por causa do lume.............................................132
Obxectos fráxiles por causa do lume....................................................132
Técnica de levantamento da zona basal................................................133
Residuos líquidos inflamables..............................................................134
Armas de fogo......................................................................................136
Impresións de Calzado e Pneumáticos..................................................136
Impresións Dixitais..............................................................................138
Probas de ADN.....................................................................................138
Probas diversas.....................................................................................138
Fotografía.............................................................................................139
Videografía...........................................................................................141
Capítulo 4 - Declaracións e Entrevistas de Testemuñas.......................................142
Xeneralidades..............................................................................................142
Entrevista vs. Interrogatorio.........................................................................142
Testemuñas..................................................................................................144
Declaracións Voluntarias.............................................................................144
Entrevistas...................................................................................................145
Directrices para a entrevista.................................................................147
Posibles fontes de información.............................................................149
Capítulo 5 - Documentación...............................................................................150
Documentación - Terminoloxía....................................................................150
Formas de Documentación..........................................................................150
Documentación - Notas de Campo.......................................................151
Documentación - Entrevistas e Declaracións........................................155
Documentación - Esbozos....................................................................156
Documentación - Diagramas................................................................165
Documentación - Satélite de Posicionamento Global...........................166
Documentación - Fotografía.................................................................167
Documentación - Indicadores do patrón de lume..................................172
Documentación - Informe.....................................................................175
Resumo................................................................................................182
Capítulo 6 - Factores e Fontes de Ignición..........................................................183
Determinación da Causa do Incendio - Xeneralidades.................................183
Categorías de Causas de Incendios..............................................................186
Raios....................................................................................................187
Fogueiras de Campamento...................................................................192
Fumadores............................................................................................196
Queima de residuos..............................................................................201
Incendio Intencionado/Incendiario.......................................................205
Uso de Equipos....................................................................................205
Ferrocarril............................................................................................219
Nenos/Nenas........................................................................................233
Varios...................................................................................................235
Liñas Eléctricas....................................................................................235
Foguetes Artificiais..............................................................................253
Armas de Fogo e Munición..................................................................256
Corte, Soldadura e Esmerilado.............................................................264
Quecemento Espontáneo......................................................................268
Incendios en Vetas de Carbón...............................................................273
Cercas Eléctricas..................................................................................274
Refracción (Reflexión).........................................................................276
PMS 412 Páxina 8
Voaduras...............................................................................................277
Bengalas...............................................................................................278
Incendios de Petróleo e Gas.................................................................281
Lanternas Voadoras..............................................................................285
Aeroxeradores......................................................................................287
Caldeiras de Leña ao Aire Libre...........................................................288
Estruturas.............................................................................................289
Capítulo 7 - Recoñecemento de Incendios Intencionados...................................290
Definicións..................................................................................................290
Introdución..................................................................................................291
Incendios Intencionados en Serie.........................................................291
Indicios dun Incendio Intencionado......................................................294
Fontes de Ignición Menos Comúns......................................................299
Motivos dos Incendios Intencionados...................................................301
Psicoloxía dos Incendiarios e das Incendiarias.....................................303
Clasificación de Delincuentes Incendiarios..........................................304
Características do Comportamento.......................................................304
Función da Investigadora e do Investigador.........................................304
Determinación dun Incendio Intencionado...........................................311
Capítulo 8 - Preparación e Testemuño ante o Tribunal........................................312
O Proceso Civil............................................................................................312
Fase de Discovery................................................................................312
Fase de Depositions..............................................................................313
Subpoenas............................................................................................314
O Proceso Penal...........................................................................................315
Tipos de Probas....................................................................................317
Testemuñas Expertas............................................................................318
Informe da Investigación e Testemuño Eficaces...................................320
Bibliografía.........................................................................................................322
Apéndice A: Lista de Verificación da Investigación............................................323
Apéndice B: Kit de Investigación........................................................................326

PMS 412 Páxina 9


Introdución
Esta Guía recomenda procedementos, prácticas e técnicas (métodos) para o seu
uso dentro dun sistema para a resolución de problemas co fin de levar a cabo unha
investigación sistemática dos incendios forestais. Como resultado búscase a
determinación da área de ignición, a causa e a secuencia de ignición, incluíndo a
recompilación de datos obxectivos pertinentes á investigación, a súa análise, a
formulación dunha ou varias hipóteses, a comprobación das ditas hipóteses e a
selección dunha hipótese final.
As directrices desenvolvéronse para axudar aos investigadores e ás investigadoras
de incendios forestais a utilizar métodos revisados e aceptados por persoal experto,
xerando probas e conclusións fundamentadas que se utilizarán nos procedementos
legais, para que sirvan de base en decisións administrativas e no desenvolvemento
de políticas. Existen moitas similitudes entre as investigacións de incendios
estruturais e as de incendios forestais, pero tamén hai diferenzas que requiren unha
formación e experiencia especializadas. Esta guía non pretende ser exhaustiva polo
que só aborda en profundidade os incendios forestais.

Obxectivo
O obxectivo dunha investigación de incendios forestais é determinar a orixe, a
causa, a secuencia de ignición e a parte responsable.
Hai catro direccións básicas que poden tomar os resultados da investigación:
• Accións administrativas para reducir os futuros incendios, o
risco para o público e/ou a perda de propiedades.

• Procedementos xudiciais en virtude do dereito civil para


recuperar os custos de extinción e/ou a perda de propiedades.

• Procedementos xudiciais por infraccións penais das leis ou


regulamentos.

• Axudar no desenvolvemento de políticas, na implantación de


programas de prevención de incendios e na planificación
previa á extinción.

PMS 412 Introdución/Obxectivo Páxina 10


Xeneralidades
Cada investigación dun incendio forestal é única. Algunhas partes da guía poden
non aplicarse a todas as investigacións de incendios forestais. As recomendacións
presentadas deben seguirse na medida do posible, pero non pretenden restrinxir a
aplicación doutras prácticas específicas ás condicións únicas do lugar do incendio.
Ademais, recoñécese que a normativa, o tempo, a asignación e os recursos poden
ditar o alcance e a medida en que estas directrices poden aplicarse a unha
investigación específica. As directrices e recomendacións desenvolvéronse
seguindo unha metodoloxía sistemática baseada na ciencia, que foi revisada por
pares* e está xeralmente aceptada polo colectivo de profesionais da investigación
de incendios forestais. A metodoloxía recomenda o uso coordinado do método
científico para a resolución de problemas e os métodos específicos da disciplina de
investigación de incendios forestais. (*N. do T.: avaliación dunha investigación, traballo
ou publicación por parte de especialistas con competencias similares ás que posúe quen fixo
esa investigación, traballo ou publicación co fin de medir a súa calidade, veracidade, rigor
científico, etc.)
Os procedementos, prácticas ou técnicas aplicadas durante a investigación dun
incendio forestal que difiran dos recomendados neste documento non son
necesariamente erróneos, pero a investigadora ou o investigador que utilice
procedementos, prácticas ou técnicas non ensinadas ou aceptadas frecuentemente
pola comunidade de investigadoras e investigadores de incendios forestais deberá
prepararse para explicar por que se aplicaron devanditos procedementos, prácticas
ou técnicas. Recoméndase aplicar un enfoque sistemático a todas as investigacións
de incendios forestais.
O curso de formación do NWCG, Determinación da Orixe e a Causa dos
Incendios Forestais, FI-210*, é o principal medio mediante o cal se transmiten ás
investigadoras e aos investigadores de incendios forestais os principios,
procedementos, prácticas e técnicas que se proporcionan nesta guía; o dito curso
baséase nas directrices establecidas neste documento.
(*N. do T.: https://www.nwcg.gov/publications/training-courses/fi-210.)

PMS 412 Xeralidades Páxina 11


Cambios na edición de 2016
A edición de 2016 desta guía inclúe unha serie de novas recomendacións,
procedementos, prácticas e técnicas non incluídas na versión de 2005.
 A sección da Introdución da guía inclúe cambios na linguaxe para
reforzar que esta guía é un documento de consenso e serve como
unha Directriz con recomendacións e non exclúe a aplicación,
segundo corresponda, doutros procedementos, prácticas ou técnicas
para adaptarse a cada escena de incendio en particular. En última
instancia, corresponde ao investigador ou á investigadora seleccionar os
métodos apropiados para aplicar á investigación e explicar por que eses
métodos foron adecuados.
 Capítulos 1A e 1 B
• Os cambios inclúen unha redución de 14 a 11 indicadores do
patrón de lume. Os indicadores do patrón de lume que se
eliminaron son: 1) apagado, 2) profundidade da carbonización e
3) grao de dano.
• Un cambio no uso do termo indicador de lume por indicador do
patrón de lume.
• Un cambio no uso do termo grao de danos, que pasa de ser unha
categoría de indicador a un termo utilizado para describir os
patróns xerais de intensidade do lume coherentes coas áreas do
incendio en avance, lateral ou retroceso e as zonas de
transición entre elas.
 Capítulo 2
• A metodoloxía reflicte unha sección ampliada sobre a
realización dunha investigación sistemática dos incendios
forestais, incluíndo o método científico para a resolución de
problemas e os métodos específicos recomendados para os
incendios forestais aplicados no marco do método científico.
• Engadiuse un novo termo, Área de Ignición, que se define
como o lugar máis pequeno que unha investigadora ou un
investigador de incendios forestais pode definir, dentro da
Área de Inicio, no que unha fonte de calor e o combustible
interactuaron entre si e se iniciou un incendio. Recoméndase
deixar de utilizar o termo histórico de Punto de Orixe (P.O.),
que representaba unha área, e utilizar o termo Punto de Orixe
(P.O.) unicamente definido como o punto exacto no que unha
fonte de calor entrou en contacto cos combustibles que se
acenderon por primeira vez. A adición do termo Área de
Ignición reflicte a realidade da dinámica dos incendios, que
fai que non sexa frecuente identificar cun grao razoable de
certeza o punto exacto no que unha fonte de calor acendeu o
primeiro combustible. O termo Área de Ignición representa a
área máis pequena que debería definirse utilizando
indicadores do patrón de lume.

PMS 412 Cambios na edición de 2016 Páxina 12


• Unha énfase no uso das bandeirolas brancas para designar só
a localización das probas, e non o Punto de Orixe. Isto inclúe
a adición recomendada dunha bandeirola de cor verde lima
para o seu uso como designación de elementos ou puntos de
interese que non sexan probas; por exemplo, para marcar as
esquinas ou o perímetro da Área de Ignición.
• A adición de dous patróns de procura recomendados, a técnica de
carrís paralelos e a técnica de cuadrícula, xunto coa
permanencia da técnica de carrís laterais.
 Capítulo 5
 Engádese unha nova Unidade de Documentación. No
Capítulo 5 discútese o uso do GPS para documentar a
propagación do lume e os puntos de referencia, dando a coñecer
esta ferramenta para o seu uso na investigación de incendios
forestais, as súas diversas aplicacións e os seus diferentes graos
de precisión e limitacións.
 Capítulo 7
 A investigación de incendios intencionados, xa non inclúe a
mención dun perfil de incendiario/a debido á falta de datos de
apoio pertinentes, falta de uso do estudo que se cita e á súa
falta de aplicación específica aos incidentes de incendios
forestais.
 Faise fincapé no uso coherente da terminoloxía recomendada.

PMS 412 Cambios na edición de 2016 Páxina 13


Seguridade
Os escenarios dos incendios poden ser perigosos. Os investigadores e as
investigadoras de incendios forestais teñen o deber de actuar coa debida
precaución durante as súas investigacións. Tamén deben respectar as políticas e os
procedementos relacionados coa seguridade establecidos, de selo caso, pola súa
administración, os gobernos estatal, autonómico ou local, ou a industria.

Investigación do Lugar dos Feitos


O exame do lugar do incendio non debe realizarse en solitario. Por seguridade,
deben estar presentes polo menos dúas persoas. Se é imposible estar acompañado
por un segundo investigador ou investigadora, un bombeiro ou unha bombeira ou
outra persoa adecuada deberá acompañar ao investigador ou á investigadora
principal. É fundamental que o persoal investigador teña comunicación cos medios
de extinción. NON se recomenda o uso de teléfonos móbiles como un substituto
adecuado das comunicacións por radio, xa que os teléfonos móbiles
frecuentemente non funcionan en áreas remotas ou rurais, e poden ser difíciles de
usar en situacións de emerxencia ou de alta tensión.

Perigos
A seguridade é a máxima prioridade nos incendios forestais. A investigación dos
incendios forestais implica riscos específicos que deben terse en conta. Os
investigadores e as investigadoras deben ser consciente das zonas nas que o lume
pode seguir ardendo ou nas que o lume se extinguiu pero podería volver activarse.
Sempre debe haber unha ruta de escape e avaliarse continuamente a medida que
cambian as condicións do incendio. Un avivamento e a dispoñibilidade de
combustibles, xunto cun cambio na dirección do vento, poden crear perigos tan
extremos como un incendio de copas, que pode bloquear a ruta de escape
previamente planificada.
Un incendio de subsolo en fase de combustión lenta e sen chama * pode
converterse nunha combustión con chamas se o lume sae á superficie ou se se
altera a capa superior do chan expoñendo o combustible quente ao aire. Ademais,
existe o perigo de pisar nunha zona queimada por abaixo, como na turba ou no
burato dun toco. (*N. do T.: coloquialmente referímonos a esta combustión cando dicimos
que o lume “vai minando”, por exemplo nun incendio de subsolo. A combustión sen chamas
normalmente emite unha mestura de fumes e partículas tóxicas e asfixiantes nunha cantidade
moito maior que a combustión con chamas. De darse o caso, extremar as precaucións.)
As operacións de extinción tamén poden presentar riscos de seguridade para o
persoal investigador. Son perigos potenciais, a operación de aeronaves que lanzan
auga ou retardante, o equipo pesado, a tala de árbores e as tácticas de extinción,
como o contralume ou a queima do combustible non queimado na zona de orixe e
os seus arredores. A Brigada de Investigación debe poñerse en contacto co Director
ou ca Directora de Extinción e coordinar con el ou ela as actividades de
investigación previstas.

PMS 412 Seguridade Páxina 14


Outros perigos asociados son a caída de residuos de árbores e ramas carbonizadas
e debilitadas polo lume. Pode haber outros perigos nos terreos con pendente. Os
troncos ou as rochas poden desprenderse da súa localización como resultado do
incendio, das operacións de extinción ou das accións doutro investigador ou doutra
investigadora. Cando o lume destrúe a estrutura das raíces, o chan pode empezar a
perder a súa estabilidade, o que á súa vez pode provocar esvaramentos que poden
ferir ao persoal investigador ou destruír probas.
Os insectos que pican ou morden, como as abellas ou os escorpións, poden causar
lesións dolorosas e, nalgúns casos, emerxencias que poñen en perigo a vida. As
serpes velenosas poden sobrevivir ao paso dun incendio forestal e hai que vixialas.
Os investigadores e as investigadoras deben prestar sempre atención á posibilidade
de que se atopen materiais perigosos en ou preto da orixe dos incendios forestais.
Se se localiza ou se sospeita a presenza de materiais perigosos, o persoal
investigador debe tomar inmediatamente as medidas adecuadas para protexerse a
si mesmos e aos demais, e notificar á Directora ou ao Director de extinción.
As liñas eléctricas, as vías férreas e os incendios nos bordos das estradas presentan
perigos evidentes e deben tomarse as precaucións adecuadas.
A meteoroloxía tamén pode causar ou contribuír aos perigos. A choiva pode crear
un terreo esvaradío. Os raios tamén poden ser un problema. Durante a caída de
raios, siga os normas de seguridade establecidas. As temperaturas cálidas e secas e
a redución da sombra debido ao paso do lume poden presentar condicións que
poden someter ao investigador ou á investigadora a un estrés térmico.

Equipo de Protección Individual


O uso do equipo de protección individual (EPI), como a roupa de protección e o
equipo de seguridade, variará en función das circunstancias. O persoal
investigador debe cumprir cos requisitos da administración ou da industria
respecto ao equipo de protección individual de loita contra os incendios
forestais.

PMS 412 Seguridade Páxina 15


Brigada de Investigación
A Brigada de Investigación debe estar formada, como mínimo, por unha
investigadora ou un investigador de incendios forestais coa debida formación e
cualificación. Algunhas investigacións poden realizarse mellor cando se asigna
persoal investigador adicional, o cal pode responsabilizarse das entrevistas, do
coidado e manexo das probas, ou dunha combinación de competencias.
As primeiras indagacións, de ser posibles, poden ser levadas a cabo polo Director
ou Directora de extinción. Segundo sexa necesario, pódense solicitar especialistas
adicionais e dotar de persoal en función da dispoñibilidade.
Pódese consultar a outros investigadores e/ou outras investigadoras para obter
unha segunda opinión. Isto pode engadir peso ás conclusións en procedementos
posteriores se a segunda opinión corrobora o resultado da investigación orixinal.
Os tribunais adoitan dar máis peso ás probas corroboradas.

Xestión de Grandes Investigacións


A xestión da investigación dun incendio forestal grave inclúe o control da escena
na que poden participar moitos intereses. O equipo de investigación de incendios
debe seguir a política ou as prácticas da súa administración ao tratar con outros
intereses. Estes intereses poden incluír múltiples organismos públicos e entidades
privadas e, ás veces, un investigador ou unha investigadora para cada parte
interesada. Deberá desenvolverse un protocolo para cumprir os obxectivos da
administración.
Aínda que os incidentes graves non sempre son de gran tamaño ou magnitude,
tenden a ser máis complexos. En consecuencia, os obxectivos principais en tales
circunstancias son preservar o lugar dos feitos, determinar a orixe, determinar a
causa, determinar os posibles responsables, protexer as probas e preservar os
intereses de todas as partes na medida do posible.
As investigacións minuciosas non xorden por si soas, senón que son o resultado
dunha coidadosa planificación, organización e capacidade de anticiparse aos
problemas antes de que xurdan. Antes de comezar a investigación no lugar dos
feitos, deben identificarse e considerarse numerosos acontecementos, feitos e
circunstancias antes de tomar decisións sobre como se vai a levar a cabo a
investigación.

Confidencialidade
Durante unha investigación, todas as probas e informacións obtidas son de carácter
confidencial. A divulgación prematura da información antes de calquera acción
xudicial pode poñer en perigo o resultado.
• Os investigadores e as investigadoras de incendios forestais deben
asegurarse de que os primeiros intervenientes sexan conscientes da
responsabilidade de manter a confidencialidade de calquera
información que poidan recibir en relación coa investigación.

PMS 412 Brigada de Investigación Páxina 16


• As investigadoras e os investigadores só deben revelar información
ao persoal autorizado.
• Os informes de investigación elabóranse a miúdo en previsión de
procedementos legais. Baixo ningunha circunstancia deben
divulgarse copias sen a aprobación previa da administración e/ou
da fiscalía.
• A todos os resultados do traballo dunha investigación aplicaráselles
a normativa sobre privacidade, liberdade de información e
similares.

PMS 412 Brigada de Investigación Páxina 17


Capítulo 1A - Comportamento do Lume
Principios da Propagación do Lume
Os obxectivos fundamentais na investigación dun incendio forestal son determinar
a orixe, a causa, como a fonte de ignición entrou en contacto cos materiais que se
acenderon por primeira vez (secuencia de ignición) e identificar a parte
responsable, se a hai. Para iso adóitase empregar un método sistemático de
investigación. Os incendios arden segundo principios científicos e as probas do
progreso dun incendio adoptan a forma de indicadores do patrón de lume.
Un indicador do patrón de lume é un obxecto físico que mostra os cambios
(efectos do lume) da exposición á calor, chamas e subprodutos da combustión.
Unha análise precisa dos indicadores individuais da dirección do lume pode
revelar a progresión do incendio nese lugar preciso e forma parte do patrón xeral
do incendio. A análise da maioría dos indicadores individuais do patrón de lume
revela o patrón xeral do incendio. Isto, á súa vez, revelará a progresión global do
incendio.
Para que se produza un incendio forestal, unha fonte de ignición debe entrar en
contacto co combustible receptor, os materiais acesos en primeiro lugar, e manter
suficiente calor durante o tempo necesario para elevalo ata a súa temperatura de
ignición. A área máis pequena que os investigadores e as investigadoras de
incendios forestais poden definir, dentro da Área de Inicio, utilizando os
indicadores do patrón de lume dispoñibles, denomínase Área de Ignición. A área
de ignición pode incluír indicios de combustión lenta e sen chama, a miúdo con
moito fume, ou de combustión con chamas e deben anotarse as probas de cada
unha delas en relación coa secuencia de ignición. O máis probable é que calquera
resto físico da fonte de ignición se atope dentro desta zona, se non foi eliminado,
consumido por completo ou destruído polos traballos de extinción.

Factores do Comportamento do Lume


Comprender os principios básicos do comportamento do lume é fundamental para
as investigadoras e os investigadores de incendios forestais. A capacidade de
recrear a progresión do incendio, baseándose no coñecemento destes principios,
axudará en gran medida a identificar e interpretar correctamente os indicadores do
patrón de lume e os patróns xerais do incendio. Recoméndase encarecidamente
que as investigadoras e os investigadores reciban formación adicional no ámbito
do comportamento dos incendios forestais para mellorar a súa comprensión destes
principios.
Un incendio forestal está influenciado por tres elementos principais. Estes son a
meteoroloxía, a topografía e os combustibles. Cada un destes elementos ten
múltiples subelementos. É a combinación destes elementos a que forma o
contexto do comportamento do lume. Comprender como interactúan estes
elementos e como afectan á formación dos indicadores do patrón de lume é crucial
para interpretar correctamente o patrón de lume dun incendio forestal.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 18


Meteoroloxía: os tres compoñentes que conforman a meteoroloxía son vento,
temperatura e humidade relativa.
O vento adoita ser o elemento que máis inflúe na propagación e intensidade do
incendio. A velocidade e a dirección do vento son importantes para os
investigadores e as investigadoras á hora de determinar tanto a orixe dun incendio
como as posibles fontes de ignición. A velocidade e a dirección do vento poden
variar drasticamente nas cristas e por enriba do dosel da vexetación en
comparación coas velocidades e direccións do vento por baixo do dosel, e en
particular no nivel medio da chama e no nivel do combustible superficial, onde se
orixinan e arden inicialmente a maioría dos incendios.
Os datos do vento da maioría das estacións meteorolóxicas automatizadas tómanse
normalmente a un nivel de 10 metros * e en áreas a miúdo despexadas de
vexetación, polo que non teñen un dosel que afecte á súa velocidade e dirección.
Os ventos a menos de 10 metros, por baixo do dosel, poden amainar por fricción,
tanto ou máis do 90% nos niveis medios da chama, debido ao dosel e outros
obstáculos. A dirección do vento ao nivel medio das chamas pode ser
drasticamente diferente á indicada pola columna de fume unha vez consolidado o
incendio, polo que deben tomarse datos in situ canto antes tras o inicio e
comparalos coa información sobre o vento tomada á altura dos 10 metros.
Ademais, o movemento do aire a nivel do chan é importante á hora de avaliar o
potencial dunha ignición fumarenta (sen chamas) e a transición á combustión con
chamas. (*N. do T.: en Galicia as estacións de MeteoGalicia tamén rexistran o vento a 10
metros pero hai estacións que realizan estas lecturas a 2 metros de altura e outras que non o
rexistran. Comprobar a altura do rexistro na estación seleccionada para a toma de datos.)
O lume que se move co vento xeralmente arde máis rápido que un lume con vento
en contra. Poderás observar a diferenza nos patróns de lume e na cantidade de
combustible consumido. Unha vez que o lume alcanza un certo tamaño, comezará
a crear o seu propio vento e arderá aínda máis rápido que antes. Isto pode dar lugar
á creación dun fluxo de aire no incendio principal que pode cambiar a dirección do
vento nos flancos e na cola ou pode aumentar a velocidade do vento pre-incendio
nesas áreas. Esta influencia da corrente de aire pode estar presente cando a
columna principal do incendio (columna de fume) se impón como dominante,
pasando a denominarse incendio impulsado pola columna *. Polo xeral, os
incendios xeran focos por diante do incendio principal na dirección na que sopra o
vento preto da cabeza e ombreiros do incendio. (*N. do T.: nun incendio impulsado
pola columna a potencia do lume supera a potencia do vento xeral. Isto dá lugar a unha
columna de convección alta e a patróns de propagación atípicos. Os focos secundarios son
normalmente de curto alcance pero poden iniciarse en calquera dirección.)
Os patróns meteorolóxicos poden cambiar rapidamente. Un cambio na dirección
do vento pode afectar substancialmente os patróns do incendio. Os ventos ás veces
son constantes nunha soa dirección pero adoitan oscilar nun arco ao redor dunha
dirección xeral.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 19


A humidade relativa afecta directamente á probabilidade de ignición e á
intensidade do lume. A humidade relativa tamén controla a humidade dos
combustibles finos mortos, os combustibles de menos de 5 mm de diámetro cun
retardo* dunha hora. É importante entender o tempo de retardo e a relación entre o
contido de humidade do combustible e a humidade relativa. Os combustibles finos
de menos de 5 mm de diámetro responden con bastante rapidez aos cambios na
humidade relativa, mentres que os combustibles de maior diámetro tardarán máis
en gañar e perder humidade, e a miúdo van por detrás dos cambios na humidade
relativa. Ao determinar a dispoñibilidade de certos combustibles as investigadoras
e os investigadores deben rexistrar e considerar os cambios na humidade relativa
antes e despois da ignición do incendio. (*N. do T.: tempo que tarda unha partícula en
acadar a humidade de equilibrio co ambiente que a rodea. Estados Unidos é o único país do
mundo onde o Sistema Anglosaxón de Unidades é oficial e orixinalmente os diámetros dos
combustibles establecéronse neste sistema. A maior parte dos países do mundo empregamos
o Sistema Internacional de Unidades e a el convertemos as medidas doutros sistemas. O
diámetro no SAU para os combustibles con retardo dunha hora é de ¼ de polgada,
equivalente no SIU a 6,35 mm, que en Europa redondeamos a 5 mm.)
A temperatura inflúe no comportamento do lume polo efecto de secado e
prequecemento que ten sobre os combustibles. As zonas expostas ou á sombra dos
raios directos do sol poden producir diferentes temperaturas e contidos de
humidade dos combustibles, polo que durante a investigación dun incendio debe
terse en conta tanto a exposición da pendente como a cobertura das copas.
Do mesmo xeito que as velocidades do vento, as temperaturas a nivel do chan
poden ser diferentes das lecturas tomadas polas estacións meteorolóxicas
automatizadas* ou polos instrumentos manuais. Esta diferenza pode ser
considerablemente elevada, de ata 4,5 ºC. (*N. do T.: na obra orixinal faise referencia ás
Remote Automated Weather Stations ou RAWS, estacións meteorolóxicas remotas
automatizadas equivalentes ás estacións meteorolóxicas automatizadas de MeteoGalicia. A
rede de RAWS estadounidense está xestionada polo Servizo Forestal dos EE.UU. e a Oficina
de Xestión de Terras e supervisada polo Centro Nacional Interinstitucional de Incendios. Esta
rede de estacións emprégase principalmente para observar as potenciais condicións dos
incendios forestais.)
Topografía: a topografía inclúe a pendente, a exposición e o relevo. Despois do
vento, a pendente é a seguinte influencia potencial na velocidade e dirección de
propagación do lume. Os incendios arden máis rápido costa arriba que costa
abaixo debido ao prequecemento dos combustibles costa arriba e á influencia dos
ventos diúrnos cara arriba en ladeiras e valgadas. Un incendio que retrocede
ladeira abaixo normalmente moverase máis lentamente que un incendio que
avanza ladeira arriba. A pendente tamén pode contribuír a que os restos quentes
roden ou escorreguen ladeira abaixo creando focos secundarios que poden arder
ladeira arriba ata o incendio principal.
Tamén é necesario ter en conta a exposición da pendente. Polo xeral, debido á
maior exposición ao sol e ao consecuente quecemento solar, as ladeiras orientadas
ao sur presentan unha maior intensidade e unha maior velocidade de propagación.
Ocorre o contrario nos incendios do hemisferio sur.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 20


O relevo tamén pode afectar tanto á intensidade como á velocidade de
propagación, especialmente cando hai barreiras ou chemineas naturais. As
barreiras, como un tronco, a terra espida ou as rochas, poden facer que o lume se
retarde ou mesmo se apague. Case calquera barreira, polo menos, diminuirá a
intensidade do lume ao seu paso. As características do terreo máis grandes adoitan
provocar remuíños de vento que poden cambiar a dirección do lume, polo menos
en distancias curtas. Non hai que confundir o efecto do cambio temporal da
dirección dun incendio por parte dunha barreira coa dirección real da que procede
ese incendio. As chemineas naturais poden aumentar a velocidade do vento debido
ao efecto de canalización e acelerar a propagación do lume e aumentar
substancialmente a súa intensidade.
Combustibles: os combustibles caracterízanse por unha serie de factores. Entre
eles atópanse a disposición vertical e horizontal, tipo, especie, tamaño e humidade
do combustible, tanto vivo como morto. Os incendios tenderán a acenderse máis
facilmente e a propagarse máis rapidamente nos combustibles finos e mortos con
baixo contido en humidade. Os combustibles máis comunmente asociados ás áreas
de ignición son aqueles que se caracterizan por ter unha alta relación superficie-
volume. Entre eles atópanse a herba morta, agullas de coníferas, poliñas pequenas,
humus, madeira pasmada* e outros combustibles similares. (*N. do T.: madeira en
avanzado estado de putrefacción de textura esponxosa, branda, e que podemos esmigallar cos
dedos. Absorbe humidade facilmente pero se está seca é moi bo combustible.)

Terminoloxía dos Incendios Forestais


Recoméndase o uso dos seguintes termos na investigación de incendios forestais.
Cada un deles analizarase en detalle nas seguintes páxinas.
• Indicador do patrón de lume.
• Patrón de lume.
• Progresión do incendio.
• Vector indicador do patrón de lume.
• Lume en avance.
• Lume en retroceso.
• Lume lateral.
• Zona de transición.
• Indicador do patrón de lume a macroescala.
• Indicador do patrón de lume a microescala.
• Grupo de indicadores.
• Grao de danos/comparación e contraste.
• Metodoloxía sistemática.
Indicador do patrón de lume: obxecto físico que mostra os cambios (efectos
do lume) da exposición á calor, ás chamas e aos subprodutos da combustión.
Unha análise precisa pode revelar a progresión do lume nese preciso lugar. Un
indicador do patrón de lume é un compoñente individual do patrón de lume
global.
Os efectos do lume son os cambios observables ou medibles nun material como
resultado dun incendio. O termo efectos do lume ten un significado similar pero
máis amplo no contexto dos incendios prescritos (impactos físicos, biolóxicos e
ecolóxicos do lume no medio ambiente), pero na investigación de incendios
PMS 412 Capítulo 1A Páxina 21
refírese aos cambios específicos que se producen nun obxecto combustible ou
incombustible cando se expón á calor, chama e/ou subprodutos da combustión.
Os indicadores do patrón de lume que non coinciden coa maioría dos
indicadores dunha zona adoitaban chamarse falsos indicadores. Pero non son
falsos indicadores, simplemente representan a progresión do lume nese punto
preciso, que pode non reflectir a progresión xeral do incendio e, por tanto,
poderían ser enganosos se non se interpretan dentro do contexto xeral da
progresión e o comportamento do incendio.
Patrón de lume: cambios físicos visibles ou medibles formados por un efecto
do lume ou un grupo de efectos do lume. O patrón de lume pode verse nunha
zona pequena ou pode incluír a totalidade dos indicadores do patrón de lume
nunha zona máis ampla que, en conxunto, definan o patrón xeral de propagación
do incendio; zonas de avance, retroceso e laterais. A análise da maioría dos
indicadores do patrón de lume individuais revela o patrón de lume global. Isto, á
súa vez, revelará a progresión xeral do incendio.
Progresión do incendio: propagación do incendio dun lugar a outro. A maioría
dos incendios comezan sendo pequenos, con ignicións fumegantes ou
incandescentes. Un incendio pasará a ser unha combustión con chamas se se
dan as condicións adecuadas e arderá en todas as direccións ata que se vexa
influenciado polo vento, pendente, combustible, traballos de extinción ou unha
combinación destes factores. Unha vez influenciado, o lume progresará cara
fóra nunha determinada dirección, sendo o factor ou factores máis dominantes
os que establezan a dirección principal de avance. Estableceranse entón áreas
vectoriais (de avance, laterais e de retroceso).
Vector indicador do patrón de lume: grupo de indicadores individuais do patrón
de lume situados preto uns doutros, que como grupo reflicten o vector de
propagación do lume dentro desa zona, ou as características físicas dun único
indicador que mostra a dirección de progresión do lume nese punto (sendo vector o
mesmo que dirección).
Os vectores indicadores do patrón de lume identifican as zonas de transición que a
miúdo son de natureza sutil.
Existen tres áreas vectoriais baseadas na dinámica de propagación do incendio;
Cabeza, avance; Flancos, lateral; e Cola, retroceso.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 22


Vector de Lume en Avance. O vector de lume en avance caracterízase por:
• Propagación rápida do lume.
◦ Cabeza do incendio.
◦ Avance.
• Maior intensidade.
• Aumento da lonxitude da chama.
• Indicadores do patrón de lume a macroescala.
• Máis danos en comparación coas áreas de retroceso e laterais.

Figura 1. Exemplo do vector de lume en avance.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 23


Vector de Lume en Retroceso. O vector de lume en retroceso caracterízase por:
• Un ritmo de propagación máis lento.
◦ Contra o vento.
◦ Pendente abaixo.
• Intensidade máis baixa.
• Lonxitude da chama inferior.
• Menos danos en comparación coas zonas de avance e laterais.
• Indicadores do patrón de lume a microescala.

Figura 2. Exemplo do vector de lume en retroceso.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 24


Vector de Lume Lateral. O vector de lume lateral caracterízase por:
• Ritmo de propagación e intensidade entre o avance e o retroceso.
◦ Lume de flanco.
◦ Propagación lateral ao lume principal.
• Os indicadores poden ter características de retroceso ou avance,
dependendo das circunstancias do comportamento do incendio *.
(*N. do T.: se un flanco sube por unha ladeira posiblemente formará
indicadores semellantes aos de avance. Se se adentra nunha carballeira
con pouco combustible no solo os indicadores deixados poden
parecerse aos dun lume en retroceso.)

Figura 3. Exemplo do vector de lume lateral.

Avance

Lateral

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 25


Indicadores do Patrón de Lume Lateral
• Un flanco de maior intensidade pode deixar indicadores coherentes co
avance do lume:
◦ Presenta unha zona de transición máis definida e estreita.
• Un flanco de menor intensidade pode deixar indicadores tipo retroceso:
◦ Mostra unha zona de transición máis sutil e ampla.
• A intensidade nos flancos pode cambiar co vento, pendente e
combustibles.
Os flancos están definidos por franxas de combustible non queimado ou
parcialmente queimado e a súa localización está influenciada polos cambios no
vento e a pendente.
Indicadores do Patrón de Lume Lateral por Exposición á Calor ou ás Chamas.
• Aparecen emborrallado, manchado e depósitos de cinza branca na cara
exposta.
• Os indicadores de protección aparecerán no lado non exposto.
• Polo xeral, forman un ángulo de 45 a 90 graos con respecto á dirección de
propagación do incendio.
O lado exposto está xeralmente orientado cara á orixe. O lado non exposto
oriéntase xeralmente cara o lado contrario á orixe; é dicir, cara onde vai o
lume.
Indicadores do Patrón de Lume Lateral Influenciado polo Vento
• Conxelación da follaxe, talos de herba, biselado, depósitos de cinza branca e
á ángulo de carbonización.
• Xeralmente aparecen no lado exposto do obxecto.
• Normalmente alíñanse cos indicadores do lume en avance:
◦ Pode estar nun ángulo de 45 graos con respecto ao avance.
• O indicador dos talos de herba depende da intensidade:
◦ Poden caer na zona queimada nun ángulo de 45 a 90 graos e permanecer
no chan.
◦ Poden consumirse completamente.
Os indicadores do patrón de lume lateral influenciados polo vento aliñaranse na
súa maioría coa dirección na que sopra o vento, ata un ángulo duns 45 graos con
respecto á dirección de avance do lume principal. Por exemplo, a conxelación da
follaxe estará xeralmente en liña coa dirección do vento nas zonas de avance; os
indicadores dos talos de herba ao longo dos flancos caerán tipicamente na zona
lateral xa queimada coas cabezas dos talos mirando cara á área de orixe nun
ángulo aproximado de 45 graos; o ángulo de carbonización nos flancos
presentarase entre a aliñación directa co ángulo de carbonización na zona de
avance e uns 45 graos con respecto á dirección principal da zona de avance. Os
indicadores de biselado e o de cinzas brancas serán similares.
Unha excepción é cando se produce unha envoltura das chamas por efecto vórtice*
dun forte vento. (*N. do T.: nun incendio cando o vento choca co tronco dunha árbore ou
cun poste forma unha zona turbulenta detrás del que succiona as chamas, o lume abraza á
árbore. Ao mesmo tempo estas chamas se elevan por efecto convectivo do aire quente. A
maior forza do vento, maior efecto vórtice e máis se elevan as chamas.)
PMS 412 Capítulo 1A Páxina 26
Zona de Transición
• Zona de cambio de dirección baseada nas variacións de intensidade.
◦ Avance a lateral.
◦ Avance a retroceso.
◦ Retroceso a lateral.
• Cambio de aspecto e características dos indicadores.
• As zonas de transición poden delimitar unha área de inicio.
• Unha das claves para interpretar con precisión o patrón dos incendios é
identificar as zonas de transición.
Efecto do Combustible na Zona de Transición
O avance do lume estenderase a diferentes velocidades segundo o tipo e a
dispoñibilidade dos combustibles. Un incendio pode propagarse moi rapidamente
baixo a influencia dun vento moderado en combustibles de herba seca. Se unha
parte dese incendio chega a un arborado pode retardar a súa velocidade de
propagación mentres que o incendio na zona de herba segue propagándose
rapidamente. Unha vez que o lume no arborado chega de novo aos combustibles
herbáceos, normalmente aumentará a súa velocidade de propagación.
Estes cambios na composición dos combustibles forman parte do contexto do
comportamento do lume que os investigadores e as investigadoras deben observar,
comprender e ter en conta. Moi poucos incendios forestais arden nas mesmas
condicións de combustible durante toda a súa duración.
Efecto do Cambio de Vento na Zona de Transición
Durante un incendio, a dirección do vento pode cambiar moitas veces. Na práctica,
é raro que a dirección do vento sexa constante. Normalmente, os ventos que se
sinalan como procedentes do sur varían en realidade na súa dirección cara a un
lado ou outro do sur ao longo de períodos de tempo curtos e longos.
Estes cambios na dirección do vento afectarán á dirección de propagación do lume
en avance e ás zonas de transición. Un exemplo sería que o vento rolase á dereita e
o flanco dereito se convertese no vector de avance do lume, o flanco esquerdo se
convertese no de retroceso, e se formasen novos flancos ao redor das antigas zonas
de avance e retroceso.
Efecto de Focos Secundarios ou Material Rodante na Zona de
Transición
Se o vento arrastra as muxicas, provocando incendios puntuais por diante da fronte
principal do incendio, formaranse novas zonas de transición que interactuarán co
lume principal. Cada foco compórtase como un incendio independente ata que
ardan xuntos ou a fronte principal do incendio os supere.
Así mesmo, o material rodante pode facer que se inicien incendios por baixo do
lume principal, formando novas zonas de transición que interactuarán co lume
principal. Cada lume de material rodante compórtase como un lume independente
ata que se une co lume principal.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 27


Categorías de Indicadores do Patrón de Lume
Hai 11 categorías de indicadores do patrón de lume. Baséanse no comportamento
do lume e nos materiais aos que este afecta. Cada categoría pode mostrar calquera
dos tres vectores, avance, lateral ou retroceso. O aspecto físico diferirá co vector
(dirección de progresión do lume). Os indicadores do patrón de lume tamén se
dividen en dúas clasificacións xerais que son:
• Indicadores do patrón de lume a macroescala.
• Indicadores do patrón de lume a microescala.
Indicadores do Patrón de Lume a Macroescala: adoitan estar asociados a
obxectos ou áreas máis grandes e son facilmente visibles desde a distancia. Soen
atoparse en zonas de maior intensidade de lume e adoitan definir as zonas de
avance do incendio. Os indicadores do patrón de lume a macroescala son pistas
clave para identificar a área de orixe xeral do incendio.
Indicadores do Patrón de Lume a Microescala: asociados a obxectos ou áreas
máis pequenas, poden non ser tan facilmente observados desde a distancia. A súa
importancia aumenta coa proximidade á área de ignición.
Dado que os indicadores do patrón de lume a microescala adoitan ser máis sutís
que os indicadores a macroescala, deben observarse xeralmente desde unha
posición próxima (de xeonllos, en crequenas ou “a gatas”), non desde unha
posición de pé.
Agrupacións de Indicadores do Patrón de Lume: grupo de indicadores do
patrón de lume moi próximos que conteñen efectos do lume que retratan un vector
coherente entre eles (indican unha mesma dirección). As agrupacións son máis
fiables cando dentro delas están representadas unha variedade de categorías * de
indicadores do patrón de lume. (*N. do T.: véxase un exemplo disto na Figura 46.)
A proximidade dos indicadores do patrón de lume dentro dun grupo é relativa,
baseada no tamaño dos indicadores, como cinco árbores nun grupo. A distancia
entre os indicadores do patrón de lume nun grupo redúcese a medida que se achega
á área de ignición. As agrupacións a macroescala tenden a ter unha maior
separación que as agrupacións a microescala.
Grao de Danos: é un dos principios subxacentes que rexen a interpretación da
maioría dos indicadores do patrón de lume.
O grao de danos nos indicadores individuais do patrón de lume é o cambio que se
produce nos obxectos combustibles e incombustibles tras a interacción co lume. O
fundamento do grao de danos consiste en comparar e contrastar os danos para
determinar que lado estivo exposto ao lume que se aproximaba. Neste sentido, o
grao de danos subxace aos procesos que forman os indicadores do patrón de lume
de protección e outros.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 28


Ao observar áreas máis grandes (patróns en V e U), utilízase o principio de grao de
danos para comparar e contrastar as áreas de maior intensidade de combustión, que
indican o avance do lume, coas áreas de intensidade moderada (lume lateral) ou
baixa (lume en retroceso). A identificación do grao de danos a gran escala forma
parte do proceso de identificación da área de orixe xeral. O grao de danos a gran
escala debe confirmarse mediante a observación dos indicadores individuais do
patrón de lume. A cantidade de cambio basearase nas intensidades relativas do
lume e a exposición ao lume que se aproxima.
Posibles características para comparar e contrastar:
• Cantidade de carbonización.
• Cantidade de cinza branca.
• Grao de perda de material.
• Cantidade de emborrallado ou manchado.
• Altura e tipo de follaxe conxelada.
• Grao e localización dos lascamentos.
• Altura e tipo do ángulo de carbonización.
• Localización e extensión do biselado.
• Localización e extensión relativa dos danos xerais do incendio nunha zona
máis ampla.
O grao de perda de material * aplícase a elementos individuais. Ao comparar e
contrastar o grao de danos, debe facerse na medida do posible sobre un tamaño
similar de combustible, a mesma categoría de indicador e en lugares distintos. (*N.
do T.: cando a calor é tan intensa que unha parte do combustible consómese totalmente; a
metade lonxitudinal do talo dun arbusto desaparece no lado exposto ás chamas conservando
aínda a estrutura redondeada no lado protexido.)

Principios Xerais de Interpretación do Patrón de


Lume
A interpretación dos indicadores do patrón de lume réxese por principios xerais
que se consideran fiables e que as investigadoras e os investigadores de incendios
forestais deben aplicar ao realizar as súas investigacións. Estes principios xerais
existen desde hai moitos anos. A primeira documentación coñecida foi a de Bob
Bourhill, do Departamento Forestal de Oregón (Bourhill, 1982). Estes principios
fóronse perfeccionando mediante probas e experiencias posteriores.
• Basea a túa interpretación na maioría dos indicadores do patrón de lume
dentro dunha categoría de indicadores. Os indicadores do patrón de lume
individuais reflicten a dirección do lume nun punto exacto e poden ser pouco
fiables no contexto da progresión xeral do incendio.
• Basea a túa interpretación nos indicadores do patrón de lume dentro dunha
variedade de categorías. Utilizar o maior número posible das 11 categorías de
indicadores do patrón de lume proporciona unha maior fiabilidade. Empregar un
método sistemático ao seleccionar os indicadores nun esforzo por incluír a maior
variedade posible.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 29


• Un único indicador do patrón de lume pode ser preciso dentro dun arco de
180°. O lume non arde en liñas perfectamente rectas. Poden producirse cambios
de dirección radicais pero breves. A progresión real do lume baséase
principalmente no vento, os combustibles e a pendente. Os indicadores do
patrón de lume aliñaranse coa progresión no punto de cada indicador e
reflectirán a dirección do lume no momento en que pasou por ese indicador
específico.
• Interpretar os indicadores do patrón de lume no contexto dos principios do
comportamento do lume. Determinar o contexto do comportamento do lume a
través das observacións meteorolóxicas, a topografía, a información fiable das
testemuñas e a reconstrución das condicións probables do combustible. Isto
debería incluír a consideración dos combustibles non queimados e os restos
queimados. Comprobar as observacións entrevistando as testemuñas, como os
primeiros intervenientes.
• Os indicadores do patrón de lume adoitan ser menos pronunciados a
medida que nos achegamos á Área de Ignición. A maioría dos incendios
comezan sendo pequenos e de pouca intensidade. Tras o inicio, o lume
progresará cara ao exterior desde o punto de inicio. A propagación inicial será
xeralmente circular ata que o lume caia baixo a influencia do vento, a pendente e
os combustibles. A intensidade adoita aumentar a medida que o lume progresa
cara ao exterior desde o punto de inicio. Nesta área inicial de combustión,
debido á menor intensidade, a maioría dos indicadores do patrón de lume serán a
microescala e sutís. (N. do T.: como curiosidade, en portugués a zona próxima á
ignición denomínase Zona de Confusão, xa que os indicadores, ademais de sutís, soen ser
iguais en todas as direccións delimitando unha zona máis ou menos circular.)
Esta zona que rodea inmediatamente a área de ignición denomínase Área de
Inicio. Debido á menor intensidade asociada a esta zona, adoita caracterizarse
pola presenza de máis material sen queimar, a diferenza do que ocorre na orixe
dun incendio de estruturas, que adoita ser o lugar de maiores danos. A medida
que o lume cae baixo a influencia dos distintos factores de comportamento do
lume, comezará a propagarse con intensidades e ritmos desiguais. Esta zona
denomínase Área de Orixe Xeral. O lume mostrará agora diferentes áreas de
progresión, pero a miúdo está influenciado por barreiras localizadas e pequenos
cambios na dispoñibilidade de combustible.
• Documente os indicadores do patrón de lume durante a súa investigación.
Utilice bandeirolas direccionais, esbozos da propagación do lume, diagramas e
fotos para documentar a progresión do incendio. O uso de bandeirolas
direccionais (discutido en detalle no Capítulo 5, Documentación) axuda ás
investigadoras e aos investigadores a seguir visualmente a progresión do lume e
proporciona unha representación visual desa progresión.
• Traballe desde a zona de combustión máis intensa ata a zona de combustión
menos intensa, seguindo a progresión do incendio ata a área de ignición. A
medida que o incendio se propague, creará zonas de transición entre estas áreas
de progresión e as áreas de retroceso e de lume lateral. Unha das claves para
interpretar con precisión os patróns de lume é identificar as zonas de transición.
Unha zona de transición é unha área de cambio de dirección baseada en
variacións da intensidade do lume. As zonas de transición poden delimitar a área
de inicio. Estas zonas poden identificarse polo aspecto dos indicadores do patrón
de lume e poden ser de natureza sutil.
PMS 412 Capítulo 1A Páxina 30
A zona de transición inicial pode ser difícil de definir. Se se inicia a procura da
área de ignición onde hai indicadores claros de avance do incendio en forma
dunha combustión máis intensa, o investigador ou a investigadora reduce o risco
de entrar prematuramente na área de ignición e danala. Os indicadores a
macroescala, as declaracións das testemuñas e o contexto do comportamento do
lume constitúen a base para establecer a procura inicial da área de orixe xeral.
Débese ter coidado de empezar o suficientemente lonxe na zona de avance da
cabeza do incendio para ter en conta a posibilidade de múltiples ignicións e
orixes.
• Evite os intentos de localizar prematuramente a Área de Ignición. Os
indicadores son cada vez máis sutís canto máis nos achegamos á área de
ignición. Os investigadores e as investigadoras terán que prestar máis atención
aos detalles e tomarse o seu tempo, evitando a presión das présas. Traballar na
área de inicio e na área de ignición adoita ser a parte máis sucia e que máis
tempo consome na procura da orixe do incendio. Debemos ser especialmente
disciplinados e disciplinadas ao traballar nestas zonas. A paciencia é a clave.
• A dirección do desprazamento do incendio verase influída polos obstáculos.
O movemento fluído do lume é similar ao movemento fluído da auga ao redor
dos obstáculos. Os obxectos físicos que se atopen na traxectoria de propagación
do lume farán que este os rodee, os atravese ou os sobrepase, o que pode
provocar unha perda de intensidade e velocidade. É de esperar que se produzan
cambios temporais de dirección cando o lume se abra paso ao redor, a través ou
por enriba dos obstáculos.
• Vexa e documente os indicadores do patrón de lume desde todos os lados,
segundo corresponda. Algúns indicadores do patrón de lume non poden ser
contrastados a menos que se vexan desde varios ángulos. Documentar desde un
só lado pode dar un punto de vista unilateral. Os indicadores do ángulo de
carbonización, protección, cinza branca, emborrallado e manchado poden non
ser evidentes a menos que se miren desde diferentes ángulos. Documentar
fotograficamente vistas de contraste cando sexa necesario.

PMS 412 Capítulo 1A Páxina 31


Capítulo 1 B - Comportamento do Lume e
Patróns de Lume
A medida que un incendio avanza, deixará marcas visibles do seu paso nos
obxectos combustibles e incombustibles que atope no seu camiño. Estas marcas
denomínanse indicadores do patrón de lume. O vector dun indicador do patrón de
lume, é dicir, a dirección de desprazamento do lume nese punto, pode determinarse
normalmente examinando o aspecto dese indicador. Cando se analizan dentro do
contexto do comportamento do lume, formarán distintos patróns xerais de lume.
Estes patróns de lume identificarán as zonas de progresión do lume e as zonas de
transición que as acompañan. A progresión do incendio pode entón rastrexarse ata
a súa área de ignición.

Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións


Os indicadores reflicten con precisión o comportamento do lume no lugar e o
momento concretos nos que pasou o lume, con todo, o vector individual mostrado
pode non ser coherente coa progresión xeral do incendio. Ás investigadoras e aos
investigadores de incendios forestais deben serlles familiares as condicións do
comportamento do lume (contexto do comportamento do lume) que poden facer
que un indicador non sexa coherente con outros indicadores.
Os indicadores do patrón de lume poden ser enganosos se non se interpretan
correctamente. Certas circunstancias crean posibles excepcións aplicables á
maioría das categorías de indicadores do patrón de lume. Outras circunstancias
poden crear posibles excepcións que só se aplican a unha categoría específica de
indicadores. A fiabilidade e as excepcións que se aplican á maioría das categorías
de indicadores do patrón de lume inclúen: carga de combustible pesada ou
desigual; permanencia do lume a longo prazo; ventos fortes ou cambios de
dirección; retroceso do lume, costa abaixo e/ou contra o vento; alta variación do
combustible san e podre; indicadores do patrón de lume que poden desprazarse; e
incendios anteriores na mesma zona (reproducións).
Os indicadores do patrón de lume deben verificarse para determinar a súa
fiabilidade.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 32


Avaliar a fiabilidade dos indicadores
• Un indicador do patrón de lume debe ser coherente con:
◦ Contexto do comportamento do lume.
◦ Outros indicadores dentro dun grupo de patróns próximos.
◦ Progresión xeral coñecida do incendio.
◦ Observacións de testemuñas oculares.
◦ Probas de vídeo ou fotográficas.
• Existía algunha das circunstancias que poden crear excepcións durante as
etapas iniciais do incendio?
◦ Comprobe a fiabilidade dos indicadores do patrón de lume contando
con estas excepcións.

Categorías de Indicadores do Patrón de Lume


Os indicadores do patrón de lume clasifícanse en 11 categorías e discutiranse máis
adiante neste capítulo. Estas categorías baséanse en como se forma o indicador do
patrón de lume e nos materiais sobre os que se atopan. Unha categoría pode
mostrar calquera dos tres vectores do incendio (avance, lateral ou retroceso)
dependendo da dirección de progreso do lume nese punto. Moitos destes
indicadores do patrón de lume serán evidentes tanto en obxectos e combustibles
grandes como pequenos.
As 11 categorías de indicadores do patrón de lume son:
1. Protección.
2. Talos de herba.
3. Conxelación.
4. Ángulo de carbonización.
5. Lascamento.
6. Rizado.
7. Emborrallado.
8. Manchado.
9. Cinza branca.
10. Biselado.
11. Patróns V ou U.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 33


1. Indicadores do Patrón de Lume - Protección
Un obxecto incombustible ou o propio combustible protexe o lado non exposto do
dano por calor. Os combustibles non se queiman ou presentan menos danos, menos
manchado, menos emborrallado*, menos cinza branca, no lado non exposto ao
avance do lume (Figuras 4 e 5). Busque carbonización, manchado, cinza branca e
liñas de combustión limpas nos lados expostos dos combustibles e obxectos
incombustibles. Compare e contraste coas caras opostas dos obxectos. Despois de
fotografalos no lugar, levante ou retire os obxectos para comparar e contrastar os
danos e a protección. Os obxectos que descansan sobre o chan e combustibles
superficiais protexerán o lado oposto á aproximación do lume (lado protexido). O
lado exposto dos combustibles superficiais mostrarán unha liña de combustión
limpa, mentres que o lado protexido mostrará unha liña irregular e desigual
(Figuras 6, 7 e 8). (*N. do T.: o manchado e o emborrallado fórmanse polos subprodutos
da combustión que tinguen as pedras e outros obxectos. Máis adiante estudaranse
detidamente pero podemos ver un resumo das súas características na páxina 81.)

Figura 4. Protección nun tronco.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 34


Figura 5. Protección nunha piña.

Figura 6. Obxecto incombustible que protexe o combustible dos


danos causados pola calor.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 35


Figura 7. Combustible con liñas de combustión limpas e protexidas
despois de retirar o obxecto non combustible.

Combustible Protexido
Liña de Combustión Limpa

Dirección do lume

Figura 8. Imaxe de preto das liñas de combustión limpas e protexidas.

Liña de Combustión Limpa Combustible Protexido

Dirección do lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 36


Figura 9. Imaxe de preto de herba queimada con liñas de combustión protexidas.

e
u m
ol
nd Protección

e cc
r
Di

Os obxectos protexen aos combustibles da calor e as chamas. Tanto os obxectos


combustibles como os non combustibles poden servir de escudo. O mesmo
obxecto pode apantallarse no lado non exposto.
Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Protección
Fiabilidade Xeral: a protección mostra con precisión a dirección do lume e é máis
fiable en incendios de intensidade baixa a moderada.
Posibles Excepcións: Talos Esponxosos*: plantas vasculares cuxos talos conteñen
un cordón central interno de tecido esponxoso, xeralmente continuo. Os talos
esponxosos poden ser anuais ou perennes. Dado que o revestimento exterior é moi
fino, pode arder no lado non exposto debido ao abrazamento da chama por efecto
vórtice, quedando o lume incrustado no tecido brando e poroso. Isto pode causar
máis danos no lado non exposto do talo. (*N. do T.: por exemplo os talos de xuncos e
certas umbelíferas. Cortar os talos de plantas non queimadas no perímetro do incendio se
desconfiamos a existencia deste tipo de talos.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 37


Combustibles Suspendidos: as pólas e os troncos das árbores poden estar
suspendidos por outros combustibles ou obxectos. Os ocos entre o combustible e o
chan provocan unha envoltura das chamas por efecto vórtice no lado non exposto
do obxecto, creando máis danos nese lado non exposto e deixando a protección no
lado exposto. Pode parecer que o lume proveu da dirección oposta, especialmente
se o obxecto cae ao chan despois de que o lume pasase, podendo estar o dano no
lado oposto ou distribuído por igual en ambos os lados.

Figura 10. Exemplo de envoltura de chama por vórtice no lado exposto e non
exposto en combustibles suspendidos.

Combustible Suspendido Máis Danos

Di
rec
ció
n do
Lu
me

A zona de transición dun combustible suspendido, onde pasa de estar suspendido a


estar en contacto co chan, mostrará un dano menor no lado protexido e un dano
maior no lado non protexido.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 38


Figura 11. Imaxe que mostra a zona de transición do combustible suspendido e o
combustible en contacto co chan e a diferenza nos danos.

Máis danos no lado non exposto


onde está suspendido.

Dirección do lume
Transición

Danos no lado exposto


onde non está suspendido.

Indicadores do Patrón de Lume en Avance - Protección.


Os indicadores do patrón de lume de protección a macroescala son máis claros nos
obxectos máis grandes. Nos obxectos máis pequenos poden ser difíciles de
distinguir debido a que todo o obxecto está carbonizado. A diferenza entre a cara
exposta e a non exposta aínda pode determinarse (comparar e contrastar).
Os indicadores do patrón de lume de protección a microescala poden utilizarse
para validar os patróns e indicadores a macroescala. Utilízanse tamén cando non
existen patróns a macroescala. Os indicadores de protección a microescala poden
atoparse en grupos de patróns e inclúen combustibles protexidos dos danos no lado
non exposto; por exemplo, troncos e ramas de árbores derrubadas; piñas; macizos
de herba; pequenos tocos; matogueiras; e excrementos de corzos ou coellos.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 39


Figura 12. Exemplo de protección a microescala nun obxecto máis pequeno
que pode utilizarse para validar patróns a macroescala.

Dirección do Lume

Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso - Protección.


Os indicadores do patrón de lume de protección a microescala dun lume en
retroceso adoitan estar nos combustibles e obxectos máis protexidos e pequenos
debido á menor intensidade do lume na cola do incendio.
Indicadores do Patrón de Lume Lateral - Protección.
Os indicadores do patrón de lume de protección a macroescala dun lume lateral
adoitan mostrar máis danos no lado máis próximo á fronte do incendio que avanza
e preséntase nun ángulo de 45-90 graos con respecto á progresión do lume. A
protección é máis notable cando se contrasta coa zona da cabeza do lume.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 40


2. Indicadores do Patrón de Lume - Talos de Herba
Os restos carbonizados dos talos de herba que quedan tras paso do lume terán
diferentes aparencias dependendo da dirección de desprazamento do lume e da súa
intensidade. Nas zonas de avance do lume, as chamas atacarán o talo desde a parte
superior e queimarano ata o nivel do chan, consumindo completamente todo
excepto a base do talo. A base do talo pode mostrar un corte en bisel.

Figura 13. Imaxe dos vectores de avance, lateral e de retroceso do lume.

Lume en avance: queimará os talos


de arriba cara abaixo e consumirá
todo menos a base.

Lume lateral:
pode ter algúns
talos no chan ou
queimarse
limpamente.

Lume en retroceso: queimará


os talos na base e deixará os
talos non queimados no chan,
coas cabezas apuntando cara á
área de ignición.

Busque as zonas de transición entre o lume en avance (cabeza) e o lume lateral


(flancos). As cabezas ou os talos poden deliñar as zonas de transición entre o lume
en avance e o lume lateral.
Indicadores do Patrón de Lume en Avance - Talos de Herba.
Os restos de talos de herba na zona de avance adoitan consistir só nunha pequena
parte da base do talo que pode amosar efectos do lume en forma de copa ou corte
en bisel. A área de avance nos talos de herba atópase buscando as zonas de
transición entre o avance e as zonas de retroceso e laterais.
Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso e Lateral - Talos de Herba.
O lume en retroceso debilita o lado exposto ao lume que se aproxima. O lume
queima o lado exposto e fai que o talo caia na dirección da que provén o lume.
Este efecto é similar ao que se produce cando se fai un corte nunha árbore para
dirixir a súa caída. Os indicadores do patrón de lume en retroceso e lateral son
máis fiables nos incendios de menor intensidade. Os talos de herba que apuntan
cara á dirección da que procede o lume danse principalmente nas zonas de
retroceso, pero tamén poden darse nas zonas de transición lateral.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 41


Os talos de herba na seguinte fotografía caeron cara á parte inferior da
fotografía, coas cabezas apuntando cara á área de ignición. O alto grao de restos
de herba é coherente cun incendio en retroceso de pouca intensidade.
Figura 14. Exemplo de incendio en retroceso de pouca intensidade.

O lume retrocedeu nesta dirección

Cara á área de ignición

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 42


Patróns da Zona de Transición dos Talos de Herba Preto da Orixe.
Os talos de herba poden formar patróns recoñecibles dentro da área de inicio:
• Zona de transición de retroceso a avance.
• As zonas de transición laterais poden estar delimitadas por talos caídos.
Patrón de Lume Circular:
• Xeralmente, o lume afástase da área de ignición por igual en todas as
direccións.
• Non hai influencia do vento ou da pendente na área de ignición.
• Os talos de herba caen cara a área de ignición e permanecen
relativamente intactos formando un círculo.
Figura 15. Exemplo dun círculo de herba.

Área de Ignición

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 43


Patrón de lume a microescala V ou U:
• Ten lugar preto ou na área de inicio cando o lume está aumentando o seu
vector de avance inicial.
• O lume, baixo a influencia do vento ou a pendente, avanza nun vector
(dirección) inicial.
• Primeiro fórmanse zonas de transición de retroceso, laterais e de avance,
creando un patrón en V ou en U.

Figura 16. Exemplo dun patrón de lume en forma de V ou U.

Área de Ignición

Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Talos de Herba


Fiabilidade Xeral: os indicadores de talos de herba adoitan ser moi fiables.
Separan moi ben as zonas de retroceso das de avance e definen as zonas laterais.
As posibles excepcións son:
• Manto de neve: pode deixar talos en todas as zonas e indicar unha
dirección de propagación do lume contraditoria.
• Vento forte, pendente pronunciada: pode consumir os talos en todas as
zonas.
• Refachos de vento: poden deixar talos en todas as zonas e indicar unha
dirección contraditoria.
• Combustibles verdes*: poden deixar talos en todas as zonas e indicar
unha dirección contraditoria.
• Intensidade alta: pode consumir talos en todas as áreas de progresión do
lume.
Examine sempre as zonas de combustible non queimado para determinar se estas
condicións existían antes do incendio.
PMS 412 Capítulo 1B Páxina 44
Os talos de herba que caeron na mesma dirección debido aos fortes ventos poden
non ser fiables como indicador direccional, pero a cantidade de restos de talos de
herba poden axudar a determinar as zonas de transición e a intensidade do
incendio. (N. do T.: as matas de herba poden ter na base restos secos de crecementos
anteriores pero as follas desa tempada e os talos que levan as sementes poden estar aínda
verdes. Combinado cun vento moderado ou forte pode orixinar indicadores contraditorios. O
combustible preto do chan arde totalmente na zona de avance pero aos talos verdes apenas
lles afecta ese lume rápido e quedan caídos por efecto do vento sobre o queimado sinalando a
dirección cara a que sopra o vento dando a sensación dun lume en retroceso. A dirección do
vento, os testemuños dos medios de extinción e/ou o contexto do comportamento do lume
axudarán a interpretar correctamente calquera escena.)
Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Macroescala - Talos de herba
Os indicadores do patrón de lume en avance a macroescala no caso da herba
adoitan estar representados por unha combustión limpa e a transición avance-cola
e avance-flancos pode formar un patrón de lume en forma de V ou U.

