You are on page 1of 1

PROPOSTAS LETRAS GALEGAS 2022

Para conmemorar a semana das letras galegas propoñemos dúas actividades que deberían estar
listas para o día 13 de maio.

-AS PALABRAS DO LUGAR: vivimos nunha zona rural onde a lingua esvaece, fronte a ista
situación, reivindicamos o uso do noso idioma. Por isto, decidimos levar a cabo unha
investigación e procura de palabras falando coas familias e as persoas maiores de ser necesario.
A premisa é que as palabras ou expresións sexan usadas en Monfero e sexan significativas para
os nenos. Unha vez recollidas cada clase elaborará unha letra da frase: LETRAS GALEGAS, na que
se ilustrarán e escribirán a palabra e de ser posible a súa definición e significado. Exemplo:
pucho: cría da vaca.

Propoñerémos á colaboración da residencia de anciáns para que elaboren unha letra eles tamén.

-VERSOS NO TENDAL”: como xa sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado á
Florencio Delgado Gurriarán, polo que daremos a cada curso unha prenda de vestir en papel na
que teñan que escribir un verso de Florencio, ou no caso de infantil facer un debuxo relacionado
cos seus poemas. Logo poñelas a “modo de tendal”no patio cuberto.

Exemplo:

As letras e as prendas repartiranse a semana que ven polas titorías.

You might also like