You are on page 1of 64

lOMoARcPSD|5936868

Apuntes Conte II

Historia Contemporánea II (Universidade de Santiago de Compostela)

StuDocu no está patrocinado ni avalado por ningún colegio o universidad.


Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)
lOMoARcPSD|5936868

INTRODUCIÓN
Situámonos nos anos previos a 1914, cuxo análise nos vai dar moitas das claves que explican o
estoupido da I GM. É a etapa denominada Paz Armada.
Dende o punto de vista político e militar, as características máis importantes son a espiral
armamentística entre as potencias para constituír exércitos potentes e superiores, a aparición de
conflictos de menor escala que as foron debilitando e, sobre todo, a creación do sistema de alianzas,
con dúas grandes: a Triple Entente (Gran Bretaña, Francia e Rusia) e a Triple Alianza (Alemania,
Austro-Hungría e Italia). Os demais países pivotarán entre ambos bloques.

Polo tanto temos un clima internacional con cada vez maior tensión. Isto leva a crises focalizadas en
determinados lugares, onde choquen os intereses dalgunhas das grandes potencias. Estas crises
afianzan o modelo de alianzas, e finalmente todo isto culminará no desencadenamento do conflicto
de 1914.
As anteriores crises se foran solventando con acordos e concesións. Agora isto xa era moi difícil, e
as potencias chegan a pensar que as crises tamén poden ser aproveitables para acadar obxectivos
nacionais, aínda que sea por medios violentos. A nivel mundial, produto tamén da globalización e
libre economía, novas potencias: Estados Unidos e Xapón, extraeuropeas. Esta transformación
destes países vése en diferentes conflictos, como a Guerra de Filipinas no 98 (Estados Unidos) e a
Guerra ruso-xaponesa (1904-1905). Estes dous países disputaranse o dominio do Pacífico, que
culminará en 1945 na II GM.

Ademais, en Europa se está producindo tamén unha alteración do status quo existente, por parte de
Alemania, en constante crecemento, con cada vez mellor exército e con moi poucas colonias
(buscará mercados para os seus produtos). Este crecente poder alemán preocupa a Francia e Gran
Bretaña. Isto tradúcese nunha rivalidade anglo-alemana, o que dá lugar a esa espiral armamentística.

Outro ámbito no que se expresan perfectamente estas rivalidades é o colonial. Algúns países
chegaron tarde a esa expansión (Italia e Alemania), o cal aumentará as tensións polos intereses aos
accesos a materias primas, rutas de paso, mercados... Bos exemplos poden ser o Incidente de
Fachoda entre Inglaterra e Francia (1899), a Guerra dos Boers, ou as dúas Crises de Marrocos (nas
que si lograron acordos).

Todos estes países tendían a exercer un imperialismo comercial sobre as zonas coloniais. O Imperio
en decadencia en Europa era o Otomano, no que tiñan especial interés Rusia e Austria-Hungría. A
zona dos Balcáns será a máis conflictiva, na que se desatarán as causas inmediatas das hostilidades.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Mais non era a única zona pola que competían os países europeos. Por exemplo, Alsacia e Lorena
era lugar de conflicto franco-alemán (en mans destes últimos nese momento). Outra zona
conflictiva son os Balcáns, onde se darán as dúas Guerras Balcánicas.
Algúns deses Estados que chegaran tarde ao imperialismo trataron de aproveitarse de Turquía, de aí
por exemplo a Guerra ítalo-turca (1911-1912). En 1912 prodúcese a Primeira Guerra Balcánica, na
que todos os países das inmediacións se enfrentan contra o Imperio Otomano. A consecuencia deste
primeiro conflicto é a práctica desaparición dos otomanos en Europa. En 1913, eses antigos aliados
pugnarán contra Bulgaria (Segunda Guerra Balcánica), o que máis se beneficiara na Primeira
Guerra e que quedará máis limitada.

Nesta zona tiñan agora interés Austria-Hungría, Gran Bretaña... Habían por un lado moitas
ambicións e por outro lado moitos medos, con cada vez máis conflictos locais e gasto militar.

O atentado en Saraxevo foi a chispa, que só tivo importancia por todos os conflictos, tensións e
ambicións acumuladas en décadas previas.
As potencias consideraban que podían conseguir no conflicto bos resultados de xeito rápido, que
duraría como moito 3-4 meses. Durará 5 anos e implicará a países de todo o mundo, con millóns de
soldados mobilizados. Empregaranse novos medios bélicos grazas aos avances científico-técnicos
(aviación, gases tóxicos, artillería de km de alcance...). Todo isto aumentará o número de vítimas, os
traumas e a destrución.

DESARROLLO DO CONFLITO
A guerra consta de dúas fases. A primeira, dos primeiros meses (1914) é a de movementos, grandes
ofensivas polas dúas frentes, que fracasas, pasándose á estabilización coa posterior fase de
trincheiras, con avances a veces inexistentes.
Será durante a segunda cando se produzan algunhas das máis grandes ofensivas, que xeralmente
acaban en fracasos, sen avanzar case e con enormes custos.

A economía de todos os países vai pórse ao servizo do esforzo bélico nesta segunda fase; incluso
nos países de maio tradición liberal os Estados controlan a produción, prezos, produtos básicos...
Será inevitable a difusión do mercado negro.
O esforzo económico dos Estados lévaos ao endebedamento. En canto á produción, cos soldados
mobilizados e abandonando as fábricas, o agro... serán as mulleres as que ocupen eses postos, feito
con gran importancia para o proceso de empancipación feminina e no papel de muller e dos seus
dereitos civís na sociedade.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Dende o punto de vista ideolóxico, sae claramente perdendo a socialdemocracia, os partidos


socialistas de entón. Antes do conflito estaban todos en contra deste, polo carácter internacionalista
destas organizacións. Porén, cando se produce a mobilización, a maior parte destas apoiarán os seus
gobernos, apostando por unha postura belixerante. Outros coma o italiano serán neutralistas. Os
sectores máis esquerdistas seguirán coa denuncia do conflito por imperialista e por favorecer ás
burguesías en detrimento da clase obreira. Aí destacan por exemplo Rosa Luxemburgo ou Lenin.
Dáse unha gran división no socialismo internacional, dando lugar posteriormente á Internacional
Comunista trala Revolución Rusa de outubro do 17.

Outra vítima en caso de conflito é a "verdade". Os gobernos impoñen unha censura total sobre a
información que poida ser negativa para os seus intereses. Isto combínase coa propaganda dos
Estados para convencer da xustiza das súas decisións. Todos partindo de que a súa é unha guerra
defensiva fronte a diversos rivais, presentando ao inimigo como a real ameaza. Condenan aos que
teñan actitudes antibelicistas, sendo consierados traidores e colaboradores co inimigo.

Foi tamén un conflito con iniciativas de paz escasas e fracasadas. Todos crían que gañarían fácil.
Non foi ata 1917, cando aparecen algunhas seriamente.
Unha de Benedicto XV, non aceptada pola Entente, que a consideraban máis próxima aos Imperios
centrais.
A finais do 17 hai outro chamamento á paz, feito polos bolcheviques, por unha paz sen anexións.
Tampouco é considerada.
A comezos do 18 xurde outra dende EEUU co presidente Wilson, os 14 Puntos de Wilson.
Tampouco foron considerados todos eles.

Por outra banda, as alianzas vanse modificando. Italia chega a cambiar de bando. As alianzas tratan
de atraerse países cara si. Esta diplomacia facíase a cabo de promesas (beneficios económicos,
concesións de territorios...). Isto indícanos que estas alianzas tiñan tamén puntos débiles. No caso
da Triple Alianza, existían contradicións (loitas recentes entre Italia e Austria-Hungría). Isto leva a
que GB e Francia van a ofrecerlle a Italia beneficios para o cambio de bando, en concreto algúns
deses territorios desexados por eles. Por iso, Italia firma o Pacto de Londres en abril de 1915.

Bulgaria vai formar parte da Triple Alianza. Alemania e Austria ofrécenlles amplos territorios ao
seu oeste. Por isto Bulgaria únese ao bando. Rumanía no Tratado de Bucarest de 1916 únese á
Triple Entente. GB e Francia prometen tralo triunfo zonas cara o oeste (cara Transilvania, por
exemplo). Así é como se unen.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Estes pactos normalmente non se dan a coñecer. Por outra parte, algúns compromisos, coma os
feitos cos italianos, non son cumplidos.

Os alemáns estaban convencidos de que co seu Plan Schlieffen tomarían rápido Francia. Fallaron
pola resistencia francesa. Nos seguintes dous anos as trincheiras entre os dous países non mudarían
o máis mínimo. Dáse a Batalla de Verdún en 1916, cun millón de falecidos sen que ningún país
venza realmente.

Nos Imperios centrais destacan as Batallas de Marne (1914) e Tannenberg (1914), ou os avances
aliados nos Balcáns en 1915. Nos océanos, a Batalla das Malvinas (1914) ou a de Jutlandia (1916).

En canto ao Imperio otomano, Gran Bretaña e Francia tratarán de aliarse cos pobos árabes baixo
dominio turco. Foi clave e representativo/simbólico nisto Lawrence de Arabia. A cambio, prometen
a independencia e unidade dos pobos árabes.
Ao mesmo tempo, o goberno inglés lle prometía aos xudeus de Palestina e ós da diáspora o seu
apoio para a creación dun Estado xudío en Palestina. Isto entraba en contradición co prometido ós
árabes. Realmente, os ingleses o que buscaban era acabar co Imperio otomano e ocupar eles e os
franceses esas zonas baixo por entón poder otomano. Así, das promesas ós árabes quedou nada. Esta
foi a principal consecuencia do Tratado Sykes-Picot (1916), coa división desta zona en Oriente
Próximo en dúas áreas de influencia (GB e Francia).
Foi un pacto secreto tamén. A maioría destes pactos fixéronos públicos despois os bolcheviques.

En 1917 o conflito experimenta un cambio notable pola saída rusa da guerra (triunfo bolchevique) e
a entrada de EEUU, xa notable en 1918.
O armisticio ruso de Brest-Litovsk é unha imposición alemana aos bolcheviques, que tiveron que
ceder vastos territorios ao oeste. Ademais, Alemania lograba con isto pechar ese frente.
A entrada de EEUU era algo clave contra os Imperios centrais. De feito, fixo mover finalmente a
liña do frente oeste (único) hacia Alemania en 1918. Era un momento no que os países
experimentaban as peores consecuencias do conflito (comeza tamén a Gripe Española).
Produciranse tamén motíns de soldados, fame, destrución... Fanse máis frecuentes as folgas fronte
as carestías e manifestacións pola paz fronte ao inicial ensalzamento nacionalista. As potencias
comezaron a temer a expansión internacional da Revolución bolchevique.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Os alemáns vense necesariamente obligados a buscar a paz, para evitar a entrada en Alemania dos
aliados. O contexto de outubro de 1918 provocou a sublevación da flota alemana, o principio da fin
da monarquía de Guillermo II trala vitoria e expansión da sublevación. O Kaiser abdica e exíliase a
Holanda. Constitúese un novo Goberno liderado polo líder do SPD. Será este Goberno o que teña
que aceptar os termos impostos no armisticio de novembro dese ano.

CONSECUENCIAS
En canto ás consecuencias, faleceron máis de 5M de persoas, con case 13M de feridos na Entente, e
+3m de mortos e +8M de feridos nos aliados, máis todos os prisioneiros e desaparecidos. Estas
cifras eran totalmente inimaxinables ata entón.
Produciuse polo tanto un déficit de nacementos, expandiuse a Gripe (+50M de mortos), secuelas
físicas e mentais, menor mano de obra, xenocidios constatados na Guerra (basicamente o
armenio)...

Todos os países van experimentar grandes pérdidas en termos materiais, especialmente os vencidos,
mais tamén os vencedores. As economías quedarán moi afectadas.
Por un lado, en canto á perda de capital físico: edificios, vías de comunicación, fábricas... Por outra
banda, o feito de que todos estes países se verán obligados a endeudarse con entidades financieiras
ou con Estados. Este conflicto supuxo unha mobilización sen precedentes de medios materiais.
O triunfo da Entente en certa medida ten que ver coa súa maior capacidade para mobilizar eses
medios, con poderíos como Gran Bretaña co seu ámbito colonial, Francia ou Estados Unidos, cuxa
aportación foi clave en todos os sentidos.

Outra cuestión importante é que as economías se puxeron ao servizo do conflicto, ata o punto de
que en case todos os países o Estado vai levar a cabo unha importante intervención neste senso.
Incluso neses países caracterizados por aplicar o dogma do liberalismo. Todo para conseguir que o
esforzo económico estivese encamiñado cara o obxectivo da vitoria militar.
Estados Unidos foi o "banqueiro" da Entente coa súa entrada, aínda que no conxunto da Guerra foi
Gran Bretaña quen máis gastou. En canto aos imperios centrais, Alemania concentrou o 63% de
gasto.

En canto aos sectores produtivos, increméntase a produción dos relacionados co conflito (coma o
metalúrxico) e descenden outros coma os alimenticios. Isto sucede mesmo nos países neutrais, con
negocios con algúns dos contendentes na Guerra.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

En canto ao PIB, o dos Estados Unidos aumenta constantemente durante o conflicto pola demanda
dos seus produtos, igual que Gran Bretaña. O do resto vése grandemente prexudicado.
Os países vense obligados a devaluar as súas moedas, abandonar polo tanto o patrón ouro, con
consecuencias como o aumento de débeda e o brutal proceso de aumento de prezos.

A partir dos anos 20, éntrase nunha fase de crecemento económico lento, especialmente nalgúns
países e nada que ver co crecemento previo a 1914. En 1929 experimentará un impacto tremendo
coa crise bursátil.

A maior parte da cidadanía europea, sobre todo as clases máis modestas, son as que salen perdendo.
Pero en todos os conflitos hai xente que sae gañando. Industrias e compañías que obteñen grandes
beneficios. Tamén os comerciantes de extraperlo chegan a recadar grandes fortunas. Obviamente un
dos maiores beneficiados foi a industria de armamento.

CONFERENCIA DE PARÍS
É onde se asinan os tratados de paz. Os países vencedores tiñan a esperanza de que este fose o
último conflito que afectase a Europa e ós pobos do mundo en xeral. Era unha especie de anhelo,
sobre todo vendo tales graos de destrución. Confiábase de que desta Conferencia puidesen saír
aprobados uns Tratados xustos que garantizasen unha evolución pacífica para o mundo.

O certo é que tal e como actuaron as delegacións das principais potencias, probablemente os
obxectivos que tiñan os países vencedores eran demasiado egoístas e interesados.
Na Conferencia só se sentaron diplomáticos das potencias vencedoras. Unha vez que estas chegan a
un acordo entre elas sobre Alemania, é cando chaman a esta delegación a modo "isto é o que hai, o
que tedes que cumplir" (tanto eles coma o resto da Triple Alianza e os seus aliados).
De aquí xurdirán actitudes de non aceptación nos países vencidos, con sectores que se negarán aos
Tratados de Paz.

As principais potencias son Italia, Inglaterra (Lloyd George), Francia (Clemenceau) e EEUU
(Wilson). Vittorio Emanuele Orlando, primeiro ministro e representante italiano, abandona a
Conferencia en desacordo co pactado entre as outras tres. O que están en xogo son os intereses de
todas elas. De inmediato se aprecian as diferenzas entre elas. Por exemplo, a diverxencia polo trato
dado a Alemania. Para os franceses, esta debía pagar todos os males causados e deixar de ser unha
ameaza para o país. A consecuencia sería Francia quedando como potencia indiscutible en Europa
central.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

En canto a Gran Bretaña, crían que Alemania debía pagar e ser castigada, mais tampouco
demasiado, tentando manter un equilibrio entre esta e Francia na zona, equilibrio que interesaba aos
ingleses. Esta será a postura tamén de Estados Unidos.

O cumplimento do Pacto de Londres tamén vai a supoñer unha diverxencia para as potencias
vencedoras. Neste, a Italia prometéraselle unha serie de zonas que esta reclamaba e que pertencían a
Austria-Hungría. Os aliados chegan a conclusión de que o pacto só se vai a aplicar parcialmente.
Isto significa que aquelas zonas prometidas non serán entregadas na súa totalidade. Ese foi o
principal motivo polo cal Orlando abandonará a Conferencia de París.

Así, no ambiente italiano se vai estendendo a idea dunha vitoria mutilada. Todo isto tivo gran
importancia nos anos seguintes no país, tanto interior como exteriormente.

Por tanto, vemos que os aliados consideraban a Alemania coma o único culpable, tamén dentro da
Triple Alianza. Considerábana a instigadora e iniciadora do conflito, por tanto actuarase de xeito
máis contundente contra ela. Hungría sae peor parada que Austria por establecerse aí un goberno
socialista.

Estas obligacións para os alemáns van facer que amplos sectores da sociedade vexan o Tratado de
Versalles coma unha imposición, un dictado. É un elemento que vai permanecer e vai dar lugar a
certo revanchismo.
Este tratado fixaba por un lado a división de Alemania, cunha gran zona a Occidente e un territorio
ao leste, quedando partido o país. Perderon Alsacia e Lorena, para Francia, Eupen e Malvedy (para
Bélxica), norte de Slechswig para Dinamarca, desmilitarización nunha zona fronteiriza ao oeste con
tres países (sobre todo con Francia), Danzig como cidade libre baixo a administración da Sociedade
de Nacións, territorios perdidos no leste en prol de Polonia (que se constitúe como Estado nese
momento e logra acceso ao Báltico)...
Impídese tamén a unificación de Alemania con Austria, cuestión moi presente en diversos sectores
da sociopolítica xermana. O país perde tamén todas as colonias. Perderá uns 7 millóns de habitantes
(10% da poboación). O seu exército quedaba practicamente desmantelado. Alemania viuse obligada
a pagar inxentes indemnizacións aos vencedores e quedará excluída da Sociedad de Nacións como
castigo por esa actitude belixerante, ademais de sufrir o impedimento desa unificación con Austria.
Quedan tamén sen flota bélica e casi sen marina mercante.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Hungría tamén perde numerosos territorios e vese obligada a pagar indemnizacións. Destaca a
cantidade de cidadáns de orixe húngara que debido aos cambios de tratados coma o de Trianon van
quedar dentro das fronteiras doutros países. Perden practicamente un terzo dos seus cidadáns.

Xurden como consecuencia da desmantelación dos Imperios numerosos novos Estados: Iugoslavia,
Austria, Hungría, Turquía xa non é Imperio, Irlanda, Polonia... Un novo mapa europeo.

Estes pactos vanse cumplido xeralmente. O único que non se cumpliu foi o que se lle impoñía ao
Imperio Otomano, o de Sevrès, no que se lle aplicaban condicións bastante duras tamén. As súas
posesións en Oriente Próximo quedaran baixo influencia inglesa e francesa xa anteriormente.
Había tamén outros países interesados en aumentar a súa influencia na Anatolia. Un deses era un
"inimigo tradicional" do Imperio Otomano: Grecia, que vai intentar aproveitar ese momento de
debilidade turca para aumentar as súas fronteiras nese territorio. As potencias occidentais nun
principio deron luz verde a esa ofensiva grega, na zona máis occidental da Anatolia e noutros
estreitos, zonas con importantes comunidades helénicas.
Italia tamén tiña pretensións nesta zona, na zona sur e occidental da Anatolia, posto que ocuparan
algunhas das illas do Dodecaneso, así como a zona de Libia baixo antigo poder otomano.
Rusia, especialmente, e Gran Bretaña tiñan especiais intereses en controlar os estreitos do Bósforo e
Gargamelos.

Na Anatolia vivían tamén armenios (que sufriran o xenocidio) e kurdos. Nalgún momento
plantexouse otorgar autonomía a eses pobos, mais foi algo imposible de cumplir.

Todo iso sucedía en 1919. Os aliados estaban convencidos da obligación aos turcos de asinar o
tratado de paz. Mais dentro da sociedade otomana, e máis concretamente no que quedaba dentro do
seu exército (grupos non vencidos en guerra), producirase unha sublevación contra as imposicións
das grandes potencias, que supoñían a desaparición do Imperio e a desmembración de Turquía
como Estado sucesor deste en Anatolia. Diríxense especialmente contra a presenza do exército
grego e o seu ataque na zona occidental desta.