Figura 17. Combustión limpa que mostra que non hai talos de herba no avance,
con talos de herba deliñando os flancos e a cola.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 45


Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Microescala - Talos de Herba.
• Falta de talos residuais.
• Talos e macizos queimados ata a base ou preto dela.
• Ángulo nos macizos máis pronunciado que a pendente. (ver Fig. 18)
• Talos individuais afiados no lado non exposto.
Os indicadores do patrón de lume a microescala dos talos de herba en zonas de
avance preto da área de inicio xeralmente terán menos restos de talos de herba que
as zonas de transición laterais e de retroceso situadas nas proximidades, pero a
miúdo terán máis restos de talos que na zona de avance máis alonxada, onde a
intensidade do lume en avance é moito maior. A miúdo seguirá habendo un patrón
en V ou en U.

Figura 18. Exemplo dos patróns de lume a microescala no pasto.

Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 46


Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Macroescala - Talos de Herba.
Os indicadores do patrón de lume dos talos de herba a macroescala nas zonas de
retroceso mostrarán un leito de talos de herba non queimados ou parcialmente
queimados e cabezas de sementes. A maioría dos talos e as cabezas das sementes
apuntarán na dirección da que procede o lume.

Figura 19. Área de retroceso que mostra un leito de talos de herba que xeralmente
apunta cara á área de ignición do incendio.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 47


Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Microescala - Talos de Herba
Os indicadores do patrón de lume dos talos de herba a microescala nas zonas de
retroceso veranse polas cabezas e os talos individuais que xeralmente apuntan cara
ao lume que se aproxima, así como pola formación de copas ou biseis nalgúns dos
talos individuais de herba.
A herba que medra en macizos pode non consumirse por completo, mostrando
protección no lado non exposto. Cando isto ocorre en zonas de avance, os talos
basais residuais normalmente mostrarán un ángulo de carbonización máis
pronunciado que a pendente e mostrarán as puntas en forma de bisel, co lado baixo
no lado exposto.

Figura 20. Ángulo de carbonización nun talo de herba.

Án
gul
o de
car
b on
iza
ció
n

En incendios de maior intensidade os indicadores dos talos de herba ás veces amosarán


que se consumiron por completo. Con todo, a propia cabeza da semente, aínda que
estea completamente ennegrecida, pode permanecer intacta e xeralmente apuntará cara
á área de ignición. Se non se examina de preto, pode parecer que se trata dunha zona de
avance. Compárese e contrástese coas cabezas das sementes na zona de avance, que
normalmente se consomen por completo.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 48


Figura 21. Efectos dun lume en retroceso nos talos da herba.

Dirección do Lume

O lume en retroceso debilita o lado exposto e o talo cae na dirección do lume. Como o
corte de dirección nunha árbore:
• Máis fiable en incendios de pouca intensidade.
• Ocorre principalmente en zonas de retroceso, pero pode ocorrer en
zonas de transición lateral.
O lume da seguinte foto está a retroceder de dereita a esquerda. Obsérvese que o vento
empuxa as chamas cara ao queimado (lume en retroceso con vento en contra) e os talos
de herba caen cara o queimado.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 49


Figura 22. Lume en retroceso cos talos de herba caendo cara ao queimado.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 50


3. Indicadores do Patrón de Lume - Conxelación da Follaxe
A conxelación da follaxe, nas zonas de avance e laterais, ten lugar cando as follas e
os talos pequenos quéntanse, tenden a volverse brandos e flexibles, e dóbranse
facilmente na dirección do vento predominante ou das correntes de aire creadas
polo incendio. A miúdo permanecen apuntando nesa dirección (conxeladas), xa
que se arrefrían e se endurecen tras o paso da fronte de chamas.

Figura 23. Conxelación da follaxe nas agullas dun piñeiro.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 51


Nun lume en retroceso, a conxelación da follaxe é menos frecuente que nas zonas
laterais e de avance do incendio e adoita presentarse en forma de follaxe caída,
aínda algo quebradiza e seca.
Nun lume lateral a conxelación da follaxe é máis probable que indique a dirección
do vento que a dirección de propagación do lume e non se debe confiar nela para
determinar o vector de propagación lateral.

Figura 24. Conxelación da follaxe nun incendio en retroceso ou lateral.

Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Conxelación da Follaxe


Fiabilidade Xeral: indicador preciso da dirección do vento. Como indicador do
vector do incendio, a conxelación da follaxe é máis fiable dentro da área de avance
ou cabeza do incendio. A conxelación da follaxe nos flancos reflectirá a dirección
do vento e pode non reflectir o vector de propagación lateral, a 45-90º do incendio
que avanza.
Posibles Excepcións: lugares cun vento natural predominante onde a follaxe xa
está fixada nunha posición e condicións de seca preexistentes nas frondosas
verdes.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 52


Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Macroescala - Conxelación da
Follaxe
A conxelación da follaxe a macroescala é un bo indicador da dirección do vento e
a miúdo reflicte tamén o vector de avance do incendio. Isto é máis común a
medida que o vento aumenta a velocidade e propagación do incendio. Os
indicadores do patrón de lume de conxelación da follaxe que se utilicen para
determinar o vector (dirección) do incendio deben contrastarse e compararse con
outras categorías de indicadores do patrón de lume na mesma zona para comprobar
a súa coherencia.

Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Macroescala ou Microescala -


Conxelación da Follaxe
A conxelación da follaxe a macroescala de lumes en retroceso non é tan común
como a conxelación da follaxe nas áreas do incendio en avance e laterais. Nas
zonas de lume en retroceso, a conxelación da follaxe é máis probable na follaxe da
maleza baixa e no nivel inferior das copas das árbores preto do chan. Pode
observarse cando o lume retrocede cara a un vento forte en combustibles pesados e
a follaxe pode aparecer colgada en lugar de varrida polo vento. A follaxe na zona
de retroceso pode estar aínda algo quebradiza e seca.

Figura 25. Conxelación da follaxe a macroescala con aspecto colgante e


quebradizo na zona de retroceso dun incendio terrestre de baixa intensidade.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 53


4. Indicadores do Patrón de Lume - Ángulo de Carbonización
O indicador do patrón de lume ángulo de carbonización fórmase cando o lume
queima ata e máis aló dun combustible en pé, como unha árbore, un poste de
servizos públicos ou un arbusto. As chamas carbonizan o combustible nun ángulo
con respecto tanto á parte non queimada do obxecto como á pendente. Este ángulo
dependerá da altura e inclinación que acaden as chamas segundo os vectores e
intensidades do lume en avance, lateral ou retroceso. O ángulo difire co vector
(dirección) do lume cando se compara e contrasta. Cando o paso do lume só
quenta e seca a copa dunha árbore ou arbusto, sen chegar a carbonizala, o efecto
do lume denomínase ángulo de chamuscado.

Figura 26. Exemplos de ángulos de carbonización en terreo chairo e en pendente e


diferentes direccións (vectores) do lume.

VENTO

ME
LU LUME

VENTO

ME
LU
LUME

(N. do T.: obsérvese que na figura superior esquerda non hai vento pero se forma o mesmo
ángulo que na figura superior dereita. Isto débese a que a pendente compensa a ausencia de
vento tirando do lume de forma semellante a como o vento empurraría ás chamas. O
resultado son ángulos de carbonización cun ángulo maior que o do terreo. Nas figuras
inferiores ocorre algo semellante, na da esquerda a pendente oponse ao avance das chamas
creando un ángulo de carbonización paralelo ao terreo igual que o da figura da dereita, sen
pendente pero con vento en contra do avance das chamas.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 54


Indicadores do Ángulo de Carbonización - Carbonización e Chamuscado
Os indicadores do ángulo de carbonización e do ángulo de chamuscado fórmanse
polo mesmo proceso, o lume e a calor móvense ata e máis aló dun combustible en
pé. A diferenza entre os dous indicadores é unha cuestión de duración da calor ou
de intensidade do lume (ou de ambos). O chamuscado adoita aparecer nas copas
das árbores ou da maleza que quedan sen queimar, onde a follaxe non se
consumiu, senón que simplemente se queceu e secou, chamuscouse. A
carbonización é o resultado da combustión de partes da propia copa, da cortiza ou
da madeira dun combustible en pé.
Ambos os termos poden aplicarse a esta categoría de indicador do patrón de lume
segundo as condicións. A carbonización indica o patrón de ángulo que queda
cando o material realmente se consome, e o chamuscado utilízase para indicar o
patrón de ángulo que se atopa na follaxe que non se consumiu, senón que
simplemente se secou.

Figura 27. Ángulos de chamuscado e carbonización.

Ángulo de Carbonización
Ángulo de Chamuscado

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 55


Figura 28. Ángulo de carbonización no tronco dunha árbore.

Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 56


Figura 29. Ángulo de carbonización na copa dunha árbore.

Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 57


Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Ángulos de Carbonización e
Chamuscado
Fiabilidade Xeral: xeralmente fiable, especialmente para avaliar as zonas de
avance do incendio.
Posibles Excepcións:
• Superficies planas, diámetros pequenos, alturas baixas. (N. do T.: todo estará
queimado ou chamuscado por igual.)
• Acumulacións de combustible na parte alta da pendente cando o lume está a
retroceder costa abaixo.
• Incendios antigos con patróns de carbonización preexistentes.
• Coníferas de cortiza fina, madeiras duras - uniformemente ennegrecidas en
todos os lados.
Zonas nas que o lume non superou completamente ao combustible (preto das liñas
de control ou pistas forestais, borde do perímetro, etc.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 58


Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Macroescala - Ángulo de
Carbonización e Chamuscado
Os ángulos de carbonización e de chamuscado forman patróns coherentes coas
zonas de avance do lume. O ángulo de carbonización ou o de chamuscado na zona
de avance é máis pronunciado que a pendente. A parte baixa deste ángulo atópase
no lado que mira ao lume que se achega, é dicir de onde procede o lume. O lume
que avanza normalmente entra nos combustibles en pé a baixa altura, e sae a maior
altura, debido ao ángulo da chama e ás influencias do vento, creando o típico
efecto de queimadura en ángulo. Os ángulos de carbonización e chamuscado
atópanse a miúdo en grupos na zona de avance do lume. Contrasta e compara o
ángulo e a altura do carbonizado ou chamuscado coas áreas de lume en retroceso e
laterais.

Figura 30. Ángulos de avance dos indicadores do patrón de lume de


carbonización nun grupo de árbores que son coherentes entre si. O ángulo de
carbonización é máis pronunciado que a pendente e indica o vector do incendio.

Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 59


Na zona de avance do incendio, debido aos efectos do vento, as chamas son
arrastradas pola cara de sotavento dos obxectos con forma de poste. En condicións
de vento forte, este patrón de carbonización pode estenderse a grandes alturas. Este
fenómeno denomínase “vórtice de vento”. A base do patrón de lume de
carbonización adoita permanecer nun ángulo maior que a pendente.
Figura 31. Envoltura da chama por vórtice de vento no lado das árbores a favor
do vento.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 60


Na Figura 32 a frecha mostra o ángulo do indicador do patrón de lume de
carbonización presente que debe examinarse. O óvalo superior mostra os efectos
da envoltura da chama polo vórtice de vento e é un indicador da dirección do vento
e da carbonización causada polo vórtice no lado a favor do vento do obxecto. O
efecto do lume inferior, o ángulo de carbonización (frecha), é o que se utiliza na
investigación. O patrón de envoltura da chama por vórtice de vento da parte
superior pode utilizarse para axudar a establecer a dirección do vento na escena.
Xeralmente, canto máis forte sexa o vento, maior será a envoltura da chama por
vórtice de vento.

Figura 32. Envoltura da chama por vórtice de vento e ángulo de carbonización nun
poste.

Dirección do Vento

Envoltura de chama por


vórtice de vento

Indicador do patrón de lume


ángulo de carbonización

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 61


Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Microescala - Ángulo de
Carbonización
Os indicadores do patrón de lume a microescala teñen moitos dos mesmos efectos
de lume que os indicadores do patrón de lume a macroescala. Os indicadores de
microescala atópanse xeralmente en obxectos máis pequenos, tales como pequenos
arbustos, plántulas e macizos de herba. Na zona de avance, o ángulo seguirá sendo
máis pronunciado que a pendente e o extremo inferior estará cara o lado exposto.
A Figura 33 é un exemplo de indicador do patrón de lume a microescala. O lume
que avanza móvese de esquerda a dereita, cun ángulo de carbonización maior que
a pendente.

Figura 33. Ángulo de carbonización do patrón de lume a microescala nun macizo


de herba.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 62


Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Macroescala - Ángulo de
Carbonización
Nos lumes en retroceso contra o vento ou ladeira abaixo, o ángulo de
carbonización será paralelo ao ángulo da ladeira (Figura 34) e estará baixo
respecto ao chan a menos que se vexa afectado por unha maior carga de
combustible. A acumulación de residuos pendente arriba da árbore pode causar a
carbonización por enriba dos residuos, pero terá pouco efecto no patrón de
carbonización ao redor do resto da árbore.

Figura 34. Exemplo de ángulo de carbonización a macroescala nun incendio en


retroceso.

DIRECCIÓN DIRECCIÓN
DO VENTO DO LUME

DIRECCIÓN
DO LUME

Na Figura 35, o ángulo de carbonización está nivelado co chan, o que é coherente


cun vector de lume en retroceso. A altura do patrón de carbonización sobre o chan
é unha pista sobre a intensidade do lume.
Figura 35. Patrón de carbonización a macroescala nunha superficie nivelada.

Dirección do Vento

Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 63


A carbonización pode formar ás veces un patrón de queima en forma de L ou
cadeira de barbeiro. O patrón xeral permanece paralelo á pendente. Este patrón
de carbonización pode formarse por acumulación de combustible, extracción de
resina, exposición a outros combustibles próximos ou o retroceso ante un vento
forte.

Figura 36. Patrón de carbonización en forma de L no tronco dunha árbore.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 64


Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Microescala - Ángulo de
Carbonización
Do mesmo xeito que cos indicadores do ángulo de carbonización a microescala en
zonas de avance, os indicadores do patrón de lume a microescala en zonas de
retroceso daranse en arbustos e árbores novos máis pequenos. O ángulo do patrón
de lume de carbonización nas áreas de retroceso será paralelo á pendente, xa sexa
que se trate dun retroceso costa abaixo nunha pendente ou contra o vento nun
terreo chairo.

Figura 37. Patrón de lume en retroceso a microescala nun pequeno arbusto.

Dirección do Vento

Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 65


A Figura 38 mostra o efecto típico na copa das árbores ou matogueiras cando o
lume comeza no punto A e se despraza cara a fóra, aumentando lentamente a calor
e a velocidade. Na área de ignición, o lume está aínda relativamente frío, xa que os
combustibles superficiais implicados só se consomen parcialmente e a área
implicada é limitada, polo que as copas das árbores quedan case intactas. Máis
lonxe da área de ignición, o lume estendeuse e gañou en intensidade ao involucrar
unha maior superficie e uns compoñentes do leito de combustible máis grosos, o
que dá lugar a unha maior liberación de calor e a que se queimen máis copas.
Todas as copas poden queimarse a medida que o lume se intensifica.

Figura 38. Exemplo do ángulo de carbonización nas copas das árbores a medida
que o lume se afasta da área de ignición, punto A.

Dirección do Lume

PUNTO
A

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 66


5. Indicadores do Patrón de Lume - Lascamento
Os efectos do lume por lascamento aparecerán como cráteres ou lascas, en ambos
casos de pouca profundidade e de cor clara, que se forman na superficie das rochas
do interior do incendio (Figura 39). Adoitan ir acompañados de placas ou escamas
exfoliadas da superficie da rocha. O cráter prodúcese pola ruptura da resistencia á
tracción da superficie da rocha que foi exposta á calor. A zona que rodea aos
cráteres adoita estar emborrallada ou manchada (ou ambas).
Na Figura 39, nótese a cor clara da zona onde a rocha se descunchou. A
comparación desta zona clara co emborrallado que a rodea indica que o
lascamento produciuse despois de que a calor do lume en progresión pasase.
Tomar nota deste contraste pode axudar a excluír o lascamento causado
mecanicamente antes ou despois do paso do lume.

Figura 39. Foto que mostra un exemplo de lascamento.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 67


O lascamento, tamén coñecido como exfoliación, é causado pola exposición á
calor ou ás chamas. As rochas non son condutores eficientes da enerxía calorífica e
cando se someten ao lume que se aproxima, a capa máis externa quéntase máis que
a rocha que está debaixo. A expansión diferencial provoca unha tensión de
cizallamento por baixo da superficie e as capas finas de rocha despréndense,
normalmente despois de que pasara a fronte de chamas.

Figura 40. Combinación de lascamento e zona circundante emborrallada.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 68


Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Lascamento
Fiabilidade Xeral: adoita ser fiable para as zonas do incendio en avance. O
descunchamento non se atopa comunmente en áreas de retroceso onde a calor pode
non ser suficiente para causar a exfoliación da rocha. Compare e contraste os lados
opostos da rocha para determinar onde se produciu o maior desprendemento, o que
indica o lado exposto da rocha.
Posibles Excepcións: en áreas de alta intensidade de lume ou de permanencia do
lume a longo prazo, o lascamento pode estar presente en múltiples lados. As rochas
grandes que teñen a parte traseira protexida da exposición, como cando están
enterradas no chan, poden non ser tan fiables como aquelas nas que todas as caras
están expostas de maneira uniforme. A humidade da rocha ou o tipo de rocha
poden afectar á aparición de descunchados. As gretas de tensión preexistentes
tamén poden proporcionar indicadores pouco fiables do patrón de lume
lascamento. Contraste e compare a estrutura da rocha coas rochas próximas para
determinar se as gretas por tensión son comúns dentro desa área e tipo de rocha.
Os danos mecánicos causados pola maquinaria pesada, xa sexa antes ou despois do
paso do lume, poden confundirse con lascamentos. Un exame minucioso mostrará
normalmente que a sucidade ao redor da rocha e a propia rocha foron alteradas
polo equipo e, por tanto, pódese excluír como indicador por ser dano mecánico. As
áreas que parecen ter descunchados e que teñen emborrallado o interior do cráter
tamén poden indicar danos mecánicos que tiveron lugar antes do incendio.

Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Macroescala - Lascamentos


Os indicadores de lascamentos a macro e microescala mostraranse en numerosas
rochas grandes dentro do percorrido do lume e poden estar agrupadas. A evidencia
dos descunchados concentrarase no lado exposto da rocha e estará ausente ou será
menos evidente no lado protexido.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 69


Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Microescala - Lascamentos
Os indicadores do patrón de lume de lascamento a microescala serán visibles nas
rochas máis pequenas. Do mesmo xeito que cos indicadores de macroescala, o
lascamento nas rochas máis pequenas concentrarase no lado exposto e estará
ausente ou será menos evidente no lado protexido.

Figura 41. Exemplo de desprendemento nunha rocha pequena.

Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Microescala - Lascamentos


Os indicadores do patrón de lume de lascamento a microescala non adoitan estar
asociados ás zonas de retroceso e o lascamento nestas zonas pode ser o resultado
de acumulacións de combustible. Comparar e contrastar co lascamento nas rochas
do mesmo tipo na zona de avance. Os desprendementos soen producirse no lado
exposto, a menos que estean influenciados pola acumulación de combustible.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 70


6. Indicadores do Patrón de Lume - Rizado
O rizado prodúcese cando as follas verdes se enroscan cara á fonte de calor.
Normalmente non é un indicador de macroescala. Tamén poden mostrar unha
conxelación da follaxe influenciada polo vento.

Figura 42. Exemplo de rizado de follas.

N. do T.: patrón de lume


de protección ademais
de rizado.

O proceso que crea o rizado é similar ao que forma a conxelación da follaxe. A


exposición á calor fai que a folla se seque e se encolla a superficie exposta á
calor. O contracción fai que os bordos se curven cara á fonte de calor,
dobrándose a folla na dirección da que procede o lume. Isto adoita ocorrer coas
queimaduras máis lentas e lixeiras asociadas ao movemento do lume en
retroceso e lateral. Os patróns de lume de protección tamén poden estar
presentes nas follas individuais* que poden formar un grupo de indicadores
xunto cos indicadores do patrón de lume rizado. (*N. do T.: ver na fotografía
anterior.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 71


Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Rizado
Fiabilidade Xeral: máis fiable en zonas do incendio de baixa intensidade e de
retroceso.
Posibles Excepcións: o grao de secado, ou seca prolongada, pode facer que as
follas xa estean rizadas. O impacto directo da chama pode crear indicadores falsos.
O lume pode impactar nas follas desde diferentes direccións. As follas grosas cun
forte nervio central poden non rizarse en absoluto ou poden rizarse cara ese nervio.
A conxelación da follaxe provocada polo vento é unha indicación da dirección do
vento no momento en que o lume pasou por ese punto e debe ser confirmada por
outros indicadores para determinar unha dirección fiable da propagación do
incendio. As follas poden enroscarse cara á fonte de calor que se aproxima, pero
logo móvense e conxélanse co vento.
Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Microescala - Rizado
O rizado só se formará no vector de avance en condicións de baixa intensidade
debido a combustibles lixeiros, meteoroloxía ou condicións de humidade do
combustible. O rizado non adoita estar asociado ao avance do lume. Se está
presente na área de avance, o rizado terá lugar no lado exposto da vexetación.
Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Microescala - Rizado
O lume en retroceso de baixa intensidade formará patróns de lume rizado a
microescala na vexetación próxima ao chan e as follas rizaranse cara ao lado
exposto.

Figura 43. Exemplo de rizado de follas en vexetación pequena.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 72


7. Indicadores do Patrón de Lume - Emborrallado
O borro é un depósito negro, a base de carbono, causado pola combustión
incompleta e o contido natural de aceite graxo en certa vexetación. O carbono
xeralmente deposítase en maior medida no lado que mira cara á dirección da que
procede o lume.

Figura 44. Emborrallado nunha rocha.

Borro a base de carbono

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 73


O borro depositarase no lado dos arames do valo que está orientado cara á
dirección da que procede o lume e pode detectarse fregando os dedos ao longo do
arame. En obxectos máis grandes, os depósitos de borro tamén se poden notar
fregando a man pola superficie. En moitos casos haberá outros indicadores, como
combustible protexido ou manchado. Cando se comprobe a presenza de borro nun
aramado, comprobe os arames inferiores, xa que mostrarán máis evidencia de
borro que os arames superiores.

Figura 45. Emborrallado nos arames dun valo.

Dirección do Lume

O proceso que crea os indicadores do patrón de lume de emborrallado inclúe


partículas no aire resultantes da combustión incompleta dun hidrocarburo. Estas
partículas, en forma dunha complexa mestura de compostos orgánicos, adhírense a
rochas, latas, arames de valos, postes metálicos e a certa vexetación.

Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Emborrallado

Fiabilidade Xeral: xeralmente fiable.

Posibles Excepcións: acumulacións de residuos que xeran grandes volumes de


fume emborrallado.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 74


Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Macroescala - Emborrallado
Os indicadores do patrón de lume de emborrallado a macroescala nas zonas de
avance do lume poden estar presentes en grandes rochas individuais e en
afloramentos de rochas ou outros obxectos similares. Busque a coherencia dentro
do percorrido do lume.

Figura 46. Exemplo de emborrallado en varias rochas. (N. do T.: no círculo vermello
da dereita, lascamento; no círculo da esquerda, follaxe conxelada. Tres indicadores de tres
categorías diferentes, isto aumenta a fiabilidade da nosa lectura.)

Borro

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 75


Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Microescala - Emborrallado
Os indicadores do patrón de lume de emborrallado a microescala en zonas de
avance do lume poden ser máis sutís xa que os obxectos máis pequenos nos que se
deposita o borro poden ter borro en todos os lados, o grao de emborrallado pode
ser a única diferenza entre os lados protexido e non protexido.

Figura 47. Exemplo de emborrallado nun obxecto pequeno.

Borro

Dirección do Lume

Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Microescala - Emborrallado


Os indicadores do patrón de lume de emborrallado en retroceso a microescala non
adoitan ser tan fortes. Unha vez máis, haberá máis emborrallado no lado exposto
dos obxectos, principalmente nos obxectos máis pequenos debido á menor
intensidade do lume.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 76


8. Indicadores do Patrón de Lume - Manchado
O manchado é causado polos aceites e resinas volátiles vaporizados na columna de
chamas e fume que se condensan nas superficies máis frías dos obxectos. O
manchado pode ser brillante e/ou similar a un verniz, e dunha cor entre amarela-
laranxa clara e marrón escura. Isto ocorre máis comunmente con obxectos non
combustibles como latas de metal ou rochas. As manchas aparecerán no lado do
obxecto exposto ás chamas. Estas manchas poden resultar pegañentas ao tacto e
poden estar cubertas por unha fina capa ou pingas de cinza branca e outros restos
lixeiros do incendio.
Figura 48. Exemplo de manchado nunha lata de metal.

Manchado

O manchado é máis comunmente un indicador a microescala e está máis marcado


nas áreas de avance que nas de retroceso e a miúdo é sutil. Nas zonas de retroceso
examine os seixos pequenos, as rochas e outros elementos similares de preto para
atopar indicadores de manchado. Os obxectos máis pequenos poden presentar
manchado en todos os lados, pero pode mostrar un aspecto máis vernizado
(radiante) no lado exposto que no lado non exposto. A cor do manchado adoita ser
máis escuro na cara exposta dos obxectos pequenos que na cara protexida.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 77


Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións
Fiabilidade Xeral: xeralmente fiable.
Posibles Excepcións: reposicionamento de obxectos lixeiros polo vento ou polos
traballos de extinción. Acumulacións artificiais de residuos.
Indicadores do Patrón de Lume en Avance a Microescala - Manchado
Polo xeral, o manchado a microescala na zona de avance será máis escuro e
cubrirá máis superficie dun obxecto en comparación co manchado na zona de
retroceso. As manchas na área de avance poden chegar ata a parte superior dunha
rocha, mentres que a rocha do mesmo tamaño na área de retroceso pode estar
manchada só ata a metade.

Figura 49. Manchado nunha lata no avance dun incendio. (N. do T.: nótese a cinza
pegada no manchado.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 78


Indicadores do Patrón de Lume en Retroceso a Microescala - Manchado
O manchado nos obxectos pequenos é menos notable nas áreas de retroceso, e
pode ser moi sutil. Examine os seixos pequenos, as rochas e outros obxectos
similares. Os seixos pequenos manchados adoitan estar presentes na área de inicio
e axudan a determinar o vector do incendio nesa zona.
O manchado na rocha da Figura 50 está no lado dereito pero non no esquerdo, o
que indica que o lume se move de dereita a esquerda. Despois de fotografala no
lugar, a rocha foi levantada de onde repousaba mostrando que non fora movida e
que era un indicador fiable.

Figura 50. Manchado nunha pequena rocha no retroceso dun incendio.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 79


Emborrallado ou Manchado

Emborrallado:
• Cor negra apagada.
• Pódese fregar cos dedos.
• A cinza branca xeralmente non se adhire.

Manchado:
• De cor amarela pálida brillante a marrón escuro.
• Non se pode borrar, pero pode ser pegañenta ao tacto.
• A cinza branca pode adherirse a ela.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 80


9. Indicadores do Patrón de Lume - Cinza Branca
Hai dous subconxuntos do indicador do patrón de lume de cinza branca. A cinza
branca causada pola exposición á calor e ás chamas, e que aínda está no seu lugar
sobre a vexetación afectada. Esta cinza é o subproduto dunha combustión máis
completa. Crearase máis cinza branca nos lados dos obxectos expostos a maiores
cantidades de calor e chamas. A cinza branca tamén pode dispersarse a favor do
vento e depositarse nos lados dos obxectos expostos a ese vento. Polo xeral, os
combustibles que se enfrontan ao lume que se aproxima aparecerán máis claros no
lado exposto e máis escuros no lado non exposto tanto nos casos de exposición
como nos de depósitos.
Patróns de Lume de Cinza Branca: Exposición
Na seguinte imaxe, Figura 51, a foto da esquerda mostra cinza branca no tronco da
árbore no lado que dá ao lume que avanza, é dicir, orientado cara a orixe do lume.
A foto da dereita mostra o lado posterior ou non exposto da mesma árbore. Ao
comparar e contrastar os dous lados opostos, pódese distinguir que o lado que mira
cara ao lume que se aproxima presenta máis cinza branca. As frechas corresponden
á dirección de avance do lume.

Figura 51. Cinza branca no tronco dunha árbore na cara orientada ao lume e na
parte traseira (lado protexido) da mesma árbore.

Dirección do Lume
Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 81


Nos herbeiros, as cinzas brancas poden ser máis notables cando se mira en
dirección contraria á orixe, cara onde vai o lume. Mirando cara atrás, cara á orixe,
a herba pode parecer máis escura ou pode ter máis cor debida á protección do lado
non exposto.

Figura 52. Fotografías nas que se comparan as cinzas brancas na herba queimada
mirando cara onde foi o lume (esquerda) e cara á orixe (dereita).

Dirección do Lume
Dirección do Lume

Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións (Exposición)


Fiabilidade Xeral: xeralmente fiable.
Posibles Excepcións: as coníferas e frondosas de cortiza fina poden mostrar máis
cinza branca no lado protexido, particularmente durante os ventos fortes *.
Permanencia do lume a longo prazo. (* N. do T.: isto débese ao abrazamento da chama
por efecto vórtice, é similar ao que acontece cos talos esponxosos de cuberta exterior fina
comentado na páxina 37.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 82


Patróns de Lume en Avance a Macroescala - Cinza Branca (Exposición)
Compare e contraste os danos nos lados opostos. Busque concordancia entre
obxectos similares e que concorden tamén coa intensidade de combustión na zona.
Na Figura 53, a cinza branca no lado exposto da árbore e a intensidade da
combustión ao redor da árbore concordan cunha área de avance do lume. Estes
dous elementos, xunto con outros indicadores do patrón de lume confirmados na
zona, proporcionan un vector de lume en avance.

Figura 53. Exemplo de lume en avance con cinza branca.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 83


Patróns de Lume en Avance a Microescala - Cinza Branca (Exposición)
Os patróns de lume a microescala de cinza branca poden estar en obxectos
relativamente pequenos. Estes efectos do lume poden estar máis preto do nivel do
chan que os patróns de lume a macroescala.
Os indicadores do patrón de lume de cinza branca a microescala creados pola
exposición á calor e ás chamas atópanse tipicamente en árbores pequenas e en
poliñas e pólas de matogueiras e árbores baixas.

Figura 54. Cinza branca no tronco dunha árbore pequena ou nova.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 84


Patróns de Lume en Retroceso a Macroescala - Cinza branca (Exposición)
Nas áreas de retroceso, xeralmente haberá menos cinza branca comparadas coas
áreas de avance. Estas áreas de retroceso poden ter unha aparencia máis escura
polos materiais queimados, ou unha aparencia de cor en comparación coas áreas
de avance debido aos combustibles non queimados. ( N. do T.: isto débese á baixa
intensidade das chamas, que non forman a típica cinza branca dunha combustión intensa nin
queiman todo o combustible ao seu paso. No exemplo da fotografía seguinte véxanse as
bandeirolas azuis ao fondo que marcan a área de retroceso do incendio.)

Figura 55. Foto que mostra a vexetación queimada máis escura e a vexetación non
queimada con cor.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 85


Patróns de Lume en Retroceso a Microescala - Cinza Branca (Exposición)
As áreas de retroceso mostran menos ou unha falta de cinza branca en
comparación coas áreas de avance. Na área de retroceso os efectos do lume de
cinza branca (exposición) atoparanse en combustibles moi finos, e en niveis que
están xeralmente no lado exposto e máis preto do chan.
A Figura 56 mostra un indicador do patrón de lume de cinza branca a microescala
na área de retroceso, causado pola exposición á calor e ás chamas. Os indicadores
do patrón de lume de cinza branca tamén poden estar en elementos aínda máis
pequenos.

Figura 56. Cinza branca nunha poliña dun lume en retroceso.

Dirección do Lume

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 86


Patróns de Lume de Cinza Branca: Depósitos
A cinza branca, dispersada a favor do vento en finas partículas, pode depositarse
en capas sobre os combustibles e obxectos incombustibles. A capa de cinza branca
xerada desta maneira denomínase xeralmente depósito de cinza branca.

Figura 57. Exemplo de depósito de cinza branca nun talo.

Cinza branca

Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións - Cinza Branca (Depósitos)


Fiabilidade Xeral: fiable en zonas do incendio en avance e laterais.
Posibles Excepcións: a fiabilidade ou presenza diminúe co tempo.
A dispersión irregular baixo condicións de vento forte e variable pode facer que a
información do vector só sexa fiable durante o tempo da variación do vento.
Xeralmente, a cinza branca xerada e soprada na zona de retroceso presentarase no
lado protexido dos obxectos*. (N. do T.: na Figura 58 pode verse un exemplo disto.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 87


Patróns de Lume en Avance a Macroescala - Cinza Branca (Depósito)
Na zona de avance, o transporte polo vento formará depósitos de cinza branca
sobre obxectos similares en amplas zonas. Busque concordancia dentro dunha área
e identifique grupos de indicadores do patrón de lume.
Patróns de Lume en Avance a Microescala - Cinza Branca (Depósito)
As áreas con concentración de cinza branca no chan son o resultado dunha
combustión máis completa dos combustibles. Estes depósitos proceden de
combustibles próximos que soportaron unha calor elevada. Cando os restos dos
combustibles próximos son escasos ou nulos, a profundidade e a cantidade dos
depósitos de cinza branca proporcionarán información sobre a carga de
combustible nesa zona e a intensidade do lume, axudando a establecer o vector.
Patróns de Lume en Retroceso a Microescala - Cinza Branca (Depósito)
Os depósitos de cinza branca poden crearse nas zonas de retroceso, pero
transportarse a favor do vento e depositarse no lado non exposto dos obxectos.
É importante determinar se a cinza branca se debe a unha combustión máis
completa na súa localización ou foi arrastrada e depositada polo vento. Como na
Figura 58*, os depósitos de cinza branca arrastrados polo vento nunha área de
retroceso estarán no lado contrario do obxecto. (*N. do T.: na foto vese que o lume non
formou cinza branca sobre o lado exposto dos talos de certo grosor pero si no combustible
fino que cubre o chan. Esas cinzas brancas do chan serán as que arrastre e deposite o vento
sobre os talos dos arbustos.)

Figura 58. Exemplo de cinza branca na vexetación arrastrada polo vento.

Dirección do Lume

Cinza branca

Dirección do Vento

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 88


10. Indicadores do Patrón de Lume - Biselado
O biselado é un patrón de carbonización cóncavo ou en forma de copa nos
extremos dos talos de herba, tocos pequenos (xeralmente son máis fiables de 25
cm de diámetro ou menos) e os extremos terminais da maleza e as pólas das
árbores (mellor de menos de 12,7 mm de diámetro). As pólas e poliñas no lado
exposto terán as súas puntas queimadas polas chamas que se achegan, deixando un
extremo redondeado ou romo. No lado oposto, as pólas e poliñas estarán expostas
ás chamas desde abaixo, ao longo da base ata o extremo terminal, creando unha
punta cónica. Por tanto, nas zonas de avance do lume, as poliñas e pólas no lado
non exposto mostrarán un extremo fortemente afiado ou cónico. As pólas no lado
exposto da maleza ou da árbore adoitan ser romas ou redondeadas.
Os pequenos tocos, os extremos terminais das pólas ergueitas e os restos de talos
de herba tamén poden mostrar unha punta afiada, co extremo afiado no lado non
exposto. O lado baixo da copa ou bisel estará orientado cara á orixe (Figura 59).
Este indicador non adoita estar asociado ás zonas de retroceso do incendio,
excepto en zonas de pendentes pronunciadas ou en condicións de vento forte.
Figura 59. Biselado nas ramas dun arbusto e nun toco.
Dirección do Lume

Dirección do Lume

As puntas das pólas parcialmente carbonizadas poden atoparse ás veces no chan,


no lado de orixe do lume, xunto aos arbustos e árbores pequenas de onde caeron
despois de seren queimadas.
Os tocos e as pólas de gran diámetro non deben terse en conta ao utilizar este
indicador debido á maior permanencia do lume nestes combustibles.
Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións
Fiabilidade Xeral: é máis fiable nas zonas de avance do incendio. A formación de
biseis non adoita estar asociada ás zonas de retroceso. Cando se atopa en zonas de
retroceso, o biselado adoita ser o resultado de ventos fortes ou dunha longa
permanencia do lume.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 89


Posibles Excepcións: en combustibles de gran diámetro, a dirección do bisel pode
ser incoherente co vector (dirección) de propagación debido ao longo tempo de
permanencia do lume e ao posible cambio da dirección do vento. Os combustibles
de pequeno diámetro poden non ser fiables cando o vento é racheado e errático. (N.
do T.: en combustibles finos abonda un cambio na dirección de vento de segundos para que
se forme un bisel, que pode non ser representativo da dirección real de avance do incendio.)

Patróns de Lume en Avance a Microescala - Biselado

• Extremos da vexetación.
• Extremo inferior da copa ou bisel sinala a procedencia do lume.
• Afiado no lado protexido.
• Romo ou redondeado no lado exposto.

Figura 60. Exemplo de extremos de poliñas afiados e romos.

Puntiagudo Romo

Dirección do Lume

Patróns de Lume en Retroceso a Microescala - Biselado


A formación de biseis non se asocia normalmente coas áreas de retroceso. Se a
formación de biseis está presente nunha área de retroceso, normalmente se debe
aos ventos fortes ou á permanencia do lume durante moito tempo.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 90


11. Indicadores do Patrón de Lume - V e U
Trátase da forma xeral de V ou U asociada á progresión típica dos incendios
forestais nas primeiras etapas do lume. As zonas de transición laterais forman o
perímetro exterior da V ou U cun vector de avance entre elas. As zonas de
transición lateral adoitan separarse máis a medida que o lume avanza, a menos que
as barreiras, os cambios de combustible ou os traballos de extinción afecten á súa
capacidade de propagación.
A área de ignición adoita estar situada nunha zona de combustión menos intensa
preto do fondo da U ou do vértice da V. Vexa e documente este patrón desde unha
perspectiva aérea, se é posible. (N. do T.: a dotación de drons ás Brigadas de
Investigación de Incendios Forestais simplifica a toma de imaxes aéreas por parte dos
investigadores e das investigadoras.)

Figura 61. Patrón de lume en forma de V.

Os investigadores e as investigadoras de incendios forestais deben recoñecer que


os dous patróns, V e U, están formados por diferentes condicións que poden
proporcionar máis pistas sobre a localización da área de ignición. Os patróns en
forma de U tenden a formarse en terreos chairos baixo condicións de vento lixeiro
ou en pendentes moderadas onde a área de ignición adoita estar situada preto dun
ombreiro do fondo da U. Un patrón en forma de U pode ser unha indicación dunha
influencia combinada de pendente e vento sobre o incendio. Os patróns de lume en
V están influenciados principalmente por ventos fortes ou pendentes pronunciadas
(ou ambos). A área de ignición adoita estar situada preto do vértice do patrón en V,
incluíndo os patróns de lume en V a microescala.
Ao determinar os límites do patrón en V ou en U, hai que ter en conta o consumo
de combustible no chan, tanto nos lugares nos que xa non existen copas das
árbores como nos lugares onde aínda se conservan. Vexa estes indicadores desde
unha combinación de perspectiva aérea e terrestre.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 91


Os límites do patrón poden non limitarse á copa totalmente consumida. Mire por
baixo do dosel para identificar o límite real do lume. A menor escala, o patrón
pode non aparecer no dosel, pero pode ser visible por baixo.
Os patróns V e U poden ser tanto a macroescala como máis pequenos. Dado que
estes patróns poden formarse en períodos de tempo máis curtos ou máis longos,
poden formarse múltiples patróns V ou U debido aos cambios de velocidade e
dirección do vento. Os cambios na pendente tamén poden afectar á formación
destes patróns.

Figura 62. Patrón de lume irregular en forma de V.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 92


Figura 63. Exemplo de como o vento ou a pendente poden ser a principal
influencia na creación dun patrón en V.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 93


A Figura 64 é un exemplo dun patrón de lume en U creado cando a carreira *
inicial inferior alcanzou unha zona chaira na ladeira e os ventos de tormenta
cambiaron momentaneamente de dirección estendendo o lume cara aos lados antes
de renovar o vector de avance cara á crista. (*N. do T.: momento de avance da cabeza
do incendio a maior intensidade e velocidade que antes e despois do dito avance.)

Figura 64. Exemplo dun patrón de lume en U.

Chaira

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 94


Sempre hai que ter en conta os efectos dos traballos de extinción, o vento e os
cambios de pendente, xunto coas barreiras naturais e artificiais, como estradas e
ríos.

Figura 65. Efectos da dirección do vento e dunha estrada no patrón do incendio.


Dir
ec
ció
n do
Ven
to

Dirección do Vento

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 95


A Figura 66 é un exemplo dun patrón en U a maior escala composto por múltiples
patróns en V creados debido aos cambios no terreo, combustibles e condicións do
vento.

Figura 66. Múltiples patróns V. (a) Patrón V que parece


outro incendio

(b) Indicadores que o


conectan co incendio

Área de Ignición

Fiabilidade Xeral e Posibles Excepcións


Fiabilidade Xeral: pode ser moi fiable.
Posibles Excepcións: debe terse en conta que as tácticas de extinción do incendio e
o comportamento do lume poden alterar a forma do patrón inicial. Algunhas das
influencias que poden afectar á fiabilidade dun indicador de patrón en V ou en U
son o material rodante, cambios de vento, cambios no tipo de combustible, focos
secundarios e barreiras naturais ou artificiais. Os patróns en V ou en U a miúdo se
apagan debido á inversión da pendente, os cambios de exposición, cambios no
leito de combustible e outros factores. O lume pode entón pasar por un período de
produción de patróns V ou U a microescala ou pode retroceder ou lateralizarse en
contra dunha pendente ou do vento. Unha vez que a pendente ou o vento cambien,
a V ou a U a macroescala pode manifestarse de novo en forma do que parece ser
un incendio diferente. É importante seguir os indicadores que conectan estes
patróns*. Poden xerarse patróns V ou U que non teñen relación inmediata coa área
de ignición*. (*N. do T.: como exemplo véxase na Figura 66: a) patrón en V á dereita e
lonxe da área de ignición e preto da crista que pode parecer un lume diferente, b) por baixo
dese patrón atópanse indicadores que o conectan co incendio principal.)

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 96


Patróns do Lume en Avance a Macroescala - V e U
Sempre hai que ter en conta os efectos das tácticas de extinción, as barreiras, os
cambios de vento e os cambios de pendente. Os patróns de lume en avance en
forma de V son os máis probables e indican un vector de incendio en avance
influenciado polo vento e/ou a pendente.
Os patróns de lume en U son máis probables en pendentes planas ou suaves ou en
pendentes máis pronunciadas onde a dirección do vento non está aliñada coa
pendente.
Cada forma pode ser unha pista sobre as forzas que influíron na propagación
inicial do incendio a gran escala.
Patróns de Lume en Avance a Microescala - V e U
Os patróns a microescala tenden a estar en áreas de menor intensidade, que a
miúdo aínda conservan un dosel sobre elas. Estas áreas a microescala V e U
defínense localizando as zonas de transición laterais preto da área de ignición
utilizando indicadores do patrón de lume individuais.
Canto máis nos acheguemos á área de ignición, máis probable será que o patrón de
lume a macroescala V ou U se converta nun patrón de lume a microescala V ou U.
Á inversa, o lume que se afasta da área de ignición probablemente creará un patrón
de lume a microescala V ou U que fará a transición a un patrón de lume a
macroescala V ou U a medida que aumente a intensidade do lume. Este aumento
da intensidade e a transición dun patrón de lume a microescala a un patrón de lume
a macroescala pode deberse a un aumento da pendente, do vento ou a un cambio
na dirección do vento, incluíndo o feito de que o lume estea baixo a influencia de
ventos no nivel superior da crista diferentes dos ventos diúrnos ascendentes de val.

PMS 412 Capítulo 1B Páxina 97


Capítulo 2 - Metodoloxía
Metodoloxía: unha metodoloxía é a aplicación sistemática (marco) de prácticas,
procedementos e técnicas (métodos) comúns ao campo da investigación dos
incendios forestais, aplicadas para resolver os problemas das condicións e
necesidades específicas dun incendio concreto. É a combinación de dous procesos,
un marco para a resolución de problemas e os métodos específicos aplicados para
recompilar datos durante a investigación dun incendio forestal.
Enfoque Sistemático: un enfoque sistemático inclúe a aplicación ordenada,
exhaustiva, metódica e regular (sistemática) de prácticas, procedementos e técnicas
específicas para a investigación de incendios forestais. Existe máis dun enfoque
sistemático para a investigación de incendios *. O marco para a resolución de
problemas, dentro da metodoloxía sistemática que se analiza nesta guía, é o
método científico utilizado nas ciencias físicas. Este marco para a resolución de
problemas proporciona o proceso organizativo e analítico desexable e necesario na
investigación exitosa dos incendios forestais. (*N. do T.: en Galicia, como método
específico de investigación dun incendio forestal, emprégase o proceso que se representa no
seguinte esquema.)

Noticia Recollida de Determinación Aplicación do


do datos históricos da xeometría Método das
incendio e meteorolóxicos evidencias físicas

Outras Hipótese Relación entre a


Delimitación da
hipóteses central proba persoal e
área de inicio
a proba material

CAUSA
Validación Testemuñas e Validación da
hipótese testemuños área de inicio
central (proba persoal)

Establecemento do Determinación do
cadro de indicadores punto de inicio e
de actividade procura do medio
(proba material) de ignición

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 98


Métodos: existen numerosos métodos que poden utilizarse dentro do marco do
método científico para levar a cabo unha investigación sistemática dos incendios
forestais. Estes métodos son a miúdo únicos para a disciplina e o escenario
específicos. O método científico é un marco que en si mesmo non proporciona nin
especifica os métodos que deben aplicarse para resolver cada problema.
Corresponde ás investigadoras e aos investigadores de incendios forestais
seleccionar os mellores métodos para aplicar ao escenario ou circunstancias
específicas. Esta guía inclúe os métodos recomendados que xeralmente se poden
aplicar á maioría das investigacións de incendios forestais.
Os métodos seleccionados que se utilicen durante a investigación dun incendio
forestal deben ser os recomendados e aceptados pola disciplina e a profesión da
investigación de incendios forestais. Non se exclúe o uso de métodos que non
fosen ensinados ou revisados pola comunidade de investigadores e investigadoras
de incendios forestais, pero deben explicarse na documentación de cada informe
de investigación xunto coas razóns para a aplicación dos devanditos métodos.
A aplicación sistemática de métodos que foron revisados por pares e aceptados
pola profesión de investigadoras e investigadores de incendios forestais reducirá o
número de impugnacións por motivos puramente de procedemento e incorporará a
cada investigación a credibilidade da comunidade investigadora de incendios
forestais.
A constante aplicación dos métodos recoñecidos utilizados durante as
investigacións de incendios forestais conduce ao desenvolvemento de bos hábitos
de investigación e á práctica de habilidades.

Aplicar un Método Sistemático


Facilita a competencia investigadora
• Axuda a evitar conclusións prematuras.
• Axuda a evitar a parcialidade.
• Axuda a evitar o uso de rumores, conxecturas e especulacións.
Facilita un enfoque coherente
• Métodos de investigación.
• Documentación completa.
• Probas válidas.
Relacionar a investigación de incendios co método científico: o método
científico non se deseñou especificamente para a investigación dos incendios
forestais, nin para a investigación de calquera delito ou infracción. Por tanto, poida
que non se adapte perfectamente a todo tipo de investigacións, pero proporciona
un marco para a resolución de problemas ao que se poden aplicar os métodos
adecuados. O método científico non exclúe o uso de métodos habitualmente
utilizados e aceptados nas investigacións policiais.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 99


O método científico é unha forma de investigación que se aplica utilizando os
procesos que se mostran na Figura 67.
Figura 67. Diagrama do método científico.

Método Científico

Recoñecer a necesidade Recoller datos


Analizar os datos
Elaborar unha hipótese
Definir o problema
Probar a hipótese

Seleccionar a hipótese final

A investigación dun incendio forestal componse en realidade dunha serie de


procesos ou partes, como a análise do patrón do incendio, determinación da orixe,
determinación da causa, secuencia de ignición. Cada proceso ou parte pódese
realizar individualmente ou en conxunto con outras partes aplicando o método
científico a cada unha delas. Isto fai que a miúdo se apliquen diferentes partes do
método científico a diferentes procesos ao mesmo tempo ou case ao mesmo tempo.
Aínda que algúns esquemas do método científico mostran un proceso paso a paso,
non debe considerarse como un proceso lineal, senón como un proceso interactivo.
A miúdo, varias partes do proceso teñen lugar ao mesmo tempo ou se repiten en
diferentes fases da investigación. Por exemplo, durante a recollida de datos, a
miúdo realízase unha análise dos mesmos en relación coa súa fiabilidade, o seu
significado e a formación dunha hipótese de traballo. Ademais, durante a
comprobación das hipóteses, poden utilizarse datos adicionais e reavaliarse os
datos existentes, o que pode dar lugar á formación de novas hipóteses.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 100


Uso do Método Científico
1. Recoñecer a necesidade: neste caso, produciuse un incendio forestal e hai que
determinar e documentar a causa para identificar os posibles responsables e centrar
os futuros esforzos de prevención. As necesidades poden ser numerosas e/ou máis
xerais, por exemplo; “A Administración necesita previr futuros incendios e para
iso debe investigar cada orixe e causa para proporcionar datos para un plan de
prevención de incendios.”
2. Definir o problema: unha vez determinado que se produciu un incendio
forestal, a Brigada de Investigación debe definir como se pode resolver o
problema. Para determinar a causa, débese realizar primeiro unha investigación da
orixe. O problema pode definirse de forma máis específica, por exemplo: un
incendio forestal acendeuse fai dez días e a área de ignición apenas está dispoñible
para examinar e investigar a orixe e a causa.
A aplicación do método científico, o recoñecemento claro da necesidade e a
definición específica do problema conducen á formación dun plan de investigación
que axudará a resolver o problema e aumentará as posibilidades de éxito. Un plan
de investigación centrarase en métodos que xeren datos empíricos (feitos). Tamén
identificará as preguntas que necesitan resposta, as fontes específicas de datos e a
forma de recollelos.
O plan de investigación pode presentarse por escrito ou comunicarse verbalmente.
No caso das investigacións extensas, recoméndase elaborar plans por escrito.
É importante que cada membro do equipo entenda cal é o plan e cal é o seu papel
na súa execución. Para coordinar e actualizar o plan nunha investigación ampliada,
unha persoa debe ser responsable de revisar todos os datos novos, transmitir a
información necesaria nas modificacións do plan e facer que a Brigada de
Investigación coñeza os novos datos pertinentes e a súa relación co plan e a
investigación no seu conxunto.
A clave é informar a todo o persoal da Brigada de Investigación e proporcionarlles
os coñecementos que necesitan para poder identificar cales son os problemas e
como se relacionan os datos/información coa investigación en xeral. Isto pode
xerar pistas e investigacións de seguimento.
Un plan de investigación establece cal é o problema, obxectivos, tarefas para
alcanzar os obxectivos, responsabilidade das tarefas e datas de entrega.
Un plan de investigación é válido ata que se recollan novos datos que indiquen a
necesidade de cambiar o plan. Ás veces, isto faise simplemente tachando unha
tarefa cando se completou e outras veces inclúe a modificación do plan para
reflectir novas pistas de investigación (tarefas) que necesitan ser asignadas a
alguén e unha data de vencemento establecida. A medida que se van recollendo
datos empíricos, o plan modifícase para reflectir a nova información obtida e as
novas necesidades de recollida de datos. Todos os plans de investigación deben
considerarse fluídos e flexibles, en lugar dun marco ríxido que non pode
modificarse a medida que cambian as circunstancias.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 101


3. Recoller datos: no mundo da investigación, os datos empíricos son
simplemente feitos baseados na observación e a experiencia que xustifican a
crenza na verdade ou falsidade dunha afirmación empírica. A definición de datos
empíricos (Merriam-Webster)* contén tres partes:
• Que se orixina na observación ou na experiencia (datos empíricos).
• Que se basea na experiencia ou na observación por si soas, a miúdo sen
ter en conta o sistema e a teoría (base empírica para a teoría).
• Capaz de ser verificada ou refutada pola observación ou o experimento **
(lei empírica).
(*N. do T.: dicionario de Merriam-Webster, considerado o dicionario en liña máis fiable dos
Estados Unidos; https://www.merriam-webster.com.) (**N. do T.: o resultado dun
experimento de ignición con certo combustible, temperatura, etc, xeraría unha lei empírica,
só válida para as condicións concretas nas que foi creada. A dita lei ou resultado do
experimento podería redactarse como; “O experimento demostra que ás 07:00 h da mañá,
cunha porcentaxe do 10 % de combustible menor de 5 mm de diámetro, 48% de HR, 13 ºC,
ausencia de vento e pendente do 2%; un lume tarda 50 minutos en establecerse -arrancar- o
que explica por que se tardou en detectalo e verifica a hora aproximada de inicio establecida
neste informe.”)
O termo feitos utilízase a miúdo nos informes de investigación para significar
practicamente o mesmo que datos empíricos. Os investigadores e as investigadoras
deben ser conscientes de que poden ser cuestionados e cuestionadas utilizando o
termo datos empíricos e deben saber o que significa.
A recollida de datos iníciase no momento da saída. A recollida e a análise de datos
adoitan ter lugar case ao mesmo tempo e en todas as fases da investigación.
Recolleranse feitos (datos empíricos) sobre o incendio. Isto non inclúe rumores,
conxecturas ou especulacións. Isto inclúe o exame e o procesamento do lugar dos
feitos, a consideración do contexto do comportamento do incendio, a entrevista a
testemuñas ou outras persoas con coñecemento, a recollida de probas físicas e os
resultados da investigación científica.
As fontes específicas de datos empíricos inclúen:
• Observacións.
• Declaracións de testemuñas.
• Probas físicas.
• Experimentos.
• Experiencia.
• Outros procesos de recollida de datos.
4. Analizar os datos: antes de utilizar os datos recollidos para formar unha
hipótese, debe realizarse unha análise de fiabilidade para asegurar que son
obxectivos e verificables (datos empíricos).
Só os datos empíricos, os que se basean na observación ou a experiencia, que son
verificables ou verdadeiros se utilizan para formar hipóteses de traballo. A
recollida de datos pode continuar durante este proceso.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 102


A continuación, realízase unha segunda análise para determinar o significado
(explicar o problema) dos datos empíricos. Todos os datos empíricos (feitos)
recollidos examínanse coidadosamente á luz dos coñecementos, a formación e a
experiencia da investigadora ou do investigador. A información subxectiva ou
especulativa non debe incluírse na análise, só os feitos que poidan probarse
claramente mediante a observación ou o experimento.
O investigador ou a investigadora debe preguntarse, os datos son pertinentes para o
caso? Se é así, que significa para o caso? Aínda que o investigador ou a
investigadora pode ser capaz de responder a estas preguntas baseándose nos seus
coñecementos, formación, experiencia e pericia, ás veces pode non ter a suficiente
cualificación para respondelas. Nese caso, solicitar a axuda dunha persoa máis
cualificada nese ámbito específico de investigación pode achegar un nivel de
análise adecuado. En moitos casos, pódese realizar unha análise inicial que será
obxecto dunha análise posterior por parte de alguén cunha maior cualificación
específica. Por exemplo, unha investigadora ou un investigador pode atopar un
condutor derrubado dentro da área de ignición do incendio e que, baseándose na
súa formación e/ou experiencia, presenta indicios relacionados cun arco eléctrico.
O investigador ou investigadora pode formarse lexitimamente unha hipótese de
traballo de que o condutor foi a causa do incendio, pero pode ser necesario que
alguén cunha titulación en enxeñería eléctrica realice máis exames e probas para
comprobar esta hipótese.
A recompilación de datos pode continuar durante este proceso, o que leva á
necesidade de realizar máis análises. O proceso de análise de datos empíricos
continúa a medida que se reciben novos datos, se validan e se comparan coas
hipóteses de traballo existentes.
A análise continua dos novos datos pode dar como resultado o reforzo ou a
modificación das hipóteses de traballo existentes, a refutación ou a exclusión das
existentes e/ou a creación de novas hipóteses de traballo.
A análise, dentro dun proceso sistemático, axuda a formar hipóteses de traballo
evitando especulacións e conxecturas.
5. Formular hipóteses de traballo: hipótese: “…unha interpretación dunha
situación ou condición práctica que se toma como base para a acción”, “unha
asunción provisional que se fai para extraer e probar as súas consecuencias
lóxicas ou empíricas”. (Merriam-Webster, sen data)
O termo hipótese de traballo denota simplemente que se recolleron suficientes
datos para considerar unha hipótese, pero non os suficientes para excluír
razoablemente o potencial doutras hipóteses ou para seleccionar unha hipótese
final. Aínda que o obxectivo é chegar a unha única hipótese final, pódense
considerar numerosas hipóteses de traballo se os datos apoian a dita creación e
consideración.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 103


Os datos empíricos recollidos utilízanse para formar hipóteses de traballo
utilizando o razoamento indutivo*. Posteriormente, os datos empíricos utilízanse
para poñer a proba cada unha das hipóteses de traballo nun esforzo por rexeitalas
utilizando o razoamento dedutivo*. (*N. do T.: os razoamentos indutivo e dedutivo son
estratexias de razoamento lóxico. Co método indutivo analizamos os datos recolleitos no
incendio e creamos teorías ou hipóteses. A dirección do noso razoamento vai do específico,
do que atopamos nese incendio concreto, ao xeral. No método dedutivo aplicamos leis ou
teorías xerais ao incendio que estamos a investigar para chegar a unha conclusión específica.
O noso razoamento vai do xeral ao específico. Por exemplo, polo xeral os lumes soen ter
maior intensidade nas ladeiras con orientación sur e comprobamos que iso é así no incendio
específico que estamos a investigar, e se non é así, indagamos o porque desa discrepancia.)
O razoamento indutivo baséase unicamente na experiencia ou nos datos empíricos,
a miúdo sen ter en conta o sistema ou a teoría. Pode verificarse ou rexeitarse
mediante a observación (máis datos empíricos) ou o experimento. O conxunto de
probas (datos empíricos) revísase e considérase utilizando o razoamento indutivo
para analizar obxectivamente os datos e formar hipóteses de traballo sobre a orixe
do incendio, a causa, a secuencia de ignición, etc.
Non se debe elaborar ningunha hipótese ata que non se recollan e analicen os
datos. Non é necesario dispoñer de todos os datos posibles antes de elaborar unha
hipótese de traballo, pero os datos utilizados deben ser fiables e adecuados para
formar unha hipótese de traballo que poida contrastarse posteriormente con todos
os datos empíricos dispoñibles. Unha hipótese formada a partir dos datos
empíricos iniciais pode ser rexeitada ou modificada posteriormente a partir de
novos datos empíricos.
Baseándose na análise dos datos, a Brigada de Investigación elabora unha ou
varias hipóteses de traballo que expliquen todos os datos coñecidos sobre a orixe e
a causa do incendio. Estas hipóteses de traballo deben basearse unicamente nos
datos empíricos que os investigadores e as investigadoras recolleron.
Se máis dunha hipótese de traballo pode encaixar con todos os datos, pode ser
unha indicación de que hai que buscar máis datos para chegar a unha única
hipótese final. Se unha das hipóteses se considera probable cando se compara cos
datos empíricos, e as outras só son posibles, entón esa é a hipótese que
probablemente será correcta. (Os termos "probable" e "posible" trataranse máis
adiante neste capítulo). Pódense desenvolver datos adicionais relevantes que
permitan unha análise máis profunda das hipóteses de traballo e/ou o seu
rexeitamento e/ou a elaboración de hipóteses adicionais.
Fontes potenciais de ignición: o tratamento das posibles fontes de ignición
atopadas nun punto de orixe e a elaboración de hipóteses de traballo deben
basearse nos datos recollidos durante a investigación, non na falta de datos dunha
causa. Case todo pode ser posible. A investigadora ou o investigador debe abordar
o que é razoable en base aos datos empíricos obtidos.
Dado que a base mesma dunha hipótese de traballo son os datos empíricos, non
existe un proceso para elaborar hipóteses de traballo en ausencia de datos que
apoien unha causa determinada. Por esta razón, a exclusión das categorías de
causas estándar non é necesaria a menos que haxa datos que indiquen que deben
terse en conta unha ou máis desas categorías.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 104


Por exemplo, se non hai unha vía férrea preto da área de orixe xeral, non é
necesario formar unha hipótese de que unha actividade relacionada co ferrocarril
poida causar un incendio. Basta con documentar a ausencia de vías férreas na
zona, sen necesidade de formar unha hipótese.
A base para a formación dunha hipótese de traballo e a determinación da causa é o
establecemento, en primeiro lugar, dunha área de inicio, unha área de ignición, e,
de existir, probas físicas dunha fonte de ignición. Hai algunhas excepcións nas que
se pode facer un caso crible sobre a causa dun incendio sen determinar a área de
ignición ou sen atopar probas físicas dunha fonte de ignición na área de ignición.
Trátase dunha excepción e adoita incluír admisións ou declaracións de testemuñas
oculares ou outros datos fiables concluíntes.
Na maioría dos casos, a determinación clara dun punto de orixe e a procura dese
punto de forma sistemática achegarán máis datos que poden proporcionar probas
máis sólidas dunha causa. Sen evidencia directa dunha fonte de ignición, o
investigador ou a investigadora pode utilizar os factores que se enumeran a
continuación para elaborar unha hipótese de traballo e emitir unha opinión de que
o incendio tivo unha causa intencionada ou accidental específica.
Os factores dunha causa intencionada inclúen:
• Área de inicio claramente definida e examinada.
• Non se atopa ningunha fonte de ignición accidental razoable tras unha
procura exhaustiva da orixe.
• Ausencia de fontes de ignición accidentais.
• Historial de incendio intencionados coñecidos e documentados na zona.
• Agrupación xeoespacial dos incendios intencionados.
• Agrupación temporal dos incendios intencionados.
• Múltiples incendios non relacionados cunha causa accidental.
• Leito de combustible modificado.
• Presenza de líquidos inflamables non asociados a outros usos.
• Localización remota fóra da vista.
• Zona de estrada con baixo risco de detección.
• Acceso bloqueado (cancela, árbore cortada, etc.)
• O acceso normalmente pechado está aberto (cancela sen pechar).
• Equipo de extinción de incendios comprometido ou inutilizado.
• Declaracións de testemuñas.
O historial de incendios intencionados na zona debe ser recente, dos últimos anos.
Aínda que dous incendios moi próximos poden ser un indicio de certo problema, é
posible que deban clasificarse como de causa indeterminada ata que se poidan
recompilar datos adicionais cos que se poida formar unha hipótese de traballo de
incendio intencionado.
As localizacións dos incendios intencionados históricos deben ser tales que, cando
se comparan co incendio que se está investigando, a localización física está preto
doutros incendios intencionados coñecidos, ou en lugares que son de natureza
similar aos doutros incendios intencionados coñecidos, creando así un grupo de
incendios similares.
A hora do día, o día da semana, os meses, etc., crean un patrón común que non
pode explicarse facilmente por coincidencia. Isto pode incluír a ausencia de
incendios durante certas horas do día, días da semana, etc.
PMS 412 Capítulo 2 Páxina 105
Os incendios múltiples non relacionados cunha causa accidental, non inclúen dúas
ou máis áreas de inicio próximas entre si que poidan atribuírse á evidencia dunha
causa accidental común. Por exemplo, os incendios múltiples ao longo dunha
estrada no mesmo momento xeralmente poden determinarse como de natureza
intencionada, excepto cando se atopen probas de partes de catalizadores na orixe
dun ou máis deses incendios.
Leito de combustible modificado significa que os combustibles na área de ignición
foron dispostos para facilitar o inicio, atraso e/ou propagación do lume.
Zona remota relaciónase coa facilidade de acceso ao lugar e ao nivel de protección
contra a detección que permite o lugar remoto.
As zonas de estrada con baixo risco de detección inclúen os inicios de incendios
nocturnos, cando o tráfico é escaso e os faros poden verse desde a distancia, ou as
partes dunha estrada que permiten a alguén apartarse ao carón dela e ver longas
distancias pola calzada cara o resto do tráfico. Isto tamén pode incluír tramos da
estrada nos que as curvas en cada extremo permiten a unha persoa expulsar un
artefacto incendiario sen ser visto polo resto do tráfico.
O acceso bloqueado inclúe calquera cousa que poida obstaculizar aos medios de
extinción de incendios durante a súa resposta. Isto pode ser causado ou
simplemente aproveitado polo responsable.
As zonas abertas que normalmente non o están indican unha entrada forzada.
Incendios que ocorren constantemente durante os períodos de extinción doutros
incendios ou cando as infraestruturas de defensa contra incendios poden ser
manipuladas para facelas inútiles para combater o incendio *. (*N. do T.: hai algún
caso en Galicia de baleirado dun punto artificial de carga, pozo, próximo ao inicio dun
incendio. Se hai un pozo preto do lugar de inicio sería recomendable inspeccionalo; se non
foi necesario o seu uso nese incendio, a sabotaxe pasará desapercibida.)
As declaracións de testemuñas inclúen as de testemuñas fiables que observan a
unha persoa ou a un vehículo de descrición similar abandonando a zona en
múltiples ocasións ou que realmente ven a alguén acender un lume ou outras
observacións directamente relacionadas. As investigadoras e os investigadores
deben evitar basearse nun só incidente dunha persoa ou vehículo que abandone a
zona, xa que a miúdo hai testemuñas que non teñen nada que ver co inicio do
incendio e que abandonan a zona sen ser identificadas.
Estes factores non son exhaustivos, pódense considerar outros factores similares
pero non deben basearse nun ou dous factores para determinar unha causa
intencionada a menos que o factor sexa significativamente inusual e non poida
explicarse claramente por mera coincidencia.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 106


Os factores dunha causa accidental poden incluír:
• Zona de orixe claramente definida e examinada.
• Non hai factores fiables de causa intencionada.
• As declaracións das testemuñas apoian unha causa específica.
• Un vídeo ou unha fotografía apoian unha causa accidental específica.
• Os datos apoian unha causa específica.
• Os datos apoian unha actividade específica que tivo lugar xusto antes do
inicio e detección do incendio.

