You are on page 1of 2

A IDADE MODERNA

A finais do século XV producíronse cambios que transformaron o mundo.

- Os reis fixéronse máis poderosos


- Houbo avances na navegación: - Compás
- Mapas máis precisos
- Barcos máis seguros: Carabela
- Desenvolvéronse o comercio e a economía
- Sen embargo a maioría da poboación seguía sendo campesiña e a base da economía a agricultura.

A sociedade moderna estaba dividida en 3 estamentos, NOBREZA, CLERO E XENTE DO


COMÚN.

- Estamentos privilexiados: Nobreza e clero, non pagaban impostos, tiñan as súas propias leis e eran
propietarons da maioría das terras e riqueza.

- Estamentos non privilexiados: Xente do común, campesiños, comerciantes e artesáns. Pagaban


impostos e realizaban os traballos productivos.

Os Reis Católicos:
Gobernaron no século XV. En 1469 Isabel de Castela e Fernando de Aragón casaron e en 1479
herdaron os seus reinos e uniron as súas coroas.

Durante o seu reinado:


-Nomearon correxidores que representaban os reis nos municipios.
- Crearon a Santa Irmandade que se encargaba de manter a orde.
- Impuxeron a relixión Cristiá.
- Crearon o Santo Tribunal da Inquisición, que perseguía os delitos relixiosos.
- Formaron un exército moderno e estableceron alianzas. Conquistaron o reino de Granada, as Illas
Canarias, o reino de Navarra, Nápoles e Melilla e outros pequenos territorios do Norte de África e
comezaron a conquista de América.

A chegada a América foi o 12 de outubro de 1492, Cristobal Colón chegou a América en busca
dunha ruta mellor para chegar as Indias.
Cambios:
- Medrou o comercio mundial.
- Chegaron plantas descoñecidas como a pataca ou o chocolate.
- España convirteuse no imperio máis poderoso.

No século XVI os monarcas Carlos I e Filipe II crearon un gran imperio que se estendeu por varios
continentes.

- Carlos I de España e V de Alemaña:


Rodeouse de conselleiros estranxeiros, que subiron os impostos o que provocou a rebelión das
Comunidades en Castela e as Xermanías en Valencia. As revoltas fracasaron.
Enforntouse a Francia, aos príncipes alemáns e aos turcos.

- Filipe II Rei de Portugal


Venceu os franceses na batalla de San Quintín, os turcos na batalla de Lepanto, longa guerra contra
os Países Baixos e enviou contra Inglaterra a Armada Invencible.

Decadencia do Imperio Español


No século XVII sucedéronse 3 monarcas.
- Filipe III Paz relativa
- Filipe IV Demasiadas guerras obrigárono a firmar a paz e poñer fin á guerra dos Trinta Anos, onde
se enfrentaban católicos e protestantes. España perdeu os Países Baixos e outros territorios
Europeos.
- Carlos II, último monarca do século, ó morrer distintas monarquías enfrontáronse na guerra de
Sucesión.

O século XVII foi un perído de crise.


-Epidemias
- A producción artesanal diminuíu, porque as personas pagaban demasiados impostos.
- Reducíronse os intercambios con América.

You might also like