Inícase así un conflicto que durará ata 1923, cando se acada un acordo de paz con Grecia e coas
outras potencias occidentais, e cando se establece o chamado Tratado de Lausana, que poñía fin ás
hostilidades na zona e no que as potencias occidentais buscaron beneficios para os seus intereses
(por exemplo, petrolíferos para Gran Bretaña).

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Establécese un novo Estado turco, desaparece a monarquía. Será un Estado que asumirá algúns dos
elementos característicos tamén da cultura occidental, non islamizado e laico. Orixe da Turquía
moderna.

TRATADOS DE PAZ: CONSECUENCIAS


Os chamados tratados de paz non teñen contribuído a dar estabilidade á situación europea ou
mundial. O novo mapa político tamén vai provocar a aparición de novos conflictos ao longo dos
seguintes 20 anos. A orixe da II GM non é debida exclusivamente a estes tratados, pero sen dúbida
tiveron bastante influencia. En todo caso, 1918 significaba a fin dos antigos grandes imperios.

En términos xeoestratéxicos, 1918 supón o principio do fin da hexemonía europea no mundo.


Europa no seu conxunto foi a gran perdedora nesta Guerra.
Algúns conflictos derívanse por exemplo do tratamento que se lle dá a Alemania, onde se produce
unha actitude revanchista en amplos sectores da sociedade e institucións do país fronte o Tratado de
Versalles. Sectores nacionalistas empregarán todo isto para incrementar a súa influencia na
población, facendo un chamamento a todos os descontentos. (Lemos un texto crítico de Keynes
sobre o intento occidental de humillar a Alemania, tamén pola segura "venganza").

Prodúcese a creación do Estado Iugoslavo, que privaba a Italia dos territorios que reclamaba na
Dalmacia. Será un Estado multiétnico e multiconfesional, e que vai a ter serios problemas de
inestabilidade política e conflictividade socio-étnica.
Constitúese Polonia tamén, aínda que non todos estaban de acordo co papel que este país puidese
xogar. Keynes por exemplo cuestionou isto, por ser un país sen industria e saídas económicas.
Aproveitará a Guerra Civil rusa para obter territorios cara o leste, máis alá do acordado en Versalles
(liña Curzon).

Nalgunhas zonas leváronse a cabo plebiscito, por exemplo na zona entre Dinamarca e Alemania. Os
cidadáns decidiron continuar en Dinamarca os do norte e en Alemania os do sur.
Outra foi a zona do Saar, que quedou en control francés, coas súas minas de carbón, ata 1935, cando
nun plebiscito os habitantes votarán masivamente en prol de pasar a formar parte de Alemania.
Tamén se produxo un plebiscito na zona sur de Silesia, que pasará a Polonia.

Todo isto nun contexto de maior protagonismo da chamada "autodeterminación das nacións". Aínda
así, en bastantes zonas perdidas polos alemáns non se fixeron plebiscitos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Deste xeito, o dereito das nacionalidades aplicarase de manera parcial e interesada. É certo que en
Europa central a situación era moi complicada nese aspecto. Efectivamente non houbo ningún
plebiscito por exemplo no Tirol do sur por se querían ser italianos ou alemáns, e tampouco en
Armenia ou Kurdistán.
Siria e Líbano quedan baixo poder de Francia sen plebiscito. O resto de territorios quedarán na
meirande parte baixo poder inglés, baixo supostamente a supervisión da Sociedade de Nacións.
Todo un eufemismo para ocultar o dominio e opresión das metrópoles, e neses territorios como
veremos produciranse sublevacións contra esta ocupación.

En canto a Asia, a I GM fortalece as posicións de EEUU e Xapón, ata 1945, cando EEUU quedará
como potencia hexemónica única no Pacífico.

A SOCIEDADE DE NACIÓNS
Na intención dos líderes estaba a estabilidade e paz mundial, aspiracións dos países que están
presentes na Conferencia de París. Efectivamente unha das conclusións fundamentais desta foi a
constitución desta Sociedade de Nacións, con sede en Xinebra. Este organismo estaba formado por
diversas institucións xerarquizadas. Buscaban tamén dar protección aos pequenos países frente
posibles amezas das grandes potencias. Querían en definitiva construír unha nova orde
internacional, coa totalidade dos países do mundo e basado na "seguridade colectiva".

Os participantes asumen que non van utilizar a forza militar para solventar as diferenzas entre eles.
Isto implica que todos os conflictos só se podían resolver por vía diplomática. En segundo lugar
prometen emplear a forza bélica só fronte a eses países que quebranten o principio anterior. En
moitas ocasións a Sociedade de Nacións non conseguiu que isto se cumplise.

Non obstante, nos primeiros anos acadou algúns éxitos diplomáticos importantes. Por un lado o
Pacto de Locarno (1925), no que os países se comprometían a non mover as fronteiras de Europa
occidental (sobre todo a francoalemana). No pacto Briand-Kellogg (1928) se comprometían a non
usar a violencia como mecanismo para a solución das controversias internacionais.

Isto cambiou en 1929, coa crise económica e coas políticas aplicadas polos diferentes Estados para
combatila. Aquí aparecen algunhas das principais deficiencias da Sociedade de Nacións. Alemania
non estaba, xa que os aliados consideraran que sendo a culpable da Guerra non podía estar no
organismo. Pero si se integrou despois, co tratado de Locarno.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Tampouco estaba EEUU. Estes seguiron mantendo unha política aislacionista con Europa. Non
aprobaron os Tratados de Versalles nin aceptaron a configuración que daba vida a este organismo.
Coa importancia deste país, a súa falta era algo profundamente negativo para a institución e que
dificultaba loxicamente a adopción das iniciativas aprobadas. Cando algúns países aplicaron
políticas expansionistas, o organismo amosouse moi débil a pesar de que fixera importantes
esforzos para tratar de manter polo menos un espíritu de colaboración.

A Sociedade de Nacións buscaba que os membros loitasen conxuntamente tamén contra as


consecuencias da crise económica. Porén, tampouco foi especialmente oída.
Tampouco tivo moito éxito na Conferencia de desarme de Xinebra (1932-33). Nesta participa un
gran número de países, todos os membros, EEUU, URSS (ambos os dous tamén na Conferencia de
Londres). Nesta conferencia de desarme o que se pretendía era algo xa previsto na de París de 1919,
onde se falara por unha disminución do armamento de ataque. En 1932 o que vai a dificultar que se
chegue a un acordo de desarme van a ser desavenencias e desconfianzas existentes entre Francia e
Alemania, e a dificultade tamén para definir cales eran armas de ataque e demais conceptos.
Alemania sobre todo en 1933 vai antepoñer claramente a seguridade ás cuestións de desarme. A esta
Conferencia viaxou Goebbels, xa que xa gobernaba Hitler no país. Meses despois, ademais de
abandonar a Conferencia, Alemania abandona a Sociedade de Nacións.

Esta será incapaz definitivamente de facer fronte á política expansionista de Alemania, Italia e
Xapón, e disolverase de forma definitiva en 1946. Será unha experiencia moi interesante na
creación en 1945 da Organización das Nacións Unidas.

A REVOLUCIÓN RUSA
En canto aos antecedentes inmediatos a esta en 1917, podemos mencionar por un lado o impacto a I
GM. Esta vai desestabilizar a todos os países, de forma máis intensa naqueles que xa presentaban
debilidade e inestabilidade social, política... No caso da Rusia zarista, o antecedente inmediato é a
revolución de 1905, levantamento que fracasa pero que vai ter unha enorme importancia no devenir
futuro do país, xa que obrigará ás autoridades a que asuman certos cambios no sistema político e
institucional, que ata entón fora unha autocracia do zar e a súa camarilla.

Durante ese proceso aparece, ademais da Duma, os sóviets, unha creación popular e propia de todos
eses militantes mobilizados nese ano.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Era un país totalmente campesiño. Todavía eliminara en 1861 a servidume. Os focos de


industrialización a comezos do XX son pequenos, nas principais cidades, aínda que cada vez hai
maior número de membros do novo proletariado.

A ineficacia e debilidade da monarquía zarista foron amosados no conflicto con Xapón (1904-05).
Gozaban de moitos mellores números, pero eran un exército enormemente atrasado, e venceron os
nipóns. Así, o mundo viu a un país asiático, emerxente e poblado por non europeos era capaz de
vencer a unha gran potencia europea. Este feito foi moi significativo en termos ideolóxicos,
políticos e ideolóxicos para as colonias e demais terras ocupadas: o home blanco e europeo podía
ser vencido.
Esta Guerra deu lugar a un crecemento da conflictividade social en Rusia durante todo 1905,
comezando polo Domingo Sangrento de San Petersburgo (9 de xaneiro). Pretendían entregar ao zar
algunhas reclamacións básicas, e serán duramente reprimidos. Será o comezo dun ano de grandes
mobilizacións, nas que os pobos do Imperio Ruso van ir adquirindo unha gran experiencia e
conciencia política, entre traballadores, campesiños, estudiantes, pequenas burguesías...
O que pedían eran unha serie de liberdades e dereitos individuais e colectivos básicos, peticións de
carácter socioeconómico... que indicaban a presenza de ideas democráticas, socialistas, liberais...
Dalgún modo 1905 é o acontecemento inmediato do sucedido en febreiro de 1917.

Éo tamén pola aparición dunha singular forma de organización de traballadores e opositores: os


soviets, que constitúen nese contexto de autocracia que non aceptaba pensamento crítico un
exemplo de democracia directa, onde os traballadores e opositores participan dun proxecto
democrático. Non son polo tanto invento de ningún partido da oposición, é unha forma de
organización das masas.

Na camarilla do zar non tiñan intención de adoptar medidas liberais. Aínda así, e debido á
importancia do movemento, o goberno zarista tivo que facer algunhas concesións aos opositores,
que aparecen recollidas no Manifesto do 17 de outubro de 1905. Por exemplo, en canto a liberdades
fundamentais, co zar comprometéndose a permitilas e á elección dun parlamento mediante métodos
democráticos.

Así a partir de 1906 se convocan eleccións, con sufraxio universal masculino, das que sae unha
Duma na que están presentes distintos partidos políticos, algúns dos cales destacaran nese período
de loitas previo. Non obstante, en 1907 e unha vez que a situación se estabilizara, o zar e o seu
núcleo intentan limitar as liberdades concedidas dous anos atrás.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Esta involución plásmase por exemplo no establecemento dun sufraxio censitario, respecto ao
anterior universal masculino. Polo tanto, isto prexudicaba a eses partidos que destacaran pola
oposición ao zarismo, e beneficiaba aos inversos. Pasamos así a unha Duma máis conservadora,
dominada polos sectores máis ligados ao mundo das altas finanzas e da alta nobreza, oligárquicos,
con primeiros ministros como Sergei Witte ou Stolypin. Así, os cambios democráticos serán
escasos, e o poder do zar seguirá sendo practicamente absoluto, manténdose a persecución política
frente aos inimigos do zarismo.

O interesante serán as transformacións económicas levadas a cabo por eses dous primeiros
ministros, no sentido de que buscaban dinamizar a actividade económica, favorecendo os procesos
de industrialización a partir deses núcleos urbanos onde esta era incipiente (San Petersburgo,
Kazán, Kiev...), o que conlevou á expansión dun proletariado moi pobre pero que xa dera mostras
da súa loita neses días de 1905.
Stolypin levará a cabo unha importancia transformación no agrícola, liberalizando a venda de terras
e impulsando a creación dun gran grupo de campesiños que puidese ser soporte tamén do goberno.
Abolírase a servidume en 1861, moi recentemente, o cal afectara ata moi tarde a actividade agrícola,
con estruturas produtivas moi atrasadas.

Porén, as medidas non terán gran alcance. A limitación das liberdades seguiu xerando
conflictividade. A eso sumaríanse os escándalos que existían na corte de Nicolás II.

Neses momentos e anos seguintes, considerando todo o espectro poderíamos empezar a señalar os
sectores profundamente vinculados co zarismo, as chamadas centurias negras. Eran unha especie de
núcleo duro do zarismo, en contra de calquer iniciativa democrática ou liberal, sector
ultranacionalista e profundamente antisemita.
Despois estarían os chamados outubristas (Unión do 17 de outubro), grupo conservador e
monárquico con elites de sectores liberais, da aristocracia, empresarios, grandes industriais, altos
funcionarios... Un partido de elite. Eran partidarios de ir introducindo algúns cambios, e
constituíron o apoio fundamental aos gobernos dende 1906 ata 1917.
Máis hacia o centro estaría o Partido Demócrata-Constitucionalista (KD, kadetes), co líder
Miliukov. Eran liberais constitucionalistas, formado por membros de profesións liberais, grupos
sociais burgueses (comerciantes, empresarios, intelectuais...). Pretendían unha democracia liberal,
como a inglesa.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Xa na esquerda atoparíamos dúas grandes formacións. Un sería o Partido Obreiro Socialdemócrata,


fundado a finais do s. XIX, pola confluencia de distintos grupos socialdemócratas (Grupo de
emancipación do Traballo ou o Grupo de Unión de Loita, con dirixentes este último como Lenin). É
un partido de orientación marxista, ligado á II Internacional, pero no que pouco despois aparecen
claramente definidas dúas tendencias, sobre todo a partir de 1902-3: mencheviques e bolcheviques.
A partir desas datas se producen diverxencias entre os participantes sobre o tipo de partido que hai
que constituír, a táctica deste... Hai un grupo maioritario (encabezado por Lenin), que impón as súas
teses, e o minoritario (menchevique), que serán oposición dentro do partido.
É un partido composto sobre todo por asalariados, polo tanto presente especialmente nos cinturóns
industriais das grandes cidades. Esas tendencias levarán á división e creación deses dous partidos.

Había tamén outro partido na esquerda política, o Partido Socialista Revolucionario (SR, eserista),
encabezado por Chernov. É un partido que aglutinaba sobre todo ó campesiñado. Fundado en 1901,
producto de distintos grupos procedentes do movemento populista que fora moi activo no país
dende a segunda metade do XIX. Ese movemento destacara sobre todo pola súa oposición ao
zarismo. Era un partido que propugnba a construción dunha sociedade socialista, mais non é un
partido de inspiración marxista, crían nun socialismo agrario aproveitando as tradicións
comunalistas dunha sociedade agraria moi pouco evolucionada como a rusa. Consideraba o
campesiñado a forza principal do proxecto revolucionario. Nel estaban tamén moitos intelectuais de
clases medias. Nun primeiro momento participarán en atentados contra membros do máis alto
zarismo. Será un partido moi perseguido pola policía política, no que se darán varias escisións
(Vontade Popular, partidarios da acción directa, e Reparto Negro, impulsores da mobilización
popular campesiña de masas).

Estes son algúns dos partidos que impulsan as mobilizacións de 1905. A partir de aí vanse nutrindo
de todas esas persoas que participaron nelas.

Hai un feito que divide a todos estes partidos, e é a súa actitude ante a participación na I GM.
Practicamente todos os partidos serán partidarios da participación do país na Guerra, coa excepción
dos bolcheviques, que sempre se oporán. Tamén os mencheviques por un tempo, mais unha vez
acceden ao poder seguirán participando no conflicto.
A entrada do país na Guerra tivo un efecto catastrófico para a cidadanía e economía rusas. Sufren
máis de dous millóns de baixas durante o primeiro ano. Xa tiñan un economía bastante afectada,
que será incapaz de soster este longo esforzo bélico. Ademais do desemprego, incapacidade dos

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

mandos militares, incremento dos falecidos e feridos... todo isto provocará unha diminución
paulatina da moral da poboación, que cada vez manifesta con máis énfasis a intención de concluír o
conflicto. Os soldados irán desertando colectivamente con maior forza. Todo isto era un indicio do
grao de desmoralización que sufría o seu exército.

Esa situación tamén incrementou a conflictividade política e social. Dende comezos de 1917 foi
máis manifesta, comezando no sector textil en torno as grandes cidades, protagonizadas en moitos
casos polas mulleres que substituíran aos soldados no frente. Nese contexto de mobilización social
darán lugar as xornadas de febreiro do 17, coa liquidación da autocracia zarista.

Frente a estas mobilizacións, a única solución que plantexa o goberno zarista é a de sacar ao
exército ás rúas para rematar con toda esta conflictividade. Mais o exército xa non obedecía a esas
alturas. Os soldados néganse a disparar sobre os civís, e únense. Isto dá lugar a un levantamento
xeralizado, cunha poboación que se vai organizar en soviets. As xornadas seguintes finalizan coa
desaparición da autocracia, en 3-4 días (comezo o 27 de febreiro). O zar vese obligado a abdicar, o
Parlamento nomea un Goberno Provisional con deputados alí presentes. Foi encargado de organizar
eleccións á Asemblea Constituínte. Nas cidades e campo organízanse soviets de distintas profesións
e de militantes dos partidos bolchevique, menchevique, eserista...

Por un lado, existe un Goberno Provisional, e polo outro nas grandes cidades do Imperio temos
constituídos os soviets. Nese momento e ata outubro dáse unha situación de dobre poder, un
emanado da Duma e outro popular.
Dáse tamén unha situación caótica marcada pola I GM, coa crise económica e polo descrédito de
moitas institucións políticas estatais, coma o exército.

O poder que emana da Duma é un poder dos gobernos de Luov e despois de Kerenski. Son
gobernos que están máis ou menos controlados polos partidos kadete, tamén con presencia de
membros dos outros.
O de Luov establece todas as liberdades políticas, mais decide continuar na I GM. Por outro lado,
estaban os soviets, onde nun principio había unha maioría de mencheviques e eseristas, contaban
cun gran apoio social, e as súas decisións chocaban coas do Goberno Provisional, véndose que a
dualidade de poder era imposible de manter moito tempo. Os soviets decretaban que os soldados só
lles podían obedecer a estes, e non aos seus mandos cando estes chocasen con eles.
Isto dará a unha constante loita de poder entre ambos bandos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

A decisión de Luov e de Kerenski de continuar na I GM tivo como efectos inmediatos o incremento


das privacións que vivira xa ata entón a poboación rusa. Significaba máis desastre económico,
desabastecemento, fame, desemprego... En xullo, os soldados no frente, moi influídos pola
propaganda bolchevique (sempre anti-I GM e non participante nos Gobernos Provisionais),
comezan a desertar masivamente.
Ao mesmo tempo, en moitos sitios os campesiños ocupan as facendas latifundistas, e colectivos
traballadores toman algunhas fábricas en medio dun desconcerto xeralizado, cun Goberno
Provisional moi débil.

Son momentos que algúns sectores escollen para dar un golpe de forza, ligados ao zarismo coma o
que encabeza Kornilov o 13 de setembro de 1917. Este fora nomeado comandante en xefe do
exército por Kerenski, e intentará dar un Golpe de Estado para volver á situación monárquica
anterior. O golpe fracasa sobre todo pola oposición dos soviets de soldados, de maioría bolchevique,
partido ilegalizado por Kerenski semanas antes, cuxos líderes tiveran que exiliarse ao estranxeiro.
Este golpe fallido demostra a debilidade na que estaba o Goberno Provisional, incapaz de detentar
nas súas mans o poder das principais institucións, coma o exército. Eses días serán determinantes,
cun Estado a punto de colapsar e moitas institucións que non obedecen ao Goberno, incapaz.

É despois de xuño xullo, co Primeiro Congreso dos soviets, en xullo-agosto-setembro de 1917


cando os bolcheviques comezan a debatir a cuestión da toma do poder polos primeiros. A
sublevación de Kornilov amosaba que sectores do exército estaban dispostos a acabar co Goberno
Provisional. Neste contexto os bolcheviques, xa maioría dos soviets, deciden tratar de tomar o poder
para tumbar o Goberno. Esta decisión é impulsada por Lenin, mais non todos os bolcheviques están
a favor do asalto do poder (coma Zinoviev e Kamenev), os cales ademais fan públicas esas
intencións.