6. Probar a hipótese: para que unha hipótese sexa válida, ten que poñerse a proba
e soportar as ditas probas sen que sexa rexeitada. Unha hipótese elaborada sen
datos empíricos de apoio non é unha hipótese válida. As probas lévanse a cabo
comparando todos os datos empíricos (feitos) e a investigación científica aplicable,
nun esforzo por ver se algunha das hipóteses pode ser rexeitada.
As hipóteses válidas son as que poden resistir probas serias cando se comparan con
todos os datos empíricos coñecidos (feitos) e os coñecementos científicos
asociados aos fenómenos específicos (Razoamento Dedutivo).
Razoamento Dedutivo
Razoamento a partir dunha hipótese para dar conta de datos empíricos,
investigacións ou resultados experimentais específicos.
• Debe apoiarse nos feitos.
• As probas poden ser cognitivas ou experimentais.
o Moitas causas de incendio probaranse cognitivamente, por
exemplo, baseándose nos coñecementos, investigación e
experiencia.
o Outras se prestarán a máis probas experimentais.

A análise clave para este proceso é, que outra hipótese podería apoiarse no mesmo
conxunto de feitos?
• Se hai hipóteses alternativas que se apoian nos mesmos feitos, é
posible que a investigadora ou o investigador non reunise suficientes
datos.
• Reunir máis datos e volver a analizar.
Este proceso de proba por razoamento dedutivo debe centrarse en tentar refutar ou
rexeitar cada hipótese.
Preguntas típicas de análises que deben considerarse:
• Ten sentido a hipótese no contexto de todos os feitos?
• Que feitos apoian/contradín a hipótese?
• Hai investigacións que apoien/contradigan a hipótese?
• Pode unha revisión por pares rexeitar/apoiar a hipótese?
• Que interpretación pode aplicar un ou unha especialista que estea en
contra para rexeitar a hipótese?
• Cales son as debilidades dos feitos da hipótese?
• Existe unha forma alternativa de interpretar os datos?
• Se é así, por que a interpretación elixida é a correcta?

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 107


Gran parte das probas realizadas centraranse en cuestións relacionadas coa orixe e/
ou a fonte de ignición do incendio forestal. Recoñécese que é imposible reproducir
as condicións exactas presentes no lugar dun incendio específico no momento da
ignición. Tamén se recoñece que as probas e os experimentos científicos
publicados adoitan abordar condicións similares pero non precisas ás presentes no
lugar dun incendio específico.
Canto menos se saiba sobre as condicións reais do lugar no momento da ignición,
máis difícil será recrear esas condicións. Por tanto, as investigadoras e os
investigadores deben esforzarse por recompilar todos os datos útiles no lugar do
suceso que sexan factibles nun esforzo por reconstruír as condicións do lugar con
fins de proba.
Exemplo: se na orixe do incendio hai agullas de piñeiro, herba seca, palla, madeira
pasmada e tamén cortiza, debe recoñecerse que cada combustible específico pode
ter unha temperatura/probabilidade de ignición diferente dada unha fonte de
ignición específica. A propensión á ignición dunha agulla de piñeiro non é a
mesma que a da herba seca, o humus ou a madeira pasmada. Por tanto, na medida
do posible, é importante identificar todos os compoñentes do leito de combustible.
O coñecemento e a experiencia relativos aos combustibles forestais e as súas
características de ignición é unha forma de probar estes combustibles en
experimentos mentais*. As probas de ignición poden realizarse especificamente en
cada un destes compoñentes, xa que a miúdo é imposible dicir cal destes
combustibles foi o primeiro en acenderse. (*N. do T.: recurso da imaxinación utilizado
en física, matemáticas, dereito, e outras disciplinas mediante o cal podemos imaxinar
situacións complexas, ou expor preguntas, ideas ou hipóteses complexas, nun contexto
comprensible. Basearase no razoamento lóxico para que sexa posible imaxinar uns resultados
coherentes de maneira que estes resultados nos permitan explicar algo.)
As probas mediante experimentos mentais poden complementarse con diversos
graos de probas físicas, ao mesmo tempo ou nunha data posterior. As probas físicas
poden realizarse, e a miúdo o serán, polo persoal do equipo de investigación de
incendios forestais ou por outras persoas máis cualificadas. Para que as probas
físicas sexan válidas, deben representar o máis fielmente posible as condicións e
circunstancias realmente presentes e probar todos os compoñentes do elemento en
cuestión.
As probas físicas dunha hipótese poden poñer en dúbida outra hipótese pero non
chegar a rexeitala. En tal caso, o investigador ou a investigadora deberá determinar
se a dúbida é o suficientemente significativa como para cambiar o seu nivel de
confianza nas súas opinións. As probas que poñan en dúbida unha hipótese tamén
deberán avaliarse en canto á súa fiabilidade, base fáctica e aplicabilidade
específica. Poden estar indicadas máis probas e/ou a recompilación de datos, pero
non poden excluír un ditame preliminar baseado en suficientes datos relacionados.
Se algunha hipótese non pode resistir este exame, deberá descartarse e deberase
desenvolver e probar unha nova hipótese. Este desenvolvemento e comprobación
pode incluír a recollida de novos datos ou a reanálise dos existentes. Todas as
hipóteses viables deben ser comprobadas desta maneira.
Se ningunha hipótese resiste o proceso de comprobación, a causa debe ser
indeterminada nese momento. Novos datos ou análises adicionais poden permitir
determinar a causa dun incendio previamente clasificado como indeterminado.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 108


7. Seleccione a hipótese final: se só unha hipótese resiste as probas, normalmente
esa hipótese convértese na hipótese final.
A hipótese final é a única hipótese que non é rexeitada polos datos ou que se
axusta aos datos ata o nivel de probabilidade. Pode haber hipóteses que sexan
razoablemente posibles e non se rexeiten, pero que os datos non apoien ata o nivel
de probable. Esta determinación é responsabilidade exclusiva das investigadoras e
dos investigadores que deben ser capaces de apoiar a devandita opinión cos datos
coñecidos.
Cando dúas ou máis hipóteses resisten as probas, débese determinar se os feitos
apoian unha hipótese como probable, por enriba doutras que só son razoablemente
posibles. Cando todas as hipóteses non rexeitadas polos datos se consideran
razoablemente posibles e ningunha alcanza o nivel de probable, a causa do
incendio debe ser catalogada como indeterminada.
Nivel de Certeza: aos investigadores e ás investigadoras de incendios forestais
pídeselles a súa opinión baseada na súa confianza nos datos, a análise dos mesmos
e a comprobación das hipóteses. Hai dous niveis de certeza, Posible e Probable.
Posible: a hipótese é factible pero non chega ao nivel de probable.
Probable: a probabilidade de que a hipótese sexa certa é superior ao 50%.
Se dúas ou máis hipóteses son igualmente probables, o nivel de certeza debe ser
posible para ambas.
Só cando o nivel de certeza se considere probable débese expresar unha opinión
cunha certeza razoable.
Seleccione a hipótese que mellor explique todos os feitos coñecidos en torno á
orixe e causa do incendio. Esta converterase na teoría do caso na que se basearán
as conclusións.
As investigadoras e os investigadores deben documentar claramente os datos que
utilizan para formar a súa opinión sobre a causa probable dun incendio. Tamén
deben prepararse para dar testemuño dos datos nos que se basearon para
determinar a dita causa.
Suposicións Prematuras: debe evitarse calquera tipo de rumbo na súa
investigación. Unha forma de facelo é seguir as pistas pertinentes sen importar
onde leven á investigación mentres empregan unha metodoloxía sistemática. Isto
permite chegar a unha conclusión final despois de considerar toda a información
pertinente razoablemente dispoñible.
Débese evitar a presunción sobre a orixe e a causa ata que se xunten todos os datos
relevantes razoablemente dispoñibles, se contrasten coas hipóteses de traballo e se
seleccione unha hipótese final.
Rumbo de Expectativa: isto é, chegar a unha conclusión sen ter en conta todos os
datos relevantes, descartar datos sen motivo ou non buscar datos pertinentes para a
investigación. Os datos obtidos que indican certas actividades ou eventos non indican
necesariamente un rumbo de expectativa. (N. do T.: o establecemento dun Cadro de
Indicadores de Actividade, habitual nas investigacións en Galicia, non significa por si só un rumbo
de expectativa nin achega conclusión ningunha; tan só axuda a crear hipóteses de traballo. Os
Cadros de Indicadores de Actividade son un rexistro das evidencias físicas e actividades humanas
na escena do incendio e proximidades.)
PMS 412 Capítulo 2 Páxina 109
Por exemplo, o feito de que unha testemuña faga unha declaración ao principio da
investigación indicando unha determinada causa potencial do incendio, non
constitúe en si mesmo un rumbo de expectativa, a menos que o investigador ou a
investigadora ignore datos obxectivos que poderían indicar outras causas
potenciais.
A formación dunha única hipótese ditada polos datos empíricos non é en si mesma
unha indicación de rumbo.
Rumbo de Confirmación: isto refírese a utilizar os datos só para probar unha
hipótese en lugar de probala e tentar refutala. Poñer a proba todas as hipóteses para
as que hai datos de apoio. Unha hipótese sen base en datos empíricos non é unha
hipótese válida.

Métodos
Chegada ao Lugar dos Feitos
A investigación comeza no momento do aviso. Certas prácticas de investigación
lévanse a cabo durante a recepción do aviso e durante o camiño ao incendio. Estas
discutiranse en combinación coa documentación das devanditas actividades no
Capítulo 5, Documentación.
Rexistre a data e a hora da súa chegada ao incendio. As condicións de cada
incendio poden ser diferentes e ditarán a orde no que se leven a cabo as seguintes
accións, pero todas elas deberían completarse pouco despois de chegar ao lugar.
Anote as súas accións.
Ao chegar ao lugar do incendio, moitas cuestións competirán pola atención e o
tempo da investigadora ou do investigador. A avaliación das necesidades e da
situación debe conducir a un plan de acción. O plan de investigación, do que se
falou anteriormente neste capítulo, adoita ser inicialmente verbal, pero pode ser
necesario amplialo a un documento escrito durante as investigacións prolongadas.
A necesidade de planificar as investigacións é constante e continua.
Baseándose no número de tarefas que deben completarse e no tempo e o esforzo
necesarios para levalas a cabo, a investigadora ou o investigador principal deberá
elaborar un plan de investigación que identifique as necesidades de recursos
adicionais, tales como outro persoal investigador de incendios, forzas da orde,
especialistas, etc. As solicitudes de recursos deberán realizarse de forma oportuna
tendo en conta o seu tempo de resposta.
Os recursos adicionais poden incluír persoal especializado que proporcione
asistencia técnica. Un investigador ou unha investigadora de incendios forestais
nunca debe dubidar en recorrer a outro investigador ou outra investigadora que
teña máis coñecementos ou experiencia nun aspecto concreto da investigación.
A investigación de incendios forestais é un campo especializado. Aquelas persoas
que non recibisen unha formación específica nin teñan experiencia na
investigación de incendios forestais non adoitan estar cualificadas para emitir
ditames sobre a orixe e a causa do incendio. Con todo, poden proporcionar datos
adicionais ao investigador ou á investigadora de incendios forestais que lle
axudarán a desenvolver unha teoría sólida sobre a orixe e a causa do incendio. O
PMS 412 Capítulo 2 Páxina 110
persoal investigador debe coñecer e seguir a política da Administración cando
solicite persoal especializado ou persoal consultor técnico.
As seguintes descricións son xerais e non deben considerarse exhaustivas.
Analista do Comportamento de Incendios Forestais: especialista cualificado ou
cualificada que pode ser capaz de elaborar información sobre a propagación
xeral do incendio. Aínda que é capaz de axudar no mapeo da progresión dun
incendio a gran escala e na localización da súa cola, a modelización de
incendios non é unha ferramenta fiable para identificar unha Área de Orixe
Xeral, a Área de Inicio, a Área de Ignición, ou a propagación inicial do
incendio desde estes lugares.
Equipos Caninos: os equipos can-adestrador/a cualificados poden axudar a
localizar áreas para a recollida de mostras, que serán analizadas no laboratorio
co obxectivo de identificar a presenza de líquidos inflamables. Outros equipos
can-adestrador/a moi especializados son capaces de rastrexar á persoa ou
persoas responsables cara a e desde a área de orixe xeral do incendio. As
investigadoras e os investigadores deben consultar cos adestradores ou
adestradoras do equipo canino antes de entrar no incendio para recibir
asesoramento sobre os posibles problemas de contaminación e lles informen
sobre a metodoloxía de uso dos cans.
Enxeñeiro/a Eléctrico/a: pode proporcionar información sobre os sistemas de
transmisión e distribución eléctrica, así como axuda para avaliar outras fontes
de ignición eléctricas.
Enxeñeira/o ou Científica/o de Materiais: pode proporcionar coñecementos
especializados sobre como reaccionan os materiais a diferentes condicións,
incluíndo a calor e o lume.
Experto ou Experta en Industria: cando a investigación se refire a unha
industria, un equipo ou un sistema especializado, pode ser necesario alguén
especialista nese campo para comprender plenamente os procesos implicados.
Asesoramento Xurídico: un ou unha fiscal ou unha avogada ou avogado da
Administración pode proporcionar a asistencia xurídica necesaria no que
respecta ás normas sobre probas, rexistros e incautacións, conseguir o acceso ao
lugar do incendio, obtención de ordes xudiciais e a preparación do xuízo.
Especialista en Xestión de Casos: nos casos de grandes incendios ou de
incendios intencionados en serie é útil contar cun especialista que organice,
catalogue, cruce e avalíe a información xerada a través da investigación e que
asesore á xefa ou xefe do equipo de investigación sobre a recollida e o
almacenamento de datos.
Especialista en Sistemas de Información Xeográfica (SIX): co crecente uso dos
datos do Sistema de Posicionamento Global (GPS) e a precisión da tecnoloxía
cartográfica do SIX, considere a posibilidade de incluír persoal especialista en
SIX no equipo de investigación para elaborar mapas do incendio e diagramas
do lugar de orixe.
Outros especialistas: en función das circunstancias particulares, poden ser
necesarios outros especialistas. Considere as condicións relativas á causa do
incendio e consulte segundo proceda.
PMS 412 Capítulo 2 Páxina 111
Siga os procedementos da Administración para xestionar que os recursos
adicionais respondan ao incendio. Se hai indicios de actividade delituosa non
relacionada co incendio, notifique inmediatamente ás autoridades competentes.
Para definir o número de investigadores e/ou investigadoras asignadas a un
incendio terase en consideración o persoal dispoñible, a complexidade, o número
de testemuñas e o tamaño da área a investigar.
Recoméndase un mínimo de dúas persoas cando se forma unha Brigada de
Investigación para algúns incendios forestais. Con todo, en ocasións, as
circunstancias poden ditar que unha soa investigadora ou un só investigador sexa
responsable de todas as tarefas da investigación.
Cando se asignan varias investigadoras e/ou investigadores a un incendio, todas e
todos deben ter claro cales son as súas responsabilidades e cales son as
expectativas de información. Corresponde á investigadora ou ao investigador
principal comunicar esta información a cada integrante do equipo.
Cuestións de seguridade: a seguridade é a primeira prioridade. Os problemas de
seguridade deben ser identificados e as mitigacións incorporadas ao plan de
investigación. As condicións do lugar dos feitos poden impedir a procura
inmediata da orixe do incendio. Se este é o caso, asegure a área xeral ou cola do
incendio o mellor posible. Outras tarefas, como a toma de datos meteorolóxicos,
identificación e interrogatorio de testemuñas, protección das probas, etc., deben
continuar no momento oportuno segundo o permitan as condicións.
Estableza o contexto do comportamento do incendio: anote o tamaño, a
dirección e velocidade de propagación, altura e lonxitude da chama, tipo, volume e
disposición do combustible, pendente e orientación na cola do incendio. Asegúrese
de rexistrar a hora das súas observacións. (N. do T.: podemos rexistrar moita
información tirando varias fotografías ou gravando vídeos curtos mesmo co noso teléfono
móbil. Parar un minuto agora pode aforrarnos horas ou días de traballo despois. As brigadas
helitransportadas soen obter fotos e vídeos dos momentos iniciais do incendio que soen
colgar nas súas redes sociais; descargue ese material da internet e pregunte se teñen imaxes
adicionais. Outros medios aéreos, helicópteros de coordinación, tamén poden ter imaxes do
sinistro.)
Rexistre as condicións meteorolóxicas: rexistre a temperatura (bulbo húmido e
seco), a humidade relativa, a velocidade e dirección do vento en graos, a
nebulosidade, etc., e obteña as lecturas meteorolóxicas do incendio tomadas polos
primeiros medios e persoal intervenientes *. As lecturas meteorolóxicas tomadas o
máis preto posible da área de orixe xeral e o máis pronto posible despois da
ignición do incendio son as máis útiles para comprender o inicio inicial e a
propagación do lume. Isto debería incluír a toma de datos meteorolóxicos nun
lugar con aspecto, combustibles, elevación, peche da copa e exposición aos ventos
similares. (*N. do T.: segundo o procedemento operativo establecido polo Plan de
prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia os primeiros medios en chegar
ao incendio informarán, entre outros parámetros, sobre a meteoroloxía no lugar. Aínda sen
dispor dos aparellos necesarios para realizar lecturas meteorolóxicas, as apreciacións como
se o vento é forte ou frouxo, a súa dirección, se hai rachas,... xa son de gran axuda para os
investigadores e as investigadoras.)

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 112


As lecturas meteorolóxicas tomadas a distancia da área de orixe xeral e/ou horas
despois da ignición e propagación inicial do incendio perden o seu valor a efectos
de comprender o inicio e propagación inicial do incendio. As lecturas das estacións
meteorolóxicas remotas representativas para o momento do inicio poden ser máis
valiosas que os datos meteorolóxicos no lugar dos feitos tomados horas despois da
ignición ou desde lugares non representativos.
As lecturas meteorolóxicas no lugar dos feitos, mesmo tomadas horas despois da
ignición, poden axudar a validar as estacións meteorolóxicas máis representativas,
comparando o tempo nun momento específico no lugar dos feitos coas lecturas
meteorolóxicas da estación. As estacións meteorolóxicas representativas deben
estar o máis preto posible do lugar dos feitos e reflectir a elevación xeral, a
orientación, a sombra e os combustibles da zona do incendio. A pesar do dito,
considere que a estación máis próxima pode non ser a máis representativa.
(N. do T.: as lecturas tomadas polos investigadores e polas investigadoras no lugar do
incendio poden dar lugar nun xuízo a preguntas tipo, Que formación ten vostede para o
manexo dos equipos empregados?, Cando foi a última calibración deses equipos? cuestións
que, se non estamos formados e formadas ao respecto, poden comprometer a investigación.
Os datos que se rexistren a pé de lume axudan a escoller a estación meteorolóxica máis
representativa das condicións na zona do incendio e, sobre todo, axudan a comprender a
evolución inicial do incendio pero, na miña opinión, non deberían presentarse nun xuízo.
Considero que nun xuízo son preferibles as lecturas das estacións meteorolóxicas.)

Zona preliminar de protección: a protección do lugar dos feitos para que non se
produzan máis danos nin contaminación é un elemento prioritario. As escenas que
xa foron danadas polos traballos de extinción ou outras actividades non exclúen a
necesidade de protexer a escena unha vez que chegue o persoal investigador.
Nalgúns casos, o persoal de extinción instruído que entende a necesidade de
protexer a área de orixe xeral ou cola do incendio xa identificaría o que cre que é a
súa localización e tomaría medidas para protexela.
A área preliminar a protexer identifícase xeralmente baseándose no contexto do
comportamento do incendio, os indicadores do patrón de lume a macroescala e as
declaracións das testemuñas. Estas declaracións inclúen a información dos
primeiros intervenientes e onde localizaron o foco do incendio, se é que o fixeron.
A investigadora ou o investigador debe comprobar a hipótese dos primeiros
intervenientes en canto á localización do foco do incendio comparándoa coas
declaracións doutras testemuñas, o contexto do comportamento do incendio e os
indicadores de lume a macroescala.
Baseándose nestes factores, a cola do incendio debe ser identificada e asegurada o
mellor posible. Esta zona pode ser pequena, uns 400 m 2 ou menos, ou pode ter un
tamaño significativo, de 2 a 20 ha ou máis, dependendo do tamaño específico do
incendio e da fiabilidade dos datos iniciais considerados.
As técnicas utilizadas para protexer esta zona variarán en función do terreo, o
acceso, as actividades e necesidades de extinción e o interese público. A cinta de
balizar e a sinalización poden non ser razoables en incendios de gran tamaño nos
que a zona da cola é superior a media hectárea e pode ser necesario dar
advertencias verbais ao persoal de extinción. Pode ser necesario considerar o
bloqueo de estradas. Se é necesario, coloque a unha persoa na zona de protección e
proporciónelle instrucións claras sobre o acceso á zona.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 113


O persoal e os medios de extinción deben ser desviados ao redor desta zona. Na
medida do posible, asegúrese de que ninguén coloque materiais estraños na zona
de protección. Cando sexa apropiado, rexistre o nome e a hora en que calquera
membro do equipo de investigación ou outra persoa entra e sae da zona de
protección asegurada. Se o incendio é tal que non é fácil localizar rapidamente
unha área de protección, na medida do posible restrinxa o acceso a unha zona máis
ampla que crea que contén a área de orixe xeral do incendio.
Testemuñas: entrevistar as testemuñas é unha compoñente clave para establecer a
zona de protección inicial e a área de orixe xeral e é moi importante para a
investigación en xeral. Débese analizar a fiabilidade das declaracións das
testemuñas e cotexalas co contexto do comportamento do incendio, cos
indicadores do patrón de lume e coas declaracións doutras testemuñas antes de
utilizalas como parte dos datos empíricos/información fáctica para formar unha
hipótese de traballo. Hai que ter en conta que varias testemuñas poden ver o
mesmo suceso desde diferentes perspectivas e que a súa comprensión dun
incidente complexo pode estar influenciada pola súa experiencia persoal,
educación e localización.
Rexistre os datos de identificación das testemuñas que poidan utilizarse para o
seguimento da investigación:
• Nomes e información de identificación, como data de nacemento,
número do DNI, dirección física, número de teléfono.
• Marca, matrícula e descrición dos vehículos na escena.
• Anote calquera comentario realizado polas persoas no lugar dos
feitos que estea relacionado dalgunha maneira co incendio.
O persoal de extinción pode proporcionar información sobre:
• Tamaño do incendio á súa chegada.
• Comportamento específico do incendio.
• Progresión do incendio.
• Estratexias de extinción.
• Condicións meteorolóxicas.
• Probas.
• Outras testemuñas.
Localización e protección das probas físicas: as probas físicas poden estar en
case calquera lugar. Unha procura razoable na zona do foco do incendio e os seus
arredores, así como nas vías de acceso ou outras zonas de posible actividade, pode
producir probas físicas que deberán protexerse e asegurarse. Isto pode incluír
zonas afastadas da orixe do incendio. (N. do T.: probablemente os medios de extinción
borrarán pegadas ou outras probas para acceder ao incendio. Revise outras vías de acceso ou
de escape na procura de posibles probas: obxectos refugados, pegadas de persoas ou de
calquera tipo de vehículo, etc.)
Zona de protección de probas: zona na que se pode esperar razoablemente que se
atopen probas, baseándose na experiencia, observación, localización e características
específicas dese incendio.
• Tanto no exterior como no interior do incendio.
◦ Mire cara arriba, cara abaixo e ao redor.
• Sexa consciente de onde pon os pés e de onde conducen e aparcan os
medios mobilizados.
• Minimice o impacto.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 114


Ao camiñar, mire antes de plantar os pés, tanto dentro como fóra do queimado.
Camiñe por onde camiñou antes sempre que sexa posible para minimizar o
impacto. Teña en conta onde aparca vostede e os demais.
Minimice o impacto de todas as actividades sempre que sexa posible. Mentres
protexe a área de orixe xeral, busque equipos, vehículos, pegadas, obxectos
refugados ou calquera outro obxecto ou impresión que poida ter valor como proba.
Non altere estes obxectos ata que fosen debidamente documentados. Sinale ou
protexa dalgunha maneira todo o que atope. As impresións de calzado na área de
orixe xeral ou preto dela deben ser protexidas e o tráfico debe ser desviado ao
redor delas.

Áreas do Incendio
A Área de Orixe Xeral pode ter desde uns poucos metros cadrados ata unha ou
dúas hectáreas. A Brigada de Investigación debe reevaluar calquera zona sinalada
polos primeiros intervenientes para asegurarse de que inclúe a probable Área de
Ignición do incendio.
Mesmo no caso de grandes áreas, existe un método sistemático para identificar a
Área de Ignición onde comezou o incendio. O comportamento do lume está
controlado pola meteoroloxía, os combustibles e a topografía, o que se coñece
como o contexto do comportamento do lume. A medida que un incendio se
despraza por unha zona, deixa distintos indicadores individuais do patrón de lume
que mostrarán a progresión do incendio. Os diversos indicadores do patrón de
lume, cando se toman xuntos, se analizan dentro do contexto do comportamento
do lume e se comparan coas declaracións das testemuñas, poden levar ás
investigadoras e aos investigadores ata a Área de Ignición.
A zona de orixe dun incendio forestal divídese nos seguintes compoñentes; Área
Global do Incendio, Área de Orixe Xeral, Área de Inicio e Área de Ignición.
Área Global do Incendio: tamén se coñece como cola do incendio. É a zona que
rodea a Área de Orixe Xeral. Esta zona debe ser o suficientemente grande como para
asegurarse de que a Área de Orixe Xeral está contida nela. A área global do incendio
está formada polo primeiro vector principal de avance do incendio e as zonas de
transición laterais asociadas. Esta zona adoita ser visible desde o aire a gran escala en
forma dun patrón de V ou U a macroescala. Continúa ata a zona dos indicadores do
patrón de lume de retroceso a macroescala. Esta é a zona na que as investigadoras e
os investigadores comezarán a súa procura da Área de Orixe Xeral.
Área de Orixe Xeral: área do incendio que as investigadoras e investigadores
poden acoutar baseándose en indicadores de macroescala, declaracións de
testemuñas e o contexto do comportamento do lume. Pode ser unha área limitada
ou de varias hectáreas, pero normalmente ten un tamaño inferior a dúas hectáreas.
O tamaño da Área de Orixe Xeral vai estar ditado polo que determinen os
indicadores, non polas posibles fontes de ignición. Unha vez que se identificou a
Área de Orixe Xeral mediante o uso de indicadores a macroescala, declaracións de
testemuñas e o contexto do comportamento do lume, pódense determinar e marcar
os seus límites. Recoméndase que a Área de Orixe Xeral sexa a zona máis pequena
que se protexa durante a investigación da escena.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 115


Área de Inicio: área máis pequena dentro da Área de Orixe Xeral onde a dirección
de propagación do incendio foi influenciada por primeira vez polo vento, o
combustible ou a pendente. A Área de Inicio é onde a zona de transición entre os
indicadores de avance e retroceso, se une aos indicadores laterais dos flancos. Na
Área de Inicio é onde os investigadores e as investigadoras observan
principalmente os indicadores a microescala e, polo xeral, teñen que poñerse sobre
as mans e xeonllos ou agacharse para observar estes indicadores e as posibles
probas.
Polo xeral, esta zona caracterízase por unha combustión de menor intensidade e
por indicadores sutís dos patróns de lume a microescala. Polo xeral, non será máis
pequena que uns dous ou tres metros cadrados, e pode ser bastante máis grande,
dependendo dos indicadores e outros factores.
Área de Ignición: área máis pequena que un investigador ou unha investigadora
poida definir, dentro da Área de Inicio, na que unha fonte de calor e o combustible
interactuaron entre si e se iniciou o lume. Na zona próxima ou na Área de Inicio é
onde aumentan as posibilidades de atopar probas físicas da verdadeira fonte de
ignición. A Área de Ignición sempre debe ser validada polos indicadores do patrón
de lume, independentemente do evidente que sexa a fonte de ignición.
Na maioría das investigacións de incendios forestais, non pode determinarse un
punto exacto onde os primeiros combustibles entraron en contacto cunha fonte de
calor e se acenderon, un Punto de Orixe. Isto débese ao feito de que desde o
momento en que se orixina un incendio, acéndese, ata o momento en que un
investigador ou unha investigadora chega á Área de Ignición, a descomposición
dos combustibles e outros elementos físicos da escena alterou ou destruíu partes da
mesma, sobre todo na microescala. Por tanto, é moito máis realista falar en termos
da zona máis pequena que pode definirse en base aos indicadores do patrón de
lume.
Punto de Orixe: o lugar físico exacto dentro da área de ignición onde unha fonte
de calor e o combustible interactúan, dando lugar a un incendio. (N. do T.: é moi
difícil establecer este punto de forma indubidable. En xeral, reservaría establecer un Punto de
Orixe concreto para os incendios nos que se atope a fonte de ignición. Reducir un lume de
varias hectáreas a, por exemplo, 5 m² -área de inicio- xa nos dá bastante información.
Reflectir nun informe un Punto de Orixe que posteriormente se demostre que non é tal, por
exemplo se o acusado ou a acusada recoñece a autoría do incendio pero sinala outro Punto de
Orixe, podería desvirtuar toda a investigación e poñería en dúbida a profesionalidade dos
investigadores e/ou das investigadoras dese incendio.)

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 116


Figura 68. Debuxo dunha Área de Ignición, Área de Inicio e Área de Orixe Xeral.

Determinación da Área de Orixe Xeral


Cando se traballa para identificar a Área de Orixe Xeral, recoméndase que a
investigadora ou o investigador de incendios forestais identifique primeiro unha
área de avance do incendio que sexa coherente coas declaracións das testemuñas e
o contexto do comportamento do lume. Esta zona adoita identificarse por unha
combustión de alta intensidade e un maior consumo de combustibles. A avaliación
da diferenza de danos entre as zonas de alto consumo de combustible e as de
menor ou baixo consumo de combustible axudará a identificar a propagación do
lume en avance, lateral e de retroceso a gran escala.
Frecuentemente, esta será a zona que mostra a combustión máis limpa, e pode
caracterizarse por un patrón clásico a maior escala en forma de V ou U. Adoita
estar delimitada en ambos os flancos por indicadores do patrón de lume lateral que
mostran un consumo menos completo dos combustibles.
Unha vez que se identificou unha zona de avance, deberían utilizarse os
indicadores do patrón de lume a macroescala e o contexto do comportamento do
lume para seguir o avance do incendio cara á súa orixe.
Hai que ter coidado de non iniciar a procura da área de orixe xeral demasiado preto
da transición dos vectores de avance e retroceso. As ignicións múltiples que
arderon nun só incendio terán múltiples zonas de avance, algunhas das cales poden
perderse se a procura dunha única área de orixe xeral se iniciase demasiado preto
da zona de transición de avance e retroceso. Se se atopa máis dunha zona de

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 117


avance dentro da zona da cola do incendio, todas deben ser rastrexadas ata a súa
orixe para determinar se se produciron múltiples acendidos ou se todas as zonas de
avance poden estar vinculadas a través dos indicadores do patrón de lume a unha
única orixe. No caso dunha única fonte de ignición, todos os patróns de avance do
lume deben conducir á mesma fonte, incluíndo ás veces as áreas de transición de
lume en avance a propagación lateral e/ou retroceso.
(N. do T.: para localizar a Área de Orixe Xeral en Galicia empréganse os Modelos
Xeométricos de Propagación expostos baixo estas liñas. En realidade trátase dunha forma de
considerar o contexto do comportamento do lume que tanto se cita nesta obra. Tendo en
conta a xeometría acadada polo incendio e as condicións do vento, pendente e combustibles,
asimilámolo a un destes oito modelos. Hai que ter en conta as labores de extinción, barreiras
e outras circunstancias que poden distorcer o perímetro ideal. O modelo seleccionado
indicaranos a localización aproximada da área de inicio. Tomando unha zona máis ou menos
ampla que englobe a esta hipotética área de inicio xa temos determinada a Área de Orixe
Xeral. Dentro desta área é onde buscamos e interpretamos os indicadores do patrón de lume,
procedemento coñecido como Método das Evidencias Físicas (MEF). A publicación orixinal
non emprega esa denominación pero os principios do MEF guían boa parte da obra.)
Modelos Xeométricos de Propagación

x x
x x
1.Pouco ou 2.Vento variable. 3.Vento ou 4.Propagación mais
ningún vento. Topografía irregular. pendente suave. rápida con vento
Terreo chan. Combustibles Distribución lixeiramente variable.
Distribución heteroxéneos. uniforme dos Pendente acentuada.
uniforme dos combustibles.
combustibles.

x
x x
6.Forte
pendente na
x
5.Dúas pendentes 7.Lume empurrado 8.Vento forte (>25 km/h).
que o material Distribución heteroxénea
separadas por rodante cae por vento forte
unha valgada. (>25 km/h) e dos combustibles.
pola pendente. Pendente forte e aparición
Vento variable. Vento forte pendente suave.
de focos secundarios.
(>25 km/h).

5 - 15 km/h 15 - 25 km/h > 25 km/h


X Punto de inicio Forza do vento

Técnicas de Investigación da Área de Orixe Xeral


Unha vez que se acoutou a área de orixe xeral utilizando indicadores de
macroescala, considerando o contexto do comportamento do lume e as
declaracións das testemuñas, é necesario identificar os límites reais da dita área. Se
existen outros recursos e están dispoñibles, por exemplo, un equipo canino ou
outros recursos humanos, estes deben ser informados sobre o plan de acción e as
necesidades antes de entrar na área de orixe xeral.
Percorra o perímetro exterior. Cando as zonas de transición, as liñas de control
ou outra información indiquen que é seguro facelo, percorra o perímetro da área de
orixe xeral dúas veces, unha en cada dirección: unha no sentido das agullas do
reloxo e outra en sentido contrario. Observe a zona non queimada e a zona
PMS 412 Capítulo 2 Páxina 118
queimada en busca de probas e combustibles de comparación. Examine e marque
os indicadores do patrón de lume direccional no perímetro da orixe xeral con
bandeirolas de cores ou outros marcadores apropiados unha vez localizados. Se se
localizan probas, protéxaas e márqueas con bandeirolas brancas. Marque o límite
da área de orixe xeral unha vez confirmada e volva avaliar as necesidades de
seguridade.
Identifique a zona de avance do incendio. Identifique o percorrido inicial que
fixo o lume dentro da área de orixe xeral. Con frecuencia, do mesmo xeito que na
zona do incendio xeral, esta será a zona que mostra a combustión máis limpa, e
pode caracterizarse por un patrón clásico a menor escala en forma de V ou U. Este
patrón en forma de V ou U a menor escala pode ser parte dun patrón V ou U máis
grande ou un patrón V ou U separado que conduce a un patrón V ou U a
macroescala. Adoita estar delimitado en ambos os flancos por indicadores laterais
do patrón de lume que mostran un consumo menos completo dos combustibles.
Entrar na área de orixe xeral. O obxectivo principal ao entrar na área de orixe
xeral é localizar a Área de Inicio e a Área de Ignición. Este proceso debe realizarse
de forma que se produza a menor alteración posible do escenario. Fotografar a área
de orixe xeral antes de entrar. Unha vez que se identificou o percorrido inicial,
débese entrar na área de orixe xeral desde a cabeza ou zona de avance da carreira;
este é o lugar que xeralmente está máis afastado da zona da presunta ignición. A
razón para entrar pola zona de avance é que os indicadores do patrón de lume son
máis obvios nesta zona e é menos probable que o investigador ou a investigadora
deixe atrás a área de inicio que se se entra na área de orixe xeral desde a cola ou
zona de retroceso.
Cada escena é única. Pode haber excepcións a esta recomendación, como os
incendios que non inclúen indicadores de avance. Por exemplo, un incendio que
arde desde unha estrada en dirección ao vento ou costa abaixo pode mostrar só
indicadores laterais e de retroceso; os incendios que se inician nunha cima ou
pico poden mostrar só indicadores de retroceso; os incendios en terreo chairo e
sen vento; os incendios que arden durante períodos de alta humidade ambiental e/
ou humidade do combustible sen influencia do vento ou da pendente. O método
recomendado para estas situacións é seguir os indicadores máis demostrativos ata
o lugar onde se xuntan. Ademais, se a área de orixe xeral se atopa nunha pendente
pronunciada na que a investigadora ou o investigador pode desprender terra e
material que pode rodar ladeira abaixo e alterar a área de inicio, entón pódese
optar por entrar pola zona de retroceso ou polo lateral da cola e traballar outeiro
arriba protexendo así a escena. Outro exemplo sería cando as características como
as estradas e outras interrupcións no combustible permiten o acceso sen deixar de
protexer a área de inicio. Anímase aos investigadores e ás investigadoras a que
utilicen a técnica que mellor protexa o lugar e a que documenten as razóns polas
que seleccionaron un método determinado.
Mentres a investigadora ou o investigador traballa cos indicadores do patrón de
lume en avance dentro da área de orixe xeral debe buscar un patrón de zona de
transición lateral mentres se achega progresivamente ao lugar de onde procede o
incendio. Débese ter coidado de inspeccionar o chan onde se poñen os pés antes da
alteración para detectar a presenza de probas e/ou indicadores do patrón de lume.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 119


Traballar na Área de Orixe Xeral

• Entrar desde a zona de avance cando sexa apropiado.


• Traballar cruzando o percorrido ata chegar á zona de transición lateral.
• Achegarse varios metros cara á orixe e volver a cruzar o percorrido de
avance ata a zona de transición lateral oposta. Repetir os pasos anteriores
ata chegar á área de inicio (Figura 69).
• Camiñar ao redor do perímetro da área de inicio unha vez en cada
dirección, tendo coidado de permanecer ben fóra da zona de retroceso
inicial, como se mostra na figura seguinte.

Figura 69. Deseño do patrón de procura na Área de Orixe Xeral para atopar a Área
de Inicio.

< > >


<
< >
>
<
< > >
< < >
>
< >
<
< Área de Inicio

U U U
U
U
U U

Identifique os indicadores do patrón de lume: marque a localización de cada


indicador do patrón de lume encontrado cun marcador visible. As bandeirolas
codificadas por cores son os marcadores máis visibles e fáciles de usar (véxase a
Figura 70).

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 120


As cores recomendadas son:
• Vermella - indicador de lume en avance.
• Amarela - indicador de lume lateral.
• Azul - indicador de lume en retroceso.
• Branca - só evidencia.
• Verde lima - elementos ou puntos de interese.
(N. do T.: en Galicia soen empregarse bandeirolas vermellas para o lume en avance, amarelas
para lume lateral e en retroceso e brancas para o punto ou puntos de inicio. Persoalmente
tamén emprego as bandeirolas brancas para marcar puntos de interese que fotografarei máis
tarde; indicadores especialmente significativos, unha especie protexida afectada polo lume,
etc.)
Utilice bandeirolas de cor verde lima para as zonas, elementos ou puntos de
interese (por exemplo, as catro esquinas da área de ignición). Explique as
bandeirolas verde lima no informe. Unha técnica suxerida é inclinar * as
bandeirolas na dirección cara á que se está propagando o lume. (*N. do T.: esta
suxestión podería aplicarse ás bandeirolas cadradas tipo alfinete como as usadas polo Servizo
Forestal dos EE.UU., como as amosadas na Figura 70. Coas bandeirolas triangulares
utilizadas en Galicia, que apuntan cara unha dirección, non é necesario inclinalas, o cal
podería ser incluso confuso.)
Figura 70. Exemplo de área de orixe xeral con bandeirolas alfinete vermellas,
amarelas, brancas e azuis que identifican os patróns de lume; e bandeirolas alfinete
verdes que identifican os elementos de interese.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 121


Traballar na Área de Inicio
A forma de realizar a procura na Área de Inicio dependerá das condicións
específicas que existan no lugar. Existen varias técnicas adecuadas para levar a
cabo unha procura nesta área. Calquera que sexa o método elixido debe reflectir un
enfoque sistemático que protexa a integridade da escena tanto como sexa posible.
Nesta sección discutiranse tres técnicas para levar a cabo unha procura que poden
ou non ser aplicables á súa escena específica. Hai ferramentas comúns que poden
empregarse segundo sexa necesario nas tres técnicas de procura, que se discutirán
despois da descrición das técnicas en si.
Antes de aplicar calquera técnica de procura na Área de Inicio, é importante que os
investigadores e/ou as investigadoras fagan o seguinte:
Identificar a área de inicio:
• Marcar o límite da área de inicio.
• Percorrer o perímetro polo menos dúas veces.
• Examinar/fotografar a área antes de entrar:
• Indicadores.
• Fontes de ignición potenciais visibles.
• Outras probas.
As tres técnicas de procura seguintes non pretenden limitar ou excluír o uso
doutras técnicas de procura sistemática aplicables:
• Técnica de procura en carrís perpendiculares.
• Técnica de procura en carrís paralelos.
• Técnica de procura en cuadrícula.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 122


Técnica de Procura en Carrís Perpendiculares
• Percorra o perímetro polo menos dúas veces e documente
fotograficamente antes de entrar, tendo coidado de non camiñar na
zona de transición dos indicadores de retroceso do lume. Considere o
uso de prismáticos para identificar e examinar os indicadores, as
posibles probas e as potenciais fontes de ignición visibles
antes de entrar na Área de Inicio.
• Na maioría dos casos, comece na zona de avance do incendio e
traballe cara á área de ignición.
• Estableza carrís un a un perpendiculares ao percorrido do incendio.
• Recoméndase o uso de cordeis e estacas de cores.
• Anchura uniforme: (30-45 cm).
• Entrar polo lado de avance do lume.
• Continuar traballando cara á orixe.
• Mova sistematicamente o cordel e as estacas cara a adiante para
formar o límite do seguinte carril. Asegúrese de que hai un
solapamento no exame de cada carril para asegurar que non se
producen baleiros na cobertura da procura.
• Cando varios investigadores e/ou investigadoras traballen de xeito
conxunto buscando no mesmo carril, asegúrese de que a cobertura de
procura se superpoña entre o persoal contiguo.

Figura 71. Técnica de procura en carrís perpendiculares.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 123


Técnica de Procura en Carrís Paralelos
• Camiñe polo perímetro polo menos dúas veces e documente
fotograficamente antes de entrar tendo coidado de non camiñar na zona de
transición dos indicadores de retroceso do lume. Considere o uso de
prismáticos para identificar e examinar os indicadores, as posibles probas e
as potenciais fontes de ignición visibles antes de entrar na área de inicio.
• Na maioría dos casos, comece na zona de avance do incendio e traballe
sistematicamente cara á Área de Inicio.
• Estableza varios carrís paralelos ao avance do incendio, cara á zona de
presunta ignición. Asegúrese de que os extremos dos carrís máis próximos
á área de inicio se estableza no verde ou ben na zona de retroceso. Non se
debe alterar a área de inicio cando se trazan os carrís.
• Esta técnica funciona ben con varias investigadoras e/ou investigadores ou
cando se traballa nunha área de inicio estreita.
• Cando varias persoas traballen de xeito conxunto buscando en cadanseu
carril, asegúrese de que hai un solapamento na cobertura da procura entre o
persoal investigador e entre os carrís contiguos. (N. do T.: nesta técnica os
carrís poden ser algo máis anchos para que os investigadores e as investigadoras
poidan moverse a gatas por el con certa folgura.)

Figura 72. Técnica de procura en carrís paralelos.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 124


Técnica de Procura en Cuadrícula
• Percorra o perímetro polo menos dúas veces e documente
fotograficamente antes de entrar asegurándose de non camiñar na zona
de transición dos indicadores de retroceso. Considere a posibilidade de
utilizar prismáticos para identificar e examinar os indicadores, as
posibles probas e as potenciais fontes de ignición visibles antes de entrar
na Área de Inicio.
• O proceso de procura ao utilizar a cuadrícula dependerá da escena.
• O tamaño dos cadrados ou rectángulos depende das circunstancias da
escena. Asegúrese de que as cuadrículas se estenden máis aló dos bordos
da área de inicio. Teña coidado ao colocar as cuadrículas para
evitar alterar a área de inicio antes da procura.
• Esta técnica é útil cando hai que documentar a localización de varias
probas ou cando se prevé recoller os restos para peneiralos ou
examinalos. Documente fotograficamente a localización das probas
dentro de cada cuadrícula e etiquéteas coa identificación da cuadrícula,
por exemplo “Cuadrícula 3A”.
• As cuadrículas deben estar numeradas e rotuladas para a súa
documentación. Vincule as probas e/ou os restos recollidos á
designación de cada cuadrícula.
Figura 73. Técnica de procura en cuadrículas.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 125


Ferramentas para Buscar nas Áreas de Inicio e de Ignición
Tanto se se utiliza unha técnica de procura en carrís perpendiculares, carrís
paralelos ou en cuadrículas, pode ser necesario aplicar as seguintes prácticas e
ferramentas.
Busque en cada carril ou cuadrícula segundo sexa necesario:
• Visualmente.
• Utilizando unha lupa se é necesario.
• Eliminar os restos lixeiros cepillando ou soprando.
• Usar unha regra para centrar a procura.
• Seguir localizando e marcando os indicadores con bandeirolas.
• Empregar a procura con imán para os metais ferrosos.
• Empregar un detector de metais para os metais non ferrosos.
• Peneirar os restos e/ou embolsar os restos para unha futura análise
cando sexa axeitado.
• Continuar ata que se identifique a área de ignición e/ou se localice a
fonte de ignición.
• Documentar e asegurar calquera evidencia.
• Continuar buscando máis aló da área de ignición ou das probas ata
que se atopen indicadores claros de retroceso.
• Documentar o perímetro da área de inicio.
• Documentar a localización/perímetro da área de ignición.
En todos os casos, continúe co patrón de procura máis aló da área de ignición.
Procura Visual e Ampliación: en cada área de inicio pode haber unha gran
variedade de condicións dependendo da intensidade do lume, combustibles
presentes antes e despois do incendio, e outras posibles variables. As variacións
dentro do leito de combustible na área de inicio poden facer necesario o uso da
ampliación nalgunhas partes da procura visual e non noutras. A ampliación pode
incluír unha lupa estándar, lentes de lectura de alta potencia ou outros dispositivos
similares.
Retire os Restos Lixeiros: hai moitas ferramentas que poden utilizarse para
mover coidadosamente os restos lixeiros durante o exame visual. Soprar
suavemente sobre os restos adoita ser suficiente para movelos e axudar ao exame.
O uso dunha xiringa de pera, ou pera de goma, é outra ferramenta comunmente
utilizada para mover coidadosamente os residuos lixeiros. Tamén se poden utilizar
pugas de recoller o pelo e pinzas, así como calquera outra ferramenta que permita
retirar coidadosamente os restos lixeiros sen causar contaminación *. (*N. do T.: por
exemplo, pinceis para residuos finos e brochas para residuos máis grosos ou compactados.)
Regra: o uso dunha regra ou ferramenta similar para realizar un seguimento visual
dentro da área de procura, e nalgúns casos para axudar a concentrarse nunha área,
axuda a realizar unha procura visual completa. A aplicación da regra ou outra
ferramenta non debe alterar ningunha zona que non fose buscada e non debe
causar ningunha contaminación da escena.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 126


Marque os Indicadores de Microescala con Bandeirolas: durante a procura
sistemática da área de inicio, as investigadoras e os investigadores tamén buscarán
indicadores do patrón de lume a microescala que axudarán a reducir a área de
inicio ata a propia área de ignición. Os indicadores de microescala deben marcarse
con bandeirolas segundo o seu vector direccional e documentarse.
Imán: recoméndase o uso dun imán do tipo “liberación por tirón” * para buscar
metais ferrosos. Anote o nome e o modelo do imán utilizado xunto coa súa forza
de tracción. Móvao xusto por enriba da superficie dos residuos nun patrón
sistemático que se superpoña para asegurar que se cubre toda a área. Recoméndase
comprobar visualmente a superficie do imán despois de cada pasada para
identificar os obxectos recollidos e a localización aproximada da súa procedencia.
(*N. do T.: ou “pull-release”, un tipo de imán que deixa de ser magnético cando accionamos
un tirador, soltándose o material recollido sen ter que tocalo.)
Unha opción cando utilicemos un imán é metelo nunha bolsa de plástico dada a
volta e con peche de cremalleira. A bolsa pode poñerse ao dereito cando se recolla
un obxecto. Deste xeito, o obxecto queda depositado dentro da bolsa como proba.
Outra forma de recoller os obxectos da superficie do imán é colocar un anaco de
papel limpo debaixo do mesmo cando se acciona o tirador de liberación, deixando
caer o obxecto sobre o papel para fotografalo e/ou colocalo nun contedor de
probas.
En calquera caso, a documentación fotográfica dos obxectos recollidos debe
facerse tan pronto como poida facerse con seguridade, podendo facerse unha
segunda vez en condicións máis favorables para obter fotografías de mellor
calidade.
Detector de Metais: utilice un detector de metais de calidade comercial para
buscar metais non ferrosos segundo sexa necesario. Utilice un patrón de procura
sistemático que se superpoña para asegurar unha cobertura completa.
Peneirar os Residuos ou Recollelos: se tomamos a decisión de peneirar os restos
en cada zona de procura, só debe facerse despois de aplicar todos os demais
procesos de procura.
Se decidimos que os residuos serán embolsados, a técnica de procura en
cuadrículas permite localizar con maior precisión de onde procede cada bolsa de
residuos. Cada cuadrícula pode ser marcada e os seus restos, na maioría dos casos,
colocados nunha soa bolsa. Non se recomendan as cuadrículas de máis de 45 cm 2,
sendo moi comúns as cuadrículas de 30 cm2. Recoméndase documentar
fotograficamente cada cuadrícula antes e despois da recollida de residuos.
O cribado ou a recollida de residuos pode realizarse só na área de ignición,
segundo determine a investigadora ou o investigador en función das necesidades
de cada lugar. É mellor peneirar/recoller unha zona demasiado grande que unha
zona demasiado pequena.
Segunda Opinión: considere a necesidade dunha investigación secundaria da
orixe e causa ou dunha segunda opinión. As situacións que poden indicar a
necesidade dunha investigación secundaria inclúen os casos importantes e/ou
cando non se atopan probas físicas da causa.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 127


Se planificamos unha investigación secundaria sobre a orixe e a causa, a orixe
debe manterse segura e o menos alterada posible. En función das circunstancias
individuais abordarase a integridade da escena, os problemas de contaminación, o
nivel de seguridade necesario e as necesidades de seguridade a longo prazo.

PMS 412 Capítulo 2 Páxina 128


Capítulo 3 - Probas na Escena do Incendio
Tipos de Probas
As probas clasifícanse en dúas grandes categorías
Directa: testemuño dunha testemuña que ve o acto. Unha testemuña observa ao
acusado ou acusada no lugar dos feitos, provocando o incendio. Tamén se poden
aplicar outros sentidos.
Circunstancial: tende a probar un feito de forma indirecta. As pegadas de
pneumáticos recuperadas no lugar dos feitos que coinciden coas do vehículo do
acusado ou acusada, ou o ácido desoxirribonucleico (ADN) recuperado dun
artefacto incendiario, son exemplos de probas circunstanciais. As testemuñas
presenciais do inicio real dun incendio forestal son pouco frecuentes e a maioría
dos casos baséanse en probas circunstanciais.
As probas clasifícanse á súa vez en varios tipos
• Testemuñais: as probas testemuñais son aquelas que son declaradas
por unha testemuña que ten coñecemento de primeira man. Este pode ser
visto ou sentido doutra forma. Por exemplo, unha testemuña viu ao
acusado acender un barril, cheirou fume, escoitou foguetes artificiais, ou
viu pegadas de pneumáticos. Os testemuños poden ser directos ou
circunstanciais.
• Reais físicas ou documentais: as probas reais físicas ou documentais son
elementos tanxibles que axudan a establecer un feito. Exemplos de
probas físicas poden ser as pegadas de calzado atopadas preto do lugar
dos feitos ou os restos dunha fonte de ignición. Exemplos de probas
documentais poden ser os permisos de queima, os mapas de propiedade
dos terreos e as redes sociais.
• Demostrativas e Judicial Notice*: son exemplos de probas
demostrativas as maquetas, cadros e axudas gráficas. A Judicial Notice
refírese a certos feitos que xa están ben establecidos e son comúns e de
coñecemento verificable. (*N. do T.: no sistema xudicial americano refírese a o
recoñecemento dun feito por parte do órgano xulgador sen necesidade de
probas de apoio xa que non é razoablemente discutible.)

Admisibilidade das Probas


Relevancia: as probas deben ter algunha conexión cos feitos do caso e deben ser
pertinentes para as cuestións do xuízo. Tamén debe axudar ao xuíz ou xuíza a
probar os feitos en disputa.
Autenticación e Identificación: para que as probas se consideren fiables, deben
ser competentes* e a autenticación debe establecer que se trata do mesmo
elemento recollido pola investigadora ou polo investigador do incendio. Ademais,
os rexistros e testemuños deben establecer que o elemento de proba non foi
manipulado, alterado ou contaminado. (*N. do T.: son competentes as probas que o
xulgador ou a xulgadora dos feitos admite por consideralas relevantes, apropiadas e
necesarias para probar un feito, ou que serven de ligazón co asunto que debe probarse.)

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 129


Métodos para Garantir a Competencia das Probas: para garantir que se
proporcionen probas competentes ao xulgador ou xulgadora dos feitos, é necesario
establecer a custodia e o control exclusivos nun lugar seguro mediante un rexistro
escrito completo da cadea de custodia.
As probas poden ser admisibles sempre que se obtiveran legalmente nunha ou
máis das seguintes circunstancias:
• Área non privada - Probas en campo aberto ou terreos públicos.
• Plain view* - Recoñecida inmediatamente como incriminatoria,
observada por un funcionario que estaba legalmente presente.
• Circunstancias Esixentes - Existen circunstancias de emerxencia
que poderían causar a destrución ou a perda das probas.
• Consentimento - Cando hai unha expectativa de privacidade, unha
persoa que ten un maior control sobre a área a ser rexistrada pode
dar o seu consentimento ás autoridades.
• Abandono - Proba abandonada polo propietario, non se
recomenda, é difícil establecer como proba, consulte cos fiscais.
• Orde xudicial (penal ou administrativa) - Orde xudicial pola que
se ordena ao investigador ou á investigadora que busque e incaute
obxectos específicos. É o mellor método.
(*N. do T.: a doutrina estadounidense do Plain view, ou Plain View Doctrine, que podemos
traducir literalmente como “Doutrina da plena vista”, permite que se poidan incautar aqueles
elementos delituosos distintos aos buscados nunha entrada ou rexistro legal sen necesidade
dunha nova autorización xudicial. A xurisprudencia española asimilou o Plain view ao de
“flagrancia delituosa” do noso ordenamento xurídico.)
Na maioría das investigacións de incendios forestais, os investigadores e as
investigadoras poden recuperar a maioría das probas de zonas privadas en virtude
da Plain View Doctrine e/ou de circunstancias excepcionais.

Referencias Legais ás Probas


Michigan contra Tyler
No caso Michigan contra Tyler (Tribunal Supremo dos EE. UU., 1978) os
bombeiros investigaron un incendio mentres aínda estaba ardendo. Volveron entrar
no edificio á mañá seguinte, tras unha interrupción temporal por motivos de
seguridade e visibilidade, e atoparon probas de que o incendio fora intencionado.
Seguiron entrando durante as seguintes semanas. As probas foron impugnadas
alegando que a reentrada era inconstitucional. O tribunal ditaminou que as dúas
primeiras mañás foron entradas legais. As entradas posteriores consideráronse
ilegais e as probas excluíronse.
Como resultado, o Tribunal Supremo dos EE.UU. estableceu a autoridade legal
para que os investigadores e as investigadoras realicen unha procura sen orde
xudicial en busca de probas da orixe e a causa dun incendio, baseándose en
cuestións de seguridade pública e circunstancias excepcionais.
• O Tribunal sostivo que, mentres un incendio segue ardendo e
está baixo o control dos bombeiros, é razoable entrar sen orde
xudicial para determinar a causa do incendio.
• Pódense incautar as probas que estean á vista.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 130


• As interrupcións temporais debidas a perigos, mala visibilidade,
etc., permiten volver entrar sen orde xudicial dentro “dun período
de tempo razoable” (non hai unha norma clara).
• En ausencia dunha “esixencia de proporción suficiente”, a
reentrada debe realizarse con consentimento ou mediante unha
orde xudicial.
Se un investigador ou unha investigadora de incendios forestais debe volver ao día
seguinte, recoméndase que faga asinar ao propietario ou propietaria un formulario
de consentimento de entrada. Consulte coas forzas de seguridade ou coa fiscalía
acerca das prácticas e consideracións relativas aos terreos privados e públicos, e ás
cuestións relativas á propiedade.

Michigan contra Clifford


No caso Michigan contra Clifford (Tribunal Supremo dos Estados Unidos, 1984),
os investigadores chegaran cinco horas despois de que os equipos de extinción
abandonasen o lugar do incendio nunha residencia privada.
Os investigadores atoparon probas na área de orixe de que o incendio fora
intencionado e probas adicionais nunha zona moi afastada da orixe. Os
investigadores non obtiveran ningunha orde nin consentimento para o rexistro. O
rexistro foi declarado inconstitucional e concedeuse unha motion to suppress. (N.
do T.: literalmente “moción de supresión”. No sistema americano é unha solicitude á xuíza
ou ao xuíz, antes do xuízo, solicitando que se exclúan as probas obtidas ilegalmente.)
A raíz do caso Michigan contra Clifford, o tribunal definiu con maior precisión os
parámetros legais relativos á legalidade dunha investigación sobre a orixe e a
causa levada a cabo tras o cesamento dunha emerxencia ou de circunstancias
excepcionais. O rexistro no lugar do incendio foi declarado inconstitucional e
concedeuse a motion to suppress ao determinar o tribunal que xa non existían
circunstancias excepcionais no momento en que se accedeu ao lugar.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 131


Procedementos de Recollida e Conservación
Sempre que sexa posible, se deben utilizar luvas de látex limpas cando se
manipulen ou se traballe con elementos de proba.

Obxectos non fráxiles por causa do lume


Os obxectos que están menos suxeitos a danos pola calor, as chamas ou cando se
recollen son:
• Fragmentos de metal.
• Partículas de catalizadores.
• Escoura de soldadura.
• Ferraxes de liñas eléctricas.
Procedementos de recollida
• Recoller con coidado e colocar nun cartafol de papel dobrado.
• Colocar nun contedor ríxido.
• Envolver en algodón para evitar que os bordos fráxiles se rompan.
• Selar e etiquetar.

Obxectos fráxiles por causa do lume


Os obxectos que son facilmente susceptibles de ser danados pola calor e as chamas
e que poden ser facilmente danados ou destruídos polos traballos de extinción e/ou
durante o proceso de recollida son:
• Restos de cigarros.
• Mistos.
• Escoura de bengalas.
• Restos de foguetes artificiais.
• Artefactos incendiarios.
• Carbono do tubo de escape.
Procedementos de recollida
Algúns elementos poden recollerse coidadosamente a man.
• Colocar nun leito de algodón nun contedor ríxido.
• Selar, etiquetar e levar en man ao laboratorio.
• Consulte co laboratorio se non está seguro de como empaquetar
correctamente calquera elemento de proba.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 132


Técnica de levantamento da zona basal
Técnica utilizada para evitar que se danen os elementos fráxiles durante a
recollida. Utilice unha pa ou paleta limpa e un anaco fino de chapa flexible. Limpe
as ferramentas con materiais de limpeza autorizados entre cada recollida.
• Marcar unha liña arredor do obxecto, a través da cinza e o humus ata a
terra.
• Deixe un bordo de varios centímetros ao redor do obxecto ao trazar a dita
liña.
• Traballar coa pa ou a paleta na terra, arredor e por debaixo do obxecto, ata
liberar o terrón de terra e cinza co obxecto.
• Deslizar a chapa metálica debaixo e levantar o terrón intacto.
• Colocar a chapa e o terrón nun recipiente acolchado de algodón do tamaño
adecuado.
• Selar, marcar e levar ao laboratorio.

Figura 74. Técnica de levantamento da zona basal.

Liña arredor
do obxecto

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 133


Residuos líquidos inflamables
Indicadores
• Signos evidentes de remolques e patróns de vertedura, empozamento,
combustión profunda, chamuscado e emborrallado.
• Forte cheiro a gasolina e/ou gasóleo, pero o queroseno desodorizado *, o
líquido para acendedores, o alcol e outros poden non ser detectables polo
cheiro. (*N. do T.: queroseno cun contido aromático do 0,0001% polo que apenas
cheira. Emprégase como combustible en estufas, disolvente de graxas para a
limpeza de ferramentas e motores, tratamentos sanitarios en apicultura, etc.)
Técnicas de procura
• Busque nas zonas do perímetro.
• Utilice un equipo canino (K-9)* adestrado ou un detector de hidrocarburos
portátil para detectar líquidos inflamables. (*N. do T.: coñécense así aos “cans
policía” nos EE.UU. Enxeñoso nome orixinado pola pronuncia en inglés americano
do K [kei] e do 9 [nain] que xuntos soan igual que canino [kei-nain]).

