You are on page 1of 2

TEXTO CPI VIRXE DA CELA (MONFERO) PARA O PARLAMENTO GALEGO

ACTO DA CME (CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN)


MARTES 7 XUÑO 2022

Bo día, o meu nome é Damian e veño ao Parlamento acompañado dos meus


compañeiros e compañeiras Andrea, Alex, Antía, Adrián, Matías e Rubén. Somos os
7 únicos alumnos de 4º da ESO do Centro Público Integrado Virxe da Cela, que
está situado no concello de Monfero, na provincia de A Coruña. Gustaríanos
contarlles como é o noso centro para que poidan entender as nosas necesidades,
diferentes ás dos alumnos/as que se educan nunha contorna urbana.

O noso centro está nunha zona rural e a el acuden os nenos e nenas dos
concellos de Monfero e Irixoa. Impártense clases Educación Infantil, Educación
Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Dispoñemos dun comedor escolar,
onde comemos todos os alumnos/as, xa que a nosa xornada é partida e non nos da
tempo de ir á nosa casa ao mediodía (algúns traxectos levan casi unha hora).

Temos un edificio moi grande, unhas instalacións fantásticas, estamos


totalmente equipados en canto a tecnoloxía e recursos, pero as nosas aulas están
cada vez máis baleiras. Fai varias décadas había máis de 600 alumnos/as (estamos
a falar da época da antigua “EGB”), pero actualmente non chegamos a 150
alumnos/as. Para que se fagan unha idea: en toda a ESO somos soamente 37
persoas… vamos, unha aula de calquera instituto galego…

Sendo un centro ideal (en canto a recursos humanos e materiais), hai certas
carencias que non permiten que as familias o elixan como alternativa para a
educación dos seus fillos/as. Se estamos aquí hoxe, neste acto no Parlamento, é
para reivindidicar unha educación de calidade para “todos e todas”, e a día de hoxe,
vivir no rural non nos garante unha “igualdade de oportunidades.

● Demandamos que administración pública revise a concesión de liñas de


autobuses escolares para que podamos optar, como a maioría dos centros
galegos, a unha xornada única, xa que pasamos demasiadas horas no centro
escolar e non podemos disfrutar das nosas familias e do noso tempo libre.
● Solicitamos tamén ter un servizo de madrugadores para que as familias
poidan deixar aos seus fillos/as pequenos e non verse obrigadas a mandalos
a outras localidades que ofertan este servizo (Betanzos, Miño,
Pontedeume…)
● Así mesmo requerimos unha ampla e variada oferta de actividades
extraescolares que permitan que o alumnado socialice fora do horario escolar
e que se facilite unha opción de transporte para o seu regreso a casa.
● E para aqueles alumnos/as que por diferentes circunstancias non logren
acadar o título da ESO, solicitamos que se revise a concesión dos programas
de FP básica (fai varios anos estivemos a punto de conseguilo) para que
podan cursalos no noso centro sen ter que desplazarse a outras localidades
(tendo en conta a casi inexistencia dunha liña de transporte público na zona).

Aproveitando que podemos dirixirnos persoalmente a vostedes, gustaríanos


plantexarlles algunha pregunta que lles axude a reflexionar sobre o estado actual da
educación:
1. Algún de vostedes ten experiencia docente directa nas aulas para saber
realmente como é o mundo da educación?
2. Poderían indicarnos onde estudan os seus fillos? Ensinanza pública ou
privada? Centro urbano ou rural?
Moitas grazas e esperamos que as nosas palabras servan para mellorar non
so o noso CPI Virxe da Cela, senón outros moitos centros galegos que se atopan na
mesma situación.

You might also like