En todo caso a proposta triunfa, e a finais de outubro de 1917 se produce o Asalto ao Palacio de
Inverno, e nunhas horas o poder cae en mans dos soviets de Moscú e San Petersburgo, de maioría
bolchevique, constituíndose o primeiro goberno. O seguinte foi a emisión dunha serie de decretos
cos que pretendían cumplir coas promesas dadas á poboación. Se os bolcheviques eran menos
desacreditados eran porque nunca se involucraran no conflicto, nunca participaran nos Gobernos
Provisionais (pro I GM) e lanzaran unhas consignas moi claras e atraíntes. Será a de paz a que lles
dé a maioría nos soviets de militares.
Tamén a oferta de terra para os campesiños que non tiñan propiedades, que se dedicaban a traballar
as terras dos latifundistas ou a consigna de traballo dirixida aos asalariados das grandes industrias.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

O Decreto de Paz ten dúas principais características. Buscaban unha paz equitativa democrática, e
sen anexións e indemnizacións. Este Tratado non foi tido en conta pola Entente, que consideraban a
actitude dos bolcheviques unha traición aos pactos asinados por Nicolás II.
A iniciativa dos bolcheviques tiña outro problema, xa que necesitaba que os alemáns aceptasen a
paz. Estes por contra aproveitarán a situación de retirada da Guerra para sacar beneficio.

En canto á terra, a gran propiedade abólese, e as fincas dos terratenentes, Coroa, conventos e Igrexa,
serán xestionadas polos comités agrarios comarcales e dos soviets de diputados campesiños de
distrito. Toda contrariedade a estas medidas serán xulgadas polos tribunais revolucionarios.

En canto ás nacionalidades, aplica os principios de igualdade e soberanía dos pobos de Rusia, o


dereito de libre determinación para estes (incluíndo para a independencia), a supresión de todos os
privilexios e restricións de tipo nacional e relixiosoe o libre desenvolvemetno das minorías
nacionais e os grupos étnicos que poblan o territorio de Rusia.

Xa a mediados do 18, no V Congreso dos Soviets, xa con hexemonía bolcheviques, emítese a


Declaración de Dereitos do Pobo Traballador, especie de primeira Constitución. No punto 6, o
Estado acepta a independencia de Finlandia ou a autodeterminación de Armenia.

En decembro do 17, comézase a debatir o armisticio entre Alemania e Rusia. Esta situación xera
unha división entre os bolcheviques, incluso no propio goberno. Nese mes estaba composto por
maioría de ministros bolcheviques, pero existían outros que formaban parte da ala esquerda do
partido eserista. Aquí os bolcheviques perden eses aliados.
Tamén hai diverxencias dentro do propio bolchevismo, non todos están de acordo en aceptar ese
plan de paz. Mentres duran os debates dentro do partido, os alemáns ameazan con continuar
avanzando, e fano, tomando amplos territorios cara o leste nos dous primeiros meses do 18. Isto
metía máis presión ao goberno ruso.
Así, en marzo do 18 fírmase un plan de paz, no que o goberno soviético ten que ceder gran
cantidade de territorios, antes pertencentes a Rusia.

Nese momento, os bolcheviques seguían estando lonxe de controlar a totalidade do país, tiñan baixo
poder sobre todo as cidades do oeste. Mais noutros lugares existían fortes destacamentos zaristas.
Así, a mediados de 1918 estoupa a Guerra Civil (1918-1922) cos bolcheviques por un lado e co
resto de partidos no outro, xunto cos zaristas. Interverán potencias como EEUU, Xapón ou o Reino
Unido, en prol dos brancos (zaristas), que intentan avanzar hacia esa zona controlada polos roxos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Finalmente, os últimos conseguirán expulsar ás tropas estranxeiras mais as zaristas acadando a


vitoria tras tres duros anos de combates, coa organización de Trosky e dalgúns oficiais zaristas que
se pasaron a ese bando. O país quedou practicamente exhausto no económico e no humano.
Durante o conflicto os polacos en 1920 tratan de expandirse ata Kiev, mais non o logran. Aínda así,
si consiguen avanzar as súas fronteiras cara máis o leste, collendo importantes zonas da actual
Ucrania, Bielorrusia e Lituania. Estes territorios formarán parte do Estado polaco ata o ataque
alemán en 1939. Neste momento, os soviéticos avanzarán as súas fronteiras ata as acordadas tralo
fin da I GM.

Polo tanto, é unha Guerra civil pero con importantes intervencións estranxeiras. Os países da
Entente estaban empeñados en vencer ao goberno soviético, aos que acusaban de traicionar os
pactos firmados por Nicolás II. A hostilidade das grandes potencias tiña que ver con esa proposta de
paz feita polos bolcheviques, ademais de porque o goberno bolchevique sempre denunciara a
continuación do que eles definían como "matanza imperialista". Por outra banda, unha vez os
bolcheviques chegan ao poder, o primeiro que fan é facer públicos todos os pactos secretos que
asinaran os países da Entente, coma o Saint Picot, coa que os rusos denunciaban a hipocresía das
potencias ao ter outros planes para Oriente. Tamén os bolcheviques se negaron a asumir a débeda
zarista coas grandes potencias. Por último, o goberno bolchevique presentábase como alternativa ao
capitalismo, e os gobernos occidentais tiñan medo de que se expandisen esas ideas entre os soldados
dos seus exércitos, dándose importantes motíns tamén nestes.

Por tanto, os bolcheviques na Guerra Civil só contaron co apoio simbólico daqueles sectores
políticos que noutros países europeos se constituían nos Partidos Comunistas, afiliándose na nova
Internacional constituída en Moscú en 1919. Este feito tiña tamén como obxectivo o de incrementar
a solidariedade dos traballadores doutros países europeos coa Revolución bolchevique.

A Guerra Civil supuxo unha alteración dos plans bolcheviques, que tiveron que aplicar un modelo
económico que xurdiu dese contexto bélico e que se caracterizaba sobre todo pola estatalización de
toda a economía. O obxectivo do Estado soviético nese momento era asegurar o abastecemento das
empresas, cidades e exército, para ganar a Guerra. Se trataba en definitiva da supervivencia do
poder soviético, non de impoñer un programa económico planificado ben definido. É o chamado
comunismo de guerra, de 1918 a 1921, coa nacionalización de todas as empresas, militarización da
economía, control e confiscación do Estado de toda a produción agrícola, control de todas as
actividades económicas polo Estado... En definitiva, o control absoluto da economía.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Isto permitiu gañar a Guerra, mais en 1921 o país estaba exhausto, cunha economía ao borde do
colapso. Iso vai obligar a dar un xiro total á política económica do goberno.

Esa situación dera lugar ao incremento da conflictividade social. De feito neses anos (1920-21) se
producen algunhas sublevacións campesiñas, os que foran máis perxudicados por ese "comunismo
de guerra" de confiscacións da produción agrícola. Tamén se incrementa a conflictividade laboral
nalgúns núcleos industriais, nos que os traballadores protestaban pola situación.

Estes feitos obligaron ao goberno bolchevique a adoptar unha nova política económica (NEP). Esta
suporá un cambio total do que fora a política previa. Tiña como obxectivo fundamental compensar
aos campesiños polos graves perxuícios da Guerra Civil, tamén para atraelos de novo ás filas do
bolchevismo. Loxicamente tamén buscaban incrementar a produción, estabilizar a economía...
Aínda que para eso tivesen que utilizar mecanismos propios da economía capitalista, xa que esa é a
característica fundamental da NEP. Nese sentido, a idea de Lenin é a de que a NEP supoñía unha
pausa obligada na construción do socialismo.
Entre 1921 e 1927-28 é cando se aplican estas medidas. Se durante o "comunismo de guerra" a
clave foi a nacionalización das empresas, durante a NEP se vai a vivir un proceso de
desnacionalización das pequenas e medianas empresas, é dicir, se vai a permitir a existencia de
empresas privadas de distinto tipo.
A economía funcionará fundamentalmente en base ás leis da oferta e da demanda. Polo tanto, os
prezos de todos os produtos non van ser fixados polo Estado. Os salarios tampouco van ser fixados
polo Estado. Ambos o serán polas leis do mercado. De feito, o goberno bolchevique incentivará ás
empresas para que orienten a súa produción cara o mercado, non intervido polo Estado.

O goberno tamén establece toda unha serie de medidas para incentivar a chegada de capital
estranxeiro. Os bolcheviques estaban moi interesados nisto en sectores como o da extracción
mineral, de petróleo... e van establecer unha serie de medidas que garanticen os investimentos que
poidan facer os capitalistas estranxeiros.

Outra das medidas importantes é a dirixida aos campesiños. O goberno bolchevique declara o fin
das confiscacións de produtos agrícolas que fora habitual no "comunismo de guerra". É dicir,
garantiza aos campesiños que todo aquilo que produzan nos seus campos van poder vendelo no
mercado sen ningún tipo de confiscación polo Estado, aínda que si con impostos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Tamén se autoriza o emprego de traballadores asalariados, tanto na industria como no campo. Isto
supón un cambio importante, xa que en termos ideolóxicos e políticos para os bolcheviques esta
autorización significa faltar ós principios, ao permitir a explotación do home polo home.

Todo isto dará lugar a un gran debate no bolchevismo pola NEP, cuns apoiándoo polas
circunstancias e outro rexeitándoo por ceder ante o capitalismo. Finalmente impónse a idea de
Lenin.

O Estado mantén a industria pesada nas súas mans, outros sectores estratéxicos como o da
electricidade (nese momento pónse en marcha o plan electrificador do país), o comercio exterior e o
sector financieiro (non hai banca privada, si o banco do Estado). O resto está en mans da iniciativa
privada.

O fin da Guerra supuxo que o Partido Comunista terá o control político, partido único legal.

Coa NEP pretendíase que o Estado conseguise a suficiente acumulación de capital para proceder
despois a un proceso de industrialización do país, que puxese a base constitutiva do socialismo.

A NEP vai de 1921 a 1927. Presenta luces e sombras. Nuns sectores tivo máis éxito que noutros.
Catro anos despois de comezar, a agricultura alcanzara dalgún modo os valores previos á I GM.
Pero beneficious sobre todo a aqueles campesiños máis acomodados, cun maior número de terras
para cultivar (kulaks), fronte a eses campesiños máis modestos que non só sairán non beneficiados
senón que a veces sairán perxudicados e sendo asalariados dos kulaks. Así, no campo danse efectos
non desexados, que acentúan a diferenza social entre campesiños. Tamén se vai incrementar o
número de desempregados. Eses kulaks empregarán todo tipo de mecanismos para controlar o
mercado e sacar un maior beneficio, mediante a acumulación e especulación coa venta dos produtos
agrícolas.

Evidentemente, dende o ideolóxico os kulaks non estaban vencellados á ideoloxía socialista. Nese
sentido a NEP beneficiou a aqueles que non compartían a ideoloxía socialista, e prexudicou a
aqueles campesiños modestos que si foran un apoio para os bolcheviques na Guerra Civil.

O comercio libre de todo tipo de produtos xerados pola industria de bens de consumo tamén
favoreceu a aparición doutros sectores sociais (os "homes da NEP"), que con prácticas similares ás
dos kulaks conseguirán importantes beneficios, aumentando a súa influencia social e ecónomica.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Fracásase tamén na chamada a capitais extranxeiros, en gran medida polo cordón sanitario posto
polos países capitalistas. A NEP foi incapaz de superar o bloqueo.

A NEP tamén vai provocar unha maior diferenciación entre os prezos dos produtos agrícolas e os
dos industriais: a chamada "crise das tixeiras". Iso tamén prexudica sobre todo aos campesiños
modestos.

Neses anos no bolchevismo ten lugar un gran debate en torno á viabilidade da NEP, sobre se é
necesaria continuar con ela ou debía rematar, tendo en conta que prexudicaba aos sectores que foran
apoios para eles. Este debate coincide tamén coa loita polo poder dentro do Partido Comunista e do
goberno soviético. A desaparición de Lenin en 1924 levará a esa loita entre os máximos dirixentes
bolcheviques, que se manterá durante varios anos e se mezcla tamén con este debate.

Algúns dos máis destacados dirixentes bolcheviques (como Stalin) estaban en contra de continuar
coa NEP, mentres que outros (como Bujarin) eran partidarios de modificar os aspectos máis lesivos
para eses sectores, pero defendendo o mantemento da NEP. Finalmente, en torno a 1927-28, na
Conferencia de 1928 do PCUS, os sectores contrarios acaban impoñéndose, e dese xeito se dá fin a
esa Nova Política Económica, que tivera certo éxito na agricultura, permitira incrementar a
produción agrícola, gandeira e de bens de consumo, pero fracasara na industria pesada, no
comercio, na busca de capital estranxeiro, e tivera eses efectos perniciosos de incrementar a
diferenciación social no campo, favorecendo a eses sectores que non estaban precisamente a favor
da construción do socialismo.

Neses anos de loita polo poder, paulatinamente se aprecia como Stalin vai conseguindo incrementar
o seu poder, desplazando aos sectores da oposición, aqueles dirixentes bolcheviques que lle podían
facer sombra. Poderíamos dicir que entre os 20 e os 30 aparecía como o dirixente bolchevique con
máis poder, e será neses 30 nos que se produza a consolidación definitiva de Stalin como máximo
dirixente do PCUS e da Unión Soviética.

Esa loita polo poder tamén vai en paralelo ao debate sobre o futuro da Revolución. Por un lado,
aqueles que defendían a idea da revolución permanente (Trotsky á cabeza), e polo outro os que
defendían unha perspectiva máis defensiva e pragmática, que consideraban que a oleada
revolucionaria en Europa xa pasara e tocaba proceder a un socialismo dun só país. O ascenso ao
poder de Stalin significará o triunfo da segunda destas correntes, coa defenestración,
encarcelamento ou execución de todos aqueles líderes que se opoñían a esta política de Stalin.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

A expulsión de Trotsky, os xuízos contra dirixentes bolcheviques son proba diso. Así Stalin vai
eliminando as discrepancias dentro do partido, cun poder incuestionable ata a súa morte.

A Constitución de 1936 significará a situación de Stalin como único dirixente, a institucionalización


definitiva da revolución bolchevique e establecerá o monopolio do poder por parte do PCUS. Como
vemos os debates políticos estaban moi ligados coas loitas de poder.

A adopción da planificación centralizada tiña como obxectivo fundamental conseguir a


industrialización acelerada do país, para asegurar dúas claves: por un lado, a viabilidade do
socialismo nun só país, e polo outro a independencia deste. A intervención estranxeira na Guerra
Civil e o cordón sanitario establecido polas potencias capitalistas deixou unha sensación entre os
dirixentes bolcheviques de asedio e illamento. Así, consideran que só un país industrializado e forte
na defensa pode garantizar a súa independencia. Procedíase por tanto a unha mecanización total na
agricultura, a construción de grandes complexos industriais capaces de garantizar unha gran
produción de todo tipo de enseres e produtos sen someterse en ningún caso a mecanismos da
economía capitalistas. A chegada de Stalin supón o fin da iniciativa privada en todos os ámbitos
produtivos, incluído o da agricultura.

Integrou todas as actividades industriais e agrarias, en xeral todas as produtivas, nun Plan
Quinquenal, que determinaba moi detalladamente todos e cada un dos obxectivos definidos para os
distintos sectores produtivos. No Plan se dicía canto e onde se debía de producir para cada un deses
sectores produtivos. En definitiva, a planificación supón a estatalización de todos eses, incluído o
comercio a pequena escala, co fin da iniciativa privada. É unha planificación imperativa, unha
obligación para todos conseguir os obxectivos determinados, e centralizada toda no Consello
Supremo de Economía Nacional.

Isto vai esixir unha enorme burocracia, con funcionarios elaborando os datos necesarios dun plan
tan amplo. Todas as decisións económicas estaban centralizadas no Estado, e as empresas non van
ter case ningunha capacidade de autonomía sobre os obxectivos que lles son determinados.

Sempre se prioriza a industria pesada, como base desa industrialización da que falabamos, e en
menor medida a industria lixeira ou a agricultura. Falamos dunha certa subordinación da agricultura
á industria. En definitiva, industrialización acelerada e colectivización forzosa no campo.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

O Primeiro Plan foi en 1928, pero xa existían antecedentes. Por exemplo, co plan de electrificación
(1920) do país xa se establecen algúns dos criterios que logo se van empregar despois.

En torno a 1936 (en pleno Segundo Plan Quinquenal: 1933-1937) a economía está plenamente
centralizada e case totalmente colectivizada. Desaparecen os kulaks, moitos son enviados aos
campos de Siberia. A estrutura da agricultura soviética vai quedar reducida a dous tipos de
explotacións: os koljoses e os sovjoses. Os segundos están en mans do Estado, é moi extensa (de 8-
10 mil hectáreas), na que traballan asalariados do Estado; é unha granxa estatal altamente
mecanizada, polo tanto estes traballadores perciben un salario mensual. Mentres que os koljoses
teñen a configuración dunha cooperativa agrícola que ten os medios de produción e que ten o
produto obtido, que se vende ao Estado ou a outras cooperativas, dentro do que se chamou Mercado
Koljosiano. Isto significa que os traballadores dos koljoses non son asalariados do Estado, senón
que perciben unha parte dos beneficios do koljos.

Este será en boa medida o modelo soviético de explotación agrícola durante toda a vixencia da
URSS.
Nalgúns anos a fame instalarase en moitas zonas do país, que acababa de salir dunha Guerra e
Posguerra.

O Segundo Plan fixera especial fincapé no desenvolvemento da industria pesada, e na expansión


das vías de comunicación (especialmente o tren), que debían conectar as grandes cidades
consumidoras, cos grandes centros produtivos e extractivos. Buscábase duplicar a produción
nacional en todos os sectores, e así se fixo segundo as estatísticas. Fai fincapé na constitución de
grandes unidades industriais, e se comeza a apreciar un intento de modificar a estrutura productiva
do país, cun tímido desprazamento hacia o leste e interior do país deses núcleos industriais,
seguindo a liña do Transiberiano (que conecta Moscú, Leningrado, etc., con Siberia e o extremo
oriental). Aí apreciamos ese desprazamento a partir de 1930, co obxectivo de aproveitar as novas
zonas estractivas, novas concas mineiras e pozos de petróleo. Ese desprazamento será moito máis
intenso a partir de 1940, obligado. O ataque alemán en 1941 fará que a URSS traslade a gran parte
das industrias ao oeste dos Urais cara detrás destes, unha mobilización industrial sen precedentes
obligada pola ocupación alemana de gran parte da zona occidental do país.

Durante sobre todo o Segundo Plan faise moito fincapé nas vías de comunicación, coa ampliación
das vías férreas, dos canais navegables... Un dos fitos máis claves foi a construción do canal que
unían o Báltico con Leningrado, no que traballaron un gran número de presos comúns/políticos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Foi neste Segundo Plan cando se alcanza a colectivización total, coa constitución dunha nova
estrutura produtiva da agricultura, e a desaparición dos kulaks. Non obstante, nos 3 Plans antes de
1941 (aínda que o terceiro non se puido rematar) priorizouse a industria pesada, coa construción
deses grandes complexos industriais.

Foi importante a partir de aquí o culto á personalidade a Stalin, presente en todas as publicacións e
discursos dos dirixentes soviéticos. Foi nese período no que maior número de campos de traballo
existiron na URSS, con presos comúns e presos políticos.

Desde o punto de vista institucional e político, en 1922 se constitúe a URSS, á que se unirán novos
Estados federados. Teoricamente é un Estado constituído por varias Repúblicas, sendo a Rusa a
maior. Desde 1940 en diante se suman as Bálticas. Tamén se incorporan nos 20 e 30 as cinco
nacións de Asia Central, con maioría de poboación musulmana. Estas incorporacións se fixeron de
diferentes maneiras: influencia, anexión...

Nos anos 30 xa estaba consolidado o Estado soviético. Dende a Revolución cambiou moito, de
súbditos a cidadáns. Era un país en proceso de industrialización e modernización, de alfabetización,
da incorporación da muller ao traballo, cun maior acceso á cultura, xa non había privilexios de clase
como tal... Ao mesmo tempo, tamén é unha sociedade con elementos arcaizantes, co culto á
personalidade á figura de Stalin, o sistema autoritario que se instala á medida que Stalin avanza nas
estruturas de poder, o sometemento dos disidentes, a existencia dos campos de traballo... Era unha
sociedade máis controlada polo Estado.