Figura 75. Can e adestrador.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 134


Lugares de mostraxe
• Tome mostras nos lugares onde o K-9 ou o detector rexistren un aviso.
• Tome unha mostra de comparación nunha área onde non se rexistrase unha
lectura positiva.
Zonas con maior probabilidade de ter líquido inflamable residual.
• Zonas de menor intensidade do lume debido a unha vexetación máis lixeira
e en zonas onde o líquido pode estar protexido da calor.
• Humus profundos e compactos, troncos e tocos pasmados que non se
consumiron completamente.
• Zonas de vexetación escasa ou chan espido.
• Cantidades detectables de residuos de hidrocarburos poden permanecer no
chan durante longos períodos despois do incendio; con todo, a acción
microbiana pode degradar a mostra rapidamente.
Procedementos de recollida
• Recolla o chan, madeira ou vexetación presuntamente carbonizadas e
colóqueas nunha lata metálica limpa (non vidro) ou noutro recipiente ou
material de envasado aprobado.
• Encha a lata co material a non máis de 2/3 da súa capacidade.
• Evite a contaminación directa e cruzada.
• Limpe as ferramentas de recollida con materiais de limpeza aprobados
entre cada mostra.
• Teña dispoñible unha lata ou material de envasado novo e sen usar para a
mostra de comparación para o laboratorio.
• Se tarda máis de varias horas en levar a mostra ao laboratorio, as mostras
deben conxelarse.
• Débense recoller todos os envases atopados preto ou no lugar do incendio.
• Se aínda hai líquido presente, verta unha pequena mostra (200 cc/ml, un
vaso aprox.) nun recipiente limpo cun selo hermético, non engomado.
• Sele e marque o recipiente e léveo en man ao laboratorio. Se van pasar
varias horas, gárdeo nun lugar fresco.
• A maioría dos laboratorios de criminalística poderán illar os líquidos
inflamables mediante análises de cromatografía de gases/espectrometría de
masas (CG/EM) e outras probas.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 135


Armas de fogo
• Nunca envíe unha arma de fogo cargada a un laboratorio a menos que se
entregue en persoa e coa aprobación previa do laboratorio.

Probas de proxectís
• Se está aloxado en madeira ou outro material, é aconsellable deixalo alí.
• Se un proxectil pode limparse, non o intente; envíese así ao laboratorio.
• Envólvao por separado nun cartafol de papel, colóqueo sobre un acolchado
de algodón nun recipiente ríxido, séleo e márqueo.
Caixas de cartuchos
• Envolva cada cartucho nun feixe de papel separado e séleo nun contedor
ríxido separado.
• Sele e marque debidamente.
• Se é necesario comparalos cunha arma de fogo, envíe ambas probas ao
laboratorio.

Impresións de Calzado e Pneumáticos


Procedementos de recollida:
• Fotografar utilizando un trípode para colocar a cámara directamente sobre
a impresión. Utilice un obxectivo normal (50 mm).
• Coloque unha escala lineal á beira e no mesmo plano que a impresión.
• Axuste a apertura focal en f/16 ou f/22 para unha maior profundidade de
campo.
• Fotografar co flash desde diferentes ángulos, entre 15 e 45 graos.
• Tome varias fotos, mova o flash dous ou máis ángulos con respecto á
impresión.
• Realice o molde con xeso dental.
• Unha vez feito o molde, non o limpe.
• Envólvao nun pano de papel, con sucidade e todo, e colóqueo nunha caixa
acolchada de algodón, empaquéteo ben, séleo e márqueo debidamente.
• Polo xeral, as impresións de zapatos deben moldearse.
• O moldeado dunha impresión de pneumático é problemático:
• Difícil facer coincidir as impresións cun pneumático individual.
• O esforzo que supón é importante.
• Moitos laboratorios de criminalística prefiren a documentación
fotográfica das impresións de pneumáticos.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 136


Figura 76. Moldeado da impresión dun zapato usando pedra dental.

Do mesmo xeito que con todos os tipos de probas que se presentarán a un


laboratorio para a súa análise, póñase en contacto co laboratorio antes de que as
necesiten e coñeza os seus métodos preferidos de recollida.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 137


Impresións Dixitais
As probas de impresións dixitais latentes * poden permanecer despois dun
incendio. Recuperáronse pegadas de envases de bebidas, envoltorios de alimentos,
paquetes de cigarros, vexetación e dispositivos incendiarios. Os laboratorios tamén
recuperaron con éxito o ADN (ácido desoxirribonucleico) das impresións dixitais.
Non dea por sentado que o incendio fixo que as probas de pegadas latentes sexan
irrecuperables. (*N. do T.: pegadas non perceptibles a simple vista e formadas pola suor
das xemas dos dedos.)
Procedementos de recollida:
• Manipular o obxecto de maneira que non se lle engadan pegadas
adicionais; deben utilizarse luvas de látex ou nitrilo.
• Empaquetar os obxectos nunha caixa de maneira que non rompan nin
roden. (N. do T.: tampouco debe tocar as paredes da embalaxe, por exemplo, unha
caixa de cartón resistente.)
• Non empaquete as probas de impresións dixitais en bolsas de plástico. (N.
do T.: os compostos orgánicos da pegada fermentarían e se destruiría a proba.)

Probas de ADN
Nunca se debe pasar por alto a posibilidade das probas de ADN. Os recentes
avances na recuperación e a análise do ADN aumentaron a probabilidade de obter
ADN identificable, mesmo en obxectos danados pola calor. O pelo, o sangue, o
seme, os aceites epidérmicos e a saliva son fontes potenciais de probas de ADN.
Teña en conta todo co que se poida entrar en contacto, como envases de bebidas,
roupa, dispositivos de mistos ou alimentos.
Procedementos de recollida:
• Recoller os obxectos que se cre que conteñen probas de ADN coa man
enguantada ou con ferramentas limpas, utilizando luvas novas e unha
ferramenta limpa para cada mostra recollida.
• Se o obxecto ten sangue, seme ou saliva húmidos, débese secar ao aire
antes de empaquetalo.
• Empaquete o obxecto en papel limpo ou en sobres cos bordos selados: non
utilice plástico.
• Envíeo ao laboratorio de criminalística canto antes.
• Se ten algunha dúbida, póñase en contacto co laboratorio criminalístico
para que lle indiquen o procedemento correcto de recollida e embalaxe.

Probas diversas
Outros tipos de probas poden ser:
• Transferencias de pintura.
• Manchado de sangue.
• Cabelos e fibras.
• Fragmentos de vidro.
• Terra.
• Marcas de ferramentas.
• Rastros.
• Rastros de K-9 (evidencia de cheiro).

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 138


Rastros: atópanse en cantidades pequenas, pero medibles. Exemplos: pelo, fibras,
sangue ou terra. As probas olfactivas inclúen os lugares onde os suxeitos estiveron na
escena ou nos seus arredores.

Fotografía
As fotografías proporcionan unha representación visual do lugar do incendio.
As fotografías deben ser unha representación clara e exacta da escena.
As fotografías son o mellor método para reproducir calquera escena e poden
rexistrar os feitos con máis precisión que unha descrición de palabra. A
documentación fotográfica da escena tratarase con máis detalle no Capítulo 5,
Documentación. As fotografías poden ofrecer as seguintes vantaxes:
• Presentar os feitos e as circunstancias físicas de forma visual.
• Preservar graficamente as probas perecedoiras.
• Permitir a consideración das probas que non poden ser transportadas á
sala do tribunal, debido á súa inmobilidade, tamaño, peso, etc.
• Verificar o seu testemuño.
• Revelar feitos ou probas que poida pasar por alto.
Kit de Cámara
• Cámara dixital (recoméndase unha cámara de reserva).
• Obxectivo macro.
• Obxectivo gran angular.
• Obxectivo zoom.
• Trípode.
• Flash extraíble.
Directrices para a Fotografía
Antes de movela: as probas deben documentarse fotograficamente no lugar onde
se atopan. Esta documentación debe incluír fotos que mostren o lugar no que se
atopa a proba en relación con outras características clave da escena e fotografías en
primeiro plano que mostren detalles do elemento que se vai a recoller e a zona
inmediata que o rodea. As probas deben fotografarse cunha escala moi cerca dela,
tendo coidado de non tocar nin contaminar o elemento de proba.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 139


Figura 77. Proba con escala para mostrar o tamaño do obxecto.

Durante a recollida: pode ser útil documentar fotograficamente o proceso de


recollida das probas, o que pode facerse tanto con fotografías como con vídeos.
Esta documentación pode incluír os métodos utilizados para a recollida, as
ferramentas empregadas e o contedor utilizado, incluídas as marcas no contedor
que identifican o elemento de proba.
Despois da recollida: cando sexa seguro facelo, e cando sexa necesario, poden
tomarse fotografías de mellor calidade dun elemento de proba unha vez que este
fose trasladado a un lugar seguro. Pódese utilizar papel de fondo azul para colocar
o elemento de proba e obter un mellor contraste. Estas fotografías poden incluír
elementos de proba de comparación sempre que se evite a contaminación cruzada.
As fotografías deben parecer naturais ao ollo, tomándoas á altura dos ollos para
obter unha visión xeral de toda a escena; a cámara debe colocarse como unha
testemuña presencial observaría a escena. A fotografía debe ofrecer unha
representación clara e precisa da escena ou do obxecto. A menos que se tomen
fotografías de primeiro plano de probas pequenas ou de indicadores, xeralmente se
debe utilizar un obxectivo de 50 mm, que é o máis próximo ao ollo humano. Isto é
importante se as fotografías se utilizan posteriormente nun proceso xudicial.
• Empece a fotografar canto antes.
• Cree un rexistro fotográfico.
• Rexistre o tipo de equipo, película e/ou medio de almacenamento
utilizado.
• Numere e describa cada fotografía.
• Facer máis fotos é mellor que non facer suficientes.
• Non escriba nas fotos.
• As fotos deben ser unha representación exacta e clara da escena.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 140


• Estableza a relación posicional entre o investigador ou a investigadora que
toma a foto e o obxecto ou obxectos.
• Documente os puntos desde onde se tiraron as fotos nun diagrama
fotográfico cos símbolos apropiados.
Os tipos de fotografías, os rexistros fotográficos e a fotografía xeral da escena
trataranse no capítulo 5, Documentación.

Videografía
A videografía pode proporcionar imaxes xerais do lugar do incendio,
complementar as fotografías, documentar as entrevistas e os interrogatorios, e
documentar as operacións de vixilancia. Non se recomenda utilizar exclusivamente
o vídeo sen acompañar con fotografías fixas. Teña en conta os comentarios que
faga durante a gravación en vídeo de calquera aspecto da investigación.
Temas a gravar en vídeo:
• O incendio en curso nas primeiras fases.
• Transeúntes e vehículos na zona do incendio.
• Traballos de extinción do incendio relevantes para a investigación.
• Vistas aéreas que documenten a dirección de propagación do incendio
desde a área de orixe xeral.
• Puntos de vista das testemuñas.

PMS 412 Capítulo 3 Páxina 141


Capítulo 4 - Declaracións e Entrevistas de
Testemuñas
Xeneralidades
As probas físicas só poden achegar unha parte da investigación global *. Nalgún
momento pode ser necesario entrevistar a testemuñas, vítimas ou individuos
sospeitosos. As entrevistas poden engadir peso e significado ás probas. Os
investigadores e as investigadoras deben realizar as entrevistas de maneira
profesional. (*N. do T.: as probas físicas constitúen o que chamamos proba material. A esta
parte da investigación uniránselle entrevistas, interrogatorios e declaracións; a chamada
proba persoal.)
Unhas técnicas de entrevista deficientes poden comprometer a investigación.
Como investigadora ou investigador de incendios forestais, pode entrevistar as
testemuñas. Coñeza a política da Administración respecto a realización de
entrevistas a testemuñas.
A calidade das técnicas de entrevista rexe a calidade da información que se obterá.
A entrevista pode ser unha ferramenta importante para levar a cabo a investigación
xeral. Poida que só teña unha oportunidade de facelo ben, así que fágao ben á
primeira! PLANIFIQUE E PREPARE A ENTREVISTA. As investigadoras e os
investigadores que realicen entrevistas deberán buscar formación presencial
adicional específica sobre técnicas de entrevista.
Normalmente, as entrevistas deficientes ou incompletas requirirán unha entrevista
de seguimento que esixe atopar e contactar coa persoa para volver entrevistala o
que significa, ao final, máis traballo que se se fai ben á primeira.
O investigador ou a investigadora debe elaborar e manter unha lista de testemuñas.
De existiren, siga as directrices e o formato da Administración. A lista de
testemuñas proporcionará información para a súa inclusión no plan xeral de
investigación e para a creación das tarefas correspondentes.

Entrevista vs. Interrogatorio


Unha entrevista pode describirse como “unha conversación cun propósito”. No
caso da investigación dun incendio forestal, o propósito é a recompilación de datos
para axudar á formación e selección dunha hipótese que explique onde se iniciou o
incendio (área de ignición), que o iniciou (fonte de ignición) e como se iniciou
(secuencia de ignición), incluíndo a identificación da parte ou partes responsables.
As entrevistas son un interrogatorio detallado de alguén polas que se obteñen
declaracións relativas á investigación. A maioría dos interrogatorios de testemuñas
non requiren unha advertencia sobre o dereito para evitar a autoincriminación,
como a Miranda Warning. (N. do T.: ou “Advertencia Miranda”, na xustiza
estadounidense consiste en informar ao detido ou á detida dos seus dereitos, ao igual que
ocorre no noso país. En España estes dereitos recóllense no artigo 520 do Real Decreto do 14
de setembro de 1882, aprobatorio da Lei de Axuizamento Criminal.)
A sentenza do caso Miranda contra Arizona define o interrogatorio en xeral como
calquera pregunta directa sobre o delito que se investiga. Tamén calquera palabra
ou acción por parte da policía, que o policía debería saber que era razoablemente
probable que obtivese unha resposta incriminatoria do sospeitoso ou sospeitosa.
PMS 412 Capítulo 4 Páxina 142
Os requisitos legais de Miranda inclúen o interrogatorio da persoa sospeitosa por
parte das forzas da orde en relación cun delito que puidera cometer, e o suxeito
está ou podería percibir razoablemente que está baixo custodia.
As investigadoras e os investigadores de incendios forestais que non son axentes
da paz* están xeralmente exentos de dar a Advertencia Miranda sempre que non
estean a traballar baixo a dirección dun axente da lei ou como axente deste. (*N. do
T.: nos EE.UU. un axente da paz é un funcionario público con certos poderes para facer
cumprir a lei e manter a paz social, incluído o poder de realizar arrestos. Poderiamos asimilar
esta figura coa de Axente da autoridade que ostentan os investigadores e as investigadoras de
incendios forestais, con autoridade para practicar detencións. Nese caso e en cumprimento do
estipulado polo artigo 520 da Lei de Axuizamento Criminal, debemos informar ao detido ou
á detida dos feitos que lle atribuímos, das razóns motivadoras da súa detención e dos seus
dereitos.)
As investigadoras e os investigadores deben seguir as directrices da
Administración, se as houbese, en relación co interrogatorio dos suxeitos.
A principal responsabilidade dos investigadores e das investigadoras é establecer a
orixe, a causa e a secuencia de ignición do incendio. Durante este proceso pode
xurdir a necesidade dun interrogatorio. Os investigadores e as investigadoras
deben considerar a posibilidade de solicitar un investigador ou unha investigadora
cualificada das forzas e corpos de seguridade cando a situación dite que se necesita
un maior nivel de experiencia ou especialización *. Teña en conta as complexidades
legais e estratéxicas que poden ir máis aló da súa formación e experiencia. (*N. do
T.: por exemplo no interrogatorio dun ou dunha menor de idade.)

PMS 412 Capítulo 4 Páxina 143


Testemuñas
Na maioría dos casos as testemuñas poden ser:
• Testemuña voluntaria (informa do incidente).
• Testemuña inconsciente e voluntaria (viu/oíu algo pero non se deu
conta de que había un delito).
• Testemuña remisa (non quere participar por diversas razóns).
• Testemuña hostil (non quere falar con vostede).
• Primeiros intervenientes (bombeiros forestais, motobombistas, etc.)
• Persoas que se atopan no lugar.
• Parte denunciante.
• Parte informante.
• Propietarios/as.
• Recreacionistas.
• Usuarios/as de recursos locais.
• Traballadores/as da zona.
• Persoal aéreo, vixías.
• Transportistas.
As testemuñas vense afectadas por numerosos factores físicos e emocionais que
poden maquillar e cuestionar a información proporcionada aos investigadores ou
ás investigadoras. Entre eles atópase a atracción visual que exercen as chamas para
moitas testemuñas no canto da zona queimada. As emocións poden facer que unha
persoa dea información prexuizosa, minta ou esqueza os acontecementos. A
iluminación, a distancia do incidente ou as limitacións físicas poden dar lugar a
unha interpretación inexacta dos acontecementos observados. Explora todas as
circunstancias que rodean ás probas recollidas sen guiar nin incitar á testemuña.
Ten en conta que a testemuña pode ver algo que non pode explicar, xa que non
coñece a terminoloxía precisa da investigación de incendios forestais, ou pode
aplicar os termos de forma diferente. Ver lume desde a súa perspectiva pode
significar só fume visto na distancia, en lugar de fume ou chamas especificamente.
Necesitas que sexa a súa historia non influenciada por ti.

Declaracións Voluntarias
Polo xeral, as persoas que se atopan no lugar dos feitos farán unha declaración
escrita de forma voluntaria, pero poden ser reticentes a facelo máis adiante.
Nalgúns casos, farán declaracións verbais voluntarias non solicitadas. As
investigadoras e os investigadores deben pedir a estas persoas que anoten da súa
propia man calquera observación ou outro coñecemento que estean dispostas a dar.
O investigador ou a investigadora pode axudar ao suxeito a redactar a declaración
escrita. Faga que a testemuña revise e recoñeza as correccións (poña as súas
iniciais). Inclúa a hora de inicio e fin da entrevista. Cando escriba ou redacte unha
declaración da testemuña para ela, asegúrese de que pode ler e escribir o que
vostede escribiu. Faga que a testemuña firme a declaración escrita. A firma da
declaración demostra a propiedade persoal. A declaración orixinal debe
conservarse no arquivo da investigadora ou do investigador principal do equipo.

PMS 412 Capítulo 4 Páxina 144


Para obter declaracións voluntarias pódense utilizar as seguintes directrices:
• Faga que a persoa escriba os feitos con detalle.
• Se é posible, proporcione á persoa un certo grao de privacidade,
para que poida facelo sen interrupcións.
• A declaración debe lerse á testemuña.
• Faga que a persoa numere, date e asine cada páxina.
• O investigador ou a investigadora debe poñer as súas iniciais en
cada páxina.
• Asegúrese de obter todos os datos de identificación da testemuña.

Entrevistas
Definición: unha entrevista é o interrogatorio consentido dunha testemuña.
Diferénciase dunha declaración voluntaria en que a investigadora ou o
investigador fai preguntas específicas á testemuña sobre o incidente en lugar de
pedirlle que escriba unha declaración voluntaria. Unha declaración de versión pura
debería ser o primeiro paso dunha entrevista real.
Unha declaración de versión pura consiste en obter a declaración da testemuña sen
contaminala coas túas palabras. Hai que deixar que conte a súa historia sen a
influencia de quen a entrevista. O suxeito debe falar entre o 70 e o 90 por cento
durante esta fase de recompilación de información da entrevista. Esta é a arte da
escoita activa.
O propósito dunha entrevista é establecer, de forma non acusatoria, un rexistro
permanente do recordo da testemuña. Pode provir das testemuñas, vítimas,
informantes (ás veces de individuos sospeitosos) ou de calquera persoa que poida
ter probas ao redor das circunstancias do incendio, co obxectivo final de obter
información útil. Isto é o Quen? Que? Por que? Onde? Cando? Como? do
incidente. É unha oportunidade para pescudar o que cada testemuña ten que
achegar á investigación.
As entrevistas poden ter lugar en varias contornas. No campo, nun vehículo, nunha
oficina, na casa das testemuñas, todos son lugares potenciais para unha entrevista.
O investigador ou a investigadora debe tentar realizar as entrevistas en privado e
en lugares coa menor cantidade posible de distraccións e as mellores condicións
para a gravación, en caso de gravar a entrevista. Negocie coa testemuña o lugar da
entrevista para asegurarse de que satisfai as súas necesidades de privacidade.
Nestes casos, pode chamar por teléfono e decidir reunirse a unha hora e nun lugar
onde se garanta o anonimato da testemuña.
Na medida do posible, a testemuña non debe sufrir molestias. Se a testemuña quere
ter unha reunión á primeira hora da mañá porque lle convén a ela e ao seu horario,
fágao. Isto tamén demostrará que vostede ten interese na súa información e que
respecta os seus desexos, establecendo así certa confianza. O obxectivo final é
reforzar na testemuña tanto a importancia de cooperar como o feito de que pode ter
información crítica que é importante para resolver o delito.

PMS 412 Capítulo 4 Páxina 145


A entrevista pode ser breve ou durar horas, dependendo do alcance da información
que a persoa poida ter. As entrevistas iniciais adoitan durar entre 20 e 40 minutos,
pero a investigadora ou o investigador debe tomarse o tempo necesario para obter
toda a información que o tempo lle permita. Sempre que sexa posible, as
entrevistas deben ser realizadas por investigadores ou investigadoras que
comprendan a investigación e o comportamento dos incendios, ou en combinación
con outro investigador ou outra investigadora que si comprenda estes extremos. Os
investigadores e as investigadoras deben informar ao entrevistador ou á
entrevistadora que non teña coñecementos prácticos da investigación de incendios
sobre as preguntas que debe facer e as declaracións clave que debe escoitar.
Os investigador e as investigadoras deben tratar de reducir as distraccións así
como controlar a entrevista, pero evitando unha actitude autoritaria ou prepotente.
Deben procurar establecer unha relación ou confianza e evitar as présas cando sexa
posible. As testemuñas poden proporcionar estimacións, pero non se lles debe
animar a que adiviñen.
As testemuñas deben entrevistarse canto antes. Se é posible, evite que as
testemuñas falen do que viron ou oíron con outras testemuñas.
Entrevístese en privado e por separado (non se fagan entrevistas en grupo). A
información obtida dunha testemuña non debe discutirse con ninguén que non teña
un dereito lexítimo a saber. A información obtida das testemuñas debe rexistrarse
mediante:
• Notas da entrevista tomadas polos investigadores e polas investigadoras
que se reduzan posteriormente a un rexistro formal da entrevista, ou
• Unha declaración preparada e asinada pola testemuña ou pola
entrevistadora ou entrevistador, ou
• Unha gravación en cinta ou dixital que se transcribe posteriormente, ou
• Unha combinación destes métodos, aconsellable nalgunhas situacións.
Independentemente de como se rexistre a información, o informe final da
entrevista debe conter o nome, dirección, datos de identificación e número ou
números de teléfono da testemuña. Siga a política da Administración en canto a
formularios, formato e uso de dispositivos de gravación.
Se é necesario entrevistar a menores, debe estar presente durante a entrevista o pai,
nai ou titor/titora. Os investigadores e as investigadoras deben respectar as leis así
como a política da Administración en relación coas entrevistas a menores. Tamén é
unha boa norma ter a outra persoa presente como testemuña durante a entrevista
dun ou dunha menor.
As testemuñas afectadas polo alcol ou as drogas deben entrevistarse máis tarde. As
testemuñas enfadadas ou hostís poden converter a entrevista nun encontro máis
agresivo. Faga que lle acompañe alguén máis durante estes contactos.
Os suxeitos que non falen ou entendan o galego ou o castelán necesitarán un
tradutor. As persoas con problemas mentais poden requirir técnicas especiais de
entrevista e asistencia. Considere a posibilidade de obter axuda.

PMS 412 Capítulo 4 Páxina 146


Coñeza o protocolo da Administración, de habelo, para entrevistar a persoas do
sexo oposto. Polo xeral, no caso dun home que entrevista a unha muller testemuña,
debe estar presente -preferiblemente- unha investigadora ou -se isto non é posible-
outro investigador.

Directrices para a entrevista


• Identifíquese.
• Explique o propósito da entrevista.
• Rexistre a información de identificación e contacto, dirección física e
postal, número de teléfono de contacto, utilice o nome legal *. (*N. do T.:
ou nome de identificación oficial. Xeralmente o primeiro nome legal dunha
persoa é co que se rexistra o seu nacemento, e que aparecerá despois no seu
certificado de nacemento.)
• Se non ten teléfono, pregunte se hai unha persoa e un número de
teléfono no que poida deixar mensaxes.
• Pídalle á testemuña que lle conte o que viu.
• Pida á testemuña que recree mentalmente as circunstancias, o mellor é
unha liña de tempo cronolóxica.
• Deixe que a testemuña conte a súa historia sen interrupcións, de
principio a fin. Non tome notas nin faga preguntas, só escoite o relato e
observe á testemuña.
• Non dirixa á testemuña en ningunha dirección nin lle obrigue a
permanecer nun tema.
• Se a testemuña se desvía da investigación, pódense intercalar preguntas
curtas para que volva ao tema.
• Pregunte á testemuña se ten fotografías ou vídeos do incidente. (Sobre
todo no seu teléfono).
• Que a testemuña conte a historia por segunda vez.
• Tome notas (mesmo se está a gravar a entrevista).
• Pídalles que fagan unha pausa ou repitan se necesita poñerse ao día na
toma de notas ou non entendeu un comentario.
• Faga preguntas específicas sobre os puntos clave que a testemuña non
proporcionase voluntariamente ou se non entendeu algún punto.
• Utilice preguntas abertas.
• Evite as preguntas negativas, como "Supoño que non lembra que
levaba posto, verdade?"
• Non guíe á testemuña, como”Conducía unha camioneta vermella?”
• Pódense intercalar preguntas para que a testemuña volva á pista.
• Rexistre as expresións visuais e auditivas.
• Anote as preguntas que o suxeito fai ao entrevistador.
• Resuma e repase os puntos importantes.
• Considere a posibilidade de levar á testemuña de volta ao lugar dos
feitos.
• Se a testemuña é capaz e está disposta, pídalle que prepare unha
declaración escrita.
• O investigador ou a investigadora pode escribir a declaración pola
testemuña, se é necesario.
• Faga que a testemuña revise, corrixa, firme e date a declaración.
Asegúrese de que sabe ler.

PMS 412 Capítulo 4 Páxina 147


• Asegúrese de que a testemuña poña as súas iniciais nas correccións.
• A investigadora ou o investigador tamén debe poñer as súas iniciais en
cada páxina.
• Cando cumpra, faga que a testemuña debuxe un esbozo que mostre
onde estaba en relación co que observou. Investigue iso con fotografías
do punto de vista da testemuña.
• Agradeza á testemuña a súa axuda.
• Facilite os seus datos de contacto por se a testemuña lembra calquera
outra información importante.
Evite
• Ter présa.
• Ter unha actitude autoritaria ou prepotente.
• Utilizar preguntas capciosas.
• Facer preguntas compostas.
• Utilizar preguntas que provoquen respostas curtas.
• Interromper á testemuña.
• Preguntas negativas.
• Dirixir á testemuña en calquera dirección ou forzarlle a permanecer nun
tema.
Se a testemuña viu o incendio en si, pregunte detalles específicos como:
comportamento do lume ao chegar, tamaño do perímetro do incendio, localización
exacta, dirección do vento e calquera cambio de dirección, cor do fume e cambios
de cor, material que ardía (por exemplo, herba, matogueira, madeira). Teña en
conta que moi a miúdo as testemuñas diranlle o lugar onde viron as chamas, e
crerán firmemente que foi alí onde comezou o incendio. Cando pregunte polo
tamaño do lume, teña en conta que, pola contra, a testemuña probablemente falará
do tamaño da columna de fume ou do tamaño das chamas. Se houbo varios
incendios, pregunte o tamaño das columnas de fume para axudar a determinar a
secuencia de ignición.
Ao final da entrevista, pregunte: “Hai algo máis importante que se nos pasou por
alto ou que non me contou?” ou “Que máis debería preguntarlle que non lle
preguntei?” e “Quen máis pode saber algo?”. Resuma as declaracións da
testemuña para ela, repáseas e reafirme as respostas clave. Faga preguntas
específicas sobre os puntos clave que a testemuña non proporcionase
voluntariamente. Deixe a súa información de contacto e anímelles a chamar se
teñen máis información.
A investigadora ou a investigador debe resumir os puntos clave de cada entrevista
no seu caderno de campo e proporcionar un informe á investigadora ou ao
investigador principal sobre a información recompilada.
Non se debe descartar que durante ou despois da entrevista unha testemuña pase a
ser sospeitoso ou sospeitosa.

PMS 412 Capítulo 4 Páxina 148


Posibles fontes de información
Partes informantes: a persoa que avisa do lume pode ver o incendio nunha fase
temperá e pode proporcionar información valiosa que axudará a determinar a área
de orixe xeral. As súas observacións son importantes porque a investigación da
orixe pode limitarse á zona queimada no momento do relato. Tamén poden
corroborar a información obtida doutras testemuñas. Con todo, hai que ter en conta
que, en ocasións, esta persoa pode ser tamén o/a responsable do incendio.
Persoal do ataque inicial: o persoal do ataque inicial (cuadrilla, motobomba e
axente director de extinción) desempeña un papel fundamental ao realizar
observacións durante o traxecto e ao chegar ao lugar dos feitos. Os membros
destes medios poden proporcionar información valiosa sobre a área de orixe xeral,
a zona que xa se queimou antes da súa chegada, comportamento do lume,
identificación de persoas e vehículos na zona, meteoroloxía, peches e cancelas
danadas, elementos de potenciais evidencias físicas e outras condicións anormais.
Ademais, os recursos do ataque inicial poden documentar as tácticas de extinción
iniciais, incluíndo o lanzamento de auga e retardante, localización das liñas de
control e/ou liñas de mangueira e, o que é máis importante, calquera operación de
contralume. Calquera persoa que participe na extinción do incendio pode ter unha
cámara ou un teléfono e pode tomar fotos ou vídeos. Póñase en contacto cos
recursos do ataque inicial e pida fotos xunto coa hora e a data reais desas fotos *.
Tome nota de se a hora e a data son exactas ou se están equivocadas. (*N. do T.: se
accedemos ás fotos e vídeos orixinais poderemos consultar os metadatos asociados sobre a
data e hora e comprobar se están xeorreferenciadas.)
Recursos aéreos: os equipos aéreos poden realizar os mesmos tipos de
observacións que os equipos de terra no que respecta a posible zona de orixe,
dirección de propagación do incendio e persoas ou vehículos que abandonan a
zona. As fotografías do incendio tomadas polo persoal da tripulación aérea a
miúdo resultan moi valiosas para mostrar as zonas queimadas, a dirección de
propagación e a intensidade. Comprobe se os primeiros medios aéreos en chegar
tomaron fotografías e/ou vídeos.
Outras Testemuñas: as testemuñas poden proporcionar información sobre
vehículos ou persoas descoñecidas que poidan estar na zona. Tamén poden
proporcionar información sobre o estado do incendio, como as condicións do
fume, a intensidade, a velocidade de propagación e as condicións meteorolóxicas.
Tamén poden tomar fotografías ou gravar vídeos. (N. do T.: facendo unha busca xeral
pola internet, ”incendio AND nome do lugar”, pódense atopar fotografías ou vídeos cos que
non contabamos.)
Nunha situación na que sexa necesario levar a cabo múltiples entrevistas nun curto
período de tempo, por exemplo, se un incendio se iniciou xunto a un cámping
cheo, considere seriamente a posibilidade de solicitar recursos adicionais para
axudar coas entrevistas. Como mínimo, obteña a identificación básica e a
información de contacto antes de que as posibles testemuñas abandonen a zona
para poder entrevistalas máis adiante.
Non comparta as súas opinións sobre o que viu no incendio nin a información
sobre a persoa ou cousa que puido inicialo con ninguén máis que cos funcionarios
que necesitan ter a dita información. Lembre que o seu traballo é recoller
información, non dala.

PMS 412 Capítulo 4 Páxina 149


Capítulo 5 - Documentación
O obxectivo da documentación durante a investigación dun incendio forestal é
crear unha representación exacta da investigación con suficiente detalle para
describir os resultados e explicar as conclusións. En poucas palabras, trátase de
memorizar os feitos, permitindo aos investigadores e ás investigadoras lembrar e
comunicar as súas observacións nunha data posterior.
Os datos e a documentación de campo constitúen a base do expediente da
investigación. O punto máis importante é a necesidade de documentar o que se
observa, se oe ou se fai, e manter esta documentación nun lugar facilmente
accesible para a súa consulta e elaboración posterior.
Os procedementos administrativos ou xudiciais dun incendio poden abarcar un
período de moitos anos. A documentación é un proceso crítico que permite ás
investigadoras e aos investigadores refrescar a súa memoria e prestar testemuño. A
documentación tamén permite que os novos membros dunha Brigada de
Investigación fagan un seguimento do traballo dos membros anteriores, permite
unha revisión experta da investigación, así como a defensa, a revisión pericial e a
revisión por pares da investigación.
A fiscalía baséase na documentación da investigación para case todas as súas
accións nun caso. Os intereses de terceiras partes, incluídos os cidadáns e as
cidadás que poidan alegar danos ou prexuízos polo incendio, poden basearse na
documentación da investigación para conseguir unha indemnización. As
administracións utilizan a documentación da causa do incendio e a secuencia de
ignición para tomar medidas administrativas, de prevención de incendios ou de
cobro.

Documentación - Terminoloxía
Recoméndase que as investigadoras e os investigadores de incendios forestais
utilicen a terminoloxía proporcionada nesta guía, como Área de Orixe Xeral, Área
de Inicio e Área de Ignición, e sexan coherentes cos significados ensinados nesta
guía, mesmo en notas, esbozos, diagramas e informes. Se un termo non se utiliza
no contexto recomendado, ou se se utiliza outro termo que pode non resultar
familiar a quen deba ler o informe, debe definirse ese termo no informe para maior
claridade.

Formas de Documentación
A documentación do lugar dos feitos divídese en cinco categorías principais e pode
adoptar diversas formas:
• Notas de campo escritas.
• Entrevistas/declaracións (gravadas e escritas).
• Fotografías/vídeos/metadatos/rexistro fotográfico.
• Esbozos/ diagramas.
• Informes escritos.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 150


Os investigadores e as investigadoras poden utilizar varias combinacións destes
métodos para documentar a escena.
O grao en que unha investigación necesitará diferentes tipos e niveis de
documentación depende das características específicas de cada incendio.
Todos os tipos de documentación, utilizados por separado ou en combinación,
axudan a relacionar os datos e os feitos da investigación. A fotografía básica de
todas as escenas lógrase mediante o uso de cámaras dixitais amplamente
dispoñibles hoxe en día. A fotografía inclúe as propias fotos, os metadatos
adxuntos e os rexistros fotográficos. Os esbozos son de natureza aproximada e
serven para orientar a quen le o informe e para documentar a localización dos
elementos de interese para a súa posible inclusión posterior nun diagrama. A
documentación dos esbozos e diagramas pode incluír puntos fotográficos, patróns
de lume direccional, vectores de propagación do lume, localización de probas e
medicións.
As medicións dos elementos de interese e as súas características poden
documentarse mediante múltiples métodos, como as notas de campo, os esbozos e
as fotografías. As notas de campo constituirán a base de calquera informe final
escrito e poden apoiarse no uso de fotografías, esbozos, declaracións de
testemuñas, etc. Os rexistros de probas axudan a documentar os detalles da
localización, recollida e almacenamento das probas. As declaracións das
testemuñas poden documentarse en formularios específicos da Administración.

Documentación - Notas de Campo


A toma de notas de campo é un proceso continuo e permanente que inclúe
información asociada ás cinco categorías de documentación. Comeza coa
recepción da asignación e continúa mesmo despois do propio traballo de campo, e
pode incluír unha cronoloxía de accións e acontecementos. A recollida de datos
adoita comezar no momento en que se recibe o aviso. (N. do T.: segundo o Pladiga as
Brigadas de investigación mobilizaranse para a extinción dun incendio só no caso de ser
necesarias. A pesar diso e se é posible, acudiremos igualmente ante un aviso de incendio, o
que observemos e anotemos axudaranos no momento de abordar a súa investigación. Unha
actitude proactiva faranos máis eficientes no noso traballo.)
Os elementos que poden documentarse nas notas de campo durante a recepción da
asignación do incendio ou alarma inclúen: cando o chamaron por primeira vez,
quen ou como lle notificou a asignación e que lle dixeron, cando chegou ao
incendio, canto tempo tardou en chegar, que roteiro seguiu para chegar e cal era a
natureza da tarefa asignada. Considere a posibilidade de facer preguntas durante
esta fase para iniciar o proceso de recollida de datos. Por exemplo, a hora á que se
informou por primeira vez do incendio, o nome da parte informante e a
información de contacto, a información das testemuñas e os recursos do primeiro
ataque no lugar dos feitos.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 151


As notas deben ser:
• Lexibles, non só para ti senón tamén para calquera outra persoa que
necesite lelas.
• Deben conter palabras completas para evitar malentendidos.
• Breves. Utiliza frases curtas. Evita as frases longas e confusas que
poidan confundir ao lector.
• Descritivas. Utilice palabras que describan realmente o que ve. Por
exemplo, escriba misto queimado en lugar de obxecto queimado. A
miúdo, os esbozos serán valiosos para complementar as descricións
escritas.
• Precisas. As notas deben ser precisas en canto á hora, data, nomes,
direccións, condicións meteorolóxicas, descrición do lugar dos
feitos e descricións físicas dos vehículos, incluídos o número de
serie* e a matrícula, e os bens ou propiedades. Tamén deben incluír a
localización no mapa e as medidas. (*N. do T.: tamén chamado número de
chasis ou de bastidor ou número de identificación do vehículo, VIN vehicle
identification number. Consiste nun código alfanumérico único para cada
vehículo que o identifica a nivel mundial. Localizámolo normalmente cerca da
esquina inferior esquerda do parabrisas, fronte ao volante. Tamén pode estar
nun dos piares da porta do condutor ou gravado no chasis, ben no motor ou ben
no maleteiro, ou baixo as alfombras dianteiras do habitáculo.)
• Feitos. Deben reservarse as súas opinións persoais ou conclusións non
baseadas nos datos obxectivos. Non é aconsellable incluílas nas súas
notas.
• Completas. Responde as preguntas: Quen? Que? Cando? Onde? Por
que? Como?
No momento da asignación: obteña toda a información posible sobre os
antecedentes que o despachador lle poida dar. O lugar pode determinar a
necesidade de equipos especializados. Anote o día, a data e a hora do incendio. A
antigüidade da escena pode influír na planificación da investigación. Identifique a
parte informante e os seus datos de contacto.
Determine cal é o seu ámbito de traballo e a súa autoridade. Sexa consciente do
alcance da súa autoridade e non asuma ningunha autoridade máis aló do obxectivo
requirido.
Dirixíndose ao lugar dos feitos: cun incendio activo, na medida do posible,
documente o tráfico de radio relativo á localización do incendio, acceso,
comportamento, tamaño, dirección de propagación e outros datos pertinentes. As
observacións das operacións de extinción, estado dos roteiros de acceso e saída,
cancelas, vehículos na zona, testemuñas, actividades na zona, columna de fume,
tamaño do incendio, cor do fume, dirección de deriva do fume, condicións do
vento, probas e calquera cambio que se produza co tempo poden ser importantes
para a investigación do incendio e deben documentarse. O investigador ou a
investigadora pode ser interrogado ou interrogada en relación coas observacións
iniciais e ter que declarar sobre elas.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 152


Ao chegar ao lugar dos feitos: hai varias funcións básicas que se adoitan realizar
en cada investigación dun incendio forestal. Entre elas atópanse:
• Coordinación xeral da investigación.
• Examinar os indicadores do patrón de lume.
• Procura no lugar dos feitos.
• Tomar fotografías.
• Tomar notas.
• Cartografía/diagramas.
• Entrevistar as testemuñas.
• Recollida e conservación de probas.
Cada función pode asignarse a un membro da Brigada de Investigación ou un pode
ser responsable de varias funcións, pero todos e todas deben saber quen realiza
cada función. As asignacións funcionais deben estar documentadas.
Se se activa unha Brigada de Investigación por un incendio, antes da investigación
deberá celebrarse unha reunión informativa na que se describan os obxectivos da
mesma e quen será responsable de levar a cabo as tarefas asociadas. Débese
informar ao equipo sobre o estado da escena e as precaucións de seguridade
necesarias. A seguridade dos e das integrantes da Brigada de Investigación é
primordial, documentar as sesións informativas de seguridade.
Tan pronto como sexa posible, a Brigada de Investigación debe documentar a súa
hora de chegada e onde está a arder o lume, o que pode axudar a determinar a área
de orixe xeral. Isto pode incluír o tamaño, área de lume activo, localización ou
delimitación, traballos de extinción, dirección de propagación, intensidade do
lume, combustibles, topografía, meteoroloxía e outras observacións que axudarán
ás investigadoras e aos investigadores a establecer o contexto do comportamento
do lume necesario para determinar a área de orixe xeral.
Non asuma que outra persoa anotou esta información antes da súa chegada. Non
confíe en que os equipos de extinción lle proporcionen esta información porque a
maioría dos recursos de extinción estarán centrados nas súas tarefas e poida que
non vexan o panorama xeral.
Tan pronto como sexa posible, deben tomarse lecturas meteorolóxicas. O propósito
destas lecturas é proverse das condicións meteorolóxicas máis precisas no lugar de
orixe do incendio ou preto del, e no momento máis preto posible da ignición.
Resumindo, as lecturas deben tomarse o máis preto posible do lugar e da hora de
orixe. Pode ser útil tomar tamén lecturas do vento e outras condicións
meteorolóxicas ao longo das cristas próximas á orixe para proporcionar datos
sobre a progresión a gran escala do incendio e as condicións do vento nas cristas.
Débese documentar o lugar onde se toman as lecturas meteorolóxicas utilizando o
GPS ou outros medios. O valor das lecturas meteorolóxicas no lugar dos feitos
pode diminuír a medida que pasa o tempo despois da ignición.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 153


Con todo, os investigadores e as investigadoras deben tomar datos meteorolóxicos
no lugar dos feitos, mesmo cando cheguen máis tarde. Estes datos posteriores
poden ser representativos e/ou poden utilizarse para comparar coas estacións
meteorolóxicas remotas automatizadas (RAWS) para determinar que estación pode
ser máis representativa das condicións que se dan no lugar dos feitos.
Os investigadores e as investigadoras deben coñecer a súa autoridade legal para
acceder ao lugar dos feitos se este non é de propiedade pública. (N. do T.: a Lei
3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,
establece no seu artigo 48.6 que, se é preciso para a extinción dun incendio, os medios de
extinción poden entrar en predios forestais, agrícolas e gandeiros, aínda sen contar coa
autorización do propietario ou da propietaria. Se non é para a extinción, como no caso dunha
investigación, a dita lei non establece nada ao respecto.)
Deben tomarse medidas para asegurar e preservar o lugar dos feitos ata que se
libere a escena. Para iso poden utilizarse unha gran variedade de medidas de
seguridade. A investigadora ou o investigador debe seleccionar o método que
mellor se adapte ás condicións específicas de cada incendio. As notas de campo
deben incluír a documentación das medidas empregadas para garantir a seguridade
da escena. Isto debería incluír calquera acción para protexer unha área maior que a
área de orixe xeral e/ou o acceso restrinxido a unha área maior que a área de orixe
xeral. Poden aplicarse varios métodos para asegurar a zona: dependendo do lugar,
pódese marcar a zona con cinta de balizar, colocar persoal de seguridade ou
establecer peches que restrinxan o acceso. Cada acción debe documentarse en
canto á hora e o lugar.
Unha vez que a investigadora ou o investigador, utilizando os patróns do incendio,
o contexto do comportamento do incendio e as declaracións das testemuñas,
determine unha zona razoable que probablemente teña dentro dos seus límites a
área de orixe xeral, deberá organizar as necesidades de protección da escena e
documentalas como notas de campo. Como mínimo, esta documentación debe
incluír o método, a hora e a zona protexida. Se se considera apropiado, pode
manterse un rexistro da escena que rexistre a todo o persoal que entre nela.
Determine e documente que tipos de accións de extinción de incendios e outras
actividades xa tiveron lugar dentro da zona a protexer para determinar que
alteracións ou perturbacións existen ou que influencia tiveron os traballos de
extinción na progresión e os patróns do incendio.
Unha vez identificada a área de orixe xeral, debe documentarse nas notas de
campo a metodoloxía usada para examinala podendo incluírse detalles dos
procedementos concretos utilizados para atopar indicadores. Tamén se poden
anotar os patróns de procura utilizados na área de inicio. Todo isto seguirase
documentando a medida que se identifique e procese a área de inicio e a área de
ignición. As notas de campo para a área de orixe xeral, a área de inicio e a área de
ignición deben incluír as categorías de indicadores identificadas, os indicadores
modelo utilizados, as probas localizadas e os signos ou indicios do comportamento
do lume localizados. Estas notas deben ser o suficientemente completas como para
demostrar que os indicadores utilizados son fiables e permitir que as
investigadoras e os investigadores poidan dar testemuño deles en procedementos
posteriores.
Non hai unha secuencia establecida de cando se debe documentar a área de orixe
xeral. Algúns investigadores e algunhas investigadoras poden preferir documentar
PMS 412 Capítulo 5 Páxina 154
(fotografar, medir, debuxar, etc.) os indicadores a medida que os atopan, mentres
que outros e outras prefiren localizar todos os indicadores e logo volver atrás e
documentalos sistematicamente. Esta segunda secuencia permite seleccionar os
mellores indicadores unha vez que se identificaron todos os indicadores e permite
alcanzar e protexer antes a área de ignición.
A primeira secuencia (documentar segundo se atopan) debe considerarse se hai
preocupacións específicas sobre a posible destrución do indicador ou indicadores e
non hai razón para crer que a área de ignición será alterada durante o atraso
causado polo proceso de documentación. Tamén pode terse en conta o ángulo do
sol ao tomar fotografías dos indicadores e programar a secuencia de
documentación fotográfica cando se dispoña da mellor luz solar ou tomar máis dun
conxunto de fotografías.
Cando sexa oportuno, empece a anotar as cousas inmediatamente en lugar de
tentar recrear máis tarde o que ocorreu.
O mantemento das notas de campo pode ser unha práctica específica da política da
Administración. Se é o caso, consulte e siga os seus protocolos para a
conservación das notas.

Documentación - Entrevistas e Declaracións


As formas de documentación para as entrevistas e/ou declaracións inclúen:
• Notas.
• Declaración escrita (asinada).
• Entrevistas gravadas.
• Memorando da entrevista.
• Vídeos.
• Documentos de apoio.
As notas relativas a unha entrevista, xunto con calquera audio e vídeo, deben
conservarse segundo a política da Administración.
Para documentar o seu recordo sobre unha entrevista, as investigadoras e os
investigadores poden recorrer á declaración escrita realizada polo suxeito, que
pode combinarse co memorando da entrevista.
Calquera dos elementos mencionados anteriormente, ou todos eles, pasan a formar
parte do expediente de investigación do caso.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 155


Documentación - Esbozos
Os esbozos créanse sobre o terreo como parte da documentación do lugar dos
feitos. Segundo o caso, os esbozos poden ser o único debuxo do seu informe. Os
esbozos utilízanse para mellorar e ilustrar as notas de campo e así refrescar mellor
a memoria dos investigadores e das investigadoras cando preparen o informe final
e cando se produzan procesos xudiciais ou administrativos posteriores. Por este
motivo, deben ter claro o que está a representar o esbozo e que é razoablemente
preciso.
A miúdo é conveniente e recomendable realizar varios esbozos. Pode ser difícil
capturar todos os datos necesarios nun só esbozo sen sobrecargarlo. Recoméndase
crear esbozos separados para o mapa indicador da progresión ou o patrón do
incendio, ou ambos, outro para os puntos das fotografías, outro para a área de orixe
xeral e un esbozo separado para a área de inicio e/ou a área de ignición. A
complexidade da escena e da investigación influirá no número de esbozos que
pode ser necesario crear sobre o terreo.
Os diagramas (cando son necesarios) créanse a partir da información dos esbozos
de campo e outros datos. A elaboración do esbozo forma parte do proceso de toma
de notas sobre o terreo e de seguimento na oficina.
Os esbozos non están a escala e só representan unha visión xeral da zona.
Considere a posibilidade de utilizar un esbozo da escena durante as entrevistas ás
testemuñas para axudar a comprender e documentar a explicación da testemuña
sobre o observado. O esbozo utilizado ou creado durante a entrevista debe ser
rubricado, datado e gardado como anexo á declaración.
O esbozo da progresión do incendio debe incluír un esquema da Área de Orixe
Xeral, puntos de referencia para orientarse e refrescar a memoria, e un mapa da
progresión xeral do incendio utilizando os símbolos recomendados na Figura 78.

Figura 78. Símbolos da progresión do incendio.

Retroceso U

Avance

Lateral V ou

Os esbozos deben facerse no lugar dos feitos, durante a investigación, e non na


oficina. Os símbolos non teñen por que aparecer en cor no esbozo.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 156


Esquema da progresión do incendio
O esbozo de campo non necesita ter un símbolo en cada indicador do patrón de
lume localizado, e os símbolos dun esbozo non representan necesariamente un
indicador do patrón de lume específico sobre o terreo, senón que representan unha
progresión xeral da propagación do incendio. Oriente os símbolos o máis exacto
posible respecto da orientación do mapa co compás.
Indique nun esbozo separado onde está o límite da Área de Orixe Xeral.
Recoméndase mostrar as medidas do perímetro da área de inicio no esbozo de
progresión do incendio. Continúe mostrando a progresión do incendio baseándose
nos indicadores do patrón de lume, por exemplo, os indicadores a microescala.
Localice e trace os límites da Área de Ignición. Os límites da área de ignición
deben ir acompañados no esbozo das súas dimensións e ter aproximadamente a
mesma forma que a área de ignición sobre o terreo.
Esquema de puntos fotográficos
Os símbolos de puntos fotográficos establecen a relación posicional entre o
investigador ou a investigadora que toma a foto e o elemento ou elementos que se
documentan. Recoméndase crear un esbozo de puntos fotográficos por separado
para evitar que se aglomere o esbozo de progresión do incendio. O esbozo dos
puntos da foto adoita combinarse co trazado dos indicadores representativos do
patrón de lume para crear un vínculo entre os puntos da foto e a localización e
orientación dos indicadores do patrón de lume.
Non existe ningunha norma que indique cantas fotos deben tomarse para
documentar unha escena. As investigadoras e os investigadores deben ter en conta
como se van a utilizar as fotos e cantas fotos se necesitan para reproducir outros
elementos que se están retratando.
Os puntos fotográficos poden representarse utilizando o seguinte símbolo tanto nos
esbozos como nos diagramas.

Figura 79. Símbolo no esbozo/diagrama de punto fotográfico.

0028

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 157


A numeración das fotos nos esbozos e no rexistro fotográfico debe vincular os
metadatos das fotos dixitais co número do punto fotográfico. Nas investigacións
nas que varias investigadoras e/ou varios investigadores toman fotografías, unha
opción é engadir as iniciais do nome de cada membro antes do número de rexistro
e nome electrónicos da foto, para vinculalas a quen as tomou.
Probas
Dependendo do número de elementos de proba, pode ser necesario un esbozo
separado só para as probas. Os incendios en campos de tiro e en estradas son
exemplos de áreas nas que é probable que haxa múltiples elementos de proba e que
poden requirir un esbozo específico para eles. O símbolo suxerido para as probas
nos esbozos e diagramas identifícase na Figura 80.

Figura 80. Símbolo das probas.

E
3

Documente as localizacións das probas tanto dentro como fóra da área de orixe
xeral. Documente os elementos relevantes, non só o que cre que iniciou o
incendio. Asegúrese de que as probas se manipulan correctamente tanto na fase de
documentación como na de recollida. Sempre que sexa posible, documente as
probas no lugar mediante fotografías, esbozos e notas antes da súa recollida.

Puntos de Referencia
Os puntos de referencia deben documentarse en cada esbozo. Estes puntos
utilízanse en correlación coas medicións sobre o terreo para mostrar as relacións
entre os elementos de interese no lugar dos feitos. Tamén poden utilizarse para
recrear a escena nunha data posterior.
Os puntos de referencia deben marcarse de forma que a súa localización poida
atoparse posteriormente. Isto pode facerse tomando unha lectura de GPS e unha
fotografía de cada punto de referencia e colocando un obxecto metálico, como un
cravo grande, no solo que teña menos probabilidades de ser alterado co tempo.
Este obxecto metálico poderá ser detectado máis tarde mediante o uso dun detector
de metais. Suxírese o símbolo da Figura 81 para os puntos de referencia nos
esbozos e diagramas.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 158


Figura 81. Símbolo de punto de referencia.

PR-1

Técnicas de medición - Esbozo


Suxírense tres métodos básicos de medición:
• Transepto en ángulo recto.
• Acimut.
• Arcos de intersección (triangulación).
A técnica a utilizar será probablemente específica para cada caso, e dependerá da
pendente, o tamaño da zona, a vexetación e os obstáculos. As medicións pódense
marcar directamente no esbozo ou nun rexistro de medicións e relacionalas cun
punto do esbozo. Este proceso adoita realizarse con dúas cintas métricas, pero
pode facerse cunha soa cinta métrica e un cordel de cor.
Considere a posibilidade de sinalar o método de medición utilizado na lenda do
esbozo para maior claridade e como recordatorio máis adiante.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 159


Transepto en Ángulo Recto
• Marque os puntos de referencia no chan cun marcador localizable, por
exemplo, un cravo, unha barra de ferro ou unha marca de pintura.
• Recoméndase utilizar os puntos de referencia N/S e L/O.
• Utilice as unidades indicadas na súa cinta métrica;
metros/centímetros, pés/polgadas.
• Utilice varias cintas métricas de aceiro.
• Pode utilizar varios puntos de referencia.
Paso 1. Seleccione e marque dous puntos de referencia nun eixo norte-sur ou
leste-oeste. Etiquételos como PR-1 e PR-2, segundo corresponda.
Paso 2. Medir e anotar a distancia entre os dous puntos de referencia.
Paso 3. De pé no PR-1, tome e rexistre a orientación do compás cara ao outro
punto ou puntos de referencia.
Paso 4. Coloque unha cinta métrica entre os dous puntos de referencia, con rumbo
N/ S ou L/O. Tamén pode optar por colocar un cordel de cor entre e dous
puntos de referencia.
Paso 5. Despregue unha segunda cinta métrica desde o obxecto que se vai a
graficar ata a primeira cinta métrica rematando nun punto no que se forme
un ángulo recto coa intersección das dúas cintas. (O ángulo recto
formarase na distancia máis curta que poida medirse entre o obxecto e a
primeira cinta). Se utiliza fío entre os dous puntos de referencia, mida
desde o obxecto a graficar ata o punto máis próximo do fío e marque ese
lugar.
Paso 6. Tome unha medida ao longo da primeira cinta desde un dos dous puntos
de referencia ata a intersección da segunda cinta, por exemplo, PR-1, 5,6
m O. Se utiliza fío entre os puntos de referencia, mida ao longo do fío ata
o punto marcado no paso 2.
Paso 7. Documente a dirección na que se realiza a medición. Por exemplo,
utilizando dous puntos de referencia nun eixo L/O, estando o PR-1 no
extremo leste e o PR-2 no extremo oeste, unha medición desde o PR-1
cara ao PR-2 de 5,6 m rexistraríase como 5,6 m O. En caso de utilizar o
PR-2, a medición podería ser algo así como 5,6 m L. Só é necesaria unha
medición neste eixo.
Paso 8. Documente en que lado do eixo leste-oeste se atopa o obxecto en relación
co transepto entre os dous puntos de referencia. No caso dos puntos de
referencia nun eixo leste-oeste, os dous lados só poden ser norte ou sur.
No caso deste exemplo, atópase no lado sur do eixo leste-oeste.
Paso 9. Combine as dúas medicións e a dirección como coordenadas para este
obxecto (5,6m O/3,2m S). A entrada destas coordenadas nun rexistro de
medicións pode incluír a seguinte información e ter o seguinte aspecto:
Indicador 12 Transepto en Ángulo Recto PR-1 5,6 m O/3,2 m S

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 160


O uso dun rexistro de medicións pode substituír á necesidade de colocar cada
indicador ou elemento de proba no mapa de esbozo. Utilizando a técnica do
rexistro de medicións, os investigadores e as investigadoras terán todos os datos
necesarios para crear un diagrama que mostre os indicadores ou outros puntos
pertinentes, sempre que os puntos de referencia poidan ser localizados con
precisión.
Declinación do compás: pódese axustar o compás á declinación do lugar dos feitos
ou á declinación cero; basta con rexistrar nas notas de campo a declinación do
compás que imos usar. (N. do T.: nos EE.UU. a declinación magnética pode ser
considerable, actualmente está entre –15º e +18º, basicamente por mor do gran tamaño do
país. En Galicia, e no resto da península, é duns +/–3º como máximo; desprezable a
distancias curtas polo que podemos prescindir de axustar a declinación.)
O detalle da medición debe ser ao número superior da súa cinta métrica. Se a súa
cinta está dividida só en marcas de 0,5 cm, mida ata o 0,5 cm máis próximo (non
se redondea ata os 0,25 cm).

Figura 82. Exemplo de transepto en ángulo recto.

PR-1

5,6 m W 3,2 m S

PR-2
Norte

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 161


Acimut
O método de medición do acimut é útil para as medicións de distancias curtas
nunha escena que non ten moitos obstáculos. Este método pode ser difícil en
terreos escarpados e en matogueiras ou bosques densos.
Neste método utilízase un único punto de referencia e debe marcarse de forma que
poida identificarse e localizarse anos máis tarde, por exemplo, un cravo, unha
barra de ferro ou pintura. Utilizar as unidades que aparecen na cinta métrica, como
metros/centímetros, pés/polgadas. Este método baséase na capacidade das
investigadoras e dos investigadores para tomar orientacións de compás xeralmente
precisas. Se as necesidades da investigación requiren unha maior precisión, pode
ser máis axeitado outro método de medición.
Paso 1. Seleccionar e marcar o punto de referencia que se vai a utilizar. Pódese
utilizar máis dun sempre que estean claramente identificados. Anote o
punto de referencia utilizado. Exemplo: PR-2.
Paso 2. Mida e documente a distancia entre os puntos de referencia.
Paso 3. De pé no PR-1, tome e rexistre a orientación do compás cara ao outro
punto ou puntos de referencia.
Paso 4. Axuste a declinación do seu compás ou póñaa a cero e anote así a
declinación utilizada nas súas notas de campo.
Paso 5. Sitúese sobre o punto de referencia a utilizar.
Paso 6. Tome e rexistre o rumbo do compás desde o punto de referencia ata o
punto que se está documentando, por exemplo: 102o.
Paso 7. Mida desde o punto de referencia ata o punto que se está documentando e
introduza a medida nas notas de campo, por exemplo: PR-2: 6,6 m, 102º

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 162


Figura 83. Exemplo dunha medición realizada co método do acimut.

RP-2: 6,6 m 102 Graos


6,6 m

PR-2

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 163


Intersección de Arcos (Triangulación)
O método da intersección de arcos pode resultar difícil en terreos escarpados e en
matogueiras ou bosques densos. Pode realizarse cunha soa cinta métrica.
Do mesmo xeito que cos outros dous métodos débense utilizar as unidades
indicadas na cinta métrica; metros/centímetros, pés/polgadas.
O método baséase nunha medición desde o punto de interese ata cada un dos dous
puntos de referencia, formándose así os dous lados dun triángulo. O terceiro lado
será a distancia coñecida entre os dous puntos de referencia. As dúas medicións
desde os puntos de referencia ata un punto común só poden existir en dous lugares,
un a cada lado da liña entre os dous puntos de referencia. Por tanto, é importante
que a investigadora ou o investigador especifique a dirección do punto de interese
respecto desa liña.
Paso 1. Seleccione e marque, cun cravo, unha barra de ferro ou unha marca de
pintura, dous puntos de referencia nun eixo norte-sur ou leste-oeste.
Etiquételos como PR-1 e PR-2, segundo corresponda.
Paso 2. Mida e documente a distancia entre eses dous puntos de referencia.
Paso 3. De pé no PR-1, rexistre a orientación do compás cara o outro ou outros
puntos de referencia.
Paso 4. Mida desde un dos puntos de referencia ata o punto de interese e
documente a distancia nas súas notas, por exemplo, PR-1 7,10 m.
Paso 5. Mida desde o segundo punto de referencia ata o punto de interese e anote
a distancia, por exemplo, PR-2 6,45 m.
Paso 6. Documente de que lado do eixo do punto de referencia se atopa o punto de
interese. Exemplo: se o eixo do punto de referencia vai de leste a oeste e
o punto de interese está situado no lado sur dese eixo, introduza nas súas
notas unha S a seguir das medidas.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 164


Figura 84. Medición realizada mediante intersección de arcos.

PR-1 7,10 m 6,45 m

PR-2

PR-1: 7,10 m S/PR-2: 6,45 m S

Documentación - Diagramas
Non todas as investigacións de incendios forestais requiren un diagrama formal.
Depende de cada investigador e investigadora e dos posibles protocolos determinar
cando se necesita un diagrama para apoiar unha investigación.
Os diagramas poden conter algúns ou todos os compoñentes do esbozo:
• O diagrama final está a escala aproximada.
• Contén unha lenda.
• Pode ser debuxado a man ou xerado por ordenador.
• Ten unha escala (os esbozos non).
• Orientación ao norte.
• Firma da persoa que o creou.
• Data de creación.
• Número de parametrizado do incendio.
• Símbolos e o seu significado.
Pódense crear diagramas separados segundo sexa necesario, como un para a
progresión do incendio, outro para os puntos das fotografías e outro para as probas.
Os diagramas poden crearse utilizando o software dispoñible para os equipos de
investigación, de ser o caso, ou poden ser creados por especialistas nas áreas da
topografía e a cartografía. As investigadoras e os investigadores deben coñecer os
recursos de diagramación que teñen á súa disposición e o proceso de solicitude de
recursos.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 165


Suxírese que os indicadores do patrón de lume representativos (os documentados
mediante fotografías e medicións) situados dentro da zona diagramada se tracen
con precisión e que se utilicen os símbolos da dirección de propagación do
incendio para establecer a dirección de propagación real e non a aproximada.