Ese monopolio do Partido fai que a Igrexa perda o papel tan importante que tiña anteriormente.
Van intentar superar o cordón sanitario con vínculos, especialmente establecendo aliados cos
cercanos (Turquía, Irán, Afganistán...). Máis difícil será cos países de Europa occidental, mais nos
anos 20, nunha política pragmática, estes asumirán a existencia da URSS e desde mediados desa
década Gran Bretaña, Francia, Italia ou EEUU van recoñecer oficialmente o novo Estado,
establecendo vínculos diplomáticos. En 1934 é cando se permite á URSS acceder á Sociedade de
Nacións.
Ten moita importancia a chegada de Hitler ao poder en 1931, con potencias occidentais que
comezan a ver a URSS como posible aliado frente Alemania. Así, Francia en 1935 sella un pacto de
axuda mutua, de colaboración, aínda que algo coxo ao non acordar nada no militar. Tamén a URSS
acordará con Checoslovaquia, igual que Francia.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

PERÍODO DE ENTREGUERRAS
Cando acabou a I GM, os países vencedores daba a impresión de que se asistiría a un avance destes
sistemas fronte aqueles outros do centro e leste de Europa. Paradoxicamente, a pesar do triunfo das
democracias, esta forma de goberno vai entrar en crise por múltiples factores, como a crise
económica e o crack do 29. Darase unha evolucíón hacia o autoritarismo neses países, nos que
ademais hai inestabilidade política e social.

Nos países xoves sen tradición democrática se vai dar o caldo de cultivo das ideoloxías autoritarias.
Así, veremos como países como Gran Bretaña, Francia, nórdicos... o sistema democrático vai
persistir. Noutros do centro, oeste e sur vaise ir evolucionando a formas de goberno autoritarias,
militares, dictatoriais... Non só nos países que participaron no conflicto, caso de España.
Serán gobernos autoritarios que se manterán ata a II GM. Darase por estes un enfrentamento coas
democracias, co estoupido da Guerra.

Nese contexto de finais da I GM xurdía o primeiro Estado socialista. Tamén nos 20 se da o triunfo
do fascismo, que chega ao poder en moi pouco tempo.
Estamos nun momento de debilidade da democracia.

En países como incluso Francia ou Gran Bretaña, o poder executivo durante a Guerra asumiu un
maior protagonismo e predominio, por encima do lexislativo. En 1919 trátase de volver a ese
equilibrio entre os dous poderes, complexo xa que o executivo quería seguir sendo prevalente.

Influíu tamén a situación económica. Fronte a situación de 1921 de crise, a solución que plantexan
moitos sectores é a construción dun executivo potente, capaz de sacar aos países da situación de
crise económica e social. Esta, que afectou aos países contribuíu en certa medida a desacreditar a
democracia liberal. Deuse así un caldo de cultivo no que aumentaron e se expandiron cada vez
mellor as ideoloxías extremistas.

Tamén inflúe nesa evolución o feito de que diante destas dificultades non todos os gobernos toman
as mesmas decisións. Por exemplo, algúns escandinavos intentan integrar a todos os sectores
políticos, sociais e sindicais, mentres que outros gobernos de oligarquías van manter fóra do sistema
a todos aqueles sectores políticos contestatarios, o que en moitos casos os levou a plantexarse
iniciativas políticas antidemocráticas.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

FRANCIA
Foi un dos países máis castigados pola I GM, a pesar de ter conseguido a vitoria e a recuperación de
territorios como os de Alsacia e Lorena. En 1919 se constitúe un goberno de bloque nacional,
fundado fundamentalmente por partidos de dereita, que intentará solucionar os problemas
económicos e de débedas (fundamentalmente cos EEUU) do país baseándose en gran medida en
que Alemania contribuíse a ese esforzo económico francés mediante o pago das indemnizacións
impostas.

A intransixencia con Alemania foi a constante dende que Clemenceau se sentou na Conferencia de
París. Sabemos tamén que Alemania era case imposible que puidese acometer o pago desa débeda.
En 1923 deixarán de pagala, debido á crise económica. Francia toma unha decisión, xunto a
Bélxica, de ocupar a zona máis industrializada de Alemania, con importantes centros de extracción
de carbón. Así, se Alemania non pagaba en moeda faríao en especias. Esa ocupación manterase case
ata 1925.

Durante eses anos tamén se produce a escisión no socialismo francés, en 1920, co xurdimento do
Partido Comunista Francés. Tamén no ámbito sindical.

A incapacidade do goberno para conseguir a estabilización da economía fai que en 1926 se


constitúa un goberno de coalición, neste caso entre radicais e socialistas, cunha política laica, que
no económico non vai colleitar éxitos, posto que os grandes males do país van persistir.
Danse cambios ata que a coalición se dá imposible, e nas seguintes eleccións dáse un novo goberno
de bloque nacional. Ese goberno encabeza o país durante unha época de menor conflictividade
social e maior estabilidade e certo crecemento económico leve (conseguen estabilizar a moeda, o
presuposto, diminúen a débeda externa...).

Alemania pode volver a pagar en 1925. Ese é o momento no que Francia volve dentro das súas
fronteiras, coa aprobación tamén por EEUU do plan ??

Esa etapa dura ata 1932, cando chegan os efectos reais da crise do 29. Xérase unha gran
inestabilidade política e social. Será de novo o caldo de cultivo para propostas fascistas (por
exemplo, Cruces de Fogo), que chegaron a tentar dar un golpe de forza para conquistar o poder, que
fracasou en febreiro de 1934.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Esta inestabilidade social e auxe dos movementos de corte fascista, que realizan accións populistas
e teñen cada vez máis forza en determinados sectores, con este intento de golpe se provoca que os
partidos de esquerda decidisen establecer unha coalición electoral denominada Fronte Popular, que
gañou as eleccións en maio de 1936. Foi tamén determinante a postura da Internacional Comunista
de chegar a acordos cos socialistas para evitar o avance dos partidos fascistas, igual que se
presentaron así en España.

Este goberno tivo unha corta duración, de 3 anos, pero foi de gran importancia, sobre todo no
social. Se algo destacan son as medidas que toman neste sentido. En xuño de 1936 sindicatos e
patronal, con apoio do goberno, asínanse os acordos de Matignon, coa legalización dos contratos
colectivos de traballo, a patronal recoñecía o dereito dos traballadores a adherirse a un sindicato, se
establecía un incremento salarial importante e a semana de 40h, coa xornada de 8 días e dúas
semanas de vacacións pagadas.

Desde o punto de vista económico a actuación deste goberno de Leon Blum non foi tan exitosa, con
debilidades no ámbito internacional e actitude dos partidos diante dos problemas que afectaban a
Europa. En 1938, as diverxencias entre socialistas, comunistas e radicais no goberno xa eran moi
evidentes, e provocaron a dimisión do goberno e a subida ao poder dunha nova coalición, de
dereitas, encabezada por Daladier. O feito que estaba a acontecer no internacional era a posición
frente a Guerra Civil española, que afonda nas diferencias entre os membros do goberno, que se
cae.

En 1940 se produce a ocupación alemana do país.

GRAN BRETAÑA
Dáse unha frecuente alternancia no poder, salvo entre o 24 e o 29 coa etapa conservadora de
Baldwin, con maior estabilidade económica e política. Vemos gobernos de coalición e igual tamén
que en Francia a chegada dos laboristas ao poder, encabezados nese momento de 1924 (xusto antes
de Baldwin) e 1929-1931.

Tamén foron moi duros os efectos da Guerra, especialmente a inmediata posguerra co incremento
dos prezos, conxelación salarial, consecuente conflictividade social... Tamén diríamos que a
situación política será moi distinta a 1914, conservadores e liberais terán que competir agora tamén
cos laboristas. Os liberais farán coalicións cos dous, igual que os radicais franceses.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

O primeiro goberno de liberais conservadores de 1918 estará encabezado por George, cun goberno
de coalición adoptando unha serie de medidas bastante avanzadas no social e político. Farase a Lei
de Educación, que elevaba a obligatoriedade ata os 14 anos, un novo sistema electoral con sufraxio
censitario para as mulleres en 1919 (universal para os homes, universal para as mulleres en 1929),
lei de vivenda (con casas para xente con menos ingresos), lei de seguros de desemprego (1920)...

A este goberno lle suceden os gobernos conservadores en coalición tamén cos liberais. A sorpresa
dáse en 1924, coa chegada dos laboristas ao poder, aínda que dura só uns meses, cunha coalición
moi inestable. As grandes desaveniencias entre liberais e laboristas en 1924 viña por acordos
comerciais coa URSS. Por Gran Bretaña se extendeu unha mentira pasada por verdade segundo a
cal un dos dirixentes soviéticos nunha carta falaba dun inminente levantamento prosoviético no
país, que no seu momento serviu para agudizar esas diferenzas entre as dúas correntes.

A etapa de Baldwin 1924-1929 caracterízase por unha estabilidade, pero relativa, xa que se poñen
de manifesto os problemas da economía inglesa. Gran Bretaña pasara de ser o primeiro país
industrial mundial a un segundo plano, coa emerxencia de EEUU ou Xapón. Perden tamén
importantes mercados.
Fíxase unha forte moeda, que non beneficia a todos os sectores por igual, e prexudica as
exportacións (especialmente os maioritarios textiles e de carbón) de Gran Bretaña, xa que as facía
máis costosas. Iso chocaba tamén cos sindicatos, e en 1926 dáse a primeira folga xeral no país, que
durou varias semanas e acabou coa vitoria dos postulados do goberno. Os sindicatos tiveron que
ceder, o goberno promulgou a lei de folgas de 1927, que limitaba o dereito á folga dos traballadores.

Outro dos problemas do país tiña que ver co proceso de independencia de Irlanda. O goberno inglés
intenta controlar a situación mediante a concesión dun Estatuto, pero todo estaba xa decidido e en
1921 o país obtén a independencia, mais só para parte do sur. Cinco condados do norte seguiron
sendo ingleses.
Tamén se producen cambios nas colonias dominadas (Canadá, Australia, Nueva Zelanda...), onde se
producen independencias de facto. Tratan os ingleses de manter certa conexión coa Commonwealth,
constituída en 1926. As independencias definitivas serán trala II GM.

A economía inglesa se ve moi afectada pola crise do 29, en comercio, emprego... Non se reduciu a
débeda externa.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

ALEMANIA
Nos momentos anteriores ao armisticio, co fracaso da última ofensiva alemana de agosto de 1918 e
o éxito da ofensiva aliada, o alto mando alemán asina un acordo cos aliados, previo a conseguir un
acordo de paz. Ese acordo cos aliados para os alemáns tiña como obxectivo salvar o exército,
impedir que o avance aliado culminase coa invasión do país e evitar que puidese suceder unha
revolución como a bolchevique.

Nese sentido se produce un cambio de goberno, Guillermo II nomea Canciller a Max von Baden
para conseguir o armisticio. Comezan os intercambios cos aliados, e nese momento en Alemania xa
era maioritario o desexo de poñer fin ao conflicto, con manifestacións, folgas e motíns no exército.

A actitude dos aliados foi inflexible, e lle ofrecen unha capitulación. Hindenburg e Lunderdoff
piden ao Kaiser que faga dimitir a von Baden e seguir na Guerra. Con ese motivo, a flota alemana
en Kiel toma a decisión de sacar a flota para continuar coa loita. Sen embargo, cando se coñece a
decisión dos mandos se opoñen, se amotinan o 4 de novembro de sublevan, forman un consello
revolucionario e toman o mando da flota. Esta sublevación se foi estendendo por outras cidades e
guarnicións do exército. O 7 de novembro un consello de traballadores e soldados toma o poder en
Baviera, proclamando unha República que durará medio ano (ata maio). O 9 de novembro de
produce a caída do goberno e a abdicación de Guillermo II, coa constitución dun novo goberno que
encabezará o socialdemócrata Ebert.

Créase un goberno con membros de dous partidos: o socialdemócrata (con maior número de
ministerios) e unha escisión do partido socialdemócrata, o socialdemócrata independente. Ese é o
goberno constituído o 9 de novembro de 1918.
Pero antes desa constitución, Ebert garantizara ao exército alemán que en ningún caso en Alemania
sucedería en Rusia, os comunistas nunca tomarían o poder. Mantivo todas as institucións herdadas
da monarquía, así como todos os altos mandos da administración nos seus postos.

O goberno alemán terá que loitar contra esa República de Baviera, así como coa sublevación dos
comunistas en xaneiro de 1919. Para facelo, que Ebert ve como ameazas esquerdistas, acude aos
grupos paramilitares, chamados Freikorps, que actuaban dun xeito paralegal combatindo o
bolchevismo. Grazas a estes grupos é como Ebert consegue conter por un lado o levantamento
comunista de xaneiro, coa eliminación física dos espartaquistas, e tamén en maio acabar coa
República dos Consellos de Baviera.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Outro dos problemas é a cuestión do armisticio. Xa o 11 de novembro o goberno se ve obligado a


firmar o armisticio imposto polos aliados, que era unha rendición incondicional. O goberno alemán
se ve nunha tesitura complicada: ou continuaba a guerra, coa posibilidade de que os aliados
ocupasen o país, ou ben asinaba un armisticio que supoñía unha capitulación. Finalmente o goberno
socialdemócrata asina o armisticio ou capitulación incondicional. Isto suporá que o goberno alemán
sexa acusado de traidor polo alto mando do exército e amplos sectores deste. Aquí un amplo sector
dos militares e ultranacionalistas acuden á lenda da chamada puñalada pola espalda. Afirman que o
exército non fora vencido nos campos de batalla, e que fora traicionado polo goberno
socialdemócrata.

Este feito será utilizado profusamente nas décadas seguintes polos sectores de dereita,
ultranacionalistas e nacionalsocialistas contra os socialdemócratas, e tamén contra todo o que se
relacionaba coa República de Weimar.

A mediados de xaneiro de 1919 se convocan eleccións, que ganan con maioría os socialdemócratas,
seguidos dos centristas católicos e os populares alemáns. Constitúese así unha cámara que ten como
misión a elaboración da nova Constitución de Weimar, que será aprobada pola Cámara en xuño dese
mesmo ano, e será promulgada en agosto. Esta promulgación é un paso clave no proceso de
institucionalización do réxime. É unha Constitución que destaca nos seus aspectos sociais, que terá
unha notable incidencia noutras europeas da época, por exemplo na española de 1931. Nela queda
aprobado o sufraxio universal total, garantiza unha lei electoral proporcional, permite a elección
directa do presidente, que ademais pode contar con poderes extraordinarios; dá unha estrutura
federal ao país, aínda que Prusia manterá un status especial.
En canto ao social, fala dunha vida digna, dos dereitos ao traballo, o convenio colectivo, a
educación, os seguros sociais... Asume os principios do que logo se chamará "Estado de benestar".

Nese 1919 Ebert é proclamado presidente, e o será ata 1925, cando sexa substituído por
Hindenburg. Durante eses anos, a situación política en Alemania segue sendo moi inestable. Por un
lado, vimos a sublevación comunista de 1919, a supresión da República dos Consellos... Os
freikorps levarán a cabo o golpe de Estado en marzo de 1920, que fracasa fundamentalmente pola
oposición dos sindicatos. En 1923 hai un novo intento, que tamén fracas, encabezado por
Ludendorft, acompañado polo cabo da Guerra Adolf Hitler (que irá uns meses a prisión).

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Comeza a darse certa estabilidade, fruto do Plan Dawes (1924-1930). Os aliados son conscientes de
que a humillación e decadencia de Alemania podían ter consecuencias máis negativas, co que se
lanzan capitais estadounidenses ao país con este plan para dinamización da súa economía.
Rexístrase un avance da produción industrial, a inflación comeza a ceder...

O período de 1925-1930 será de crecemento económico, pero 1929 veu acabar con esta evolución
positiva. O impacto da crise económica foi inmediato en Alemania, precisamente por esa
dependencia do capital estadounidense.
Increméntase brutalmente o desemprego a partir do 29. Aplícase unha política de austeridade, que
prexudicou especialmente a clases populares e medias. Estas últimas cada vez prestarán máis
atención á propaganda de partidos que se presentaban como única posible solución, particularmente
o nacionalsocialista, a partir de 1930 e sobre todo 1932, cando se converte no máis votado en
Alemania.

Estamos nun mundo producto de deseño que fixeran os aliados na Conferencia de París. Este
deseño nalgúns casos en vez de solucionar os problemas, multiplicáraos, por exemplo no punto de
vista das fronteiras exteriores deses países. En moitos lugares, como Polonia, Checoslovaquia ou
Iugoslavia, existirán conflictos cos países veciños por esas fronteiras.

Tamén desde o económico. A desarticulación do Imperio Austrohúngaro levou á desarticulación da


economía dos territorios que se atopaban dentro das súas fronteiras. Esa división dificulta os
intercambios mercantís, persoais, corta as vías de transportes... Son países que se enfrentan a unha
situación moi complicada á hora de constituír unha estrutura económica interna capaz de dinamizar
a súa economía. Todo nun contexto social moi inestable, claro.

Hai máis elementos que actuaron negativamente. A maioría destes países eran uns nos que a
industrialización chegara moi tarde, en comparación con outros de Europa occidental, e fora
ademais moi limitada a determinados núcleos ou áreas. Eran países onde predominaba o sector
primario, sobre todo o agrícola. Eran os países da "segunda servidume", abolida moito máis tarde
que no occidente europeo. O prezo no mercado mundial deses produtos agrarios evolucionará
negativamente, ampliándose cada vez máis a diferenza entre o prezo dos produtos agrícolas e os dos
industriais; isto beneficiaba aos países industrializados e prexudiacaban a estes do Leste, que saen
perdendo na balanza comercial. Isto agudiza as tensións económicas e sociais neses países.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

En canto á estrutura social deses países, traballará a maioría no agrícola, xurdindo partidos agrarios
que defenderan os intereses de pequenos e mediados propietarios agrarios. Polo tanto, existía unha
burguesía comercial e financieira bastante débil. Eran países multiétnicos, e en moitos casos eses
sectores burgueses pertencían a determinadas minorías étnicas. Esas minorías nalgunhas ocasións
serán culpabilizadas polos propios gobernos dos problemas do país.

Este factor tamén vai influír na evolución política e socioeconómica desas sociedades. Nalgúns
casos esas minorías étnicas se teñen organizado e plantexado as súas pretensións de independencia,
o que fixo que para moitos deses gobernos constituísen unha auténtica ameaza para a pervivencia
do Estado.

En moitos deses países tampouco existía tradición democrática. Moitos xurdiran da desaparición
dos grandes imperios, e non tiveran ata entón esa posibilidade, e polo tanto o sistema democrático
que se instala inicialmente en moitos deles é moi fráxil, e ameazado tanto a nivel interno como no
externo. Iso vai facer que en moitos casos determinados sectores sociais, elites, chamen á
constitución de gobernos fortes que sexan capaces de sacar ao Estado desa situación de crise. Iso
tamén constituía unha ameaza para os débiles réximes pluripartidistas.

Así, vemos que entre eses países que viran hacia o autoritarismos só vemos un país que se manterá
fora disto ata a chegada da II GM: Checoslovaquia, ata 1938 cando é invadida nos Suretes por
Alemania.
No resto se van limitando as liberdades, se establecen Constitucións de carácter ditatorial.

Eses países autoritarios non poden ser definidos como ditaduras fascistas. Temos os casos de Italia e
Alemania, paradigmáticos. Logo hai outros Estados que son ditaduras de tipo tradicionalista
ultraconservador, nas cales nalgúns pode haber certa influencia do fascismo, como o caso da
ditadura franquista, nos Países Bálticos ou Croacia. Na ditadura de Primo de Rivera as similitudes
co fascismo italiano quedan "na superficie".
Nalgúns deses países existía multipartidismo, pero non pluralismo político xa que non debía
cuestionar o réxime ditatorial. Ou pluralismo sindical.

Créanse movementos para frear os avances do sindicalismo de clase. Eses movementos ligados ao
goberno aparecen como salvadores da patria. Estaban apoiados por determinados sectores sociais e
económicos, sectores da oligarquía e propietarios, financieiros, son os que apoian en gran parte esta
saída autoritaria á situación de crisis, considerando que é a mellor para frear o avance socialista.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

O exército e a Igrexa (católica ou ortodoxa) serán as dúas grandes institucións que van apoiar a
estes gobernos, buscando superar esa situación de conflictividade e agudización da loita de clases,
producida sobre todo a partir do impacto da crise de 1929 en todas esas sociedades.