Documentación - Satélite de Posicionamento Global


A tecnoloxía e a precisión do Sistema de Posicionamento Global (GPS) mellorou
moito nos últimos dez anos e pode terse en conta para rexistrar certo tipo de datos.
Esta mellora inclúe tanto a precisión dos modelos profesionais como a dos
modelos manuais. (N. do T.: hoxe existen múltiples aplicacións móbiles, ou APP´s do
inglés application, que permiten a xeolocalización de puntos ou o cálculo de superficies.)
A precisión posicional dos modelos manuais vese afectada por aspectos como o
modelo, posprocesamento dos datos, dispoñibilidade dos satélites e a cobertura do
arborado. O rango de precisión dun modelo de GPS manual típico pode variar
desde +/– 3 metros ata máis de +/– 20 metros. A maioría dos modelos portátiles
máis recentes proporcionan unha lectura de precisión para cada posición.
Recoméndase documentar estas lecturas de precisión e a configuración do datum
de referencia.
Cando se considere o uso dunha unidade de GPS manual, deben terse en
conta as seguintes recomendacións:
• Área de Inicio: polo xeral, non se recomendan as unidades GPS cunha
precisión superior a +/– 30 cm.
• Área de Orixe Xeral: xeralmente non se recomendan as unidades de GPS
cunha precisión de máis de +/– 1,5 metros.
• Área Xeral do Incendio: o uso de unidades GPS fóra da Área de Orixe
Xeral, para posicionar indicadores de macroescala, zonas de transición,
etc. pode ser unha ferramenta eficaz para trazar esas características a
maior escala.
O uso de unidades GPS manuais (aquelas con taxas de erro de +/– 1,5 metros ou
máis) xeralmente non son o suficientemente precisas nas áreas máis pequenas da
área de orixe xeral e a área de inicio. En función das condicións específicas e da
necesidade de trazar con precisión as características clave, o investigador ou a
investigadora pode utilizar unha unidade GPS manual dentro destas zonas. Nese
caso, recoméndase apoiar as lecturas do GPS con medicións en puntos para a súa
validación e orientación.
Excepción: o uso dunha unidade GPS razoablemente precisa (+/– 6 metros) para
tomar as coordenadas dos puntos das fotos é xeralmente axeitado para axudar a
alguén a volver á mesma localización utilizando tanto a lectura do GPS como a
foto para comparar co terreo e para a preparación do diagrama fotográfico.
Neste caso, a lenda do diagrama fotográfico ou a folla de cálculo adxunta deben
proporcionar a dita información sobre a precisión das coordenadas, incluída a
posible desviación de cada unha delas, por exemplo, Foto XP1056,
42.141684,08N, 7. 335407,12O +/– 3 metros.
É posible que se dispoña de unidades de GPS manuais ou doutros modelos con
precisións inferiores a +/– 1,5 metros a través dos recursos da administración ou
mediante contratos.
PMS 412 Capítulo 5 Páxina 166
A función de cálculo de área do GPS pode ser útil para documentar o tamaño da
área percorrida para determinar o tamaño da área de orixe xeral.

Documentación - Fotografía
Recoméndase que as investigadoras e os investigadores reciban formación
adicional en fotografía; terán que entender o funcionamento e as limitacións do seu
equipo fotográfico.
Recomendacións:
• Considere a posibilidade de formatar a tarxeta de memoria (SD) antes de
empezar a tomar fotografías da investigación. O formatado da tarxeta SD
elimina a posibilidade de que haxa fotos non relacionadas con ese
incendio na tarxeta e fai que a primeira foto sexa a 0001 en lugar da
0023, etc. Tamén se garante que a tarxeta SD sexa compatible coa tarxeta
sd da cámara.
• Confirme que a data e hora na cámara utilizada son correctas. Axústeas
se é necesario. Considere a posibilidade de tomar a primeira fotografía do
seu teléfono móbil mostrando a hora e data correctas. Teña en conta
calquera diferenza na configuración da hora. Comprobe as datas e horas
doutras cámaras que se vaian a utilizar no mesmo incendio.
• Comproba o formato da imaxe (jpeg, RAW, etc.) Recoméndase utilizar
o formato jpeg ou RAW pola calidade da imaxe, tamaño do arquivo,
capacidade de ampliación e a posibilidade de mostrar suficientes
detalles*. Ten en conta que os formatos RAW ocuparán bastante máis
espazo na memoria. (N. do T.: para visualizar arquivos en formato RAW pode
que teñamos que descargar previamente softwares, aplicacións ou extensións
específicas. Entre os softwares, e totalmente gratuítos ata o momento, temos
DarkTable, DigiKam, LightZone, RawTherapee, etc. Para Windows podemos
descargar a extensión Raw Image Extension.) (*N. do T.: moitas cámaras permiten
os formatos RAW+jpeg da mesma imaxe. Isto ocupa moito máis espazo na tarxeta
pero ten a vantaxe de que se a tarxeta, por exemplo, se corrompe é moito máis
doado recuperar arquivos jpeg que RAW.)
• Coa fotografía dixital, é fácil facer moitas fotografías. Asegúrese de
levar suficientes tarxetas de memoria (SD) e baterías para realizar o
traballo.
• Suxírese levar máis dunha cámara. No caso de que unha falle, se perda
ou se dane, a cámara de reserva pode salvar o día.
Considere a posibilidade de engadir as súas iniciais ao número da foto, empezando
pola 0001, para reducir a confusión de varios investigadores e/ou varias
investigadoras tomando fotografías no mesmo incendio. Isto pode facerse
normalmente como un procesamento por lotes* durante a descarga de imaxes. O
exemplo 0001 converteríase en XP0001. Utilizar isto sistematicamente facilitará a
explicación de como realizou o seguimento das fotos durante o testemuño
posterior. A investigadora ou o investigador principal do incendio debe deixar
claro aos recursos que lle asisten que sistema de numeración sistemática se
emprega para poder rastrexar as fotos de varias fontes. (*N. do T.: execución
secuencial e automática dun programa seleccionado polo usuario ou pola usuaria, xeralmente
para realizar tarefas repetitivas sobre grandes conxuntos de información.)

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 167


Almacenamento de fotos dixitais en CD ou DVD
• Teña en conta os posibles efectos do software de carga automática
(Auto-load) nos arquivos de imaxe.
• Non abra nin borre os arquivos orixinais das fotos.
• Se é posible, copie os arquivos directamente da tarxeta da cámara a un
CD, DVD.
• Marque e asegure a primeira copia descargada.
• Cando sexa conveniente, garde unha 2ª copia como a súa copia de
seguridade.
• Copie o conxunto de arquivos de traballo no disco duro do PC.
Asegure un arquivo de imaxe intacto nun CD ou DVD. Isto pode facerse copiando
e pegando todo o cartafol de imaxes da tarxeta da cámara directamente no CD ou
DVD sen abrir ningún arquivo ou imaxe específico. Así se pode crear unha
segunda copia de traballo e utilizala durante a investigación.
Non borre ningún arquivo fotográfico tomado durante a investigación, aínda que
sexa de mala calidade. Traballe coa copia no seu disco duro.
Marcar o CD ou DVD de fotos:
• Con rotulador permanente.
• Escriba na zona do cabezal.
• Etiquéteo.
• Número de caso/incidente.
• Data en que se tomaron as fotos.
• Número de parametrizado do incendio.
• Nome do fotógrafo.
Teña coidado ao escribir na cara prateada ou dourada dun CD ou DVD, mesmo
con marcadores que se supón que son seguros para os CD ou DVD. Co tempo, as
tinguiduras e produtos químicos do marcador deteriorarán o revestimento e
corromperán os datos do disco.
Rexistro fotográfico - empece canto antes o rexistro fotográfico.
• Utilice un sistema de numeración de imaxes (fotos) que poida entender
cando descargue as imaxes máis tarde.
• Pode utilizar o número de imaxe.
• Inclúa unha descrición de cada foto no seu rexistro.
• Poden ser notas breves, máis detalladas no rexistro final.
• O número da foto anótase no esbozo no seu punto de foto.
Dirección do incendio - Compoñentes do rexistro fotográfico.
• Identificación do incendio.
• Cámara utilizada e precisión da hora gravada nas fotos.
• Número de identificación da foto.
• Data en que se tomou a foto.
• Dirección da vista ( N, NW, ENE, etc.).
• Persoa que toma a foto.
• Vector (avance, lateral, retroceso). Se hai máis dun vector nunha foto,
explíqueos.
• Categoría do indicador (manchado, ángulo de carbonización,
protección, etc.).
PMS 412 Capítulo 5 Páxina 168
• Dirección de desprazamento do lume na fotografía. A dirección na que
se despraza o lume na fotografía axudará a outras persoas a entender a
progresión do lume das fotos. Por exemplo, o lume móvese de esquerda
a dereita na fotografía. Ou ben, o lume desprázase desde a esquina
inferior dereita ata a esquina superior esquerda na fotografía.
• As coordenadas de cada punto de foto son necesarias para crear un
diagrama de puntos razoablemente fiable. Salvo raras excepcións, non é
necesario que estas coordenadas sexan precisas e pode aceptarse o uso
dun dispositivo GPS cunha precisión superior a +/– 6 metros. É posible
que haxa que reconsiderar isto a medida que os puntos da foto se
achegan, por exemplo, á área de inicio.
• A descrición xeral do que mostra a foto axudará a lembrar ao
investigador ou á investigadora, ás veces anos despois, por que se
tomou a foto e que se retratou. Sexa o máis completo ou completa
posible. Se varias fotos en serie teñen o mesmo tema, as fotos repetidas
poden describirse facendo referencia á descrición da primeira foto da
serie. Exemplo: igual que a foto XP1056.
Documentación Fotográfica da Investigación:
As esixencias da escena de cada incendio ditarán en certa medida cando poden ou
deben tomarse fotografías. O importante é lembrar que algunhas oportunidades
poden perderse mentres que outras poden deixarse para máis adiante. A
priorización e a dotación de persoal é responsabilidade do investigador ou da
investigadora do incendio.
Como cada investigación é única, haberá oportunidades para tomar unha gran
variedade de fotografías ou vídeos en varios momentos, os cales inclúen:
• En ruta.
• Chegada.
• Orientación/visión da escena.
• Relación.
• Identificación.
• Exame.
• Outras consideracións, por exemplo a perspectiva das testemuñas.
Fotografías en ruta: os investigadores e as investigadoras deben considerar a
necesidade de tomar fotografías mentres van de camiño, isto pode depender do
tempo de resposta e do propósito da fotografía. Por exemplo, se se está a responder
rapidamente, as fotos en ruta poden mostrar a progresión do incendio, probas,
estado do acceso (cancelas abertas ou pechadas) e a actividade na zona.
Fotografías de chegada: as persoas e os obxectos fabricados polo home na zona
do incendio adoitan ser de natureza móbil. Os equipos das liñas eléctricas poden
estar queimados ou seren retirados polo persoal da compañía eléctrica. Os equipos
pesados poden ser trasladados a outros lugares ou as súas partes poden ser
retiradas. As testemuñas poden afastarse a pé ou en coche. As fotos poden axudar a
documentar rapidamente a presenza de certas persoas e cousas durante un período
no que o tempo é escaso e a carga de traballo elevada. A identificación da presenza
de equipos, persoas e accións durante a primeira chegada ao lugar dos feitos forma
parte do proceso de recompilación de datos que se utilizará máis tarde para
elaborar hipóteses.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 169


Á chegada da investigadora ou do investigador, pode ser necesario documentar o
comportamento actual do lume, tanto preto da cola do incendio como en xeral. Os
indicadores do patrón de lume a macroescala poden documentarse
fotograficamente. As accións de extinción que se estean levando a cabo poden ser
fotografadas. As evidencias físicas suxeitas a degradación deben documentarse
fotograficamente a medida que se observan.
Situación do lugar dos feitos/vista xeral: este tipo de fotografías serven para
documentar o panorama xeral da escena ou outros puntos de interese e
normalmente tómanse a distancia, xa sexa desde un punto de vista terrestre ou
desde o aire. O seu obxectivo é retratar a integridade e a relación da escena coa
contorna e o terreo en xeral.
Estas fotografías de conxunto poden utilizarse durante o testemuño, xa sexa sen
cambios ou con símbolos explicativos do que representan. Poden constituír a base
para mostrar visualmente os indicadores do patrón de lume a gran escala e a súa
relación coa área de inicio, as probas físicas ou outros puntos de interese.
Este tipo de fotografías a miúdo pásanse por alto, pero adoitan ser fáciles de tomar.
Ademais de documentar a situación en conxunto da escena, deben tomarse
fotografías da situación xeral da área de orixe xeral.
Unha vez identificada a área de orixe xeral, hai que documentar fotograficamente a
zona que a rodea inmediatamente e a propia área de orixe xeral mirando desde
fóra, antes de entrar.
Este proceso pode incorporarse aos percorridos arredor de dita área (dous
percorridos, un en cada sentido) e pode incluír múltiples vistas de toda a zona
circundante e vistas da área de orixe xeral desde o perímetro. Isto tamén servirá
para documentar a data e a hora do percorrido a través dos metadatos da cámara.
A investigadora ou o investigador debe tentar cubrir a zona con fotografías para
poder revisar varias perspectivas da maioría das zonas para comparar os lados
opostos dos obxectos máis grandes.
Fotos de Relación ou Comparación: as fotografías de relación mostran a relación
entre varios elementos, normalmente tomadas a media distancia, así como vistas
específicas do obxecto. Isto faise xusto cando o investigador ou a investigadora
empeza a centrarse en partes ou obxectos específicos na zona da escena do
incendio.
A medida que se traballa no lugar, deben tomarse fotografías de relación para
documentar as características e actividades que están preto da área de orixe xeral.
Isto pode incluír a localización de estradas, vías férreas, carreiros, pistas, vías de
saca, estruturas, miradoiros, etc. Unha soa foto que mostre as vías do tren e o
incendio preto das vías sería preferible a dúas fotos, unha que mostre as vías e
outra o incendio. Lembre que está a tratar de mostrar a relación entre os dous
temas.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 170


O investigador ou a investigadora debe documentar fotograficamente os
combustibles dentro e fóra da zona do incendio. Se é posible, obteña fotos que
retraten tanto os combustibles queimados como os non queimados nunha soa
fotografía. Tamén é útil tomar fotos das zonas que están a arder activamente e que
son representativas da área de orixe xeral. Lembre que está a tratar de documentar
unha representación dos combustibles na área de inicio, a área de orixe xeral e a
cola do incendio. Isto pode requirir múltiples fotografías e algunhas análises para
facelo correctamente. Se a área de orixe xeral está ben situada dentro da zona
queimada, sen vexetación orixinal arredor, pódense tomar fotos dos combustibles
representativos nun lugar distante que teña un tipo e densidade de vexetación,
orientación e pendente similares.
Considere utilizar marcadores de probas* para mostrar a localización das probas e
outros elementos importantes en relación coa escena xeral e outros elementos. Os
marcadores de probas proporcionan unha mellor visibilidade dos elementos máis
pequenos cando se toman fotos de situación da zona. A continuación, débense
tomar fotos de preto máis detalladas. (*N. do T.: os marcadores de probas máis habituais
son ángulos de plástico amarelos cun número ou letra de cor negra gravada nunha cara. Na
Figura 17 vese un destes marcadores na zona de avance do incendio.)
Tome unha foto con e sen marcadores de probas. Teña coidado de que os
marcadores de probas estean correctamente documentados co elemento que se
retrata e que o marcador non moleste ou faga sombra ao elemento fotografado.
Fotos de Identificación: mostran os detalles dun elemento de proba específico,
como impresións de pneumáticos ou zapatos, fontes de ignición, mostras e
mostras de comparación (controis), indicadores do patrón de lume ou outros
elementos importantes. Estas fotografías tómanse de preto para obter detalles e
apóianse nas fotografías de localización deses mesmos elementos.
A documentación e a recollida das mostras e das mostras de comparación deben
estar claramente documentadas por escrito e en fotografías.
Mostra: porción dun obxecto que se sospeita que está contaminado cunha
substancia adicional (normalmente un líquido inflamable) e que se recolle para
a súa análise, nun esforzo por identificar os seus compoñentes e calquera
substancia contaminante.
Mostra de comparación: tomada do mesmo material co que se vai a
comparar, recupérase dunha zona na que o investigador ou a investigadora cre
que non hai contaminación relevante, e as probas non mostran contaminación
relevante, só os seus compoñentes básicos.
Unha mostra de comparación, de control, ou de comprobación, é un elemento
de composición coñecida que se utiliza para comprobar as propias mostras.
Para iso, a miúdo é necesario analizar a propia mostra de comparación para
determinar os seus compoñentes, os cales se comparan entón coas mostras
tomadas en lugares ou elementos de proba coñecidos.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 171


Mostra exemplar: elementos como rochas, combustible ou outros que se
necesitan para comparar mediante probas cunha mostra tomada dunha escena.
Estas mostras exemplares deben tomarse dun lugar o máis parecido posible á
mostra que se está analizando e para a cal o investigador ou a investigadora
non sospeita que haxa unha contaminación relevante. Débese facer un esforzo
para que a mostra exemplar sexa coherente coa mostra específica ou a área que
se vai a comparar. As mostras exemplares recóllense especificamente co fin de
dispoñer de mostras nas que se poidan realizar probas sen os perigos de realizar
probas destrutivas nas mostras de probas reais. As mostras exemplares poden
analizarse para comparar as súas propiedades coas da mostra que se está
analizando, pero xeralmente non se utilizan para determinar problemas de
contaminación, senón de probabilidade de ignición.

Documentación - Indicadores do patrón de lume


Do mesmo xeito que en calquera zona do incendio, dentro da área de orixe xeral os
potenciais indicadores direccionais do patrón de lume poden ser miles. O traballo
das investigadoras e dos investigadores é identificar e documentar un número
suficiente destes indicadores para proporcionar datos vectoriais fiables e
coherentes que establezan a progresión do incendio.
Aínda que se poden observar moitos indicadores do patrón de lume dentro dunha
zona pequena, seleccionaremos os mellores para a súa documentación a través da
sinalización ou marcado. Esta selección basearase nunha variedade de tipos de
indicadores, a fiabilidade do indicador dentro das condicións dadas e a coherencia.
Deberían incluírse os indicadores sutís, aínda que son máis difíciles de documentar
fotograficamente. Estes indicadores sutís poden apoiar unha combustión de menor
intensidade coherente coas áreas máis próximas á área de inicio.
Documente unha mostra representativa dos indicadores que sinale ou marque. Non
hai un número mínimo ou máximo de mostras representativas que deban
documentarse. Con todo, recoméndase documentar polo menos unha de cada
categoría de indicador do patrón de lume utilizado nunha zona determinada.
Por exemplo, poden colocarse bandeirolas en 250 indicadores individuais do
patrón de lume. Evidentemente, non é necesario documentar todos estes
indicadores; con todo, debe documentarse unha mostra representativa suficiente
para ilustrar a progresión xeral do incendio. Os 250 indicadores marcados, poden
representar 6 das 11 categorías de indicadores. Documentar polo menos un
indicador representativo de cada unha das categorías de indicadores dispoñibles.
Recoméndase ademais que estes indicadores inclúan exemplos dentro de cada
unha das zonas do vector de progresión do incendio, comezando na zona de
avance dentro da área de orixe xeral, avanzando cara as zonas laterais, cara á área
de inicio e, en última instancia, se é posible, a área de ignición. Seguindo esta
metodoloxía adóitanse documentar entre 10 e 25 indicadores en total, aínda que
poden ser menos ou máis, dependendo das circunstancias. Sempre é mellor
documentar moitas mostras representativas dos indicadores do patrón de lume que
moi poucas.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 172


Os investigadores e as investigadoras deben utilizar a súa experiencia e o seu xuízo
para determinar cantos indicadores do patrón de lume deben documentarse para
reflectir a metodoloxía na que se basearon e ilustrar a escena para outros nunha
data posterior. En última instancia, os indicadores do patrón de lume deberán
documentarse de tal maneira que alguén coa cualificación necesaria poida revisar o
informe, observar suficientes indicadores documentados e ser capaz de ver que a
investigadora ou o investigador interpretou adecuadamente cada indicador. Aínda
que sempre haberá ocasións nas que os indicadores sexan moi sutís e sexa
necesario que un experto ou experta os explique, a maioría dos indicadores
documentados deberían ser facilmente recoñecidos unha vez documentados e
explicados nas notas da investigación.
Documentación da Progresión do Lume: as fotografías dos indicadores do
patrón de lume que mostran a progresión do incendio mellóranse mediante o uso
de axudas visuais que inclúen bandeirolas e símbolos vectoriais. Hai axudas
adicionais dispoñibles no mercado ou que se poden facer na casa que melloran a
presentación da mensaxe de cada fotografía. Moitas destas axudas adicionais
axudan a documentar fotograficamente os indicadores do patrón de lume e poden
proporcionar información como as direccións de propagación en avance, lateral ou
en retroceso, a orientación do norte en cada foto, ou o número de referencia como
proba do indicador do patrón de lume.
Os vectores de dirección nas súas fotografías pódese mostrar de varias maneiras.
Independentemente do método que se utilice, a coherencia é fundamental e o
investigador ou a investigadora debe explicar o método utilizado e/ou a súa
intención no informe ou nos anexos. Calquera método debe identificar visualmente
o vector (dirección) dun indicador do patrón de lume concreto. Evítese o uso de
símbolos ou métodos que poidan contaminar ou danar o indicador do patrón de
lume.
Esta guía recomenda o uso de bandeirolas de cores, un método que está deseñado
para proporcionar a información gráfica que documenta a progresión do incendio a
un lector ou lectora do informe coa debida formación e cualificación.
Fotografías que documentan os indicadores do patrón de lume: as fotografías
de identificación de indicadores mostran os detalles dun indicador do patrón de
lume específico. Polo xeral, son fotografías de preto, coa posible excepción dos
indicadores de macroescala. Ao tomar fotografías de identificación dos indicadores
do patrón de lume, recoméndase elixir os indicadores máis fiables e claramente
discernibles para documentalos dentro de cada categoría.
Ás veces, unha soa fotografía pode ser suficiente para documentar un indicador do
patrón de lume, por exemplo, na Figura 85. Sempre é unha boa idea confirmar a
fiabilidade do indicador do patrón de lume antes * da documentación fotográfica.
Na Figura 85 a cabaza pode rodar ou moverse. Con todo, a área de protección na
esquina inferior dereita da fotografía é coherente co vector de lume indicado pola
cabaza e, por tanto, ambos os indicadores apoian a fiabilidade do indicador. (*N. do
T.: non sempre será posible confirmar a fiabilidade dun indicador a simple vista. Nestes
casos faremos ao revés do comentado, primeiro o fotografamos antes de tocalo. Nun obxecto
sobre o terreo comprobamos a súa fiabilidade levantándoo amodo do seu lugar de repouso.
Se ten combustibles sen queimar debaixo del, “ten cama”, considerarase un indicador fiable
e podemos volver a fotografalo fóra do seu sitio. Se non é un indicador fiable, borrar as súas
fotografías para evitar confusións. Véxanse como exemplo dun indicador fiable as Figuras 6,
7 e 8 cunha cama moi clara.)
PMS 412 Capítulo 5 Páxina 173
Figura 85. Fotografía detallada que indica o patrón de lume.

Considere a fiabilidade do
indicador do patrón de lume
antes de fotografalo.

Algúns indicadores necesitarán dúas ou máis vistas para documentarse


adecuadamente desde o punto de vista fotográfico. Calquera indicador que se base
na comparación e o contraste dos danos causados pola combustión deberá ter en
conta varias vistas e a distancia focal. As excepcións a esta regra poden ser os
obxectos pequenos que están nunha posición tal que os dous lados poden
documentarse claramente cunha soa fotografía aérea. En calquera outro caso, pode
ser necesario tomar varias vistas, contrastando os lados opostos.
Fotografías de Exame: cando se fan correctamente, as fotografías de exame
proporcionan imaxes detalladas dos elementos que moitas veces se empaquetan e
almacenan nunha unidade de probas*. A capacidade de examinar imaxes de boa
calidade pode evitar a necesidade de abrir os paquetes de probas, a documentación
da cadea de custodia e o reenvasado. (*N. do T.: instalacións dun organismo onde se
almacenan probas.)
As fotografías de exame tómanse de preto, cunha escala deseñada para a fotografía
de probas.
Despois de tomar as fotografías de exame das probas no lugar, estas deben ser
recollidas, empaquetadas, marcadas e aseguradas. Debido ao risco de
contaminación e/ou perda das probas, débese gardar unha documentación
fotográfica detallada e a medición destes elementos de proba nunha contorna
segura. Pódense tomar fotografías de comparación, pero hai que ter coidado para
evitar a contaminación cruzada das probas ou a mestura de diferentes elementos de
proba. Considere a posibilidade de dispoñer de papel de fondo azul para as
fotografías de alto contraste das probas ou outros elementos importantes.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 174


Pode ser útil fotografar as distancias clave mentres se miden. Isto axudará a poñer
esas medicións en perspectiva e tamén axudará a refrescar a memoria das
investigadoras e dos investigadores durante o testemuño posterior, á vez que
proporciona probas visuais da metodoloxía utilizada.
Documentación fotográfica - Áreas de Orixe: a miúdo pedirase ao investigador
ou á investigadora que describa os límites da área de ignición, da área de inicio ou
da área de orixe xeral. O simple uso de bandeirolas ou outro material de referencia
pode mellorar as fotografías dos devanditos límites e aforrar moito tempo durante
o testemuño.
Documentación fotográfica - Probas: as exposicións fotográficas poden
desempeñar un papel importante na documentación e presentación da
investigación do incendio. Cando se tomen fotografías, hai que pensar nas
necesidades a longo prazo. Por exemplo, que fotografías podería utilizar durante
o meu testemuño para explicar mellor a investigación? Pensar nisto con antelación
permite tomar fotografías deliberadas para utilizalas como probas, en lugar de
conformarse cunha foto tomada para outro propósito que pode non servir
completamente ás súas necesidades.
Hai unha gran variedade de temas que poden documentarse mediante exposicións
fotográficas. Normalmente, o mellor momento para tomar fotografías para o seu
uso como exposición é cando a escena está fresca. As fotografías a maior escala e
as fotos aéreas deben tomarse tan pronto como haxa alguén dispoñible para
tomalas.
Pódense tomar fotos aéreas para documentar tanto o lugar de orixe a gran escala
como os danos e ameazas do incendio ás vivendas ou outras propiedades. Estas
fotos poden apoiar a gravidade do incendio e poden utilizarse tanto no sistema
xudicial como na función administrativa das intervencións de prevención de
incendios. Estas fotos poden proceder do propio persoal da Brigada de
Investigación ou poden ser recollidas doutras persoas que tomasen fotografías da
zona.

Documentación - Informe
Como investigador ou investigadora de incendios forestais, o seu traballo pode
incluír só as cuestións directamente relacionadas coa orixe e a causa do incendio.
Isto pode centrarse principalmente na lectura e o seguimento dos indicadores do
patrón de lume, documentación da escena, entrevistas no lugar, datos
meteorolóxicos e fotografías. Recollerá e documentará estes datos e
proporcionarallos á investigadora ou ao investigador principal do caso. Para iso
prepare un informe sobre a orixe e a causa que conteña eses datos, que a miúdo se
converte no eixo do informe final da investigación do incendio.
O papel como investigadora ou investigador pode cambiar segundo o incidente.
Asegúrese de ter clara a súa responsabilidade e autoridade para cada tarefa.
O seu papel durante unha investigación tamén pode cambiar co tempo. Pregunte e
obteña instrucións claras. Os investigadores e as investigadoras son a primeira liña
da investigación.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 175


Independentemente da súa función, xeralmente terá un expediente de investigación
que inclúe copias impresas e electrónicas. O contido e o alcance do expediente
dependerán da súa función. O expediente pode incluír, entre outros:
• Informe ou informes da orixe e causa.
• Informes de entrevistas.
• Esbozos, diagramas, medicións.
• Mapas.
• Datos meteorolóxicos.
• Informes e documentos diversos; por exemplo, forenses, periciais, doutros
organismos.
O rexistro das probas debe estar actualizado no momento da súa inclusión no
expediente e/ou informe do caso. As notas da investigación deben incluírse no
expediente do caso ou no informe segundo a política da Administración, de ser o
caso. A correspondencia, incluídos os correos electrónicos, debe conservarse
segundo a política da Administración e incluírse no expediente do caso para a súa
posterior revelación. Os documentos de apoio que axuden a comprender a
investigación, o lugar de orixe, a causa ou outros feitos importantes do caso deben
achegarse ao expediente do caso mediante referencia e copia, incluídas todas as
fotografías, vídeos, gravacións, etc.
Informe da Orixe e a Causa: o formato dos informes sobre a orixe e a causa é
específico da Administración ou da fiscalía. Constitúe a base do testemuño dos
investigadores e das investigadoras e convértese nun anexo do informe final do
caso.
Todas as investigadoras e todos os investigadores deben manter unha actitude
aberta a calquera novo dato pertinente que se desenvolva posteriormente, mesmo
despois da presentación do informe de investigación. Estes novos datos poden
cambiar a súa opinión ou non. Os novos datos poden reforzar a hipótese final ou
poden poñela en dúbida. Vostede, como investigador ou investigadora, emite
opinións baseadas nos datos que ten no momento de redactar o seu informe. Cos
novos datos, necesitará liberdade para axustar as súas opinións en función da súa
revisión.
A inclusión dunha cláusula de exención de responsabilidade nun informe é unha
práctica habitual de moitos e moitas especialistas. Simplemente reflicte a realidade
dunha investigación científica sistemática. Consulte coa asesoría xurídica da
Administración se ten algunha dúbida sobre a inclusión de devandito descargo de
responsabilidade ou a mellor redacción para o mesmo. O exemplo que se mostra a
continuación é unha versión común deste tipo de descargo de responsabilidade.
(Con todo, a utilización do método científico terá de forma innata como parte da
metodoloxía o mesmo descargo de responsabilidade non escrito. As opinións
elabóranse unicamente cos datos dispoñibles no momento en que se elaborou a
opinión probada e concluída.)

Resérvome o dereito de cambiar a miña opinión ou conclusións en base a


calquera dato adicional recibido.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 176


Recomendacións para o informe sobre a orixe e a causa:
• Utilice un formato narrativo.
• Proceda na orde cronolóxica do suceso do incendio.
• Conte a historia de principio a fin na orde en que ocorreron os eventos
do incendio.
• Cal foi o contexto do comportamento do incendio?
• En que indicadores do patrón de lume se baseou?
• Que probas da causa se localizaron e recolleron?
Na sección narrativa explicaranse:
• Feitos das testemuñas e outras fontes de datos.
• Como se utilizaron os datos para desenvolver a ou as hipóteses.
• Como se probou cada hipótese e se seleccionou a hipótese final.
• Conclusións.
• Anexos, documentos e fotografías de apoio.
A investigadora ou o investigador documenta no informe narrativo a base das
opinións que manifesta. Para cando quen lea o informe chegue ao final da
narración, debería ter unha boa base dos fundamentos das opinións expresadas.
A sección narrativa do informe pode organizarse empregando o seguinte formato
para axudar á documentación cronolóxica da investigación completa:
1. Chamada e Resposta.
2. Chegada á Escena.
3. Metodoloxía ou Recollida de Datos.
4. Análise e Aplicación dos Datos.
5. Desenvolvemento de Hipóteses de Traballo.
6. Proba das Hipóteses.
7. Conclusión ou Selección da Hipótese Final.
Esta é a sección do informe na que se explica a metodoloxía utilizada dentro do
marco do método científico que dá lugar á metodoloxía xeral aplicada para as
condicións específicas desa investigación.
Advírtese ás investigadoras e aos investigadores que non utilicen unha linguaxe de
cortar e pegar dentro do informe, xa que resta valor á singularidade de cada
investigación e informe sobre incendios forestais.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 177


1. Chamada e Resposta.
• Hora da chamada, hora da resposta, quen o reclamou, información/datos
obtidos.
• Asignación/instrucións.
Exemplo: ás 14:35 fun contactado polo Centro de Coordinación do Distrito e
asignoume investigar a orixe e a causa do incendio de .... Respondín desde a
miña oficina ás 14:47. O centro de coordinación do distrito proporcionoume a
seguinte información... Observei o seguinte en ruta.
Esta parte da sección narrativa serve para presentar ao lector ou á lectora como
e cando o investigador ou a investigadora se involucrou na investigación dun
incendio específico e a súa responsabilidade e autoridade. Tamén proporciona
a información inicial sobre o incendio recibida durante o aviso e/ou a resposta,
que pode incluír o tamaño do incendio, localización do mesmo, outros recursos
asignados, informes iniciais do declarante e dos primeiros intervenientes, etc.
2. Chegada á Escena.
• Describa a escena á súa chegada:
o Hora de chegada e localización.
o Localización e perímetro do incendio.
o Zona circundante.
o Actividades que se están levando a cabo.
o Comportamento observado do incendio.
o Seguridade no lugar (ou non).
o Testemuñas, parte informante presente.
o Datos recollidos (meteoroloxía, declaracións, etc.).
Definir o problema de forma moi específica permite construír un plan de
investigación máis concreto e, por tanto, organizar mellor a recollida de datos
que conduza a un informe narrativo máis completo. Unha vez que a
investigadora ou o investigador chegou ao lugar do incendio, dispón de máis
datos sobre os que se pode establecer un plan de investigación. Recoméndase
que estes datos se documenten no informe narrativo na orde cronolóxica en
que se elaboraron. As tarefas completadas xerarán máis datos que deberán
documentarse nas notas de campo e logo transferirse á sección narrativa do
informe.
Este proceso de desenvolvemento dun plan de investigación e as tarefas que se
realizan a través del proporcionarán os datos que permitirán compoñer un
informe narrativo completo. Os informes narrativos deficientes adoitan ser o
resultado dunha mala planificación e recompilación de datos.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 178


3. Metodoloxía ou Recollida de Datos.
• Declaracións de testemuñas e entrevistas.
o Persoal de extinción, persoal das forzas e corpos de seguridade,
informante, outras testemuñas.
• Contexto do comportamento do incendio.
• Orixe Xeral - describa as súas accións en detalle.
• Área de Inicio - describa as súas accións en detalle.
• Área de Ignición - fontes potenciais de ignición.
• Documentación - probas, esbozos e fotografías.
• Outras observacións e fontes de información.
o Datos meteorolóxicos, de raios, chamadas a emerxencias, etc.
Tanto o proceso (metodoloxía) para levar a cabo as tarefas do plan de
investigación, como os datos recollidos deben documentarse no informe
narrativo.
As observacións das testemuñas e o contexto do comportamento do incendio
adoitan ser compoñentes clave para establecer a área de orixe xeral. Polo tanto,
os seguintes elementos que se documentarán na sección narrativa serán a
miúdo os datos recollidos durante as entrevistas iniciais ás testemuñas e unha
descrición das circunstancias do comportamento do incendio observado pola
investigadora ou o polo investigador.
Unha vez que se recompilou a información das testemuñas iniciais e se
entendeu e describiu o contexto do comportamento do incendio no informe,
quen o estea lendo está preparado ou preparada para a descrición de como o
investigador ou a investigadora atopou e determinou a área de orixe xeral.
Normalmente, a progresión lóxica da sección narrativa incluirá o
establecemento dunha área de avance, a identificación das zonas de transición
laterais e a posterior lectura dos indicadores a macroescala dentro do contexto
do comportamento do incendio.
A documentación escrita dos indicadores a macroescala pode vincularse á
documentación fotográfica na sección narrativa, o que axuda ao lector ou á
lectora a visualizar os elementos reais a medida que se desenvolve a narración.
Unha vez documentados na sección narrativa a metodoloxía e os datos
asociados á determinación da Área de Orixe Xeral, normalmente pódese
repetir o mesmo proceso para documentar a Área de Inicio e a Área de
Ignición.
A sección narrativa debe describir a metodoloxía utilizada e os datos recollidos
na procura da área de inicio e da área de ignición. Describir ambos os dous na
sección narrativa cun detalle razoable para que quen lea o informe poida
entender o que aconteceu e o que se atopou.
Durante a procura da Área de Orixe Xeral, da Área de Inicio e da Área de
Ignición, o investigador ou a investigadora pode ter a oportunidade de
recompilar información adicional de testemuñas ou outros datos que poidan
decaer co tempo. Non hai nada malo en deixar en suspenso a procura da área
de ignición mentres se reúnen eses datos adicionais. Dita información pode
incluír datos que axuden á localización da área de ignición ou que lancen luz
sobre posibles actividades e causas na zona. Se a Brigada de Investigación tivo
PMS 412 Capítulo 5 Páxina 179
que abandonar o lugar dos feitos por calquera motivo, a sección narrativa do
informe debe reflectir o período de ausencia xunto cunha explicación de como
se asegurou o lugar dos feitos na súa ausencia e por que.
4. Análise e Aplicación dos Datos.
Neste punto do informe narrativo documentáronse, se non todos, a maioría dos
datos pertinentes dispoñibles e iniciouse o proceso de análise.
• Documentar por que se rexeitaron determinados datos.
• Documentar por que se confiou en determinados datos.
• Describir o significado aplicado aos datos durante o proceso de análise.
Unha vez que a metodoloxía e os datos pertinentes se documentaron na
sección narrativa tal e como se recolleron cronoloxicamente, a investigadora
ou o investigador debe describir agora o proceso e o resultado da análise dos
datos. Isto incluirá a validación dos datos como fiables; non como rumores,
conxecturas ou especulacións, e a achega de significado a eses datos. Durante
este paso da redacción do informe, pode ser importante documentar por que se
rexeitaron certos datos e por que se determinou que outros eran pertinentes e
fiables.
O informe narrativo pode documentar neste punto o significado aplicado aos
datos. Por exemplo, os datos que indican un vento do noroeste de 8 km/h e
unha orientación da pendente cara ao suroeste indicarían que tanto o vento
como a pendente combináronse para influír na propagación do incendio. Outro
exemplo pode incluír un indicador do patrón de lume a macroescala en U que,
ao ser analizado, indique unha propagación xeral do lume desde o noroeste
cara ao sueste.
No exemplo anterior, pode haber ou non outras fontes de ignición. Se había
outras fontes de ignición e a análise dos datos pertinentes e fiables indicaba
que eran fontes razoablemente posibles de inicio do incendio, deberá
describirse unha hipótese de traballo alternativa na sección narrativa. Esta
documentación deberá repetirse para todas as hipóteses razoablemente posibles
baseadas nos datos pertinentes e fiables.

5. Desenvolvemento de Hipóteses de Traballo.


Documente unha hipótese para cada orixe e/ou causa razoablemente posible
apoiada pola análise de datos e/ou feitos.
EXEMPLO:
Fumadores: a cabicha fresca atopada xunto á área de inicio foi refugada
mentres aínda ardía e acendeu a herba seca circundante.
Neste punto, o investigador ou a investigadora debe ser capaz de describir a
hipótese ou hipóteses de traballo que se desenvolveron en base ao significado
aplicado aos datos fiables.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 180


6. Comprobación das Hipóteses
Describa como comprobou cada hipótese.
EXEMPLO:
Fumadores: a humidade relativa medida no lugar dos feitos no momento do
incendio era do 37%. A investigación científica demostrou que os cigarros
refugados non acenden a herba seca a niveis de humidade superiores ao 22 ou
25% (Countryman, 1983). Por tanto, exclúense aos fumadores como posible
causa deste incendio.
Unha vez identificadas no informe as hipóteses de traballo que poden
propoñerse razoablemente, baseándose nos datos e/ou feitos dispoñibles nese
momento, a sección narrativa debe reflectir o proceso, incluíndo os datos e/ou
feitos específicos que rexeitan cada hipótese e que hipótese está máis apoiada
por todos os datos ou feitos.
No caso de que só unha hipótese de traballo estea apoiada polos datos ou
feitos, a narración debe reflectir por que a hipótese única foi ou non rexeitada
por algunha parte dos datos ou feitos.
Se a única hipótese de traballo non explica todos os datos ou feitos pertinentes,
o informe pode reflectir os datos ou feitos que deron lugar a unha conclusión
indeterminada, ou as medidas adoptadas para reunir máis datos ou feitos para
considerar outras hipóteses alternativas.
Aínda que as investigadoras ou os investigadores poden levar a cabo as probas
iniciais das hipóteses de traballo, pode incluírse no expediente, nunha data
posterior, a documentación adicional das probas de hipóteses adicionais. Nese
caso poderá presentarse un ditame e informe modificados que aborden a
comprobación desas hipóteses adicionais.
Nalgúns casos, a sección narrativa pode reflectir que os datos ou os feitos
apoian varias hipóteses de traballo. En tal caso, o informe deberá abordar os
datos ou feitos nos que se basea e que elevan unha das hipóteses ao nivel de
probable fronte a outras hipóteses alternativas que só alcanzan o nivel de
posible. Se ningunha hipótese de traballo é apoiada ata o nivel de probable, o
informe debe reflectir a conclusión de que son posibles múltiples hipóteses e
que ata que non se poidan revisar máis datos ou feitos, non se pode chegar a
ningunha conclusión sobre a orixe ou causa (ou ambos).
7. Conclusión ou Selección da Hipótese Final.
Describa na sección de conclusións a fonte de ignición, o material que se
acendeu primeiro e a secuencia de ignición.
EXEMPLO:
O 14 de agosto de 2011 o Sr. Smith acendeu un lume no seu barril de queima *.
Non colocou unha pantalla no barril para evitar o escape das brasas, e non
limpou a herba e a vexetación inflamable ao redor do barril. Ademais, o Sr.
Smith non quedou vixiando o lume e non tiña ferramentas nin auga dispoñibles
para apagalo. Unha brasa foi lanzada fóra do barril polos gases quentes e caeu
na herba seca, acendéndoa. O lume estendeuse desde a propiedade do Sr.
Smith ata o bosque circundante, provocando o incendio de West Canyon. (*N.
PMS 412 Capítulo 5 Páxina 181
do T.: nos EE.UU. é legal e común queimar dentro dun barril adoptando certas medidas
de seguridade, como unha reixa metálica tapando a súa parte superior. Como simple
curiosidade, o apelido Smith é o apelido máis común nos EE.UU. e un dos máis comúns
no mundo, máis de 4 millóns de persoas no planeta se apelidan Smith.)
A conclusión do informe debe basearse nos datos que se articularon na
narración anterior, incluíndo as referencias aos anexos e a documentación de
apoio. Unha vez que o investigador ou a investigadora escriba a súa conclusión
no informe narrativo, deberá revisalo para ver que, no momento en que se
chega á conclusión, o lector ou lectora ten unha comprensión da metodoloxía
utilizada, os datos ou feitos recollidos e analizados, as hipóteses de traballo
consideradas e os datos ou feitos que apoian esa conclusión.
Lembre que ás investigadoras e aos investigadores pídeselle a súa opinión
baseada nos datos ou feitos da investigación e que eses datos ou feitos deben
ser comprendidos polo lector ou lectora do informe no momento en que se
chega á conclusión.

Resumo
A persoa responsable do caso incluirá o Informe sobre a Orixe e a Causa no
expediente do incendio xunto con toda a demais información pertinente.
O expediente do caso de investigación é a recompilación de toda a documentación
da investigación, non só o informe final ou o Informe sobre a Orixe e a Causa.

PMS 412 Capítulo 5 Páxina 182


Capítulo 6 - Factores e Fontes de Ignición
Determinación da Causa do Incendio - Xeneralidades
O obxectivo de toda investigación dun incendio forestal é establecer a causa do
mesmo e determinar a secuencia de ignición que iniciou o lume.
Dado que os investigadores ou as investigadoras estarán a buscar algo que adoita
ser moi pequeno, negro, e que se atopa no medio dunha chea doutro material
negro, é moi importante para o éxito un enfoque sistemático como o recomendado
no Capítulo 2, Metodoloxía, desta guía.
O reto pode ser difícil se a orixe foi identificada incorrectamente ou a fonte de
ignición foi destruída polos traballos de extinción. Se a fonte de ignición é
pequena e non é facilmente visible ou está enterrada baixo a cinza e os residuos,
será necesario un exame exhaustivo para localizala. As fontes de ignición tamén
poden ser descoñecidas e, polo tanto, pasadas por alto se non se aplica un método
sistemático. Un incendio intencionado co dispositivo de ignición retirado ou se os
restos do dispositivo de ignición son consumidos polo lume fará que sexa máis
difícil determinar a causa, pero non imposible.
En condicións normais, os combustibles forestais acéndense e arden cando se
expoñen a unha fonte de calor capaz de elevalos a unha temperatura de entre 230 e
400 ºC. As investigacións sitúan a temperatura media de ignición ao redor dos
260-315 ºC. Esta temperatura de ignición relativamente baixa crea unha ampla
lista de posibles fontes de ignición competentes.
Unha fonte de ignición competente é calquera elemento que poida producir
suficiente calor durante un período de tempo suficiente, capaz de levar os
combustibles forestais á súa temperatura de ignición para manter a combustión en
chama descuberta. Isto significa que a fonte de ignición debe producir a suficiente
calor para elevar a temperatura do combustible ata o seu punto de ignición nas
condicións presentes no momento e o lugar da ignición.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 183


Figura 86. Foto dun misto utilizado como fonte de ignición.

A secuencia de ignición son as condicións existentes, as accións subseguintes e a


secuencia de acontecementos que poñen en contacto unha fonte de ignición
competente cos materiais que se acenden en primeiro lugar, tamén coñecidos como
a causa do incendio. A secuencia de ignición componse de tres factores de
ignición:
• Fonte de ignición competente.
• Tipo e forma do primeiro combustible aceso.
• Circunstancias, accións humanas ou eventos naturais que permitiron
que os factores confluísen.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 184


Por exemplo, na Figura 87, as condicións son: un barril de queima sen pantalla nin
espazo despexado, vexetación adxacente, vexetación seca relacionada con tempo
cálido e seco, e pendente.
A secuencia de eventos ou accións inclúe o inicio do material no barril, as brasas
no aire e a falta de atención.

Figura 87. Fotografía da fonte de ignición nun barril de queima.

Localización da Fonte de Ignición


As fontes de ignición poden tender a repousar sobre a superficie das cinzas ou
esconderse e/ou asentarse baixo a superficie debido ao peso, temperatura,
velocidade á que chegan ao solo ou degradación do leito de combustible.
Tipicamente, pero non sempre, as fontes de ignición tales como mistos, restos de
cigarros e fragmentos de metal plano tenderán a permanecer na superficie da cinza
mentres que outras como escoura de soldadura, partículas de escape e grandes
fragmentos de metal atoparanse debaixo da cinza. O punto principal é que unha
fonte de ignición pode atoparse en calquera nivel e calquera procura de tales fontes
debe ter isto en conta.
O material que se acende primeiro é o leito de combustible co que a fonte de
ignición entra en contacto por primeira vez e mantén a combustión no chan ou nos
combustibles da superficie. Polo xeral, estes están compostos por combustibles da
categoría de humidade de combustible fino morto (HCFM) dunha hora de tempo
de retardo (0-5 mm de diámetro) cunha elevada relación superficie/volume (por
exemplo, humus, herba, palla, etc.)

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 185


Categorías de Causas de Incendios
Causa xeral: clasifica a causa do incendio en función da fonte de ignición ou da
actividade humana xeral que iniciou o incendio. As seguintes categorías utilízanse
para describir diversas causas. Se procede, utilice as categorías de causa
establecidas pola súa Administración segundo corresponda.
• Raio.
• Fogueira.
• Fumador.
• Queima de residuos.
• Incendiario (Incendio intencionado).
• Uso de equipos.
• Ferrocarril.
• Nenos.
• Varios.
o Liñas eléctricas.
o Foguetes artificiais.
o Corte, soldadura e amolado.
o Uso de armas de fogo.
o Voaduras.
o Estruturas.
o Refracción/aumento do vidro.
o Combustión espontánea.
o Incendios de chemineas e foxos da produción petroleira.
As categorías poden variar segundo a Administración. As investigadoras e os
investigadores deben familiarizarse coas categorías de causas que aquela estableza.
Esta sección da guía cubrirá as categorías de causas mencionadas e incluirá unha
discusión sobre:
• Secuencia de ignición: condicións, accións e eventos.
• Circunstancias: evidencias ou elementos tipicamente asociados
coa causa, incluíndo restos de fontes de ignición potenciais.
• Técnicas de investigación: métodos específicos de investigación
que poden axudar a establecer probas da causa.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 186


Raios
Definición: calquera incendio forestal iniciado como resultado da actividade dun
raio. Os mapas de ocorrencia de raios son unha ferramenta importante que debe
utilizarse nos incendios sospeitosos de seren causados por raios.
Factores de Ignición: os raios son descargas de electricidade estática asociadas á
actividade das tormentas eléctricas. Os raios son tipicamente unha serie de
descargas eléctricas curtas de aproximadamente uns 5 cm de diámetro, que duran
ao redor de medio segundo. Estas descargas inclúen as descargas de nube a terra
que están no rango de 100 millóns de voltios, 200.000 amperios e 30.000 °C.
Os raios poden ter cargas positivas ou negativas *. As cargas positivas representan
ó 10% das descargas e as negativas ó 90%. Recoméndase que, ao comprobar os
datos dos raios, anótense no informe da investigación as diferentes descargas
positivas e negativas. Os raios cargados positivamente teñen un maior potencial de
inicio de lume, creando longos raios individuais con corrente continua. Os danos
no chan son o resultado da resistencia eléctrica. A duración da descarga inflúe na
probabilidade de ignición dos combustibles forestais. (*N. do T.: os raios de carga
positiva, ou raios positivos, xeran descargas positivas desde a nube ou zona da nube con
carga positiva cara o solo cargado negativamente. Os raios negativos son descargas negativas
desde a nube ou zona da nube con carga negativa e o solo cargado positivamente.)
Circunstancias: as circunstancias que indican un posible impacto de raio como
causa dun incendio inclúen tormentas eléctricas recentes (horas, días ou semanas)
na zona, a presenza de indicadores de raios latentes, cicatrices en árbores ou
troncos, zume das árbores precipitado, choiva de agullas, vexetación adxacente
perforada por agullas e pequenas poliñas ou estelas que saíron despedidas,
espiráculos (buratos) na base das árbores, fulguritas e madeira ou vexetación
estelada.

Figura 88. Exemplos de actividade de raios como posible fonte de ignición.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 187


Despois dun incendio, é posible que as árbores alcanzadas por un raio xa non
estean en pé, polo que o investigador ou a investigadora terá que examinar os
restos das árbores no chan xunto cos que aínda están en pé.
Os indicios de que un raio caeu na copa dunha árbore inclúen unha copa en forma
de pico ou troncos despuntados sen cicatriz visible, copas de árbores que saíron
voando e se dispersaron, e carbonización na copa da árbore ou outros danos
visibles. Nalgúns casos, algúns ou a maioría destes restos consumiranse no
incendio.

Figura 89. Exemplo de impacto dun raio na copa dunha árbore.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 188


Os raios que impactan na vexetación baixa e nas árbores pequenas poden dar lugar
a ramas esteladas, como na Figura 90. Os raios que caen directamente no chan
poden dar lugar a espiráculos e á formación de fulguritas.
As evidencias do impacto dun raio no chan poden incluír choiva de agullas, chan
remexido e rochas esnaquizadas. (N. do T.: ou rochas movidas da súa posición orixinal e/
ou volteadas.)

Figura 90. Exemplo de impacto dun raio na vexetación baixa.

Un incendio provocado por un raio pode arder sen ser detectado durante varios
días ou semanas despois do impacto antes de pasar a unha fronte de chamas
continua. Por esta razón deben buscarse a presenza de combustibles capaces de
manter o lume latente durante un período prolongado e a evidencia dun incendio
latente de longa duración.
Hai que buscar os buratos ou chan alterado na base das árbores, como na Figura
91.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 189


Figura 91. Exemplo de buratos e chan alterado causados por un raio.

As fulguritas xeralmente se forman en chans cun compoñente areoso. Hai


algunhas evidencias de que se forman en rochas areníferas *. Poden crearse tanto
por descargas eléctricas dun raio como polo contacto entre un condutor eléctrico
e o chan ou a rocha. Do mesmo xeito que o proceso de utilizar a calor para facer
vidro da area, a calor do raio quenta as partículas de area e fusiona o chan ou a
rocha no lugar do impacto. (*N. do T.: basicamente son rochas sedimentarias como
conglomerados ou areíscas. Soen formarse en actuais ou antigas zonas de sedimentación,
como beiras e desembocaduras de ríos, fondo de barrancos, vales, etc.)
As fulguritas adoitan parecerse ao vidro fundido, pero poden ter un exterior
areoso ou rugoso. Adoitan ser ocas e ramificadas. É necesario recuperalas con
coidado, xa que poden ser fráxiles.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 190


Figura 92. Tamaño das fulguritas comparado cunha moeda de 25 centavos .
(N. do T.: equivalente en tamaño a unha moeda de 1 euro.)

Figura 93. Máis exemplos de fulguritas.

Técnicas de Investigación
• Os raios só deben considerarse como unha hipótese de traballo cando se
teñan datos que os apoien. Débense recoller e analizar os datos para
determinar se é posible formar unha hipótese de traballo sobre os raios.
Documente como a investigación puxo a proba o raio en relación cos
feitos do caso e o desbotou ou non o desbotou.
• Entrevistar as testemuñas locais dispoñibles para saber se observaron
raios ou actividade tormentosa na zona do incendio. Pídalles que lembren
as datas e a localización dos avistamentos.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 191


• Obter e revisar os mapas e datos de detección de raios dos últimos 15
días. Amplíe esta análise a 30 ou máis días se as condicións
meteorolóxicas ou do combustible o xustifican. Obteña os datos a través
de servidores. Non se debe confiar completamente nos datos sobre raios.
A rede de detección de raios de MeteoGalicia ten unha precisión de
aproximadamente 500 metros cunha taxa de detección superior ao 90%.

Rede de detección de raios de MeteoGalicia:


https://www.meteogalicia.gal/observacion/raios/raios.action?request_locale=gl

• Examine as probas físicas dentro ou preto da zona de orixe que poidan ser
sospeitosas como fonte de contacto eléctrico ou apoiar as declaracións das
testemuñas. Utilice prismáticos ou similares para examinar as copas das
árbores altas.
• Examine todas as antigas traxectorias de danos por raio en busca de
signos de actividade recente. As estelas superficiais carbonizadas ou
descoloridas no antiga traxectoria poden indicar actividade recente.
• Realice procuras de macroefectos e microefectos da actividade da
traxectoria dos raios, por exemplo, rachos da cortiza en espiral, zume
recentemente precipitado e choiva de agullas.
• Examine as especies de árbores que son propensas á podremia central e
aos subseguintes efectos das traxectorias do raio, por exemplo, o abeto
branco*. Se é necesario, tale e abra os troncos das árbores sospeitosas.
Siga os procedementos de proba e evite a tala innecesaria. (*N. do T.:
Abies concolor, conífera orixinaria das montañas occidentais de Norteamérica. As
coníferas do noso entorno, xénero Pinus, xeralmente son resistentes ás podremias.
Como especies susceptibles á podremia central temos os bidueiros, freixos,
salgueiros, ameneiros e eucaliptos. En calquera especie a podremia pode delatarse
pola presenza de carpóforos de fungos, cavidades abertas, niños de formigas ou
paxaros, fendas na cortiza que deixan ver a madeira, protuberancias ou
aplanamentos do tronco.)
• Nas árbores sospeitosas, inspeccione a zona do pescozo da raíz e a
integridade das raíces preto da superficie e no chan pouco profundo.
Busque tecido descolorido, perímetro inchado ou estruturas separadas.
• Examine os puntos de contacto sospeitosos en busca de fulguritas ou
outros efectos similares relacionados coa fusión de partículas do solo ou
rocha por un raio.
• Documente e localice completamente os danos causados polos raios
mediante fotografías, esbozos e diagramas, segundo proceda.

Fogueiras de Campamento
Definición: calquera lume aceso para quentarse, cociñar, iluminar ou con fins
relixiosos ou cerimoniais. As fogueiras poden producirse en calquera lugar. Os
individuos responsables poden ser cazadores/as, campistas, pescadores/as,
excursionistas ou persoas sen fogar. Os regulamentos adoitan contemplar a
vixilancia, autorización e períodos de uso, ferramentas de extinción e a correcta
extinción. As infraccións destas normas adoitan provocar incendios que se
escapan. (N. do T.: consúltese a este respecto o establecido polo artigo 36, Outros usos do
lume, da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 192


Galicia. Tamén prohibe, no seu artigo 50.2 apartado 13 as acampadas fóra das zonas
delimitadas a tal fin.)
Factores de Ignición: os escapes de fogueiras poden ser causados por un gran
número de factores, entre eles:
• Non extinguila correctamente.
• Falta de atención.
• Espazo libre ou construción inadecuados.
• Colocación descoidada.
• Xogar co lume.
• Tirar brasas/cinzas de forma inadecuada.
• Uso inadecuado de acelerantes.
• Tirar descoidadamente mistos.
• Mal funcionamento da estufa (cociña) de campamento.
Os principais mecanismos de ignición dun escape de fogueira poden incluír o
impacto directo das chamas debido á construción dunha fogueira demasiado
grande ou á adición de demasiado combustible, faíscas aéreas ou materiais
rodantes que saen do foxo ou zona da fogueira. Se hai lume arrastrándose baixo ou
ao redor das barreiras da fogueira, as rochas demasiado quentes que conteñen
humidade rómpense (explotan) expulsando brasas acesas fóra da fogueira.
As faíscas ou o material rodante adoitan orixinarse a favor do vento ou costa
abaixo da fogueira e adoitan estar bastante preto dela. O papel ou o cartón son os
principais materiais iniciadores do lume e poden estar presentes nos restos. A orixe
do lume pode estar en madeira pasmada ou en combustibles finos. Os puntos de
orixe dos incendios provocados polas faíscas que se desprenden da rápida
expansión do vapor na madeira estarán preto da fogueira.
Os escapes de fogueiras de campamento poden ser o resultado dunha zona non
despexada ao redor do bordo da fogueira, o que a miúdo dá lugar a un escape de
tipo fumarento*. Este tipo de escapes poden formar un patrón de lume de dedo ou
dedos. O sistema de raíces subterráneas poden transmitir o lume con chama ou sen
ela ao exterior da fogueira. Os lumes desatendidos, abandonados ou mal apagados
son factores comúns nos escapes destas fogueiras. (*N. do T.: que arde sen chamas,
minando o chan, coma nos incendios de subsolo.)
As brasas ou a cinza refugadas sobre combustibles forestais antes de que estean
totalmente apagadas polo xeral estarán próximas á fogueira orixinal. As brasas
e/ou cinzas estarán presentes na orixe, podendo estar expostas ou enterradas baixo
o chan. A calor dentro dunha chea de cinzas ou brasas enterradas pode conservarse
durante horas ou días. As cinzas refugadas de estufas de leña domésticas,
queimadores de leña ao aire libre ou fornos de calefacción domésticos terían
factores de ignición similares ás brasas e/ou cinzas refugadas das fogueiras.
Circunstancias: as circunstancias típicas que conducen ao escape dunha fogueira
inclúen unha fogueira utilizada recentemente na orixe do lume ou preto dela. Os
indicios de actividade humana na orixe ou preto dela, se son recentes, poden
axudar a determinar a secuencia de acontecementos que tiveron lugar. A calor
residual da fogueira pode permanecer durante días. Hai que ter en conta que non
todas as fogueiras estarán dentro dun anel de rochas.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 193


Os círculos de rochas ou foxos cunha gran cantidade de cinza e brasas, ou unha
chea de madeira son bos indicadores dunha fogueira. Os signos de actividade de
acampada recente, incluídos os recipientes de comida desbotados, e a presenza de
estacas metálicas ou de ollais metálicos de tendas de campaña poden indicar a
posibilidade dunha fogueira próxima. Pode haber cinza húmida e/ou cinza
mesturada con terra nun errado esforzo por extinguir o lume.

Figura 94. Escape dunha fogueira.

A extinción inadecuada dunha fogueira pode deberse á utilización dunha cantidade


de auga insuficiente. As fogueiras frescas formarán unha cinza branca na
superficie se non son alteradas polos esforzos de extinción. As fogueiras formarán
unha costra de cinza na superficie se se mesturan con auga. Ás veces, o lume
arderá baixo a costra e a calor residual quedará illada do arrefriado da contorna
exterior. As brasas quentes illadas pola costra de cinza poden arder ata o bordo da
fogueira e escapar, ou quedar expostas aos ventos da superficie e saír da zona da
fogueira.
As fogueiras sufocadas con terra e/ou rochas poden arder durante horas ou días
baixo esa capa illante de terra e rochas. Busque a presenza de brasas quentes e
fumarolas na superficie da cinza. (unha fumarola é un burato na cinza polo que
escapan gases e vapores quentes). Deben buscarse e documentarse restos de
materia orgánica xa que poden contribuír á combustión lenta. Anótese a humidade
do chan e o seu contido mineral xa que poden prolongar o período de combustión.
A ausencia de esforzos de extinción pode ser unha indicación de que a fogueira foi
abandonada. Cando non hai esforzos de extinción, pode haber cinza branca, fina e
esponxosa na superficie cunha aparencia fráxil. Pode detectarse un cheiro a
queimado recente.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 194


Os incendios forestais que arden sobre fogueiras antigas non adoitan volver
acender as brasas.
Técnicas de Investigación: durante a investigación e documentación dun escape
de fogueira, os factores centraranse na determinación da orixe en si, a construción
da fogueira, o incumprimento das normas e a falta de extinción da fogueira.
• Comprobar se o uso da fogueira infrinxiu algunha norma sobre
incendios e documentar que medidas aplicou e que actuación posterior
levou a cabo.
• Identificar ao responsable da construción e o uso da fogueira
antes de que se producise a fuga.
• Determinar que precaucións e ferramentas de seguridade se utilizaron
para evitar un escape durante o uso da fogueira. Determinar cando se
construíu a fogueira e canto tempo se utilizou. Fotografar o círculo da
fogueira de preto e de lonxe, mostrando a proximidade á zona de ignición
e a dirección de propagación.
• Determinar que materiais se queimaron durante o uso da fogueira.
Recoller mostras, se é necesario. Examinar o interior da fogueira para
determinar se hai calor residual. Medir as dimensións do círculo,
incluída a profundidade media da cinza, tomando nota da cor,
tamaño e estado das cinzas e/ou brasas.
• Determinar que medidas se tomaron, se é que se tomaron, para extinguir
a fogueira. Especifique os detalles e as persoas que levaron a cabo as
ditas accións. No caso de menores implicados no escape dunha
fogueira, determinar que supervisión das nais e pais houbo. Se houbo
coñecemento previo por parte das nais e pais, supervisaron o uso e
posterior extinción da fogueira?
• Examinar a construción do anel da fogueira e a limpeza do terreo ata
chegar ao chan mineral e a continuidade dos combustibles ao redor e por
enriba da fogueira. Os residuos de brasas e cinza adoitan revelar se a
construción era segura para o lume. Documentar o estado do anel da
fogueira. Examinar as capas de chan orgánico que rodean o anel da
fogueira para ver se o lume do subsolo se transmitiu aos combustibles da
superficie.
• Revise os rexistros meteorolóxicos para ver se as condicións son
coherentes coa permanencia de material fumarento (que arde sen chama)
no leito da fogueira.
• Examinar minuciosamente as cinzas no leito da fogueira en busca de
signos dunha axeitada extinción ou de material relacionado coa
combustión lenta.
• Determinar se os usuarios e/ou usuarias da fogueira deixaron o lume
desatendido nalgún momento ou permitiron que se estendese desde o
anel da fogueira nalgún momento, independentemente de se o escape tivo
lugar nese momento ou non.
• Documentar o propósito da fogueira e incluír a identificación de todas as
persoas que estean na fogueira ou preto dela durante o seu uso.
• Entrevistar as testemuñas que observasen ás persoas na fogueira e as súas
accións.
• Poñerse en contacto coa persoa propietaria do terreo para verificar que o
usuario ou usuaria da fogueira tiña permiso para facela na súa
propiedade.
PMS 412 Capítulo 6 Páxina 195
• No lugar da fogueira buscar e anotar:
o Botellas, latas ou outros restos de consumo.
o Círculo de rochas (contedor do lume) dentro da área queimada.
o Asentos, como troncos ao redor do círculo de rochas.
o Montón de leña non utilizada.
o Información do rexistro do cámping.
o Accesibilidade.
o Cinzas da leña nun patrón definido.
o Equipo de acampada abandonado.
• Excluír ou analizar outras causas potenciais razoables.
• Se hai cinzas ou brasas quentes, utilice un termómetro de alta
temperatura ou outro método para establecer os niveis de calor residual.
Non introduza papel ou outros materiais inflamables na cinza ou brasas
para demostrar o seu potencial de ignición, xa que isto contaminará os
restos da fogueira.
• Comprobe os rexistros de sendeiro*, permisos das fogueiras, rexistros
dos cámpings e outras inscricións. (*N. do T.: moi comúns nos EE.UU., son
caixas, paneis ou semellantes con follas de papel ou cun caderno e lapis onde os e
as sendeiristas poden anotarse ou deixar mensaxes ao seu paso.)

Fumadores
Definición: incendios forestais causados por actividades ou materiais de
fumadores, incluíndo mistos, cigarros, puros, pipas, substancias ilegais, etc.
Os restos de cigarros poden ser difíciles de ver, como se mostra na Figura 95.
Figura 95. Restos queimados dun cigarro e un misto.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 196


Redsicker e O'Connor observaron en Practical Fire and Arson Investigation
(Investigación práctica de incendios e incendios provocados) que "os cigarros
foron durante moito tempo o chibo expiatorio nos casos nos que non se podía
determinar ningunha outra causa" (Redsicker, 1997). Para avaliar eficazmente a
probabilidade de que un cigarro sexa unha fonte de ignición competente, hai que
ter en conta o seguinte:
• Características físicas do cigarro.
• Factores ambientais.
• Factores da localización física.
As características físicas dos cigarros manufacturados soen ser:
• Tabaco tratado quimicamente e envolto en papel.
• Filtro de celulosa, plástico ou carbón vexetal.
• Peso: 2/3 gramos.
• Lonxitude: 45-90 mm.
• Temperatura interior do núcleo de 740-840 ºC.
• Temperatura exterior da punta de 300-650 ºC.
Os Cigarros Anti-incendios están deseñados principalmente para a seguridade con
tapicería interior. As investigacións informais mostran que poden seguir ardendo
no medio ambiente. O tabaco en si non está tratado quimicamente; con todo, o
papel ten dúas bandas máis grosas* para retardar a combustión a menos que se
fume activamente. Aínda que o cigarro se considere un cigarro anti-incendios
(FSC, fire safe cigarette), nas probas permítese que o 30% falle e o cigarro aínda
cumpra a normativa de seguridade. (*N. do T.: trátanse de dúas ou tres bandas de acetato
de vinilo etileno ou EVA, que rodean o corpo do cigarro e o dividen en tres ou catro seccións.
Na UE este tipo de cigarros son obrigatorios para os fabricantes desde o ano 2011.)
O contido da cinza dos cigarros varía e afecta á temperatura exterior da punta. O
tabaco encóllese ata un 20% durante a combustión. A medida que a punta se
queima, levántase e afástase do leito de combustible. A transferencia de calor
prodúcese principalmente por condución e radiación, a menos que estea colgada
do combustible.
A progresión lineal da combustión limita a exposición de calquera punto a un ou
dous minutos.
O tempo total de combustión dun cigarro é de aproximadamente 12-15 minutos
(uns 2,5 cm en catro minutos). A maioría das persoas descartan un cigarro que se
consumiu case totalmente, por tanto, a exposición típica do leito de combustible á
calor é de aproximadamente un a dous minutos.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 197


Factores de Ignición:
Figura 96. Factores de ignición dos cigarros.

Incendios Causados por Cigarros


PROBABILIDADE DE IGNICIÓN BASEADA NA HUMIDADE RELATIVA
Condicións do combustible criticamente seco:
HR inferior ao 22% e humidade do combustible fino morto inferior ao 14%

Inicio Non Hai


Inicio Probable Inicio Posible Pouco Probable Inicio
0% HR 10% HR 18% HR 22% HR

Os factores ambientais abarcan:


• Leito de combustible con partículas finas.
• Disposición non compacta do combustible.
• Humidade do combustible fino morto (HCFM) inferior ao 14%.
• Temperatura ambiental de 27 ºC ou superior.
• Localización do microclima (temperatura a nivel do chan fronte a
temperatura a nivel superior).
• Humidade relativa (HR) do 22% ou menos.
Dado que os incendios provocados por cigarros acéndense a nivel do chan ou preto
del, as lecturas meteorolóxicas deben tomarse o máis preto posible tanto da
localización no chan como do momento da ignición. As condicións
microclimáticas a nivel do chan poden variar significativamente das tomadas a
nivel da vista ou dos 10 metros.
Circunstancias: a localización física do cigarro é un factor importante. Hai que ter
en conta que o importante é cal era a posición do cigarro cando acendeu os
combustibles, non o seu lugar de repouso final despois de que os combustibles se
acendesen e ardesen. En moitos casos, isto pode non ser posible de determinar con
precisión. Para aumentar as posibilidades de que o cigarro se acenda, o 30% ou
máis do extremo incandescente debe estar en contacto co leito de combustible. A
punta debe estar orientada cara ao vento e pode estar enterrada no combustible ou
ladeira abaixo do extremo que non está a arder.
Os fumadores normalmente non descartan os cigarros de lonxitude completa. Debe
examinarse a lonxitude dos restos de cinza e considerar se forman parte dun
dispositivo incendiario de tempo retardado. Considere a posibilidade de que se
trate de cigarros alterados, como un dispositivo con cabeza de misto recortado.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 198


Figura 97. Evidencia dun cigarro.

Ao considerar as circunstancias relacionadas cun posible incendio intencionado


por un cigarro, deben compararse as condicións meteorolóxicas e do leito de
combustible cos requisitos proporcionados nesta guía de campo. Ademais da
localización física dos restos de cigarros, pode haber signos de actividade humana
na zona de orixe ou preto dela.
As puntas redondeadas ou afiadas poden indicar que se fumou activamente. Unha
punta plana pode indicar que se apagou antes de ser tirado. Un aspecto rebentado
na columna de cinza pode indicar un cigarro aceso. Os restos antigos poden ter un
aspecto dobrado, desgastado ou esnaquizado.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 199


Figura 98. Exemplos de puntas de cigarros.

Filtro

Cinzas reventadas

Técnicas de Investigación:
• Examinar coidadosamente todas as cabichas situadas no Punto de
Orixe ou preto del antes de tocalas ou movelas. Utilice unha lupa
para determinar se se produciu algunha alteración ou modificación que
poida indicar que o cigarro se utilizou como compoñente dunha mecha
nun dispositivo incendiario de retardo. Se é así, proceda á investigación
coma se tratase dun incendio intencionado.
• Antes de trasladar os restos, medir a súa distancia respecto á zona de
ignición ou outros puntos relevantes, incluída a distancia a calquera
estrada próxima. Medir a lonxitude da cinza e da parte non queimada.
Anotar as marcas distintivas, se hai un filtro e se o produto está enrolado
a man. Examinar o estado dos restos en busca de indicios de
esmagamento. Fotografar e recoller os restos de cigarro e cabicha da
orixe do incendio utilizando a técnica de levantamento da zona basal.
• Examinar coidadosamente e retirar con coidado as capas de cinza que
poidan ocultar o cigarro para revelar a súa estrutura. A relación de
tamaño e peso dos cigarros (e mistos) adoita impedir que se queimen na
zona de contacto coa superficie do chan; con todo, a cinza circundante
pode ocultalos.
• Empaquetar, etiquetar e gardar a mostra para utilizala como proba no
futuro.
• Determinar as condicións meteorolóxicas específicas no momento en
que se sospeita que a cabicha chegou ao leito de combustible.
Documentar a velocidade e dirección do vento, a humidade relativa, a
temperatura e o estado do tempo (porcentaxe de sol).
• Determine cal sería a humidade do combustible morto fino no momento
da ignición.
• Determinar a profundidade, disposición e estado de seca do leito de
combustible fino (retardo dunha hora) no momento da ignición. O
exame dos combustibles non queimados preto da área de orixe xeral
pode dar unha idea dos factores do combustible fino.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 200


• Póñase en contacto coas testemuñas que poidan estar preto da zona de
ignición no momento en que o cigarro puido ser refugado. Non pase por
alto a residentes pois puideron observar a alguén camiñando ou
conducindo nese momento. En xeral, concéntrese no período de tempo
que vai desde unha hora antes da ignición ata o momento en que se
informa do incendio. (Amplíe este tempo segundo sexa necesario en
función das condicións do comportamento do lume).
• A partir da información obtida na entrevista e no lugar dos feitos, tente
estimar a fonte da que procedía a cabicha e a traxectoria estimada que
puido seguir ao ser refugada.
• Determinar se se infrinxiu algunha norma de prevención de incendios e
que medidas coercitivas e disposicións posteriores se adoptaron.
• Excluír ou analizar outras causas potenciais razoables.

Queima de residuos
Definición: incendios forestais causados por actividades de queima de residuos,
incluídas as domésticas (montóns, en barrís, por redución de riscos) e as industriais
(operacións de tala, limpeza de terreos, agricultura, silvicultura, redución de riscos
na servidume de paso ou outras queimas controladas). Os escapes da queima de
residuos son unha das principais causas específicas dos incendios forestais.
Factores de Ignición: os factores son similares aos escapes de fogueiras de
campamento. Os principais mecanismos de ignición son as brasas arrastradas polo
vento ou o propio lume que avanza desde a zona de control da queima ata á
vexetación non desbrozada.
Circunstancias: patrón de propagación distintivo que se orixina no perímetro da
queima de residuos. As brasas arrastradas polo vento adoitan caer a menos de 12
metros da súa orixe. O cartón e o papel son como anacos de leña ardendo,
competentes para iniciar un incendio e a miúdo están presentes nas actividades de
queima de residuos domésticos. O montón de residuos ou o barril de queima
estarán presentes e serán perceptibles na área de ignición ou a barlovento dela.
Outra circunstancia para o escape dunha queima é cando se realiza nun barril sen
reixa tapando a súa parte superior ou con reixas defectuosas (queimadas,
demasiado pequenas para o tamaño do barril, ou con luz demasiado grande). O
propio barril pode estar defectuoso e ter buratos non cubertos por unha reixa, xa
sexa cortados deliberadamente no barril ou simplemente debidos ao óxido ou a
combustión no seu interior. A miúdo a principal causa asociada aos escapes de
queima de residuos tanto domésticos como industriais é un desbroce arredor
insuficiente. A ausencia de ferramentas de extinción pode contribuír a establecer
unha posible neglixencia. Pode haber signos de esforzos de extinción por parte do
propietario e/ou propietaria ou doutras persoas.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 201


Figura 99. Incendio dun barril de queima de residuos que se escapou.

Unha circunstancia común nos escapes de queima de residuos tanto domésticos


como industriais é a falta de atención. Nunha queima de residuos domésticos isto
pode derivar nun escape de minutos a días despois.
Os incendios que se escapan orixinados en grandes operacións de queima de
residuos deben tratarse, en xeral, da mesma maneira que outras queimas de
residuos. O seu tamaño, e o feito de que poidan manterse durante todo o inverno,
crean consideracións adicionais. A queima de residuos industriais, como a queima
de restos dunha tala ou doutros montóns da industria forestal, pode formar costras
de cinza similares ás descritas na sección sobre fogueiras de campamento,
conservando certa calor residual durante meses. A miúdo, cando estes grandes
montóns de queima industrial quedan expostos e volven activarse, os residuos
forestais, como as follas e agullas, cobren agora calquera liña de control ao redor
dos montóns, permitindo que o lume teña unha vía de escape por combustión
directa ou por muxicas arrastradas polo vento.
Os incendios poden xurdir moito despois de que se queimaron os materiais
orixinais produto dos desbroces. Tamén poden xurdir dunha queima no chan, non
en barril, cando xa non existe ningún montón de restos vexetais. Hai numerosos
casos documentados nos que estes incendios escapáronse na primavera seguinte
despois de queimárense inicialmente no outono anterior. Isto pode deberse a que se
amontoaron as cinzas xusto despois da queima dos residuos vexetais co cal se
creou unha mestura de terra e cinza que illou as brasas quentes dentro dese
montón.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 202


Técnicas de Investigación – Xeral
• Determinar se a área de ignición ou a fonte de ignición é o montón de
queima, e se os patróns de lume apoian esa decisión.
• Realizar entrevistas exhaustivas ás persoas que puideron observar a
queima ou que participaron nela.
• Examinar o material residual do montón para determinar as súas
dimensións, profundidade e composición. Documentar exhaustivamente
que materiais se queimaron e se se retivo algunha calor residual no
montón.
• Determinar que barreiras de control se construíron, con que ferramentas e
fonte de auga se contaron, e se a persoa responsable atendeu á queima en
todo momento. Documentar exhaustivamente todos os requisitos e
deficiencias existentes.
• Determinar o tempo transcorrido desde a ignición do montón ata o escape;
a miúdo mídese en días. Especificar as datas e horas.
• Determinar cales foron as condicións meteorolóxicas durante todo o
tempo da queima e especificamente no momento do escape.
• Determinar a proximidade do montón queimado aos combustibles
circundantes ou a combustibles perigosos próximos. Incluír a pendente, a
orientación e a proximidade aos combustibles.
• Se se utilizou un incinerador ou un barril para queimar, documentar a
cantidade de espazo libre de vexetación ao seu redor, a integridade da
reixa e o barril, a súa proximidade a combustibles perigosos próximos, e
se a persoa responsable supervisou a queima e tiña suficientes ferramentas
a man.
• Se houbo menores implicados, determinar se actuaron no lugar dos pais
para queimar o material.
• Realizouse a queima durante as horas ou en lugares non permitidos?
Documentar calquera infracción de permisos ou das medidas de
prevención* que se produciran, as medidas adoptadas e as accións
posteriores. (*N. do T.: en Galicia estes requisitos recólleos o artigo 15 do
Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á
prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e
á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais. Deste decreto só seguen
vixentes, parcial ou totalmente, seis artigos, entre eles case todo o artigo 15.
Recordamos o apuntado no prefacio desta obra, podemos acceder ás versións
actualizadas da lexislación estatal e autonómica na seguinte ligazón
https://noticias.juridicas.com.)
• Recoller mostras do material queimado, se é necesario, e tomar sempre
varias fotos do montón ou do barril de queima desde distintos ángulos e
distancias. As fotografías deben mostrar a proximidade aos combustibles
circundantes, onde estaba a persoa responsable, as liñas de control, as
ferramentas e auga, os intentos de extinción, outros montóns e material
queimado.
• Resumir todas as probas da queima de residuos ou restos de xardín,
validadas e/ou eliminadas, na investigación.
• Excluír ou analizar outras causas potenciais razoables.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 203


Técnicas de Investigación - Montóns de Restos
• Documentar o tipo e a extensión do material combustible queimado,
expresado en especies, combustibles, tamaños, superficie, tamaño dos
montóns ou toneladas por hectárea.
• Definir a extensión do incendio e do montón queimado, e facer un
diagrama dos perímetros das zonas queimadas. Transcribir esta
información aos mapas topográficos. Tomar fotos aéreas cando sexa
necesario.
• Documentar o grao de planificación previa, a preparación do lugar e a
execución correcta da operación de queima. Barreiras de control
planificadas e pertinentemente construídas, redución de combustible
perigoso preto das liñas de control (en ambos os lados), persoal e
equipo para o control, previsión de emerxencias, vixilancia
meteorolóxica, equipo e técnicas de acendido e inicio do lume,
comunicacións, supervisión e formación. Documentar completamente
todas as obrigas e deficiencias.
• Documentar o método de aceso empregado e a súa secuencia.
Documentar calquera situación na que as secuencias de ignición fallasen
ou tivesen un éxito parcial. Rexistrar a extensión do combustible non
queimado a partir destas accións e o alcance da posterior re-combustión,
as accións posteriores relaciónanse co escape ou coa dificultade dos
esforzos do seu control.
• Documentar o grao de participación da Administración relacionada coa
aprobación dos plans de queima, inspeccións previas e posteriores da
queima, seguimento dos incumprimentos, permisos, rexistro do incendio e
accións de control do distrito *. Documentar todos os requisitos e
deficiencias. (*N. do T.: no texto orixinal distrito ten a connotación dunha das
divisións político-administrativas dos EE.UU. Aquí mantemos o termo distrito
pero co significado de distrito forestal, é dicir, cada unha das divisións territoriais
de Galicia a efectos da prevención e defensa contra os incendios forestais.)
• Documentar a información meteorolóxica 30 días antes do incendio,
durante o escape e no período de extinción. Determine a humidade do
combustible para todas as clases de tamaño dos combustibles
involucrados. Obteña copias de calquera estimación prevista do
comportamento do lume.
• Documentar as zonas ou puntos de escape do lume e calquera situación na
que se produciu algún foco. Documentar todas as probas físicas e as
accións humanas relevantes relacionadas co escape ou inicio do lume.
• Documentar todas as accións humanas relevantes que tivesen lugar
despois de descubrir o escape. Documentar a cantidade de recursos de
control dispoñibles e o grao en que se utilizaron eficazmente.
• Documentar a cronoloxía dos grandes montóns queimados ou das
queimas de restos amoreados autorizadas. Inclúa a época do ano en que se
produciu o inicio, o alcance dos esforzos de seguimento, vixilancia ou
neutralización de posibles escapes. Documentar todos os requisitos e
deficiencias.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 204


Técnicas de Investigación - Incendios Latentes
A investigación debe incluír (se o montón de restos non se dispersou durante a
extinción):
• Fotografar, gravar en vídeo e medir a morea de restos e comezar a
debuxala inicialmente durante o exame.
• Examinar o montón para identificar os puntos quentes.
• Obter unha declaración detallada da parte propietaria do terreo ou da parte
que aproveite a propiedade, que inclúa a data en que se rozou, queimou e,
de ser o caso, se re-amontoaron os restos despois da queima.
• Comezar o exame nun lugar identificado do montón de maleza.
• Se é posible, contar coa presenza do propietario ou propietaria.
• Utilizar un skidder, tractor ou unha minipala para desmontar pouco a
pouco o montón.
• Mida cada corte no montón de restos.
• Ao desmontar o montón, examine e documente non só o seu núcleo
quente, tamén hai que buscar zonas de brasas frías e determinar se
están conectadas ao núcleo ardente. A cor dos residuos pode determinar a
intensidade da calor.
• Gravar e fotografar o procedemento.
• Faga un esbozo da escena coas medidas correspondentes.
• Obteña unha copia da autorización de queima.
• Confirmar as condicións das autorizacións co organismo emisor.
• Se se trata dun incendio de subsolo, será necesario un exame coidadoso da
zona para determinar a profundidade da combustión e o movemento do
lume para confirmar a causa.

Incendio Intencionado/Incendiario
Definición: incendios forestais provocados deliberada ou maliciosamente coa
intención de danar ou defraudar.
Os incendios intencionados ou incendiarios trataranse no Capítulo 7.

Uso de Equipos
Definición: incendios forestais resultantes da operación de equipos mecánicos,
excluíndo os ferrocarrís. Os tipos de equipos mecánicos varían desde os equipos
pesados ata os pequenos motores portátiles. Os incendios causados polo uso de
equipos discutiranse nesta sección en cinco partes:
1. Partículas do sistema de escape.
2. Fricción e faíscas.
3. Combustible, lubricante, fluídos.
4. Avaría mecánica ou doutro tipo.
5. Transferencia de calor radiante ou condutiva.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 205


1. Partículas do Sistema de Escape: Factores de Ignición
As partículas do sistema de escape poden proceder de calquera motor de
combustión interna. As partículas inclúen fragmentos de carbono, de catalizadores
e de metal. Estas partículas son fontes de ignición comúns ao longo das estradas e
áreas de uso de vehículos fóra da estrada.
Un sistema de escape está formado por varias pezas, incluíndo un cabezal,
convertedor, tubo ou tubos de escape, silenciador e saída do tubo de escape.
As partículas de carbono do escape son materiais que se crean pola combustión
incompleta dos combustibles de hidrocarburos. Compóñense de carbono do motor,
trazas de metais e lubricantes que actúan como aglutinantes. As partículas de
carbono poden ter un contido térmico equivalente ao dun anaco de madeira dura de
tamaño similar. Os hidrocarburos volátiles contidos na partícula poden prolongar o
seu tempo de actividade térmica. As partículas máis grandes poden autoinflamarse
ao ser expulsadas e entrar en contacto co aire. Os motores diésel adoitan ser máis
propensos a expulsar fontes de ignición competentes que os motores de gasolina.
Figura 100. Exemplos de partículas de carbono nos gases de escape.

As partículas de carbono da gasolina adoitan ser máis pequenas que as do diésel.


O carbono da gasolina é tipicamente granular ou con forma de escamas, e pode ser
brillante ou opaco, pero xeralmente estará cuberta de borro. Estas partículas poden
recuperarse cun imán se hai suficiente material ferroso na súa composición.
As partículas de carbono do diésel adoitan ser máis grandes que as da gasolina.
Son granulares, esponxosas ou en forma de anacos de pedra pómez. Poden ser
brillantes ou opacas, pero adoitan ser negras e cubertas de borro. A experiencia
demostrou que de cando en vez se poden recuperar cun imán.
As partículas de carbono diésel que se mostran a continuación adoitan ser máis
grandes que as de gasolina. Observe o aspecto negro do borro.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 206


Figura 101. Exemplos de partículas de carbono no sistema de escape diésel.

As partículas do sistema de escape orixínanse na cámara de combustión, onde as


temperaturas adoitan ser de 1.700 ºC, e nos portos ou colectores que alcanzan
temperaturas de 900 ºC. Polo xeral, a distancia de voo horizontal desde a orixe na
saída do escape ata o chan é duns 14 metros como máximo. A maioría dos
incendios acesos por partículas de escape estarán moito máis preto da orixe da
partícula.
As partículas de escape considéranse unha fonte de ignición competente cando
teñen un tamaño mínimo de 0,6 mm (Fairbanks, xullo de 1934). As partículas que
inician os incendios adoitan estar no rango de 1,5 a 2 mm ou máis (Countryman,
1983). As partículas de ata 0,13 cm ou máis non son infrecuentes cando se asocian
con locomotoras diésel.
As partículas de carbono son xeralmente expulsadas dun sistema de escape a
ralentí antes dunha operación de máximo esforzo, cando o motor está tirando
dunha carga, durante fallas nos aneis do pistón ou nos selos das válvulas,
sobrequecemento do motor, funcionamento do freo motor, freado por presión
(pisar o freo) ou nos puntos de xiro.
Os apagachispas e os turbo-compresores están deseñados para limitar a expulsión
de carbono. A lei pode esixir un ou outro. A presenza dun apagachispas ou dun
turbo-compresor non exclúe unha ignición debida ás partículas dos gases de escape
debido a un mal funcionamento, a unha modificación ou á utilización dun modelo
erróneo.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 207


Hai dúas categorías de apagachispas e turbo-compresores, segundo a súa forma de
actuar:
• Por desgaste.
• Por retención.
Os apagachispas e os turbo-compresores deben cumprir a normativa pertinente.
Como indicios dunha fuga no escape ao redor do apagachispas podemos citar os
parafusos da carcasa soltos, unha brida solta ou deformada, ou unha reixa do porto
de escape separada. Algúns silenciadores parecen apagachispas e poden necesitar
unha inspección detallada para determinar se inclúen un apagachispas.
Condicións: as partículas de carbono dos gases de escape son máis propensas a
acender o lume en condicións que inclúen baixa HR e altas temperaturas. As
variacións no tamaño das partículas dificultan o establecemento de mínimos e
sábese que as partículas grandes inician incendios ata cun 80% de HR
(DeBernardo, 1980). O leito de combustible receptor é tipicamente de
combustibles con partículas finas dunha hora de retardo. A humidade do
combustible fino morto (HCFM) é xeralmente baixa, pero non se estableceu un
límite superior coñecido.
Os lugares nos que as partículas de carbono do escape poden orixinar incendios
inclúen os terrapléns, pendentes, entradas de túneles, baixadas e os puntos de
cambio nas melloras da estrada. As condicións da estrada que contribúen á tensión
térmica ou mecánica poden aumentar o potencial de expulsión de partículas de
carbono nos gases de escape. (N. do T.: a presenza de fendas, fochancas ou deformacións
na calzada provoca que os vehículos vibren ao circular sobre elas aumentando a súa
capacidade de expulsión de partículas. Comprobar o estado da estrada ou pista preto da área
de ignición se se sospeita dun incendio por partículas.)
Figura 102. Os terrapléns con vexetación poden formar leitos de combustible
receptivos para os incendios de partículas do escape.

Orixe Potencial

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 208


Cando se sospeita que se utilizaron equipos pequenos, como motoserras, vehículos
todoterreo, equipos de xardinería ou equipos eléctricos portátiles, pode haber
probas do seu uso preto da área de ignición.

Figura 103. Varios tipos de sistemas de escape de motores pequenos.

Os equipos pesados, como dóceres*, camións volquete, camións madeireiros,


tractores, niveladoras, skidders, etc., de fabricación máis recente, adoitan estar
turbo-alimentados, pero aínda así poden supoñer unha ameaza se o sistema está
danado. O estado pode ser obvio. (*N. do T.: bulldozer, tildozer e angledozer.)

Figura 104. Sistemas de escape danados.

Polo xeral, as condicións que se dan na escena dun incendio, e que poden asociarse
ás partículas de carbono do sistema de escape, inclúen a presenza do equipo
concreto ou signos de calquera tipo de uso de equipos como a construción, tala,
roza, colleita, sega, nivelación, etc.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 209


Os mecanismos de ignición inclúen: partículas do sistema de escape, fricción,
combustible, lubricante, fluídos, avaría mecánica ou outro mal funcionamento,
golpe nunha rocha, acumulación de vexetación en superficies quentes e
transferencia de calor radiante ou condutiva. Pode haber material carbonizado no
tubo de escape ou noutras superficies quentes e debe buscarse.

Partículas do Catalizador
As partículas do convertedor catalítico ou catalizador compóñense dunha matriz de
cerámica monolítica con forma de panal e con pequenas perlas de cerámica. Son
frecuentes nos vehículos antigos. As partículas adoitan ser de cor gris, opacas ou
cun brillo metálico. Poden estar chamuscadas.

Figura 105. Partículas do convertedor catalítico ou catalizador.

As partículas da malla metálica, un elemento dalgúns convertedores catalíticos,


tamén poden ser expulsadas e provocar un incendio.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 210


Figura 106. Malla metálica dos convertedores catalíticos.

Os convertedores catalíticos que funcionan normalmente poden alcanzar


temperaturas de ata 750 ºC. As avarías adoitan estar causadas por un fallo do
acendido electrónico. Durante un mal funcionamento, o convertedor se sobrequece
e a matriz se degrada e rompe a temperaturas de 1.300 a 1.500 ºC. As partículas
cerámicas quentes saen do sistema de escape a través do tubo de escape ou por
fendas na carcasa exterior do propio convertedor.
Condicións: a expulsión de partículas do catalizador adoitan ter unha traxectoria
horizontal máxima de aproximadamente 10 metros. A altura do tubo de escape
limita a dita traxectoria.
A altura e consistencia da vexetación do chan, como a herba, tamén formará unha
barreira para o desprazamento das partículas. A maioría das orixes están preto da
beiravía da estrada e non hai correlación cos terrapléns ou as pendentes. É habitual
que haxa varias zonas de ignición ou varios incendios ao longo da mesma rede
viaria.
A área de ignición de cada incendio adoita ter unha ou varias partículas no seu
interior que poden variar en tamaño, ata o diámetro do tubo de escape, ou o burato
da carcasa do catalizador. As partículas do convertedor catalítico considéranse
fontes de ignición lixeiras e adoitan descansar sobre a cinza. As partículas non son
magnéticas e aseméllanse ao plástico fundido. Un efecto rebote creado polas
partículas que saen dun tubo de escape baixo pode facer que a partícula rebote en

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 211


ángulos estraños, pero a maioría das partículas póusanse na dirección xeral na que
está inclinado o tubo de escape.

Figura 107. Partícula do catalizador.

Técnicas de Investigación: Convertedor Catalítico


Busque zonas de ignición múltiples. Percorra o bordo da estrada e busque outras
partículas que non provocasen incendios. Busque arriba e abaixo da estrada un
vehículo avariado. A experiencia demostrou que aproximadamente o 33% dos
vehículos con problemas no convertedor catalítico deixan de funcionar a poucos
quilómetros do incendio. Inspeccione o convertedor en busca de buratos, óxido,
fendas e soportes soltos. Golpee a carcasa e escoite o son das partículas soltas no
seu interior. Considere a posibilidade de que un enxeñeiro ou enxeñeira en
mecánica ou automoción examine o sistema para determinar se houbo
manipulación ou modificacións ilegais.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 212


2. Fricción: Factores de Ignición
A calor xerada por un obxecto ou obxectos en movemento pode provocar faíscas
ou partículas a alta temperatura (ou ambas as cousas) e pode estar asociado a un
mal funcionamento mecánico.

Figura 108. Exemplos de ignición por rozamento (esquerda) e impacto (dereita).

As faíscas ou os fragmentos de metal poden arrincarse pola forza do impacto


cando se golpea un obxecto duro, como unha rocha ou o pavimento. As faíscas son
tipicamente fragmentos de metal que se quentaron ata a súa temperatura de
ignición e que están realmente en combustión. As partículas metálicas quentes son
as que xeralmente non alcanzaron a súa temperatura de ignición pero absorberon
calor que pode ser suficiente para acender os combustibles forestais próximos. A
temperatura da faísca ou do fragmento de metal quente pode alcanzar varios miles
de graos. As partículas máis grandes rómpense e poden alcanzar entre 340 e 800ºC
ou máis. O potencial de ignición de cada partícula depende da súa enerxía térmica
total, ou temperatura real, e da temperatura de ignición e condicións do
combustible fino específico co que a partícula entra en contacto.
Exemplos de fontes potenciais de ignición por fricción inclúen o rozamento de
cables, equipos de eirugas, rodetes que se atascan, esvaramento ou xiro sobre
rochas, golpes de coitela da niveladora, serras rotativas, eixes hidráulicos, golpes
de coitela de cortacéspede e de coitela metálica de desbrozadora, eixes desaliñados
e acumulación de vexetación.
Os golpes contra as rochas por parte de equipos pesados e/ou por coitelas, discos
ou cadeas metálicas xiratorias que estes manexen son fontes comúns de faíscas de
fricción e partículas metálicas quentes. As probas realizadas con desbrozadoras
equipadas con coitelas metálicas demostraron que a coitela metálica que entra en
contacto coa rocha pode acender a herba anual seca e parcialmente seca. A Figura
109 é un exemplo dun golpe de rocha por parte dun equipo pesado. Obsérvese o
aspecto esbrancuxado fresco da labra na rocha.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 213


Figura 109. Rocha golpeada por un equipo pesado.

Técnicas de Investigación - Fricción


Busque evidencias do uso de equipos en ou preto da área de ignición. Utilice un
imán para buscar restos de partículas metálicas na área de inicio. Os incendios
causados por faíscas e fragmentos de metal quentes poden arder durante minutos
ou horas e pasar a ser chamas visibles e unha fronte de chamas estable só despois
de que os operarios do equipo abandonasen a zona. Pode haber indicios dun
funcionamento excesivamente agresivo do equipo e deben buscarse, por exemplo,
o uso de cortacéspede para eliminar a vexetación seca en chans rochosos ou o uso
de equipos pesados en terreos rochosos durante os períodos de alto risco de
incendio. Ao examinar o equipo de coitelas ou cadeas rotativas, examine os dentes
de corte, cadeas ou coitelas en busca de danos. Recolla a coitela, cadea ou dentes
como proba. A carbonización por fricción dos tocos ou as árbores debida ao
funcionamento de equipos como taladoras-apiladoras, de desembosque por cable,
etc., debe documentarse e recollerse como proba cando sexa posible. Envíe
partículas metálicas ou mostras de control para a súa avaliación pericial.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 214


Figura 110. Partículas de fricción atopadas mediante o uso dun imán.

3. Combustible, Lubricante, Fluídos: Factores de Ignición


Os líquidos combustibles utilizados para o funcionamento de equipos na natureza
poden acenderse por unha fonte de calor e propagarse ao medio ambiente cando
non se manteñen adecuadamente.
Estes fluídos poden quedar expostos a unha fonte de calor durante o
reabastecemento de combustible, como resultado de fugas nos condutos de
combustible ou nos condutos hidráulicos.
Ademais dos fluídos que se inflaman por contacto con superficies quentes, as
acumulacións de residuos combustibles, como follas, herba seca e agullas de
piñeiro, tamén poden entrar en contacto con superficies quentes dentro do
compartimento do motor ou do sistema de escape.
Condicións: as condicións presentes poden incluír residuos de hidrocarburos ou
fluídos, rastros de vexetación queimada ou manchas onde o equipo se desprazou,
ou condutos e accesorios de combustible ou hidráulicos avariados ou con fugas.
Tamén equipo queimado na orixe do incendio, declaracións de testemuñas que
indiquen un fallo nun conduto de combustible ou hidráulico, incendio no
compartimento do motor ou preto do sistema de escape con restos de
acumulacións de vexetación queimada.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 215


Figura 111. Exemplos de factores de ignición de combustibles, lubricantes ou
fluídos.

4. Avaría Mecánica: Factores de Ignición


As avarías mecánicas inclúen fallos nos pneumáticos, rodas ou rodamentos; fallos
nos freos, na transmisión ou no sistema eléctrico, arrastre de obxectos (fricción),
fallos na liña de transmisión, no turbo-compresor, rodamentos agarrotados, eixes
desaliñados, etc. Cada fallo ten o potencial de crear calor.

Figura 112. Factor de ignición dunha avaría mecánica nun camión de transporte de
troncos.

Condicións: as condicións inclúen evidencias de uso de equipos preto da área de


ignición, partículas metálicas, pneumáticos queimados ou fragmentos de
pneumáticos, marcas de rotura ou arrastre na superficie da estrada (fricción). A
miúdo, a condutora ou o condutor do vehículo declarará que sufriu algún tipo de
fallo, que oíu algún tipo de ruído diferente ou que viu saír fume dunha zona
concreta do vehículo ou dunha peza. Cando se trata de remolques ou camións, a
sobrecarga do vehículo pode causar o fallo. Cando os pneumáticos fallan, o estado
do pneumático adoita ser malo antes do fallo, a menos que se atropelase un
obstáculo na estrada, nese caso a condutora ou o condutor do vehículo pode facer
declaracións nese sentido, ou o obstáculo pode estar situado na estrada preto do
incidente.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 216


5. Transferencia de Calor Radiante ou Condutiva: Factores de
Ignición
O contacto entre a vexetación seca e unha fonte de calor radiante ou condutiva
pode provocar que a vexetación comece a arder. Isto adoita ocorrer cando as
superficies quentes dos equipos ou vehículos entran en contacto coa vexetación
seca. Pode ocorrer tamén como resultado de que a vexetación seca quede atrapada
ou depositada no vehículo ou equipo e entre en contacto con elementos como a
superficie do escape ou as zonas quentes do motor. Ou pode ocorrer cando un
vehículo ou equipo está estacionado sobre a vexetación seca e en contacto con ela.
Condicións: inclúen os restos queimados da vexetación seca acumulada nas
superficies quentes do vehículo ou equipo, xeralmente na parte inferior do
vehículo. As pegadas dos pneumáticos que atravesan a área de inicio e a presenza
de herba alta ou outro tipo de vexetación son tamén un indicador deste tipo de
causa de incendio. Pode haber equipos queimados na zona.

Figura 113. Factor de ignición por transferencia de calor condutivo.

Materia orgánica fumegante no tubo de escape dun ATV *

(*N. do T.: All Terrain Vehicle, vehículo todoterreo moi semellante a un quad pero máis
robusto.)

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 217


Técnicas de Investigación - Equipos en Xeral
• Faga unha lista exhaustiva de todos os equipos que se cre que estiveron
preto da zona de orixe ou ao redor dela no momento en que se produciu
o inicio. Amplíe este período de tempo ata a duración que se cre que o
lume puido manterse antes de arder e ser localizado Ao enumerar os
equipos, inclúa a marca, modelo, número de chasis, antigüidade e a
descrición xeral. Ille os equipos problemáticos.
• Identifique quen é o propietario ou propietaria de cada equipo e quen o
operaba nese momento. Determine as datas e horas de
funcionamento e calquera cambio de operador ou operadora. Trazar nun
mapa a localización e a hora de funcionamento.
• Ademais de enumerar o equipo, asegúrese de fotografar cada elemento
preto da zona de orixe no momento da ignición, antes de ser trasladado
ou inspeccionado.
• Identifique e documente calquera pista que conduza desde a
orixe ata o equipo.
• Entreviste a cada operador ou operadora e a cada persoa que realizase o
mantemento do equipo. Obteña declaracións detalladas de cada unha
destas testemuñas.
• Inspeccionar cada peza do equipo cun mecánico ou mecánica de equipos
cualificado/a se é necesario. Examinar os sistemas de combustible,
eléctrico, e de escape e calquera superficie de contacto por fricción e os
rodamentos. Fotografar e describir completamente todas e cada unha das
pezas que parezan deficientes ou que mostren un desgaste ou dano
excesivo. Obter informes escritos dos mecánicos /mecánicas asistentes.
Buscar residuos ao redor do sistema de escape ou outras superficies
quentes do motor.
• Realizar un seguimento das inspeccións dos equipos cos centros de
servizo profesional ou distribuidores para obter detalles sobre os
programas de mantemento ou os perigos ou problemas específicos
asociados co funcionamento dunha peza específica do equipo. Obter as
declaracións de representantes que ofrezan información sobre a
causa e o efecto.
• Cando a recollida de probas non sexa posible ou práctica, obter
fotografías do elemento e primeiros planos da zona con defectos ou
danos.
• Comprobar a conformidade de todos os motores de combustión interna
cos apagachispas. Inspeccionar os apagachispas e documentar calquera
defecto.
• Documentar calquera deficiencia no mantemento, incluída a
acumulación de residuos nas superficies quentes.
• Documentar todas as deficiencias dos requisitos de protección contra
incendios relacionados co uso dos devanditos equipos, como os
extintores, fonte de auga e servizo de vixilancia *. (*N. do T.: en
Galicia , o artigo 39.1 da citada Lei 3/2007, só establece a obriga de contar con
equipamento para a extinción de incendios se a maquinaria traballa en zonas
forestais ou de influencia forestal durante a época de perigo alto.)
• Indague sobre o terreo no que se utilizou o equipo.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 218


Ferrocarril
Definición: incendios causados por calquera operación ferroviaria, do persoal, do
parque móbil e pode incluír o mantemento da vía e das servidumes de paso.
Historicamente, os incendios ferroviarios eran un problema importante, pero a
prevención enérxica reduciu as ocorrencias actuais en moitas áreas.
As estruturas ferroviarias, como pontes de cabaletes *, pontes e travesas, inclúense
nesta categoría de causa de incendios. (*N. do T.: pontes compostas por unha serie de
marcos ríxidos en forma de A na cima das que vai montada a vía. As pontes de cabalete
construídas con madeira foron moi empregadas durante o século XIX nos ferrocarrís dos
EE.UU.)

Figura 114. Incendio dun cabalete de ferrocarril.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 219


Factores Xerais de Ignición nos Ferrocarrís
Os factores de ignición inclúen:
• Carbono do escape*.
• Partículas das zapatas dos freos.
• Mantemento da vía.
• Mantemento das servidumes de paso.
• Fallo da reixa do freo dinámico.
• Bengalas de sinalización.
• Esvaramento das rodas.
• Fallo dos rodamentos das rodas (caixa de eixes sobrequecida).
• Pasaxeiros.
(*N. do T: por Galicia circulan varios trens de proximidades e media distancia que empregan
motores diésel como sistema de tracción e, algúns deles, nos equipos auxiliares. Podemos
acceder ás fichas técnicas dos trens de Renfe, o principal operador ferroviario a nivel
nacional, en https://www.renfe.com/es/va/grup-renfe/grup-renfe/flota-de-trens.)
Factores de Ignición das Partículas de Escape do Ferrocarril
As partículas de escape dos equipos ferroviarios son unha fonte de ignición moi
competente. O carbono do gasóleo únese ás resinas lubricantes poliméricas e
forma partículas con aspecto de pedra pómez, granular ou escamoso, que a miúdo
ten aspecto de borro ou aceitoso.
Véxase na Figura 115 a aparencia de pedra pómez dunha partícula do escape dun
ferrocarril, á dereita, e a aparencia de borro e aceitosa dunha partícula de escape de
ferrocarril, á esquerda.
Figura 115. Aspectos dos escapes de ferrocarril.

As partículas do escape do ferrocarril varían en tamaño, sendo as máis grandes as


que teñen máis probabilidades de provocar incendios. As partículas de cando en
cando pódense recuperar cun imán. As partículas sobrequecidas poden
autoinflamarse cando se expoñen ao aire ao ser expulsadas.
A temperatura das partículas emitidas desde a cheminea de escape pode oscilar
entre 480 e 650 ºC. Baixo condicións de ventilación, que simulan unha contorna de
voo, observáronse partículas de escape de ata 370 ºC. Dependendo do seu tamaño,
estrutura e ambiente circundante, poderían arrefriarse ou aumentar
significativamente a súa temperatura debido a unha maior actividade térmica. A
medida que a partícula de escape quente pasa dunha contorna sen osíxeno á
atmosfera, pode producirse unha combustión incandescente ou en chamas.
(DeBernardo, 1979)
PMS 412 Capítulo 6 Páxina 220
Figura 116. Tamaño dunhas partículas de escape do ferrocarril.

A autoignición das partículas crea proxectís chameantes que poden permanecer


termicamente activos durante 30 segundos ou máis. O remuíño de aire do tren
circulando axuda á ignición da vexetación. As investigacións sitúan a distancia
máxima en voo en aproximadamente 14 metros con aire calmo, sendo a media de
8,5 metros desde a liña central da vía. ( DeBernardo, 1979)
As partículas de escape dos equipos ferroviarios adoitan causar múltiples áreas de
ignición con orixes xeralmente dentro dos 14 metros a sotavento das vías. As
entradas dos túneles e os terrapléns experimentan un maior número de incendios.
As zonas de cambio de velocidade ou outros lugares nos que se aplica a máxima
potencia son lugares típicos nos que se expulsan partículas, especialmente se a
locomotora estivo ao ralentí durante un período de tempo antes de subir unha
pendente.
As locomotoras de cabeza morta e as locomotoras de patio * que se poñen en
marcha despois dun período sen uso ou de uso con pouca potencia teñen un maior
potencial de expulsión de partículas. (*N. do T.: as locomotoras de cabeza morta
circulan sen tirar de ningún vagón, xeralmente da estación de chegada dun tren á estación de
saída doutro. As de patio manobran só para realizar funcións de conmutación no patio de
conmutación, ou patio de ferrocarrís, dunha estación.)
Factores de Ignición das Partículas das Zapatas dos Freos
Os incendios das zapatas de freo prodúcense cando os freos se aplican durante
longos períodos e se quecen. Isto ocorre especialmente nas baixadas e nos xiros
bruscos. As partículas despréndense e caen nas travesas ou na vexetación. O mal
funcionamento dos freos pode provocar incendios en calquera lugar. Este mal
funcionamento inclúe freos bloqueados e freos axustados.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 221


Figura 117. Pastilla de freo dun vagón de ferrocarril.

Estrutura da pastilla de freo

As áreas de ignición das partículas das zapatas dos freos poden estar nas travesas
ou preto das vías, na vexetación ou noutros refugallos. Unha partícula da zapata de
freo atoparase normalmente na área de ignición, pero pode rodar ou moverse,
particularmente en pendentes pronunciadas. A área de ignición pode estar nun
lugar asociado co uso dos freos e pode haber múltiples inicios nunha curta
distancia.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 222


A Figura 118 é un exemplo dunha partícula da zapata de freo aloxada nunha
travesa de ferrocarril. Os incendios que se inician nas travesas adoitan producirse
en lugares onde hai madeira podrecida e poden evidenciar problemas de
mantemento.

Figura 118. Partícula dunha zapata de freo nunha travesa.

Partícula da zapata de freo atascada na travesa da vía

Os trens poden ter freos de aire con freado dinámico (eléctrico) ou pastillas de freo
de composición non metálica. Algúns trens utilizan agora freos de disco *. Algúns
equipos máis antigos poden estar equipados con zapatas metálicas. As partículas
das zapatas metálicas poden desprenderse e caer sobre as travesas ou a vexetación.
O uso de pastillas de freo compostas ** implica a vantaxe dun menor desgaste. As
zapatas de freo deben recibir un mantemento regular. (*N. do T.: poden estar
montados en cada roda, ocupando o seu diámetro interior, ou montarse por parellas no eixo
de cada par de rodas. Poden desprender faíscas con potencial incendiario durante o freado.)
(**N. do T.: fabricadas con ferro metálico ou óxido e varios pos minerais embebidos nunha
resina especial. Ademais dun menor desgaste das zapatas e das rodas producen un po de
freado non metálico e -segundo os fabricantes- non producen chispas. Tamén se fabrican
pastillas compostas semimetálicas de cerámica.)

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 223


Mantemento da Vía Factores de Ignición
O desgaste das vías require un mantemento regular que inclúe a soldadura e o
corte estándar, a soldadura catalítica termo-química, o esmerilado e o alongamento
dos carrís.
A soldadura catalítica expón os combustibles a unha chama aberta e a faíscas. Os
moldes cerámicos* quentes poden ser refugados por descoido ou enterrados no
recheo. (*N. do T.: moldes dun só uso que se axustan á parte superior de dous semimoldes
metálicos unidos entre si encerrando os extremos do carril a unir. Neste molde cerámico
cárgase o material fundente, que unha vez fundido electricamente escoará cara aos
semimoldes, onde fraguará unindo os extremos do carril.)
Busque os restos de moldes de cerámica como os que se mostran na Figura 119.
Estes poden estar preto dos raís, ou poden ser lanzados ou refugados a certa
distancia deles. (N. do T.: busque nos raís a soldadura na que empregou ese molde.)

Figura 119. Moldes de cerámica ao longo da vía férrea.

N. do T.: lugar da soldadura

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 224


O esmerilado da vía pode incluír o esmerilado manual e o esmerilado mecánico.
O esmerilado emite faíscas e residuos quentes do esmeril. É posible recuperar as
partículas metálicas utilizando un imán ou un detector de metais. Os esmerís poden
ser portátiles e levados ao lugar polas cuadrillas de mantemento ou poden estar
montados nun tren de mantemento propio que se despraza mentres púe.
As escouras do esmerilado da vía acumúlanse na parte inferior do material rodante
produto dos traballos de mantemento. Poden parecerse á que se mostra na Figura
120.

Figura 120. Escoura do esmerilado da vía.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 225


Factores de Ignición por Fallo na Reixa do Freo Dinámico
Cando se aplica un freo dinámico *, os motores de tracción convértense en
xeradores que producen corrente eléctrica que se dirixe a unha reixa de resistencia
na locomotora. Esta reixa de resistencia aseméllase a unha gran torradora e a súa
localización nun motor varía, pero normalmente se ventila pola parte superior da
carrocería da locomotora. O exceso de calor xerada por este freado se airea a
través dos ventiladores de refrixeración, o que pode provocar un sobrequecemento
e un fallo cun arco espectacular e a expulsión violenta de fragmentos de metal
quente. Este fallo adoita ir acompañado dun forte ruído que pode ser percibido
pola tripulación do tren. O material da reixa pode ou non ser captado por un imán
debido ao material non ferroso da dita reixa. As reixas dos freos poden producir
600 voltios, polo que se debe ter moita precaución ao redor delas. (*N. do T.: freo
que usa un motor eléctrico para frear diminuíndo a velocidade de rotación dos motores.)

Figura 121. Reixa na saída do escape do freo dinámico.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 226


As bengalas de sinalización son utilizadas polas tripulacións para advertir ao
tráfico ferroviario de posibles perigos. Os restos son semellantes aos das bengalas
de estrada e poden atoparse preto de lugares onde se realizaron traballos de
mantemento ou onde existiron outros perigos relacionados co tren.

Figura 122. Restos de bengalas de sinalización.

Tapa do percutor

Clavo

Escoria de bengala

Tapa do percutor

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 227


O mantemento das servidumes de paso ao longo das vías férreas inclúe a queima,
sega, fumigación, poda de árbores e eliminación de maleza. As actividades poden
ser realizadas pola cuadrilla dun vehículo e/ou por un tren de mantemento. (N. do
T.: en España o mantemento destas zonas realízase en parte cos chamados trens herbicida.
Son trens cun ou varios vagóns cisterna con auga e varios vagóns para o persoal e o material
necesarios. A súa actuación limítase á zona da banqueta, é dicir, á superficie sobre a que se
sitúan travesas e raís, e entre esta e os postes da catenaria; alcance aproximado dos chorros
de herbicida que lanza o tren.)

Figura 123. Queima de mantemento da servidume da vía.

Factores de Ignición - Esvaramento de Rodas


O esvaramento das rodas do tren pode ocorrer cando un tren frea ou acelera
permitindo que as rodas xiren no lugar (esvaren) ou frea provocando que as rodas
se deslicen. Aínda que o esvaramento das rodas pode provocar a caída de
partículas metálicas quentes nas travesas ou na vexetación, non é unha fonte de
ignición común.
Condicións: o esvaramento das rodas pode facer que caian labras metálicas finas,
quentes e alongadas no leito de combustible da área de ignición. É máis probable
que se atopen onde un tren acelera ou desacelera. A vía pode ter unha aparencia
como soldada xunto á área de ignición, que adoita ser unha travesa, especialmente
se hai podremia na dita travesa.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 228


Técnicas de Investigación: recuperar fragmentos de metal cun imán ou un
detector de metais. Fotografar o raíl preto da área de ignición. Identificar o tren a
través dos rexistros e entrevistar á tripulación e/ou ao ou á maquinista.
Figura 124. Esvaramento da roda do tren na vía férrea.

Factores de Ignición - Rodamentos do Eixo


Os rodamentos de rodetes* poden sobrequecerse dentro da caixa de rodamentos e
fallar. Os rodamentos poden saír despedidos do conxunto e aterrar nas travesas de
madeira ou na vexetación mentres están o suficientemente quentes como para
acender os materiais combustibles sobre os que aterran. (*N. do T.: rodamentos que en
lugar de bólas levan rodetes. Empréganse na maquinaria pesada e eixes de gran diámetro.)
Figura 125. Conxunto de rodamento de rodetes dunha roda de ferrocarril.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 229


Figura 126. Rodamento de rodete detectado por unha caixa de eixes sobrequecida
e etiquetado como “bad order”; termo ferroviario para referirse a un artigo
defectuoso.

Figura 127. Rodamento de rodete lanzado desde a roda e que estaba quente cando
caeu na vexetación, como o demostra a zona queimada ao redor e debaixo del.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 230


Técnicas de Investigación Ferrocarril - Xeneralidades
• Examinar a vía e as travesas en busca de indicios dunha fonte de
ignición.
• Documentar o estado dos raís, vía, espazo libre de vexetación e
outras estruturas ferroviarias.
• Varrer a área de ignición cun imán.
• Determinar se pasou un tren recentemente ou se houbo algún mantemento
recente da vía.
• Obter mapas da elevación e topografía da vía.
• Identificar o número do tren, o número da locomotora ou locomotoras,
tripulación, horario do tren, incluíndo hora, dirección da viaxe e números
dos marcadores dos fitos ferroviarios.
• Facer que un inspector ou unha inspectora coa cualificación necesaria
inspeccione o tren para detectar posibles deficiencias.
• Entrevistar á tripulación do tren e ao persoal de mantemento.
• Utilizar o marcador de fitos máis próximo como punto de referencia
fixo desde o que basear as medicións e identificar as localizacións das
fotos.
• O material rodante pode acender varios lumes nas proximidades, polo
que hai que asegurarse de que o exame inclúa a procura de máis dunha
área de ignición.
• Buscar na zona próxima, a ambos os dous lados da vía, mecanismos de
ignición que non puideron iniciar un incendio. Isto inclúe partículas de
escape de carbono (Figura 100), partículas das zapatas de freo, residuos
da trituradora, montóns queimados, quecemento da vía, bengalas,
fragmentos de metal ou da reixa do freo dinámico, danos na vía,
etc.
• Na orixe, buscar, documentar e recoller os restos de calquera destas
fontes de ignición. Estes adoitan ser recuperables.
• Comprobar os rexistros de incendios anteriores ao longo da vía en
diferentes lugares, que poden pertencer a outro distrito, coordinarse.
• Obter os rexistros de mantemento do tren segundo sexa necesario.
• Obter a información do rexistrador de datos do tren e do detector de
infravermellos* canto antes, xa que estes arquivos adoitan borrarse
automaticamente do equipo. (*N. do T.: ou detector de vía, consiste nun
raio ou feixe de infravermellos que se activa cando un tren o interrompe.)
• Obter as gravacións de vídeo que poidan realizarse desde as unidades de
cabeza e de cola. Estas gravacións estanse convertendo en algo habitual
dentro da industria ferroviaria.

Seguridade
As medidas de seguridade ao redor dos equipos e operacións ferroviarias son un
elemento crítico da investigación dun incendio causado polo ferrocarril. Leve
sempre un casco, utilice protección para os ollos e os oídos, calzado homologado,
como botas pesadas e luvas, xunto cun chaleco reflector de alta visibilidade.
As bandeirolas ou sinais azuis de protección son situadas e retiradas polo persoal
ferroviario e significan que os traballadores están sobre, baixo ou entre o equipo
rodante que está a ser reparado, revisado ou inspeccionado. Unha luz azul
homologada debe acompañar a unha bandeirola azul pola noite. (N. do T.: en España
PMS 412 Capítulo 6 Páxina 231
non se empregan esas sinais. Como medida de seguridade, por exemplo ante a
presenza de traballadores nunha vía, instálase un cartel, de 60 x 40 cm, con
fondo negro e cun S branco retrorreflector. Esta sinal ordena á maquinista ou
ao maquinista a dar o asubío de atención. Se un investigador ou unha
investigadora ten que traballar preto dos raís sería recomendable, de non estar
instalada, solicitar a instalación dun destes carteis e comenzar a traballar unha
vez confirmada persoalmente a súa instalación.)
Nunca pise ou se sitúe dentro dos raís.
As agullas utilízanse para cambiar a traxectoria do equipo ferroviario dunha vía a
outra. Na liña principal, as agullas utilízanse para poñer un tren nun apartadoiro
para que poida pasar outro. Se o incidente afecta a unha zona de apartadoiro, teña
coidado cando traballe ao redor da zona de agullas, xa que se moven rápida e
silenciosamente, polo que é fácil que atrapen un pé. A persoa que move a agulla
pode estar a centos de quilómetros.
A área a un brazo de distancia da vía considérase Zona Vermella debido aos
perigos asociados co traballo dentro desa área.
Resumo
O curso do Grupo Nacional de Coordinación de Incendios Forestais (NWCG)
Investigating Railroad Caused Wildfires (Investigación de Incendios Forestais
Causados por Ferrocarrís) está dispoñible en CD ou en liña no sitio do Programa
de Desenvolvemento de Formación do NWCG en
http://training.nwcg.gov/courses/IRCW/index.htm.

Figura 128. Material de formación para a investigación de incendios ferroviarios.

Investigación dos incendios forestais


provocados polo ferrocarril: outubro 2012

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 232


Nenos/Nenas
Definición: incendios provocados por persoas de 12 anos ou menos *. Un neno ou
unha nena pode estar motivado ou motivada pola curiosidade normal e utilizar o
lume de forma experimental ou como xogo. Os mistos ou os chisqueiros son a
fonte de ignición máis frecuente. A miúdo implica a varios menores. (*N. do T.: nos
EE.UU. as rapazas e os rapaces de máis de 12 anos son xulgadas e condenadas como persoas
adultas.)
Factores de Ignición: os nenos e as nenas utilizan con frecuencia dispositivos de
ignición facilmente accesibles, incluíndo mistos de papel e de madeira, e
chisqueiros. Poden combinar o dispositivo de ignición con outros combustibles
levados ao lugar, como papel e cartón. Noutros casos, o leito de combustible pode
prepararse nun imaxinario burato para fogueiras ou nun montón. Estes dispositivos
de ignición tamén poden utilizarse para xogar con outros dispositivos de ignición,
como foguetes artificiais.
Circunstancias: estes incendios poden ter a aparencia dun xogo con lume,
incluíndo a presenza de numerosos mistos ou caixas de mistos, xoguetes
queimados, cigarros, papel e caixas. As orixes dos incendios adoitan estar lonxe da
supervisión dos adultos, en zonas ocultas ou secretas, como fortalezas e lugares
frecuentados por menores como os campos. Pódese acceder a eles por camiños ou
carreiros de terra ou camiños desgastados a través da vexetación morta, seguindo
un carreiro de herba seca por exemplo.
As e os menores responsables de acender o lume adoitan fuxir do lugar, pero
poden volver máis tarde para observar as actividades de extinción. Menores non
implicados ás veces achéganse ao lugar do incendio por curiosidade.
Os incendios asociados a menores poden ter un patrón relacionado con incendios
en estruturas, escolas ou parques infantís. Nenos, nenas, veciñanza e proxenitores
ou outras persoas poden tentar extinguir o incendio nas primeiras etapas. A roupa
ou os zapatos queimados dos nenos ou nenas da zona poden ser o resultado dos
intentos de extinción.
Os incendios forestais asociados á actividade de menores adoitan producirse en
momentos nos que están libres, como antes ou despois da escola ou durante as fins
de semana, as vacacións de verán * ou outras vacacións escolares. Os incendios
poden coincidir coa saída do colexio e, nalgúns casos, cos períodos de recreo se
teñen acceso a un campo próximo. (*N. do T.: en Galicia constatouse algún incendio
forestal provocado pola queima de libros e cadernos o último día do curso escolar.)
No lugar dos feitos, ou preto del, pode haber pegadas do pequeno tamaño ou
dunha bicicleta (ou ambas as cousas) e, nalgúns casos, poden conducir á residencia
do neno ou da nena.
As nenas e os nenos que actúan debido á inestabilidade familiar, como o divorcio,
un novo matrimonio, etc., poden provocar incendios na natureza e en estruturas
dos seus fogares, incluídos armarios, dormitorios, espazos debaixo da casa e
garaxe.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 233


Figura 129. Evidencia de mistos.

Técnicas de Investigación
• Buscar unha orixe afastada da supervisión dos adultos, pero
probablemente preto da casa, escola, campamentos, carreiros ou
parques infantís. Comprobar se hai zonas secretas ocultas ou fortes de
xogo en lugares normalmente frecuentados por menores.
• Buscar signos de xogo con lume, como numerosos mistos, xoguetes
queimados, animais de peluche, etc.
• Buscar signos de calquera intento de extinguir o lume, estes serán
tipicamente pouco sofisticados.
• Rastrexar entre a veciñanza en busca de testemuñas.
• Determinar se houbo outros incendios similares nas proximidades.
• Os contactos e as entrevistas a menores deben realizarse de acordo co
proceso legal apropiado.
• Entrevistar os nenos e ás nenas por separado dos seus compañeiros e
compañeiras de xogo.
• Buscar e identificar a menores que observan o lume.
• Entrevistar os nenos e nenas da zona; aínda que non sexan sospeitosos ou
sospeitosas poden ter información sobre outra rapazada.
• Determinar se as accións se deben a unha curiosidade normal ou a un
comportamento patolóxico.
• Considerar a posibilidade de remitir ás autoridades xuvenís e/ou a un
programa de intervención.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 234


Varios
Definición: incendios forestais que non poden clasificarse adecuadamente baixo
outras causas estándar. Algunhas delas enuméranse a continuación, pero poden
considerarse outras fontes de ignición que non figuran na lista.
• Liñas eléctricas.
• Foguetes artificiais.
• Corte, soldadura e amolado.
• Uso de armas de fogo.
• Voaduras.
• Estruturas.
• Refracción do vidro/magnificación.
• Combustión espontánea.
• Incendios de chemineas e foxos da actividade petroleira.

Liñas Eléctricas
Definición: esta categoría inclúe todo o equipo eléctrico asociado á produción,
transmisión e uso da electricidade. A rede eléctrica ou sistema de transmisión,
distribución e servizo aos clientes forma un complexo armazón e réxese por
normativas. Hai tempo que se recoñece que a transmisión de electricidade ten un
perigo inherente que vai máis aló dos riscos típicos. Os primeiros sistemas de
distribución eléctrica provocaban numerosos incendios, pero a mellora da
enxeñería e as medidas de prevención reduciron o seu número. As liñas eléctricas
son unha fonte de ignición que pode dar lugar a grandes incendios, xa que moitas
das condicións que contribúen aos fallos e avarías do sistema coinciden co
comportamento extremo do lume.
Factores de Ignición das Liñas Eléctricas: a ignición dun incendio nunha liña
eléctrica adoita producirse debido a fortes ventos, contacto coa vexetación, fallos
dos equipos ou contacto con persoas ou animais. Ás veces, varios destes factores
poden actuar para provocar un incendio, como o vento que fai que a vexetación
entre en contacto co equipo eléctrico. Os incendios provocados polas liñas
eléctricas poden iniciarse como resultado do contacto dos condutores coa
vexetación en pé, debido á existencia de espazos libres insuficientes, ou cos
combustibles forestais no chan cando o equipo eléctrico, como un condutor, cae ao
chan e entra en contacto cos combustibles secos. As faíscas ou o metal fundido dos
condutores ou transformadores poden caer ao chan e provocar incendios. Estes
incendios poden producirse en zonas remotas onde o acceso á extinción é limitado.
A maioría dos investigadores e das investigadoras de incendios forestais
ocuparanse das liñas de transporte, distribución ou servizo. As liñas de transporte
son aquelas torres ou postes, condutores e equipos, que trasladan a electricidade
desde a instalación de xeración ata unha subestación. Adoitan ser de maior voltaxe,
apóianse en torres máis grandes e adoitan transmitir entre 138 e 765 kv, aínda que
tamén poden ser de tan só 69 kv. As liñas de distribución levan a enerxía desde as
subestacións ata o transformador. As liñas de distribución transportan tensións
máis baixas que as de transporte. Estatisticamente, a rede de distribución ten máis
probabilidades de provocar incendios que as liñas de transporte. A rede de
distribución contén máis equipos para provocar incendios e entre cinco e dez veces
máis liñas.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 235


(N. do T.: en Galicia as liñas de transporte son de 400 kv e 220 kv. Son liñas de alta tensión.
A rede de distribución, en xeral de tensión media, abrangue tensións de 132, 66 e 20 kv. A
lonxitude en quilómetros da rede de liñas de media e baixa tensión é vinte e dúas veces
superior á lonxitude das liñas de alta tensión; 55000 km fronte a 2500 km.)

Liñas de transporte: 400 kv (vermello) e 220 kv (verde) Liñas de distribución: 132 kv (azul) e 66 kv (amarelo)

A estrutura e os equipos dos postes de distribución están máis preto da vexetación


que as liñas de transporte, o que aumenta a posibilidade de que se produzan
incendios nas liñas de distribución.

Figura 130. Liña de transporte.

Unha liña de servizo, ou de consumo, transmite a enerxía eléctrica desde o


transformador* ata o cabezal de entrada do servizo no fogar do cliente. As liñas de
servizo están preto do chan e a miúdo están en contacto coa vexetación, como as
pólas das árbores. Polo xeral, están encerradas nunha cuberta illante que as protexe
da formación de arcos con outros obxectos. (*N. do T.: ou centro de transformación que
PMS 412 Capítulo 6 Páxina 236
consiste nunha instalación eléctrica situada a varios metros de altura nun poste eléctrico ou
encerrada nunha caseta sobre o terreo. Recibe a enerxía en alta ou media tensión e a reduce a
valores comerciais, por exemplo os 220v que consome un fogar.)
Os incendios nas liñas eléctricas adoitan producirse por fallos nos condutores, nos
illantes ou nos equipos, ou por paxaros, pequenos animais e globos mylar*. Outros
factores, como unha limpeza e mantemento deficientes do equipo, poden
contribuír ao seu fallo. (*N. do T.: tamén chamados globos foil ou metálicos, son os
típicos globos de festas e feiras inchados con helio, polo que poden flotar.)
A Figura 131 é un exemplo dun globo mylar que provocou un curtocircuíto nas
liñas de transmisión de alta tensión, o que deu lugar a un incendio forestal. O
globo metálico cruzou dous condutores. (N. do T.: durante o verán, despois da recollida
do trigo ou do centeo, a herba formada polos talos que quedan na finca recóllese mediante
empacadoras para alimentar ao gando durante o inverno. Nesa época poden verse de vez en
cando feixes de herba seca voando a certa altura que poden enlearse nos condutores e cruzar
as liñas, provocando un incendio baixo o tendido eléctrico. Podemos considerar esta causa se
hai algo de vento na zona, área de inicio baixo a liña ou moi próximo a ela, palla enganchada
nese ou en tendidos próximos e/ou están recollendo herba na contorna.)