Polo tanto no discurso destes ditadores estará sempre presente a "anarquía" como descontrol do
goberno, a loita contra os partidos políticos de esquerda, a defensa dos valores tradicionais que
supostamente se atopaban ameazados (Patria, relixión, cultura, tradición...), erixíndose como
defensores dos intereses nacionais, que loxicamente sempre coincidían cos desas elites e sectores
dominantes.
Era un discurso que estaba aderezado e no que proliferaban tamén as consignas ultranacionalistas,
racistas ou antisemitas.

A entrada en Hungría dos exércitos rumanos e iugoslavos apoiados polos occidentais acabou co
réxime socialista ligado á URSS e permitiu a instauración da monarquía de Horthy (1920-1944),
futuro aliado alemán na ofensiva sobre a Unión Soviética. Sen embargo, a monarquía nunca buscou
a unión co movemento fascista húngaro. Hitler tampouco apoiou nunca os movementos fascistas
húngaros e rumanos, prefería un goberno tradicionalista e ultraconservador que controlase o país.

Si hai influencia fascista na ditadura croata dos ustachas, liderada por Ante Pavelic. A
desmembración de Checoslovaquia leva a ocupación da zona de Chequia polos nazis e integran os
Suretes ás fronteiras alemanas, establece unha administración sobre a primeira e Eslovaquia queda
como país títere de Alemania, presidido neste caso polo sacerdote católico Jozef Tiso, que tiña
tamén un forte compoñente antisemita.

Outro dos movementos fascistas foi a Legión de San Miguel Arcanxo, dirixida por Codreanu, con
fortes enfrontamentos co ditador de Rumanía, Antonescu, con enfrontamentos polo tanto entre
sectores ultraconservadores e os sectores fascistas.

A chegada ao poder de Mussolini e Hitler tamén debe moito ao apoio que no seu momento lle
prestaron os partidos políticos conservadores de ambos países. Cando os dirixentes conservadores
se achegaron ao fascismo, pensando que podían manexalo, acabaron en moitos casos engullidos,
como nestes dous.

Portugal fora aliada de Francia e Gran Bretaña. A partir de 1926 se intenta establecer unha ditadura.
A República se proclamara en 1910, pero tamén era un país con gran conflictividade política, con

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

partidos moi xóvenes e con gran división interna. Isto se combinaba cunha situación complicada en
termos económicos e sociais. Todo iso pón en cuestión o sistema político, chegando a ese suceso de
1926. É unha ditadura ultraconservadora influenciada polos movementos fascistas, sendo un caso
un tanto similar ao de Grecia, de Metasas, posterior (10 anos despois).
Aínda así, Portugal sempre mantivo a súa vinculación con Gran Bretaña, tamén durante o conflicto.
Igual Grecia, que foi invadida polos alemáns e ocupada durante moito tempo. Durante esa
ocupación os opositores tiveran o apoio dos aliados.

SITUACIÓN NO ÁMBITO COLONIAL


Europa amplía as súas posesións coloniais dende finais do XIX, con maiores conflictos na
metrópole, e entre esta e os pobos que residen nas colonias. A expansión colonial dá lugar á unha
intensa existencia anticolonial. Danse sublevacións máis ou menos expontáneas, de curto alcance,
pero noutros casos se teñen configurado movementos de resistencia a longo plazo, que teñen
influído na evolución política desas colonias, na constitución de amplos movementos de
independencia neses países. Estes comezan trala II GM, coa data simbólica de 1947, coa
independencia de India e Pakistán, ou 10 anos despois no caso de África coa independencia de
Ghana.

A orixe de todos eses procesos de independencia se atopan décadas atrás, a finais do XIX, no que se
produce a expansión colonial. É nese momento cando comezan a aparecer nas colonias os
movementos de resistencia, fronte a unha situación inxusta, de práctica escravitude na que as
poblacións das colonias se ven obligadas a traballar nas facendas, minas, etc., que instalan as
potencias europeas.

Aparece con forza o concepto de superioridade e supremacía racial dos europeos, da raza blanca
sobre as outras dominadas, consideradas inferiores. Con isto xustificábase a ocupación.

Existían políticos que cuestionaban estes argumentos. Un deles é Clemenceau, negando a existencia
desas razas inferiores.

Esa oposición dos pobos colonizados fronte á humillación das súas riquezas naturais se ten
manifestado en múltiples ocasións. Un exemplo son las revoltas de 1857 na India, ou a comezos do
XX contra a fame produto en boa medida da política comercial dos ingleses na India (con masacres
como a de Amritsar en 1919). Tamén a sublevación chinesa contra a imposición do comercio do
opio por parte dos ingleses (1839-42 e 1856-60).

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Nese contexto de mobilizacións é no que se constitúen os primeiros movementos e partidos


políticos que loitan pola independencia. En 1885 se constitúe o I Congreso Nacional da India. 20
anos despois se crea a Liga Musulmana de Pakistán, en 1906. Tamén o Partido Nacionalista Chinés,
en 1912. En 1912, o Congreso Nacional Africano, partido de Nelson Mandela que chegou ao poder
a finais do S. XX. Tamén se crean textos nos que se defende a cultura propia para revalorizar eses
movementos, se critica a deshumanización polos gobernos occidentais...

Tamén sucede isto en Oriente Medio. Os occidentais como vimos lles prometeran o apoio para a
creación dunha gran nación árabe. O Tratado de Sains-Picot facíao imposible. En Oriente tamén
asistimos á constitución de novos partidos políticos: Exipto, Siria, Irak... Estes puxeran grandes
esperanza na autodeterminación dos pobos (14 Puntos de Wilson), e sentiranse defraudados polo
anteriormente mencionado. Un dos grandes intelectuais árabes neste senso e sobre a situación dos
pobos árabes nese punto será Jamal al-Din al-Afghani. Muhammed Abduh falaba tamén dunha
seperación entre relixión e Estado, cunha lectura tamén moi moderada do Corán.

Estes intelectuais falan nun contexto no que se asiste a un incremento da actividade nacionalista,
nese primeiro terzo de século. O triunfo de Xapón fronte Rusia foi moi visto polas sociedades
coloniais, que amosaba a falacia da superioridade do home blanco e que un país non europeo podía
convertirse de forma independente nun gran Estado. Isto foi moi tido en conta polas colonias.
Tamén o tiveron en conta o auxe dos EEUU como potencia extraeuropea.

Hai máis claves no incremento da oposición anticolonial. Por un lado, a plasmación do principio de
autodeterminación como un básico dentro da Sociedade de Nacións. Van esixir que sexa de
aplicación universal, non só en determinadas zonas.
O feito de que algunhas colonias de dominio blanco, como Australia ou Nova Zelanda, obtivesen de
facto a independencia, tamén constitúen un incentivo para estes movementos. O feito de que un país
como Exipto incremente o seu grao de autonomía tamén impulsa a acción dos primeiros.
Amplos sectores dos pobos colonizados van demandar a Occidente un maior grao de autonomía
polo esforzo bélico realizado durante a I GM.
Outro factor foi o apoio dos bolcheviques á loita anticolonial desde 1919, organizando por exemplo
en 1920 en Bakú (capital de Azerbaián) o Congreso de Pobos Oprimidos.
As fortes consecuencias da I GM. Os europeos mantiñan o discurso de superioridade racial e de
civilización, aínda tendo en conta a destrución e accións realizadas no conflicto. Amplos sectores da
poboación colonizada se desprenden deses tópicos de superioridade da civilización europea

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Tamén o auxe dos fascismos amosaba que Europa non era inmune ás ideas autoritarias e de
superioridade racial.
O xurdimento ou aparición e configuración dunha nova intelectualidade nos pobos colonizados,
novos intelectuais e políticos que van xogar un papel importante na configuración dese bloque
social anticolonial e/ou independentista.

Fronte isto as potencias europeas actuaron mediante a utilización dos exércitos para combatir
calquer tipo de sublevación. Iso fixeron os ingleses en 1920 fronte a insurreción en Irak, nas súas
principais cidades. Deixaba de manifesto que as potencias europeas nese momento non estaban
dispostas a ceder poder.

Isto tamén nos interesa por outra cuestión. Falabamos no tema anterior do mantemento da
democracia en determinados países e o avance da ditadura noutros. Os primeiros (Francia, Gran
Bretaña, Bélxica, Holanda) actúan moi distinto nas colonias, nas que non hai liberdades e non
podían esperar camiño á independencia ou democracia.

ÁFRICA EN 1913
Este continente quedara dividido no Conferencia de Berlín en zonas de influencia por parte das
principais potencias imperialistas. Incluso países de segundo orden como Bélxica tiñan posesións
inxentes no continente, destacando o Congo belga. Só hai un país independente: Etiopía. Co tempo
foi ocupada polo exército italiano en época de Mussollini.

En liñas xerais a colonización non se realizara de xeito pacífico como se adoita dicir, con eses
pobos plantexando unha oposición dende un primeiro momento pola humillación que supoñía.
Desde o primeiro momento, sobre 1871 ata os anos 20 se produciron levantamentos durante os anos
posteriores á Conferencia de Berlín.
As metrópoles benefícianse da man de obra e materias deses países.

Con esas sublevacións trátanse de crear organizacións políticas autóctonas, que co tempo irán
demandando os dereitos que se dicían de uso universal pero que só se aplicaban para os países de
Occidente e de población blanca. Van a loitar en inferioridade de condicións contra o poder das
metrópoles, que de ningún xeito tiñan intención de aceptar que estes pobos e países acadasen unha
maior autonomía ou a independencia, xa que perderían estes puntos tan estratéxicos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Esa actitude das metrópoles vai ocasionar nalgúns casos graves prexuízos para a poboación
autóctona. Por exemplo, coa actuación dos alemáns en Namibia que provocou a morte da metade
das etnias que poboaban eses territorio. Tamén o papel dos belgas no Congo. Nas metrópoles se
trataban de xustificar estas atrocidades con falsos argumentos científicos, antropométricos...

O caso de Congo sería completamente salvaxe por parte do Estado belga, con xente sometida a un
réxime de semiesclavitude, coa obligación de producir unha determinada cantidade (se non lograba,
eran durísimamente castigados, fisicamente falando).

Será sobre todo no século XX cando aparezan esas formacións políticas e ideolóxicas que loitan por
melloras, reivindicacións e poñen en valor a súa cultura, coma o panafricanismo fundamentalmente
nos EEUU e no Caribe. Aquí aparecen eses primeiros líderes panafricanista, coma os casos de Du
Bois, Garvey ou Padmore, todos descendentes desas poboacións africanas que foran levadas aos
EEUU ou ó Caribe como esclavos, onde tomaran conciencia da situación que vivían esas
poboacións. Fomentan o asociacionismo das poboacións de color, e empezaron a acuñar termos
como "negritude", "panafricanismo", ao mesmo tempo que en Oriente Medio o de "panislamismo"
ou "panasianismo" en Asia.

O caso de Dubois é un dos máis destacados, sendo membro tamén da Asociación Nacional para o
Progreso da Xente de Color, que loitou tamén contra a segregación racial nos EEUU con forza nos
50 e 60. Tamén Garvey en Xamaica, colonia inglesa, defensor de "África para os africanos",
soñando unha volta a África de toda esta poboación de color que chegara ao continente americano.
Así, ten neste último a súa orixe o pensamento panafricanista.

Todo isto se verá nas Conferencias Panafricanas. A primeira celebrouse en Gran Bretaña en 1900.
Contou coa participación dalgúns membros desas asociacións, con Dubois por exemplo, onde se
comeza a discutir sobre a situación da poboación negra nos diversos continentes, especialmente en
EEUU e África. Para Dubois a cuestión racial sería unha das centrais do século XX. O que piden
estes líderes é un mundo de xustiza e liberdade, no que os negros puidesen disfrutar dos mesmos
dereitos que os blancos.

Eses congresos se seguen celebrando, co segundo en París en 1919. Neste momento os delegados
deste están marcados polo momento da convocatoria; non é casualidade. París en 1919, onde se
estaba celebrando a Conferencia de París, coa confección do novo mapa mundial. O feito desta
localización e tempo estaba perfectamente pensado.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Neste congreso os activistas van pedir que as poboacións africanas participen no goberno das
colonias, que estas adquiran certo grao de autonomía para o manexo dos seus asuntos propios. En
1921 ten lugar o terceiro congreso, en Londres e despois en Bruxelas pola oposición das autoridades
inglesas. Aquí o panafricanismo significaba xa claramente anticolonialismo e antiimperialismo,
ligándose tamén a outros movementos que a nivel mundial ían loitar contra os imperios coloniais.
Así, terían o apoio da Internacional Comunista constituída en Moscú en 1919 (aínda que hai que
dicir que entre todos os participantes nestes congresos había tamén diferenzas ideolóxicas e
políticas, o cal daba lugar a intensos debates, por exemplo entre os que pensaban nunha volta a
África como solución para os males da poboación de color e os que non contemplaban esta volta,
senón que facían fincapé simplemente na maior autonomía dos pobos en África).

En 1927 en Nova Iork se celebra o cuarto congreso.

En 1945 se celebra en Manchester o quinto, trala derrota sobre o nazismo e o imperialismo xaponés.
Aquí hai xa unha clara esixencia de independencia por parte dos participantes. Fronte a esta
actitude, nas metrópoles adóptanse diferentes tácticas. Nalgún caso, péchanse a calquer tipo de
cambio, como Bélxica ou Portugal. No caso inglés, xa vimos como tratan de seguir mantendo ese
Imperio, facendo algúns cambios que en esencia non modifican nada (creación da Commonwealth e
certa autonomía para certas colonias), tratando de achegarse a algúns destes movementos, dividindo
as súas forzas incentivando as diferenzas entre eles e tamén entre as distintas etnias.

Algunhas das actuacións que destacan por parte destes movementos é a defensa de Etiopía. Xa o
fixeran en 1892 cando os italianos a intentaran conquistar, sen éxito. Volvérono facer en 1935 cando
o goberno fascista italiano iniciou unha nova conquista, que tras varios meses culminou con éxito.
Créanse redes panafricanistas en países de todo o mundo, conectadas pese a estar en diferentes
continentes e de estar orientados a diferentes pobos, sobre todo a partir de 1945. Isto nos permite
entender o incremento da actividade anticolonial a mediados de século, e a partir de 1957 asistimos
a unha especie de explosión dese proceso de independencias africanas, destacando 1960 e 1962.

Debemos falar do apoio da Internacional Comunista a estes movementos. Celébrase en en 1920 o


primeiro congreso dos pobos asiáticos, sometidos a maioría a europeos. O apoio a estes
movementos para a Internacional era un obxectivo estratéxico, que supoñía tamén debilitar os
imperios europeos, que estableceran cordóns sanitarios e interviran no país soviético durante a
Guerra Civil. Créanse tamén congresos "colaborativos" a partir da década dos 20.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

As independencias, por exemplo das colonias francesas, segundo certa bibliografía foi violenta, por
exemplo Arxelia ou Vietnam. Fronte a estas adóitase dicir que no caso das independencias inglesas
foron procesos pacíficos. Sen embargo, se estudamos independencias como a de Kenia (colonia
inglesa), unha das máis violentas, vemos que esa visión é un tanto esquemática, xa que os feitos na
realidade foron bastante máis complexos.

O FASCISMO
Constitúe un fenómeno bastante complexo, que foi tomando distintas características segundo os
países nos que se implantou, ou os movementos políticos en cada un destes. Existe unha certa
dificultade para establecer unha definición máis ou menos plena ou que recolla o que significou o
fascismo.

En esencia foi un fenómeno de consecuencias destrutivas coa II GM, supuxo un desafío aos valores
da Ilustración e aos principios de 1789, como a racionalidade. O fascismo vai apelar máis á
irracionalidade, o nihilismo incluso. Os valores de 1789 eran igualdade, liberdade e fraternidade,
cun ser humano igual en dereitos sempre. Isto tamén será posto en cuestión polos fascistas.

Xurde nun contexto de crise, posterior á I GM, económica pero tamén social, psicolóxica, de
valores... Vai combinar un discurso ultranacionalista e identitario cunha práctica política de masas,
non é un partido de elites. Así, é necesario ter en conta a amplitude das manifestacións nacionais do
fascismo.

Agora ben, tampouco significa que haxa que tratar a todos estes movementos como diferenciados
entre si. Debemos falar dun fenómeno xeral de ampla variedade que se constituíu como un
movemento de masas contra a esquerda e contra o individualismo liberal. Deste xeito, é un
fenómeno xeral que no seu desnvolvemento concreto en cada país presenta peculiaridades propias
das derivadas do contexto dese país. Sucede algo parecido co movemento comunista.

É difícil chegar a unha definición ideal do fascismo. Algúns investigadores téñeno feito como "unha
forma de paninxenesia ("volver a nacer") ultranacionalista". Máis alá deses intentos, hai que ter en
conta que a dificultade para definir o fascismo estriba en que foi un movemento moi adaptativo ás
distintas circunstancias co obxectivo de tomar o poder. Foi polo tanto moi versátil. Así, se
comparamos o programa dos Fasci de 1919 co do Partido Fascista de 1921 vemos que son moi
distintos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

En 1919 Mussolini é antimonárquico, en 1921 é monárquico a ultranza. En 1943, voltará ao


republicanismo. En 1919 é anticlerical e laico, en 1921 convertirá o Estado nun católico.

Outra cuestión que dificulta a definición é que o fascismo non é un "ismo" clásico. Non se
constituíu por un sistema filosófico que o van expoñendo os seus autores de xeito sistemático, como
sucedeu co liberalismo ou o socialismo. O fascismo sempre se apoiou en sentimentos máis ou
menos populares, e dependía sobre todo da unión entre o caudillo e o pobo.

Entre os investigadores hai distintas interpretacións do fenómeno do fascismo. Diversos


investigadores se teñen achegado dende diversas perspectivas, que xeraron diferentes liñas
interpretativas. Unha destas é a que xurde do pensamento liberal, que deriva nas chamadas teorías
do totalitarismo: os rexímenes políticos se calificarían segundo o seu achegamento á democracia
liberal, sendo os máis alonxados o nacionalsocialismo ou o comunismo soviético, co cal os
equiparan.
Outros investigadores parten de postulados máis ou menos ligados ao marxismo, facendo fincapé
no fascismo como axente do gran capital ou como o último recurso que tiña o capitalismo para
impedir o avance do socialismo ou comunismo. Temos obras de Gramsci...
Outros autores fan fincapé na existencia dun desequilibrio entre o desenvolvemento económico dun
país e a ausencia de institucións políticas modernas. O exemplo sería Alemania, como país que
experimenta un avance evidente dende o económico pero que tamén presenta unha ausencia clara de
institucións sociopolíticas modernas ou "libres". Dalgún modo apelan ao feito de que da
inexistencia dunha auténtica revolución burguesa, ou de que esta fora incompleta, é de onde sae que
as elites clásicas teñan gran influencia no país. Ven así máis fácil a penetración do fascismo.

Máis alá desas diferentes intrepretacións, si parece claro que hai uns elementos que están presentes
en todos eses movementos. Neste sentido nos imos guiar fundamentalmente por dous
investigadores: Paxton e Griffin.

Neses idearios existe certo sentimento de crise total no país, que esixía accións enérxicas,
alternativas que permitisen establecer un novo marco político, no que se produciría ese renacemento
da nación. É unha análise polo tanto catastrofista.

É unha ideoloxía que busca unha xerarquización na sociedade, na que cada persoa ocupase o seu
lugar. Era tamén un movemento conquistador.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Son todos movementos profundamente antiliberais, o que non vai impedir que colaboren
politicamente cos partidos liberais e cos conservadores, como veremos. Para estas correntes, a
democracia e o sufraxio constitúen métodos artificiais e inútiles, porque o sufraxio universal
pretendía igualar a natural desigualdade entre os homes. Se todos os seres humanos son desiguais,
non tiña sentido establecer un sufraxio universal.

O mesmo sucede coa liberdade e os dereitos individuais. Estes foron contemplados con desprezo e
desdén por unha ideoloxía que defendía a xerarquía, disciplina e obediencia. Como derivado disto, a
conclusión de que os partidos políticos non tiñan dereito a existir, é máis, os partidos non debían
facelo, xa que o único que facían era promover o desorden entre a nación, a diferenza, o conflicto e
o debate. Iso podía levar á desarticulación social, á desmembración da nación, poñía en perigo a
propia supervivencia da comunidade. Por iso en todos os países onde chega o fascismo ao poder
elimina a todos os partidos políticos que non sexan o fascista, e os Estados se basean nese
unipartidismo baixo o liderado dun caudillo. O partido será constituído por cidadáns de todas as
clases sociais.

Son movementos profundamente antimarxistas. Consideran que o marxismo é un principio


disgregador da sociedade, coa súa loita de clases, que impide esa unidade da nación en torno ao
caudillo e o seu programa político. De aí que todos os grupos paramilitares fascistas combatisen
mediante a violencia as organizacións de clase. Esta oposición frontal aos sectores sindicais ou
partidistas marxistas ou anarquistas permitiulles polo contrario achegarse a determinados sectores
da sociedade, a esas clases medias e profesións liberais que vían con medo o ascenso dos sindicatos
ou a posibilidade dunha revolución socialista nos seus países.

Son claramente autoritarios e militaristas. O fascismo concebía que o exército, como institución
máis xerárquica existente, debía ser o ideal. Concebían a sociedade como unha organización militar
xerarquizada. Así, calquer discrepancia debíase solucionar co uso da violencia, de aí a necesidade
deses grupos paramilitares. Todos estes movementos potenciaron o papel das forzas armadas, xa
que ademais aspiraban a ser unha sociedade conquistadora.

Os valores militares van impregnando a sociedade, e os xóvenes utilizan uniformes, empréganse


saúdos paramilitares, proliferan demostracións militares... Hai unha promoción deses valores, que á
súa vez se identifican con valores masculinos, deixando á muller nun papel tradicional de nai e
esposa.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Son nacionalistas e presentan a nación como vítima dunha serie de axentes destrutivos, tanto
internos como externos. Isto xustificará todas as accións que os movementos fascistas van tomar en
contra deles. Ven unha nación en torno a un partido único, cun caudillo e líder máximo, dentro dun
Estado. Esta formulación tomará diferentes formas, pero en esencia contén estes elementos. A
presenza do caudillo é un elemento fundamental, son movementos liderados por persoeiros
carismáticos, lexitimados de modo plebiscitario. O caudillo é capaz de encarnar o destino histórico
da nación, e actúa cunha vontade superior que non estará sometida a ningún tipo de control de
ningunha institución. Realizaranse proclamas para lexitimalo e ensalzalo. Búscase unha comunión
entre líder e os seus seguidores. Esa integración moi estreita entre a comunidade e o xefe máximo,
que se buscaba en moitas ocasións mediante o uso da forza e da represión para eliminar os
desafectos. Trataban de ampliar a base de apoio popular destes movementos, de nacionalizar ás
masas neses valores fundamentais do fascismo, empregando estratexias como a prensa, a radio, o
cine...

A propaganda así xoga un papel fundamental para a manipulación. Apoiábanse nunha intolerancia
extrema aos que consideraban opositores ou desafectos, recurrindo á violencia do Estado e dos
grupos paramilitares apoiados polo primeiro.

A ideoloxía fascista era contraria á idea de igualdade, un dos grandes principios da Revolución
Francesa. Para eles non hai igualdade entre seres humanos, sexos ou nacións. Aplicando un
concepto derivado do darwinismo social, para o fascismo hai uns pobos cuxa fortaleza e vigor lles
vai a dar a capacidade de dominar a outros, e de expandirse a costa de outros. É dicir, que a
adopción deste principio de pobos fortes sobre outros derivou na aplicación dunha formulación
duns proxectos expansionistas e na aplicación posterior dunha política exterior expansionista. Para a
xustificación apelaban ao pasado histórico dos seus pobos: Mussolini ao Imperio Romano, o
nacionalismo ao Sacro Imperio Romano Xermánico...

Tamén apostaban pola superioridade racial, aínda que non é exclusiva de todos os movementos. Por
exemplo, o antisemitismo estaba presenta en moitas poboacións europeas, do que beben
movementos fascistas e que fora xa exposto nalgúns textos que constituíron nalgún caso textos
fundamentais para o desenvolvemento do antisemitismo no fascismo, especialmente no
nacionalsocialismo, libros como a Francia xudía ou O xudío internacional (Henry Ford). Os nazis
falaban da "solución final", a aniquilación dos xudíos en Europa. Sen lugar a dúbida, foi o
nacionalsocialismo o que levou ao seu extremo esta concepción. No caso do fascismo italiano nos
primeiros anos non estaba presente, finalmente en 1938 aplicará leis antisemitas.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

No caso do fascismo croata levarán unha campaña durísima contra poboacións serbias e xitanas, o
que fará que o nacionalsocialismo considere os eslavos como subhomes.

Estes movementos fascistas tiñan unha clara aspiración totalitaria. Ese era o obxectivo, crear un
Estado que intervise en todos os ámbitos da vida civil, coartando ou orientando a liberdade dos
individuos no educativo, laboral, económico, mundo feminino, xuventude... mediante diferentes
institucións.

Debemos destacar loxicamente entre todos os movementos o fascismo en Italia e o


nacionalsocialismo alemán. Ambos chegan por unha vía constitucional, e a partir de aí acomenten a
idea de levantar un Estado fascista e totalitario.

ITALIA FASCISTA
Enteiramente ligada a Mussolini, líder carismático do fascismo italiano. Dentro deste poderíamos
distinguir tres grandes períodos.

Unha inicial, da constitución do espazo de combate, na que o fascismo nace da humillación


nacional, definida coa expresión de "a vitoria mutilada", ao non ter conseguido todos aqueles
obxectivos prometidos polos aliados no Pacto de Londres. É un fascismo que practica a violencia na
rúa, contra os grupos de esquerda, e pretende desastibilizar o poder político, lanzando unha serie de
campañas tamén para atraerse a importantes sectores das clases medias tratando de expandir a súa
base social.

Un segundo período (1921-22), no que o fascismo trata de aparecer como única alternativa fronte á
situación de caos e crise política que sufre o país. Vaise achegando a determinados grupos de poder,
tanto no económico como a importantes institucións como exército ou Igrexa, co obxectivo de
buscar aliados para conquistar o poder.

Un terceiro período, no que o fascismo, conseguido o poder de xeito legal e constitucional, procede
á formación dun Estado totalitario.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Partimos dun contexto dunha Italia frustrada e engañada polos seus aliados. Era un país que estando
no lado dos vencedores vira que gran parte das súas peticións territoriais non foran consideradas. Os
italianos pagaran un enorme prezo ao entrar na Guerra, tanto en termos económicos como humanos
(1 millón de vítimas). Era un Estado endebedado, especialmente con EEUU. É un sentimento
especialmente encabezado por ultranacionalistas, e tamén polo tanto polos fascistas.

Eran unha economía moi débil. Era un Estado que presentaba unha gran diferenciación entre un
Norte, zona desenvolvida e máis próspera, e o Sur, na que predominaban as actividades agrarias.
Dábase un proceso inflacionario notable, problemas financieiros do Estado endebedado, unha
situación social moi tensa con constantes folgas e manifestacións nas cidades e ocupacións de
fábricas, no campo ocupacións de latifundios... Dáse unha progresión dos sectores socialistas e
sindicalistas, de avance das forzas de esquerda, co exemplo do triunfo bolchevique. Tamén con
presenza dos anarquista.

Nas eleccións de 1919, con sufraxio universal masculino e cun sistema estrictamente proporcional,
os socialistas aparecen como primeira opción política dos italianos. Nese contexto as escuadras
fascistas aparecen como únicos garantes da orde social que demandan amplos sectores da burguesía,
latifundistas, da gran industria...

Desde 1921 producirase a escisión no PSI, coa creación do Comunista encabezado entre outros por
Gramsci. Dáse tamén a división sindical. Todo isto foi unha das consecuencias por un lado da I GM
e tamén da Revolución Bolchevique e a actitude dos partidos socialistas ante esta.

Nese contexto é no que o fascismo terá maior audiencia en determinados sectores políticos, sociais
e económicos. Mussolini neste contexto xogou ben as súas cartas, ademais como bo coñecedor do
socialismo polo seu pasado político. Dirixe Avante, coa axuda dalgúns sectores empresariais
intersados no papel de Italia na Guerra. Unha vez esta remata, foi quen de canalizar ese descontento
que existía en determinados sectores, entre moitos soldados e oficiais desmilitarizados... Foi a
principios de 1919 cando empeza a vislumbrar a posibilidade de constituír un movemento político,
finalmente denominado Fascio de Combate, Partido Nacional-Fascista en 1921.

Na formación dos Fascios hai unha participación de persoas de moi diversas procedencias e
ideoloxías, dende sindicalistas intervencionistas (algúns anarquistas), ata ex combatentes, sectores
ultranacionalistas, estudiantes... En xeral eran todos descontentos co papel de Italia no
internacional, e dispostos a utilizar a violencia como mecanismo para facer política.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

En 1919-1920 estes grupos fascistas van loitar contra as ocupacións de fábricas protagonizadas
polos traballadores, contra as ocupacións dos grandes latifundios, contra folgas e manifestacións,
asaltan as sedes dos partidos de esquerda... Levan a cabo unha campaña violenta, sobre todo en
torno á zona norte, antes da súa chegada ao poder en 1922.

Esas actuacións fan que os fascistas sexan vistos en certos sectores como burguesía e clases medias
como un partido a ter en conta, unha posible alternativa de orde.

En 1921 ademais Mussolini consegue un éxito nas eleccións. Nestas acepta a oferta dun dos máis
importantes líderes do liberalismo italiano, Giolitti, que lle ofreceu a posibilidade de participar nas
eleccións pola lista do bloque nacional que este liberal encabezaba. Deste modo, o Partido
Nacional-Fascista consegue presencia na Cámara Lexislativa, con 35 deputados. A partir de aí,
Mussolini tivo a posibilidade de establecer vínculos e estreitalos con eses sectores do poder
económico, agrupados en torno á Confederación Xeral da Industria (patronal italiana da industria) e
á patronal agrícola. Ese achegamento aos empresarios foi seguido a outros movementos de
achegamento a sectores como a Igrexa, exército e a Monarquía. Isto esixiu unha adaptación do
programa do Partido.

Inicialmente os Fascios promulgaban a separación Igrexa-Estado, que as industrias pagasen un


imposto especial polos beneficios na Guerra, non eran partidarios da Monarquía como forma de
Estado... Sen embargo, en 1921 o Partido Fascista recoñecía o catolicismo, abandonara as
veleidades republicanas e consideraba a Monarquía como a forma de Estado para os italianos e
olvidara o imposto ás grandes industrias. Así, tamén o Partido gañaba homoxeneidade,
acompañando determinadas purgas con sectores de distintas procedencias que abandonan o Partido.

Durante 1922 sobre todo hai unha gran actividade violenta dos Fascios, fronte as folgas dos
socialistas, atacan municipios e destitúen alcaldes socialistas, contando coa liberdade do goberno,
que non castigaba os culpables e facía a vista gorda. A mediados dese ano, ante o anuncio da folga
xeral de agosto, Mussolini lanza un ultimátum aos folguistas, e os fascistas preséntanse como
únicos garantes da orde. Botan a culpa ao goberno incapaz de garantir a orde necesaria para que o
país funcione.

É nese contexto, co apoio de sectores de dereita e de institucións, no que Mussolini esixe que se lle
encomende a el a formación dun novo goberno. Para reforzar esa petición, organiza a marcha sobre
Roma de columnas fascistas de distintos puntos do país, para tomar o poder.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

O exército podía ter frenado esta marcha. O xefe de goberno solicitou a Víctor Manuel que firmase
un decreto para intervir, mais este negouse, entre outras cousas porque tampouco era moi partidario
do parlamentarismo, e estaba convencido de que Mussolini sería a persoa indicada para levar o país
pola senda da orde. Así, contou coa complicidade do poder, non houbo un asalto sobre este. A partir
de aí, saíu investido como xefe de goberno baixo procedementos constitucionais.

Víctor Manuel encoméndalle o goberno. Mussolini diríxese ao parlamento, xura fidelidade á


Monarquía e á Constitución. Presenta un programa de goberno, que o parlamento aproba cos votos
de todos aqueles sectores da dereita que o apoiaban, e obtivo plenos poderes do parlamento para
iniciar a súa política.

Unha vez que o Partido Fascista accede ó poder, o primeiro obxectivo é eliminar a oposición e
acabar co sistema constitucional italiano. Conseguirao entre 1922 e 1926. Por medios legais, e
tamén por medio do emprego da violencia tradicional fascista, desfarase dos seus aliados, da
oposición, e establecerá un goberno dictatorial.

Nun primeiro momento, cando presenta o seu programa tamén presenta o seu novo goberno,
constituído por ministros procedentes dos distintos partidos de dereitas que votaran en favor. Había
fascistas, que controlaban os departamentos máis importantes, pero tamén dos outros partidos
dereitistas (populares e liberais).

A clave será a eliminación da oposición, con medios xurídicos e coa violencia. Nun determinado
momento, os propios ministros populares abandonan o goberno, en protesta desa violencia dos
Fascios. Mussolini articula unha nova lei electoral, que lle dará a maioría absoluta nas seguintes
eleccións, segundo a cal aquel partido que conseguise máis dun 25% dos votos obtiña dous terzos
dos escaños. Así consegue o poder absoluto en abril do 24.
En canto á violencia, destaca o asasinato do líder socialista Malleotti en xuño do 24. Amosaba así
que non se ía deter diante de nada.

Mussolini tamén leva a cabo outros cambios, por exemplo no educativo, organizando a enseñanza
de tal modo que prevalecesen os ideais do fascismo. En 1926 se dá un paso máis nese proceso de
constitución do Estado totalitario, coa promulgación das "Leis Fascistísimas". Estas supoñían a
creación, o inicio da etapa de construción do Estado totalitario. Unha vez que a oposición abandona
o parlamento, perseguida, Mussolini levanta o seu ideal de Estado totalitario. Para iso son
fundamentais estas leis.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Comeza pola supresión da liberdade de prensa, a desaparición de todos os periódicos non afíns ao
fascismo. A supresión da liberdade de reunión, persecución dos políticos non fascistas, incremento
dos poderes de Mussolini, posta en marcha dunha policía política, disolve todos os partidos
políticos e sindicatos, e establece un tribunal político para xulgar toda acción anti fascista.

Créanse corporacións con traballadores e empresarios, para o control político e sindical dos
primeiros polo goberno. Era unha forma da intervención do Estado na economía. Quedaban
prohibidas folgas e manifestacións. Controlábanse salarios, e tamén os tempos e actividades de
ocio. Hai que ter en conta tamén a constitución de todo tipo de organizacións que encuadraban
distintos segmentos da poboación para controlalos, sendo o vehículo de nacionalización das ideas
fascistas que as canalizasen nestas: Xuventude Italiana, Grupos Universitarios Fascistas,
Organizacións de Mulleres... Mesmo se impuxo un imposto aos solteiros.

Ese intento de encadramento chocaba cos intereses doutras institucións de longa tradición en Italia,
como a Igrexa. Fascismo e esta competirán por encadrar a xóvenes en asociacións eclesiásticas ou
fascistas. Non obstante, Mussolini en relación coa Igrexa conseguiu un éxito importante co
establecemento dos chamados Pactos de Letrán en febreiro de 1929, que sellaban a paz entre o
Vaticano e o Estado italiano. Supoñían un recoñecemento mutuo. A partir de aí se produce unha
normalización dos vínculos diplomáticos entre ambos. O Estado italiano recoñecía o Vaticano como
un independente, e concedíalle unha importante indemnización en concepto de compensacións por
danos e agravios que sufrira o Vaticano dende a unificación italiana. Ademais, o catolicismo se
convertía na relixión oficial do Estado, laico ata entón. Este Pacto lle permitiu a Mussolini aparecer
como un estadista a nivel mundial, capaz de empregar a diplomacia para solucionar problemas tan
espinosos como este. Isto facilitoulle ter maior audiencia social entre os sectores de poboación
católica italiana.

Outro elemento importante é ese proceso de asunción na que o fascismo acaba asumindo unha
proposta claramente antisemita. Nos primeiros anos o fascismo italiano non facía fincapé nesta
cuestión, simplemente defendía a superioridade da raza blanca. Será nos anos finais, xa próximos á
caída de Mussolini, 5 anos antes, cando o Estado asuma en gran medida por influencia dos sectores
políticos fascistas próximos ao nacionalsocialismo eses elementos antisemitas, que o levan á
aprobación das leis antixudías. Quedan excluídos os xudíos de dereitos que antes disfrutaban, en
determinadas actividades profesionais, dereitos públicos, educativos... Os xudíos levados a campos
de concentración serano xa cando o exército nazi teña práctico control no país.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Dende o punto de vista económico, podemos falar da existencia de distintas fases. Desde 1922 ata
aproximadamente 1926 temos unha primeira fase na que opinaban que o Estado debía abandonar a
economía, cun carácter profundamente liberalizador, "aunque hacerlo significara que los italianos
tuvieran menos que comer". O primeiro que fan é aplicar a supresión de todos os controis do Estado
sobre a economía, que asumira durante a I GM. Elimínanse os monopolios que tiñan o Estado,
privatizándoos, igual que outras industrias. Danse incentivos para a chegada de capital estranxeiro,
establécense axudas a empresas en crise, vaise limitar enormemente o gasto público. Podemos velo
coma unha especie de compensación ó gran capital polas axudas que este lle fixera ata chegar ó
poder. Elimínanse impostos como o de sucesión, que beneficia as clases máis acomodadas,
contrólanse os salarios impedindo a súa subida.
Esa política liberal irá tamén acompañada da supresión dos sindicatos de clase. Contrólase a clase
traballadora.

Esta política modifícase en 1926/27, coa aparición dun Estado algo máis dirixista ou
intervencionista. Dáse a aprobación da Carta do Traballo, e a constitución das corporacións que
posibilitaban ese dirixismo. Crea a Campaña Nacional do trigo, e outras. Tiñan como obxectivo
incrementar o abastecemento de determinados produtos considerados estratéxicos para o país, nun
contexto no que se empezan a poñer en marcha algunhas medidas proteccionista. Mussolini
pretende a autosuficiencia do país nun produto que el consideraba fundamental e estratéxico para a
alimentación dos italianos. A partir de 1928 vai incrementándose a produción de trigo.
Ese obxectivo ten tamén os seus efectos negativos, que consisten por un lado en que outro tipo de
cultivos van ser abandonados, o que obligará ao país a recurrir ás importacións. Mussolini leva a
cabo esa política sen atención aos costes reais, véndose prexudicada tamén a calidade de vida e
variedade alimenticia dos italianos.

Desde 1935/36, a conquista de Etiopía terá consecuencias negativas para a economía e política
exterior italianas, co que Mussolini profundiza todavía máis ese obxectivo de incrementar a
autosuficiencia do país. A partir de entón, vai aludir en máis dunha ocasión ao feito de que a
independencia económica é a base da política dun país. A isto chégase segundo el aumentando o
autoabastecemento dos produtos que son claves no país. Cría que isto tería un efecto positivo na
balanza comercial, ao aumentar a produción nacional e non necesitarse adquirir eses produtos do
estranxeiro. Aquí irá entrando xa nunha fase autárquica.

Outro dos grandes empeños foi o aumento do valor da moeda italiana, a lira. Buscaba manter a
equivalencia libra-lira. Para Mussolini era unha cuestión que lle permitía alcanzar varios

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

obxectivos. Era en primeiro lugar unha cuestión de prestixio nacional. Tamén beneficiaba a
determinados sectores, porque favorecía os procesos de concentración empresarial. Loxicamente
prexudicaba a algúns dos sectores que estaban máis vinculados á exportación, xa que unha moeda
apreciada facía máis costosos e menos competitivos os produtos italianos no mercado internacional.
Cando isto se dá Mussolini intenta que estes produtos sigan sendo competitivos decretando unha
disminución dos salarios nun 10%. Novamente os traballadores pagan as consecuencias desa
política económica.

Tamén neses anos se inician ambiciosas políticas por exemplo no ámbito agrícola, no das
comunicacións... Desátase unha actividade construtiva, por exemplo no ámbito das vías de
comunicación coa construción de autopistas, novos e grandes edificios que constituían símbolos da
vitalidade do réxime. Aplícase unha política de mellora das condicións de produción do agro
italiano. En definitiva, o Estado marca as liñas políticas e os obxectivos, e as empresas privadas a
través das concesións ou pactos co Estado son as que levan a cabo esas actividades de construción,
electrificación...