Figura 131. Globo mylar atrancado nas liñas de transmisión.

Utilízanse diversos equipos, como interruptores, fusibles, conectores, empalmes,


illadores e reconectadores. É importante que as investigadoras e os investigadores
estean familiarizadas con estes equipos. Para obter máis información, consulte a
Guía de Campo para a Prevención de Incendios en Liñas Eléctricas (Powerline
Fire Prevention Field Guide) no sitio do Grupo de Coordinación de Incendios
Forestais de California (California Wildland Fire Coordinating Group) en
http://www.preventwildfireca.org/Field-Guides/.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 237


O rastro do arco no illador de abaixo débese ao trazado da tensión a través do
illador danado.

Figura 132. Arco nun illador danado.

O fallo do condutor ou a avaría prodúcese cando o condutor rompe, e cae a terra,


prodúcese un arco eléctrico e se inicia un incendio. Nalgúns casos, un empalme ou
conector pode fallar provocando a caída da liña. As avarías prodúcense cando unha
liña entra en contacto ou se achega a unha fase contigua ou á vexetación e se
produce unha avaría ou un arco. A caída da liña, os ventos fortes e os paxaros
tamén poden provocar fallos nos condutores. Nalgúns casos, a avaría inicial pode
non iniciar un incendio, pero este pode acenderse cando se produce unha
reconexión automática ou manual do circuíto e a liña volve recibir enerxía.
O cambamento da liña adoita producirse cando o condutor está sometido a un
aumento da carga ou ao quecemento solar, o que fai que a liña se cambe cara á
vexetación máis do normal. As liñas cambadas poden volver á súa posición normal
antes da chegada do investigador ou da investigadora. Existen regulamentos que
esixen ás empresas de servizos públicos que teñan en conta, durante a instalación
das liñas eléctricas, o potencial de cambado da liña dentro dun determinado rango
de temperaturas. O contacto da liña cambada ou o arco de proximidade coa
vexetación adxacente abarca un arco de 2,5 cm por cada 10 kv.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 238


O fallo ou avaría do condutor adoita ser evidente e a miúdo inclúe vexetación
carbonizada, liña caída ou intacta, picaduras e manchado no condutor, buratos na
base da árbore, cicatrices de resistencia eléctrica na árbore e fulguritas no punto de
descarga ao chan. As árbores contactadas na copa poden mostrar danos similares
aos dun raio e/ou chamuscado ou carbonizado da copa e ao mesmo tempo
chamuscado polo lume máis preto do chan. Entre estas dúas zonas de danos
térmicos separados obsérvase follaxe verde e tronco sen queimar.

Figura 133. Póla danada polo contacto cun condutor eléctrico con efectos de lume
similares aos dun raio.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 239


Figura 134. Manchado e emborrallado nun condutor eléctrico.

Figura 135. burato preto dunha árbore debida a unha toma de terra eléctrica.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 240


Figura 136. Cicatriz de resistencia eléctrica no tronco da árbore.

Circunstancias: as descargas das liñas eléctricas no chan poden deixar fulguritas.


A forma e o tamaño das fulguritas creadas polas liñas eléctricas poden non ser as
mesmas que as creadas polos raios. Normalmente serán sólidas e estarán na
superficie do chan ou moi preto dela e poden incluír formacións con aspecto de
burbulla de vidro na superficie.
O fallo dun illante pode provocar o inicio dun incendio. Hai unha gran variedade
de illantes, pero todos eles están deseñados para evitar que o condutor faga
contacto coa terra. O fallo dun illante pode provocar a formación dun arco
eléctrico no poste ou noutros elementos. O lume adoita producirse na cruceta ou
no poste, ademais de caer ao chan en forma de madeira queimada.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 241


Figura 137. Illante de cruceta típico nunha caravilla de montaxe de madeira.

Illante

Caravilla
de montaxe

As fallas dos illadores poden ser o resultado de moitos factores, incluíndo:


• Sucidade.
• Excrementos de aves.
• Alta humidade.
• Depósitos de sal (aire do mar).
• Caída de raios.
• Sobretensión
• Danos deliberados.
• Arcos de corrente.
• Os illadores ou a cruceta fallan e deixan caer o condutor.
• Sóltase o cable de amarre.
• O illante sóltase da caravilla de montaxe.
Por lei, certos equipos teñen que ter un espazo libre de vexetación debido á súa
propensión a iniciar incendios cando fallan. Estes elementos poden denominarse
non exentos, o que significa que non están exentos da lei que esixe o desbroce.
Estes elementos poden incluír, fusibles, desconectadores, pararraios, abrazadeiras e
conectores. Os investigadores e as investigadoras deben ser conscientes de que
este tipo de equipos teñen unha maior propensión a iniciar incendios cando fallan.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 242


Figura 138. Fusible en posición aberta.

Figura 139. Seccionador de folla sólida.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 243


Figura 140. Seccionador en liña.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 244


Figura 141. Pararraios.

Os conectores e as pinzas conectan os condutores e as pontes de unión. A


posibilidade de que se produza un arco eléctrico aumenta cando están soltos.
Inclúen abrazadeiras de derivación en quente, conectores de parafuso dividido,
conectores LM e conectores Fargo.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 245


Figura 142. Evidencia de arco eléctrico.

Figura 143. Abrazadeiras de derivación en quente.

Ponte de unión

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 246


Figura 144. Pinzas de derivación en quente.

Figura 145. Conectores de parafuso dividido.

Pontes de unión

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 247


Figura 146. Conectores de parafuso dividido.

Figura 147. Conector LM.

Figura 148. Conector LM.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 248


Os paxaros e os pequenos mamíferos poden entrar en contacto cos equipos
eléctricos e contactar con dúas fases ou cos cables do transformador e das pontes
de unión.
Isto pode causar un arco e o paxaro ou mamífero a miúdo incéndiase. Mentres que
algunhas investigadoras e algúns investigadores poden atribuír isto a un acto da
natureza, débese considerar se a compañía de servizos públicos tivo un aviso
previo sobre un problema de aves ou mamíferos. Isto pode facerse evidente pola
presenza de protectores de percha (a empresa tomou medidas) ou pola presenza de
material de aniñamento xunto a ausencia de protectores de percha (a empresa
coñece o problema ou risco para as aves e a liña pero non tomou medidas.)
Obsérvese que o protector de percha da Figura 149 está colocado entre os dous
illadores ou condutores que están o suficientemente preto como para que a
envergadura das ás dun paxaro entre en contacto con ambos condutores. O
contacto cun só condutor non adoita provocar un arco. Busque nos arredores o
corpo fresco dun paxaro ou outro animal pequeno.

Figura 149. Protector de percha entre illadores.

Protector de Percha

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 249


Na Figura 150, abaixo, os condutores das crucetas onde se atopa o niño foron
retirados nun esforzo por reducir o risco de arco. Engadíronse novas crucetas máis
abaixo do poste. A empresa de servizos públicos está ao tanto desta situación e
pode ter certa responsabilidade de revisala periodicamente para asegurarse de que
os restos do niño non se acumulen e cheguen aos condutores de abaixo.

Figura 150. Niño de paxaros sobre os cables.

No caso de que un paxaro entre en contacto cos condutores, o contacto pode ser de
natureza curta e pode ou non provocar a apertura da liña ou un incendio.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 250


Circunstancias (continuación)
• Liñas eléctricas situadas na área de inicio ou preto dela.
• Liñas eléctricas caídas.
• Árbores ou outra vexetación en contacto con liñas eléctricas.
• Rama de árbore recentemente derrubada situada no chan debaixo ou
preto da liña e da área de ignición.
• Decoloración do condutor, signos de formación de arcos ou calquera
outro fallo do equipo.
• Seccionadores en posición aberta.
• Fusibles queimados.
• Achado dun paxaro ou mamífero recentemente morto preto da zona de
ignición.
• Ventos fortes ou altas temperaturas (ou ambos) antes do incendio.
• Cortes ou caídas de tensión recentes.
• Danos nun poste ou accidente dun vehículo.
Técnicas de Investigación
• Antes de entrar na zona baixo ou preto da liña eléctrica, confirmar
primeiro se é seguro facelo.
• Determinar a zona de orixe.
• Determinar a altura da árbore (se a causa é a caída da árbore sobre a
liña).
• Buscar actividade humana na zona como disparos, tráfico de vehículos
e/ou aves, aves ou outros animais mortos recentemente, etc.
• Examinar as liñas eléctricas e os equipos en busca de danos ou fallos na
zona de orixe e os seus arredores. Buscar restos de equipos avariados no
chan.
• Determinar a distancia das polas próximas aos condutores.
• Determinar se existen ou non os espazos despexados legais.
• Determinar a idade, tamaño e estado xeral da vexetación que caeu
sobre a liña. Medir os restos no chan.
• Calcular a altura da liña eléctrica.
• Medir a altura do dosel forestal circundante.
• Determinar a distancia entre a liña eléctrica e a vexetación.
• Determinar a propiedade da liña eléctrica.
• Localizar o límite da servidume de paso da liña eléctrica preto da zona
ou orixe do incendio. Rexistrar a distancia desde a área de ignición ata o
límite da servidume de paso, indicando se está dentro ou fóra. Obter
copias de calquera permiso de uso relativo aos terreos situados na zona
de servidume.
• Localizar e rexistrar os números de identificación e as datas de
instalación dos postes eléctricos a ambos os dous lados da zona próxima
á orixe.
• Obter os testemuños do persoal de mantemento da compañía eléctrica
sobre a causa do fallo da liña eléctrica ou a súa ignición.
• Determinar se a empresa de servizos públicos retirou algunha proba
potencial, e se o fixo recuperala.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 251


• Mostras de árbores:
o Tome posesión das partes da árbore que mostren contacto coa
liña. Nalgúns casos, considere a posibilidade de tomar toda a
árbore como proba.
o Mostra da raíz - se se observa deterioración ou podremia.
o Mostra nun punto de xermolación.
o Circunferencia da árbore á altura do peito. (N. do T.: ou mellor dito á
altura de 1,30 m do solo, o chamado diámetro normal.)
• Vídeo, fotografía e esbozo de todas as zonas relevantes.
• Nota: o incendio pode non iniciarse no lugar onde se atopa a árbore na
liña. Por exemplo, un fusible puido activarse ou funcionar mal,
provocando un incendio nun lugar diferente.
• Examine todos os postes, liñas, fusibles, transformadores, illadores,
empalmes, conectores e dispositivos de posta a terra na zona de orixe.
Tome fotos e recolla mostras se é necesario. Solicite unha orde
xudicial se é necesario.
• Se se trata dun fusible ou outra avaría mecánica, pode ser necesario
obter os servizos dun enxeñeiro eléctrico ou dunha enxeñeira eléctrica
ou de especialistas en liñas eléctricas.
• Examinar o lugar dos feitos co experto ou experta en liñas eléctricas e
obter todas as probas pertinentes.
• Se hai un curtocircuíto directo co chan, examinar a zona en busca de
fulguritas.
• Obter os datos da liña e os rexistros de mantemento da compañía
eléctrica.
• Conseguir todos os rexistros pertinentes da compañía eléctrica.
• Considerar o envío dunha carta recomendando o mantemento.
• Recompilar rexistros relativos á redución de riscos e a problemas
anteriores no mesmo circuíto.
Seguridade das Liñas Eléctricas: extreme as precaucións cando traballe ao redor
ou debaixo das liñas ou preto dos equipos. Asuma sempre que o condutor está
cargado ou pode chegar a estalo ata que a compañía eléctrica lle asegure o
contrario. O fume e/ou as salpicaduras de auga poden provocar arcos eléctricos
que poden chegar ao chan. Nunca se suba a un poste. Espere a chegada das
cuadrillas da empresa de servizos públicos para que a liña sexa segura. Mire cara
arriba, preste atención e mantéñase a distancia. Se é o caso, leve o equipo de
protección adecuado cando traballe desde a cesta do camión.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 252


Foguetes Artificiais
Definición: a maioría dos foguetes artificiais clasifícanse nunha destas tres
categorías, terrestres-manuais, aéreos e explosivos.
Sábese que os foguetes artificiais causan anualmente importantes danos á
propiedade, incluídos os incendios forestais e de estruturas. Se se utilizan de forma
imprudente, os foguetes artificiais poden descargar material ardendo na vexetación
inflamable.

Factores de Ignición
Foguetes Artificiais - Terrestres-manuais: emiten chamas e faíscas que, cando se
activan xunto á vexetación inflamable, poden provocar facilmente un incendio.
Hainos de varios tipos:
• Fonte básica.
• Fonte cónica. (N. do T.: os foguetes tipo fonte forman un chorro de chispas
continuo que se eleva verticalmente ata poucos metros do chan. As fonte básicas
teñen a base con forma de tubo e as fontes cónicas teñen a base cónica.)
• Bengalas.
• Velas romanas. (N. do T.: tubo que se crava no solo e que expulsa varias
bólas de cores a varios metros de distancia en sucesivas explosións.)
• Rodas e xiradores.
• Bombas de fume.

Figura 151. Fontes básicas terrestres.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 253


Foguetes Artificiais - Aéreos: explotan ou crean un escintileo aéreo. Os restos
quentes dun foguete artificial aéreo poden caer na vexetación inflamable e
provocar un incendio. O incendio tamén pode producirse no lugar de lanzamento
ou preto del, ou ao longo da traxectoria de voo dun artificio pirotécnico aéreo que
non se lanzou correctamente. Os restos explotados poden iniciar un incendio a
certa distancia do lugar de lanzamento e a favor do vento. Entre os foguetes
artificiais podemos atopar foguetes de botella *, paracaídas, de ás e morteiros * de
varios tamaños. (*N. do T.: os foguetes de botella consisten nunha carcasa cilíndrica
suxeita a un pau, como os que anuncian as festas pero máis pequenos, para lanzar colléndoos
coa man. Nos EE.UU. denomínanse así porque pode meterse o pau dentro dunha botella
baleira para disparalo e controlar a traxectoria. Os foguetes de morteiro consisten nun tubo
desde o que sae o proxectil.)
Figura 152. Foguetes artificiais aéreos.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 254


Foguetes Artificiais - Explosivos: carga de pólvora que vai acompañada dun
estoupido ou explosión. Pode provocar incendios, pero as condicións poden limitar
a probabilidade. As partículas de papel en chamas poden iniciar incendios
inmediatamente adxacentes á zona da explosión. As ringleiras ou bloques de
petardos teñen máis probabilidades de acender combustibles secos que un só
petardo, xa que a mecha acesa adoita ser o dispositivo de ignición máis que a
propia detonación do petardo. Os M-80 e as bombas de cereixa * son dous tipos
comúns de foguetes artificiais explosivos pesados. A posesión ou o uso destes tipos
de foguetes artificiais pode ser ilegal nalgúns estados. (*N. do T.: os M-80 son a
versión civil dun potente petardo militar empregado orixinalmente para simular explosións
ou disparos; 4 cm de longo e 1,5 de diámetro, mecha saíndo polo lateral e 3 g de explosivo.
As bombas de cereixa son esféricas, de 2-4 cm de diámetro e con ata 2 g de explosivo que as
fan relativamente potentes. Ambos ilegalizados nos EE.UU. onde os petardos vendidos ao
público só poden conter como máximo 50 miligramos de explosivo por petardo.)

Figura 153. Foguetes artificiais explosivos.

Circunstancias: o uso de foguetes artificiais aumenta antes e despois dos períodos


de vacacións*, o que leva a un aumento dos incendios relacionados con eles. As
probas poden incluír os restos de dispositivos gastados ou en mal estado, residuos,
material de embalaxe, mistos ou chisqueiros refugados, restos de material
rebentado, declaracións de testemuñas que visen un escintileo, oído un estalido ou
visto faíscas e lume. Os fragmentos dun artefacto poden estar enterrados no chan e
poden deberse a intentos de extinción por parte da persoa responsable. É posible
que haxa menores sen supervisión preto do lugar dos feitos e deben interrogarse de
acordo coa política da Administración. Os foguetes artificiais manuais que foron
lanzados á vexetación seca deben ser examinados como un posible acto de
incendio intencionado. (*N. do T.: ou en calquera momento por parte de particulares para
celebrar cada gol do seu equipo de fútbol en partidos importantes, unha voda, etc. Buscar un
motivo de celebración se desconfiamos dun incendio por foguete.)

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 255


Figura 154. Restos de papel de petardo.

Restos de petardos

Técnicas de Investigación
• Buscar na zona o lugar de lanzamento e os materiais de embalaxe.
• Investigar a zona en busca de testemuñas que poidan ver ou oír
actividade pirotécnica recente.
• Documentar a distancia desde o lanzamento dos foguetes ata a orixe do
incendio xunto coas distancias ao redor da zona de lanzamento.
• Se se atopa fóra da estrada, documentar a distancia e describir a
configuración do combustible para determinar se os foguetes
foron lanzados desde a estrada.
• Fotografar e recoller as probas dos foguetes artificiais de maneira que
non se engadan impresións dixitais ou ADN.
• Identificar o tipo de foguetes utilizados e anotar calquera marca de
identificación.
• Considerar a causa de incendio intencionado.

Armas de Fogo e Munición


Definición: as descargas de pólvora negra e varios tipos de munición son capaces
de causar incendios forestais. Fano a través da descarga de materiais quentes ou
faíscas mecánicas causadas cando unha bala golpea un obxecto duro e se
fragmenta, creando partículas quentes que caen nos combustibles secos. Entre a
munición competente temos as balas trazadoras, incendiarias, de cobre sólido e as
encamisadas de cobre.
Factores de Ignición: en xaneiro do 2013, o Servizo Forestal dos Estados Unidos
levou a cabo unha investigación e probas con catorce balas de rifle diferentes,
incluíndo balas con compoñentes de aceiro, chumbo e cobre (Maynard, 2013). O
branco utilizado foi unha placa de aceiro endurecido e con combustible de musgo
de turbeira* secado ao forno debaixo. Observáronse sistematicamente as ignicións
con balas fabricadas con compoñentes de aceiro (núcleo ou camisa) e cobre sólido.
Nas probas comprobouse que o peso da bala non afectaba á probabilidade dunha
ignición. Algúns fragmentos de bala superaron os 760 ºC. As balas con núcleo de
chumbo ou cuberta de cobre tiñan menos probabilidades de provocar unha
ignición. (*N. do T.: musgos ou carrizas sobre todo do xénero Sphagnum que medran en
chans enchoupados de augas ácidas e cuxos restos compactados forman a turba.)

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 256


As principais conclusións destas probas foron:
• As balas de rifle que golpean superficies duras poden provocar a
ignición de material orgánico.
• As probas leváronse a cabo en condicións que simulaban o clima crítico
do incendio (38-43 ºC, 7-10 % de humidade relativa) e utilizando un
leito de combustible altamente receptivo (musgo de turbeira secado no
forno cun 3-5% de humidade).
• Os fragmentos moi pequenos poden causar ignicións e poden ser
difíciles de localizar na orixe.
• Só se probaron cartuchos de rifle, 7,62x54 Rm 7,62x51 (.308
Winchester), 7,62x39 e 5,56x45 (.223 Remington).
• A probabilidade de ignición aumentou con ángulos de impacto * máis
baixos. (* N. do T.: ángulo agudo formado entre a liña da traxectoria do proxectil
e a superficie do obxecto impactado.)
Atopará máis información sobre o inicio de lumes por balas de rifle no informe do
Programa Nacional de Tecnoloxía e Desenvolvemento do Servizo Forestal dos
Estados Unidos, Ignition Potential of Rifle Bullets, en
http://tmfire.us/Shooting_ignition_TechTips.pdf.
Figura 155. Descarga dun rifle nun campo de tiro ao aire libre.

A pólvora negra ou carga propulsora descargada directamente na vexetación


inflamable poden provocar incendios. Os proxectís como os de núcleo de aceiro,
con camisa de aceiro, con compoñente de aceiro, de cobre, de chumbo, núcleo de
chumbo e camisa de cobre e a munición perforante* (AP), a incendiaria* e a
trazadora, son algúns dos tipos de munición que poden acender a vexetación.
Algúns fabricantes de proxectís de escopeta comercializaron proxectís que
provocan a expulsión de chamas e faíscas do canón da escopeta. (*N. do T.: en
España o Real Decreto 137/1993, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de
armas, prohibe a publicidade, compravenda, tenencia e uso de munición perforante e
incendiaria, salvo por funcionarios especialmente habilitados.)
PMS 412 Capítulo 6 Páxina 257
Calquera proxectil de arma de fogo debe considerarse como unha fonte potencial
de ignición.
Os proxectís perforantes con núcleo de aceiro (AP) poden obterse de diversas
fontes, incluídos os excedentes militares chineses ou rusos. Os cartuchos .223/5.54
e 7.62x39mm son os máis comúns. Estas balas teñen un núcleo de aceiro que pode
provocar incendios cando golpea obxectos duros como o aceiro e as rochas. Un
verdadeiro proxectil AP terá unha punta negra ou prateada*. Os cartuchos con
camisa de aceiro poden recuperarse utilizando un imán e moitos campos de tiro ao
aire libre que prohiben os cartuchos con camisa de aceiro utilizan imáns para
comprobar a munición que se introduce no campo de tiro. As vaíñas de aceiro con
revestimento de cobre poden non ser detectadas por un imán debido a ese
revestimento. (*N. do T.: código de cores empregado polos exércitos dos países membros
da OTAN para a identificación de munición segundo o Acordo de Normalización ou
STANAG 2316.)
Pode ser necesario utilizar unha radiografía para determinar os compoñentes
internos dun cartucho.

Figura 156. Balas de fusil con núcleo de chumbo e de aceiro.

Núcleo de aceiro

Núcleo de chumbo

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 258


As balas incendiarias poden provocar incendios ao impactar. O fósforo contido
no proxectil acéndese automaticamente ao expoñerse ao osíxeno. Os cartuchos
incendiarios considéranse fontes de ignición competentes. Os cartuchos
incendiarios militares poden ter a punta azul.
As balas trazadoras inclúen unha mestura química que arde brevemente cando se
dispara, o que permite ao usuario ver cara a onde vai o proxectil. A miúdo, os
cartuchos trazadores utilízanse entre os cartuchos non trazadores *. Pódense atopar
restos de magnesio, nitrato de estroncio e oxidante (peróxido de calcio) **. (*N. do
T.: refírese ao seu emprego en metralladoras, onde se intercala normalmente un proxectil
trazador cada catro non trazadores, a gran cadencia de tiro amosará unha liña continua).
(**N. do T.: estas substancias, as mesmas dos foguetes pirotécnicos e bengalas, outórganlle a
esta munición o efecto de luminosidade buscado e certa capacidade incendiaria.)
Unha bala trazadora militar pode ter a punta vermella ou laranxa*. Do mesmo
xeito que ocorre coas marcas das balas perforantes e incendiarias, a pintura pode
estar lixada ou pode non estar presente se se trata de excedentes militares
estranxeiros. As balas trazadoras teñen unha punta de aceiro e unha base oca e
poden ser recollidas por un imán. (*N. do T.: no exército dos EE.UU. a punta laranxa
identifica un proxectil trazador en misións fóra da OTAN, pero dentro desta organización
identifica un proxectil de instrución; é dicir, unha bala inerte que non pode dispararse usada
para o adestramento da carga e descarga de armas.)
(N. do T.: respecto ao exposto sobre as cores nos proxectís militares, fóra da OTAN estas
cores dependen do país ou do fabricante. Unha punta vermella nos países e misións dentro da
OTAN identifica á munición trazadora, pero no exército ruso á munición incendiaria e no
exército arxentino á perforante. Se son excedentes militares poden ser calquera cousa. É máis
frecuente atopar no mercado proxectís con punta vermella ou azul co único obxectivo de
distinguilos como munición deportiva. Esta maraña de posibilidades fai aconsellable que,
despois de recoller unha proba deste tipo, se lle traslade a súa custodia ás Forzas e Corpos de
Seguridade quen, a través das súas unidades de balística, realizarán os estudos oportunos.)
Figura 157. Disparo dun rifle trazador pola noite.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 259


Figura 158. Marca de punta laranxa da bala trazadora.

Brancos Explosivos
Definición: os brancos explosivos detonan ao impactar o proxectil, espallando
partículas quentes. Adoitan ser unha mestura de máis dun composto que
xeralmente non se consideran explosivos ata que se combinan. Os brancos
explosivos fabrícanse comercialmente en tipos de baixa ou alta velocidade *.
Tamén se utilizan versións caseiras con efectos similares. (*N. do T.: unha explosión
de alta velocidade de detonación producirá mais danos, rompe máis, que unha de baixa
velocidade, que máis que romper despraza.)
Unha vez mesturados, os compostos forman un artefacto explosivo. As
investigadoras e os investigadores de incendios forestais que traballen nunha
escena que poida conter un branco explosivo deben ter coidado ao manipular,
recoller, empaquetar e almacenar os residuos ou dispositivos.
Un exemplo dun branco explosivo de baixa velocidade que inicia un incendio pode
verse en YouTube en http://www.youtube.com/watch?v=HqxjgmYHQC0.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 260


Figura 159. Branco explosivo de noite.

Factores de Ignición
Moitos destes produtos son explosivos binarios, o que significa que os
compoñentes individuais non se consideran explosivos ata que se mesturan. Unha
vez mesturados, son tratados como explosivos e non poden ser transportados. Os
brancos explosivos non son foguetes artificiais. O impacto dunha bala no contedor
dos compoñentes mesturados detona a mestura. A detonación típica inclúe un
escintileo brillante, faíscas e residuos en chamas, un gran volume de fume que se
eleva e disipa rapidamente, e residuos voadores (metralla) que nalgúns incidentes
mataron e feriron a espectadores próximos. Os brancos explosivos están pensados
para ser indicadores de tiro, pero o seu uso realízase en moitos casos nunha
contorna experimental na que o usuario ou a usuaria simplemente quere ver como
de grande é a explosión que pode conseguir utilizando diferentes cantidades e tipos
de compoñentes.
Circunstancias
Algúns exemplos de marcas de brancos explosivos que poden estar na área de
ignición ou en posesión dos tiradores son Tannerite, Star Targets, Sure Shot e
Kick- Ass. Para coñecer outros fabricantes, busque na internet.
Os incendios causados polos brancos explosivos poden comezar lonxe do lugar de
detonación. Hai documentación de persoas que xuntan ata 113 kg de explosivos
para detonar á vez, con material que voa a máis de 30 metros. A maioría das
ignicións prodúcense preto do punto de detonación e a maioría dos incendios de
brancos explosivos prodúcense no lugar ou a pouca distancia do lugar de
detonación real. Moitos destes incendios sitúanse en lugares utilizados
anteriormente para o tiro ao branco.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 261


Os brancos explosivos adoitan deixar probas físicas no lugar dos feitos.
Dependendo do tipo de artefacto, xa sexa de fabricación comercial ou caseira, o
campo de restos pode incluír:
• Pequenas boliñas brancas. (N. do T.: os brancos ou dianas explosivas
véndense en forma de pack cos compoñentes necesarios para mesturar
separados e normalmente en forma de boliñas.)
• Fragmentos de contedores.
• Material de embalaxe.
• Anacos de plástico.
• Danos por explosión.
• Vaíñas de bala.
• Cinta adhesiva. (N. do T.: ancha, tipo cinta americana, necesaria para suxeitar
o branco explosivo onde se quere que estoupe.)
• Bolsas de plástico.
• Botellas de refresco.

Figura 160. 2,3 kg de Tannerite detonados baixo o capó.

Capó do coche

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 262


Outros indicadores na escena dun incendio relacionado con armas de fogo inclúe:
• Aparellos metálicos.
• Carrocerías de coches.
• Rochas preto da área de ignición.
• Caixas de munición.
• Caixas de cartuchos.
• Cartuchos usados.
• Golpes de bala.
• Brancos.

Técnicas de Investigación
• Rexistrar minuciosamente a zona de orixe (lugar de impacto) e o punto
de detonación.
• Aplicar a técnica de procura en cuadrícula nas zonas de alcance.
• Rexistrar a zona en busca de testemuñas.
• Recoller as probas, como as vaíñas, de forma que se evite engadir
impresións dixitais ou ADN. O proxectil pode estar enterrado na terra
ou nas árbores; utilizar o detector de metais para a súa recuperación.
• Avaliación polo laboratorio para tentar relacionar o proxectil e a vaíña
coa arma de fogo.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 263


Corte, Soldadura e Esmerilado
Definición: este tipo de ignicións son normalmente causadas por unha operación
industrial ou agrícola, pero tamén poden ser o resultado dunha actividade
individual ou doméstica.
Figura 161. Típica operación de soldadura e construción de carros realizada preto
de domicilios e pequenos negocios.

Factores de Ignición
Os incendios resultan das operacións de corte, soldadura e amolado cando os
fragmentos de metal quente ou as faíscas creadas por estas actividades caen nun
leito de combustibles finos. As partículas a miúdo escarvan e dan lugar a un lume
latente antes de que se produza unha combustión con chamas. A operaria ou o
operario pode non ser consciente do lume latente. As partículas de soldadura
adoitan caer a menos de 3 metros da operación. As partículas do amolado son
capaces de iniciar incendios a distancias superiores aos 12 metros. As partículas
máis grandes constitúen unha fonte de ignición máis competente.
Circunstancias
As evidencias físicas en ou preto da orixe poden incluír:
• Escoura.
• Barras de fundente para soldaduras.
• Fragmentos de metal.
• Discos de amoladora refugados.
• Impresións de rodas de carros de soldadura.
• Residuos de descarga de extintores ou outras evidencias de intento de
extinción.
• Localización relacionada co equipo ou nunha zona de uso do equipo.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 264


Figura 162. Escoura localizada na orixe dun incendio.

Escoura

Os residuos da descarga do extintor ou outra evidencia de intento de extinción


relaciónanse coas regulacións que poidan aplicarse ás actividades de soldadura.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 265


Figura 163. Subprodutos de soldadura recuperados no lugar do incendio.

Técnicas de Investigación
• Documentar as autorizacións, se as hai.
• Comprobar o cumprimento dos permisos.
• Utilizar imán ou detector de metais.
• Excluír ou analizar outras causas potenciais razoables.
• Buscar evidencias de soldadura, corte ou esmerilado.
• Entrevistar a testemuñas, empregados/as, operarias/os.
• Documentar as condicións meteorolóxicas.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 266


Figura 164. Evidencia dunha operación de corte.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 267


Quecemento Espontáneo
Definición: algúns combustibles se autoquentan e acéndense espontaneamente
cando as condicións favorecen unha combinación de procesos biolóxicos e
químicos. Esta acción é máis probable que ocorra despois de períodos de días
cálidos e húmidos en montóns de material orgánico en descomposición como
palla, grans, pensos, esterco, serraduras, montóns de estelas de madeira e musgo de
turbeira amoreado.
Factores de Ignición. Hai tres categorías de quecemento espontáneo.
1. Material con baixa temperatura de ignición que se acenderá cando se
expoña ao aire.
2. Material que sofre unha rápida oxidación a temperaturas normais e xera
calor.
3. Materiais orgánicos que se inflaman como resultado dunha reacción
biolóxica e química.
Os factores de ignición que adoitan estar presentes na escena dun incendio forestal
causado por quecemento espontáneo inclúen:
• Residuos de madeira amoreados con 60 cm ou máis ou de alto.
• Material húmido/verde.
• Inoculación bacteriana a través da mestura co chan.
• Compactación.
• Procesos bacterianos que elevan a temperatura do núcleo a
aproximadamente 38 ºC.
Diferentes materiais secos poden acenderse a diferentes profundidades.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 268


Figura 165. Evidencia de quecemento espontáneo.

Os factores de ignición tamén inclúen:


• Alta temperatura do aire.
• Alta humidade relativa.
• Morte bacteriana, que eleva a temperatura do núcleo a 70 ºC.
• Reacción química.
• Retroalimentación térmica que provoca o colapso do montón e a entrada
de osíxeno.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 269


Figura 166. Efectos típicos do lume nas serraduras ou nas estelas de madeira cando
se produce un quecemento espontáneo.

Circunstancias
Os indicadores poden ser unha chea de material verde na área de ignición, a
exposición directa ao sol, testemuñas que informan de malos cheiros e/ou vapor,
limo/mofo/formigas, ou substancia similar á creosota * que zumega do fondo dun
montón. (N. do T.: líquido de aspecto aceitoso e de forte cheiro.)
Outros indicios dun posible incendio causado por quecemento espontáneo son,
presenza de materiais que poden arder espontaneamente, zonas que mostran unha
combustión exterior desde o interior da morea (como na Figura 165) e a presenza
de respiradoiros (buratos polos que sae vapor).
Os eventos de quecemento espontáneo poden ocorrer despois dun período de
choiva ou outra aplicación de auga ao leito de combustible, seguido dun período
de tempo cálido e seco.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 270


Figura 167. Efectos típicos dun incendio por quecemento espontáneo en serraduras
e estelas de madeira.

Técnicas de Investigación
• Utilizar a fotografía e a vídeofilmación na medida do posible ao
documentar os montóns de residuos forestais ou de serraduras
sospeitosos de autoquecemento.
• Examinar os montóns de residuos para ver a composición das especies e
o tamaño das partículas. Os montóns susceptibles adoitan ter unha
porcentaxe significativa de finos e estar compactados.
• Determinar o proceso polo que se crearon os montóns. Por exemplo, a
trituración que segue ao derramado crea suficientes finos que se
compactarán.
• Determinar se houbo follaxe vivo ou morto durante o período do
proceso e en que medida: canto maior sexa a follaxe viva, maior será a
probabilidade de que o montón se autoquente.
• Determinar o período de tempo desde a creación da morea ata o
momento actual. Documentar ese lapso de tempo.
• Determinar ata que punto utilizouse maquinaria para empuxar as moreas
e o grao de mestura do solo implicado neste proceso. Normalmente
unha achega de solo é coherente con fortes niveis bacterianos nos
montóns.
• Documentar a presenza de ventilacións (buratos de vapor) e calquera
cheiro acre asociado. Documente as fugas de creosota, a actividade
fúnxica e calquera cheiro forte asociado ao exterior da morea.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 271


• Tentar localizar calquera material que estea involucrado coa pirólise *,
pero que non fose asociado cunha queima aberta. (*N. do T.:
descomposición química de substancias complexas en produtos máis
simples debido a altas temperaturas e ausencia de osíxeno; por exemplo, a
pirólise da madeira xera carbón vexetal.)
• Determinar se a morea se queimou de dentro cara a fóra ou de fóra cara
a dentro. O grao de consumo de partículas, o material queimado fronte
ao non queimado, o tipo e a distribución da cinza ou o carbón vexetal e a
distribución xeral da calor dentro da morea, son elementos a examinar.
Examinar o interior da morea en busca de residuos de sílice fundida
(escouras).
• Rexistrar o tempo que precede á ignición da morea. Buscar períodos
fríos, seguidos dun cambio significativo nas condicións meteorolóxicas
que suxira que a morea experimentou unha forte exposición de
quecemento exotérmico. Crese que este elemento causa algunha forma
de retroalimentación térmica que pode cambiar rapidamente as
condicións do montón a favor da ignición.
• Determinar se os montóns se autoqueceron examinando os montóns
non queimados. Se non se dispón de moreas non queimadas, facer esta
determinación examinando os residuos dos montóns queimados e
entrevistando ao operador ou á operadora e/ou a persoa propietaria do
terreo.
• Documentar as operacións que xeraron as moreas de residuos así como
outros lugares onde poidan existir moreas sospeitosas. Inspeccionar
todas as moreas e lugares asociados en busca de probas que apoien a
combustión espontánea.
• Entrevistar a testemuñas, traballadores e traballadoras, examinar outros
montóns non queimados na zona.
• Solicitar unha avaliación pericial.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 272


Incendios en Vetas de Carbón
Definición: as vetas de carbón poden acenderse por un raio, un incendio forestal
ou outras fontes de ignición. Estes incendios adoitan arder lentamente ao longo da
veta e poden rexurdir cando a veta se achega á superficie, esta se agreta, e se
introduce osíxeno na veta en combustión. É perigoso investigar estes incendios, xa
que a veta de carbón en combustión pode estar xusto debaixo da superficie. Os
incendios en vetas de carbón poden ser visibles no inverno polos penachos de
vapor e parches espidos aleatorios na neve debido ao quecemento subterráneo. Os
parches de vexetación morta tamén poden ser un indicio de que se está producindo
un quecemento subterráneo por mor dun incendio nunha veta de carbón.
Figura 168. Liberación de fume nun incendio dunha veta de carbón.

Figura 169. Combustión en chamas cando o lume da veta de carbón sae á


superficie e se mestura co osíxeno.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 273


Cercas Eléctricas
Definición: incendios orixinados por cercas eléctricas utilizadas para conter
animais domésticos. O rápido ciclo de impulsos eléctricos non permite que o
combustible se arrefríe.
Factores de Ignición: os sistemas de cercado eléctrico do tipo cortaherbas* son os
máis propensos a provocar incendios forestais. Os incendios por esta causa adoitan
producirse a finais da primavera ou principios do verán. A vexetación en
crecemento ou a que acaba de secarse pode entrar en contacto co arame do cercado
e pode quentarse ata a súa temperatura de ignición, provocando un incendio. (*N.
do T.: corta a herba que contacta co cable condutor grazas a unha maior duración da
descarga. Impedindo medrar á herba evítase que contacte con dos fíos condutores,
eliminando o risco de curtocircuítos, pero a herba contactada cun só fío pode arder e iniciar
un incendio.)
Figura 170. Nesta foto os residuos de herba están no punto de contacto co cable da
cerca eléctrica. Tamén pode haber marcas de queimaduras e pode ser o único sinal
de contacto co valo.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 274


Noutras situacións, o arame do valo enrólase ao redor ou entra en contacto coa
póla dunha árbore ou o poste de madeira do valo.

Figura 171. Queimadura nunha árbore pequena onde o cable eléctrico se enrolou
ao seu redor.

Os incendios poden producirse tanto por cable trenzado como dun só fío.
Circunstancias
As características a ter en conta son o restrollo queimado, contacto coa vexetación,
transferencia de vexetación (Fig. 170), marcas de carbonización intermitentes no
cable. As circunstancias tamén inclúen a orixe do lume ao longo da liña do cercado
eléctrico, herba seca do cercado que non foi cortada, cables que xa non están
montados nos illadores e illadores rotos e avariados.
Técnicas de Investigación
• Determinar se a orixe está preto do cable do cercado.
• Determinar o estado da liña do valo e o seu mantemento.
• Determinar se a liña estaba electrificada.
• Observar e documentar a liña de alimentación desde a fonte ata o valo e
documentar calquera contacto coa vexetación, falta de illantes, etc.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 275


• Examinar toda a liña e buscar outras zonas nas que a vexetación se
carbonizase, pero non iniciase un incendio.
• Documentar calquera disxuntor* disparado. (*N. do T.: mecanismo que
corta automaticamente a corrente, por exemplo nun curtocircuíto polo
contacto de dous condutores.)
• Identifique a marca e o modelo do fabricante.
• Avaliar o mantemento da vexetación ao longo da liña do valo.
• Examinar o cable do valo para ver se está descolorido ou se hai
vexetación carbonizada.
• Avaliación pericial no lugar dos feitos por parte de enxeñeiros eléctricos
ou enxeñeiras eléctricas coa debida cualificación antes do
desmantelamento.
• Probas de laboratorio adicionais.

Figura 172. Exame pericial no lugar dos feitos antes de desmantelar o sistema.

Refracción (Reflexión)
Definición: os raios do sol poden ser enfocados nun punto de intensa calor se son
concentrados por certos vidros ou obxectos brillantes. Este proceso de refracción
ou reflexión dobra os raios de luz, de forma similar ao que ocorre cunha lupa. O
extremo cóncavo e brillante dunha lata de metal pode enfocar a luz solar, pero a
súa curta distancia focal* fai que o seu potencial como posible causa sexa moi
improbable. Os incendios provocados por estes obxectos son extremadamente
raros; con todo, os obxectos con estas características recuperados na área de inicio
deben ser examinados coidadosamente para determinar o seu potencial para iniciar
un incendio. (*N. do T.: distancia entre unha lente e o punto no que converxen os raios de
sol reflectidos ou concentrados por ela.)

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 276


Factores de Ignición
Entre os obxectos que se sabe que provocaron incendios atópanse o cristal tallado,
as botellas de vidro transparente cheas dun líquido claro, as lentes dos faros, os
espellos, os cristais vellos das xanelas (con burbullas), os fondos das latas de
aerosol, o metal puído e as bolsas de plástico transparente cheas de auga ou doutro
líquido claro.
Os incendios provocados pola refracción ou reflexión do vidro son moi raros. Esta
causa pode considerarse debido á presenza dun obxecto na orixe co potencial de
iniciar un lume. Os vidros planos e rotos, que carecen de aumento ou de
propiedades de reflexión, así como os vidros de cor, non provocan incendios.
Técnicas de Investigación
• Documentar a área de ignición en relación coa localización do obxecto e
a súa orientación respecto ao sol no momento do día en que se
produciu o incendio.
• Documentar o grao e os períodos de sombreado, isto pode requirir que o
investigador ou a investigadora teña en conta o día do ano e a posición
específica do sol no día da ignición.
• Identificar os elementos reflectores ou os cristais cóncavos na zona de
ignición.
• Recoller e probar en condicións similares, calquera obxecto reflector
sospeitoso de provocar un incendio.
• Determinar a cantidade de luz solar no momento da ignición. (N. do T.:
pode axudar situarse ao día seguinte ou o antes posible na área de inicio á
hora de inicio e baixo condicións meteorolóxicas semellantes e rexistrar a
incidencia dos raios de sol nesa área. Podemos actuar dese xeito con
outros parámetros meteorolóxicos, por exemplo para confirmar os ventos
locais ou os ventos de ladeira na zona e hora do incendio, no caso de non
observalos directamente.)

Voaduras
Definición: incendios iniciados por restos en chamas asociados a actividades de
voadura.
Factores de Ignición: os incendios provocados polas operacións de voadura
adoitan producirse preto ou no perímetro da voadura. Nalgúns casos, os materiais
poden ser impulsados pola explosión a maior distancia. O inicio do lume pode
atrasarse debido á combustión latente.
Técnicas de Investigación
• Documentar as actividades de voadura previas ao incendio.
• Considerar a posibilidade de que haxa máis explosións e artefactos
explosivos na zona e tomar as medidas de seguridade adecuadas.
Consultar coas persoas que estean utilizando eses materiais de voadura.
• Buscar restos de voadura ou material queimado na área de ignición.
• Determinar se se obtiveron os permisos e se cumpriron as súas
condicións.
• Cumprimento dos requisitos legais para a extinción de posibles
incendios ou posibilidade de extinción.
• Intentar recuperar restos ou materiais estraños na área de ignición.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 277


Bengalas
Definición: incendios resultantes de bengalas comerciais, industriais ou militares.
O composto adoita ser unha mestura de serraduras, cera, xofre, nitrato de
estroncio e perclorato de potasio. As bengalas arden a aproximadamente 2000 ºC.

Figura 173. Típica bengala de estrada con soporte.

Factores de Ignición: as bengalas mal manexadas ou mal colocadas son unha


fonte de ignición moi competente. As bengalas son ás veces utilizadas como fontes
de ignición por un incendiario. O material fundido quente, o composto químico
contido no tubo de cartón, os tapóns e os percusores forman parte da ignición por
bengala dun incendio intencionado.

Figura 174. Despregado típico de bengalas de advertencia nunha estrada.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 278


As bengalas de sinalización aérea véndense como dispositivos de sinalización de
emerxencia, algúns dos cales utilizan armas de fogo de calibre estándar, véxase o
seguinte exemplo.

Figura 175. Dispositivo de bengalas de sinalización aérea.

As pistolas de bengalas, algunhas vendidas como excedentes militares, as pistolas


de bengalas navais e as usadas para o lume prescrito por algunhas axencias dos
EE.UU. poden enviar cartuchos ardendo ao medio natural.

Figura 176. Pistola de bengalas e cartucho.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 279


Circunstancias
Unha escena con esta causa potencial pode ter múltiples bengalas ao longo do
bordo dunha estrada. A área de ignición é tipicamente adxacente ao bordo da
estrada cando a causa é accidental, pero pode estar a certa distancia da estrada se a
causa é un incendio intencionado. A escoura dará positivo nas probas de nitratos de
estroncio*. Os incendios provocados por bengalas tamén poden producirse ao
longo ou preto de terreos militares ou roteiros de operacións aéreas. Os restos das
bengalas están presentes en forma de tapóns, percusores e escoura. As vaíñas e os
percusores poden rodar ou voar desde a súa orixe. (*N. do T.: empregado para obter
unha intensa chama de cor vermella e como oxidante forte que axuda á combustión doutras
substancias. É incombustible, razón pola que aparecerán restos del na escoura da bengala.)
Figura 177. Escoura de bengala na escena do incendio.

Técnicas de Investigación
• Enviar os residuos de escoura ao laboratorio para unha análise do
posible contido de nitratos de estroncio ou outras substancias químicas
sospeitosas.
• Avaliar as actividades recentes neste lugar.
• Se se trata dunha bengala aérea, tentar rastrexar a traxectoria ata o lugar
de lanzamento.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 280


Incendios de Petróleo e Gas
Definición: incendios asociados á recuperación e bombeo de produtos de petróleo
e gas no medio natural. Os incendios por queimadores de cheminea e foxos de
lume* son algúns dos tipos de incendios por petróleo e gas que se poden atopar no
medio natural. O funcionamento de chemineas e foxos está deseñado para queimar
o exceso de subprodutos do petróleo ou os non desexados. Ocasionalmente, estes
incendios prodúcense polo impacto directo das chamas, a bengala de acendido ou
as partículas da cheminea. (*N. do T.: un queimador de cheminea ou de facho consiste
nunha tubaxe vertical e un foxo consiste nun burato ou estanque con tubaxes horizontais a
nivel do terreo ou por baixo del. O queimador recolle e queima gases a certa altura e no foxo
vértense para queimar, a través de tubaxes, gases e hidrocarburos líquidos non aproveitables.)
Factores de Ignición: os incendios de chemineas e foxos da produción petroleira
prodúcense tanto en instalacións de procesamento de gas natural como nos pozos
de petróleo. As bengalas disparadas para acender o gas durante as operacións de
combustión poden provocar incendios. As chemineas poden eructar e provocar
incendios. As chamas e/ou partículas de carbono poden acender os combustibles
adxacentes.

Figura 178. Queimado de gas mediante cheminea.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 281


Poden producirse incendios nos tanques de almacenamento de petróleo cru, así
como incendios causados pola electricidade estática durante o mantemento das
tubaxes de polietileno ou nos seus arredores. As partículas de carbono acenden os
combustibles adxacentes.

Figura 179. Tanques de almacenamento de petróleo e tubo de escape.

Tubo de escape do tanque


de almacenamento de
petróleo.

Circunstancias
Os indicios dun incendio de petróleo ou gas inclúen probas de combustión na
propia cheminea, área de ignición na vexetación adxacente, falta de espazo libre,
partículas de borro de carbono na fonte e entre esta e a orixe, rexistros de
incendios anteriores, residuos da bengala iniciadora, probas ou informes de
testemuñas de labaradas recentes, e unha Área de Inicio a miúdo a favor do vento.
Técnicas de Investigación - Incendios de Foxos
• Identificar se se trata dunha batería/pozo de H 2S. (N. do T.: a batería é un
grupo de pozos, neste caso de H 2S, conectados. Os pozos de H 2S son pozos cuxo
petróleo cru ou gas natural ten determinado contido de ácido sulfhídrico, un gas
moi tóxico. Cunha concentración no aire de tan só 2 ppm este gas detéctase
polo cheiro a ovos podres, con 5 ppm o ser humano perde a capacidade para
cheiralo e a partir de 20-25 ppm pode resultar mortal.)
• Determinar a distancia desde a batería ao inicio do incendio.
• Determinar a última vez que a batería estivo fóra de servizo para
realizar reparacións.
• Entrevistar aos operadores e ás operadoras para determinar a historia do
lugar da batería, por exemplo, incidentes similares.
• Determinar cando se acendeu a chama do foxo por última vez e como
(acendedor eléctrico ou pistola de bengalas).
• Comezar a preparar o esbozo.
• Fotografar primeiros planos do tubo do foxo por onde verten o
combustible para queimar por se houbese defectos ou
acumulacións de carbono.
PMS 412 Capítulo 6 Páxina 282
• Examinar o Rexistro Diario do pozo para identificar cambios
específicos ou significativos no fluxo.
• Obter unha mostra da emisión da cheminea, se é posible. Esta pode ser
comparada coa composición do material no chan.
• Determinar a distancia desde o tubo do foxo ata a berma* que o rodea.
(*N. do T.: montículo de terra recuberto por unha capa impermeable que
rodea os depósitos ou foxos para evitar que escapen líquidos. Hainas
prefabricadas que se montan no lugar.)
• Determinar as distancias desde o bordo da berma e o extremo do tubo
ata a vexetación.
Técnicas de Investigación - Incendios de Chemineas
• Identificar se se trata dunha batería/pozo de H2S.
• Entrevistar os operadores e ás operadoras para determinar o historial do
lugar, por exemplo, incidentes similares.
• Determinar cando se acendeu a cheminea por última vez e como
(acendedor eléctrico, pistola de bengala ou outro método).
• Estaba o facho aceso cando chegou a primeira testemuña?
• Está monitorada a cheminea?
• Situación no esbozo.
• Altura da cheminea.
• Base da cheminea aos combustibles do chan (mínimo 2½ veces a altura
da cheminea).
• Existe un tambor de golpeo, un cunco para sedimentos ou depósito
similar, para evitar que o condensado chegue á cheminea?
• Fotografía de preto a parte superior da cheminea para identificar a
acumulación de carbono.
• Examinar a zona en busca de materiais que poidan brotar do facho da
cheminea ou carbono desprendido da súa parte superior.
• Examinar o Rexistro diario do pozo para identificar cambios
específicos ou significativos no fluxo.
• Obter unha mostra de emisión do facho, se é posible. Esta pode
compararse coa composición do material no chan. Determinar as
condicións meteorolóxicas co persoal do emprazamento.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 283


Figura 180. Mal funcionamento dun queimador de cheminea que provoca un
incendio no chan.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 284


Lanternas Voadoras
Descrición: as lanternas voadoras son globos de aire quente en miniatura feitos de
papel ou plástico, bambú ou madeira lixeira, e arame cun paquete de combustible
sólido. As lanternas caseiras poden utilizar sacos do lixo de plástico. Orixinarios
de Asia e denominados globos da felicidade ou globos dos desexos, o seu uso
estendeuse por todo o mundo* e utilízanse habitualmente durante as vodas ou
outras celebracións. Os incendios provocados polas lanternas voadoras adoitan
estar asociadas a experimentación por parte da mocidade ou adolescentes, sobre
todo se son lanternas caseiras. Os fabricantes afirman que o papel está tratado cun
retardante do lume, pero moitos non o están. (*N. do T.: en Galicia xa se rexistrou
algún incendio por lanternas voadoras.)
As lanternas voadoras poden viaxar a quilómetros de distancia do lugar de
liberación e son capaces de alcanzar varios centos de metros de altura. Pódense
soltar varias lanternas á vez. As liberacións adoitan producirse durante as horas
nocturnas para lograr un efecto visual completo, pero tamén poden despregarse
durante as actividades diúrnas.

Figura 181. Típica lanterna voadora empaquetada.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 285


A evidencia física na escena pode incluír restos do marco de arame ou madeira,
anacos de bambú ou madeira de balsa*, restos de papel ou cinza, bolsa de plástico
derretida e o paquete de combustible. (*N. do T.: madeira procedente da árbore
subtropical Ochroma pyramidale ou balso. É a madeira máis lixeira que se coñece, incluso
máis que a cortiza ou casca da sobreira.)

Figura 182. Restos dunha lanterna voadora despois de queimarse.

O lugar de liberación pode estar a unha distancia considerable do lugar do


incendio. Os restos do globo poden quedar suspendidos por enriba do chan na
vexetación ou en estruturas. Determine a dirección e a forza do vento antes do
incendio.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 286


Aeroxeradores
Definición: os aeroxeradores utilizan o fluxo do vento para xerar enerxía eléctrica
e estanse colocando cada vez máis no medio natural. Cando hai máis dun
aeroxerador na mesma zona, pode utilizarse o termo parque eólico.
Factores de Ignición: fallos nos equipos causados por:
• Caída de raios.
• Fallos da caixa de engrenaxes.
• Fallo dos freos.
• Fallo dos rodamentos.
• Fallo das pas.
• Avaría do xerador.
• Construción e mantemento.
• Choque de aves.
Nos arredores dun parque eólico realízanse actividades constantemente, polo que
as investigadoras e os investigadores non debe supoñer que o incendio se produciu
por unha turbina. Actividades como o mantemento, soldadura, corte, trituración e
os vehículos que circulan pola herba seca son causas de incendio asociadas.
Figura 183. Incendio dun aeroxerador.

Debido ao aspecto técnico das operacións nas turbinas eólicas recoméndase buscar
o apoio de especialistas na materia.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 287


Caldeiras de Leña ao Aire Libre
Definición: denominados fornos de leña para exteriores ou caldeiras de leña para
exteriores*, estes dispositivos poden ser modelos modernos fabricados ou caseiros.
Poden utilizarse para quentar unha estrutura mediante a conexión a unha unidade
de calefacción central e/ou utilizarse para proporcionar auga quente. De calquera
xeito, o forno funciona queimando leña e pode estar funcionando mesmo nas
épocas máis cálidas do ano se se utiliza para quentar auga. (*N. do T.: moi populares
nos EE.UU. onde se coñecen como Outdoor wood boilers ou Outdoor wood furnaces. Son
caldeiras de calefacción ou para quentar auga situadas xeralmente ao aire libre. Adoitan ter
un gran fogón metálico central, de ata case 1 metro cúbico, rodeado por unha camisa de auga
e aloxado todo iso dentro dun pequeno alpendre metálico cunha cheminea.)
Factores de Ignición: os fornos de leña para exteriores tenden a ter dúas causas
principais de incendios: 1) a cinza quente refugada ao limpar o forno e; 2) a falta
de mantemento, incluíndo a limpeza da cheminea. Os fornos tenden a recibir
menos mantemento que as estufas de madeira para interiores.
Circunstancias: estas unidades adoitan estar separadas da estrutura e a miúdo
están encerradas nun alpendre portátil ou construído para o seu illamento. A
maioría dos incendios orixínanse neste lugar ou preto del.
Técnicas de Investigación
• Determinar se o forno de leña estaba en uso no momento da ignición.
• Determinar cando se engadiu madeira por última vez.
• Determinar o tipo de madeira que se utilizaba.
• Determinar se a porta do forno de leña estaba aberta ou pechada no
momento do incendio.
• Determinar se hai lume no interior do forno de leña.
• Entrevistar as testemuñas e ao propietario e/ou propietaria.
• Determinar o mantemento.
• Determinar o lugar de refugado das cinzas.
• Determinar a temperatura da morea de cinzas.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 288


Estruturas
(N. do T.: os incendios en estruturas non son da nosa competencia. Limitarémonos a avisar a
quen corresponda e a controlar que as chamas non cheguen ao medio forestal ou a combater
as chamas que xa chegaron a el. Se intentamos apagar as chamas de, por exemplo, unha nave
agrícola, non sabemos os produtos químicos que hai no seu interior e como reaccionarán ao
contacto coa auga nun ambiente de altas temperaturas, sen pretendelo podemos crear unha
situación moi perigosa.)
Definición: incendio que se propaga á natureza debido aos fallos ou actividades
asociadas a unha estrutura.
A investigación dos incendios de estruturas é unha tarefa especializada que require
formación e habilidades especializadas. Considere a necesidade de recursos
adicionais e/ou especializados. Non tente levar a cabo unha determinación
independente da orixe e a causa na estrutura a menos que teña a debida
capacitación e autoridade para iso.
Circunstancias:
• Indicadores de combustión que mostran que a propagación se orixinou
na estrutura ou dentro dela.
• Fume ou chamas procedentes da cheminea.
• Fallo eléctrico na estrutura ou na zona próxima.
• Actividade humana na zona.
Técnicas de Investigación
• Identificar a necesidade de recursos especializados de apoio ás
investigadoras e aos investigadores de incendios forestais.
• Fotografar a estrutura en chamas para documentar onde e en que grao
está a arder o lume en cada parte da estrutura.
• Realizar un percorrido pola estrutura en chamas para documentar o grao
de combustión.
• Localizar e documentar o estado do servizo de gas.
• Localizar e documentar o estado do servizo eléctrico.
• Examinar o exterior en busca de evidencias de actividade, incluíndo
contedores ou patróns de derrame que poidan indicar o uso dun
acelerante líquido inflamable.
• Entrevistar a ocupantes, informante e a outros habitantes da zona para
determinar a primeira vez que se viu o lume, a súa localización e
tamaño.
• Examinar os accesos das portas en busca de signos de entrada forzada.
• Examinar as xanelas en busca de signos de entrada forzada e/ou
indicadores de explosión.
• Traballar a partir da menor queimadura para determinar os patróns de
queima e identificar a habitación de orixe.
• Examinar a habitación de orixe en busca de indicadores dunha área de
inicio.
• Examinar a área de inicio en busca de fontes de ignición.
• Identificar a fonte de ignición e eliminar outras fontes de ignición na sala
de orixe e noutras salas se é necesario.

PMS 412 Capítulo 6 Páxina 289


Capítulo 7 - Recoñecemento de Incendios
Intencionados
Definicións
Incendio Intencionado*: a queima intencionada e maliciosa da propiedade doutra
persoa ou da propia (como para cobrar fraudulentamente o seguro). (Garner, 2009)
Incendiario/a*: quen incendia deliberada e ilegalmente unha propiedade. (Garner,
2009) (*N. do T.: definicións recollidas no Black's Law Dictionary, o dicionario xurídico
máis consultado nos Estados Unidos.)
O incendio intencionado é un delito grave, punible cunha pena de prisión dun ano
ou máis e/ou multa. (N. do T.: en España, a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do
Código Penal establece para o delito de incendio forestal unha pena de prisión dun a cinco
anos e multa de 12 a 18 meses, cunha contía diaria de 2 a 400 euros. Se a condena a prisión e
a multa son inferiores a 3 meses, o delito considérase leve. Se a prisión é de 3 meses a cinco
anos ou a multa superior a 3 meses, o delito considérase menos grave. Certos agravantes
elevarán as penas e o delito pode chegar a considerarse grave.)
Figura 184. Incendiario escapando do lugar dos feitos.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 290


Introdución
Os incendios intencionados poden representar máis do 20% de todos os incendios
forestais causados polo home e ata o 70% dos incendios nalgunhas xurisdicións
dos Estados Unidos*. É probable que moitos incendios intencionados que pasen
desapercibidos. Os incendios clasificados como Indeterminados non deben ser
catalogados como intencionados, pero poden requirir outra revisión para ver se
novas probas poden axudar a establecer unha causa. (*O último informe sobre
incendios forestais do Consello Económico e Social de Galicia sinala que no quinquenio
2000-2004 unha media do 85% dos incendios ocorridos en Galicia foron intencionados,
superando nalgúns distritos forestais ó 90%. Este informe pódese consultar en
https://www.ces-galicia.org/publicacions/informes/an%C3%A1lise-balance-e-proposta-
sobre-incendios-forestais-medidas-preventivas.)
Existe unha mitoloxía ao redor dos incendios forestais intencionados en serie, gran
parte da cal se basea en información anecdótica non apoiada pola investigación.
Estes mitos institucionalizáronse a través de batalliñas e da formación.

Incendios Intencionados en Serie


Mitos
• Numerosos incendios de gran tamaño que se producen en rápida sucesión
durante un curto período de tempo.
• Dispositivos elaborados e sofisticados.
• Non hai probas físicas no lugar dos feitos.
• Incidentes aleatorios e imprevisibles.
• Delincuentes moi hábiles e sofisticados.
Realidade
• Pequenos incendios que poden aumentar tanto en frecuencia como en
gravidade.
• Non se recupera ningunha fonte de ignición, nin un só misto.
• Probas físicas no lugar dos feitos.
• Patróns recoñecibles e predicibles.
• Delincuentes pouco hábiles e pouco sofisticados.
Nos EE.UU. o incendiario en serie medio é acusado de 2,7 cargos de incendio e
condenado por 2,5 cargos e é sospeitoso de provocar unha media de 35 incendios
antes de ser detido. Este elevado número de incendios antes da detención pode
estar relacionado cunha mala determinación da orixe e a causa, unha mala
recollida de probas ou cegueira de vinculación (non recoñecer os factores de
vinculación) e a falta de intercambio de información entre investigadoras e/ou
investigadores de diferentes territorios afectados.
A identificación temperá de incendios intencionados en serie é crítica porque:
• Cada incendio intencionado ten o potencial de ter consecuencias tráxicas.
• Os incendios poden tender a escalar en frecuencia e/ou gravidade.
• Os incendios aumentan a diminución de recursos.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 291


A detección temperán pode conducir a cargos adicionais que poden aumentar as
sentenzas. É máis probable que os cargos adicionais dean lugar a acordos de
culpabilidade*. Os incendios provocados poden gravar os limitados recursos e
fondos dispoñibles para a extinción de incendios, deixando menos para outro tipo
de incidentes. (*N. do T.: nos EE.UU., acordo no que a fiscalía ofrece unha redución das
acusacións ou da pena que solicita ao acusado ou á acusada a cambio dunha declaración de
culpabilidade. A Lei de axuizamento criminal do noso ordenamento xurídico recolle unha
situación semellante, a conformidade pola cal o acusado ou a acusada recoñece os feitos e
acepta a pena solicitada, ditándose sentencia sen máis. A conformidade non se recolle
expresamente para o caso de delitos leves, con condena a prisión e multa inferiores a tres
meses, pero si para os graves, como os delitos con condena a prisión superior a cinco anos.)
Factores: os incendios intencionados poden ser un delito difícil de resolver e
procesar debido a unha serie de factores.
Incendiarios
• Traballan en solitario.
• Ocultan as súas actividades para evitar a súa detección.
• Foxen da escena.
• Deixan poucas probas físicas evidentes.
• Raramente confían a outras persoas as súas actividades.
• Parecen funcionar de maneira aleatoria e impredicible.
• A comisión do delito é de curta duración.
• Os traballos de extinción do incendio pode destruír ou ocultar as probas.
• As testemuñas presenciais do delito son pouco frecuentes.
• Moitos e moitas fiscais teñen pouca ou ningunha experiencia en casos de
incendios forestais.
• Os motivos dos incendios intencionados poden parecer insondables.
Aínda que estes factores poden facer que a aprehensión dun incendiario ou dunha
incendiaria en serie sexa difícil e leve moito tempo, na maioría dos casos
pódeselles atrapar.
Como investigador ou como investigadora de incendios forestais con acreditación
da súa administración terá que entender o seu papel e autoridade cando se trata da
investigación de incendios intencionados. Consulte a política da súa
administración se non está seguro ou segura. As persoas acreditadas polo seu
organismo como investigadores e investigadoras adoitan estar formadas na
investigación de incendios forestais e participan no desenvolvemento de
investigacións de incendios intencionados.
O papel das investigadoras e dos investigadores é relacionar o que inicialmente
poden parecer que son incendios inconexos. Isto faise mediante probas físicas,
análise de patróns, desenvolvemento dun plan de investigación para identificar ao
responsable, probas forenses e evidencias de comportamento *. Estas actividades
poden conducir á observación do inicio do incendio e á posterior detención,
acusación e axuizamento do ou da responsable. (*N. do T.: calquera proba física,
documental ou testemuñal que axude a establecer se unha acción tivo lugar, como ou cando.
Unhas pegadas de pés preto do inicio do incendio indican que alguén se achegou ata alí,
detívose e logo botou a correr en determinada dirección. Calquera forma de proba física pode
ser tamén unha evidencia de comportamento nas circunstancias adecuadas.)