En 1925 Italia conseguira financiar a súa débeda externa, sobre todo con EEUU e GB. Pero 1929
afectou a este panorama. A crise financieira vaise notar no país, sobre todo a partir de 1930, cun
descenso das exportacións, peche de empresas, incremento do desemprego... Vai obligar ao goberno
a tomar medidas drásticas non contempladas inicialmente. Unha das más drásticas sería a
devaluación da lira, en máis dun 40%. Isto supón un impacto fortísimo, sobre todo nos sectores
máis desfavorecidos. Esta crise tamén vai facer que Mussolini incremente as medidas de protección
da industria italiana, por exemplo incrementando os aranceis aos produtos de importación. Tamén
decretará a constitución do Instituto para a Reconstrución Industrial de Italia, en 1933, ligado á
extensión da crise económica. Con esa medida pretendía axudar a aquelas empresas que estaban
nunha situación de crise, e tamén para que o Instituto acometese algunha iniciativa económica
unicamente onde non existise iniciativa privada.
Da política inicial pásase a unha política dirixista, que nos 30 ten xa un obxectivo claramente
autárquico. Nisto inflúe a evolución da economía italiana, a crise do 29 e a política exterior italiana
a partir do 35, nun contexto de sancións internacionais contra Italia.

Isto nos permite ver tamén como inflúe a política exterior na económica. O inicio da conquista de
Etiopía no 35 vai ter efectos moi importantes en ambas. Ata entón, a exterior italiana mantíñase
dentro dunha alianza con Francia e Gran Bretaña. Esa política vaise manter nos primeiros anos do
fascismo no poder. Mussolini desconfía de Alemania, principalmente dun dos obxectivos de Hitler:

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

a anexión de Austria a Alemania. Non o ve ben, está temeroso de que a unificación de Alemania e
Austria o novo Estado esixa novamente aquelas zonas que en 1918 quedaran en poder de Italia. De
aquí que Italia apareza como un dos principais defensores da independencia de Austria. Eses tres
países aliados impulsan o Pacto de Stresa en 1935, no que os países se convertían en principais
defensores desa independencia.

Mussolini viu ese temor co Golpe en 1934 en Austria, co apoio do nacionalsocialismo alemán, que
fracasou pero fixo que se encendesen as alarmas en Italia. De feito a reacción de Mussolini foi levar
o exército á fronteira con Austria.

Entre o 35 e o 36 comezou a Campaña de Etiopía. Isto foi visto con temor por Francia e GB, que
tiñan territorios na zona e vían que podían quedar illados coa toma total do país polos italianos. Van
promover a condena de Italia na Sociedade de Nacións, que adopta unha serie de sancións contra o
país, que non van ter moito efecto pero si dificultan máis a situación económica deste. Diante desta
postura de Francia e GB, Alemania aproveitou a situación para camelar a Italia, facendo fenda nos
aliados, aliándose ademais cun país clave no control do Mediterráneo. O goberno italiano comeza
un xiro de 180 graos na súa política exterior, de considerar aliados a aqueles dous, pasarán a
inimigos ou potenciais adversarios, e Alemania será considerada como potencial aliada. Hitler faille
ver a Mussolini que non ter interés nas zonas de Italia que antes pertencían a Austria. Esa política de
alianza con Alemania se afianza coa colaboración cos sublevados en España. A colaboración é clave
para o paso do exército á Península. A alianza culmina no 39 co Pacto de Aceiro entre ambos países,
pouco antes do estoupido da II GM, simbolizando o destino de Mussolini.

A finais dos 30 a política económica italiana era xa de guerra, igual que a alemana, diante da gran
posibilidade de que en pouco tempo estallase unha nova Guerra Mundial. A intervención italiana foi
bastante desastrosa, conlevada pola desaparición do fascismo italiano e de Mussolini, sobre todo xa
no 43 cando os aliados desembarcan en Italia e se produce a destitución de Mussolini polo Gran
Consello Fascista. É detido e enviado a unha cárcere, liberado por un operativo alemán. Dende
entón, é practicamente un títere dos alemáns, que ocuparan a metade de Italia. O novo líder italiano
comeza a negociación cos aliados. Dentro desa ausencia de poder, os alemáns ocupan gran parte da
Península, constitúense a República Social Italiana, goberno títere de Mussolini, xa non era
monarquía.
Mussolini acaba onde empezou, en Milán, onde foi executado polos partisanos italianos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

O NAZISMO
No caso alemán a figura de Hitler sería a equivalente á de Mussolini. A crise en Alemania leva a
moitos alemáns a abrazar as ideas de restauración do espírito nacional, expansionismo, incremento
do nivel de vida e a supresión da eliminación que supuxera Versalles, cun programa fundacional do
Partido en 1920. Eliminar a República de Weimar era prioridade de Hitler, igual que para moitos
sectores de dereita.

En torno a 1919 Hitler entra en contacto cun partido extraparlamentario, pequeno. Era un partido
con tintes claramente antisemitas e un ideal panxermánico.

O programa fundacional do Partido Nazi constaba de 25 puntos, con ideas sinxelas e elaboración
non moi intensa. Neste momento a maior parte dos dirixentes do Partido estaban convencidos de
que a inestabilidade política de Alemania facía posible acceder ao poder mediante un golpe de
forza. Así, buscaron alianzas con outros grupúsculos nacionalistas con esa mesma intención de
acabar con ese réxime de Weimar. A partir de aí diseñan un plan para efectuar ese golpe de forza.

Esa iniciativa culmina co Putsch de Múnich, un intento de golpe en 1923, protagonizado por Hitler,
eses grupos e antigos membros do exército. O golpe fracasa e Hitler pasa un ano na cárcere, no que
escribe a primeira parte Mein Kampf. Aquí Hitler modifica a súa estratexia. Tralo fracaso, dá por
agotada a vía golpista, toma conciencia de que por ese camiño é moi difícil alcanzar o poder, e hai
que facelo pola vía electoral. Durante os seguintes anos consolídase como líder indiscutible do
partido, comezando un culto hacia a súa figura, que vai aproveitar para afianzar todavía máis o seu
poder no Partido e organizacións paramilitares.

O gran salto prodúcese no contexto da cris de 1929. Esta deixa unha estela de desempregados,
fábricas pechadas, pequena e mediana burguesía con medo a proletarizarse... Este exército de
descontentos presta cada vez máis atención a Hitler, aumentando o número de militantes e votos.
Hitler realiza un discurso de amplo espectro, no que entren persoas e sectores procedentes de todos
os ámbitos económicos, políticos e sociais do país. Fala de fin do desemprego, acercándose aos
traballadores; da seguridade dos alemáns e a necesidade de acabar coa humillación de Versalles,
expandir o país... En definitiva, o Partido aglutina a diferentes sectores sociais.

A ideoloxía do partido baséase nos 25 puntos do programa político de 1920 e no contido do Mein
Kampf, libro que en realidade carece dunha coherencia interna real. Pero si apela sobre todo ao
sentimento, non tanto á racionalidade. Coa superioridade dos blancos, e dentro destes dos arios.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Tamén estaba moi presente o revanchismo con países como Francia, ou o panxermanismo.

Nas eleccións de 1928, últimas antes da crise económica, o nazismo consegue unicamente 12
deputados. En 1932 xa tiñan o terzo dos deputados, aínda que non tiñan maioría. Os gobernos
posteriores de 1928 e anteriores a Hitler eran moi débiles, que teñen que gobernar ademais nun
contexto de crise acentuada. Igual que fixeran os políticos de dereita en Italia, en Alemania os
dereitistas apoiaban un goberno de coalición para controlar a Hitler no poder. Cando este chega, o
seu obxectivo fundamental será acabar coa democracia de Weimar, e ningún deses partidos de
dereita estará en condicións de obligar a Hitler a manterse nos cánones constitucionais. En poucos
meses Hitler porá fóra da lei non só aos partidos de esquerdas, senón todos salvo, obviamente, o
nazi.

Ao chegar ao goberno de xeito constitucional, Hitler, ao igual que Mussolini, crea un goberno
composto por ministros pertencentes aos sectores políticos de dereita que o apoiaran diante de
Hindenburg, a pesar de non ser do Partido Nazi. Querían así no goberno de coalición controlar a
actividade de Hitler. Algo que como vimos tamén intentaron facer os partidos de dereita en Italia.
No caso alemán, o intento de controlar ao dictador dende o mesmo goberno foi un fracaso todavía
máis temperán.

Nas primeiras semanas Hitler amósase como un dirixente prudente. Colle o testigo de mans de
Hindenburg ao ser nomeado Canciller, e móstrase disposto a cumplir o ordenamento constitucional.
Isto só foi nas primeiras semanas, tralas cales se lanzará á eliminación sistemática da oposición, en
meses. Comeza polo Comunista, apoiándose no incendio do Reichstag, que os nazis empregan para
incrementar o seu poder no goberno e para iniciar a persecución daquel primeiro partido. O goberno
alemán culpa a un excomunista holandés, suficiente para comezar coa persecución.

Hitler tamén aproveita ese incendio para facer que o Parlamento aprobe a Lei de Protección da
Nación e do Estado Alemán, que na práctica supoñía o aumento dos poderes gubernativos que tiña o
canciller. Así, Hitler tiña capacidade de limitar determinadas liberdades persoais, sempre que
estivese en perigo a seguridade do Estado.

Meses despois, en xullo, foron os socialistas os que pasaron a ser declarados ilegais, suprimíndose o
SPD. Nos seguintes foron desaparecendo paulatinamente os demais partidos, de todas as ideoloxías.
Así, durante 1933 Hitler xa conseguira eliminar a oposición, e iniciara a implantación dunha
dictadura baseada nun partido único.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

En 1934, os poderes de Hitler vense aumentados. A mediados dese ano falece Hindenburg, e Hitler
decide asumir na súa persoa os seus poderes. Utilizará así todo o aparato do Estado, incluído a
policía, SS, SA...

Elimina tamén a toda a oposición interna, dentro do Partido Nazi. Os que máis lle podían restar
protagonismo eran os líderes da SA. A depuración das SA faraa na primaveira-verán de 1934, en
xuño, convencido de que para levar adiante o seu proxecto necesitaba a máxima lealdade do
Partido, das organizacións nazis, e para acabar con algunhas deleidades deses dirixentes. O exército
alemán estaba limitado numericamente por entonces por Versalles, polo que para o alto mando dos
militares as SA aparecen como unha ameaza do seu tradicional poder. Todo isto sucede na Noite do
Coitelos Longos. Dende entonces, as SA e o exército defenderán definitivamente ao canciller.
Faríanse despois disto campañas para desprestixiar a imaxe desas figuras asasinadas.

Esa progresiva institucionalización do Estado totalitario pasaba tamén por poñer en marcha a
política antisemita, por unha sociedade homoxénea no étnico/racial. En setembro de 1935 é cando
se poñen en marcha as Leis de Nuremberg, que son dúas curtas desenvolvidas despois mediante
decretos tamén simples. En esencia, as Leis tiñan como obxectivo separar do groso da poboación de
orixe aria/alemán ás persoas de orixe xudío. Despois se aplicarán tamén aos xitanos e demais, pero
primeiramente foron cos xudíos. Goebbels foi fundamental, a través da propaganda. A aplicación
das Leis supoñía un paso importante no proceso crecente de hostigamento, expulsión e aplicación
da Solución Final sobre os xudíos.

A imposición do Estado totalitario ía como vimos paralela á eliminación da oposición e dos dereitos
en xeral. O Estado nacionalsocialista utilizará moi asiduamente o aparato do Estado, a Xestapo, as
SA e as SS, no control e represión das manifestacións consideradas anti-nacionais, en todos os
sectores sociais. Serán encercelados e enviados aos primeiros campos de concentración que se
estaban construíndo naquel momento en Alemania. Neste sentido, un paso máis nesa loita
antisemita tivo lugar en 1938, a Noite dos Cristais, co incendio de centos de sinagogas, tendas e
todo tipo de inmobles propiedade dos xudíos, e a detención de miles de persoas xudías e o seu envío
aos campos de concentración. Fixérono tamén aproveitando un acontecemento, o asasinato do o
secretario alemán da embaixada en Francia, feito por un xudío polaco, aproveitado polos nazis para
un Progrom por todas as cidades en Alemania.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

O hostigamento da poboación xudía levou á preocupación internacional. De feito, a mediados do 38


convocouse unha conferencia en Francia para discutir a situación dos xudíos en Alemania, e as
alternativas que existían para solucionar esa cuestión. Estaban presentes as grandes potencias
mundiais, pero non sae ningún compromiso. O propio Hitler mofábase da conferencia, xa que a
inmensa maioría dos países negábanse a recoller refuxiados xudíos alemáns.

É certo que esta persecución obedecía a cuestións ideolóxicas, ao profundo antisemitismo. Tamén
presentes cuestións económicas, beneficiando a determinados sectores da poboación alemana,
minorías.

Dáse tamén a creación de toda unha serie de organizacións de carácter nacionalsocialista, que
pretendían encadrar a boa parte da poboación alemana dende a súa idade máis temprana
(Xuventudes Hitlerianas, organizacións de mulleres, encadrar aos traballadores no Frente Alemán
do Traballo con millóns de membros...). Este frente pretendía substituír os antigos sindicatos
alemáns de clase declarados ilegais. Todo igual que como fixera Mussolini, e igual no Frente
estaban tamén os empresarios.

O que pretende tamén o Estado é levar unha acción de total tutelaxe sobre os traballadores, de tal
modo que puidesen controlar totalmente a man de obra en Alemania, e que esta acatase todas as
medidas aplicadas social e económicamente polo goberno. Ese control non se exercía soamente no
posto de traballo, senón que ía máis alá, intentando controlar tamén as súas actividades de ocio,
constituíndo para iso organizacións como a "Forza pola alegría", de xeito parecido tamén a
Mussolini. Buscaba identificar aos traballadores cos ideais do NS.
Buscaban para a muller o papel moi ligado determinado a conceptos tradicionais, para o coidado
dos nenos, a cociña, señora da familia... En 1937 amosan cadros das vangardas dos 20/30 na
Exposición de Arte Dexenerado. Frente a esta, tamén se facía unha exhibición do "auténtico arte
alemán". Tamén se queimaban libros nas plazas públicas.

A crise de 1929 fora un factor fundamental no crecemento dos votos ao Partido Nacionalsocialista.
Nese contexto de inflación, descenso de nivel de vida..., os nacionalsocialistas se movían moi ben
con discursos de carácter populista e demagóxico. Hitler vai contar cunha importante personalidade
para a economía, Hjalmar Schacht, presidente a partir de 1924 do Banco Alemán. En 1933, Hitler
chámao para contar con el en dúas posicións, xa que será por un lado de novo presidente do Banco
Central Alemán (ata 1939) e tamén Ministro de Economía (ata 1937, momento no que as diferenzas
entre el e Goering fai que este o substitúa).

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Isto nas cancillerías europeas causa boa impresión, por estudos e libros que fixera, era coñecido.
Neste proceso de estabilización económica Hitler ten algo de sorte, xa que a súa chegada ao poder
coincide co cambio de tendencia na economía mundial a partir do 33, cunha recuperación. A
economía alemana atravesaba unha situación moi difícil, a as iniciativas de Schacht chocaban co
contexto. El pretendía incrementar medios de financiamento para promover unha política de obras
públicas. En GB e Francia sucede algo parecido, en distintos momentos. O que se trataba era de
impulsar a reactivación da economía a través dese incremento das obras públicas, xa que este
disminuía o desemprego, aumento do poder adquisitivo dos traballadores, da demanda interna...

En canto ao armamentístico, tratábase de impulsar a economía do país, para convertir Alemania


nunha gran potencia mundial. Nun primeiro momento, esa intervención do Estado foi dirixida a
crear un gran número de postos de traballo, a través desas obras públicas, e tamén impulsou unha
decidida política armamentística, xa que para os plans de futuro o país necesitaba convertirse nunha
gran potencia ao respecto. Nun determinado momento, eses dous obxectivos de incremento da obra
pública e da compra de armamento acaban chocando. Deixara de haber recursos para continuar con
ese dobre obxectivo. Alemania tiña moi poucas fontes de financiamento ás que acudir: incremento
de impostos (o cal na situación do momento non era factible), emisión de billetes (co perigo da
inflación, coa hiperinflación dos 20 na mente de todos), e a inversión en obra pública (limitada por
Versalles). Alemania podía vender activos públicos, como fixo, e finalmente vai conseguir tamén
financiamento dun xeito un tanto heterodoxo, coa posta en práctica dun proxecto de Schacht en
forma de emisión de bonos de débeda pública. En torno a 1936, é imposible aunar o incremento do
consumo interno con esas políticas de obras públicas e a armamentística. Goering plantexa que é o
momento de escoller, impoñéndose finalmente os favorables á política armamentística, fundamental
para os obxectivos do país en política exterior. Fronte a eles, outras persoas e economistas, entre
eles Schacht, consideraban que frear a armamentística para seguir fomentando o aumento do
consumo interno mediante as obras públicas. Schacht abandona en 1937 o Ministerio de Economía
por Goering.

É entonces cando este último deseña o Plan Cuatrienal, fundamentalmente para a autarquía
económica, co horizonte dunha posible pronta II GM. Dende o punto de vista económico, ese
"milagre económico NS" é un proceso no que a débeda alemana se incrementa cada vez máis. Entre
o 39 e o 41 o porcentaxe de gasto en armamento segundo o PIB elévase do 20 e pico a máis do
40%. En 1938 hai sectores que empezan a considerar que só hai unha solución posible a esta
situación económica, tras triplicarse a débeda dende o 33.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

A solución era a política expansionista. Benefícianse algúns sectores económicos, as grandes


empresas da siderurxia, da armamentística, da mobilización (Thyssen, Siemens, Bosch...). De feito
hai vínculos estreitos entre algúns sectores da industria alemana e os dirixentes políticos
nacionalsocialistas, coa participación tamén dos primeiros no Plan Cuatrienal. Schacht defendía
naquel conflicto do que falamos aos sectores máis vinculados ao mercado interno, mentres que
Goering facíao respecto aos propensos ao expansionismo, armamentístico... Dáse así unha
connivencia entre algúns sectores industriais e o Goberno.

Pasando á política exterior. O último en pactar con Alemania foi Stalin. Ata entón, pactaran todos os
países occidentais con Alemania. O pacto que explica a deriva hacia a II GM é o Pacto de Múnich,
no que Alemania, Italia, Francia e GB acordan a desmembración de Checoslovaquia, Estado
constituído a partir da Conferencia de París.

En primeiro lugar, en xullo do 33 asinan o Concordato co Vaticano. Neses primeiros meses Hitler
busca unha imaxe engañosa e moderada. O seguinte pacto faino con Polonia, en xaneiro de 1934,
gobernada en aquel momento polo dictador militar Pilsudski, un tratado de colaboración. Polonia
queríao tamén polo anticomunismo fronte a URSS. Así Hitler tamén deixaba o mensaxe de que non
tiña "contas pendentes" con Polonia, algo equívoco.

A partir de aí Hitler vólvese máis osado, e trata de interferir en asuntos internos doutros países para
conseguir algúns obxectivos. Así, Hitler apoia o intento de golpe de Estado contra Dollfus en xullo
do 34, fracasado, debido sobre todo á oposición das potencias aliadas, que saíron en defensa da
independencia de Austria. Mussolini mobilizou o exército á fronteira do país, orixe este do Pacto de
Stresa, que xa vimos. Pouco tempo despois, prodúcese o plebiscito no Sarre, en xaneiro do 35 e por
entón baixo a Sociedade de Nacións. Neste gaña por maioría a integración do Sarre en Alemania.
Isto foi exhibido por Hitler como unha victoria internacional do goberno, e foi o primeiro paso na
deicisión de ir socavando e eliminando aquelas cláusulas establecidas no Tratado de Versalles, o
dictat imposto a Alemania. Farao sen que por parte dos aliados occidentais houbese protesta
algunha.