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 292


Figura 185. Detención dun sospeitoso de incendio intencionado.

Función dos Investigadores e das Investigadoras de Incendios Forestais


O papel dun investigador ou dunha investigadora é examinar e analizar os
incendios aos que responde en busca dun indicio de incendio intencionado;
protexer e asegurar a área de orixe para un exame máis profundo; proporcionar a
notificación oportuna ao nivel apropiado dunha investigadora ou dun investigador
de incendios forestais de acordo coa política ou a práctica da administración;
manter a confidencialidade de todos os aspectos da investigación e axudar segundo
se lle solicite.
Non asuma nin presupoña ningunha potestade legal máis aló das que está
autorizado ou autorizada a aplicar. Manteña o máis estrito nivel de
confidencialidade.
Comparta a información só con quen deba coñecela. Non divulgue ningunha
información aos medios de comunicación sen a aprobación da administración.
Moitos incendios intencionados pasan desapercibidos, a miúdo debido á falta de
probas manifestas ou á cegueira de vinculación. As investigadoras e os
investigadores están na mellor posición para detectar un patrón de incendio
intencionado nas primeiras etapas de desenvolvemento, a miúdo despois de dous
ou tres incendios. Para iso é importante que coñezan os indicadores de incendios
intencionados e se familiaricen cos patróns de ocorrencia dos mesmos.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 293


Indicios dun Incendio Intencionado
Os incendios forestais intencionados adoitan ser múltiples e poden producirse o
mesmo día, durante unha única ola de incendios intencionados, ou ao longo de
semanas ou meses e mesmo anos. Os incendios intencionados en serie adoitan
producirse moi preto uns doutros, pero poden estar moi separados. Poden iniciarse
no mesmo ou en diferentes xurisdicións*. O patrón que se establece proporciona
pistas sobre o modo de operar do ou da delincuente. (*N. do T.: enténdase diferentes
distritos forestais, nestes casos a coordinación dos distritos afectados resultará moi valiosa na
investigación. A suma de esforzos multiplica as posibilidades de éxito.)
Á maioría dos incendios intencionados accédese con vehículos a motor, incluíndo
estradas, sendeiros para ATV´s e quads, pistas forestais, servidumes de paso de
liñas eléctricas, etc. Os escenarios de incendios en estradas son os máis comúns.

Figura 186. Incendio intencionado no bordo dunha pista.

Isto débese a miúdo ao baixo risco de acceso e saída. O máis probable é que o/a
delincuente busque un acceso rápido e fácil, cun baixo risco de ser visto ou vista.
Pode haber excepcións a isto, pero a razón non sempre é obvia. O nivel de risco
que cada delincuente está disposto ou disposta a asumir ao provocar incendios
pode ser diferente, pero case todos e todas buscan formas de xestionar o seu risco
de detención.
A aparición recente de incendios de causa indeterminada nunha zona que supera o
historial normal de incendios é un indicador de que se están producindo incendios
intencionados en serie. Os incendios sen evidencia dunha fonte de ignición é outro
indicador. O descubrimento de dispositivos de ignición retardada no lugar do
incendio é un indicador importante de incendios intencionados en serie e do seu
método de funcionamento. Moitos incendios intencionados inícianse en quente, o

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 294


que significa o uso dun dispositivo de chama aberta que a miúdo o incendiario ou a
incendiaria leva consigo do lugar do incendio. Un aumento no historial de
incendios nocturnos tamén pode ser un indicio de que se están producindo
incendios intencionados en serie, xa que a escuridade proporciona un menor risco
de descubrimento para o delincuente. A investigadora ou o investigador debe
abordar outras causas potenciais razoablemente posibles que os datos na zona da
orixe apoien.
Patróns e Conexións: os incendios forestais poden estar conectados por patróns
comúns. Os patróns de conexión poden ser cronolóxicos, en canto ás horas e os
días da semana en que se produciron os incendios, ou xeográficos, como na mesma
zona ou rede de estradas. A selección de obxectivos ás veces pode axudar a
relacionar os incendios se a análise pode mostrar un tema común de selección de
obxectivos. O Modus Operandi pode relacionar os incendios se a forma en que se
alimenta, se acende ou se xestiona cada lume é similar.
Exemplo: cinco incendios que se producen os martes e os sábados, entre as
14:00 e as 16:00 horas, na mesma rede de estradas, recupérase un misto de
papel en dous deles. Neste exemplo hai suficiente información para empezar a
relacionar os incendios cronoloxicamente, xeograficamente e por modo de
operación.
Fontes de Ignición de Incendios Intencionados: a determinación da fonte de
ignición é un aspecto importante da investigación. As investigadoras e os
investigadores deben coñecer as distintas fontes de ignición que se utilizan
habitualmente.

Figura 187. Restos dun dispositivo de cigarro e misto.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 295


As fontes de información sobre os dispositivos de ignición son as publicacións,
Internet e as redes sociais. A Figura 188 é un exemplo
http://www.youtube.com/watch?v=hv9ZrJnHEF4.

Figura 188. Sitio da internet con información sobre incendios.

As fontes de ignición poden caracterizarse pola forma en que se acenden:


• Reacción eléctrica.
• Reacción química.
• Reacción mecánica.
Os dispositivos eléctricos e químicos son relativamente pouco comúns no caso
dos incendios forestais. Normalmente, os dispositivos eléctricos e químicos
utilízanse para acender vehículos e estruturas que poden estenderse ao medio
natural. O uso ocasional de produtos químicos para acender un incendio forestal
pode incluír o uso de líquido de freos e cloro granulado, unha combinación que
proporciona un retardo de tempo algo impredicible. Os dispositivos mecánicos
son moito máis comúns.
As fontes de ignición pódense caracterizar pola súa función de ignición, incluíndo
o aceso en quente e o retardo de tempo, ou polo seu método de subministración,
directo ou remoto.
Un dispositivo de aceso en quente ou de quecemento é unha chama aberta aplicada
directamente aos combustibles dispoñibles. O dispositivo pode deixarse no lugar
ou retirarse. Investigacións recentes do Servizo Forestal dos Estados Unidos
indican que aproximadamente o 80% dos infractores utilizaron un dispositivo de
quecemento.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 296


Un ou unha delincuente pode engadir, reorganizar ou modificar os combustibles
para axudar á ignición. Tamén pode utilizar os combustibles dispoñibles de formas
pouco comúns. Isto pode converterse en parte do seu modo de operar, o que axuda
a relacionar os incendios cunha soa persoa ou grupo de persoas.
O musgo colgante pode ser un excelente combustible para un lume. Unha rama ou
un musgo poden acenderse ben lonxe do chan e aínda así facer caer o lume sobre o
combustible do chan.

Figura 189. Exemplo de ignición de combustibles lonxe do solo.

As ramas ou o musgo poden


acenderse a gran distancia
do chan e, aínda así, facer
caer o lume sobre os
combustibles do chan.

As fontes de ignición temporizadas incorporan un temporizador ou un mecanismo


de retardo que ofrece ao infractor ou á infractora a oportunidade de fuxir do lugar e
reducir o risco de ser visto ou vista no incendio. Os dispositivos de cigarro
combinado con mistos ou cunha carpetiña de mistos (sinxelas formas de construír
unha mecha lenta) son dous dos dispositivos de retardo máis comúns no medio
natural.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 297


Figura 190. Exemplos de construción de dispositivos de mistos.

Dispositivo de
cigarro e mistos

Dispositivo de
cigarro e cabeza de
misto

Dispositivo de
cigarro e carpetiña
de mistos

Cada un destes dispositivos baséase no tempo de retardo logrado polo cigarro


ardendo lentamente ata chegar aos mistos. Os dispositivos de cigarro con mistos
poden utilizar mistos de papel ou de madeira e poden fixarse mediante un método
único ou de firma que pode axudar a vincular a un ou unha delincuente. O
dispositivo da cabeza de misto tamén pode utilizar mistos de madeira ou de papel.
Nalgúns casos, a cabeza do misto córtase completamente e colócase dentro da
columna de tabaco para que non apareza no exterior da cinza. Sen unha inspección
minuciosa, a investigadora ou o investigador pode pasar por alto a cabeza do misto
dentro da cinza e pensar que o incendio se iniciou cun cigarro refugado. A caixa de
mistos utilizada para construír o dispositivo de cigarro e caixa de mistos pode
achegar información valiosa a través da súa cuberta e do seu interior. Esta
información debe documentarse. Ás veces pódese recuperar o ADN dos filtros dos
cigarros. Se é posible, empaquete os restos adecuadamente para envialos ao
laboratorio.
As fontes de ignición temporizadas (dispositivos) poden ser lastradas para lanzalas
a unha maior distancia. O peso pode estar oculto baixo a cinza ou nas
proximidades. Examine coidadosamente a área de ignición en busca de obxectos
que poidan ser utilizados para lastrar o dispositivo. Os obxectos utilizados como
pesos poden ser: moedas, pedras, cravos, porquetas, pernos, arandelas ou calquera
outro obxecto pequeno e pesado.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 298


Necesítase un ollo adestrado para atopar dispositivos de ignición entre a cinza e
os restos queimados. Os restos poden estar na superficie ou baixo a cinza. Unha
inspección minuciosa e metódica da escena pode aumentar as probabilidades de
localizar estes dispositivos.
O lanzamento a distancia dun artefacto inclúe o lanzamento a distancia por
medios manuais ou mecánicos. Nesta categoría poden incluírse as fontes de
ignición por quecemento ou temporizadas. O método utilizado para lanzar o
dispositivo pode axudar a relacionar os incendios.
A execución directa ten lugar cando o dispositivo lévase na man e colócase nun
lugar específico. De novo, isto pode incluír tanto unha fonte de ignición de
quecemento como unha fonte de ignición temporizada.

Fontes de Ignición Menos Comúns


Os foguetes artificiais utilízanse como dispositivos de ignición, pero pode ser
difícil determinar a intención da infractora ou do infractor. Os foguetes artificiais
botados a man que se colocan ou lanzan na vexetación seca deben considerarse
como un posible dispositivo de incendio intencionado. Resulta máis difícil de
demostrar este motivo cos foguetes artificiais acendidos no pavimento ou nunha
zona sen vexetación e que se desprazan ou saltan. A análise dos patróns e do
Modus Operandi será crucial para determinar un incendio intencionado cando se
utilicen foguetes artificiais.
Os espellos de afeitar cóncavos poden colocarse para enfocar os raios do sol da
mesma maneira que se utiliza unha lupa. Pódense colocar varios espellos para
provocar incendios durante o verán. O uso dos espellos adoita proporcionar probas
físicas na área de ignición e axuda a relacionar incendios similares.
Os dispositivos comerciais para queimas ou contralume teñen unha
dispoñibilidade limitada. Poden incluír un detonador e gasolina xelatinosa *. Estes
dispositivos deixan probas físicas na área de ignición e poden axudar a relacionar
os incendios. (*N. do T.: máis coñecida como napalm, que consiste en gasolina á que se lle
engaden ácidos nafténico e palmítico, de aí o seu nome. Produce unha combustión moito
máis duradeira que a da gasolina soa.)
Pódese utilizar unha lupa para enfocar os raios do sol, similar a un espello de
afeitar cóncavo. A evidencia física estará presente na escena se se utiliza como
dispositivo de retardo. Os nenos e as nenas tamén poden estar involucrados ou
involucradas no uso de lupas para xogar co lume e poden abandonar o dispositivo.
Unha bengala de ferrocarril ou de estrada* utilizada como dispositivo
incendiario adoita lanzarse a distancia desde un vehículo en movemento. Os signos
reveladores son a escoura branca, a tapa do percusor e os restos da propia bengala.
Poden atoparse bengalas similares nas proximidades ou en posesión do sospeitoso.
As bengalas poden usarse como dispositivo temporizado equilibrándoas sobre
unha rocha ou colocando un extremo no solo. (*N. do T.: na costa galega tense dado o
caso dalgún incendio relacionado cunha bengala de sinalización marítima.)

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 299


As velas tamén se utilizan como dispositivos de retardo. Pódense utilizar velas
normais ou velas de torta de aniversario trucadas *. A vela pode estar encerrada nun
recipiente inflamable para evitar a súa extinción. Na área de ignición pode haber
residuos do recipiente sen queimar. É posible que as velas non se fundan de todo e
que quede un residuo de cera debaixo da cinza ou na superficie. A lingüeta
metálica da mecha pode volverse negra, pero a miúdo estará presente na cinza.
(*N. do T.: velas cuxa mecha levan pos de magnesio, igual que os foguetes pirotécnicos, que
arden a uns 430 ºC. Esta temperatura alcánzase nas brasas da mecha acabada de apagar, co
cal o magnesio acéndese, facendo arder novamente a vela.)

As balas trazadoras e as incendiarias* están dispoñibles a través de fontes


militares ou comerciais civís. Algúns estados teñen regulacións que prohiben o uso
ou posesión e transporte de balas trazadoras e incendiarias. Para este tipo de causa
deben buscarse orixes apartadas da vista de estradas ou camiños.
Os acelerantes non teñen por que ser en forma líquida. O papel engurrado, as
modificacións no combustible, como a concentración de agullas de piñeiro preto
da orixe, ou calquera outro elemento capaz de acelerar a propagación do lume, que
non estaba alí de forma natural ou ordinaria antes de que alguén o colocase ou o
reorganizase, pode constituír un intento de acelerar un incendio forestal.
Aínda que o uso de líquidos inflamables para acelerar a propagación e a
intensidade do lume non é común no medio natural, os acelerantes deben buscarse
de forma rutineira. Nun estudo limitado de casos do Servizo Forestal dos EE.UU.,
o 23% dos pirómanos condenados admitiron utilizar acelerantes polo menos unha
vez. Pistas do seu uso poden ser o emborrallado escuro, o cheiro e os patróns de
combustión coherentes cun líquido inflamable. Considere a posibilidade de tomar
mostras do chan ou de utilizar un K-9 para a detección de acelerantes, ou ambas as
cousas.
Outros dispositivos incendiarios poden ser:
• Briquetas de carbón.
• Corda de algodón. (N. do T.: os chisqueiros antigos teñen unha corda de
algodón como mecha que ás veces se emprega como sistema de retardo na
confección de artefactos incendiarios.)
• Barras de incenso.
• Punta para foguetes artificiais. (N. do T.: bastón para acender foguetes
artificiais a certa distancia, semellan grandes barras de incenso que arden igual.)
• Espirais antimosquitos. (N do T.: espirais con piretrina que arden de vagar
soltando un fume repelente. Sobre o terreo deixan anacos rectangulares de cinza
formando unha espiral a trazos descontinuos.
• Papel envolto nunha rocha.
• Troncos ou tocos pasmados.
• Obxectivos explosivos.
• Pólvora de pelotas de ping pong. (N. do T.: as pelotas de ping pong, sobre
todo as máis antigas, están feitas de nitrocelulosa, unha substancia
extremadamente inflamable. Triturando pelotas de ping pong obtense un po que
pode utilizarse como substituto da pólvora. Aínda que algo máis débil que a
verdadeira pólvora, con este po poden fabricarse artefactos explosivos ou
incendiarios, bombas de fume e incluso disparar armas de fogo. Diversos vídeos
na internet demostran certa afección dos e das estadounidenses por experimentar
con pelotas de ping pong.)

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 300


Motivos dos Incendios Intencionados
O motivo é a razón pola que alguén comete un delito. O motivo é unha necesidade
emocional, psicolóxica ou material que impulsa e satisfaise cun comportamento
específico, por exemplo, prender lume. Non é necesario demostrar o dito motivo
para condenar a delincuentes incendiarios. O motivo adoita ser relevante para a
investigación e o axuizamento, e pode orientar na investigación unha vez que se
estableceu o incendio intencionado. A maioría dos incendios forestais están
motivados por unha necesidade emocional ou psicolóxica.
Débese advertir ás investigadoras e aos investigadores que non utilicen a
motivación para apoiar unha hipótese de incendio intencionado. A motivación debe
considerarse despois de que se estableceu a causa do incendio e se utiliza para
identificar ao sospeitoso ou á sospeitosa e para relacionar potencialmente os
incendios.
A Federal Bureau of Investigation (FBI) clasifica os incendios intencionados
ocorridos nos EE.UU. en seis categorías:
• Represalia ou vinganza.
• Excitación.
• Beneficio.
• Vandalismo.
• Encubrimento de delitos.
• Extremismo ou terrorismo.
O motivo de represalia ou vinganza está relacionado coa percepción dunha
inxustiza ou un agravio contra a ou o delincuente. Os subconxuntos desta categoría
de motivos inclúen as represalias ou vinganzas individuais, sociais, institucionais e
de grupo.
O motivo de excitación está relacionado cos incendios intencionados para
satisfacer unha necesidade emocional de crear excitación. Os subconxuntos
inclúen a emoción, a atención e o recoñecemento. O recoñecemento é o motivo
principal da maioría dos incendiarios.
O beneficio pode estar relacionado cun plan para maximizar os danos á
propiedade e non ferir as persoas ou pode incluír un fraude ao seguro. Un incendio
intencionado fóra da liña de control pode estar relacionado con que os bombeiros e
bombeiras gañen diñeiro adicional ao ver que o lume escapa aos límites do control
e amplía a necesidade dos esforzos de extinción. Esta motivación, “the blacker the
forest, the greener the wallet” (canto máis negro é o bosque, máis verde é a
carteira), pode ser produto do persoal de extinción ou de alguén que ou ben realiza
traballos de apoio ou ben de contratación durante a extinción de incendios. (N. do
T.: nos EE.UU. os bombeiros e as bombeiras cobran as horas extras realizadas durante a
extinción de incendios, o cal non é así en Galicia onde os e as brigadistas, motobombistas,
axentes e demais persoal somos funcionarios, funcionarias ou persoal laboral da
administración autonómica, cobrando o mesmo independentemente das horas traballadas na
extinción de incendios.)

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 301


Os incendios motivados polo vandalismo adoitan ser incendios para causar
molestias, acendidos simplemente con fins destrutivos. Os infractores adoitan ser
homes e novos. Un ou unha delincuente por vandalismo pode ter un patrón
complementario de incendios molestos ou relacionados coa escola nun pobo
próximo. O obxectivo do vandalismo pode ser a maquinaria que se atopa no medio
natural. É menos probable que os incendios se produzan directamente nos recursos
naturais.

Figura 191. Incendio intencionado nun equipo.

Os e as delincuentes motivados pola ocultación de delitos provocan incendios


para destruír as probas dun delito principal distinto ao incendio intencionado,
como o homicidio e o roubo de vehículos. A seguridade do lugar dos feitos e a
protección das probas son especialmente vitais, así como a cooperación coas
forzas da orde.
O extremismo ou o terrorismo inclúen os incendios motivados por programas
políticos ou sociais. Nos Estados Unidos, os ecoloxistas radicais foron asociados a
esta actividade. O potencial do terrorismo non doméstico existe, pero é pouco
frecuente. Os incendios adoitan ir dirixidos contra o equipo de tala e as
instalacións relacionadas, así como contra outras melloras humanas que existen na
contorna dos recursos naturais.
Motivos mixtos: os incendiarios en serie e as incendiarias en serie poden ter unha
mestura de motivos. O mantemento do poder e a ira poden ser motivacións
subxacentes para moitos destes incendiarios e incendiarias. Os investigadores e as
investigadoras deben ter en conta tanto os motivos primarios como os secundarios.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 302


Os seguintes grupos adoitan actuar con motivos e indicadores constantes.
• Os incendiarios e as incendiarias adoitan estar motivados polo desexo
de ser considerados como o heroe ou heroína xunto coa emoción, o
recoñecemento e/ou o beneficio.
• Os incendiarios e as incendiarias xuvenís poden actuar por curiosidade,
berro de auxilio*, ou por delincuencia no caso de mozos e mozas
maiores que se inclúen nas categorías de vandalismo, excitación ou
chamar a atención. (*N. do T.: para reclamar atención e pedir axuda nun
momento doloroso; por exemplo, un rapaz dunha familia desestruturada que non
recibe apoio psicolóxico.)
• Os incendiarios e as incendiarias con trastornos mentais poden provocar
incendios como síntoma dalgún trastorno mental.
• As mulleres incendiarias aumentaron nos últimos anos con motivos de
represalia, excitación ou atención, a miúdo asociados a relacións que
foron mal.
• Os incendiarios e as incendiarias culturais poden prender lume
baseándose en prácticas históricas de xestión da terra. Non asuma que o
lume ten unha base cultural só polas prácticas culturais do pasado. A
maioría dos incendios culturais actuais teñen raíces noutros
motivos como o vandalismo, a excitación, a vinganza e a
intimidación.

Psicoloxía dos Incendiarios e das Incendiarias


Moitos e moitas especialistas en saúde mental discrepan sobre o estado mental dos
incendiarios e das incendiarias. Tamén consideran que a Piromanía, como
trastorno mental independente, é un mito. Xa non figura no DSM5 * (American
Psychiatric Association, 2013). É máis probable que estas persoas estean
motivadas por unha intención criminal ou que a provocación de incendios sexa
unha manifestación doutro trastorno mental subxacente. As investigadoras e os
investigadores deben centrarse nos motivos criminais identificables e non deben
tentar diagnosticar o estado mental do infractor ou da infractora. (*N. do T.: Manual
Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais, Diagnostic and Statistical Manual of
Mental Disorders. Trátase dun documento elaborado ao longo de máis de 10 anos por centos
de especialistas internacionais en todos os aspectos da saúde mental. Nel defínense e
clasifícanse os trastornos mentais, como a piromanía ou impulso incontrolable de prender
lumes. Considérase un traballo autorizado e en constante actualización; a última, no
momento de redactar estas liñas, en outubro de 2020.)
Moitos e moitas delincuentes declaran que seguirían acendendo lumes mesmo se
soubesen que ían ser detidos ou detidas. Prender lume pode devolver a sensación
de poder e control a un ou unha delincuente que apenas ten nada diso na súa vida.
Os extractos das avaliacións psiquiátricas ou mesmo as declaracións de
delincuentes soen incluír:
• É unha persoa solitaria que mantivo poucos amigos/amigas e nunca se
casou.
• Descríbese a si mesmo como covarde, estúpido/a e que se sente mal.
• Di: "Necesito axuda. Aguantei moito por dentro durante moito tempo".

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 303


Os temas que aparecen constantemente nas investigacións e avaliacións
psicolóxicas son:
• Pouca capacidade de adaptación social.
• Ira expresada como represalia.
• Sentimento de impotencia ou falta de poder (ou ambos).
• Baixa autoestima en xeral.
• Vitimización por parte da sociedade.
• A conduta de prender lume é unha resposta aprendida a unha idade
temperá que proporciona alivio emocional.
• Comportamento compulsivo.

Clasificación de Delincuentes Incendiarios


Os incendiarios e as incendiarias divídense en tres grupos; único, esmorga e en
serie.
• Incendiario/a único/a: delincuente que provoca un só incendio e logo
cesa.
• Incendiario/a de esmorga: delincuente que provoca incendios en tres ou
máis lugares distintos sen un período de arrefriado emocional entre os
incendios.
• Incendiario/a en serie: delincuente que provoca tres ou máis incendios,
no mesmo ou en diferentes lugares, cun período de arrefriado
emocional entre os incidentes. O período de arrefriado é o resultado do
alivio psicolóxico temporal que resulta do acto de provocar os
incendios.

Características do Comportamento
Un incendiario ou unha incendiaria en serie adoita prender lume principalmente á
vexetación, pero pode prender lume a vehículos e estruturas. O 90% ou máis opera
dentro da súa zona de confort, unha área que lle resulta familiar e onde considera
que o risco de detección é aceptable. Os incendios forestais en serie adoitan
producirse despois dun factor estresante para o/a delincuente previo aos incendios.
Aproximadamente o 40% destes e destas delincuentes en serie provocan os
incendios exclusivamente á luz do día. A maioría conducen ata o lugar dos feitos e
poden permanecer nel para vixiar o incendio ou participar na súa extinción. Algúns
incendiarios en serie e incendiarias en serie poden permanecer nas proximidades e
observar desde un punto de vista ou volver máis tarde ao lugar do crime.
(Steensland, 2004) (Sapp, et al., 1996) ( Sapp, et al., 1994).
Función da Investigadora e do Investigador
Como investigadora ou investigador de incendios forestais, siga a política da
Administración á hora de determinar o seu papel na escena dun incendio
sospeitoso de ser intencionado. Tome medidas de seguridade e protección na
escena. Solicite recursos de investigación adicionais segundo sexa necesario.
Realice unha investigación sobre a orixe. Recolla probas de acordo coa política da
Administración e determine a causa e a secuencia de ignición. Esperar a chegada
de persoal investigador máis cualificado, se é o caso, mentres se realizan todas as

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 304


actividades normais asociadas á localización e protección das probas, seguridade
da escena e identificación de posibles testemuñas.
As seguintes figuras mostran varios dispositivos de ignición tal e como foron
descubertos nunha escena de incendio forestal, xunto a fotos do dispositivo de
ignición anterior ao incendio.
Figura 192. Restos dun dispositivo de aceso por bengala.

Figura 193. Escoura da mecha na rocha.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 305


Figura 194. Restos da base de cartón da bengala.

Figura 195. Bengala de estrada ou fusee antes do incendio.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 306


Figura 196. Buratos por queimaduras no pantalón do sospeitoso producidos pola
escoura da bengala.

Buratos de queimaduras por muxicas quentes

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 307


Figura 197. Restos queimados dunha corda de algodón con mistos atados.

Figura 198. Corda de algodón con mistos atados antes do incendio.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 308


Figura 199. Restos queimados dunha barriña de incenso con mistos de papel
adheridos.

Figura 200. Barriña de incenso con mistos de papel antes de queimarse.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 309


Figura 201. Rocha na área de ignición.

Revisión do dispositivo
de ignición de incendios

Figura 202. Restos de papel protexidos baixo o dispositivo de ignición ou rocha.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 310


Figura 203. Rocha envolta en papel antes da combustión.

Determinación dun Incendio Intencionado


Unha vez determinada a existencia dun incendio intencionado, proceda dentro das
limitacións da súa función e autoridade. Realice as derivacións necesarias de
acordo coa política da Administración. Lembre que debe manter a máis estrita
confidencialidade, Necesidade de saber. Non divulgue ningunha información ao
público, aos medios de comunicación ou aos organismos non actuantes.

PMS 412 Capítulo 7 Páxina 311


Capítulo 8 - Preparación e Testemuño ante
o Tribunal
(N. do T.: para abordar este capítulo compre ter en conta que os Estados Unidos e España
posúen sistemas xurídicos diferentes. Nos EE.UU., a excepción de Luisiana, aplícase o
Common Law ou Dereito Anglosaxón ou Angloamericano, o cal posúe grandes diferenzas
respecto ao sistema xurídico aplicado en España, o Civil Law ou Dereito Continental ou
Romano-Xermánico, seguido en practicamente toda Europa. Deste xeito atoparémonos con
conceptos que non existen ou procedementos que non se aplican en Galicia tal e como se
entenden nos tribunais estadounidenses; discovery, depositions, competencias dun xurado,
etc. Engádense algunhas notas co obxectivo de aclarar ou contrastar estas diferenzas.)

O Proceso Civil
(N. do T.: se ben os procesos civís americanos e galegos ocúpanse basicamente do mesmo,
dos dereitos privados das persoas ou disputas entre individuos, a forma de abordalo é
diferente. Por exemplo, nos procesos civís estadounidenses os xurados son unha figura
importante, pero en España os xuízos con xurado só se dan na orde penal e sobre
determinados delitos, entre os cales non se inclúen os delitos de incendio, incluídos os de
carácter forestal. Isto é así a raíz da modificación introducida pola Disposición final terceira
da Lei Orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, do 23
de novembro, do Código Penal, que retirou os delitos de incendio das competencias dun
xurado.)
Presentación do caso: o proceso legal civil previo ao xuízo adoita comezar coa
presentación dunha demanda. Na demanda, a parte demandante presenta a súa
teoría do caso e o remedio esperado.
A parte demandada presentan unha resposta como contestación e expón a súa
defensa.

Fase de Discovery*
(*N. do T.: pódese traducir literalmente como descubrimento e consiste nunha serie de
procedementos previos ao xuízo na que cada parte pode obter probas da parte contraria. En
España non existe o discovery pero se acata cando se reciben peticións internacionais por
parte de países onde si se aplica.)
Durante a fase de discovery, ambas as partes intercambian todas as probas
relevantes non confidenciais. Máis do 90% dos casos impugnados non pasan desta
fase. Durante a mesma lévanse a cabo unha serie de procesos, como:
Interrogatorios: preguntas que cada parte realiza á outra nun esforzo por obter
respostas a preguntas clave relacionadas co caso.
Request for Production: proceso no que algunha parte solicita formalmente que se
presenten todas as probas documentais e físicas para o seu exame.
Request for Admissions: proceso no que cada parte tentará reducir as cuestións
controvertidas nun caso obtendo admisións da outra parte para que non sexa
necesario impugnalas.

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 312


En cada unha destes procesos, pódese pedir ás investigadoras e/ou aos
investigadores que proporcionen determinados documentos ou respondan a
preguntas sobre o caso. É importante destacar que estes instrumentos do discovery
teñen prazos aplicables, con sancións (posiblemente económicas) por non cumprir
os ditos prazos.

Fase de Depositions*
(*N. do T.: son basicamente interrogatorios de partes ou testemuñas. No noso sistema
xudicial non existen as depositions, pero algo máis ou menos semellante, serían as
declaracións practicadas durante a fase de instrución dun procedemento penal.)
As depositions son unha forma da fase de discovery e inclúen o interrogatorio de
persoas que teñen coñecemento do caso. O interrogatorio nunha deposition é
similar ao interrogatorio nun xuízo. A persoa que vai declarar recibirá unha
notificación da parte que desexa tomar o seu testemuño. Esta notificación pode ser
entregada directamente á persoa que se pretende interrogar ou a quen a represente
legalmente. Durante a deposition, os avogados e/ou avogadas que a notificaron
formularán preguntas directas e tamén poderá realizarse un contrainterrogatorio *.
Nalgúns casos, cando hai varios acusados ou acusadas, varios dos seus avogados e
avogadas estableceran quendas para facer cadansúas preguntas. (*N. do T.: o
contrainterrogatorio é o interrogatorio dunha testemuña pola parte contraria á que pediu que
esa persoa testificase.)
A deposition realízase baixo xuramento e ante un taquígrafo de tribunal, pero non
hai un xuíz ou xuíza presentes. As obxeccións da avogacía son só para o rexistro,
requirindo unha resposta á pregunta a menos que sexa confidencial e/ou quen
represente legalmente á persoa preguntada aconselle non respondela. Como ás
veces un avogado ou avogada tarda un momento en expresar unha obxección,
recoméndase que despois de cada pregunta, a persoa que está a ser preguntada faga
unha pausa dun ou dous segundos antes de responder, permitindo que se presente
primeiro a obxección, se a hai.
Lembre que un taquígrafo de tribunal recollerá o seu testemuño nunha transcrición
escrita. Ademais, é posible que haxa un videógrafo que estea a gravar o testemuño
da persoa que está a declarar. Por estas razóns, fale de maneira que o taquígrafo
poida oírlle, e non demasiado rápido. A maioría dos taquígrafos avisaranlle se
teñen problemas para captar todo o seu testemuño.
Despois da deposition, entregaráselle unha copia da transcrición para que a revise.
As correccións e respostas poden modificarse durante a revisión da transcrición,
pero están suxeitas a un novo interrogatorio durante a fase do xuízo.
Por esta razón, tente sempre dar unha resposta completa ás preguntas específicas
durante a súa deposition. Se hai dúbidas durante o proceso, pida aclaracións ou que
lle volvan a formular a pregunta. Se necesita asesoramento xurídico, solicite un
momento con quen ostente a súa representación legal.

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 313


Subpoenas*
(*N. do T.: equivalen ás citacións xudiciais do noso ordenamento xurídico e inclúen un
apercibimento de pena en caso de non acudir.)
Unha subpoena é unha orde do xulgado para presentarse a un interrogatorio formal
nunha declaración ou nun xuízo. Unha subpoena duces tecum (para o requirimento
de probas) é unha orde do xulgado para traer toda a documentación solicitada para
o seu uso na audiencia ou xuízo. (N. do T.: outro tipo de subpoena, a subpoena ad
testificandum, podería asimilarse á citación para testificar que un investigador ou unha
investigadora de incendios forestais recibe por parte dun xulgado.)

Mocións e Testemuños Previos ao Xuízo


As mocións previas ao xuízo poden incluír as seguintes:
Xuízo Sumario: unha ou ambas as partes pedirán ao xuíz ou xuíza que se
pronuncie sobre o caso antes do xuízo baseándose na información presentada por
cada parte.
Moción de Desestimación: unha petición da parte acusada solicitando que o caso
sexa desestimado debido a algún suposto incumprimento da carga da proba.
Moción de Extinción de Probas: proceso utilizado para excluír certas probas de
seren admitidas no tribunal.
Audiencia Daubert*: avaliación por parte dun xuíz ou xuíza de primeira instancia
sobre a admisibilidade do testemuño de persoal experto, científico ou técnico,
levada a cabo fóra da presenza do xurado e adoita basearse nunha moción in
limine**, que se produce antes de que comece o xuízo e determina que probas ou
testemuños se presentarán ao xurado. Adoita producirse despois da fase de
proposición de probas, polo que a audiencia complétase antes de que comece o
xuízo. Daubert aplícase a todos os tribunais federais e, aproximadamente, á
metade dos tribunais estatais dos EE.UU. (*N. do T.: os criterios Daubert establecéronse
a raíz do xuízo de Daubert contra Merrel Dow Farmaceuticals Inc. A farmacéutica fora
demandada polos danos causados a un neonato ao tomar a súa nai xestante un determinado
fármaco. Establecéronse unha serie de criterios para valorar a admisibilidade das probas
científicas no proceso penal: 1- controlabilidade e falseabilidade da teoría científica sobre a
que se basea a proba; 2- determinación da porcentaxe de erro, así como o cumprimento dos
estándares correspondentes á técnica empregada; 3- existencia dun control exercido por
persoas expertas a través da revisión por pares nas revistas científicas con impacto; 4- a
existencia dun consenso xeral na comunidade científica de referencia.) (**N. do T.: moción
discutida fóra da presenza do xurado, para solicitar a exclusión ou inclusión de determinados
testemuños ou probas.)
Voir Dire*: forma de exame utilizada para determinar as cualificacións dunha
testemuña experta e que pode utilizarse para excluír á testemuña e/ou limitar o seu
testemuño. O Voir dire tamén se utiliza durante a selección dun xurado, no caso
dun xuízo con xurado, para determinar as cualificacións de cada un dos seus
posibles integrantes. Isto pode dar lugar a que un membro do xurado sexa
destituído. (*N. do T.: termo francés que podemos traducir como “para dicir a verdade.” En
España aplícanse certos elementos do voir dire para seleccionar aos/ás integrantes dun
xurado, por exemplo con preguntas como; que opina deste tipo de delitos?, ten algún
prexuízo racial?, ten relación con algún dos implicados?, etc.)

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 314


Antes de calquera testemuño durante un xuízo, cada parte presentará os seus
argumentos de apertura ao xulgador ou xulgadora dos feitos.
O testemuño no xuízo: comeza co interrogatorio directo das testemuñas da parte
demandante, xa que a carga da proba recae sobre ela. Os avogados e avogadas da
defensa terán a oportunidade de contrainterrogar a cada unha das testemuñas, o
que pode ir seguido de novas preguntas por parte dos avogados e avogadas da
parte demandante, chamadas repreguntas. Unha vez que a parte demandante
presenta todas as súas testemuñas e deixa constancia do seu caso, a parte
demandada presentará as súas testemuñas e probas da defensa. A parte demandante
terá a oportunidade de interrogar a cada testemuña da defensa. Normalmente, estas
testemuñas da defensa presentaranse para refutar as testemuñas da parte
demandante ou para poñer en dúbida aspectos do seu caso. Unha vez que a parte
demandada descanse o seu caso*, os demandantes poden chamar as testemuñas de
refutación para abordar as cuestións expostas polas testemuñas da parte
demandada. Isto podería incluír aos investigadores e ás investigadoras de
incendios forestais. (*N. do T.: da expresión “rest its case” empregada nun tribunal
estadounidense por unha avogada ou un avogado para dicir que rematou de explicar o seu
caso e está listo para que o xulguen.)
Un xuízo civil terminará coas mocións finais e os argumentos de peche de cada
parte. Tras a deliberación, o xuíz, xuíza ou xurado emiten un veredicto, tamén
chamado sentenza.
Pódense presentar recursos despois do xuízo, que xeralmente se limitan a cuestións
de dereito, non a conclusións de feito.

O Proceso Penal
(N. do T.: as leis penais dos EE. UU. definen os delitos e establecen as súas correspondentes
condenas. Estas leis poden ser de carácter local, estatal ou federal. Estes casos de dereito
penal tramítanse a través dun proceso penal na que o goberno estatal ou federal ten que
demostrar a culpabilidade do acusado ou da acusada. No ordenamento xurídico español é o
Código Penal o que establece as accións ou omisións constitutivas de delito e as súas
correspondentes condenas. Os procesos penais tramítanse conforme á Lei de Axuizamento
Criminal, tanto para o axuizamento en si como para a fixación das posibles responsabilidades
civís. De xeito semellante aos EE.UU., tamén o Estado español resérvase o dereito de
castigar ou sancionar, axustándose a uns principios que garanten os dereitos da cidadanía.)
Nun proceso penal estadounidense, unha indictment* emítese como unha
acusación formal por escrito dun delito, feita por un Gran xurado. Unha
information* é unha acusación penal formal feita por un fiscal sen acusación dun
Gran xurado. Unha information é máis a miúdo para os cargos de delitos menores,
pero ao redor da metade dos estados permiten que se utilice para os cargos de
delitos graves.
(*N. do T.: nos EE.UU. cando un ou unha fiscal quere imputar a unha persoa sospeitosa dun
delito grave, antes debe presentar as probas en contra desa persoa ante un Gran xurado,
Grand jury, para que valore se son suficientes para emitir unha acusación formal. De selo
caso, esa acusación formal dun Gran xurado coñecese como indictment. Un Gran xurado,
figura que non existe no noso país, é un órgano de investigación independente formado por
un grupo de persoas seleccionadas que decide se houbo un delito e acusa ao suxeito culpable
del. Un Xurado ordinario, Petit jury, analiza a culpabilidade do acusado ou da acusada e
emite un veredicto, ao igual que os xurados do noso sistema xudicial. Un Gran xurado acusa
e un Xurado ordinario xulga. A information é a acusación formal dun delito realizada por un

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 315


funcionario público competente baixo xuramento. Tamén se emprega cando un acusado ou
unha acusada se declara culpable e renuncia ao dereito constitucional á acusación dun Gran
xurado.)
Nun proceso penal dun tribunal federal, un Gran xurado emite unha indictment,
mentres que no ámbito estatal un fiscal emite unha information na que se imputan
os delitos e se expón a teoría do caso. Para acusar formalmente dos delitos
celébrase ante un xuíz ou unha xuíza unha audiencia de lectura de cargos e, ás
veces, a persoa acusada declárase culpable. Nalgúns casos, o tribunal pode
conceder unha prórroga para a presentación da declaración. A persoa acusada pode
declararse culpable, non culpable ou nolo contendere. Nolo contendere significa
"non o impugnarei", e adoita ser tratado por un tribunal penal como unha
declaración de culpabilidade. A diferenza é que ao declararse nolo contendere, a
declaración non pode utilizarse contra o acusado ou a acusada nun procedemento
civil posterior.
Se a persoa acusada se declara non culpable durante a lectura de cargos, algunhas
xurisdicións procederán a unha audiencia preliminar na que a fiscalía presentará
unha versión condensada do caso para demostrar que hai suficientes probas para
apoiar os cargos e para que se celebre un xuízo. A persoa acusada pode renunciar
ao dereito a unha audiencia preliminar. É probable que os investigadores e/ou as
investigadoras teñan que testificar durante a audiencia preliminar. Durante esta
tómanse testemuños xurados que poden ser utilizados durante o propio xuízo.
O discovery terá lugar igual que nun caso civil, pero no caso penal xeralmente só o
fiscal ou a fiscal ten que compartir as probas e a información.
As mocións previas ao xuízo para suprimir probas serán seguidas polo proceso de
Voir Dire para seleccionar un xurado e/ou cualificar ás testemuñas expertas. Do
mesmo xeito que nos casos civís, nos tribunais federais e en aproximadamente a
metade dos tribunais estatais, a cualificación das testemuñas expertas pode ter
lugar antes do xuízo nunha audiencia Daubert. Noutros tribunais estatais, a
cualificación das testemuñas expertas realízase xeralmente durante a apertura do
testemuño de cada experto ou experta. As audiencias Daubert son menos comúns
nos casos penais, pero utilízanse amplamente nos casos civís.
Durante a audiencia Daubert, preguntaráselle ao experto ou á experta sobre as súas
cualificacións, opinións e experiencia. Isto faise baixo declaración xurada ante
unha xuíza ou xuíz.
Nalgúns tribunais estatais esta cualificación pericial adoita facerse ante o xuíz ou
xuíza e o xurado cando se chama ao estrado ao perito ou perita. A defensa pode ou
non recusar a esa testemuña experta ou pode facer só preguntas acoutadas se a
perita ou o perito está claramente ben cualificada ou cualificado. Isto é a miúdo un
intento por parte da defensa para evitar sacar a relucir as cualificacións positivas
da experta ou do experto e construír a súa credibilidade ante o xurado, a xuíza ou o
xuíz. A fiscalía pode interrogar ao perito ou a perita, e a miúdo o fará, sobre as
súas cualificacións nun intento por construír a credibilidade ante o xurado, a xuíza
ou o xuíz. O xuíz ou a xuíza adoita dar ao xurado unha instrución na que se lle
advirte de que é el ou ela quen debe determinar o peso que se dá ao testemuño de
cada experta ou experto. Esta instrución adoita darse antes do testemuño desas
testemuñas expertas.

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 316


Os argumentos de apertura terán lugar como nun caso civil antes de calquera
testemuño das testemuñas. Despois destas alegacións de apertura, a fiscalía
presentará o seu caso e as súas testemuñas primeiro, realizando o
contrainterrogatorio e a repregunta se o considera necesario. Unha vez que a
fiscalía presentou o seu caso, a defensa terá a oportunidade de presentar o seu. Isto
pode ser precedido por unha moción de desestimación por falta de probas por parte
da defensa despois do peche do caso da fiscalía. Estas mocións de cando en cando
apróbanse e a defensa normalmente segue adiante co seu caso.
As investigadoras e os investigadores de incendios forestais poden ser chamadas e
chamados ao estrado pola acusación ou a defensa. Tamén poden ser chamados ou
chamadas, xunto a outras expertas e expertos da acusación, despois da exposición
do caso da defensa para refutar os testemuños de expertos, expertas e testemuñas
da defensa.
A defensa e a fiscalía presentan os seus argumentos finais, e o xuíz, xuíza ou
xurado deliberan e emiten un veredicto.
Tras o veredicto, pódense presentar recursos sobre o caso. A fiscalía pode apelar
case calquera cuestión de dereito (por exemplo, a xuíza desestima o caso sen
veredicto, o rexeitamento de certas probas), pero non pode apelar un veredicto de
non culpabilidade. A defensa pode apelar calquera cuestión de dereito.

Tipos de Probas
O testemuño das testemuñas é un tipo de proba. Unha testemuña pode achegar o
que se chama proba directa en forma de declaracións como "vinlle facelo". As
probas directas tamén poden incluír documentos que establecen un feito.
Probas circunstanciais ou indirectas*: adoitan ser probas dunha cadea de
circunstancias que apuntan á existencia ou inexistencia de determinados feitos. Un
exemplo de proba circunstancial son as pegadas na terra preto da zona de orixe
que coinciden cos zapatos que levaba o sospeitoso. (*N. do T: tamén chamadas
indiciarias no noso ordenamento xurídico.)
Judicial Notice: tamén coñecida como coñecemento xudicial ou información
xudicial, utilízase para describir a aceptación por parte do tribunal de feitos ben
coñecidos e indiscutibles sen necesidade de máis probas. A miúdo, estes feitos
foron obxecto dunha resolución e aceptación anteriores.
Testemuñas de feitos: testemuño baseado en observacións de feitos realizadas
polas testemuñas. Polo xeral, as testemuñas de feitos non poden achegar
información de oídas, opinións nin conclusións. A maioría dos casos requiren
testemuñas de feitos.

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 317


Testemuñas Expertas
Federal Rules of Evidences* - RULE 702 (revisión 2020)
(*N. do T.: ou Regras Federais de Probas, FRE. Consiste nun código dos tribunais federais
dos EE.UU. que contén unhas 70 regras ou normas sobre varios temas: procedemento sobre a
admisibilidade de probas, judicial notice, testemuño pericial, gravacións e fotos, etc. O
Tribunal Supremo dos EE.UU. as revisa anualmente. A obra orixinal fai referencia á revisión
do 2013, nesta tradución actualizouse á revisión do 2020. Poden consultarse estas regras en
https://www.law.cornell.edu/rules/fre.)
A regra federal 702 (FRE 702) proporciona unha guía sobre cando se permite o
testemuño das testemuñas expertas (revisión 2020). Unha testemuña que está
cualificada como experta polo coñecemento, habilidade, experiencia, formación ou
educación pode testificar en forma de opinión ou doutra maneira se:
• Os coñecementos científicos, técnicos ou doutro tipo do experto ou
experta axudarán ao xulgador ou xulgadora dos feitos a comprender as
probas ou a determinar un feito en cuestión;
• O testemuño baséase en feitos ou datos suficientes;
• O testemuño é o produto de principios e métodos fiables e;
• A testemuña experta aplicou de forma fiable os principios e métodos aos
feitos do caso.
Moitos Estados teñen Rules of Evidence similares. Os investigadores e as
investigadoras de incendios forestais deben estar familiarizados e familiarizadas
coas Rules of Evidence pertinentes que o seu tribunal poida aplicar. (N. do T.: en
España non existen regras para a admisibilidade de probas. Segundo o artigo 741.1 do Real
Decreto do 14 de setembro de 1882, aprobatorio da Lei de Axuizamento Criminal, o Tribunal
apreciará en conciencia as probas practicadas no xuízo, o que inclúe o testemuño das
investigadoras e dos investigadores de incendios forestais. A xurisprudencia resalta que esa
apreciación debe basearse en criterios racionais e lóxicos, non da liberdade absoluta do xuíz
ou da xuíza. Realmente podemos dicir que no noso país hai unha regras non escritas para a
admisión de probas, pero baseadas na lóxica, a razón, a experiencia, a ciencia e/ou as
técnicas especializadas.)

Daubert contra Merrell-Dow Pharmaceutical Company - Tribunal Supremo


dos EE. UU. 1993
No caso Daubert contra Merrell-Dow Pharmaceutical Company de 1993, o
Tribunal Supremo dos EE.UU. ditaminou que o testemuño de expertos e expertas
debe ser relevante e fiable (1993 U.S.)
O Tribunal Supremo ditaminou que a xuíza ou o xuíz actuará como gardiá ou
gardián e aplicará a seguinte proba de catro partes, non exclusiva, para decidir a
fiabilidade do testemuño dunha experta ou experto.
• Pode probarse a teoría ou a técnica?
• Someteuse a teoría ou técnica a unha revisión por pares?
• Existe unha taxa de erro coñecida ou potencial asociada a esta teoría ou
técnica? e
• Ten esta teoría ou técnica unha aceptación xeral na comunidade desa
disciplina en particular?

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 318


Michigan-Miller’s Mutual contra Benfield - 11th circuíto 1998
Michigan-Miller’s Mutual contra Benfield referíase a un caso de infracción por
incendio nun tribunal federal (1998). Durante a apelación ante o tribunal do 11º
circuíto en 1998, o tribunal propuxo que se excluíse o testemuño do experto
porque:
• Non cumpre a norma FRE 702 estándar (proba Daubert)*.
• Non realizou ningunha proba nin tomou ningunha mostra.
• Non hai base científica para a opinión.
(*N. do T.: no ano 2000 a FRE 702 modificouse en atención á sentenza do caso Daubert, de
aí a súa relación.)
As testemuñas expertas son aquelas que están cualificadas pola súa educación,
coñecemento, habilidade ou experiencia e permíteselles facer inferencias, formar
conclusións e testificar en base as súas opinións. A maioría dos casos de incendio
requiren de testemuñas expertas. O xuíz ou xuíza de primeira instancia determina
as cualificacións, conclusións e metodoloxía das testemuñas expertas nun tribunal
federal, durante unha audiencia que utiliza a norma FRE 702, a miúdo denominada
audiencia Daubert. Denomínase así debido ao nome do caso do Tribunal Supremo
que estableceu as probas que deben aplicarse á cualificación e fiabilidade das
testemuñas expertas.
En virtude de Daubert, o Tribunal Supremo mantivo que unha xuíza ou un xuíz do
tribunal de primeira instancia actúa como gardiá ou gardián a efectos de
determinar a admisibilidade dun testemuño experto. O proceso Daubert pode ou
non ser seguido polos tribunais estatais e/ou da Coroa *. Cando os tribunais estatais
non aplican os criterios Daubert, aplican criterios similares e o xurado, xuíz, ou
xuíza poden ser os gardiáns ou gardiá. (*N. do T.: os Tribunais da Coroa ou Crown
Courts, forman parte dos Tribunais Superiores de Inglaterra e Gales, os cales tamén contan
con regras para a admisibilidade de probas. Inglaterra e Gales, e o resto do Reino Unido a
excepción de Escocia, adoptaron o mesmo sistema legal dos EE.UU., a Common Law, de aí
as similitudes como esta.)

Voir Dire - Cualificación das Testemuñas Expertas


O Voir dire é o primeiro paso para cualificar a unha testemuña proposta como
experta. É similar a un xuízo dentro dun xuízo. A fiscalía, a parte demandante e o
avogado ou avogada da defensa teñen unha gran liberdade para cuestionar as
cualificacións da testemuña experta proposta. As cualificacións da testemuña
experta deben establecerse antes de prestar testemuño como tal. Tamén se utiliza
un proceso de voir dire para seleccionar aos xurados.
A fiscalía e as partes demandante e demandada establecen as cualificacións das
súas respectivas testemuñas expertas propostas.
O avogado ou a avogada da parte contraria pode contrainterrogar á testemuña
experta proposta para reducir a súa credibilidade. O testemuño do experto ou da
experta é permitido polo xuíz ou pola xuíza se se cumpren as cualificacións
mínimas de Daubert. Quen xulga os feitos decide o peso e a credibilidade que se
dá ao testemuño de cada testemuña experta.

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 319


Todos os peritos e as peritas que se propoñan deben posuír un currículum vitae
preciso e actualizado. O currículum vitae debe incluír información relevante nas
seguintes áreas para establecer a súa experiencia:
• Historial laboral.
• Formación recibida (e aprobada).
• Formación impartida.
• Afiliacións profesionais.
• Traballos ou publicacións realizados.
• Recursos profesionais utilizados; e
• Cualificacións adicionais.
É importante que as investigadoras e os investigadores de incendios forestais que
poidan ter que declarar como testemuñas expertas comuniquen as súas
cualificacións, formación e experiencia; no currículo (CV) ou no testemuño, sen
esaxerar as cualificacións. Recoméndase que manteñan un CV actualizado.
Durante unha investigación, utilice un enfoque sistemático que cumpra os
requisitos para un testemuño experto. Documente as accións e os achados de
maneira que poidan presentarse claramente a quen deba xulgar os feitos. Pregunte
se as conclusións están corroboradas e apoiadas cientificamente. Tivéronse en
conta as demais causas posibles razoables, e se non, por que non?

Informe da Investigación e Testemuño Eficaces


Antes do seu testemuño, revise os expedientes do caso, notas, documentos e
probas para refrescar a súa memoria. Obteña e revise as transcricións do seu
testemuño anterior para garantir a coherencia. Mentres estea no estrado, o uso do
informe de investigación para refrescar a memoria está permitido co permiso do
xuíz ou xuíza. Prepárese!
Para os xuízos e as declaracións, acuda cun pouco de antelación por se houbese
algunha novidade legal ou doutro tipo. Leve unha vestimenta adecuada. Consulte
coa súa avogada ou co seu avogado sobre o uniforme ou roupa de vestir
adecuadas. Prepárese física e mentalmente. Mentres estea no estrado, séntese
comodamente e co lombo recto sen dobrarse.
Escoite e responda atentamente só á pregunta que se lle faga. Non ofreza
información voluntaria. Evite as comunicacións non verbais involuntarias. Faga
unha pausa dun segundo antes de responder para que o seu avogado ou a súa
avogada poida obxectar se é necesario. Non tente burlarse nin discutir co avogado
ou coa avogada da parte contraria. Tente dirixir as súas respostas aos membros do
xurado xa que serán eles e elas quen en última instancia decidirán o caso. (N. do T.:
como se comentou nunha nota anterior, en España os xuízos por delitos de incendio non son
competencia dos xurados. Atenda ao avogado ou á avogada cando faga unha pregunta pero
dirixa a resposta cara á xuíza ou o xuíz, pois será quen xulgue os feitos.)

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 320


Proporcione respostas adecuadas no interrogatorio (por exemplo, responda á
pregunta formulada). No contrainterrogatorio, se a pregunta non pode responderse
cun si ou un non, pode explicar a súa resposta. Se a resposta é incorrecta, corríxaa
inmediatamente ou aclárea. Evite a xerga policial ou de bombeiros, os acrónimos
ou a xerga legal.
Se non sabe a resposta a unha pregunta, diga "non o sei". Non esaxere nin faga
afirmacións demasiado amplas. Evite os absolutismos como nunca ou sempre, etc.
Sexa serio e evite sorrir ou rirse. Cando un avogado ou unha avogada se opoña a
unha pregunta, deixe tempo para que o xuíz ou a xuíza se pronuncie. Cando lle
pregunte a parte contraria, non busque a axuda do seu avogado ou avogada.
Non abandone o estrado ata que teña permiso para facelo. Non abandone a sala ou
o tribunal sen consultar ao seu avogado ou a súa avogada. Calquera cousa que
revise mentres testifica pode ser examinada, e o será, pola parte contraria. Se é
posible, remítase aos informes en lugar das notas.
O principio máis importante é dicir sempre a VERDADE.
O avogado ou a avogada da parte contraria pode tentar impugnar o seu testemuño
aparentemente contraditorio na declaración e no xuízo. As respostas aparentemente
diferentes a miúdo poden conciliarse. Considere se as preguntas foron diferentes
ou se os feitos subxacentes son diferentes. Atopouse con nova información que lle
fixo cambiar ou modificar o seu testemuño dalgunha maneira? Aclare a súa
resposta sen poñerse á defensiva. Se non pode explicar a diferenza, diga
simplemente cal é a resposta correcta.

PMS 412 Capítulo 8 Páxina 321


Bibliografía
American Psychiatric Association. 2013. Diagnostic and Statistical Manual of
Mental Disorders (DSM), 5th Edition (DSM-5). Arlington, VA: American Psychiatric
Publishing, 2013. ISBN-13: 9780890425541.
Bourhill, Robert. 1982. A Guide to Natural Cover Wildfire: Fire Direction
Indicators. s.l. : Oregon Department of Forestry, 1982.
Countryman, Clive M. 1983. Ignition of Grass Fuels by Cigarettes. Fire
Management Notes. U.S. Department of Agriculture, Forest Service. 1983, Vol. 44.3
1993 U.S. Daubert v. Merrill-Dow Pharmaceutical Company. 509 U.S. 579, 113 S.Ct.
2786. 125 L. ED. 2nd 469 : s.n., 1993 U.S.
DeBernardo, L. 1979. Fire Start Potential of Railroad Equipment. San Dimas : San
Dimas Equipment Development Center, USDA Forest Service, 1979.
—. 1980. Ignition Characteristics of Internal Combustion Engines. San Dimas : San
Dimas Equipment Development Center, USDA Forest Service, 1980.
Fairbanks, J.P., Bainer, R. July 1934. Spark Arresters for Motorized Equipment.
Berkeley : University of California, College of Agriculture, Agricultural Experiment
Station, July 1934. Bulletin 577.
2013. Federal Rules of Evidence, Public Law 93-595, January 2, 1975, 88 Stat. 1926
as amended. Washington : U.S. Government Printing Office, 2013.
Garner, Brian. 2009. Black's Law Dictionary. 9th. s.l. : West Group, 2009. ISBN 0-
314-19949-7.
Maynard. 2013. Ignition Potential of Rifle Bullets. [ed.] National Technology &
Development Program. [prod.] Forest Service United States Department of
Agriculture. San Dimas, coa : s.n., July 2013. Tech Tips.
Merriam-Webster. n.d.. Merriam-Webster Online Dictionary. www.merriam-
webster.com. [Online] Encyclopedia Britannica, n.d. [Cita: 06 20, 2014.]
http://www.merriam-webster.com/.
1998. Michigan Millers Mutual Insurance Company v. Banfield. 140 F. 3d 915, 923,
Florida : 11th Cir., 1998.
Redsicker, D., O'Connor, J. 1997. Practical Fire and Arson Investigation. Boca
Raton, FL : CRC Press, 1997.
Sapp, A et al. 1994. A Motive-Based Offender Analysis of Serial Arsonists. Quantico :
Federal Bureau of Investigation, NCAVC, 1994.
Sapp, A, et al. 1996. A Report of Essential Findings from a Study of Serial Arsonists.
Quantico, VA : Federal Bureau of Investigation, NCAVC, 1996.
—. 1996. A Report of Essential Findings from a Study of Serial Arsonists.
Quantico, VA : FBI, NCAVC, 1996.
Steensland, Paul. 2004. Serial Wildland Arson Analysis. s.l. : U.S. Forest Service,
Law Enforcement and Investigations, 2004.
U.S. Supreme Court. 1984. Michigan V. Clifford. No. 82-357, s.l. : U.S. Supreme
Court, January 11, 1984.
—. 1978. Michigan v. Tyler. No. 76-1608, 436 U.S. 499. s.l. : U.S. Supreme Court,
May 31, 1978.

PMS 412 Bibliografía Páxina 322


Apéndice A: Lista de Verificación da Investigación
No Momento da Saída:
Data do aviso.
Hora do aviso.
Comunicante.
Número que chamou.
Tarefa asignada.
Número do incendio (parametrizado).
Medios alertados ou actuando.
Tamaño do incidente/hectáreas.
Combustibles.
Nome do contacto no lugar dos feitos.
Frecuencia/canle da emisora.
Número de teléfono do contacto.
Localización do incidente.
Indicacións para chegar ao incendio.
Data e hora de inicio do incendio.
Parte informante.
Equipo ou persoal especial presentes (posto de mando avanzado,
aeronaves, etc).

PMS 412 Apéndice A Páxina 323


No Lugar dos Feitos
A seguinte lista está na orde en que se deben completar as tarefas; con todo, as
circunstancias no lugar dos feitos poden ditar unha orde diferente para
algunhas tarefas como a fotografía, a recollida de probas en perigo de
destrución ou a toma de declaracións das testemuñas antes de que abandonen a
zona.
Protexer a orixe xeral.
Tomar observacións meteorolóxicas.
Identificar as testemuñas.
Identificar e protexer as probas.
Percorrer o perímetro da Orixe Xeral (dúas veces).
Marcar os indicadores de macroescala.
Identificar o percorrido inicial do lume.
Percorrer o percorrido inicial e marcar os indicadores.
Identificar a área de inicio.
Percorrer o perímetro da Área de Inicio (2 veces).
Carrís de procura.
- Visual.
- Visual con aumento.
- Imán.
- Detector de metais (se é necesario).
- Cribado (se é necesario).
Identificar a Área de Ignición e a fonte, se é posible.
Tomar fotografías e completar o rexistro fotográfico.
Facer esbozo e tomar medidas.
Recoller probas.
Tomar declaración ás testemuñas.

PMS 412 Apéndice A Páxina 324


Despois do Incendio
Recoller outros datos.
- Rexistro de raios.
- Datos das estacións meteorolóxicas.
- Informe do ataque inicial ao incendio.
- Rexistro de avisos.
- Informes complementarios e informes de laboratorio.
- Estimacións dos custos de extinción.
- Estimacións de danos e perdas.
- Notificacións entrantes e saíntes do comportamento do lume.
Preparar mapa dos arredores.
Preparar mapa de localización.
Preparar diagrama da escena con táboa de medidas.
Preparar o rexistro de probas e aseguralas.
Realizar entrevistas de seguimento e preparar informes das
entrevistas.
Seguir calquera pista ou indicio.
Redactar o informe sobre a orixe e a causa. (A investigación non se
completa ata que se redacta o dito informe).

PMS 412 Apéndice A Páxina 325


Apéndice B: Kit de Investigación
Equipamento
Os artigos indicados poden ser necesarios para a investigación de calquera
incendio forestal. É posible que se necesiten artigos adicionais. Unha situación
única pode requirir unha chamada telefónica ao laboratorio en canto a recollida,
almacenamento e transporte de probas ou mostras.
 Maletín ou mochila.
 Compás.
 Clinómetro.
 GPS.
 Cámara dixital, baterías de reposto e tarxetas de almacenamento.
 Cámara de vídeo, cintas e baterías (opcional).
 Bandeirolas.
 Cinta métrica de 30 metros.
 Caderno/papel/portapapeis.
 Formularios.
 Bolígrafos, lapis, rotuladores.
 Regra.
 Luvas de látex ou nitrilo.
 Bolsas de plástico (transparentes).
 Bolsas de papel (de diferentes tamaños).
 Latas metálicas limpas (dun e catro litros).
 Pequenas latas ou caixas para pastillas.
 Caixas de cartón (de distintos tamaños).
 Cinta adhesiva para probas.
 Etiquetas para probas.
 Gravadora (opcional).
 Estacas e corda para os carrís de procura.
 Lanterna.
 Pincel (fino).
 Sonda (punzón fino para buscar entre a cinza).
 Imán.

PMS 412 Apéndice B Páxina 326


 Lupa.
 Marcadores de probas numerados.
 Detector de metais (opcional).
 Prismáticos.
 Pinzas.
 Tesoiras.
 Cinta adhesiva.
 Coitelo ou ferramenta multiusos.
 Termómetro dixital de alta temperatura (opcional).
 Conos de tráfico (opcional).
 Paleta limpa.
 Cravos e arandelas para puntos de referencia.
 Xeonlleiras.
 Mono de traballo.
 Casco e outro equipo de protección individual.
 Bandeirolas de cores.
o Vermella: lume en avance (cabeza).
o Amarela: lume lateral (flanco).
o Azul: lume en retroceso (cola).
o Branca: probas.
o Verde lima: zonas ou puntos de interese.

PMS 412 Apéndice B Páxina 327

You might also like