De feito, logrará en xuño do 35 un Tratado naval anglo-alemán, directamente por un lado contra o
de Stresa, e en segundo lugar contra o de Versalles. Este permite a Alemania a constitución dunha
flota que ata entón tiña prohibida por Versalles, incluíndo entre esa flota todo tipo de buques
submarinos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Así, establece en 1935 o servizo militar obrigatorio, coa creación do novo exército alemán, xusto
uns meses despois de ter eliminado a cúpula das SA. Isto dá lugar á creación dun exército que en
1938/39 terá un millón e medio de soldados. Esta era unha violación total do Tratado de Versalles.
Igual que o foi a militarización da fronteira con Bélxica e Holanda a partir de 1936, dende onde
sairá o ataque hacia Francia e Países Baixos en 1940.

O Pacto Antikomintern en 1936 entre Xapón e Alemaña fronte á URSS, ao que se suman despois
outros países como Hungría e España. Neste último país intervén na Guerra Civil, ao ver que as
potencias occidentais non están dispostas a entrar en conflicto con Alemania nunha guerra que nin
lles importa. Interveñen Alemaña e Italia, faltando de novo á non intervención. O novo exército do
aire alemán coa Lexión Cóndor aproveita o conflicto para ensaios.

1938 foi un ano fundamental, por dous feitos. En marzo dáse a unificación (anexión de) con Austria
tras ceder o goberno desta. O ano anterior Hitler dera a coñecer aos militares un memorándum moi
especial, aínda que sobre a súa presentación hai certas dudas sobre cando foi feita. Parece que Hitler
lle comunica aos seus militares, a través do memorándum Hossbach o proxecto futuro do Este de
Europa, xunto a URSS. Pide ao alto mando do exército que empece a pensar en futuros plans de
ataque para levar a cabo esa ofensiva sobre o leste de Europa. A anexión de Austria supón un
notable incremento do poder alemán, demográfico e industrial. Hitler sabía que para o éxito
Alemania debía poseer un gran potencial económico e industrial.

Pacto de Múnich, setembro de 1938. Ao asinarse, Hitler estaba convencido de que tiña vía libre para
súa política expansionista, sobre todo hacia o este de Europa, evidentemente. Alemania foi o país
máis beneficiado con esa anexión, os Sudetes se incorporan ao país, e o ano seguinte se culmina a
desmembración de Checoslovaquia como Estado independente, constituído na Conferencia de París
no 19. Alemania establece un protectorado sobre a zona de Chequia, e en Eslovaquia se establece un
Estado independente títere de Alemania. Da desarticulación de Checoslovaquia se benefician tamén
Hungría e Polonia. Chamberlain volvía contento de Múnich, dicindo que co cumplimento desas
esixencias sobre Checoslovaquia Hitler non podía esixir máis en Europa.

No caso inglés existían persoas contrarias a esta política de concesións a Alemania, de non intervir
en España cando Hitler e Mussolini o estaban facendo... Algúns políticos o puxeron de manifesto.

En agosto do 39 asínase o Pacto nazis-URSS. En 1938 a URSS amosábase disposta a dar axuda
militar a Checoslovaquia por un pacto pasado, mais non tiña permiso de paso por Polonia.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Así, Stalin ten en conta o contexto que vive a URSS. Cando firma o pacto con Alemania o que trata
é de gañar un tempo (un par de anos). O que máis temía Alemania en caso de conflicto mundial era
pelexar en dúas frontes, o mesmo que a URSS, que nese momento, dende 1938, estaba pelexando
no Pacífico con Xapón. Desde 1931 Xapón controla Manchuria, cabeza de frente para lanzar un
ataque por un lado hacia extremo oriente por Vladivostok e por outro lado hacia o interior da URSS,
hacia Siberia, buscando fontes de materias primas e produtos enerxéticos. Non hai declaración
oficial de guerra, pero son máis que escaramuzas. Unha vez Francia é vencida e Holanda ocupada
en 1940, Xapón dirixe a súa marcha hacia colonias francesas e doutros países europeos, cara o sur.

O fracaso das conversacións entre franceses, ingleses e soviéticos no 39 é o que fai que a URSS
decide aceptar o pacto proposto por Alemania, dese modo consegue ese tempo. Neses dous anos
prodúcese o cambio de estratexia de Xapón cara o sur, así despreocupándose a URSS tamén de
extremo oriente.

En 1940 prodúcese o pacto, Alianza do Eixe entre Alemania, Xapón e Italia, ao que posteriormente
se suman outros países: Rumanía, Hungría, Finlandia ou Bulgaria. Hitler está máis ou menos
convencido de que os aliados occidentais non van facer movementos diante da súa política
expansionista, o cal o anima en 1939, unha vez finaliza a súa intervención na Guerra Civil española,
a lanzar un ataque sobre Polonia, que máis ou menos (en Asia comezara xa coa política
expansionista de Xapón sobre China e a URSS) simboliza o comezo da II GM, seguida pola
resposta dos aliados occidentais.

Hitler cría que Francia e Gran Bretaña non estorbarían nestes proxectos expansionistas. Invade
Polonia o 1 de setembro de 1940. Despois, durante varios meses non se produce nada. Ocupan parte
de Polonia, a outra é ocupada polo exército soviético en virtude do Pacto. Así, a URSS volve ás
fronteiras do Imperio zarista, con Brest como cidade fronteiriza, logrando algo máis de
profundidade estratéxica para Moscú, igual que coa Guerra con Finlandia. Será en abril de 1940
cando Alemania ocupe Dinamarca e Noruega, para dificultar movementos de Francia e Gran
Bretaña. En maio fan a ofensiva sobre os País Baixos, e en maio-xuño tamén hacia Francia. Non
haberá resposta durante eses meses dos países occidentais. A caída de Francia se produce en moi
poucas semanas, algo sorprendente, sendo un país que conseguira deter a Alemania en 1914, con
menores avances bélicos.

O punto de inflexión será coa Batalla de Stalingrado, entre 1942 e 1943, cando Alemania perde a
iniciativa. A partir do 42 os aliados están en condicións de expulsar ao Eixe, en setembro do 43

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

saltan a Sicilia. En abril do 44 a situación é claramente distinta respecto ao 42. A URSS comeza a
ofensiva para conquistar Bielorrusia, os aliados desembarcan en Normandía en xuño do 44. O 9 de
maio do 45 Alemania capitula.

A partir de 1941 Xapón establece o Estado títere de Manchuria. Desde alí os xaponeses intentan
penetrar naquelas dúas direccións hacia a URSS, frenadas, e tamén hacia Pequín, coa costa de
China quedando en mans de Xapón e do seu exército de 2 millóns de persoas. En 1942, igual que
Alemania, Xapón consegue máxima expansión. A partir do 43 igual que en Europa dáse o cambio
de tendencia, que leva a EEUU, a través de sucesivas vitorias, a poder bombardear directamente a
capital xaponesa e o resto de cidades do país. Empréganse as bombas atómicas, que poñen fin ó
conflicto no leste de Asia.

Entre as consecuencias. Temos demográficas, con 55 millóns de mortos, 35 de desaparecidos,


grandes desprazamentos de poboación con grupos de persoas que volven a países de orixe (dando
Estados con maior homoxeneidade étnica)... Destaca a URSS con 25 millóns de falecidos, China
con 15, Alemania con 7, Polonia con 6... Prodúcense bombardeos alemáns e angloestadounidense
sobre cidades de países rivais que acaban con moitas vidas civís, sen obxectivo militar evidente
máis que a mera destrución. Leningrado perderá case a metade da poboación durante o sitio.

No económico, deuse a ruina e devastación dos países belixerantes, con descenso de nivel de vida,
cartillas de racionamento, aumento do mercado negro... Só EEUU saen beneficiados
economicamente do conflicto, igual que coa I GM, tendo ademais o monopolio da bomba atómica.
No político e territorial, a emerxencia de EEUU e a URSS coa formación dos bloques, o avance do
proceso de descolonización, a división de Europa manifestada en Alemania (tamén noutros casos
como Corea), a Carta da Organización das Nacións Unidas (Conferencia de San Francisco, 1945)
ou a preparación da paz con orixe na Carta do Atlántico. Aparece Austria como Estado
politicamente independente.

No psicolóxico causará conmoción o descubrimento dos campos de concentración. Produciranse


debates intensos sobre isto. Tralos xuízos de Nuremberg, nos que só se condenan a algúns dos
destacados militares nazis (moitos outros oficiais tiveron sorte co inicio da política de bloques
URSS-EEUU, que aproveitaron para que fose olvidado o seu pasado. En 1945 EEUU realizou por
exemplo unha captación de científicos nacionalsocialistas, e militares mantivéronse na RFA), tamén
se xulgan algúns dirixentes industriais de IG Farben ou Krupp, participantes en Auschwitz. Foron
moitas as empresas que fixeron grandes negocios durante eses anos.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Unha vez que Alemania iniciara a súa ofensiva contra os aliados occidentais e a URSS, estes dous
constitúen un frente común contra o novo inimigo común. Todas aquelas desconfianzas
evidenciadas antes entre Francia, GB e URSS quedan abandonadas. Dende 1941 a 1945 terán lugar
diversos encontros entre os líderes das principais potencias aliadas implicadas na II GM, nos que se
vai a discutir en cada momento sobre a situación bélica concreta, pero tamén se van diseñar os
perfiles do que ía ser o novo orde político internacional, unha vez as Potencias do Eixe fosen
vencidas. Igual que sucedera en 1918, e van deseñando o futuro novo mapa.

En xullo de 1941 se establece o primeiro acordo de axuda mutua entre GB e a URSS, xa con
Churchill á cabeza do goberno inglés, cun compromiso de non asinar a paz por separado con
Alemania. Un mes despois GB e EEUU (Roosevelt) teñen un encontro en augas do Atlántico Norte,
do que sae un texto que terá singular importancia nese posterior deseño do mundo, a Carta do
Atlántico, baseada nunha serie de principios internacionais que defendían ambos países e que van
estar tamén moi presentes na constitución catro anos despois da Oragnización das Nacións Unidas.
Unha serie de países se van sumando á Carta, e así se empeza a constituír unha amplia coalición a
nivel mundial en contra dos países do Eixe. O comezo da gran coalición dáse co Pacto de
Washington a primeiros de xaneiro de 1942. Incluímos o tratado de Londres de maio 1942, coa
URSS, máis a visita de Churchill ao país en agosto. En xaneiro do 43 ten lugar a Conferencia de
Casablanca, cos líderes de EEUU, GB e Francia no exterior (De Gaulle e ...). Aquí é onde se decide
o salto á Península Itálica, e o plan de bombardeos angloestadounidenses sobre Alemania. En
novembro reúnense no Cairo os líderes de GB, EEUU e China, sendo o último xunto Mao o líder
fronte a Xapón. Na conferencia de Teherán coinciden entre novembro e decembro os líderes de GB,
URSS e EEUU. Alí, os líderes discuten sobre a necesidade de abrir un segundo frente en Europa
occidental, que vai ser o que se leve cabo en 1944 co Desembarco de Normandía, e tamén se discute
sobre a delineación das fronteiras en Europa do Este coa URSS, Polonia ou Alemania. En canto ás
fronteiras entre URSS e Polonia, practicamente coinciden en establecer unha liña Kurzon (?????).
Entre augusto e outubro de 1944 dáse a Conferencia de Dumbarton-Oaks, onde se discute sobre a
guerra e tamén sobre como se vai organizar o mundo trala vitoria. Están China, Francia, GB, EEUU
e URSS.
A comezos de 1945, en febreiro, dáse a Conferencia de Ialta, en Crimea. Están os 3 grandes líderes,
onde se decide establecer definitivamente a liña Kurzon (??) como a fronteira entre URSS e
Polonia, fixan tamén a fronteira entre esta e Alemania, deciden a división de Alemania en 4 zonas
de ocupación que quedarían baixo un mando único, o Consello Supremo Aliado, con membros de
EEUU, URSS, GB e Francia; establécense as indemnizacións de guerra para Alemania; a URSS
comprométese a declararlle a guerra a Xapón no prazo de 3 meses trala capitulación de Alemania,

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

como fixo.
Finalmente en xullo-agosto celébrase a última das grandes Conferencias (Postdam), cos líderes das
potencias vencedoras. Hai algunhas ausencias, faltan Churchill e Roosevelt, que son substituídos
por Truman e Clement-??. Aquí tómanse as últimas decisións de maneira conxunta, a partir de aí as
diferenzas entre URSS e EEUU impiden que se poñan en práctica moitas das decisións tomadas
aquí. Decídese o desarme de Alemania, a súa división en 4 (cunha para Francia por imposición da
URSS e EEUU xa que aínda que estivo ocupada era un gran imperio); divídese a capital alemana en
4 zonas de ocupación (Berlín quedara na zona soviética, mais iso non impide o cumplimento dos
acordos); ocúpase militarmente Austria durante un breve período de tempo, aínda que se considera
que Austria non debe pagar indemnizacións, non a consideran responsable do desencadenamento da
guerra. Tamén se decide a constitución do chamado Tribunal Penal Internacional, que comezou
actuando en Nuremberg.

A última das Conferencias dá lugar a constitución da ONU, a Conferencia de San Francisco en


1945, colofón de todo este proceso. Mais xa eran evidentes as discrepancias entre aliados, mais non
impediron a busca dunha fórmula de compromiso entre todos os países que permitise articular unha
gran organización internacional que ía ter entre os seus obxectivos principais o afianzamento da paz
e a colaboración entre todas as nacións. Eran obxectivos tamén presente na configuración da
Sociedade de Nacións, 3 décadas antes. Por iso as potencias convocantes en San Francisco tentaron
evitar aqueles fracasos, que a nova organización tivese os mesmos problemas que aquela. Forzábase
a todos os países a asinar todos os puntos fundacionais sen inhibicións. Na Declaración de Dereitos
inclúense tamén os dereitos socioeconómicos. Foméntase a cooperación internacional. Esta
organización dótase de diversos órganos e postos, cun Secretario Xeral elixido pola Asemblea Xeral
con todos os países membros.

A ONU tiña unha serie de obxectivos principais como a defensa dos dereitos humanos incluíndo
dentro dos mesmos non só os de tipo político senón tamén os económicos sociais, laborais, o
dereito á cultura, á educación, a un salario digno... o fomento dos vínculos entre os diferentes países
e en todo caso a búsqueda dunha solución diplomática dos problemas. Tiñan un deseño similar ao
da Sociedade de Nacións, a Asemblea Xeral estaba constituída polos países membros que elixía a
un Secretario Xeral e asistía tamén a un organismo denominado Consello de Seguridade que é o que
vai a tomar as decisións no organigrama das Nacións Unidas porque a Asemblea Xeral discute as
cuestións plantexadas polos membros, mais as decisións da Asemblea Xeral non son vinculantes,
tan só son consellos que os países poden ou non por en práctica. As decisión obrigatorias son as
decisións emanadas do Consello de Seguridade.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

Actualmente o Consello de Seguridade está composto por 15 países dos cales 5 (GB, FR, USA, CH
e RU) son membros permanente e hai dez que son elixidos cada certo tempo e que van cambiando
cada 2 anos. Estes cinco países teñen dereito a veto. Isto tamén explica a actuación controvertida
que tivo a ONU dende a súa creación ata a actualidade. No 74/75 houbo un intento de plebiscito
plantexado pola ONU máis foron incapaces. A composición da ONU foi un obstáculo en moitos
casos para topar unha solución de moitos problemas. A ONU ten unha serie de axencias que se
ocupan de diferentes ámbitos ou que se ocupan de colaborar con determinados países en diferentes
proxectos (FAO, UNICEF, UNESCO, OIT...).

Son as grandes potencias as que perfilan o novo orde político internacional. Por outra banda, ese
mesmos países tamén van a acometer a tarea de construír un novo orde económico internacional,
que en teoría fomentaría a cooperación entre os países, baseados en boa medida en propostas
librecambistas e como garantía de estabilidade política e social. Tamén tiveron en conta os
antecedentes, especialmente o que sucedera en Europa trala crise de 1921 e especialmente a do
1929. A búsqueda das saídas individuais baseadas no proteccionismo, no nacionalismo económico
fora o caldo de cultivo no que emerxeran as propostas políticas máis extremistas que levaran ao
mundo ao segundo conflito mundial no século XX. Si o desorde monetario, a inflación, o
nacionalismo económico impulsaran estas políticas extremistas que deran lugar á II GM, se pensaba
que o establecemento de vínculos económicos, a estabilidade monetaria, o librecambismo podían
ser ademais de beneficiosos poderían actuar como antídotos destas tendencias políticas. Por iso
celébrase a Conferencia de Bretton Woods onde os países conseguirían un acordo de mínimos co
obxectivo de establecer un sistema económico estable. Aquí preséntanse dous grandes plans, un dos
plans é o que elaborara John Maynard Keynes que estaba como xefe da delegación inglesa e o plan
de White da delegación americana. O obxectivo que se marcaba Keynes era o de conseguir un
sistema económico que garantise un crecemento a nivel global e evitase na medida do posible a
sucesión de crises cíclicas. Consideraba necesario unha serie de institucións de ámbitos
internacionais que debían impulsar a economía a nivel mundial. Consideraba necesario establecer
un banco central mundial (BM) que aportase estabilidade financieira, que aportase liquidez e que
contribuíse en definitiva esterilización da economía. Tamén se debería establecer un sistema
internacional de pagos que facilitase o intercambio entre os diferentes países, que dese seguridade a
todas transaccións comerciais a nivel internacional. Na súa opinión tamén era convinte o
establecemento dunha moeda mundial que denominara como Bancor. Outra das súas ideas era
constitución dun fondo monetario internacional (FMI). Tamén facía fincapé no establecemento dun
organismo internacional de comercio. Nun primeiro momento establécese a denominada GATT,
mentres que a OMC establécese nos 90. Tamén pensaba nun programa de axudas que estaría

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)


lOMoARcPSD|5936868

controlado pola ONU e que sería destinado aos países máis pobres e que serían a fondo perdido.
Estamos na orixe dalgunhas institucións que aínda existen hoxe en día. O acordo de Bretton Woods
non será modificado ata os anos 70.

No que discrepaban White e Keynes era na cuestión da moeda. Keynes pensaba que a moeda debía
estar acorde co valor do ouro. Para os americanos o dólar debía ser esa moeda internacional e que
era a máis capacitada para aportar estabilidade. E así como o dólar que plasmaba o poderío
americano vai a pasar a ser unha especia de moeda internacional. Este modelo cambia a inicios dos
70 cando Nixon devalua o dólar. Nesta conferencia está nun primeiro momento a Unión Soviética,
mais despois abandona a conferencia porque pensa que o establecemento do dólar como moeda
internacional prexudicaría a URSS porque volveríase dependente de USA. Outro elemento
importante neste período ten que ver con outro economista inglés, W. Beverdige. GB estaba
preocupada pola consecución dunha estabilidade social. En 1941 o goberno de GB encargou a este
economista a elaboración dun informe sobre os seguros sociais existentes en GB nese momento.
Beveridge era de orixe hindú, estaba en contacto con Keynes, era unha persoa liberal, vai elaborar
un informe a partir dos diversos seguros sociais co obxectivo de configurar un sistema de
seguridade social integral, que de algún modo constituíse un pacto entre o Estado e os cidadáns.
Tratábase de impedir o suceso de 1929 cando moitos cidadáns ingleses quedaran fora do sistema,
tentábase que ningún cidadán deixase de recibir ingresos. O plan que deseña baseábase no pacto
entre cidadáns e Estado, no cal o Estado no caso de desemprego aportaríalle ingresos mensual, unha
asignación segundo o número de fillos do matrimonio. Unha axuda tamén cando se constituía o
matrimonio. A garantía a unha educación gratuíta ao igual que á sanidade. A garantía dunha
percepción mensual tras conseguir o límite de idade laboral, unha paga de xubilación. Ese sistema
garantía o seu funcionamento sempre que os cidadáns aportasen un tanto por cento dos seus
beneficios e prevese o establecemento dun imposto de carácter progresivo. Esta era a base deste
sistema de seguridade social e que porán en marcha os laboristas cando chegan ao poder. É o
modelo básico do Estado de Benestar que se estendeu por todos os países de Europa Occidental,
aínda que había grandes diferenzas entre os distintos países. Este modelo tamén pervive ata os anos
80 nos que o triunfo dos plantexamentos neoliberais con Margaret Thatcher e con Reagan supuxo
inicio dos ataques ao Estado de Benestar. O modelo neoliberal cuestionaba o papel do Estado
tentando limitar a acción do Estado nese ámbito.

Descargado por AldoF1 (aldo.garciapuertas@gmail.com)

You might also like